Download - Cántame Cóntame Avoa
1
2
ÍNDICE
Páxina 2 - PARA QUE O TEMPO NON O BORRE, Xose Carlos Caneiro
Páxina 6 – De Animais
Páxina 8 – De Sentimento
Páxina 14 – De Emigración
Páxina 15 – De Lugares
Páxina 22 – Para Cantar e Bailar
Páxina 31 - Relixiosas
Páxina 32 – Satíricas e Humorísticas
Páxina 42 – Traballo
Páxina 46 – Temas varios
3
PARA QUE O TEMPO NON O BORRE
Hai libros que sen pretendelo, por luminosos, constitúen puntos de
referencia na escura noite que traspasamos: tan distantes do ser humano, tan
lonxe da palabra, tan arredados da sabedoría do tempo e as súas marxes.
Libros que sobrepasan as súas intencións primeiras e que nos devolven a
esperanza no ser humano. Este, verbigracia. Libros que falan de NÓS, tan
olvidados entre os músculos desta era cibernética e aparentemente
deshumanizada. Non esaxero se deposito tales virtudes no lombo deste
volume elaborado polos nenos e mestres do Colexio de Cea, patria da que
lembro o recendo, a amizade, a vocación e, de paso, os rostros afastados no
tempo. Traballei naquel centro no curso 1986-87. Foi un gran ano. Acabei
dirixindo un equipo de fútbol que foi xogar as finais galegas da súa categoría.
Non vin máis a aqueles rapaces e, sen embargo, lévoos aínda comigo:
acompañándome como pan. Eles son o espello destes que elaboraron este
código do folclore de Cea. Os que dan vida aos que gardaron, durante anos, as
obras da memoria. A memoria, o tempo.
Cito a miúdo a Jorge Luis Borges cando me preguntan pola miña obra
literaria: escribo para o tempo e para a memoria, non para o olvido. O mesmo
que fixeron os nenos de Cea, outra das miñas patrias (eu, que tantas teño). O
seu libro permanecerá cando non queden os homes e as mulleres que lles
transmitiron estes cantares, cando o paso dos invernos tornen grises os nosos
cabelos, cando muden as xeografías urbanas e rurais deste territorio tan
amado, terras de Cea. Quedarán as lembranzas que indiquen melodías e
ritmos, música, tradición, historia, a nosa historia. Porque un que xa leva anos
loitando por non claudicar na tarefa da arte, de non tirar a toalla diante das
invitacións douradas da civilización do “todovale”, da literatura de fácil
consumo. Un, dicía, vén asegurando durante anos que de nós han de quedar
as pinceladas da verdadeira cultura e non os seus múltiples e multidisciplinares
sucedáneos. Explícome: imaxinen vostedes que un cataclismo destrúe a
civilización occidental. Non permanecerán os príncipes do capital, nin os títulos
4
cotizados nos monetarios mercados de valores, nin os programas televisivos
anestesiantes, nin as novelas clínex, nin os folclóricos famosos que decoran as
revistas de coloreada portada rosa (nos últimos tempos, digo eu, necio e
famoso resultan exactos sinónimos)... De nós ha de quedar a verdadeira
cultura, a que nos define, a que nos debuxa como humanos, como seres
particulares neste mundo globalizado e gris que nos apreta, e apreta, e volve
apretar ata afogarmos. Se nos estudasen como unha civilización desaparecida,
do mesmo modo que estudamos nós aos gregos ou mesopotámicos, haberían
de salvar os detalles da nosa identidade. E a identidade do ser humano está na
súa arte. A arte é quen nos conta, quen nos define máis alá das aparencias e
os seus enganos. Verbigracia: a escultura, a pintura, a arquitectura, a literatura,
o cine... a música. E non só a música culta. Tamén a música popular. A
auténtica. Esa que Ievan gravada, en cada rima, estas cantigas da terra de
Cea. Falo da cultura inmaterial instalada nas veas do noso pobo. A que correu
de fiadeiro en fiadeiro, de festa en festa, de santo en santo. Esta que vai escrita
neste libro imprescindible e xa para nós, asevero, imborrable.
Sería para min unha tarefa ineficaz o feito de prologalo se non fosen
tantas, miles, as razóns que me empuxan acometer tal labor. Todas esas
razóns conflúen nunha soa: amo este país. Somos terra fértil de cultura e eu,
que son un utópico, levo anos aseverando que esa é a nosa auténtica riqueza.
A gran industria de Galicia é a cultura. Abordar con intención de futuro este
asunto debe levarnos a reconverter a infraestrutura, os alicerces, da nosa
dinámica como pobo. Levarnos a ambicionar horizontes prósperos onde cada
comarca se vexa beneficiada a partir das naturais interioridades que posúe: o
pan, o folclore, as cantigas, Cea. Ese camiño hai que facelo dende as
Administracións Públicas pero tamén dende iniciativas particulares que nos
vaian amosando, certificando, o caudal próspero da nosa xente e dos nosos
condicionantes como lugar e pobo. E isto que veño de expor que
presumiblemente non garda relación co volume que me ocupa, resulta o
presuposto común a calquera estadio de frutífero labor relacionado coa nosa
terra. E o cantigueiro do Colexio de Cea é, e será, por sempre frutífero. Ou
sexa, que dará froitos. Que nos estirará un pouco máis. Que nos vai axudar a
crer en nós. E na fin, créanme, isto é o único que precisamos; confiar en nós
5
mesmos para saír adiante, querernos máis, recoñecernos,
AUTOESTIMARNOS.
O esencial deste libro son as cántigas. Eses sons que repenican (antes
máis que agora) nas gorxas poderosas e irónicas e inderruíbles e melancólicas
da nosa xente. A música, tamén. A nostalxia. Afirmouno un dos meus autores
máis amados, Julio Cortázar: todo o que se escribe nestes tempos e que paga
a pena ler está orientado cara á nostalxia. Con nós tal vez suceda o mesmo.
Ou aprendemos a virar a cabeza para ser capaces de progresar, de avanzar.
de convertermos, ou non encontraremos saída ao labirinto do dous mil. A
música, esta música de refrán e rima ha de axudarnos. Ela está por riba do ben
e do mal, da verdade e da mentira. A música só se adultera cando se aplica a
propósitos que van máis lonxe dela mesma. Xa o dicía o admirado autor do
Quijote: onde hai música non pode haber cousa mala ou Paul Verlaine nunha
sentenza absolutamente definitiva e definitoria: De la musique avant toute
chose. Aquí podemos encontrar de todo, dende romances coñecidos noutras
xeografías e adaptados á particular idiosincrasia zonal, ata documentos
exclusivos e específicos de Cea ou Ourense. E estes últimos son maioría. E
quedarían xa por sempre esquecidos se os nenos de Crea, e os seus mestres,
non acometesen esta plausible iniciativa. Creo que estamos no recanto mesmo
do olvido. É dicir, que se non recollemos agora estes anacos da nosa
identidade, de NÓS, o tempo ha de encargarse de verter area sobre a porta
fráxil da memoria. O noso patrimonio inmaterial é quen nos define e defende
diante das actualidades e a súa globalización perversa. Ás terras de Cea, e ás
súas xentes, só me queda renderlles a homenaxe desta prosa que xa remato.
Cando abril anuncia, aquí, o tempo da memoria. Para que o tempo nun o borre.
Nunca.
Xose Carlos Caneiro
6
Debaixo da túa ventá fixo a perdiz o niño
e como eu son perdigón á túa ventá arrímome.
(María Consuelo 83 anos - Guimarás)
Eu ben vin estar o cuco na cima do castiñeiro coa subela na man
aprendendo a zapateiro. (Evangelino 72 anos - Carballediña)
Algún día fun pastar
debaixo das túas enaguas. como estaba o pasto verde escapáronseme as cabras. (Antonio 75 anos - Boulla)
Palomiña branca
que andas na cima da eira, non a mates, cazador
que é a miña compañeira. (Eduardo 74 anos - Coles)
O paxaro cando chove mete o rabo na silveira,
así fai a boa moza cando non hai quen a queira. (Francisco 43 anos - Coles)
O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, así fan os homes vellos
cando non hai quen os queira. (Esther 75 anos - Ourense)
Si a túa ventá chega unha pomba trátaa con cariño,
que é a túa persoa. a pomba virá
cunha mensaxe de amor. (Sofía 64 anos)
O paxaro de María
anda a comer cireixas. Come cireixas come,
a ver cantas me deixas. (María 78 anos - Pieles)
Cando era pequeniña mandáronme ir coas ovellas.
Veu o lobo e comeu catro aquí lle traio as orellas.
(Eladio 83 anos - Confurco)
A rula está rulando que lle levaron o niño.
A culpa tívoa a rula por facelo xunto ó camiño. (Eladio 83 anos - Confurco)
Aquela paloma blanca anda picando no trigo. Non a mates cazador
que é a que dorme contigo. (Eladio 83 anos - Confurco)
A galiña pío pío,
o capón cacaracá. A galiña dá a noite
e o capón dá a mañá. (Eladio 83 anos - Confurco)
Bota leña a ese lume
anque sea de carrasca para que saia a bailar a perdiz ou a chasca.
(Generosa 98 anos - Boulla)
Cantan os galos pro día eniña dos descoidados é a hora de recollerse para los desamiñados.
(Generosa 98 anos - Boulla)
Debaixo da túa ventana ten a perdiz o niño.
Eu como son perdigón a túa ventana me arrimo.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Teño unha galiña branca que me veu de Pontevedra o galo do meu compadre non me sale donda ela.
(José Manuel 74 anos - Coles)
7
Paxariño, gorrión ¿onde vas facer o niño? na carballa de San Pedro
no máis alto ramalliño. (María 69 anos - Ponte Mandrás)
Catro aves escollidas
son as que pasan o mar, o cuco, e maila andoriña,
a rula e o papallás.
O cuco, cuco, cuqueiro, o cuco, cuco, cucán
madrugón e cantareiro, cantareiro e madrugan.
Polas mañás ben cediño,
o cuco canta “cu-cú”, ¡como o teño por veciño,
¡eu trato o cuco de tú!
Túa nai e maila miña quedan no río berrando, por culpa dunha galiña
que ten amores co galo.
Teño lanchas, teño redes teño sardiñas no mar
teño un amor que me quere e líbrame de traballar.
(Eladio 83 anos - Confurco)
O raposo está berrando no alto de Camagüiñas. Que lle leven uns zocos
que o piquen nas espiñas. (Eladio 83 anos - Confurco)
O raposo vai berrando pola rodeira do carro
lava os ollos na cabeza e o cu debaixo do rabo.
(Luz Divina 70 anos)
Ó subir as escaleiras unha mosca me picou,
collina pola orella bofetadas que levou.
(María 78 anos - Pieles)
Animal como o piollo non o hai máis recuado, come carne cando quere e anda sempre a cabalo. (María 78 anos - Pieles)
O piollo vai na arada
e a pulga vai sementar e tamén vai a carracha
derreada co xantar. (Eladio 83 anos - Confurco)
O piollo está enfermo
no hospital de San Roque. Corre pulga vaino ver
que o piollo está á morte. (Purificación 73 anos - Cea)
8
Moriña que vas co gando con que peinas o cabelo entre a herbiña da horta que se chama trebelo.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Os ollos grandes meniña nin por eso son millores pequeniños e ben feitos que sexan namoradores.
(Mercedes 85 anos - Cotelas)
Anda dicindo túa nai que eu a ti non te quero. ¡Que te colgue no canizo como colga o unto vello!
(Mercedes 85 anos - Cotelas)
Se queres que o carro cante móllalle o eixe no río
e despois de ben mollado canta coma un asubío.
(Mercedes 85 anos - Cotelas)
Se queres boa moza non vaias á romaría vai á casa dos pais
para a roupa de cada día. (María 78 anos - Pieles)
Quen me dera ser o cravo
onde colgas o candil para á noite verte deitar e á mañá verte vestir.
(María 78 anos - Pieles)
Manuel por ve-las nenas fixo un corredor de prata
agora as nenas non veñen Manuel todo se mata.
(Evangelino 72 anos - Carballediña)
O anillo do meu dedo caeu no mar e afogou tan boa guía leves tu como o anillo levou.
(Antonio 57 anos - Viduedo)
Río branco, río tinto, río de tantas cores,
cando os ríos levan tanto que farán os meus amores.
(Juan 70 anos - Fondo de Vila)
Cando eu estaba en prisión sol e luna non me daba sólo tiña un consuelo
cando de ti me acordaba. (Hilda 56 anos - Outeiro)
Os amores de hai un ano olvidalos non hai razón, porque xa teñen criado,
raíces no corazón. (Carmen 87 anos)
Ora, meu neniño, ora,
quen che ha de dar a tetiña túa nai foi ó muíño
e teu pai á leña seca. (Manuel 83 anos - Tanxil)
Namoreime dunha nena, porque ela cantaba ben,
ahora morro de fame, e o cantar non me mantén.
(Amalia 71 anos)
Da túa porta á miña do teu cordón ó meu
pasa un río polo medio e o barqueiro sono eu.
(Generosa 98 anos - A Boulla)
9
Cando eu quixen non quixeches agora queres e eu non quero
ti leva-la vida triste e eu ben alegre cha levo.
(Camila 72 anos)
Cando estaba solteiriña rabeaba por casar
e agora que estou casada solteiriña quería estar.
(Camila 72 anos)
María, miña María María, miña rapaza
o cariño que che teño na miña vida me pasa (Purificación 73 anos)
Amor meu vés tarde amor meu tarde vés
vés de cumprir con outros comigo cumprido tes.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Miña nai miña naiciña ¿para quen traballo eu? traballo e mato o corpo
e non teño nada de meu. (Carmen 73 anos - Confurco)
Unha vez caín no río, outra vez caín no mar,
outra caín nos teus brazos, non me puiden levantar.
Pensando que te casabas,
fixéche-la permanente, fixéche-la vinte veces,
e quedaches como estabas.
Adiós, adiós, que me embarco, Na primeira embarcación,
Lévote miña mociña, Para sempre no meu corazón.
Para que me dás o si,
traidora, sendo casada; para que me das o si,
non che valendo de nada.
Paloma que vas voando por Tamallancos arriba
dálleme moitos recordos ós amores dalgún día.
Algún día era eu
ramiño da túa man e agora son a vasoira
con que ti várre-lo chan.
Cantiguiñas seichas, seichas se chas quixera botar.
Pero somos amiguiñas, ímonos encomendar.
Os ollos con que me miras, Son como as augas do mar, Os ollos con que me miras, Nunca os poderei olvidar.
Que colorada te pos
Cando ves o teu galán E eu cando vexo o meu
As cores se me van. (Hilda 56 anos - Outeiro)
Algún día fuches miña
E agora véñote ver Que che quero pregar Se queres volver a ser.
(Hilda 56 anos - Outeiro)
Como queres que te queira e que che teña afección
se tes outro cariño dentro do teu corazón.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Levanta o gorro para arriba que che quero ver a cara
todos me din que son morena e a min morena me agrada. (Eladio 83 anos - Confurco)
Atrévete queridiño
atrévete a virme ver cartas non valen de nada
porque non sei ler. (Eladio 83 anos - Confurco)
Algún día os meus amores
meu regalo era velos agora xa tanto dá
amalos coma perdelos. (Eladio 83 anos - Confurco)
10
Cando o río vai cheo leva o color do xabón,
tamén podía levar as manchas do corazón.
(Anuncia 59 anos – A Torre)
Aí che vai o meu corazón metido entre os papeles que te divirtas con outra
xa que comigo non podes. (María Consuelo 83 anos - Guimarás)
Teño unha vela fermosa
non sei con quen a compare coas estrelas do ceo
coa lúa que chega tarde. (Camilo 63 anos)
Por onde queiras que vaias
vas dicindo que son túa. ¡Que cadea me botaches!
para terme tan segura. (María Consuelo 83 anos - Guimarás)
A espiga do cardo pica, tamén pica a do codeso.
Quen eu vexo non o quero, quen eu quero non o vexo.
(Esther Márquez 75 anos - Ourense)
Eu querer quéroche ben e téñoche admiración,
pero casar contigo non mo pide o corazón.
(Amalia 71 anos)
Aparta loureiro verde deixa clarexar a lúa,
se non vexo a miña nena non vexo cousa ningunha.
(Esther Adolfina 41 anos - Freás)
Por ben que o loureiro medre ó ceo non ha chegare.
Por ben amores que eu teña a ti non te hei de olvidare.
(María del Carmen 35 anos)
Teño un amor na montaña, teño un amor montañés,.
Teño un amor na montaña e na ribeira teño tres. (Benardino 82 anos)
Quedaches de vir ás nove
e viñeches ás nove e media. Esas non son palabriñas
de enganar a unha morena. (Amelia 68 anos - Cea)
Corazón meu ¿que tes?
sempre estás trite e chorando unha e mil veces che dixen que o amor ten resultado.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Namoreime miña nena porque che oín cantar ben
e agora morro de fame que o cantar non me mantén
(Sinda 69 anos - Cea)
Enchinche a cama de flores ¡ai! e tamén de caraveles, para que cando te deites
¡ai! que de min te acuerdes. (Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Pasei pola túa porta, erguín os ollos e vin un letreiro que dicía eu para ti non nacín.
(Eladio 83 anos - Confurco)
O mozo que anda no baile o do sombreiro torcido xustamente fai un ano
que quixo casar comigo. (Concha 73 anos)
Teño un amor, teño dous, teño tres, non quero máis,
teño un amor coñecido non quero coñecer máis.
(Pura 42 anos)
Ollos negros os da cobra que namoran de repente,
o meu gusto queridiño ó teu lado estar sempre.
(María Consuelo 83 anos - Guimarás)
Fixen a cama no río e o cabaceiro nun toxo. Algún día ben te quixen e agora xa me dás noxo.
(María Consuelo 83 anos - Guimarás)
11
Miña nai miña naiciña
como a miña nai ningunha que me quentou a cariña
co calorciño da súa. (Lucita 68 anos - Cea)
Maruxiña, Maruxiña,
¿quen che roubou os colores? rouboumos o meu amante debaixo dos cobertores. (Sonia 17 anos - Cea)
Teño unha peniña pena,
só a Deus lla direi, soliña a cometín, soliña a pagarei.
(María 78 anos - Pieles)
Asómate á ventá, nena, se queres venderte.
O diñeiro está contado e o comprador vén a verte.
(María 78 anos - Pieles)
Agora vén unha orde que mandou a gorrida
de capar os homes todos está o home perdido.
(María 78 anos - Pieles)
Sementei o ben che quero no corredor de María
o naceume o ben che quería.
(Generosa 98 anos - A Boulla)
Moreniña, por morena, téñoche o ollo botado
ou ti has ser miña, ou non hei de ser casado.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
Chamáchesme moreniña, dediante de tanta xente
agora heime quedar moreniña para sempre.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
Adeus, meu homiño, adeus, xa que te marchas para a guerra
non te olvides da premoliña que che queda acá na terra.
(María Carmen 35 anos - Cales)
Por un Pepe dou un duro, por un Antonio un millón, por un Manolo da alma
dou todo o meu corazón. (Hermitas 60 anos - A Boulla)
Trepa pouco, fala baixiño
para que non esperte o noso neniño.
(Eduardo 74 anos - Cales)
Teño pena e alegría teño os dous males ó tempo
cando a pena me mata a alegría dá alento.
Xa me dixeron onte
que tiñas amores novos, téñalos que non os teñas
en min non poñas os ollos.
Escribíache unha carta se ti a souperas ler
se lla dás a ler a outro alá vai o ben querer.
(Amadeo Otero Payo76 anos – A Boulla)
Miña nai por me casar, e meu pai porme dar o dote
armaron unha porfía que houberon vender o pote.
(Amelia 68 anos - Cea)
Ti por pobre me deixaches, eu por rico te olvidei
vale máis pobre con honra ca rico con mala lei.
(Amelia 68 anos - Cea)
Ai nai que linda noite ¡cantas estrelas!
ábreme a ventana que quero velas.
non filla da miña alma que estás molida e o aire da noite
te perjudica. (Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Compararme con cartos,
mira que comparación os cartos acábanseme pero o teu cariño non.
(Carmen 69 anos - Vales)
12
Eu quería ser hedra
e subir polas paredes entrar na túa habitación
para ver o dormir que tes. (María 60 anos - Agrosantiño)
Viva o sol e a lúa,
viva quen sabe querer viva quen no mundo pasa
pena por unha muller. (Hermitas 83 anos - Agrosantiño)
Dúrmete neno
que teño que facer lavar os pañales, planchar e coser.
(Álbida 71 anos - Vales)
Eu querer, quéroche ben, quéroche ben non hai duda quero que nos enterremos os dous nunha sepultura. (Carmen 69 anos - Vales)
Páxaro das plumas verdes non cantes ao pé de min,
que me doe o corazón por un amor que perdín.
(J. Manuel 74 anos)
A raíz do toxo verde é moi mala de cortar, os amoriños primeiros
son moi malos de olvidar. (J. Manuel 74 anos)
Debaixo da túa ventá
fixo unha perdiz o niño, e eu como son cazador á túa ventá me arrimo.
(J. Manuel 74 anos)
A lúa vaise poñendo e os tellados fan sombra
eu voume para miña casa queda con Dios paloma.
(J. Manuel 74 anos)
Arrurrú meu neno arrurrú meu sol arrurrú pedazo
do meu corazón. (Josefina 75 anos - A Torre)
Este lindo neno que naceu de día
quere que o leven á romaría. este lindo neno que naceu de noite
quere que o leven de paseo en coche. (Josefina 75 anos - A Torre)
Durme meu neno,
durme meu rei. durme meu neno,
durme meu rei, que teño que facer lavar tus pañales, planchar e coser. durme meu neno,
durme meu rei. (Rosa 69 anos - Casandulfe)
Durme meu neniño, durme
¿quén che ha de da-la teta? túa nai vai no muíño
e teu pai na leña seca. (Paca 65 anos - Costa de Monte)
Dume neno durme que aí ven o coco a busca-las nenas
que non durmen, non. (Paca 65 anos - Costa de Monte)
Dúrmete meu neno, dúrmete meu sol
dúrmete anaquiño do meu corazón.
(Paca 65 anos - Costa de Monte)
Eh, neniño, eh que che hei de da-lo té
e mailas papiñas no chacharolé.
(Paca 65 anos - Costa de Monte)
Meu pai deixoume a dorniña, miña nai deixoume o mar,
non tiñan máis que deixarme, nin eu podo máis deixar.
(Esther Adolfina 41 anos - Freás)
Véndoos así tan pertiños, a Galicia e mailo Miño,
son como dous namorados que o río ten separados.
(Esther Adolfina 41 anos - Freás)
13
Case desde o nacemento
deixalos pois namorar, xa que os pais para casar
non lles dan consentimento. (Esther Adolfina 41 anos - Freás)
Con ou sen consentimento
dos pais, o tempo ha chegar en que teñen que pensar,
en facelo casamento. (Esther Adolfina 41 anos - Freás)
¿Onde has de ir á herba? que che hei de ir erguer
dareiche un abrazo, miña Maruxa do meu querer.
un abrazo non, que non pode ser. que vén a policía,
miña Maruja, vainos prender. (Francisco Vázquez 39 anos - A Ermida)
Non me mires que miran
que nos miramos e verán nos teus ollos
que nos amamos.
Eu xunguín os meus beiciños e leveinos á arada.
e no camiño acordeime da agullada
din a volta e fun por ela, e saíume a miña namorada,
ela non a precisaba. a aguillada é para os bois, que para ti teño outra vara.
e se ma queres tenguer, non preciso ir a buscala.
(Cotelas)
Algún día algo, algo, ¡ai....! agora, malpocadiño
xa non me queren as nenas, ¡ai...! porque vén acabadiño.
vente sentar o meu lado, ¡ai...! ti nunha pedra e eu noutra
así choraremos xuntos, ¡ai...! a nosa fartura pouca.
(Cotelas)
Vamos á escola rapaz,
non te pares no camiño, nin te enredes ó estar nela,
nin pintes nos libros discurre, pensa e traballa,
e ten alerta os oídos, para escoitar canto che ensine,
o mestre teu amigo. mira que voan os anos,
e en menos que dás un brinco, veraste mozo xa feito,
e máis que nada sentindo o que perdiches de escola,
por culpa túa parviño, o que perdiches da escola,
por culpa túa parviño. (Cotelas)
Deixade a escola rapaces,
deixade os bancos baleiros, queden soíños os libros,
queden en paz os cadernos. que as voces, brincos e xogos, chéganlles pais, o seu tempo,
e é que é a mellor hora, para facer os corpos reixos,
e acostumarse a vivir, con libertade e respeto. xogade rapaces xogade,
que hasta vos miran do ceo porque para Deus e os seus anxos,
saídes xogando ó recreo, saídes xogando ó recreo.
(Cotelas)
Teño unha pena no peito que me cubre o peito todo
se non te retiras pena se non te retiras morro. (María 78 anos - Pieles)
Hai que piñeiro tan alto
na cima ten alfileres malo raio parta ós homes
que fan rabear as mulleres. (María 78 anos - Pieles)
14
Buenos Aires tente firme que la Habana se cayó
puerto Rico está temblando con el susto que agarró
(Generosa 98 anos - A Boulla)
Os ollos que ben me queren nesta terra non están
pasan no puerto de Vigo no servicio do Rei van.
(Camilo 63 anos)
Teño que ir a Buenos Aires e dar a volta pola Habana anque non teña diñeiro, sempre son americana.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Bótame paloma miña laqrimas nun pañuelo
para levalas a Pamplona a gravalas un platero.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Adiós, adiós que me embarco na primeira embarcación
lévote miña naiciña para sempre no meu corazón. (Antonio 75 anos - A Boulla)
Adiós miña terra meiga,
adiós miña nai adiós, non sei se máis nos veremos,
que para América me vou.
Na ría de Vigo non se pode entrar,
que están os galegos, que van a emigrar, que van a emigrar,
entrar e saír, Á ría de Vigo, non se pode ir.
15
Os de Mende mataron un burro, e os da Lonia comérono crudo, e os de Velle mandaron recado,
que lle gardaran a punta do rabo. (Carmen, 70 anos – Mandrás)
Unha pera, dúas peras, non tiña máis a pereira,
unha pro cura da Canda, e outra pro cura de Cea.
(Amalia, 71 anos)
Meu amor é de Londres, meu amor é de Londrés,
vamos meu amor, vamos, para Londres outra vez.
(Amalia, 71 anos)
Hasta Coiras miña nai, hasta Coiras eu irei,
pero de Coiras para riba, o camiño non o sei.
(Manuela, 67 anos – Vilar)
Eu pasei por Villeriño por Villeriño cantando, e as nenas de Villeriño, quedan no río lavando.
(Manuela, 67 anos – Vilar)
Os mozos de Arinteiriño non plantan salgueiros, que van gardar ovellas, alá a Fontesalgueiros.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Non me mates por tomates, que os ten a tomateira, mátame por ter amores,
desa parroquia de Oseira. (Manuela, 67 anos – Vilar)
Descalzos os de Barrán, borrachos os de Loeda,
guapos os de San Mamede e cabaleiros os de Cea.
(Amalia, 71 anos)
Cando as xentes rubían, cando as xentes baixaban
hoxe meu Carballiño, ninguén rube nin baixa
sólo o Arenteiro se garda. (Dolores, 77 anos – Arcos)
Moito chove, moito chove, moito caen as pingueiras,
moito teño que contar desas terriñas de Oseira. (Hilda, 56 anos – Outeiro)
Non é unha que son todas, as rapaciñas de Bouzas,
levan dous pares de medias, para facer as pernas gordas.
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño, cántano os de Cea,
e resoa no Carballiño.
O pobo de Sargadelos heino de mandar varrer, cunha vasoira de plata,
que de ouro non pode ser. (Eladio, 83 anos – Confurco)
Todos mo andan preguntando,
e non llo vou decir a todos son da parroquia de Vales
e do pobo de Tamoiros. (Eladio, 83 anos – Confurco)
Á feiriña de Chantada non hai quen a entre,
con tantas rapazas novas e tantos homes valentes.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Eu subín pola Devesa e baixei pola Dornela,
e teño de tomar amores na parroquia de Torcela.
(Manuela, 67 anos – Vilar)
O cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño, cántano en Ribadavia e resoa no Carballiño.
(Rosa, 69 anos – Casandulfe)
16
Se me queres escribir, direiche o meu paradeiro, nas minerías de Asturias traballando de mineiro.
(Pura, 84 anos – Vilanfesta)
Non quero amores de Camba que me cheiran ó sudor,
quéroos de aquí pra baixo que me dan mellor olor.
(Manuela, 67 anos – Vilar)
Marín ten un areal que chega a Vilagarcía onde vai o berberecho
detrás da berberechiña. (Arturo, 75 anos – Vilar)
Se o río de Esteiro
levara coñac máis de catro pelmas
irían alá. (Purificación, 74 anos – Cea)
Hei de ir a tuna a Barrán
aunque me poñan cancelas, tamen se me vai o tempo
en abrir e cerrar nelas. (Julio, 78 anos)
Teño unha morena
alá en Dacón, outra en Maside, e outra no torrón, ¡e a do Carballiño non dixo que non!
(Dolores, 77 anos – Arcos)
O lugariño de Trabazos, é ruín porque o fan,
se lle botan a semente aínda dá azafrán.
(Josefa, 83 anos – Cornoces)
¡Viva Moire, viva Moire! terra onde me eu criei,
¡viva a parroquía da Canda! onde eu amores topei.
(Mercedes, 85 anos – Cotelas)
Boas mozas, boas mozas, hainas na plana de Oseira, hainas de media polaina
e hainas de polaina enteira. (Arturo, 75 anos – Vilar)
Moito chove, moito chove, moito derregan as colmas,
moito traio que contar dises mociños de Coiras. (Manuela, 67 anos – Vilar)
Boa terra, boa terra, boa terra é a miña,
non é a de Carballeda que é a de Carballediña.
(Manuela, 67 anos – Vilar)
Para os pulpeiros viva Arcos, e para os tratantes viva Garabás
e para cantar e bailar o Julio do Brabás.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
O río de Oseira leva color de limón
para lle lavar os pantalós o meu amante Ramón.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Eu pedinlle a unha nena, ella díxome que si
pregunteille onde o tiña e ela díxome apalpa aquí.
Eu apalpar apalpei, e atopar non cho atopei seguro que o perdiches en Verín no Monterrei.
(José Manuel, 74 anos - Coles)
Pasei por Vilapouca, por Vilapouca cantando, e as nenas de Vilapouca
quedan no tanque lavando (José Manuel, 74 anos - Coles)
As mociñas, as da Grela
son poucas e chegan ben, para facer a pandeirada
non precisan de ninguén. (Juan, 70 anos – Fondo de Vila)
Indo cara a Cea,
hai silvas nos valados e indo cara a Cotelas
todo caraveles encarnados. (Mercedes, 85 anos – Cotelas)
Algún día por te ver abrín portas e ventanas e agora por non te ver
téñoas todas pechadas. (Mercedes, 85 anos – Cotelas)
17
As mociñas de Cea non hai quen as queira,
son boas para beber viño coma guapas as da Ribeira.
(Carmen, 73 anos – Confurco)
O lugarciño de Confurco, de lonxe parece vila
se non foran os penedos que ten ó lado de riba.
Fuches contar mal de min
cara de leite mazado fuches contar mal de min
onda as mozas de Lousada. (Eladio, 83 anos – Confurco)
As mociñas de Cea
non son unhas que son todas, poñen dous pares de medias por facer as pernas gordas.
(Carmen, 73 anos – Confurco)
Mañá vas para Noia con zapatos de papel, non lle digas ó cura que vés do Courel.
(Sinda, 69 anos – Cea)
Se souperas o que eu vín na feira de Monterroso vintecinco curas xuntos a cabalo dun raposo.
(Amelia, 61 anos – Cea)
Arredor do río arriba teño alí un castiñeiro,
dá castañas en agosto uvas brancas en xaneiro.
(Purificación, 79 anos – Cea)
Quen me dera estar en Lugo ou na calle dos amores.
Quen me dera estar en Lugo ou naqueles corredores.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Teño que ir a Bos Aires, a cabalo dun mosquito para que diga a xente, ¡Ai! Que cabalo bonito.
(Maruxa, 75 anos – Outeiro)
Ó pasar por Villeriño todo é silvas no camiño e ó chegar a Casfigueiro
hai caraveles encarnados. (Maria Consuelo, 83 anos – Guimarás)
Ó lugarciño de Boulla
seica lle poñen cancelas, e tamén se lles vai o tempo
en abrir e cerrar nelas. (Eladio, 83 anos – Confurco)
De Covas a Recubelo
hai unha morea de montes, vivan os mozos da Canda
que os pasean polas noites. (María Consuelo, 83 anos – Guimarás)
As nenas de Celanova din que non beben viño e por baixo do mantelo
levan o xarro escondido. (Eladio, 83 anos – Confurco)
Muiñeiros de fervenza vinde todos á Saleta
que ben levades ganados estos tres meses de seca. (Carmen, 61 anos – Cea)
O cura de Vigo é xastre, e o de Marín mariñeiro, e o de Ourense afiador,
e o de Longos, serralleiro.
Señor Abade da Corna, a doutrina non lla sei,
pregúnteme o cachoupiño ¡xa llo repenicarei!
(Gloria, 55 anos – Bustelo)
A lúa de Portugal vén alumbrar a Galicia, que ten amores novos xa lle chegou a noticia.
(Mª Consuelo, 83 anos – Guimarás)
Heime de casar para Camba, chegan os ratos co rabo no chao,
á meda chegan os ratos, que é terra de moito grao.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
18
Vexo Vigo, vexo Vigo, tamén vexo Redondela, vexo a ponte de San Fíz
camiño da miña terra. (María, 69 anos – Ponte de Mandrás)
As mociñas de Mandrás digan delas, digan delas, non as hai máis divertidas
debaixo das estrelas. (María, 69 anos – Ponte de Mandrás)
O lugarciño de Mirallos foi feito na Mirandela,
para saber o que ocorre en Tanxil e na Ventela.
(Carmen, 63 anos – Confurco)
Toca a lata no Bolo e resoa nas Quintás
para que veñan bailar as mociñas de Garabás.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
O carballo da Portela ten a folla revirada,
que lla revirou o aire, nunha noite de xiada.
(Maruxa, 75 anos – Outeiro)
Teño unha moza no Porto, e outra no Ribeiro de Avia
se a do Porto é bonita a do Ribeiro lle gana.
(Concepción, 69 anos – Boulla)
As mociñas de Arnego son pequenas e redondas
cando van por entre os toxos cagan peidos coma bombas.
As mociñas da Cabana
digan delas, digan delas, non as hai máis guapas debaixo das estrelas.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Tocan a lata no Bolo e resoa en Faquín
pra que veñan bailar, as mociñas de Mundín.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Vila de Cea onde eu nacín entre dúas montañas, que alegre é o vivir,
Vila de Cea onde eu nacín. (Lucita, 68 anos – Cea)
Mirallos está no alto,
está ben na mirandela para mirar o que pasa nese lugar da Ventela.
(Amadeo, 76 anos – Boulla)
Nesta aldea non hai quen entre nesta aldea non hai quen entre,
con tantas mozas bonitas e tantos homes valentes. (Amelia, 61 anos – Cea)
A aldeiña de Fruíme de lonxe parece vila,
ten unha rosa na entrada, e outra na saída.
(Amelia, 61 anos – Cea)
Daquí a Barrás é lonxe alá non chegan suspiros,
suspiros que alá non chegaran chegan máis mortos que vivos.
(Julio Antonio, 78 anos)
Se queres aquí, aquí, se queres alá, alá,
se queres na carballeira, na carballeira será.
O gaiteiro de Soutelo
foi tocar a Santa Marta, e no medio do camiño,
perdeulle o punteiro á gaita. (Julio Antonio, 78 anos)
Ollos blancos azulados tenos a miña cadela, para ir pillar coellos,
á costa da Madanela.
Indo cara a San Facundo todo é silvas e valados,
vindo cara ós tres lugares caraveles encarnados.
19
De Cobas a Ricubelo hai unha legua de monte,
que vivan os mozos de Cea que a pasean de noite.
No lugarciño de Eirexe rodeado de vidreiras,
hai unhas malditas lenguas que cortan coma tiseiras.
Villeriño ten a sona Villeriño a sona ten, Villeriño ten a sona
de cantar e bailar ben.
As rapazas de Mangueiro cantan ben poden cantare,
ela parece unha rosa el parece un caravel.
(Sonia, 17 anos – Cea)
Nosa Señora da Guía gritoulle miña madriña, carallo para miña nai
que boa sona che tiña. (Sonia, 17 anos – Cea)
As augas do Carballiño
e as dos baños de Partovía unhas cúrante por dentro e outras lávante por fóra.
(Dolores, 77 anos – Arcos)
Verde cos meus campos e montañas dos meus vales e piñeiros,
dos meus eidos, dos meus prados, dos meus camiños e canellas
asi es ti, meu Carballiño. (Dolores, 77 anos – Arcos)
Mais pra ti meu carballiño, meu anceio e mestruanza,
levo na alma un pronto de esperanza.
(Dolores, 77 anos – Arcos)
Somos da Canda, bonita aldea,
somos uns rapaces que sempre andamos de borracheira.
Si son borrachos que sexan que a ninguén lle importa nada,
eles pagan o que beben ó cabo da semana.
(Mª Consuelo, 83 anos – Guimarás)
Lapacaldos os de Barrán, calvelos os de Loeda,
buenos mozos os da Canda, caballeros os de Cea.
(Mercedes, 85 anos – Cotelas)
Viva a Canda, viva a Canda, a Canda que viva sempre, que viva sempre a Canda, onde teño a miña xente.
(Mercedes, 85 anos – Cotelas)
De Cales a Casmoriño, hai unha legua de monte, vivan os mozos da Canda
que a pasean de noite. (Mercedes, 85 anos – Cotelas)
O San Juan de Barrán ten a camisa barrada,
e o patrón de San Mamede vinte e cinco na colada.
(Mª Consuelo, 83 anos – Guimaras)
Calvelos os de Barrán, descalzos os de Loeda,
guapos os de San Mamede, caballeros os de Cea.
(Mª Consuelo, 83 anos – Guimaras)
Bota viño do Ribeiro, taberneiro bota viño,
que os de Cea pra cantar, temos que beber primeiro.
Os que nacen en Ourense levan no peito un luceiro,
ca roda polos camiños percorren o mundo enteiro.
Cando o Miño chega a Ourense,
dille á Ponte moi baixiño: Se non fora por Ourense
non sería río Miño.
Galicia ten unha porta, a portiña do abrente,
e os camiños que dan nela, pasan todos por Ourense.
De Ourense son, alí deixei,
nas Burgas sonos de infancia. No Santo Cristo e a Ponte,
e as Burgas coa súa quentura, son as tres cousas de Ourense
que levan a amargura.
20
Cando o Miño chega a Ourense,
róuballe á Ponte un biquiño, e ó pasar polo Ribeiro, canta ledo e bebe viño.
San Victorio de Carnoces,
San Pedro de Garabás, panadeiriñas de Cea, mociños de Mandrás.
Viva Bouzas, viva Bouzas,
viva Bouzas, viva ben, vivan as mozas de Bouzas,
vivan os mozos tamén.
Tres cousas hai en Ourense, que non hai en toda España,
a Ponte, o Santo Cristo, e as Burgas fervendo auga.
Xa fun a Marín,
e as pernas che vin, e o teu gato negro
bótase a min.
Xa fun a Marín, xa vin o mar,
xa comín laranxas do teu laranxal.
Eu viña de Villeriño,
e pasando por Cotelas, chamoume a tía Xoana:
¡mírame para estas canelas! (Gloria, 55 anos – Bustelo)
Eu pasei por Ardesende,
e viñen por Ricobelo, e encontrei ó tío Pedro
mamándolle o embigo ó becerro. (Gloria, 55 anos – Bustelo)
Se ti viras o que eu vin, na feira de Monterroso,
vinte e cinco estudiantes acabalo dun raposo.
(Gloria, 55 anos – Bustelo)
Indo de Bustelo para Cea, todo son silvas nos valados, e vindo de Cea para Bustelo, son caraveles encarnados. (Gloria, 55 anos – Bustelo)
As mozas de Vilanova dicen que non beben viño,
e debaixo do mantelo, levan o xarro escondido, levan o xarro escondido
ai lalelo, ai lalalo.
As mozas de Vilanova, non son o que vos creedes que debaixo do mantelo, levan o xarro escondido, levan o xarro escondido
ai lalelo, ai lalalo.
As mozas de Vilanova deixan a chave na porta e os mozos de Vilanova, ben lle saben dar a volta, ben lle saben dar a volta,
ai lalelo, ai lalalo.
Non me seas mentireira, que tí non naciches pra traballar
as nenas de Vilanova, como son borrachas
non saben bailar ai lalelo, ai lalalo.
(Mª Auxiliadora, 41 anos – Cea)
Ó subila e ó baixala a costa da Martiñá, ó subila e ó baixala moito traballiño dá.
(Aurelio, 79 anos – Confurco)
Meniña do pelo roxo, quen cho pintou moreniña,
foi o raíño do sol, que entrou pola ventaíña.
(Aurelio, 79 anos – Confurco)
O lugarciño da Ermida non é un lugar nin aldea
que é unha congostra vella, onde os burros se pasean.
(Francisco, 39 anos – Ermida)
Miña nai e maila túa foron á feira das agullas
miña nai levou as agullas e a túa merda nas uñas.
(José Manuel, 74 anos - Coles)
21
Miña nai e maila túa, foron á feira dos novelos
miña nai levou os novelos e a túa merda nos dedos.
(José Manuel, 74 anos - Coles)
Esas que van ó estraperlo máis alá de Canabal,
contan que chegan as chispas á raia de Portugal.
Por exemplo a nosa filla anque foi dura da testa cantos traballos levamos
para aprendela de mestra. Estando poñendo escola
no vale da orensana sentiu vocear un chispante e asomouse a unha ventá. Arregloulle as porcelanas
e remendoulle unha tarteira e ó pouco tempo o chispante
dicía desta maneira: Gracias a Dios que topei
con unha rapaza lista que comprende que pra arreglos non os hai como os da chispa.
Deixoulle a roda na casa e un gabán de terciopelo,
pero o máis grave ainda foi que lle amañou un pequeño.
E aquí se acaba a historia diste infeliz paragüeiro,
que engañou unha rapaza por riba do pé izquierdo.
(José Manuel, 74 anos - Coles)
Asubíame de lonxe nin que fora un can perdido, eu non son perro de caza, que entenda por asubío.
(José Manuel, 74 anos - Coles)
Os que nacen en Ourense levan no peito un luceiro coa roda polos camiños
percorren o mundo enteiro.
Cando o Miño chega a Ourense dille á Ponte moi baixiño: se non fora por Ourense
non sería río Miño. Galicia ten unha porta, a portiña do abrente
e os camiños que dan a ela pasan todos por Ourense.
De Ourense son, alí deixei nas Burgas soños da infancia.
No Santo Cristo a devoción na Ponte o meu corazón.
O Santo Cristo e a Ponte
e as Burgas coa súa quentura, son as tres cousas de Ourense
que me levan á amargura.
Cando o Miño chega a Ourense roúballe á Ponte un biquiño,
e ó pasar polo Ribeiro canta ledo e bebe viño.
(Esther Adolfina, 41 anos – Freás)
San Antonio de Maside, San Pedro de Garabás, panadeiros os de Cea,
muiñeiros os de Mandrás. (Moncha, 56 anos – Souto-Cea)
Eu pasei por Vilariño, Por Vilariño cantado, As mozas de Vilariño,
Quedan no río lavando.
Pasei un día en Cea, Que non o pederei olvidar, Non hai rico, nin hai pobre, Que non sepa pandeirar.
Catro puntas ten Cotelas, Catro puntas o meu pano,
O que ten a muller fea, Ten bacallao todo o ano.
Señor San Xoán de Sobreira,
Cara de guinda madura, Vela polos teus irmáns,
Nas terras de Extremadura.
22
Unha vella a outra vella o que o demo non ordena
coa chavella do carro quixo atar unha media.
(Hilda, 56 anos – Outeiro)
Eu cantar cantaba ben a garganta non me axuda
heina de mandar untar co cagallón dunha burra.
(Rosa, 71 anos – Carballediño)
Heicho de dar queridiño heicho de dar que o teño heicho de dar queridiño o anillo do meu dedo.
(Rosa, 71 anos – Carballediño)
Teu pai non o ten túa nai non cho dá e donde che veu
do trailalalá.
A tocar na pandeireta gañei para unha saia nova
deixei un rebiritiño para lle botar de moda.
(Camilo, 63 anos – Pazos)
Toca pandeireta toca se non heite de rachar
costáchesme dous reás agora axúdamos a ganar. (Hilda, 56 anos – Outeiro)
Tódalas que son morenas
se contentan con decir que da terriña morena pan blanco ha de salir.
(Hilda, 56 anos – Outeiro)
O muíño troula, troula e a auga faino troular
e as mociñas do meu pueblo rabean por se casar.
(Hilda, 56 anos – Outeiro)
Miña nai deume unha tunda cun aro dunha pineira, miña nai teña vergonza
que vén a xente da feira. (Evangelino, 72 anos – Carballediña)
Pode o corpo ser vencido, pode ser dereito ou torto, mais o lume que alumea xamais o veredes morto.
(Pura, 84 anos – Vilanfesta)
Eu caseime no Ribeiro porque me gustaba o viño e o carallo do meu sogro
só tiña un pipotiño.
¡Ai Sálvora, ai San Vicente! ¡ai Sálvora, ai San Vicente!
as nenas bonitas hainas en Ourense.
(Bruno, 77 anos – Maside)
Hasta a folliña do millo tamén sabe de picardía
garda do orballo da noite para bebere polo día.
(Pura, 84 anos – Vilanfesta)
Ímonos de eiquí, que é hora, vaise o carro das estrelas, e non quero durmir fóra.
(Pura, 84 anos – Vilanfesta)
Maruxiña vai na fonte moito tarda que non vén ou rompeu o cantarillo ou moitos amores ten.
(Hilda, 56 anos – Outeiro)
Tes un caravel na boca e os dentes sonche as folliñas
gustábanme as túas falas pero dásme moi pouquiñas. (Purificación, 79 anos – Cea)
23
Chégate ela, chégate ela chégate ela e dálle un bico
se che fora no muíño xa lle tiña dado cinco.
(Purificación, 79 anos – Cea)
Á porta do fiadeiro hai un carballo rachado
que o racharon os mozos ó bailar o agarrado.
(Amelia, 61 anos – Cea)
Tocan a lata no Bolo e resoa en Fuquín
pra que veñan bailar as mociñas de Mundín.
(Manuel 83 anos – Tanxil)
Este pandeiro que toco ten o pelexo gastado
de tanto dálle que dálle de tanto repinicalo.
(Manuel, 83 anos – Tanxil)
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero,
que me saben a chamosco. (María, 82 anos).
O Ebro nace en Reinosa e vai desembocar ó mar
e pasa por Zaragoza para adornar o Pilar.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Polo río abaixo vai un barquiño de papel tente María non caias
arrímate a Manuel. (Manuel, 75 anos – Cea)
Miña nai por me casar ofreceume canto tiña agora que me casei
deume as plumas dunha galiña. (Amelia, 61 anos – Cea)
Miña nai por me casar ofreceume moitas vacas agora que estou casada dáme o pote das papas.
(Purificación, 73 anos – Cea)
Toda a miña vida andiven por un corpo derrengado
e agora que o topei o barato saliu caro.
(Manuela, 67 anos – Vilar)
Pra tocar non hai quen toque e pra cantar non hai quen cante
e pra pineirar o pandeiro non falta quen se levante. (Manuela, 67 anos – Vilar)
Teño un amor que me quere,
e outro que me dá diñeiro, e outro que me desengaña,
ise si que é verdadeiro. (Manuela, 67 anos – Vilar)
Tódolos Pepes son dulces, dulces coma un caramelo, eu como son tan amarga, por un Pepiño me perdo.
(Evangelino, 72 anos – Carballediña)
A moza que anda no baile, trae o mandil do revés
e o mozo que anda con ela, baila na punta dos pés.
(Esther, 75 anos – Ourense)
Teño un potiño que mo enche unha mariña, anque botes as que botes eu hei de quedar por riba. (Arturo, 75 anos – Vilar)
Miña nai como era pobre fixo o caldo nunha ola, e eu como son filla dela o que é rico que se foda. (Arturo, 75 anos – Vilar)
24
Moito baila, moito baila o da chaquetiña redonda
bailaría moito mellor se a tivera longa.
(Generosa, 98 anos – Boulla)
O carballo da revolta ten as follas reviradas que llas revirou o aire nunha noite de xiadas.
(Celia, 77 anos – Tanxil)
Non hai machada que corte a raíz do pensamento
porque é libre coma o vento. (Pura, 84 anos – Vilanfesta)
Viva Ourense, viva Ourense
así cantaba un artista, viva Ourense, viva Ourense que es la tierra de la chispa.
(Aurelio, 80 anos – Mosteirón)
Moito fala, moito fala, esta miña boquiña
moito mellor falaría, se lle tomara unha gotiña. (Julia, 55 anos – Ourense)
Toca a lata no Bolo
e resona nas Quintás para que veñan a cantar as mociñas de Garabás.
(Julia, 55 anos – Ourense)
Se queres que chas bote cántigas o valiente
bótame pola túa ventana unha silla na que me sente.
(Aurelio, 80 anos – Mosteirón)
Eu ben vin nacer o sol por entre a folla dun fento pensaches que te quería pero engañoute o tempo.
(Aurelio, 80 anos – Mosteirón)
Baila con ela Camilo que che é amiga da nora
cada semana seu fío ó ano unha mazaroca.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Pasei un día no Grove que nunca poderei olvidar non hai rico nin hai pobre que non saiba pandeirar. (Mayka, 15 anos – Vilar)
O cantariño galego
cantar que nunca se acaba empezan con ai le le le lo.... e acaban con ai la la la.......
(Amelia, 61 anos – Cea)
Aí vai Manuel deixalo pasar,
vai tomar amores á beira do mar, á beira do mar, á beira do mar, aí vai Manuel deixalo pasar.
(Paca, 65 anos – Costa de Monte)
Baila o quito, baila o quito non me rompas o mandil
que xa me rompiches outro nunha feira de Lalín.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Chamáchesme moreniña era do polvo da eira,
verasme para o domingo unha rosa na roseira.
(Sinda, 69 anos – Cea)
Eu cantar cantaba ben a garganta non me axuda
heilla de untar con laranxa madura.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Hei de cantar pra Rocío cariña de serafín
hei de cantar pra Rocío e ela para min.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
25
Moito canta, moito canta, esta miña gargantiña, moito mellor cantaría
se lle tomara unha gotiña. (Eladio, 83 anos – Confurco)
A raíz do toxo verde
é moi mala de arrincar, os amoriños primeiros,
son moi malos de olvidar.
Este pandeiro que toco, é de pelaxo de ovella, onte pacía no monte, hoxe toca que rabea.
(Modesto, 43 anos – Freás)
Unha noite fun á festa, para namorar ás rapazas, e apañei das mazás paus, e das maciñas cabazas.
Vinde nenas, vinde nenas, arredor do meu capote,
que a unhas heinas de casar e a outras heilles de dar o dote.
Na alma se me cravou, a raíz do teu querer,
e mentres no mundo vivas, non cha hei de esquecer.
Esta noite hei de ir alá,
meniña non teñas medo, déixame a porta atrancada,
cunha palla de centeo.
Non te quero Pepe, non te quero non,
non te quero Pepe, que es un borrachón. Non te quero Pepe, conmigo na cama
non te quero Pepe, que non vales nada.
Traio nos labios un cancioneiro,
cheo de coplas sin estrenar, son como avespas dun avespeiro que a todas partes queren chegar.
Se queres que o carro cante
como o do rei de Facán, bótalle talladas de unto, como rebandas de pan.
Todos somos de Pontevedra, todos somos de por alá, todos somos afiadores, todos sabemos afiar. Afiamos as tixeiras e tamén afiabamos
as rapaciñas solteiras. (Manuel Jorge, 65 anos – Bustelo)
Eu subín pola Pallota, e baixei pola Portela,
e a pandeireta non tocan poque ten unha rachadela.
(Maruxa, 75 anos – Piñor de Cea, Outeiro)
Miña nai cando me pega, peta cos pés no sobrado, dime que non teña novio
e eu xa llo teño arranxado. (Eladio, 83 anos – Confurco)
Ai Pepiño adiós, quédate con nós
non vaias morrer á praia como nos pasou a nós.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, ven bailar Carmiña e mais trae a nena.
E mais trae a nena, e mais trae a nena, que se non é miña
axudei a facela. (Sinda, 69 anos – Pazos)
Vámonos de aquí para alá
miña cariña de rosa vámonos de alá para aquí que esta terra non é nosa.
(Concepción, 69 anos – Boulla)
Abre a porta Manuel e levántate xa
que todos somos da larica e ninguén che quere mal.
Abre a porta Manuel
e levántate xa que somos os teus amigos
e vímoste felicitar.
26
Abre a porta Manuel e déitate xa
xa nos convidaches e queremos marchar.
(Carmen, 70 anos – Mandrás)
Teño uns zapatiños novos ferrados con chiculate
e as biqueiras son de azúcar ¡Mire usted que disparate!
(Carmen, 70 anos – Mandrás)
Arredor do río arriba non hai varas que cortar
os mociños de agora nin saben parrafear.
(Generosa, 98 anos – Boulla)
Eu teño un canciño, bonito a bofé,
e baila a pandeira na punta do pé. Na punta do pé,
dá un salto para tras e tócache as cunchas cunchascarraschás.
(Juan, 70 anos – Fondo de Vila)
Eu teño un canciño que veu da Marola,
e baila fandango na punta da póla.
Na punta da póla, na punta da póla,
eu teño un canciño que veu da Marola.
(Juan, 70 anos – Fondo da Vila)
E non tiveches razón, olvidáchesme por pobre,
e non tiveches razón. Amor pobre,leña verde arde cando hai ocasión
Ai lalelo. Ai lalala.
(Modesto, 43 anos – Freás)
Xan Guindán quere casar non ten a muller buscada
vaille facer o amor á filla da tía Xoana.
(Purificación, 73 anos – Cea)
Boas noites tía Xoana ¿onde lle vai a rapaza? a rapaza vai no muíño
xa me parece que tarda. (Amelia, 61 anos – Cea)
Hei de cantar hasta o día
hei beber auga do regueiro veñan os da casa todos
para min e o compañeiro. (Eladio, 83 anos – Confurco)
Con piñeiros de arredor
teño unha casa no monte con piñeiros de arredor
e unha fonte con salgueiros miña nena, onde canta o ruiseñor.
Aquel paxariño
era bonitiño viña do Ribeiro,
da beira do Miño. E como lle chaman, chámanlle Pepiño, ai que rico nome ten o paxariño.
(Mª Carmen, 35 anos – Cales)
Buenos días tía María, onde lle vai a rapaza,
vai buscar o pan para a noite, xa me parece que tarda.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Hei de cantar como sei e bailar como aprendín
e hoxe hei de ir cunha moza anque non mire para min.
(Concha, 73 anos)
Á túa porta chegamos, catrocentos en cuadrilla
se queres que che rondemos baixa catrocentas sillas.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira esa si que é muiñada. (Eva, 59 anos – Cea)
27
Canta ti, cantarei eu, iremos os dous cantando, canta quen tivera amores
que os meus vanse acabando (Rosa, 55 anos – Cea)
Non te quero, non te quero,
á cara cho digo, non me criaron meus pais
pra casarme contigo. (Carmen, 69 anos – Vales)
Miña nai por me casare, ofreceume tres avellas unha coxa, unha cega,
e outra mona das orellas.
Miña nai por me casare, ofreceume unha galiña, e agora que me casei, díxome que non a tiña.
Miña nai por me casare,
ofreceume canto tiña, e agora que me casei,
botoume a buscar a vida.
Eu queríame casare, miña nai non teño roupa,
casa miña filla casa, que unha perna tapa a outra.
Canta cuco, canta cuco,
na rabiza do arado, que as mociñas de agora,
todas recachan o rabo.
Baila nena, baila nena, e non pares de bailar,
que as estrelas tamén bailan, sen perder seu alumear.
Eu se canto por que canto,
eu se río por que río, as malas lenguas do mundo
pasan o tempo comigo. (Evangelino, 72 anos – Carballediña)
A pandeireta é de ouro e as ferreñas de metal,
e as meniñas que a tocan do Outeiro natural.
(Evangelinoo, 72 anos – Carballediña)
O río cando vai grande deixa as pedriñas ó sol,
vaise un amor e vén outro non hai un regalo mellor. (Hilda, 56 anos – Outeiro)
Aparta loureiro tordo, deixa clarear a lúa,
veño do monte do Faro, non vexo xente ningunha.
Arrimeime a ti loureiro
pensando que eras calado, loureiro langoreteiro,
todo traes lengoreteado.
Canta cuco, canta cuco na cima do castiñeiro,
cunha subeliña na mao, aprendendo a carpinteiro.
Teño que ir a Buenos Aires,
a cabalo dun mosquito, para que diga a xente: ¡Que cabalo tan bonito!
Heime de casar en Lugo, que é terra de moito grao,
soben os ratos á meda e chegan co rabo ó chao.
(Manuél Jorge, 65 anos – Bustelo)
Sei cantar, sei bailar, sei tocar a pandeireta, o que se case comigo ten a música completa.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Eu caseime no araño, por debido do arañon, ela boa moza non é,
pobre si, honrada non. (Eladio, 83 anos – Confurco)
Miña nai por me casar
meu pai por me dar a dote, armaron unha porfía,
rompéronlle os pés ó pote, rompéronlle os pés ó pote,
ai lalelo; ai lalalo.
28
Miña nai por me casar, buscoume un mozo moi guapo,
agora que xa casei, non vale nin un pataco, non vale nin un pataco,
ai lalelo, ai lalalo. (Mª Auxiliadora, 41 anos – Cea)
Nena que vende-las peras, cantas te mandaron dare,
para ti meu galanciño non mas mandaron contare.
Señor cura, señor cura, a doutrina non lla sei, pida unhas cantigas, que llas repenicarei.
Frores de ouro mareliñas,
Non as hai coma dos toxos, criounas Dios entre espiñas, para sacalas dos antoxos.
(Mª Auxiliadora, 41 anos – Cea)
Teño ganas de verte e contarche o meu sentír,
pero tes unha nai, que non che deixa saír.
(Raquel, 37 anos – Vilar)
Maruxiña cando chove, pon o neno no tellado, e o neno de Maruxiña,
cando chove está mollado. (Alicia, 85 anos – Mizoite)
Chamáchesme moreniña
Blanquiña vaite lavar, coidas que non teño amores aínda chos hei de emprestar.
(Alicia, 85 anos – Mizoite)
Maruxa se vas á feira, cómprame un porco rabelo,
que se mo compras con rabo non me cabe no cortello. (Alicia, 85 anos – Mizoite)
Maruxiña dáme un bico,
que che hei de dar un pataco, non quero bicos de homes, que me cheiran a tabaco. (Alicia, 85 anos – Mizoite)
Por aquí paso cantando espertando a quen dorme
meténdolle soledás a quen falarme non pode.
(Generosa, 98 anos – Boulla)
Agora que chegou o entroido vamos todos a troular a bailar nos fiadeiros
e coas mociñas parrafear. (Concepción, 69 anos – Boulla)
Rabeas pola pineira rabeas por pineirar
rabeas por ter amores rabeas por te casar.
(Generosa, 98 anos – Boulla)
Canta o cuco, canta o cuco, xa se achega a primavera,
din que cando canta o cuco, saca o refaixo a vella.
(Concepción, 69 anos – Boulla)
Á sombra do castiñeiro regaladiña no vrau,
heite de levar queridiña despaciño pola mau.
(Concepción, 69 anos – Boulla)
Miña nai, miña naiciña, coma miña nai ningunha lávame a miña camisa
dentro da manga da súa. (Alicia, 69 anos – Alén)
Pégalle duro Xoanciño toca ben ese pandeiro,
para que bailen estas mozas neste grande fiadeiro.
Bailan a carón do carro cunha luz de candil,
e cando este se apaga biquiño para aquí, biquiño para alí.
As nais están mirando fiando na la da roca,
cun ollo posto no fuso e outro posto na porta.
(Generosa, 98 anos – Boulla)
29
A castaña no ourizo, sabe Dios o que ela fai
de pequeniña ela se cría ela de madura cai.
Todas as noites me tes sentadiña nunha pedra,
pensas que non é pecado enganar a quen espera.
Entre dous que ben se queren
e se atopan no camiño se lles mudan os colores
mostran o seu cariño.
Todos os que aquí xa cantan son os que cantan millore malo catarro lles pegue pídello a nosa señora.
Quero ben á escopeta,
que é a miña encubridora, dime que veño das lebres,
veño de ver á señora.
Os ollos verdes son falsos os negros namoradeiros, vivan os ollos castaños, por firmes e verdadeiros.
(Mª del Carmen, 35 anos – Cales)
Se tu viras o que eu vin, na feira de Lalín,
unha cabra cunha roca e un cabrito con violín.
Se ti viras o que eu vin, habías de estremecer, unha formiga con rabo que me quería comer.
Prepárate Maruxiña,
filla do tirabotós, que aí che vén o tío Pedro
e vénche sen pantalós.
Conselleime cunha nena pola carretera andando non te podo acompañar,
porque me cheira o fandango. (Manuel Jorge, 65 anos – Bustelo)
Arrimeime ó pino verde por ver se me consolaba o pino como era verde,
ó verme chorar choraba. (Aurelio, 80 anos – Mosteirón)
Heiche tocar as cunchas
miña queridiña, heiche tocar as cunchas anque sexa na cociña.
(Eladio, 83 anos – Confurco)
Pasei a ponte de Ourense, paseina de madrugada, topei un anelo de ouro, e unha cinta colorada.
Ai lalelo. Ai lalala.
Pasei a ponte de Ourense, paseina cando mareaba,
ó estar do outro lado dinme conta que choraba.
Ai lalelo. Ai lalala.
Pasei a ponte de Ourense,
e despedinme da terra, hei de volver a pasala,
se non me matan na guerra. Ai lalelo. Ai lalala.
(Esther Adolfina, 41 anos – Freás)
Millo verde, millo verde, millo verde mazaroca,
á sombra do millo verde, ¡Ai! namorei unha rapaza.
Millo verde, millo verde, ai millo verde miudiño,
á sombra do millo verde, ¡Ai! namorei un rapaciño. Millo verde, millo verde, millo verde, folla larga,
á sombra do millo verde, ¡Ai! namorei unha casada.
30
Mondadeiras do meu millo ai mondade o meu millo ben,
non olledes pro camiño, ¡Ai! que a merenda xa alá ven.
(Antonio, 75 anos – Boulla)
Amor mío vienes tarde, acostumbras a tardar,
auga de moitos regueiros é moi mala de xuntar.
(Generosa, 98 anos – Boulla)
Cando por aquí pasei, o camiño tiña herbas,
cando volva pasar, xa ha de ter carballas vellas. (Generosa, 98 anos – Boulla)
Vámonos a despedir, vámonos a despedir,
que se cerran os ollos, coas ganas de durmir.
(Purificación, 73 anos, Cea)
Vou a dar a derradeira, vou a dar a derradeira,
se tes o pé no aire non sigas a carreira.
(Purificación, 73 anos – Cea)
Vou a dar a despedida, como deu o rei de Roma,
¡malo raio vos parta, mala centella vos coma!
(Purificación, 73 anos, Cea)
Toca o pandeiro María, axúdalle Genoveva,
que este pandeiro que toca, é a pel dunha ovella,
inda onte paceu herba, e hoxe toca que rabea.
(Antonio, 53 anos – Cea)
Eu queríame casar Nai dime que é cedo
Como ela xa está casada Non sabe a présa que eu teño.
(María 78 anos)
Unha caída morena, Unha caída non é nada,
Unha caída a ten A filla do rei de España.
(María 78 anos)
31
As mozas do Cardenal Pedíronlle a San Antonio
que as quitara de alí que estaban no purgatorio.
e San Antonio lles dixo tedes que ter paciencia
que debaixo dos carrascos tamén se fai penitencia.
(José 93 anos)
Á Madre de Dios do Faro xa non lle volvo rezar
que me sacou as merendas e o descanso do xantar.
(Eladio 83 anos - Confurco)
A marabilla do Laxar vén a Santa María
porque non se fai festa sen que estea a marabilla. (Eladio 83 anos - Confurco)
Cantade amigos cantade que chegou o San Xoán
porque mentres dure hai que o celebrar. (Andrea 56 anos)
Se vas ó San Benitiño,
non vaias ó de Paredes, que hai outro máis milagreiro,
o San Benitiño de Lérez.
San Antonio de Maside, feito de pau de amieiro,
irmáu das miñas changuiñas, criado no meu lameiro.
Dios o dea, Dios o dea o viño pros camareiros Dios o dea, Dios o dea
que é bo para os mozos solteiros. (Eladio 83 anos - Confurco)
Somos os romeiros
que vimos do San Antonio, gastamos os cartos todos
na taberna do Xiromo. (Manuel 75 anos)
Santa María de Oseira
ela era muiñeira a maquía era de plata e a vasoira de oliveira.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Se vas ó San Benitiño non vaias ó de Paredes, hai outro San Benitiño
dos homes e das mulleres. (Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Veño dunha romaría
e xa me vou para outra váiseme o tempiño todo dunha romaxe a outra. (Sinda 69 anos - Cea)
Se é que vou a Pontevedra,
non é por velos soldados que é por ve-la Pelegrina
cos seus pendentes dourados. (Camila 72 anos)
Pai dos labradores
vímosche rezar e a pedir favores
ó teu altar. (Manuel 83 anos - Tanxil)
32
Por aquí paso cantando espertando a quen dorme
meténdolle soledás a quen falarme non pode.
(Generosa 98 anos - Boulla)
Eu queríame casar, miña nai non teño roupa,
casa miña filla casa que unha perna tapa a outra.
(Arturo 75 anos)
Aunque os teus pais me deran as mulas dun carretón
a ti non te querería por mala condición.
(María 69 anos - Ponte Mandrás)
Miña sogra non me quere porque di que non traballo
e os eidos do seu fillo heinos dar ben traballado.
(Manuela 67 anos)
Fun á feira de Mal Vexas vin pola de Arrastro Andes déitate e non te revolvas
érguete e non te levantes. (Celia 77 anos)
casa de moitas ventanas non pode garda-lo vento
e o galán de moitas mozas non pode dar cumprimento.
(Rosa 64 anos)
Sementei millo miúdo, no colo dunha rapaza,
teño que marchar de aquí, antes de que o millo naza.
O paxaro cando chove mete o rabo na silveira,
así fai a boa moza cando non ten quen a queira.
Por un besiño nin dous
non bota penitencia o cura, pero se chegan a tres a penitencia é segura.
(Hilda 56 anos - Outeiro)
Miña sogra é o demo, heina de facer rabear,
nin me hei casar coa filla nin a hei deixar casar.
(Arturo 75 anos)
Non armes o garamelo que non me gosta o touciño
o que foi prato algún día sabe onde mete o fuciño.
(Pura 84 anos)
Dille alá á túa nai que agora non te quero que te colgue no canizo onde colga o unto vello.
(Purificación 73 anos - Cea)
Debaixo dun limoeiro púxenme a considerar
o pouco que vale un home cando xa non ten que dar.
(Pura 65 anos)
Eu casei cunha vella, porque tiña moito gando,
e o gando foime morrendo, e a vella foime quedando.
Os amores dunha vella
son amores dunha santa, que ó se meter na cama,
toda a noite o cu lle canta.
33
Da ventana do meu pai eu xa vexo a do meu sogro,
arriba, meu pai arriba a conta do mundo todo.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Alá arriba naquil monte está unha burra morrida que lle meteron un tiro
e quedou coa boca abrida. (Eladio 83 anos - Confurco)
A miña muller é zorra
e zorra é a miña muller a miña muller é zorra
de quen en quen. (Eladio 83 anos - Confurco)
A muller que vai ser miña ten que ter o cu de pan e a barriga de manteca
e o rabo de bacalao. (Eladio 83 anos - Confurco)
Cando por aquí pasei
xa o camiño tiña herbas cando volva vir
ha ter carballas vellas. (Generosa 98 anos - Boulla)
Ese que anda no baile ten a chaqueta rabela,
non lla fixeron máis grande porque cagaba por ela.
(Amalia 71 anos)
Cantas veces meu pai dixo: fillo non sexas garoto,
non andes de noite á tuna non acabes co teu corpo.
(Eladio 83 anos - Confurco)
A miña rapaza, Farruco é moi nova para casar
ten corenta e cinco anos e pódesma restregar.
(Eladio 83 anos - Confurco)
As marmotas de Coruña cando non teñen que facer sacan un pelo da cabeza
e póñense a coser. (Carmen 73 anos - Confurco)
Miña nai é ovelliña,
meu pai cazador de lebres e eu como son fillo diles son amigo das mulleres. (Sinda 69 anos - Cea)
Na entrada deste pobo
salida deste lugar para meterlle unha tunda salia quen me ha de dar.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Andivécheste alabando polos muíños moendo
que te casabas conmigo e eso era en eu querendo.
(Pura 65 anos)
Unha vella, moito vella máis vella ca Zaragoza tratáronlle o casamento e a vella volveuse moza.
(Evangelino 72 anos - Carballediña)
Ergue ese sombreiro arriba que che quero ver a cara,
todas din que eres bo mozo e a min non me gustas nada.
(Amalia 71 anos)
Séntate aquí, xa me sento déitate aquí, xa me deito xa que leváche-la sona has de leva-lo proveito.
(Celia 77 anos)
Andas dicindo por aí que eu para ti son pouca cousa.
Quen che dera que eu te quixera, cara de ovella sarnosa. (Esther 75 anos - Freás)
As nenas de barrio correlas, correlas, porque van o baile sin lavar as pernas, sin lavar as medias.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Por cantar e por bailar nada se perdeu no mundo
perdeuse por murmurar a vida de Cajarundo.
(José 77 anos)
34
Miña sogra morreu onte e enterreina na lareira, deixeille un brazo fóra
para que lle tice á caldeira. (Sinda 69 anos - Cea)
Antonte fun pola feira,
porque un encargo me deu teu pai, e vendín por vinte pesos aquela porca da túa nai.
As rapazas do meu pobo
din que non comen xa máis touciño, e comen o porco enteiro,
comen do rabo ata o fuciño.
¿Porque non cantas paxaro? porque non teño alegría. Non se fai cousa de noite que non se sepa de día.
(Eladio 83 anos - Confurco)
As mociñas de Barrán digan delas, digan delas, non as hai máis divertidas
debaixo das estrelas. (Manuela 67 anos)
Miña nai por me casare,
meu pai por me da-lo dote, armaron unha pelexa
e rompéronlle o testo ó pote. (Evangelino 72 anos - Carballediña)
Heime de casar cun vello,
heino de facer sufrir, heille de poñe-la cama onde non poida subir.
(Evangelino 72 anos - Carballediña)
Vai calando, vai calando cara de tunturuntú
que para falar conmigo non hai que rascar o cu.
(Andrea 62 anos)
Todo o mundo mo di, eu tamén o considero o que non ten cabeza
non necesita sombreiro. (Arturo 75 anos)
Miña sogra cando sopla
o borrallo da lareira cando sopla miña sogra parece unha orballeira. (Purificación 91 anos)
Dis que tes que tes,
e para min non tes nada tes a casa caída
e a parede embarrigada. (Esther Adolfina 41 anos - Freás)
María ti es o demo
que me andas atentando se no río, se na fonte
sempre te atopo lavando. (Purificación 73 anos - Cea)
Antes de pasa-lo río
díxenche que si, que si, do regueiriño para baixo
quedeime rindo de ti. (Juan 70 anos - Fondo de Vila)
Dúas cousas hai neste mundo
que non se poden entender os curas ir ó inferno
e os médicos morrer. (Eladio 83 anos - Confurco)
Un gatiño pola calle abaixo vai,
un gatiño dando berros, que lle cortaron o rabo para bigote de cregos.
(Josefa 84 anos)
Non che miro pro zapato nin tampouco pro anillo míroche pro cabaceiro se o tes cheo de millo. o cabaceiro amiguiño cheo de millo o teño
pero para o ter como o teu escúsome levantar cedo.
(Mercedes 85 anos - Cotelas)
Vai calando, vai calando estou cheo de te oír
como os burros van ó monte ti tamén podías ir. (Andrea 56 anos)
Nós de acá e vós de alá, somos tantos coma vós, nós comemos o carneiro, e as cornas son para vós.
Miña sogra morreu onte,
enterreina no palleiro, deixeille un brazo fóra,
para que tocara o pandeiro.
35
Os amores dunha vella son amores dunha santa que ó se meter na cama
toda a noite o cu lle canta. (Purificación 91 anos)
Un paxaro puxo un ovo enriba do Axuntamento
e cagou polo alcalde e mais polos que estaban dentro.
(Purificación 73 anos - Cea)
No ceo manda Dios e na terra os xitanos e no aceite de oliva
mandan os americanos. (Aurelio 83 anos)
Sementei o ben che quero
no corredor de María e naceume
o ben che quería. (Generosa 98 anos - Boulla)
O que se usa non se escusa
terra fría non da pan é millor estar solteira
que casar cun palandrán. (Generosa 98 anos - Boulla)
Mi niña dille a teu pai
que eu a ti non te quero que te colgue no canizo onde colga o unto vello.
(Amadeo Otero 76 anos – A Boulla)
Pensaches que eras rico e xa me tiñas na man
tantas serdas ten un porco e non sale de marrán. (Mercedes 72 anos)
Chamáchesme pera parda,
eu a ti mazán podrida, a pera parda se come a mazá podre se tira.
(Amelia 61 anos)
Axúdame compañeiro que estás ó lado dereito
tamén eu te hei de axudar cando a min me faga xeito. (Antonio 75 anos - A Boulla)
Si te pillo no camiño
como te pillei máis veces, heiche meter na barriga
patacas para nove meses. (Eladio 83 anos - Confurco)
A criada do cura ten un meniño
e por eso lle chaman xineliño, Xineliño, Xineliño
a criada do cura ten un meniño.
(Carmen 61 anos)
Petei na porta e non respondiche,
só oín a mala resposta que ti me diche.
(Paz Josefa 53 anos)
Roubácheme o carro, roubácheme a horta,
pero non me roubache o home nin morta.
(Paz Josefa 53 anos)
Unha vella díxolle a outra polo burato da porta, métete na túa vida
que a miña nada che importa. (Paz Josefa 53 anos)
Non te fíes das mulleres que son feitas do revés,
vístense pola cabeza e íspense polos pés.
(Pura 84 anos)
A que casa cun viúdo ten ganas de se casar,
polo que xa foi sacudido ¿que fariña pode dar?.
(Pura 84 anos)
O muíño troula, troula a auga faino troular a filla da muiñeira
rabea por se casar. (Pura 84 anos)
Teño un amor carpinteiro,
bonito como unha rosa teño medo que mo embruxe
algunha meiga envidiosa. (Pura 84 anos)
36
Non teño medo ós teus ditos
nin medo do teu meigallo que ando cunha vacaloura
e catro dentes de allo. (Pura 84 anos)
O cura chamoume Rosa, eu tamén lle respondín, destas rosas, señor cura non as hai no seu xardín.
(Pura 84 anos)
A miña nai e maila túa foron á feira dos pendentes
a miña trouxo pendentes a túa ferros nos dentes.
(Manuel 51 anos)
O zorro vai cantando por onda a roda do carro leva os ollos na cabeza e o cu debaixo do rabo.
(Pura 83 anos)
A miña nai e mais a túa foron a feira dos novelos
a miña trouxo novelos a túa terra nos dedos.
(Pura 83 anos)
Heiche de dar o boi blanco, heiche de dar o boi blanco,
e mais a vaca marela, e mais a filla máis nova,
meu ben, para que te cases con ela. (Carmen 70 anos)
Heiche de dar o boi blanco, heiche de dar o boi blanco,
e mais a vaca marela, e mais a filla máis nova,
meu ben, se non queres a máis vella.. (Carmen 70 anos)
Unha vella díxolle á outra
polo burato da porta tu goberna a túa vida
que a miña nada che importa. (Bernardino 82 anos)
Chámasme atrevidiño
por mirar na túa ventana atrevidos son aqueles
que dormen na túa cama. (Luz Divina 70 anos)
María ten sete saias
todas sete lle están ben debaixo das sete saias ten a máquina do tren.
(Juan 70 anos - Fondo de Vila)
Ai roxiña, roxiña do pelo toma tres cartos e móstrame aquilo, toma outros tantos e ti dáme aquilo,
ai roxiña, roxiña do pelo. (Juan 70 anos - Fondo de Vila)
Aviva esa gaita, mozo, que a traes amortexada e as nenas da miña terra quérena máis avivada.
(Juan 70 anos - Fondo de Vila)
Querer quéroche ben fago todo o que tu mandes,
pero contigo non durmo que tes as pernas moi grandes.
(Carmen 69 anos - Vales)
Si queres que vaia e veña, neniña, ó teu lugar
has de prender a cadela que non fai senón ladrar.
(Bernardino 82 anos)
A muller que capa os homes anda polas feiras todas fuxide homes, fuxide,
que aí vén a capadora. (Paca 65 anos - Costa de Monte)
A muller do coxo ten o pelo roxo. dálle coxo, dálle
non lle teñas noxo. (Paca 65 anos - Costa de Monte)
Baselisa ten un niño
e tres tellas no tellado e o niño da Baselisa
cando chove está mollado. (Paca 65 anos - Costa de Monte)
Teño unha herba na horta
que rebenta polo pé así has rebentar ti se di-lo que non é.
(Manuel Horacio 51 anos)
37
Eu pasei pola túa porta e mirei polo pestigo
e vin á túa nai rañándoche o embigo.
(Andrea 55 anos)
Eu pasei pola túa porta e mirei polo cerrollo e a cabra da túa nai
meteume un pau por un ollo. (Andrea 55 anos)
Se queres mandar recuerdos
meniña para o inferno tes un carteiro seguro
que está miña sogra morrendo. (Jorge 22 anos)
Arre burro de mi puerta,
que aquí no se da cebado, a un burro como este,
mi padre le pone albarda. (Felisa 83 anos)
Gruchiquí marrán,
ruín esterco do meu corral, que mañá hei de ir á feira, heite vender por un can.
(Felisa 83 anos)
Cálate, vaite calando, cara de tuturutú,
parece-la miña porca cando ronca polo cu.
(Felisa 83 anos)
Cálate, vaite calando, cara de leite mazado,
heite levar á misa nun burriquiño sin rabo.
(Felisa 83 anos)
Unha vella nunha fonte por unha verza bebía,
a verza estaba rachada, e a auga toda vertía.
(Felisa 83 anos)
Chamácheme conacheira, heite de mandar prender, veremos cando me viches cos conachos a vender.
(Felisa 83 anos)
Os solteiros valen ouro, os casados valen prata,
os viúvos calderilla, e os vellos folladelata.
(Pura 84 anos)
Os fillos da miña filla son fillos do meu corazón.
Os fillos do meu fillo, serán ou non serán.
(Pura 84 anos)
Pasei pola túa porta, e guichei polo cerrollo
a meiga da túa nai meteume un pau polo ollo.
(Pura 84 anos)
Anda dicindo túa nai, que non me quere pra nora,
dille alá á túa nai que te colge no canizo, onde colga o unto vello.
(Anuncia 59 anos - A Torre)
Pica canteiriño, pica pica na pedra miúda,
pica na muller allea, outro picará na túa.
(José 77 anos)
Ó teu pai, chámanlle Cuco, á túa nai, Cucaina,
a teus irmáns Cuquiños e a tí, a Cucarandaina.
(Pura 84 anos)
Tanto se me dá por ti, cara de fregar as olas, tanto se me dá por ti
como o gato por cebolas. (Pura 84 anos)
Por unha hora de troula, nove meses de pesar,
tres semaniñas de cama dous aniños de arroular.
(Pura 84 anos)
O meu home foi de troula, e veu cheo de fariña
il muiñeiro non é eu non sei a quen se arrima.
(Pura 84 anos)
38
Quedou Mariuca viuda, matouse toda a chorar antes do ano xa tiña
un meniño que arroular. (Pura 84 anos)
Chamáchesme trabusqueira herba co gando non come,
é mellor ser trabisqueira ca muller de ruín home.
(Carmen 69 anos - Vales)
O cura vendeu a burra por non lle dar a cebada, e agora vai ós enterros
a cabalo da criada. (María 60 anos - Agrosantiño)
O cura e maila criada foron ós garabuxiños,
o cura caeu de cu e a criada de fuciños.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
O cura e maila criada, ordenaron de cocer,
tiñan a leña no monte e a fariña sen moer.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
O cura cando vai fóra déixalle dito á criada:
veña tarde, veña cedo, déitate na miña cama.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
O señor cura non baila, porque ten unha coroa, baile señor cura, baile,
que Dios todo o perdoa. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
Canta cuco, canta cuco, canta cuco no penedo, anque remede-los ollos
cuco non che teño medo. (Felisa 83 anos)
Túa nai e maila miña
foron á festa dos nobelos a miña trouxo nobelos
e a túa merda nos dedos. (Paz Josefa 53 anos)
Eu non sei o que pasa Antón que tu tes o fuciño untado,
e a min fáltame da horta un lechón. (Felesindo 86 anos)
O que cabritos come,
e cabra non ten de algures lle vén.
(Felesindo 86 anos)
Cando andaba pretendendo, saliume a cousa mal
e caín nun rego de auga e derreteume o sal. E cando salín de alí,
salín cun grande bicho, pero eu salín dicindo
que logrei o meu capricho. (Felesindo 86 anos)
Pasei pola túa porta e mirei polo postigo,
e vin á túa nai rañándoche o embigo.
(Francisco 79 anos)
Pasei xunto da túa porta, e mirei polo cerrollo,
e vin á túa nai meténdoche un pau nun ollo.
(Francisco 79 anos)
Miña nai deume unha tunda co aro dunha peneira
miña nai teña vergonza que vén a xenta da feira.
(Amelia 61 anos)
Cálate vaite calando cara de tuturutú
que matache a teu pai cunha dentada no cu.
(Purificación 73 anos - Cea)
Cálate vaite calando cara de leite mazado
que levaches a teu pai á misa nun borrico pelado. (Amelia 61 anos)
Cálate vaite calando cara de cañoto seco
que pereces o meu marráu cando foza no esterco.
(Purificación 73 anos - Cea)
39
Cálate vaite calando cara de zapato vello
que pareces un marrau fozando no farelo.
(Purificación 73 anos - Cea)
Catro cosas hai no mundo: as ovellas, as cabras,
as mulleres e as burras as catro máis testarudas.
(Pepe 59 anos)
Debaixo do teu refaixo hai o inferno
déixame meter a mao que eu son santo e non me queimo.
(María 60 anos - Agrosantiño)
Unha vella no curral cun peido matou un burro. Válgate o demo pra vella
que caga os peidos ben duros. (Lola 76 anos)
O caravel cando nace ten o bico vermelliño tódalas fillas do crego
chámanlle ó pai señor tío. (Álbida 71 anos - Vales)
Cando eu era pequena
ainda usaba refaixo veu unha pulga preñada
e tiróume da cama embaixo. (Pepe 59 anos)
Unha vella no tempo dos mozos fixo da cona unha plaza de toros,
e se fixo, fixo ben que na cona da vella non manda ninguén.
(Paz Josefa 53 anos)
Unha perica botábase a un castrón, eu tamén me botaría a ti se non foses maricón. (Paz Josefa 53 anos)
O crego foi ó muiño,
e caeu da ponte embaixo, acodide ó crego nenas que vai polo río abaixo.
Os homes hai que facerlle
o mesmo cós gatos, de cada vez que nacen
deixar tres ou catro.
(María 78 anos - Pieles)
Non che miro para o velo nin tampouco para o anillo
míroche pro cabaceiro que o tes cheíño de millo.
(Purificación 91 anos)
Baila compañeiro baila e menea eses calzos, parece que traes neles un rebaño de abellós.
(Antonio 75 anos - A Boulla)
O cura chamoume Rosa eu tamén lle respondín destas rosas señor cura
non as hai no seu xardín. (Manuel 75 anos)
A miña carrapucheira polo cu botaba fume, e nunca mo quixo dar
collinllo soplando o lume. (Sinda 69 anos - Cea)
Unha vella fixo as papas e botounas nunha criba puxo a criba na cabeza
e queimouse a vella viva. (Amelia 61 anos)
Unha vella cagou cravos e outra cagou ferraduras malo raio parta a vella
case caga cousas duras. (Sinda 69 anos - Cea)
Estaba un cura mexando
na porta dun convento e veu unha rata peluda
e colgouselle do instrumento. A rata tira que tira,
o cura chora que chora e despois de tantos intentos
o cura quedou sen .................... (Miguel 60 anos)
O cura de Carballeda botóuno-la bendición,
e agora todo me cheira a rustrido con xamón.
(Manuel 67 anos)
40
Ise que anda no baile trai un remendo no cu.
¿Quen cho botou chafalleiro? ¿quen cho botou non sendo tu?.
(María Consuelo 83 anos - Guimarás)
Un tolo pediume cartos, eu por lástima llos din,
e din que ó marchar decía: “este é máis tolo ca min”.
(Manuel 75 anos)
Din que casar, casar, eu tamén me casaría se casar fose dun ano
ou dunha noite e dun día. (María Consuelo 83 anos - Guimarás)
o cura da miña aldea, ten a sotana rachada
que a rachou na silveira por andar detrás da criada.
(Evangelino 72 anos - Carballediña)
O cura e maila criada xogaron ó bogalliño, o cura como era pillo certoulle no buratiño.
(Evangelino 72 anos - Carballediña)
Pereiriña do pé torto dáme unha pera madura, para lle dar á miña sogra
que está nos cornos da luna. (Manuela 67 anos)
Algún día quixen Pepa e agora quero a Marica e Marica ten a sarna,
sarna con gusto non pica. (Pepe 82 anos)
Dáme nena o que che pido
que non é a túa vida, é da cintura para baixo é da rodilla para riba.
(Pepe 82 anos)
Teño unha herba na horta que lle chaman flor de toxo,
para conversar conmigo vaite lavar que das noxo.
(Sinda 69 anos - Cea)
Pola mañá chocolate a noite café con leite
mexou a muller na cama non vexo onde me deite.
(Sinda 69 anos - Cea)
Miña nai botoume fóra polas ripas do tellado que fose coidar o liño
que o come o porco bravo. (Manuel 75 anos)
Cantaruxa, cantaruxa filla da cantaruxeira, heite de acantaruxar
anque túa nai non queira. (Concha 73 anos)
A miña sogra morreu
e enterreina no tellado e deixeille un brazo fóra
para que baile o agarrado. (Almudena 22 anos)
Unha vella e mais un vello
fixeron unha empanada a vella comeuna toda
e o vello ficou sen nada.
Os mozos que andan no baile parece que bailan ben. Il parece o cu do pote e ela o rabo da sartén.
(Pura 42 anos)
Miña nai e mais a túa foron xuntas ós novelos a miña trouxo novelos
e a túa merda nos dedos. (Pura 42 anos)
A miña sogra quéreme moito
poque lle lavo os platos, e a parva non sabe
que llos lambe o gato. (Almudena 22 anos)
A laranxa foi á fonte
e o limón foi detrás dela a laranxa foi beber auga
e o limón quedou sen ela. (Almudena 22 anos)
41
O cura da Carballeira estaba fiando na roca,
e pasou por alí un paxariño branco e cagoulle na mazaroca.
(Balbina 81 anos)
A sombra dos amieiros corredores das perdices xa non podes ver os pés coa sombra das narices.
(Pura 42 anos)
Dáseme tanto por ti trapo de tódalas raias,
dáseme tanto por ti como o gato por cebolas. (Camila 72 anos - Cea)
Se te quixene querer puiden
tívente na miña mau, moitas serdas ten un porco
e non sale de marrau. (Camila 72 anos - Cea)
Es galán de moitas mozas, mozo de moitas mociñas, ¿quen te vai querer a ti?
se es can de moitas cociñas. (Camila 72 anos - Cea)
A chaqueta non é túa, o pantalón emprestado
díxocheme o do sombreiro que lle léve-lo calzado. (Camila 72 anos - Cea)
En lo alto canta el cuco, en la torre la cigüeña, el pajarito en la jaula
y el borracho en la taberna. (Felisa 83 anos)
42
O primeiro amor que eu teña, ha de ser cun arrieiro,
que non ten bota sen viño, nin camisa sin diñeiro.
Costureiriña bonita
tecedeira e resalada éntrache o sol pola porta
e o luar pola ventana. (Hilda 56 anos - Outeiro)
Miña nai e maila túa ordenaron de cocer
tiñan a leña no monte e a fariña sin moer. (Manuel 75 anos)
Panadeiriñas de Cea aprendede a traballar
que non vos ha de valer o voso panadear.
As panadeiras de Cea as do refaixo marelo cando pineiran o trigo ¿onde botan o farelo?
(Carmen 73 anos - Confurco)
Xa ven o tempo de mazar o liño xa ven o tempo do liño mazar
xa ven o tempo rapazas do miño xa ven o tempo de se espreguizar.
(Celia 77 anos)
Se queres que o carro cante móllalle o eixe no río,
e despois de ben mollado canta coma un asubio.
(Mercedes 85 anos - Cotelas)
Fiadeiras que fiades no liño da miña sogra
fiade ben fiadiño que vai pasar a celanova.
(Mercedes 85 anos - Cotelas)
Inda que non o digas xa sei onde van,
polas ferramentas que levan na man.
non son ferramentas, para ir segar,
que son empanadas, para ir merendar.
Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar
cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar.
(Rosa 71 anos)
Na colleita de Villariño cantaban separados
mentres uns cantaban outros faguían os mangados.
(Pura 82 anos)
Sei cantar e sei bailar tamén sei pintar o mono
son criado de servir, convenme saber de todo.
(Pura 84 anos)
O zapateiro piruleiro faime as miñas zapatiruliruliñas que non podo andar descalzo
que me pican as espiruliruliñas. (Carmen 70 anos)
Eu subin ó fiadeiro fiando na miña roca fía miña amiga fía
que a min algo me toca. (Pura 83 anos)
43
Unha noite me colleron
nunha fiada de can unha noite me colleron outra non me collerán.
(Purificación 73 anos - Cea)
Vendima, vendimadora na vendima do meu pai o viño vai na canasta
e o pan na cestiña vai. (Lucita 68 anos - Cea)
Os curas e os taberneiros son de la misma opinión
cantos máis bautizos fagan máis diñeiro pro queixón.
(Pepe 73 anos)
Os cregos e os taberneiros son homes do mesmo oficio os cregos bautizan nenos
os taberneiros viño. (Pura 84 anos)
Un cesteiro anda tras min
eu fuxindo do cesteiro anda cun feixe de varas e pode tentalo o demo.
(Pura 84 anos)
Sachadores do meu millo, sachaime o meu millo ben,
non miredes pro camiño que a merenda logo vén.
(Pura 84 anos)
Afiador andareiro que corres a terra toda
non pares no meu portelo que non quero home de roda.
(Pura 84 anos)
Vamos andando e segando mayoral de la cuadrilla
vamos andando e segando así se gana la vida.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Non te quero amor canteiro que traballas moi alto pode caer e morrer
e decir que eu o matei. (Eladio 83 anos - Confurco)
Moito me doe a cabeza
e moito me doe a muleira de baixar feixes de leña da costiña da cabreira.
(Eladio 83 anos - Confurco)
A vida dos mariñeiros non ten moito que envidiar
tres días botan na terra e vinte e cinco no mar.
(Pura 84 anos)
on o quero mariñeiro nin tampouco pescador
que teñen o mar por cama e o ceo por cobertor.
(Pura 84 anos)
Heime de casar iste ano se non me caso toleo xa fixen cuarenta anos pola sega do centeo.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Na porta do fiadeiro hai un carballo rachado
que o racharon os nenos ó bailar o agarrado. na porta do fiadeiro
hai un carballo de pé que o racharon os nenos
por decir o que non é. (Mercedes 85 anos - Cotelas)
Por aquí vai o camiño por aquí vai o carreiro por aquí vai o camiño
para a porta do fadeiro. (Sinda 69 anos - Cea)
Unha noite no muíño
unha noite non é nada unha semaniña enteira
esa si que é foliada. (Eladio 83 anos - Confurco)
Costureiriña bonita
como unha agulla de prata para tirar unha espiña
do corazón que me mata. (María 78 anos - Pieles)
Pro outro lado da banda
hai unha costureiriña moitos recados me manda.!
(Generoso 98 anos)
44
Muiñeira abrancuxada de tanto andar coa fariña, eu ben sei dun rapaciño que te pon coloradiña.
(Pura 84 anos)
O meu pai é gaiteiro, miña nai tecedeira,
eu como non teño oficio non vou topar quen me queira.
(Pura 84 anos)
Da túa porta á miña pasa o río polo medio
e o barqueiro sono eu.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Non te cases cun ferreiro que te queiman as muxicas,
cásate cun mariñeiro, que xa ten as máis bonitas. (Eladio 83 anos - Confurco)
Son pedreiro, son pedreiro nena non traio que darche
as areas dunha pedra traio para regalarche.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
As panadeiras de Cea din que non lles gusta o viño
e debaixo do mandil levaban o xarro escondido.
(María 78 anos - Pieles)
Segador que segas a herba ten coidado coa oliva
se non che sega a gadaña colle a pedra e afíaa.
(Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Paxaro que vas voando por encima do cuartel toma lévalle esta carta
ó teniente coronel. (Aurelio 80 anos - Mosteirón)
Non te fíes rapaciña
do canteiro que ben canta é a fariña da pedra
que se lle pon na garganta. nas palabras do canteiro, rapazas non vos fiedes
collen o pico e marchan. rapazas¡que lles queredes!
carpinteiros e canteiros
son un fato de ladróns carpinteiros rouban nenas
os canteiros corazóns. (José 77 anos)
Torna as cabras Genoveva, torna as cabras da revolta que che toca a túa volta.
(Gloria 55 anos)
Axúdame aquí meu primo, axúdame aquí por dios, axúdame aquí primo,
que non se rían de nós. (Gloria 55 anos)
Cando poño os bois ó carro sempre digo dios mediante,
póñome na cabezalla, ¡ei, marela para diante!
(Gloria 55 anos)
Cómoche o caldo con unto, e as nabizas con aceite,
non quero mungui-la vaca, para que outros coman o leite.
(Gloria 55 anos)
Miña Virxe do pan quente acudide co pan cocido, que cocín unha fornada e todo me salíu ardido.
(Purificación 73 anos - Cea)
Zapatiño son de Noia vivo na rúa das hortas,
se algún pregunta por min aquela casa ten portas.
(Manuel 75 anos)
O cura de Vigo é sastre o de marín, mariñeiro, o de Ourense afiador, o de noia zapateiro. (Manuel 75 anos)
Tódolos canteiros,
levan no seu pantalón unha manchiña de barro que me roube o corazón.
(Purificación 73 anos - Cea)
Ó tempo das esfoladas eu nunca lle quixen ben
levei a miña muller a elas e esfolaronma tamén.
(Amelia 61 anos)
45
Se non tendes sachos traémolos nós, arados de ferro
e carros de bois. (Amelia 61 anos)
Costureiriña bonita,
¿onde tes a túa cama? no poleiro das galiñas, cunha presa de palla.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
Costureiras non chas quero, se mas dan ríome delas, cantos pillos hai na calle dormen á noite con elas.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
Costureiras non as queres, costureiras non chas dan, para o mozo que ti eres
chégache o cocho do can. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
A costela dunha pulga e o zarrizo dun piollo,
mantiveron sete xastres na semana do entroido.
(Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)
Costureiriña bonita a túa agulla picoume tanta foi a picadela
que durmía e espertoume. (Concha 73 anos)
Costureiriña bonita tecedeira regalada
éntrache o sol pola porta e o luar pola ventana.
(Concha 73 anos)
Poñan atención señores o que vamos a contar, a vida dos mariñeiros
que houbemos naufragar.
Fíxense ben neste barco feito de pan de ameneiro,
viñemos cargar a noia de viño para o ribeiro.
E saímos do Ribeiro,
o barco ten bo velame, cargados de mineral
para a mina de lousame. (Purificación 73 anos - Cea)
Seguide sempre faenando,
marisqueiros de Galicia, que hai moita xente na terra, que vos quere con ledicia. traballan de noite e de día,
e son escravos do mar, nas nosas rías galegas, cando van a mariscar.
os homes e as mulleres que loitan na nosa terra, hoxe quero recordalos,
con esta canción galega.
46
O outro lado do río
ten meu pai un castiñeiro dá castañas en agosto
uvas brancas en xaneiro. (Sofía 64 anos)
Pasei pola túa porta
con tres horas de luar vin quedala mesa posta os teus pais para cear.
(Concha 73 anos )
Adiós martes de entroido adiós meu queridiño
hasta domingo de Pascua non se come máis touciño.
(Pepe 75 anos)
Meniña peina o teu pelo e non seas preguiceira cun peliño ben peinado fai unha nena fermosa.
Meniña peina o teu pelo e non seas preguizosa que o pelo é o adorno dunha meniña solteira.
(Concha 73 anos)
O anillo do meu dedo caeu na mar e afundeu
tan boa guía levas ti como o anillo levou.
(Generosa 98 anos - A Boulla)
Escribir escribireiche pero fimar non che sei
vale máis carta sin firma ca firmar e non tir lei.
(Camilo 63 anos - Pazos)
Non teño ganas de rir nin de rir nin de cantar teño ganas de dormir
de dormir e descansar. (Camilo 63 anos - Pazos)
Paseiche pola túa porta e mirei polo tellado
estaba alí un burro morto mordendo moito no rabo.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Se queres que o carro quente miña prima Manuela
se queres que o carro quente bótalle o can a cadela.
(Eladio 83 anos - Confurco)
eres blanca coma o leite colorada coma o trigo
se non te perdes de noite de día non tes peligro.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Aparta loureiro verde, deixa clarear a luna,
estou no medio do bosque, non vexo cousa ningunha.
(Sofía 64 anos)
Miña nai por me casar daba todo canto tiña e agora que me casei
regaloume unha galiña. (Generosa Carral Crespo 98 anos - Boulla)
E tonta e presumida
gasta abrigo de pieles e eu coa miña chaqueta rota
ríome das mulleres. (Eduardo Fdez 74 anos - Coles)
Axúdame compañeiro
que estás ó lado direito que a que está ó izquierdo
véxolle moi pouco xeito. (Hilda Pérez 56 anos – Outeiro)
Ti bailaches e eu bailei
ti como sabes e eu como sei.
(Purificación 73 anos – Cea)
47
Adiós campos da Coruña campos das instruciós
que para min se acabaron salidas e vacións.
(Eladio 83 anos - Confurco)
Cinco duros me regalan que deixe de te querer o cariño non fai falta
deixarte non pode ser. (Antonio Freijedo 75 anos - A Boulla)
Eu caseime cunha vella porque tiña moito gando, o gando foime morrendo, e a vella foime quedando.
(Esther Adolfino 41 anos - Freás)
Miña nai diume unha tunda co aro dunha pineira teña vergonza mamá
que vén a xente da feira. (Modesto Lorenzo 43 anos – A Freás)
Oliveira do Adrio
tu que gardas o rocío as fillas do señor cura
chámanlle ao pai señor tío. (Antonio Freijedo 75 anos - A Boulla)
Nunca vin lebre xunguida
nin coello na arada deixate andar polo mundo que as vir ó rego sin vara.
(Albida Ucha Santeiro 71 anos – Vales)
Se queres que o carro cante miña prima Manuela............. se queres que o carro cante
bótalle o can á cadela. (Eladio Meiriño Meiriño 83 anos – Confurco)
Alá arriba nun alto,
onde a zorra madruga o que moito viño bebe
con auga desauna. (Eladio Meiriño Meiriño 83 anos – Confurco)
Por detrás da cárcel non se pode pasar
hay unha voz que dí arrincónenmela.
(Eladio 83 anos – Confurco)
O río cando vai grande Leva carballos e follas
Tamén podía levar As linguas marmuradoras. (María 78 anos - Pieles)
48
Cántame e Cóntame Avoa do CPI Virxe da Saleta publícase baixo licenza Creative Commons
Recoñecemento-NonComercial 3.0 Unported License.