MATERIA DE REPASO E REFORZO DA 1ª e 2ª AVALIACIÓN 2º ESO A E 2º ESO B
INDICACIÓNS MOI IMPORTANTES (lede atentamente)
Esta é a materia de repaso e recuperación dos estándares de aprendizaxes abordados na 1ª avaliación e 2ª avaliación.
As actividades débense realizar de forma ordenada, clara e lexible (MOI IMPORTANTE, DO CONTRARIO RECHAZO OS EXERCICIOS); atendendo tanto á adecuada presentación como á corrección lingüística e ortográfica na redacción. NON ALTEREDES A ORDE DAS CUESTIÓNS E RESULTA NECESARIO COPIAR O ENUNCIADO DA PREGUNTA A RESPONDER. Cabe a opción de deixar de responder a algunha cuestión pero debedes intentar dar resposta a todas.
Pode entregarse en Word pero fixareime especialmente se coinciden as respostas e invalidarei os exercicios que contraste que non foron realizados polo propio alumno-a).
Quen ten que traballar estes contidos? Debe realizalo TODO o alumnado pero dende logo quen TEÑA PENDENTE de recuperar as devanditas avaliacións.
O prazo de entrega é ata o 2 de xuño (pode ser entregado antes da data). Empregade os apuntes e material que vos proporcionei en clase, non
recurrades a internet para procurar a información. Altérnanse cuestións sinxelas con outras de maior complexidade. Ademais, quen desexe seguir aprendendo temas novos, aínda que non
sexan avaliables nin se pidan, pode SOLICITARME por privado material. A conta de correo é [email protected] e tamén tede
publicado o material no blog de recursos aquisgallaeciahistoria.wordpress.com
Se tedes dúbidas podedes preguntar, procurádeo facer de 10 a 11 h das mañás, sempre que vos sexa posible, desta maneira organizamos todos un horario que é moi conveniente. Na medida que poida, e por orde de chegada dos mails, procederei a contestar.
Saúdos e saúde.
IES ARMANDO COTARELO VALLEDORDEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. X-H, 2º ESO
1ª AVALIACIÓN
NOME E APELIDOS__________________________________________________________________CURSO___
1.- Documento 1. Le o texto atentamente e responde ás cuestións que se formulan (1,5 puntos)
Feudo é o (…) que o señor concede a algún home cando se converte no seu vasalo e fai homenaxe de serlle leal. E tomou este nome da fe que debe sempre gardar o vasalo ao señor. Hai dous tipos de feudo: un cando se otorga sobre unha vila, castelo ou calquera cousa que sexa raíz, e outro cando o rei entrega maravedís (moeda da época) ao seu vasalo. (…) O señor debe amar, honrar e gardar aos seus vasalos e facerlles ben (...). O vasalo debe axudarlle en todas as guerras que houbese.
Alfoso X o Sabio, rei de Castela. As sete partidas, século XIII
a) Ponlle un título ao documento e subliña as ideas principais.
b) Resúmeo ou indica de qué trata.
c) Indica o autor, a cronoloxía e o contexto histórico do documento.
d) Responde con precisión :- Cronoloxía do feudalismo e significados de feudo.
- Como era a agricultura e a posesión da terra?
- Que son as relacións de dependencia persoal?
- Como se organizaba a sociedade?
- Por que se fragmentou o poder político?
- Describe brevemente as relacións rei-señores e señores e campesiños.
- Que función tiña a nobreza e o clero. Pon exemplos de cada grupo.
2.- Cuestión práctica de Historia da Arte (1 punto)a) Comenta brevemente a cúpula de Santa Sofía de Constantinopla, o capitel de Daniel no foxo dos leóns e o arco da igrexa de San Juan de Baños.
3.- Responde a estas preguntas que se formulan (1 punto):
a) Quen eran os pobos bárbaros?
b) Os suevos: quen eran, onde asentaron, en que ano, cal foi a súa capital?
c) Que sucede en Oriente co Imperio Romano? Que emperador destacou e cal era o seu proxecto?
d) Cando, onde e como xorde a nova relixión do Islam?
e) Quen foi Carlomagno, cal foi o seu soño, que foi nomeado?
IES ARMANDO COTARELO VALLEDORDepartamento de Xeografía e Historia. Xeografía e Historia, 2º ESO
NOME E APELIDOS_______________________________________________CURSO___2º_____
4.- COMENTARIO DA PLANTA QUE SE PROPÓN (1,5 puntos):a) Debes describir a planta dende a entrada á cabeceira indicando todas as súas partes.b) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado, piares, capiteis e cubertas utilizados. (segue esta orde na redacción para elaborar unha análise coherente, razoada e cohesionada sintacticamente).
5.- IDENTIFICA OS ELEMENTOS DA PORTADA ROMÁNICA: arquivoltas, xambas, tímpano, dintel, parteluz; indica que forma adquire a porta (0,5 puntos).
6.- ANALIZA A ESCULTURA QUE SE MOSTRA NA FIGURA indicando o material empregado, os temas e cómo son as figuras (0,5puntos).
7.- COMENTA A PINTURA ROMÁNICA QUE SE PROPÓN ANALIZANDO AS SEGUINTES CUESTIÓNS (0,5 p.):a) Cal era o soporte, e a técnica empregada?b) Que rasgos caracterizan ás figuras? Coméntao.c) Que significa que a pintura e a escultura teñen un carácter simbólico e didáctico?
.
8.- Elabora un informe de dúas carillas como máximo sobre esta cuestión: Organización da sociedade e a súa evolución (cambios) dende a caída do Imperio Romano ata o periodo feudal. Debes contemplar: época tardorromana, pobos xermánicos (incluidos suevos e visigodos), imperio romano de Oriente e alta Idade Media. (3,5 puntos)Debes redactalo ti coa axuda do libro de texto, escrito coa túa letra e con vocabulario que entendas. Non empregues internet porque é un exercicio de redacción e non serve para o obxectivo que se persegue.
2ª AVALIACIÓN
IES ARMANDO COTARELO VALLEDORSOBRADELO-VILAGARCÍA. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 2º ESO
NOME E APELIDOS_________________________________________________CURSO_____
1.- ANÁLISE E COMENTARIO DAS OBRAS DE ARTE QUE SE PROPORCIONAN (2 puntos)
a) Describe a organización da fachada da catedral de Burgos.
b) Comenta brevemente a planta da catedral de Chartres.
c) Indica cómo eran os muros góticos, que arco se empregaba e como eran as cubertas.
2.- Na pintura gótica: que técnica se empregou, que eran os retablos e as vidrieiras? (0,5 puntos).
3.- Observa a imaxe da Virxe Blanca da catedral de León e contesta qué rasgos definen a escultura gótica. (1 punto)
4.- Responde a estas cuestións que se formulan sobre o periodo baixomedieval (3 puntos):
a) Enumera os avances na agricultura neste periodo. Indica de que forma influiron sobre a poboación.b) Causas que expliquen a renovación e aumento do comercio no periodo.c) Comenta cómo se produce o renacemento urbano e que tipo de cidades había.d) Que eran os gremios e como funcionaban.e) Reflexiona cómo os monarcas recuperan a súa autoridade a finais da Idade Media.f) Analiza esta afirmación: “Os efectos da Peste Negra alteraron sensiblemente a situación das explotacións dos señores”.
4.- Elabora un informe de tres carillas como máximo sobre esta cuestión: Organización da sociedade e a súa evolución (cambios) dende a caída do Imperio Romano ata o periodo feudal. Debes contemplar: época tardorromana, pobos xermánicos (incluidos suevos e visigodos), imperio romano de Oriente , alta Idade Media e periodo baixo medieval, que foi o último que vimos en clase antes do confinamento. (3,5 puntos)
Debes redactalo ti coa axuda do libro de texto, escrito coa túa letra e con vocabulario que entendas. Non empregues internet procurando resolver porque é un exercicio de redacción e non serve para o obxectivo que se persegue. (importante)