1
AS ENERXÍAS RENOVABLES EN GALICIA
As fontes de enerxía son os recursos naturais que se empregan para o desenvolvemento da
economía dun país: para producir a electricidade que ilumina as cidades e fogares, para mover
os transportes e os sistemas de comunicación, para a industria etc. Son, polo tanto, uns
recursos moi importantes e o seu consumo vai en aumento nas sociedades máis
desenvolvidas.
Podemos diferenciar dous tipos de fontes enerxía:
As fontes de enerxía non renovables, son aquelas que se esgotan polo seu uso.
Proceden dos combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo e o gas natural y de
minerais radioactivos, como o uranio, que se emprega na enerxía nuclear. Son as máis
empregadas no mundo, pero son moi escasas e resultan caras, especialmente para
aqueles países que non as producen. Ademais son moi contaminantes, provocan o
deterioro ambiental e producen rexeitamento social nos grupos defensores do medio
ambiente.
As fontes de enerxía renovables ou alternativas, son aquelas que non se esgotan polo
seu uso. Empréganse fundamentalmente para producir electricidade. Contaminan
pouco e producen escaso impacto ambiental, por iso tamén se denominan enerxías
limpas ou verdes. Son moi diversificadas e empregan os recursos naturais de cada
rexión: a forza do vento, da auga, do mar, da Terra, do Sol e dos residuos orgánicos
producidos. A súa produción e o seu consumo é cada vez maior dende hai uns anos.
Así, podemos diferenciar:
o Enerxía hidráulica, a que
emprega a forza da auga dos
ríos contida nos encoros.
o Enerxía eólica, a que se move
coa forza do vento.
o Enerxía solar, a que utiliza as
radiacións do Sol.
o Enerxía obtida da biomasa.
o Enerxía xeotérmica, que
aproveita a calor interna da
Terra, que ascende en forma de
fontes termais e geysers.
o Enerxía maremotriz, a obtida a partir do movemento das mareas.
Na produción de enerxía eléctrica en Galicia destaca a participación deste tipo de enerxías:
máis do 50% procede de centrais abastecidas por estas fontes de enerxía renovables. A máis
significativa é a eólica, con máis de 150 parques eólicos, seguida da hidráulica, con grandes
centrais hidroeléctricas e minicentrais que empregan as auga dos ríos galegos.
Galicia conta con amplos recursos enerxéticos renovables. Os aproveitamentos hidráulicos
sempre tiveron un gran peso na xeración eléctrica da Comunidade e, tradicionalmente, tamén
Roda do muíño (enerxía hidráulica).
2
se aproveitou a biomasa para usos térmicos, pero dende hai anos, a tecnoloxía eólica é a que
está cada vez máis presente na produción de electricidade.
A
3
ENERXÍA EÓLICA
A enerxía eólica é aquela que procede do vento, foi un tipo de enerxía empregada dende a
antigüidade para mover as aspas dos muíños e as velas dos barcos. Actualmente emprégase
para mover os aeroxeneradores ou máquinas que converten a enerxía mecánica en
electricidade mediante un xerador eléctrico. Así pois, o aproveitamento da enerxía eólica ten
como obxectivo a transformación da enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica.
Os aeroxeneradores máis empregados son os de eixe horizontal e de tres aspas, aínda que tamén hai outros tipos de aeroturbinas de eixe vertical e con dúas palas. Os aeroxeneradores agrúpanse formando parques eólicos, situados en emprazamentos de elevado potencial eólico. Normalmente están situados en terra firme, pero tamén poden estar en plataformas fondeadas no mar. É un tipo de enerxía limpa que contribúe á conservación de medio natural, dado que non
emite gases nocivos para a capa de ozono e contribúe a frear o efecto invernadoiro. A causa principal do movemento do aire é a diferenza de presión atmosférica, que en última instancia depende das radiacións solares. Galicia, pola súa situación xeográfica, é unha zona óptima para instalación de parques eólicos. O réxime dos ventos en Galicia está definido pola circulación xeral atmosférica e polos efectos locais xerados pola complexidade orográfica do seu terreo. No inverno, a entrada de frontes procedentes do océano Atlántico orixina ventos de dirección suroeste, que son constantes e fortes. No verán, o anticiclón das illas Azores, entra en forma de cuña en Galicia, orixinando ventos de dirección nordeste, en xeral máis suaves, pero en ocasións tamén moi enerxéticos. Para a súa instalación, os promotores realizan estudos específicos sobre as velocidades do vento, a topografía do territorio, os obstáculos próximos etc.
A ENERXÍA HIDRÁULICA
É aquela que aproveita a forza da auga. Tradicionalmente foi aproveitada a enerxía das canles
dos ríos para a súa transformación en enerxía mecánica, empregada para moer o gran.
Posteriormente estes usos foron derivando cara ás denominadas centrais hidroeléctricas, que
levaban a cabo a transformación en enerxía eléctrica para o autoconsumo e paulatinamente a
súa incorporación á rede eléctrica.
As centrais hidroeléctricas son unhas instalacións que aproveitan a forza da auga dos ríos,
retida en presas, para deixala saír pouco a pouco a través dunha turbina. Esta xera un
movemento continuo conectado a un xerador que transforma a enerxía cinética en enerxía
eléctrica. É unha enerxía renovable, porque non consome auga senón que só aproveita a súa
forza en movemento.
Debido ás condicións climáticas de Galicia, a enerxía hidráulica é, dende hai décadas, unha das
Parque de produción de enerxía eólica.
4
principais fontes de enerxía da Comunidade, tendo gran importancia a produción eléctrica a partir dela. Pódense diferenciar varios tipos de centrais: as
de encoro, que acumulan auga para a súa
posterior utilización en xeración eléctrica; as
fluíntes, que xeran electricidade de forma
continua, a medida que existe caudal dispoñible
e sen acumulación; e as de bombeo, que
bombean a auga a niveis superiores, nos
momentos de excedentes de electricidade, para
posteriormente aproveitala en situacións de
elevado consumo eléctrico no sistema.
E segundo a potencia instalada, diferéncianse as grandes centrais hidroeléctricas de máis de 10
MW e as minicentrais, aquelas cunha potencia de menos de 10 MW.
Presa nun río.
5
A ENERXÍA SOLAR
É a que se obtén das radiacións solares. O Sol é una fonte de enerxía para todos os seres vivos
na Terra. A enerxía solar é a forma máis ecolóxica e limpa de explotar os recursos naturais,
contribuíndo á redución de emisións contaminantes á atmosfera. A potencia das radiacións
solares varía en función da altitude, a latitude, as condicións atmosféricas, as estacións etc.
Para recoller as radiacións solares empréganse paneis ou colectores solares, que a
transforman e enerxía solar térmica ou en enerxía eléctrica (enerxía solar fotovoltaica).
As instalacións de enerxía solar térmica son utilizadas para o quecemento de fluídos,
normalmente auga, para obtención de auga quente sanitaria, a climatización de piscinas e a
calefacción de edificios.
A enerxía solar fotovoltaica transforma a radiación solar en enerxía eléctrica mediante paneis
fabricados a partir de elementos
semicondutores, principalmente o
silicio. Existen dous tipos de
instalacións fotovoltaicas: as illadas da
rede eléctrica e as conectadas á rede
eléctrica convencional. No primeiro
caso empréganse para a
electrificación de vivendas illadas,
iluminación de rúas e estradas,
sinalización de aeroportos, equipos de
telecomunicacións etc. Nos conecta-
dos á rede eléctrica convencional, a
enerxía xerada é inxectada á rede para a súa distribución posterior, contribuíndo á redución do
consumo doutras fontes enerxéticas convencionais.
O aproveitamento deste tipo de enerxía en Galicia está pouco desenvolvido. Non entanto, as
condicións naturais son favorables, especialmente nas Rías Baixas e no sueste da provincia de
Ourense, onde se rexistran as mellores condicións: maior número horas de sol e ceos
despexados. Alemaña é a maior potencia mundial na instalación de plantas de enerxía solar
fotovoltaica, e ten un índice menor de radiación solar que o rexistrado en Galicia.
Estas condicións están contidas no Atlas da
Radiación Solar elaborado por Meteogalicia,
por encargo do goberno galego. Nel recóllense
datos obtidos por satélites nos últimos 23
anos e os valores observados nos 75
observatorios meteorolóxicos galegos. O
estudio identifica as Rías Baixas como a zona
galega con maior potencial para o
A insolación en Galicia.
Enerxía solar fotovoltaica.
6
desenvolvemento da enerxía solar, así como a parte máis oriental da provincia de Ourense. A
proximidade á costa, no primeiro caso, favorece tamén as condicións da atmosfera, menos
turbia e con maiores niveis de insolación, polo que se deduce que o aproveitamento deste
recurso resulta viable aquí e representa unha opción enerxética ao alcance de todos.
A BIOMASA. UNHA ENERXÍA A POTENCIAR
A biomasa é un tipo de enerxía renovable que procede da materia orgánica creada polas plantas durante o proceso da fotosíntese. A enerxía química da biomasa pódese recuperar mediante a queima directa, aínda que tamén se pode transformar en combustible mediante procesos físicos ou químicos nos que se perde algo da enerxía útil total. En Galicia, a gran variedade de materiais incluídos no concepto de biomasa, pode agruparse en tres tipos: biomasa forestal e cultivos enerxéticos, biogás e biocarburantes. Biomasa forestal e cultivos enerxéticos: as condicións climáticas de Galicia fan que este tipo de enerxía teña gran potencial. Tradicionalmente aproveitouse a biomasa a nivel doméstico como fonte de enerxía térmica, pero nos últimos anos tamén se emprega para xeración de enerxía eléctrica. Entre a biomasa forestal pódese diferenciar a que procede dos sistemas forestais arborados e a que procede de residuos industriais da madeira, tamén moi abundantes en Galicia. Os cultivos enerxéticos obtéñense a partir de explotacións agrarias ou forestais co único obxectivo é obter biomasa. En todos os casos, a produción de enerxía térmica a partir da biomasa ten moita importancia en Galicia.
7
O biogás obtense a partir da descomposición da materia orgánica procedente dos residuos sólidos urbanos, das augas residuais e residuos de vertedoiros. E pode ser utilizado para a súa combustión tanto en caldeiras como en centrais de xeración eléctrica. Nos últimos anos puxéronse en marcha instalacións que aproveitan o biogás procedente da descomposición da materia orgánica en plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos, como as de Nostián ou Biocerceda, e en vertedoiros, como o de Bens. Os biocarburantes son combustibles líquidos que poden substituír aos combustibles líquidos convencionais ou os seus aditivos. Obtéñense a partir da biomasa ou do cultivo dalgúns cereais. En Galicia prodúcese bioetanol, un combustible líquido que se pode utilizar de forma directa ou engadido á gasolina; e o biodiesel, que se utiliza mesturado ou puro en motores Diesel.
A ENERXÍA XEOTÉRMICA
A enerxía xeotérmica obtense de aproveitar o calor que existe no interior da Terra para xerar enerxía eléctrica, conseguir auga quente sanitaria, calefacción ou refrixeración. Esta enerxía calorífica maniféstase en forma de auga quente e vapor de auga baixo a superficie terrestre. Este tipo de enerxía renovable apenas crea residuos, o que contribúe é redución de emisións de gases nocivos á atmosfera, aínda que pode dar lugar a un deterioro da paisaxe, contaminación térmica ou de augas próximas á zona. En Galicia localízanse importantes recursos xeotérmicos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, a temperaturas que poden chegar aos 130ºC. Estes xacementos foron explotados dende a antigüidade para establecementos de augas termais e balnearios.
Planta de enerxía xeotérmica .
8
A ENERXÍA MAREMOTRIZ
A enerxía maremotriz é aquela que se obtén dos mares e océanos. Estes teñen un gran potencial enerxético co que a humanidade espera obter electricidade e enerxía útil. Pero hoxe en día, a tecnoloxía está, en moitos casos, en etapas de investigación pouco desenvolvidas e, de momento, é pouco rendible.
Aínda así, en Galicia, este tipo de enerxía presenta un gran potencial enerxético aproveitable, moi superior ao de outras rexións. O interese por esta fonte de enerxía dos mares e océanos motivou a realización de estudios, para posibilitar a súa implantación, de forma experimental, algún destes sistemas nas costas galegas.
As posibilidades de aproveitamento son diversas, para o que se desenvolven diferentes investigacións tecnolóxicas: a enerxía maremotriz: a que aproveita as forzas gravitatorias que se producen entre a Lúa, a Terra e o Sol; a enerxía das ondas, producido polo movemento das ondas mariñas; e a enerxía das correntes mariñas que percorren os océanos.
Enerxía maremotriz.