Transcript
Page 1: Aviso do alcalde sobre avance do pxom do Carballiño

Vostede está accedendo neste intre ao documento de AVANCE DE MODIFICACIÓNDO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL do Concello do Carballiño.

Este expediente que se expón nesta ventá dentro da páxina web do Concello doCarballiño, trátase dun documento feito polo equipo técnico redactor contratado no seudía para este fin, e que se pon en coñecemento de todo aquel que de forma particular oupor medio de asociacións, agrupacións, etc, queira facer algunha achega a modo deSUXESTIÓN ante este concello.

A achega será en forma de suxestión e non de alegación, pois este é un proceso nonregrado no procedemento administrativo, cunha exposición pública, que sen serobrigatoria, enténdese conveniente e necesaria por parte do goberno municipal doCarballiño.

É un documento que como ben indica o seu nome é un AVANCE, polo que nin paralizalicenzas, nin vincula de forma inicial e moito menos de forma definitiva as propostasque nel figuran. Dito doutra forma, o actual PXOM, segue totalmente en vigor.

Que todos e cada un dos veciños e veciñas do noso pobo, teña acceso a este avance doPXOM, é importante de cara á transparencia no documento máis trascendental cos queconta calquera concello.

Agradécese o seu interese, e se considera oportuno facer algunha suxestión, esta seráatendida con todo o respeto e co máximo rigor, e non teña dúbida de que a modificacióndo noso PXOM, para adaptalo á legalidade actual, estámola facendo entre todos.

Don Argimiro Marnotes Fernández Alcalde do Carballiño.

Top Related