Download - Cangas no pasado
Fotos recollidas na aula de 4ºB para o proxecto sobre Cangas.
Participaron no envío das fotos as familias de Brais L., Andrea,
Gabriela, Darío, Isaac e Julio.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Cangas 1963. Guardería fábrica de Massó. O neno co dedo na boca é o pai de Brais Lagoa. O que está a súa dereita é o seu irmán.
1973. Na cociña da casa da avoa paterna, na rúa Berbetaña de Cangas. Sentado, o da dereita é o pai de Brais L., cos seus irmáns e a nai.
1964. Guardería fábrica Massó. O que está de pé é un tío de Brais L.
1965. Avoa e tíos de Brais L. Seu pai é o da dereita dos pequenos.
Cangas 1975/76. No muelle de Cangas bañándose. Pódese ver que a marquesina aínda se conserva. O segundo da dereita de pé é un tío de Brais Lagoa.
1962/63. Familia do pai de Brais L. O pai é o da dereita, en brazos do seu irmán maior. O pai ausente, porque estaba embarcado.
A foto está tomada no Cruceiro que hai polo camiño que leva desde San Roque a Darbo. A señora da dereita é a avoa de Brais L. co seu tío. As demais son irmás da súa avoa.
1948/49. Esta foto fíxose despois do afundimento do barco pesqueiro de Cangas chamado "Tito", que se produciu nas Illas Cíes, e que tivo moita repercusión na zona. Faleceu un tripulante e os restantes son os da foto. O avó de Brais L. é o terceiro da esquerda da fila do medio.
1973/74. O pai de Brais L. no colexio de Nazaret, en Cangas.
O avó de Andrea no balcón dunha casa de
Cangas.
O avó de Andrea no campo de fútbol de Cangas
O avó de Andrea pola rúa onde están agora as terrazas.
O avó de Andrea e os seus amigos nas rúas antigas de Cangas.
O avó de Andrea e os seus amigos no Cristo do Forte.
Os avós de Andrea e os seus amigos, que estaban nun muro que separaba o mar, onde agora é a Alameda Nova.
O avó de Andrea nas festas do Cristo de
Cangas.
Os amigos do avó de Andrea fronte a fábrica de Massó.
A tía de Andrea coa palma na Alameda Vella de Cangas.
Carmen calvar "A Potiña" lavando a roupa na desembocadura do río. Entre o Concello e a Praza das Pontes (non existían aínda ) Gaby
Juan Bermúdez Calvar. Onde está actualmente o aparcamento do Concello. (Gaby)
Praia de Benidorm. Carmela e Juan "Pote" (primo de Gaby)
Xente do Restaurante O Pote.Onde está agora o Concello.Gaby
Equipo do Alondras, anos 50. Juan Bermúdez pai"Pote", primo de Gaby. O segundo pola esquerda (Cereijo), aínda que non se ve, é o pai de Geni.
Juan "Pote" practicando para a mili. Onde está agora o heliporto. (Gaby)
Tía de Darío. Verán de 1970. Rodeira
Tía de Darío na praia de Rodeira, onde está agora a Casa da Cultura.
Outono 1972. Massó. Pai e tía de Darío.
Pai e tía de Darío. 1972
Pai e tía de Darío
A nai de Isaac, cando tiña 5 ou 6 anos, correndo polo antigo paseo de Rodeira.
Os tíos de Isaac, con 12 anos, na praia de Vilariño cando caeu unha gran nevada (1987). A praia está toda cuberta de neve.
Os avós, os tíos e a mamá de Isaac diante do Cruceiro de Hío, no día da comuñón dos seus tíos.
A tataravoa de Julio está na punta de Rodeira, transportaban as caixas de peixe na cabeza.
Unha das mulleres que descargan as caixas de peixe é a tataravoa de Julio. Están na Praia de Rodeira.