![Page 1: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/1.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
A que se deben estes movementos e traxectorias do aire?
O aire é unha mezcla de gases (sobre todo nitróxeno e osíxeno) e, como calquera materia, pesa.
A capa de aire que rodea a Terra recibe o nome de atmosfera e está unida á mesma pola atracción gravitatoria.
O aire é moi compresible (= pode comprimirse moito): por iso ten a súa máxima densidade a nivel do mar, diminuíndo rapidamente ao ascender en altitude.
A presión atmosférica é o peso do aire por unidade de superficie e diminúe coa altitude: con rapidez nos primeiros centenares de metros e, progresivamente, con máis suavidade.
A só 5,5 km de altitude, a atmosfera pode ser dividida en dúas capas do mesmo peso (sendo a inferior moito máis densa)
Cada unha desas capas contribúen cunha presión de pouco máis de 500 mb por termo medio: de aí que sexa de gran interé analizar os mapas de altura de 500 mb ou tamén chamada topografía da superficie dos 500 mb.
![Page 2: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/2.jpg)
Gráfica de liña contínua representando (aprox.) os valores anteriores:
![Page 3: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/3.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
Debido ao desigual quentamento do planeta, a distribución “horizontal” da presión atmosférica sobre a Terra non é homoxénea: existen áreas onde esta presión é maior e outras onde é menor, sendo un sistema dinámico.
O vento (= aire en movemento paralelo ao chan) orixínase debido a esas variacións horizontais da presión atmosférica: é o que realiza o transporte do aire, os intercambios de calor e o trans-porte de vapor de auga entre as distintas zonas da Terra.
A presión atmosférica sobre a superficie terrestre nun momento dado pode representarse nun mapa mediante curvas que unen os puntos que posúen a mesma presión atmosférica: son as isóbaras.
![Page 4: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/4.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
As áreas con presións altas poden entenderse como zonas con exceso de aire, mentras que as áreas con presións baixas como zonas con déficit de aire: o vento establécese tratando de compensar esas diferencias, soplando den-de as altas presións hacia as baixas presións.
A B
![Page 5: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/5.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
A velocidade dese movemento é proporcional ao gradiente de presión, é dicir, á separación entre isóbaras: será tanto maior canto menor sexa a separación entre isóbaras.
Gradiente suave: vento suave.Canto máis separadas as isó- baras.
Variacións de presión en tra- mos máis separados.
Gradiente forte ou elevado: vento forte .Canto máis xunta as isóbaras.
A presión varía moito máis, en tra- mos curtos.
![Page 6: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/6.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
O vento tería esta circulación
Pero esta non é a realidade (sería se o planeta fose plano e sen movemento de rotación) xa que sobre o vento actúan outras forzas que o desvían desa traxectoria:
* forza de Coriolis: causada polo movemento de rotación terrestre (actúa sobre calquer obxecto en movemento libre sobre o planeta.É nula no Ecuador e despreciable para velo- cidades pequenas e para traxectos curtos).Fai que o vento se desvíe hacia a dereita da súa traxectoria no hemisferio norte e hacia a esquerda no h. sur.
Visualízao:
https://www.youtube.com/watch?v=__SlJtnpCD8
https://www.youtube.com/watch?v=nUn2yqL4dqY
![Page 7: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/7.jpg)
* forza centrífuga.
* forza do rozamento: (do aire coa superficie terrestre) ten tanta máis importancia canto máis rugosa sexa a superficie sobre a que se desplaza o aire (é máis importante sobre os continentes que sobre os océanos).Sirva de ilustración a seguinte imaxe:
![Page 8: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/8.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
Así, o aire circula directamente dende as altas ás baixas presións, pero non directamente, nin seguindo exactamente a dirección das isóbaras, senón cortándoas cun pequeño ángulo.Dito ángulo, en xeral pouco importante, é tanto maior canto máis rugosa sexa a superficie sobre a que se despraza o aire (maior sobre superficies continentais que sobre os océanos)
Lembremos a figura como conclusión:
A
B
![Page 9: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/9.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
Na vertical, o movemento do aire sería:
> Nos anticiclóns o aire descende (movemento de subsidencia = descenso) e, ó chegar ao chan, “foxe” hacia a periferia (poderíamos dicir que no anticiclón hai “superavit” de aire, aire “de máis” que se dirixirá a “encher” as zonas de baixas presións) = diverxencia en superficie.
> Nas borrascas o aire ascende (movemento de ascendencia = ascenso), confluíndo aire de zonas de altas presións que veñen a “encher” o “déficit” de aire que ten esta área de baixas presións = converxencia en superficie
![Page 10: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/10.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
A combinación de ambos movementos do aire xera celdas convectivas:
O aire descende na vertical nos Ae, en superficie, diríxese ás B
Tempo estable e soleado
O aire ascende na vertical nas B.Provén das A
Tempo inestable e chuvioso
B A
![Page 11: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/11.jpg)
Anticiclóns e Borrascas
O conxunto combinado dos movementos sería algo así:
![Page 12: Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042700/55888f1ed8b42ad5558b46d0/html5/thumbnails/12.jpg)
Enlaces:
* Borrascas e anticiclóns:https://www.youtube.com/watch?v=DRPvH9t3Kow
* Orixe do vento:http://www.youtube.com/watch?v=lWjEN1PcVno
* Concepto de masa de aire:https://www.youtube.com/watch?v=uvBFtjmwqfg
* Masas de aire que afectan á Península Ibérica:https://www.youtube.com/watch?v=O1vSMYlF-h4