Download - Chámase mamá
Music: Smoke gets in eour eees
Os anxiños
Érase una vez un neno a
punto de nacer.
Que se achega a Deus e
pregúntalle: “Dinme que
me vas enviar á
Terra mañá”.
“Pero como vou poder
vivir alí sendo eu
tan pequeno e
indefenso?”
Deus contestoulle: “De entre os moitos anxos que coñezo, elixín un para
ti”.
“Estará esperándote e
coidarate”.
“Pero” –díxolle o neno-
“Aquí no ceo non
fago outra cousa que cantar e sorrir”.
“E iso é todo o que necesito para ser feliz!”.
Deus contestoulle: “O teu anxo
cantará para ti cada día e así sentirás o seu amor e serás
feliz”.
“E –respondeulle o neno-
”como vou poder
comprender á xente cando me
falen se descoñezo o seu
idioma?”.
”Iso é fácil –retrucoulle Deus- o teu anxo pronunciará as palabras máis bonitas e encantadoras que xamais teñas escoitado”.
“e con moita paciencia e agarimo ha ensinarte a
falar”.
O neno alzou a súa
ollada a Deus e díxolle:
”E que vou facer cando queira falar contigo?“.
Deus sorriu e díxolle:
“O teu anxo xuntarache as manciñas
e ensinarache
a orar”.
O neno replicoulle: “Tamén me dixeron que na Terra hai homes malos”.
“Quen me vai
protexer?”
Deus rodeouno co seu brazo e díxolle:
“O teu anxo te defenderá, ata o punto de entregar a súa vida por ti se fose
necesario!”.
A faciana do neno ensombreceuse e preguntou: “Pero sempre estarei triste porque xa non te vou ver”.
Deus abrazou o neno.
“O anxo falarache sempre de min e
ensinarache o camiño de volta
cara á miña presenza, aínda cando eu estea sempre ao teu
lado”.
Nese momento
sintiuse unha gran paz nos ceos, pero xa se escoitaban
voces procedentes
da Terra.
O neno, apurándose,
formulou unha última
pregunta:
“Se me vou agora
mesmo, Deus, dime
como se chama o
meu anxo!”.
Ao que Deus lle contestou: “O seu nome non importa
moito… só tes que chamarlle
“MAMÁ!"
FIN
Se che gustou…Se che gustou…
Envía este PowerPoint a un amigoEnvía este PowerPoint a un amigo