Download - Como agregar un vídeo de youtube
COMO AGREGAR UN VÍDEO DE
YOUTUBE A UN BLOG DE
WORPRESS
Departamento de Edu. Plástica e Visual
I.E.S. Nº 1 de A Estrada
Curso 2009-10
Para seleccionar o vídeo de Youtube podese facer desde o propio Youtube ou ben desde outro portal web.
Imos ver os dous casos.
Primeiro desde Youtube.
Debaixo do vídeo aparece a opción de compartir.
Facendo click nela aparece o enlace.
Copia en memoria a URL do vídeo.
O seguinte paso é pegar o enlace no blog.
A segunda opción para copiar un enlace Youtube é desde outro portal diferente.
Cando non estamos en Youtube, na parte inferior esquerda do vídeo atópase unha frecha.
Facemos click nela e aparece unha pequena ventá.
Facendo click na ventá desplegase aparecen os enlaces embed e URL.
Copiamos o URL.
Atención:
Aínda que no recuadro pode non aparecer a dirección completa, é fundamental copiala toda. Por iso, non está demais seleccionar todo e logo copiar.
Xa podemos pechar Youtube
Agora hai que entrar no administrador do blog.
Salvo que o teñas aloxado noutro dominio (como sucede neste exempo) a dirección é similar a esta:nomedoblog.worpress.com/wp-admin
Introduce os teus datos para a xestión do blog
nomedoblog.wordpress.com/wp-admin
Desde o panel de control do blog editamos ou creamos unha páxina ou entrada.
Neste exemplo imos a facer unha nova entrada (post) co enlace de vídeo de Youtube que aínda temos en memoria.
Fai click en “añadir” entrada.
Se da nome á entrada. Neste exemplo: “Proba de vídeo”.
Pódese engadir un texto. No exemplo: “Esta é unha….”
Para subir o vídeo, faise click na icona dentro do rectángulo vermello.
Neste exemplo aparece ademais un plugín de acceso directo a Youtube. Pero este non se pode instalar nos aloxamentos gratuítos de wordpress
Para subir un vídeo desde o ordenador faríamos click en “eligir archivos”.
Pero neste titorial queremos insertar un vídeo desde internet, é decir: “desde una URL”
Fai click na pestana “Desde URL” e pega a dirección que aínda está almacenada en memoria.
Despois, click en “insertar en la entrada”.
Na ventá aparece no primeiro renglón o enlace de vídeo.
Se o queres situar mais abaixo, corta o enlace e pégao na parte da páxina que consideres.
Fai click en “Publicar”
E despois en “vista previa” para ver o resultado
¡Voila!
Abaixo a esquerda, na frecha, está o enlace por se queres seguír usandoo.
Nota: neste blog tamén está predifinido un borde para os vídeos.