Download - Cómo empieza- BreveGatopedia- gallego
BR
EV
E G
AT
OP
ED
IA I
LU
ST
RA
DA
• Zo
raid
a Za
ro
Zoraida Zaro Breve Gatopedia
Ilustrada
Título orixinal: Breve Gatopedia Ilustrada© do texto: Zoraida Zaro, 2016
© das ilustracións: Zoraida Zaro, 2016
© Lata de Sal Editorial, 2016
© da tradución: Rafa Salgueiro e Susana Collazo Rodríguez© do deseño da colección e a maquetación: Aresográ� co
ISBN: 978-84-944698-7-9Depósito legal: M-6706-2016
Impreso en España
Nas páxinas interiores usouse papel o� set de 160 ge encadernouse en cartoné plasti� cado mate,
en papel de 150 g sobre cartón de 2,5 mm.O texto escribiuse en Eames Century Modern.
As súas dimensións son 210 × 297 mm.
E grazas a Logan e a Chasis sabemos que o saber gatuno si ocupa lugar. O do noso corazón.
O GATO DE BIBLIOTECA
Insiste o señor Etiqueta (neto e avó de bibliotecarios,
respectado membro da comunidade, amigo dos seus amigos e
despistada molestia dos seus inimigos) en falar da existencia
do misterioso Gato de Biblioteca, moito menos coñecido que o
seu homólogo roedor e, en teoría, responsable directo das bólas
de pelo que rodan polos andeis máis altos dos estantes, entre
os tratados de física cuántica e as teses de zooloxía descritiva.
Convive pacificamente co Rato de Biblioteca, porque os seus
intereses alimentarios son puramente literarios e parece ser
da opinión de que o rato, malia ser sonoro, é tipograficamente
pobre. Coñece a teoría do elegante camiñar dos felinos da sabana,
a axilidade dos felinos selváticos e o hieratismo dos felinos
exipcios, pero prefire, claramente, adoptar a postura de rosca
invertida en calquera andel, coidando que os seus cuartos
traseiros reciban convenientes raios solares ao mesmo tempo
que proxectan sombra sobre o libro que estea lendo nese momento,
nun complicado exercicio de contorsionismo bibliófilo que
realiza sen aparente esforzo.
O M.I.A.U.
Todos os gatos nacen cun carné do M.I.A.U. (Movemento de
Intercambio Astronómico Universal). Móstranse moi fachendosos
por isto, e non é para menos; emporiso, cada vez que lles acorda,
proclámano aos catro ventos e todo son gritos de «miau, miau,
que viva o M.I.A.U.».
O carné do M.I.A.U. dálles dereito por nacemento gateiro a unhas
cantas estrelas pequenas. Cando a curiosidade os vence, póñense
en contacto con outro membro e realizan un intercambio para
ver como son as estrelas dos demais. As regras son simples: poden
xogar con elas, pero non amordicalas, e hai que devolvelas antes
de que abra o día.
Para gozar das súas estrelas, os gatos levan a cabo misteriosos
trámites que unicamente eles coñecen. Se cadra, isto está relacionado
con eses momentos en que miran absortos o ceo nocturno á vez que
emiten un longo rosmar en voz baixa, e o que é seguro é que as súas
demandas sempre son atendidas… unhas cantas noites máis tarde.
As estrelas non chegan por correo, elas mesmas atopan o seu
propio camiño para reunirse cos seus gatos. Os gatos, pola súa banda,
en canto quedan sós, dedícanse a abrir as fiestras, as trapelas, os
armarios e mesmo a levantar a tapa do váter; calquera sitio é bo para
que entren as estrelas. No inverno, as peticións aumentan, pois as
estrelas dan unha caloriña estupenda, como todas as cousas pequenas.
De cando en vez ocorre algo extraordinario. Xúntanse varios
socios e fan unha reserva colectiva. Se alcanzan o número estipulado,
reservan a Lúa para eles sós durante unhas cantas horas. E iso recibe
o nome de ‘eclipse’.
OS PEIXES GATO
O tema de conversa favorito dos cans lobo de mar son os
peixes gato, eses felinos sirenios de natureza esquiva con clara
predilección polas augas cálidas que gozan amordicando augamares
e provocando desbandadas súbitas entre os bancos de atúns, e que son
responsables directos das táboas de madeira rabuñadas que ás veces
se atopan nas beiras das praias.
O mellor método de avistamento consiste en lanzar un nobelo de la
atado a unha cana de pescar mentres se di, non moi alto, «bsbsbs»,
preferiblemente nun día cálido á hora da sesta.
O GATILLO
A expresión «Alto, ou aperto o gatillo!», un clásico das
películas do Oeste, non sempre se empregou para o mesmo. Antes
de que se inventasen as armas de fogo, as persoas xa coñecían
o poder de persuasión dos gatillos orixinais, que non eran outra
cousa que os gatos máis pequenos e rebuldeiros das camadas.
O gatillo é diminuto, pero o seu tamaño contrasta coa súa natureza
explosiva. Apertar un gatillo (suavemente na tripa ou dándolle
un lixeiro belisco na cola) adoita ter como consecuencia que saia
disparado e que leve por diante, como mínimo, un floreiro da avoa,
dúas fotos enmarcadas e un número de obxectos fráxiles realmente
variable. É imposible ter boa puntaría apertando un gatillo,
pois a súa traxectoria é totalmente imprevisible (aínda que
con toda certeza, se hai algo que poida romper, acabará roto).
Apertar un gatillo é algo que realmente é mellor non facer,
por iso a expresión de advertencia «Alto, ou apértoo» adoitaba
funcionar ben.
Coa idade, os gatillos adoitan atoarse e volverse máis lentos, malia
que algúns conservan parte da súa fogosidade e se disparan sós.
Colección Gat� Reúne por primeira vez os mellores
libros ilustrados de gatos nunha selección que deixará pegada.
Libros de calquera parte do mundo con protagonistas enigmáticos,
curiosos, independentes, elegantes… Para miañar de emoción.
Son libros para as túas sete vidas.
I S BN 978-84-944698-7-9
www.latadesal.com
BR
EV
E G
AT
OP
ED
IA I
LU
ST
RA
DA
• Zo
raid
a Za
ro