Download - Déixate sorprender…
![Page 1: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/1.jpg)
DéixateDéixate sorprender… sorprender…
![Page 2: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/2.jpg)
O Portal do Emprego
e a Formación de Galicia
¿Quen somos?
¿Por qué nacemos?
¿Qué ofrecemos?
¿Qué nos diferencia?
![Page 3: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/3.jpg)
Somos unha iniciativa 100% galega adicada á intermediación laboral entre demandantes de emprego e empresas.
Somos unha ferramenta de mellora profesional para tódalas persoas que queren atopar un traballo ou mellorar o que xa teñen. Só se precisa un ordenador con conexión a Internet: o acceso é totalmente libre e gratuito para os candidatos.
Somos un grupo de profesionais con ampla experiencia na xestión de Recursos Humáns traballando xuntos no proxecto de Red de Desarrollo del Empleo – REDE SL, empresa que xestiona os servicios de Galiciaempleo.net e cuios obxectivos son:
1. A implantación e desenvolvemento dun portal de emprego en Internet centrado no ámbito de Galicia.
2. O asesoramento e consultoría en materia de emprego a Administracions Públicas, empresas e traballadores.
3. A formación para o desenvolvemento do carácter emprendedor e o auto emprego.
4. O estudo, reflexion, análise e procura de solucións para a conservación e a mellora da empregabilidade en Galicia.
¿Quen somos?
![Page 4: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/4.jpg)
¿Por qué nacemos?
• Nacemos da necesidade de crear un verdadeiro punto de encontro entre demandantes e ofertantes de emprego, que permita a súa posta en contacto dun xeito útil, rápido e eficaz.
• Nacemos coa vocación de se-lo referente do sector emprego e formación en Galicia. Queremos ser un marco integrador de toda a información xerada polo mercado laboral, e das diferentes iniciativas públicas e privadas en prol do emprego e a formación. Queremos ser unha ferramenta
útil que de resposta ás necesidades do noso mercado.
¿quen oferta traballo e onde o fai?¿quen busca traballo e onde o fai?A partires de agora, en Galicia…
![Page 5: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/5.jpg)
RAPIDEZ
Para os traballadores…
Para as empresas…
Somo-lo xeito máis rápido para atopar os candidatos que precisan nos seus procesos de reclutamento e selección.
Cun só clic e sen horarios, a empresa pode publicar ofertas e recibir solicitudes de xeito inmediato.
¿Qué ofrecemos?
Porque adicando só 4 minutos a introduci-lo seu currículum poderán acceder ás ofertas de emprego das principais empresas de Galicia.
Cun só clic e sen horarios, poderán inscribirse nelas e coñecer en tempo real o estado da súa candidatura no proceso de selección.
Os pilares nos que se basea a utilidade do noso servicio son cinco: a rapidez, a eficacia, o aforro, a difusión e a comodidade.
Todos iguais de importantes para os nosos usuarios, sexan candidatos ou empresas, porque a calidade dun servicio non pode depender de a quen vai dirixido.
![Page 6: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/6.jpg)
Porque dispoñemos dunha base de datos completa e actualizada cos currículums dos mellores profesionais do mercado galego.
EFICACIAPara os traballadores…
Para as empresas…
Porque poden inscribirse directamente na oferta que máis lles interese, ou agardar a que a empresa consulte seu curriculum e se poña en contacto con eles.
AFORRO
Porque é un servicio totalmente gratuito no que poderán actualizar ou modificar o seu curriculum sempre que queiran, imprimi-lo ou envia-lo directamente por email.
Porque lles axudamos a simplifica-la xestión dos seus Recursos Humáns:¿Canto lle custaría a unha empresa manter vixente
unha oferta en prensa durante 60 dias?¿Canto lle custa a xestión de todolos curriculums
que recibe en formato papel?
Para os traballadores…
Para as empresas…
![Page 7: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/7.jpg)
DIFUSIÓN
Para os traballadores…
Para as empresas…
Porque a nosa páxina será a web sobre emprego máis visitada de Galicia e unha das primeiras de ámbito xeral. A súa empresa será a máis vista na nosa Comunidade
Porque estarán no mellor escaparate posible para a búsqueda ou mellora do seu emprego. Somos unha ferramenta de reclutamento para empresas, e queremos que a procura dos seus candidatos ideais se inicie en Galiciaempleo.net
COMODIDADEPara os traballadores…
Para as empresas…
Porque teñen todo o que precisan nun único lugar, as 24 horas do día: ofertas de emprego, listado de cursos de formación, xestión do curriculum, consellos laborais, sección de noticias, etc.
Clasificación dos seus procesos de reclutamento e selección nun unico lugar de xeito claro e rápido, as 24 horas do día.
![Page 8: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/8.jpg)
¿Cómo o ofrecemos?
A nosa páxina web basease en dous principios: claridade e utilidade. Dun xeito sinxelo e práctico, poderás acceder dende a paxina principal ós servicios que che interesen como candidato ou como empresa.
Área de Servicios
Área de
Ofertas
Área de Publicidade (só en páxina
principal)
![Page 9: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/9.jpg)
MENÚ PRIVADO DO CANDIDATO
En 4 minutos e con 4 sinxelos pasos, os candidatos poderán insertar o seu curriculum e descubri-lo universo de servicios de Galiciaempleo.net: inscribirse directamente nas ofertas das principais empresas de Galicia, consulta-lo estado das súas candidaturas en tempo real, xestiona-lo seu curriculum…
MENÚ PRIVADO DA EMPRESA
As empresas poden consulta-los curriculums dos candidatos inscritos nas súas ofertas, busca-los directamente na nosa base de datos, publicar cursos…
![Page 10: Déixate sorprender…](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062309/568141cc550346895dada720/html5/thumbnails/10.jpg)
A mellora continua Somos unha empresa innovadora, producto da experiencia e constante evolución dos profesionais de Recursos Humáns que integran o proxecto de Galiciaempleo.net Crear un portal de emprego é o primeiro paso dun longo camiño de servicio ós nosos usuarios: ás persoas.
A calidade Os nosos clientes son os candidatos e as empresas, os demandantes e os ofertantes de emprego a quenes queremos poñer en contacto. A implicación e o compromiso de dar a mellor resposta ás súas necesidades, é o primeiro paso para acada-la súa confianza.
O coñecemento Ninguén pode coñecer mellor a realidade e as necesidades do mercado galego que unha empresa que traballa con profesionais de Galicia e para Galicia. Dende REDE queremos poñer as bases dunha sólida e constante colaboración con tódalas institucións que teñan por finalidade favorecer a inserción laboral na nosa Comunidade. Un contacto directo que favoreza o nacemento de futuras liñas conxuntas de actuación no ámbito laboral e un coñecemento máis profundo das necesidades do sector en Galicia.
¿Qué nos diferencia?