Transcript
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
5 decembro 2015
OS NOSOS MAIORES
Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado os
centros participantes na Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES, Plan
Proxecta, Xunta de Galicia) participarán nunha acción colectiva en
homenaxe aos nosos maiores: cada alumno/a fará “selfies” co seu móbil
acompañado polos maiores da súa familia e da súa contorna.
Descargaremos o “selfy” do móbil ao ordenador e editaremos a imaxe
colocándolle un lema que reflicte o amor e cariño aos nosos maiores e a
importancia destes nas nosas vidas.