dosier galicia-euskadi rugby

3

Click here to load reader

Upload: ancaria

Post on 17-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Partido de test oficial de rugby Galicia-Euskadi ,sábado 11 de maio 2013.

TRANSCRIPT

Page 1: Dosier Galicia-Euskadi Rugby

EuskadiGaliciavs

OFFICIAL TEST MATCHRUGBY

Organiza: Patrocina:

Colaboran:

FederaciónGalega de Rugby

Sáb 11 maio | 17.00 h.Estadio G. Pérez Rivera, Lugo

Page 2: Dosier Galicia-Euskadi Rugby

A Federación Galega de Rugby conmemora en Lugo o seu 30 aniversario con diversos actos nos que destaca o partido entre as seleccións de Galicia e Euskadi Esta xornada conmemorativa e festiva ao redor dos 30 anos do Rugby Galego celebrarase no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo o vindeiro sábado 11 de maio. Ademais do partido, terán lugar moitos outros actos, co obxectivo de facer da xornada un punto de encontro e celebración dirixido a todos os afeccionados ao mundo do Rugby.

A xornada está organizada pola Federación Galega de Rugby e patrocinada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo-Área de Deportes. Conta ademais coa colaboración do Concello de Lugo-Concellería de Deportes, Intemax, Toro Loco, Muralla Rugby Club, Viator e Enfíos.

A Federación Galega de Rugby elixiu Lugo como lugar de celebración dos actos de conmemoración dos 30 anos de existencia de devandita federación, que foi fundada no ano 1983.

Para iso, desde a Federación deseñouse unha xornada deportiva e de lecer que arrincará ás 11:00 h. do próximo sábado 11 de maio e que, ao longo do día e ata as 22:00 horas, contará con múltiples actividades, sendo a principal o partido que enfrontará ás seleccións absolutas de Galicia e Euskadi. Desta forma, será a primeira vez que a Cidade das Murallas acolla unha celebración e un enfrontamento deportivo desta índole.

Unha cita ineludible para todos os amantes do deporte do Rugby.

Entrada e Programa de actividades

Para poder asistir aos actos previstos para a conmemoración do 30 aniversario do Rugby Galego, será preciso adquirir unha entrada por valor de 5 euros que dará dereito a participar en todas as actividades que describiremos a continuación.

Dita entrada poderase adquirir o mesmo día, nas instalacións do Estadio, e de forma anticipada en:

• Pub Kursal: Rúa Rafael de Vega, 8, Lugo• Cervexería La Internacional: Rúa Xeneral Tella, 2, Lugo• Cervexería 44: Praza da Liberdade, 18, Lugo

Page 3: Dosier Galicia-Euskadi Rugby

Programa

11:00 h. e ao longo do día: Apertura do estadio Gregorio Pérez Rivera. Carpas de seleccións e equipos, recepción de afeccións e seareiros, zona de ocio para nenos e adultos, merchandising, carpa Toro Loco, bar e restaurante con produtos típicos de Lugo.

12:00 h: Seven Feminino Galicia-Euskadi

Hora por determinar: Presentación da nova camisola para a próxima tempada da selección de Galicia de Rugby.

17:00 h: Partido entre as seleccións de Galicia e Euskadi de Rugby. O partido das absolutas de rugby será, por primeira vez, retransmitido a través de Intermax (http://redintermax.com/) en Full HD.

19:00 h: Festa Toro Loco Desafío Galicia 2013: Conmemoración do 30 aniversario da FGR Festa conmemorativa dos 30 anos do Rugby Galego que servirá ademais para presentar a nova bebida enerxética “Toro Loco”. De 19:00 a 22:00 horas terán lugar os seguintes eventos:

• Terceiro Tempo entre equipos e afeccións en 2 barras móbiles que contarán ademais coa presenza de 6 azafatas miss (estarán miss Galicia e Miss A Coruña, entre outras) e 4 animadoras deportivas.

• Zona de Performance

• Zona Photocall onde os seareiros poderán sacarse fotos cos seus xogadores favoritos ou cos artistas invitados que participarán na Festa.

• Autobús Touro Tolo de 2 plantas e 2 Hummer H3, dentro dos cales estarán agachadas múltiples sorpresas.

E as actuacións de:

• El Langui (Juan Manuel Montilla): Rapeiro líder do grupo La Excepción, e un dos mellores rapeiros de España. Ademais, foi galardoado con dous premios Goya pola película El truco del manco, da que foi actor protagonista.

• Actuación do actor Israel Rodríguez, quen participou en series como Al salir de clase, Física y química, Yo soy Bea, Un paso adelante o El secreto de Puente Viejo.

• DJ Garchy: DJ Residente en Oh Cabaret (Budha Madrid).

• DJ Carlos e DJ Moralitos

E máis sorpresas que iremos desvelando a medida que se achegue o día.

22:00 h: Conclusión da xornada.