Download - Como presentar un traballo
Primeira páxina:
Portada (non precisa ser moi elaborada)
•Título do traballo
•Tema
•Obra, autor
•Datos persoais
Na última: Bibliografía e os anexos no caso de que existan (algún documento que
precises, imaxes, etc.).
As citas das obras consultadas
seguirán estes pasos:
•Nome do autor: APELIDO, Nome.
•Título: subliñado a man, en cursiva a ordenador
•Nº de edición (se é a primeira non se cita).
•Lugar de publicación.
•Editorial
•Ano de publicación
•Volume
•ISBN
•Páxinas da obra que se citan no traballo.
Para citar outras referencias:
Consulta:
•No blog da biblioteca a nosa ferramenta
de formación documental Con brillo de
cometa no apartado 4.3. Podes practicar
na sección de “Rimas e cantigas”.
•Neste documento elaborado polo equipo
de biblioteca do IES Francisco Añón da
Serra de Outes.
Podes optar por botar man de bancos libres:
Pixabay, Flickr, banco do Cnice…
Jamendo, SoundCloud, dig.ccMixter, Audionty…
Consulta:
•Con brillo de cometa, Uso legal de internet (4.2).
•Guía de uso de imaxes do CEIP Friáns de Teis.
Presentación: marxes
• Para introducir as medidas recomendadas:
Clica en ARQUIVO→Configurar páxina, marxes
Marxe superior: 3 cm Marxe dereita: 2,5 cm.
Marxe inferior: 2,5 cm Marxe esquerda: 2,5 cm.
Arredor da páxina permiten ao profesor facer anotacións e
facilitan a encadernación.
• Debes empregar tipos de letra simples: Arial,
Times New Roman, Curier…
• Tamaño:14 nos títulos e 12 no
corpo do traballo.
• Recoméndase un espaciado entre.
liñas de 1,5
Presentación: a letra
Se non puideses usar o ordenador • Fai unha letra lexible e non entregues follas
tachadas ou cheas de rectificacións.
• Deixa marxes.
• Calquera tema pode ser ilustrado recorrendo a
fotografías, gravados, mapas e gráficos, etc.
Pero as imaxes teñen que estar sempre
relacionadas co texto e deberán ser colocadas
cerca do asunto que ilustran.
• Deberán tamén incluír
un pé de foto explicativo.
Estatua de Castelao en
Pontevedra (César Lombera)
Presentación:
Presentación: notas a pé
de páxina
Úsaas para:
• chamar a atención do lector sobre un
determinado feito.
• asociar anexos ao texto.
• facer unha referencia bibliográfica a unha cita
mencionada no texto.
Clica en INSERIR, nota ao pé de páxina (ás veces,
chámanselles comentarios).
Revisa a lingua. Se o precisas, escoita este titorial da
USC:
Tamén che informan sobre a instalación de correctores.
Lembra!
•Os títulos das libros, revistas, xornais... deben ir en
cursiva
•Os títulos dos capítulos, títulos de relatos, poemas,
artigos, etc, entre comiñas.
A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz
“A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón a
Agustín Fernández Paz para o Nóbel de literatura” (artigo da
revista Criaturas)
•Se o fas a man, os títulos dos libros irán subliñados.
Lembra!