diaños bulreiros

2
EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ O Diaño Bulreiro BIBLIOGRAFIA: diccionario dos seres míticos galegos; Pequena Mitoloxia de galicia; ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 2001. ? Miranda X. R. e Reigosa, A. X., Edición Xerais, Vigo 2004. ? Ilustracións: Arrepíos e outros medos: Historias galegas de fantasmas e de terror; Ricardo Sánchez

Upload: marichoni-marichoni

Post on 07-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

boletín con adaptacións de lendas sobre diaños bulreiros para nenos/as

TRANSCRIPT

Page 1: Diaños Bulreiros

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

O Diaño Bulreiro

BIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

Pequena Mitoloxia de galicia;

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición

Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,

Edición Xerais, Vigo 2001.?Miranda X. R. e Reigosa, A. X.,

Edición Xerais, Vigo 2004.?Ilustracións:

Arrepíos e outros medos: Historias galegas de fantasmas e de terror;

Ricardo Sánchez

Page 2: Diaños Bulreiros

P a r e n t e m o i próximo aos trasnos. É un e s p e c i a l i s t a e n transformacións. Pode aparecer de home ben traxeado montado nun cabalo, de home descoñecio, de cabalo só, de burra branca, de carneiro, de bercerro ou mesmo de vulto sen forma definida.

LendasNaqueles tempos a xente viña a pé das romerias e das

festas. Viñan todos os mozos dun lugar xuntos, para dárense ánimo uns aos outros. Non había luz nin había coches, e así era como tiña que ser. Ainda tiñan unhas boas leguas de camiño. E os deste lugar tiñan que vir por sitios escuros e cruzar ríos e regatos. E a noite non lles da a para tanto andar e xa chegaban con día.

Dunha vez atoparon un cabaliño negro, mansiño. O primeiro mozo colleuno polo cabestro e o animal deixouse. - E de quen será o cabalo?Dun chimpo montou nel e dixo: - Rapaces, eu vou ir descansando.O segundo rapaz dixo: - Tamén pode conmigo.E doutro chimpo montou detrás. O mesmo fixo o terceriro dos mozos, e o cuarto, e o quinto, e o sexto, e o séptimo. Cantos máis mozos montaban, máis se alongaba o cabalo. Un dos mozos dixo: -Xesús Maria, o cabalo non para de medrar, parece cousa do demo!E ao dicilo o cabalo estoupou en fume e caeron todos ao río. Por pouco afogan. Case morren co medo!

Cando os mozos regresaban das festas, cansos saíalles ó camiño en forma de cabalo. A diversión preferida deste ser é aparecérselles de noite aos camiñantes para despistalos e facer que se perdan, ou simplemente para lles meter medo.Algunhas veces ten boas intencións, pois entra nas casas a dar consello, pero se na conversa, se menciona un nome santo, desaparece no medio dun grande estrondo.

Nunca é agresivo, pero sí moi molesto.