Download - Conto de nadal
Contos de Nadal
CONTOS DE
NADAL
1
Contos de Nadal
Un agasallo valioso e especial
Era unha noite de Noiteboa fría, alegre e longa. No medio dun bosque
tenebroso e xigantesco, había unha casa espeluznante e chea de teas de
araña e morcegos. Alí habitaba unha bruxa gorda, fea e malvada.
Facía unha pócima para impedir que viñese o Rei Baltasar. Misturou
restos de animais, follas, pendentes e o cheiro de calcetíns
– Por fin !
Botouna nun tarro.
2
Contos de Nadal
Montou na súa vasoira e foi a cidade. Espallou a pócima enriba das casas e
creou un escudo forte, invisible e xigante. Regresou ao bosque.
Na noite de Reis, o Rei Baltasar, quixo deixar os agasallos. Montou no
camelo e botou a andar cara a cidade. Chegou a cidade, pero...non puido
entrar! Decidiu excavar un túnel. Entrou na cidade e repartiu os agasallos.
Despois dirixiuse ao bosque. Buscou á bruxa e suplicoulle que desfixese o
feitizo, a cambio daríalle un agasallo. A bruxa pediulle un noivo. O Rei
buscoullo na cidade e levoullo. Os dous casáronse e foron felices por
sempre xamais.
Agasallín, agasallón este pequeno conto rematou.
Conto feito polo alumnado de 3º B
3
Contos de Nadal
Conto realizado polos nenos de EI de 4 anos
4
Contos de Nadal
Érase unha vez , no Nadal, que naceu un neno chamado Xesús. O neno
durmiuse e chegaron os Reis con moitos agasallos. O espertares viu os
agasallos para el e para os seus pais. Abriunos e gustáronlle moito. Eran
unha pelota e un colar para a súa nai. Cando os abriu todos quedou
impresionado. Entón, ao día seguinte foi moi contento para o colexio.
Contoullo aos seus compañeiros e gustoulles moito o que lles contaba.
Todos desexáronse un FELIZ NADAL.
Natalia V . 5º A
Había unha vez un neno que quería ser como Papá Noel. Un día, na noite
anterior ao Nadal, oiu un ruído que procedía da súa cheminea. Cando
chegou á cheminea viu que Papá Noel escordara un xeonllo. Entón
preguntoulle a Papá Noel:
– Onde tes a zorra?
– Fóra , na entrada- contestou Papá Noel
Entón o neno subiu á zorra e empezou a repartir el os regalos. Cando
acabou, chegou a súa casa e axudou a Papá Noel. Vendoulle o xeonllo e
botoulle unha pomada. Despois, Papá Noel despediuse e foise.
Dende entón o 24 de decembro xogan ao fútbol xuntos.
Diego A 5º A
5
Contos de Nadal
6
Contos de Nadal
7
Contos de Nadal
Papá Noel e os seus elfos teñen moito traballo porque teñen que
entregar millóns de xoguetes para todos os nenos e nenas do mundo. É
víspera de Nadal e Papá Noel disponse a emprender a longa viaxe.
Con só cinco países nos que reparteu agasallos a Papá Noel xa lle entrou
fame. Deicidu parar nun McDonalds para merendar. Só faltaban cinco horas
para que abrise o día e ía con retraso.
Cando rematou de entregar 10.000 regalos só lle faltaba un. Eran as
07:56. Foi tan rápido como puido … e chegou a tempo. O 26 de decembro
foise a un spa e relaxouse moito ata outro Nadal .
5º A
8
Contos de Nadal
“Rudolf o reno do naris vermello”
Había unha vez un cervo que tiña o naris vermello e todos se burlaban
del. Nunca paraban de fastidialo e un día Papá Noel dixo:
– Vén, imos repartir agasallos para os nenos bos e para os malos imos
repartir carbón.
Entón apareceu unha brétema terrible e Papá Noel dixo:
– Alumea todo para que podamos ver e entregar os agasallos
Así poideron entregar todos os agasallos.
Alberto 5º A
“ O Nadal perdido”
Nun 24 de decembro Papá Noel caeu enfermo. Tiña que repartir os
agasallos, pero non podía. Papá Noel colleu un sustituto, un rapaz que se
chamaba Alberte. Alberte repartiu todos os agasallos. Aínda que non o
creades, olvidouse do seu! Papá Noel decatouse e púxollo.
Adrián R 5º A
Un bo Nadal
Érase unha vez un neno moi pobre que non tiña familia nin nada que
comer. Unha señora que pasou pola rúa, encontrou ao neno, recolleuno ,
coidouno, alimentouno e criouno. Despois duns anos o neno fíxose maior e
marchou da casa. Coñeceu unha nena chamada Iolanda e casáronse.
Tiveron dous fillos: María e David. Eran traviesos e moi xoguetóns. Pero
eles queríanos igual.
9
Contos de Nadal
A noite de Nadal fixeron unha cea moi especial , con moitos agasallos e
dixeron :
– Feliz Nadal!
Micaela 5º A
“ Unha casa polo Nadal”
Nunha pequena aldea vivía unha rapaza chamada Iris. Seu pai quedárase
sen traballo e tiñan que vivir debaixo dunha parada de autobús, que
estaba abandonada.
Nun día moi frío Iris estaba buscando leña para que poidesen facer unha
pequena lumarada, cando atopou unha pequena casa que parecía estar
abandonada. Iris foi buscar a seu pai, a súa nai e ao seu irmán. Esa noite
durmiron moi quentiños na casiña co lume. Pero, a outro día, apareceu o
dono , que era un vello moi cascarrabias.
– Que facedes aquí?- dixo con voz de enfado.
– Non temos onde ir cos nosos fillos atopamos esta casiña e entramos
– Pois podedes marchar por onde viñestes!
– Pero señor...- dixo Iris
– Nin señor nin nada
Entón Iris e a súa familia colleron as súas cousiñas para marchar. De
súpeto, escoitaron un ruído moi forte, parte do teito da casiña caera. O
pai deuse conta de que o dono da casa aínda estaba dentro. Entrou para
axudalo. O señor cascarrabias regaloulles a casa por axudalo e deulle
traballo ao pai de Iris.
Así foi como conseguiron durmir quentiños.Foron as mellores festas de
Nadal de Iris e a súa familia.
Yolanda 5º A
10
Contos de Nadal
11
Contos de Nadal
Fabio 5º A
12