Download - Caderno roteiro literario manuel maría
Roteiro literario
Manuel María
Visita á Casa
Museo, Outeiro
de Rei (Lugo)
30 maio 2016
Biblioteca
IES David Buján, Cambre IES Miraflores, Oleiros
Páxina 2
Na Carballeira de Santa Isabel
CARBALLOS Carballos rexos, potentes, calados ou musicales que loitais como valentes coas xistras e os vendavales! Duros carballos verdeados, petrucios e sedentarios! Estades na Cha chantados solemnes e centenarios! Como amo a vosa beleza da máis baril sobriedade! Que sensación de forteza ollando prá eternidade!
PIÑEIROS
Piñeiros finos, delgados, perfección da vertical! Ollais ó ceo pasmados coa vosa ollada lanzal!.
Tedes as vosas verdades e só ó vento escoitais! Si o vento quere, chorades. Si quer o vento, cantais
Eu téñovos pouco aprecio.
Como sodes tan esguíos:
vedes con certo desprecio
ós meus árbres montesíos!
CASTIÑEIRO Está só o castiñeiro no cómaro dun labradío. E como o ollo senlleiro eu coido que sinte frío! Ten a copa moi redonda e ten a casca enrugada. Debe sentir pena fonda lembrando a vida pasada! Como xa ten tantos anos os seus foron morrendo. Agora árbores estranos escóitano estar xemendo! Case non hai castiñeiros!: Os que hai son de respecto velliños, orfos, tristeiros e con furados no peto...!
Páxina 3
Páxina 4
O CUCO
O cuco, cuco, cuqueiro.
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro!
Cantareiro e madrugón!
Oise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a Primavera
entre o marzo e o abril.
O vello cuco, cucou
e moito máis curará!
O cuco non me capou
e nunca me capará!
O CARRO Non canta na Cha ninguén. Por iso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío. Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. Que fermosa a súa feitura! Que lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. Carrétame herba pra o gando! Traime a colleita pra casa!
O VENTO
O vento e o seu alento
é cousa que non se ve.
O vento ten un misterio!
O vento un misterio é!
Ás veces é un murmurio,
un sopro maino da brisa,
solermiño, arrolaror,
semellante a unha sorrisa.
Ás veces o vento zoa,
terríbel, ameazante:
leva lousados e arbres
coa súa forza de xigante!
O vento tolo, na noite
corre, brúa, berra, brama:
eu a escoitalo medoso,
acochadiño na cama!
O vento pasa bruante
con forza de xigantón.
Eu sinto por el respecto
e sempre lle chamo don!
O ARADO
Labrado da miña mao
fixen coa miña navalla,
un aradiño de pau...
Leva timón e chavella,
e unha rella furadora
feita dunha lata vella!
O meu arado é tan feito
que pode incluso esfender
labradíos e barbeito...!
Teño xa que darlle estreo
ao meu arado arador,
ao meu arado pequeno...!
E non sei onde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois para xunguir!
Páxina 5
GALICIA
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
ciudades e labregos,
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é una nai
velliña e soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos
a terra,o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Páxina 6
TERRA CHA A Terra Cha somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil árbores, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves avoar. O resto é soidade.
ÁRBORES DE CIDADE
As árbores da cidade
esmorecidas, tristeiras:
non cometeron delito
e téñenas prisioneiras!
As árbores da cidade
non sei como dan medrado
co barullo dos motores
e co ar polucionado.
As árbores da cidade
son seres artificiais:
naceron no invernadeiro
dos xardíns municipais!
As árbores da cidade:
non viron cervos lixeiros,
nin paxaros voadores,
nin regatos cantareiros!
As árbores da cidade
non teñen contentamento:
respiran fume e non aire!
por terra teñen cemento!
Páxina 7
Páxina 8
Sonetos á casa de Hortas
Páxina 9
Páxina 10
Páxina 11
Páxina 12