2019CALENDARIO LABORAL
Festas laborais de carácter xeral.
De conformidade co disposto pola Xunta de Galicia, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 serán as seguintes:
01 de xaneiro Aninovo
19 de marzo San Xosé
18 de abril Xoves Santo
19 de abril Venres Santo
01 de maio Festa do Traballo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Día Nacional de Galicia
15 de agosto A Asunción
12 de outubro Día da Hispanidade
01 de novembro Todos os Santos
06 de decembro Día da Constitución
25 de decembro Nadal
Festas laborais de carácter local en Vigo.
28 de marzo Reconquista de Vigo
16 de agosto San Roque
As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable.
O Calendario Laboral deberá estar exposto nun lugar visible do centro de traballo para coñecemento e consulta dos traballadores.