dossier circo pola paz

12
circo pola paz dossier

Upload: culturactiva

Post on 15-Mar-2016

237 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

dossier circo pola paz

TRANSCRIPT

Page 1: dossier circo pola paz

circo pola pazdossier

Page 2: dossier circo pola paz

981 58 28 [email protected]

Venda e representación teatral

Desde a oficina de venda de Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuimos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo.

De cara a esta temporada da RGTA ofrecemos unha vez máis un grande repertorio con estreas do máis destacado. Para público adulto dispómos de Sensormen (Yllana) e Alicia&Alicia ou Frantasmas e para público infantil lanzamos estreas como Rock’ N Micro, Mañá será outro día ou obras de éxito como A horta animada, entre outras.

Somos a distribuidora de teatro líder en Galicia en teatro cómico e de rúa cunha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectácu-los. Aválannos dez anos de estarmos movendo teatro e novo circo a pequena e grande escala. En 2009 e no que vai de 2010 son perto de 250 bolos por ano os que xestionamos. E medrando, tanto en boas como en variadas propostas.

Variedade que non deixa de se incrementar

Teatro de rúa, clown, circo, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, pasarrúas… son só algunhas das propostas coas que os nosos expertos contan á hora de confeccionar programacións, desde as máis modestas até as máis ambicio-sas.

Grazas a esta diversidade de espectáculos e á inestimábel colaboración de compañías e artistas realizamos todo tipo de propostas para clientes do máis variado, tales coma concellos, asociacións veciñais, ampas de colexios, entidades bancarias, a administración pública, comisións de festas, festivais, progra-macións teatrais, empresas, etc...

Máis información Para afondar nestas propostas rogamos nos contacten no:

Page 3: dossier circo pola paz

O FESTICLOWN

O Festival Internacional de Clown de Galicia naceu en 2001 para converterse, co paso das edicións, nun evento cultural sen igual en Galicia e na Península no que a programación e formación teatral se refire. O Festiclown constitúe un inter-cambio contínuo entre artistas e público que se desenvolve en teatros, auditorios, rúas e prazas enchendo de humor todos os espazos da cidade e mesturando o lecer, a calidade artística e a dinamización social.

Ao longo destes anos o Festiclown seduciu a profesionais e non profesionais, cidadáns e cidadás, alumnado, visitantes...

Artistas e mestres de talla internacional como Jango Edwards, Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Philippe Gaulier ou Pepe Viyuela apadriñárono desde o seu nacemento e gañou o apoio masivo do público, tanto local como das persoas chegadas de todos os recunchos da península e máis aló, converténdose nunha cita incondicional para moitas delas. Preto de 500.000 persoas foron dalgún xeito co-partícipes desta festa de narices vermellos ao longo das súas dez edicións.

A marca de identidade do Festiclown é o seu espírito alterna-tivo e solidario. Desde a súa primeira edición, o obxectivo do Festival foi democratizar a cultura e achegala ao pobo, de maneira que todos puidesen gozar e revivir a inocencia e a ilusión do clown deixando de lado clichés ou diferenzas sociais que diariamente nos separan.

Festiclown é unha proposta única que converte a risa na mellor arma para facer fronte á globalización e para crear unha sociedade xusta e igualitaria.

Desde Coperactiva Cultural, a empresa impulsora e xestora do festival desde a súa creación, entendemos que a cultura, ademais de ser participativa, comunitaria e creativa, tamén ha de ser solidaria. Por iso creamos e mantemos edición tras edición un Fondoclown solidario para financiar diversos prox-ectos sociais.

Dende Galicia e baixo o amparo do Festiclown apoiáronse económicamente proxectos solidarios e culturais, como é o caso do proxecto educativo “Semillitas del Sol” ou a creación da “Radio Insurgente de Roberto Barrios” en Chiapas (sur de México). Outro exemplo son as Caravanas de Pallasos pola

Paz realizadas en Palestina (2002 e 2009) así como o prox-ecto Festiclown Palestina do que falaremos máis adiante.

No ano 2003 (durante unha xira cultural e de encontro nos municipos autónomos de Chiapas) xurdiu o colectivo “Palla-sos en Rebeldía”, un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown que traballa na cooperación internacional a través do riso apoiando os pobos oprimidos. Desde entón, Pallasos en Rebeldía realiza caravanas solidarias fundamentalmente a Chiapas e Palestina. Un longo camiño percorrido coa ilusión de facer un mundo máis habitable grazas á solidariedade, á cooperación internacional e ao papel terapéutico do clown nos territorios onde o conflito e a guerra marcan o día a día dos cidadáns.

Concretamente, en Chiapas, o traballo de Pallasos en Rebeldía impulsou o nacemento da primeira compañía de clowns indíxenas: “Os letrineitors”, no municipio autónomo de Akabhaná. Esta compañía está formada por promotores locais, que atoparon no clown un instrumento de expresión da cultura do seu pobo.

Page 4: dossier circo pola paz

FESTICLOWN PALESTINA FestiClown Palestina é un proxecto de cooperación cultural

interdisciplinar que consiste na realización dun Festival Inter-nacional de circo, clown e risoterapia en territorio palestino. O proxecto global, dun ano de duración, inclúe caravanas, formación en risoterapia e o Festival Internacional de clown, Festiclown Palestina 2010-2011 (previsto para setembro/outubro de 2011)

A Orixe do Festiclown PalestinaO proxecto FestiClown Palestina naceu da caravana que a

asociación cultural e de cooperación internacional Pallasos en Rebeldía realizou a Palestina en abril de 2009 en colaboración con diversas asociacións locais: The Palestinian Circus School, Health Work Committee en Ramalah e Human Supporters en Nablús.

Durante esta caravana, de 15 días de duración, realizáronse 8 obradoiros de clown e risoterapia e 5 actuacións. Ao redor de 2.000 persoas gozaron e se beneficiaron da caravana. Esta caravana tivo unha gran acollida por parte da poboación local, principalmente dos nenos e nenas, os adolescentes e as mulleres palestinas.

Festiclown Palestina nace da certeza de que a risa é o alimento do corazón, a esperanza do futuro. Por iso, no marco do festival, ademais das actuacións de artistas de todo o mundo, impartirase unha extensa formación en artes circenses, clown e técnicas de risoterapia.

Page 5: dossier circo pola paz

Os obxectivos

Os obxectivos sociais do proxecto son paliar sensiblemente as consecuencias psicolóxicas dunha guerra interminable, fomentar as artes circenses como alternativa psicolóxica e social a unha economía de ocupación e conflito bélico e ensinar a axentes sociais as técnicas de a risoterapia como medida de loita contra a frustración, o odio indiscriminado e a depresión, convertida en praga social.

A nivel cultural queremos fomentar os grupos locais de circo e clown incrementando a formación profesional entre os sectores teatrais e os incipientes colectivos circenses palesti-nos e apoiar a celebración de “Xerusalén, capital cultural do mundo árabe”.

O proxecto de Pallasos en Rebeldía quere construír unha ponte de esperanza e paz entre os pobos do mundo e o pobo palestino, difundir a risa e a fraternidade humana a través do clown e o circo e axudar o bando máis indefenso desta barbarie.

A Estrutura do proxecto Festiclown Palestina, é un soño que construimos día a día

para facelo realidade. En outubro de 2010 celebrouse a primeira caravana do proxecto que acolleu, con enorme éxito, tanto actuacións en campos de refuxiados, escolas, etc... como formación en diversas técnicas circenses (clown, acro-bacia, malabares etc) así como en risoterapia.

Esta primeira caravana logrou fomentar, xunto coa asociación Palestinian Circus School, as artes circenses, o clown e a risa, fundamentalmente entre nenos e nenas, mozas e mulleres palestinas, como unha alternativa psicolóxica e social á ocupación na que viven e ao conflicto que padecen. O prox-ecto ten previsto programar alo menos dúas caravanas máis, unha delas na Franxa de Gaza, neste 2011.

Un dos obxectivos do proxecto é a formación en técnicas da risoterapia, dirixida fundamentalmente a axentes da saúde e de educación -directamente afectados polo conflito- co obxectivo fundamental de formar axentes sociais locais (palestinos) que terán así unha ferramenta máis no seu difícil e tan importante labor diario.

Pola súa banda, o Festiclown Palestina (I Festival Internacional de Clown en Palestina), dunha semana de duración, acollerá, ademais dunha extensa formación en técnicas de circo e

clown, actuacións de teatro de rúa así como visitas a campa-mentos de refuxiados. O festival quere programar espectácu-los (“Terra Adentro”), realizar obradoiros formativos (“E a nave vai”), realizar visitas a campamentos de refuxiados (“Saltando o muro”), así como celebrar tres galas en tres cidades emblemáticas: Xerusalén, Ramalah e Nablús.

Terra adentro consistirá na realización de espectáculos de teatro e circo nas rúas de Ramalah (de luns a xoves) e Nablús (sábado e domingo).

E a nave vai realizará obradoiros formativos antes, durante, e despois do festival. Impartiranse obradoiros de formación intensiva en técnicas de circo (acrobacia, clown, malabares, etc.) en Ramalah e Nablús, destinados fundamentalmente a nenos, nenas e adolescentes. Ademais, e tamén antes, durante e despois do festival realizarase unha formación inten-siva en técnicas de risoterapia para profesionais da saúde e a educación.

En Saltando o muro pequenas delegacións realizarán visitas aos campamentos de refuxiados de Cisxordania (Betlhem, Qualquilya, Hebrón e Yenín) para realizar obradoiros e espec-táculos durante toda a semana.

E para rematar, ao longo do festival realizaranse tres Galas: en Xerusalén (mércores), Ramalah (xoves) e Nablús (sábado). Estas galas tratan de dar visibilidade a artistas de teatro, circo e música palestinos así como aos intelectuais palestinos que participen nas mesmas. O obxectivo destas galas é xerar o encontro e o intercambio cultural e artístico entre os artistas e intelectuais palestinos participantes cos artistas internacionais que acudan ao festival.

Entre os artistas que confirmaron a súa presenza o Festiclown Palestina atópanse: Leo Bassi (Italia - EE), Elliot (Bélxica), La bandita Alegre (Chile), Jorge Blas (Madrid), Azulkillas (Euskadi), Alba Sarraute (Catalunya), Peter Punk (Galicia) e Coul Broders (Castela a Mancha-Galicia).

E son moitos os artistas que mostraron a súa solidariedade e o seu apoio artístico ao proxecto colaborando de varias e distintos xeitos como Tortell Poltrona (Catalunya), Amparanoia (Madrid), Fermín Muguruza (Euzkadi), Niky García (Venezuela), Mundo Mandarina (Arxentina), Toni Albà (Catalunya), Good Idea Company (Castela A Mancha-Suecia), Manuela Gracián da cia Circoxidado (Argentina-Catalunya), Cómica Espectacles (Eivissa), Lluna Albert (Valencia), Os 7 Magníficos máis Un (Galicia) ou o mestre Antón Valén (Murcia), entre moitos outros persoeiros, compañías e persoas.

Page 6: dossier circo pola paz

FESTIVAL CIRCO POLA PAZDesde Coperactiva Cultural (a empresa impulsora e xestora do

Festiclown) e Pallasos en Rebeldía (Asociación Cultural e de Cooperación Internacional) sostemos a proposta “Circo pola paz”, a través da cal a cidade de Ourense converterase nunha gran pista de circo que encherá espazos públicos e teatros de fraternidade circense coa poboación palestina.

O festival, de carácter solidario estructuríase da seguinte maneira:

RUA: Maraclown solidario: Trátase dunha das sección fixas do Festiclown, que abre espa-

cios para a interacción entre artistas de rúa e público casual, convertindo o feito de pasar a gorra nun modo mais de facer cultura y convertendo a rúa nun escenario mais.

Nesta sección contaríamos tanto con atistas galegos como do resto do Estado: Os Sete Magníficos Máis Un, Peter Punk, Javi Javichi, Capitán Maravilla, Pablo Muñoz enre outros/as moitos/as artistas, así como compañías de clown e novo circo que xa formaron parte doutras programacións de apoio ao FestiClown Palestina e son posibles artistas deste Circo pola Paz de Ourense.

As rúas de Ourense albergarían tamén unha gala de aéreos e outra de novo circo

Page 7: dossier circo pola paz

TEATROS:

Ademais das rúas, o festival Circo pola paz, chegaría ata os teatros de Ourense para ofrecer galas de artistas internacionais en solidaridade co pobo palestino. Contaríamos con artistas do renombre de Jango Edwards, Pepe Viyuela ou Leo Bassi.

Estas actuacións serían as únicas que terían recadación de taquilla, a cal iría destinada íntegramente ao proxecto Festiclown Palestina.

CARPA:

O festival Circo pola paz contaría cunha sección de Carpa que contaría cunha programación de específica básicamente desti-nada ao público infantil con espectáculos de clown e circo que se sucederían durante todo os días que dure o festival.

Page 8: dossier circo pola paz

FORMACLOWN:

Cabe a posibilidade de realizar cursos formativos en clown, técnicas de circo, risoterapia....con profesores tan renombrados como é o caso de Antón Valén, Pablo Muñoz ou Iván Prado, etc.

A programación do festival incluiría charlas e obradoiros pola paz así como exposicións fotográficas e proxección de documentais sobre a labor de Pallasos en Rebeldía (neste caso en Palestina)

O festival tería un carácter solidario, destinando a recadación do mesmo ao proxecto Festiclown Palestina.

Festiclown acarrea unha experiencia de mais de 10 anos na organización de este tipo de eventos. Recentemente levamos a cabo una proposta similar en Catalunya, concretamente no concello de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona) onde realiza-mos o festival “Circe: Por un Festiclown en Palestina”. O festival, que tivo lugar o pasado 1-2-3 de outubro, rematou cun rotundo éxito de público en tódolos espacios nos que se desenvolveu: rúa, carpa e teatros. No festival CIRCE participaron artistas de prestixio e consagrados, como é o caso de Tortell Poltrona, Leo Bassi, Jango Edwards e Cristina Garbo. Ademais dos mellores artistas do novo circo catalán como é o caso da clown Alba Sarraute....

Así como o Circe, O festival Circo pola Paz, encherá a cidade de circo, risa e fraternidade ca poboación palestina e co proxecto Festiclown Palestina, o primeiro festival de clown que terá lugar en terras palestinas.

Velaí algunhas das propostas artísticas que poderían encadrarse no Circo pola Paz:

Jango Edwards (USA) http://jangoedwards.net/workshops/clown-front/

Leo Bassi (USA) http://www.leobassi.com/

Peter Punk (Galicia) http://www.peter-punk.org/

Pablo Superstar (Barcelona) http://www.pablosuperstar.com/

Javi Javichi (Madrid) www.jajavichy.com Capitán Maravilla (Andalucía) www.capitanmaravilla.com

Os Sete Magníficos Máis Un (Galicia)http://ossetemagnificosmaisun.blogspot.com/

… e moitos/as máis…*Pero tamén animacións musicais e circenses de rúa, etc.

Page 9: dossier circo pola paz

PRESUPOSTO

A proposta Circo pola Paz, podería ter unha duración de entre 3 a 5 días, adaptando o presuposto entre 30.000 e 60.000 euros.

O festival estaría xestionado co soporte do Festiclown tanto a nivel artístico como loxístico. O festival contaría ca súa propia páxina web, etc.

Page 10: dossier circo pola paz

ENLACES DE INTERÉS

Página del Festiclown http://www.festiclown.org

Página de Pallasos en Rebeldía http://www.pallasosenrebeldia.org

Página de Coperactiva Cultural http://www.culturactiva.org

Blog Festiclown Palesitna http://festiclownpalestina2010.wordpress.com/

Libro y DVD editado para recaudar fondos http://issuu.com/perla28/docs/mashi?viewMode=magazine

Circo Palestino de Ramallah http://www.palcircus.ps

Human Supporters de Nablús http://www.humansupporters.org/

Tráiler del documental de la expedición de Pallasos en Rebeldía a Palestina http://www.youtube.com/watch?v=h9peLkuhRuo

Page 11: dossier circo pola paz

“Circo pola paz”

Page 12: dossier circo pola paz

981 58 28 [email protected]