Transcript
Page 1: convocatoria Espazo Integrado

e-mail: [email protected] [email protected] [email protected] teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535

O proxecto campUSCulturae, en colaboración co Espazo de Danza da Universi-

dade de Santiago de Compostela, presenta Espazo Integrado, iniciativa creativa

para expresar, por medio da danza, unha nova forma de entender o mundo sen

as barreiras artificiais que diariamente nos exclúen ou fan que moitas persoas se

sintan excluídas.

Espazo integrado será pois, ese lugar ao que tod@s teñamos acceso, con inde-

pendencia da nosa idade, das nosas supostas ou reais incapacidades e discapa-

cidades, da forma ou tamaño do noso corpo ou dos medos, tópicos ou prexuízos

que nos precedan.

Baixo a dirección da bailarina e coreógrafa Carlota Pérez, procuraremos construír

entre tod@s un momento de arte, de ruptura, de encontro e de integración, coa

idea de concretar esa experiencia nun espectáculo final no que as artes e os en-

tusiasmos de cadaquén se dean a man.

Para isto necesitamos as túas mans. Se as queres unir ás nosas estaremos en-

cantados de atoparte todos os martes e xoves, de 19 a 21 horas, na Facultade

de Ciencias da Comunicación, lugar no que Espazo Integrado desenvolverá os

seus ensaios.

Quen estea interesado en participar deberá contactarnos a través do correo elec-

trónico [email protected], indicando no corpo do texto o seu nome e apeli-

dos, enderezo completo e teléfono de contacto. A preinscrición permanecerá

aberta até o día 7 de xaneiro de 2013.

Agardámosvos.

Proxecto campUSCulturae Espazo de Danza da USC

Top Related