distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: unha vez que...

17
Distribución da páxina web: A páxina está dividida en 4 grandes bloques temáticos: i) Grammar: Trabállase a practica totalidade dos contidos gramaticais esixidos para 4º de ESO e cursos superiores. Todas as actividades van acompañadas dun tutorial, que na maioría dos casos é unha presentación powerpoint. Como xa expliquei anteriormente, cada un dos contidos trabállase cunha canción e con actividades específicas para ese contido. Así , cando pulsemos sobre Grammar, Simple Present, nos aparecerá esta pantalla: Facendo doble clic sobre o recadro “Activities” accederemos ás actividades, e facendo doble clic sobre a imaxe de Tracy Chapman teremos acceso a canción correspondente a este tema

Upload: others

Post on 24-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

Distribución da páxina web: A páxina está dividida en 4 grandes bloques temáticos:

i) Grammar:

Trabállase a practica totalidade dos contidos gramaticais esixidos para 4º de ESO e cursos superiores. Todas as actividades van acompañadas dun tutorial, que na maioría dos casos é unha presentación powerpoint. Como xa expliquei anteriormente, cada un dos contidos trabállase cunha canción e con actividades específicas para ese contido. Así , cando pulsemos sobre Grammar, Simple Present, nos aparecerá esta pantalla:

Facendo doble clic sobre o recadro “Activities” accederemos ás actividades, e facendo doble clic sobre a imaxe de Tracy Chapman teremos acceso a canción correspondente a este tema

Page 2: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

CANCIÓNS: As cancións traballadas con cada aspecto gramatical son as seguintes:

CONTIDO CANCIÓN Simple Present Across the lines (Tracy Chapman)

Present Continuous Now (Noa) Simple Past I will survive (Hermes House Band)

Past Continuous Fernando (Abba) Present Perfect I still haven’t found what I’m looking

for (U2) Future tenses You’ll be in my heart (Phil Collins)

Gerund or infinitive What can I do (The Corrs) Reviewing tenses a) Crying (Aerosmith)

b) This love (Maroon 5) Relative clauses My way (Robbie Williams)

Modal verbs Here with me (Dido) Conditional sentences If you wanna touch her (Shania Twain)

Passive Voice Sweet Dreams (Eurythmics) Reported Speech Cancer (My chemical Romance)

Collamos como exemplo a canción de Phil Collins “You’ll be in my heart “

Page 3: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

Hai dous xeitos de escoitar a canción para traballala: Pulsando sobre o enlace “Listen” abrirase un reproductor flash coa canción

Este reproductor manterase sempre presente na esquina superior esquerda para facilitar a posibilidade de deter ou reanudar a reproducción mentres levamos a cabo cada unha das actividades sen ter que andar constantemente cambiando de ventá.

Outra posibilidade de traballar a canción e mediante un vídeo de “youtube”. Cada unha das cancións finaliza con un enlace a un vídeo que nos permite “visualizala”:

Se facemos un clic no botón de play , reprodúcese o vídeo na pantalla da actividade, pero se facemos dobre clic, ábrese o enlace a dito vídeo na páxina de Youtube:

Page 4: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

Pulsando sobre o reproductor neste enlace, poderemos do mesmo xeito escoitar a

canción mentres facemos as actividades.

Moitas das cancións, teñen tamén un enlace a unha páxina de karaoke, que lles permite aos alumn@s a posibilidade de cantar ou gravar a súa propia versión sobre o tema, practicando deste xeito non só a parte de “listening” mais tamén a parte de “speaking”.

Page 5: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

ACTIVIDADES:

Tanto as actividades como as cancións están deseñadas co programa gratuíto Ardora, que unha vez creada a actividade, xenera unha páxina web co arquivo applet de Java. Para poder “ver” a actividade é preciso dispoñer da consola Java que se pode descargar dende o enlace existente nesta páxina web.

ii) Vocabulary: Desenrólanse 7 temas de vocabulario cada un deles coa súa correspondente canción. As cancións que escollín para cada apartado de vocabulario son as seguintes:

VOCABULARIO CANCIÓN The year (months, days, seasons) Friday I’m in love (The Cure)

Animals Man gave names to all the animals (Bob Dylan)

Adjectives The logical song (Supertamp) Prepositions With a little help from my friends (Bon

Jovi featuring the Beatles) School (subjects & classroom objects) What a wonderful world (Sam Cooke)

Sports Football’s coming home (The lightning seeds)

Music American Pie (Don McLean)

iii) Web-based activities:

Para facer os exercicios destas actividades ao alumnado se lle proporciona unha serie de enlaces que lle permite o acceso a todo tipo de “input” lingüísticos con materiais auténticos e actuais, potenciando así a autonomía do alumno, que será o que vaia marcando o camiño a seguir na procura da información.

Deste xeito @ alumn@ “construirá” o seu propio proceso de ensino-aprendizaxe da lingua inglesa e reflexionará sobre o tema transversal a tratar, practicando ademais aspectos que pertencen ao currículum doutras asignaturas (hai exercicios relacionados coa Historia, Xeografía , Bioloxía , Historia da música, etc.) As cancións seleccionadas para este apartado son as seguintes:

Page 6: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

DATA CANCIÓN Día internacional para a erradicación da

pobreza (17 de Outubro)

Another day in paradise (Phil Collins)

Día da non violencia contra a muller (25 de Novembro)

How come, how long (Babyface & Stevie Wonder)

Día da SIDA (1 de Decembro)

One (U2)

Día dos dereitos humanos (10 de Decembro)

Biko (Peter Gabriel)

Día da paz (30 de Xaneiro)

Imagine (John Lennon)

Día mundial do mediambente (5 de Xuño)

Cuyahoga (R.E.M.)

iv) Fun Stuff: Neste último apartado, ao alumnado ten acceso a unha serie de cancións traballadas en formato .html

Para acceder a cada unha das cancións deste apartado, o alumnado ten que poñer o seu nome e o seu email no campo correspondente, e ademais engadir o contrasinal que vos facilitarei na clase Pulsamos no botón “submit” e nos leva directamente á actividade. Igual que nos anteriores apartados

nos que traballamos as cancións cos paquetes de actividades ARDORA, agora atopámonos cun reproductor flash que contén a canción nun podcast, ou ben coa posibilidade de acceder a un video de youtube coa canción. As actividades son de igual xeito, bastante variadas. No seguinte gráfico podemos ver un exercicio no que hai que reconstruír unha serie de frases que non se ven correctamente, e completar unha táboa traballando aspectos de fonética:

Page 7: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

A particularidade das cancións traballadas neste apartado, é que cada un dos campos

que hai que completar ten asignada unha puntuación

Unha vez acabamos a actividade se pulsamos no botón “score” obtemos a puntuación acadada:

Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado por cada un d@s alumn@s.

Por tanto, este tipo de actividades as poderei levar a cabo a modo de competición entre @s

alumn@s, como material para facer obrigatoriamente na casa, como mero exercicio de listening, ou tamén como complemento as actividades mencionadas nos outros apartados. Por exemplo hai 3 cancións que complementan o apartado de Special Dates. Así para o día dos dereitos humanos, podemos completar o traballado coa canción “Pride” de U2, para o día da non violencia contra as mulleres a canción “Rain on me” de Ashanti, e para o día da Paz “Zombie” de Cranberries.

As cancións que figuran polo momento neste apartado son as seguintes

Alicia Keys : “No one” Ashanti : “Rain on me”

Evanescence: “Bring me to life” Fool’s Garden: “Lemon Tree”

Cranberries: “Zombie” Dover: “Serenade”

Wycleff Jean: “If I was president” U2 : “Pride”

Page 8: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

Tipos de actividades realizadas con ARDORA:

1) Clasificar palabras :

Para resolver a actividade, hai que pulsar no grupo ao cal se cree que pertence cada palabra. No seguinte gráfico, podemos observar un exemplo no “paquete” de actividades do presente simple, no cal os alumn@s teñen que clasificar os verbos segundo a formación da 3ª persoa do singular:

Nalgunhas actividades, como é o caso deste gráfico, @s alum-n@s teñen un limitador de tem-po.

2) Completar escribindo:

@s alumn@s teñen que completar as frases /texto escribindo a solución correcta.

Neste exemplo teñen que completar as frases usando o verbo que está entre parénteses en presente simple ou ben en presente continuo; unha vez que rematan de escribir a solución que eles cren correcta pulsan “Enter”, e se a solución é a axeitada, pasan ao seguinte recadro.

Page 9: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

3) Completar seleccionando:

@s alumn@s teñen que completar as frases /texto escollendo a solución correcta dunha lista:

Facendo clic no recadro azul, ábrese unha lista da cal teñen que escoller unha palabra, neste caso elixir o relativo correcto:

4) Exercicios con táboas:

@s alumn@s teñen que completar unha táboa cos datos que faltan:

Facendo clic co rato en calquera cela libre, poderemos escribir a solución que complete esa táboa. Para volver a pasar a outra cela, hai que usar outra vez o rato. Unha vez finalizada a actividade pulsamos no signo de interrogación para ver se a solución final é a idónea. En caso afirmativo, o propio programa nos pasará a seguinte actividade.

5) Corrixir erros:

Corrixir os posibles erros que conteñan unhas frases ou un texto:

Situamos o cursor enriba da palabra que cremos que é incorrecta; facendo clic sobre ela ábrese un recadro azul que nos permite modificar a palabra como nós queiramos. Igual que na actividade anterior, cando cremos ter toda a solución, pulsamos sobre o signo de interrogación. Se detectamos todos os erros e os corriximos axeitadamente, pasaremos a seguinte actividade.

Page 10: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

6) Completar palabras:

@s alumn@s completan unha palabra coa terminación correcta:

Pasamos o cursor por calquera das tres terminacións que temos, e cando creamos que é a correcta facemos clic nela.

7) Ordenar palabras:

@s alumn@s completan unha frase movendo as palabras para que queden na orde correcta:

Unha vez que tódalas palabras estean na orde correcta (sen importar se están na mesma liña) o programa pasa automaticamente á seguinte frase

8) Ordenar frases:

@s alumn@s completan un texto organizando as liñas na orde correcta.

Neste exemplo, @s alumn@s teñen que reconstruír a histo-ria do “Titanic”. Pul-sando nunha liña calquera (xa vemos que a cor é máis clara), permítenos movela, a calquera outro lado. Soltámo-la volvendo a facer clic. Cando teñamos todo listo, pulsamos sobre o signo de interrogación, e se a solución é a correcta, pasaremos á seguinte actividade.

Page 11: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

9) Ordenar imaxes:

@s alumn@s teñen que cambiar as imaxes de sitio para que queden nunha orde determinada

10) Columnas movedizas:

Nunha táboa, hai que mover as filas, as columnas ou ,como no exemplo seguinte, filas e columnas para que o texto quede na orde correcta:

Pulsamos sobre calquera columna e cambiámola de posición. Se en lugar dunha columna queremos mover unha fila, pulsamos no recadro, e vemos que xa nos cambia para mover filas. Unha vez obtida a orde desexada, pulsamos no signo de interrogación.

11) Seleccionar palabras dun parágrafo:

Vexamos o seguinte gráfico:

Pulsando sobre o recadro verde, permítenos selec-cionar as palabras que nos interesen, neste caso as preposicións que hai nesta estrofa da canción. Unha vez que temos todas seleccionadas, pulsamos no signo de interrogación para ver se a solución é a correcta.

Page 12: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

12) Relacionar palabras :

Permítenos asociar conceptos, sinónimos, antónimos, principio e fin dunha frase, etc.

Facemos clic co rato no círculo amarelo da primeira columna, e levamos a liña que nos aparece ata o círculo amarelo da 2ª columna co cal cremos que está relacionado.

13) Memory game:

Típico xogo de memoria, relacionando dúas palabras, imaxe e palabra, son e palabra, etc.

Neste exemplo, @s alumn@s teñen que asociar a imaxe do instrumento co seu nome en inglés

14) Relacionar frases ou imaxes e frases:

Vexamos como exemplo o seguinte gráfico que pertence ao “paquete” de actividades para Conditional Sentences:

Pulsando en calquera dos triángulos que hai nos recadros, observaremos que as frases cambian. Cando pensemos que a asociación é a correcta pulsamos sobre o signo de interrogación.

Page 13: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

Neste outro exemplo, temos que asociar unha imaxe cunha frase, neste caso as carátulas dos discos co nome dos discos e o grupo / cantante correspon-dente

15) Sopa de letras e encrucillados:

SOPA DE LETRAS:

ENCRUCILLADO:

Para resolver a sopa débese pulsar sobre a primeira letra da palabra atopada e, sen deixar de pulsar o botón esquerdo do rato, mover este ata que a palabra se atope seleccionada.

Para resolver o encrucillado, pulse no primeiro recadro dunha palabra, e aparecerá a definición ao lado. Para cambiar o sentido da escritura de horizontal a vertical pulse aquí.

Page 14: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

16) Aforcado:

Típico xogo do aforcado, con vocabulario, no que se debe escribir a palabra correcta. O seguinte gráfico pertence ás actividades para o día da SIDA:

17) Damero:

Descubrir unha frase coa axuda de definicións de palabras. Vexamos o seguinte exemplo:

Neste exemplo, o alumnado ten que escribir o nome dos compoñentes dos Beatles no recadro inferior. Para pasar ao seguinte nome, pulsan aquí. Cando se acaben os nomes deben intentar completar o

texto da parte superior. Neste exemplo, pídese que descubran 3 cancións dos Beatles. Cando rematen o texto pulsan aquí par ver se a solución é a correcta.

Page 15: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

18) Exercicios con sons (listening activities) :

Vexamos dous exemplos:

Neste primeiro exemplo, pulsamos sobre a tecla de “Play” , escoitamos o son e escribimos literalmente a frase que escoitamos.

Neste outro exemplo, pulsamos sobre o signo de interrogación para escoitar o son correspondente, e logo pulsamos na imaxe que cremos asociada co son que acabamos de escoitar. Noutros exemplos, en vez de imaxes aparecen palabras concretas.

19) Álbum de imaxes :

Facemos clic sobre o texto, e levámolo debaixo da imaxe coa que o que queiramos asociar, noutros casos hai que mover a imaxe cara o texto correcto. Unha vez máis, cando creamos que temos a solución pulsamos sobre o signo de interrogación.

Neste outro exemplo, temos que escribir no recadro correspondente a palabra asociada coa imaxe. Facemos clic no signo de interrogación para comprobar.

Page 16: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

20) Paneis gráficos :

Neste primeiro gráfico, aparecen unha serie de imaxes e unha serie de nomes no lateral. Temos que asociar o nome que corresponda ao obxecto que nese momento teña o punto azul parpadeando.

No seguinte exemplo cun panel gráfico, en lugar de escoller a palabra correcta, temos que escribila.

21) Puzzles :

Ao pulsar en “start” o gráfico desordénase e temos que reorganizalo como se fose un puzzle.

Page 17: Distribución da páxina web · no botón “score” obtemos a puntuación acadada: Unha vez que pulsamos en aceptar, a min me chega un mail coa puntuación acadada e o tempo empregado

22) Test:

Case todos os paquetes de actividades acaban con un “quiz” na que o alumnado ten que demostrar o seu coñecemento sobre o tema tratado, unha vez feitas todas as actividades previas:

@s alumn@s pulsan sobre a opción correcta (en ocasións hai máis dunha correcta), e logo pulsan sobre o signo de interrogación. Se a resposta é correcta, o programa permitiralle pasar a contestar a seguinte pregunta.