día internacional dos dereitos da infancia

11
Día Internacional dos Dereitos da Infancia 20 / 11 / 2012

Upload: campusculturae-campusculturae

Post on 29-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Festa organizada polo proxecto campUSCulturae da Universidade de Santiago de Compostela para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Será o día no que se cumpre 53 anos e celebrarase no auditorio de Novagalicia Banco, na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela.

TRANSCRIPT

Page 1: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

20 / 11 / 2012

Page 2: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Organiza:

Colabora:

Agradecementos:

Page 3: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

CELEBRACIÓN DODÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Lugar: Auditorio de Novagalicia Banco (Rúa do Preguntoiro, nº 23, de San-tiago de Compostela)

Día: martes, 20 de novembro de 2012

Horario: de 10 a 13 horas

Organiza: campUSCulturae, proxecto europeo da Universidade de San-tiago de Compostela que conta co apoio e patrocinio da Culture Agency da UE ao longo do período 2012-2016. Máis información nos seguintes enderezos:

e-mails: [email protected] [email protected] [email protected]/campusculturae http://www.facebook.com/campUSCulturae

Page 4: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

A Declaración Internacional dos Dereitos da Infancia, aprobada por Na-cións Unidas o 20 de novembro de 1959 (é dicir, cumpriranse 53 anos dese histórico día), contido transcendental para poñer as bases para unha vida humana digna, será interpretada e presentada por alumnos e alumnas de centros de ensino de toda Galicia, coa presenza de máis de 600 participantes de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. O tea-tro, a música, os medios audiovisuais, as novas tecnoloxías, etc. servirán para que a creatividade dos máis novos canalice a expresión e reivindi-cación dos seus dereitos básicos.

Participan no acto os seguintes centros de ensino:

CEIP de Quintela. Moaña (Pontevedra)CEIP “Humberto Juanes”. Nigrán (Pontevedra)CPR Padres Franciscanos. LugoColexio “San Pelayo-Emma”. Santiago de Compostela (A Coruña)Colexio “Divino Mestre”. Santiago de Compostela (A Coruña)IES “Arcebispo Xelmírez II”. Santiago de Compostela (A Coruña)CEIP “Quiroga Palacios”. Santiago de Compostela (A Coruña)IES de Breamo. Pontedeume (A Coruña)CEIP “Santiago Apóstolo”. Franza-Mugardos (A Coruña)CEIP de Centieiras. Fene (A Coruña)IES “Afonso X O Sabio”. Cambre (A Coruña)

Page 5: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Orde do acto:

10:00-10:20 Benvida oficial

Juan Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (*)

Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia

Francisco Durán Villa, vicerreitor de Cultura, Estudantes e Formación Con-

tinua da Universidade de Santiago de Compostela

Representante de Novagalicia Banco (*)

Irene García García e Xosé A. Neira Cruz, coordinadores do proxecto

campUSCulturae

(*) pendentes de confirmación

10:20-11:00 Recepción a cargo de Pablo Trasno, condutor da gala, e pre-sentación por parte dos representantes dos centros de ensino asistentes dos 5 primeiros artigos da Declaración dos Dereitos da Infancia.

Page 6: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

11:00-11:20 Representación da performance teatral Living Room, a cargo de Joshua McCarey (Boston, EE.UU), en galego, castelán e inglés.Peza intercultural na que migran espazos, linguaxes, e persoas para en-fiar as fronteiras entre o virtual e o real, entre a imaxe pública e o íntimo, entre a soidade e o intercambio. Analiza os medios de comunicación ac-tuais, que tanto nos conectan como nos illan.

Livi

ngRo

om é

unh

a ch

amad

a á

intim

idad

e

Page 7: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

11:20-12:10 Actuación do violinista armenio Ara Malikian e o seu ensem-ble, que interpretarán o espectáculo As miñas primeiras catro estacións.

As miñas primeiras catro estacións é un concerto moi especial no que se impón a dramatización e a explicación dos sonetos que Vivaldi redac-tou para cada época do ano descrita grazas á música. Antes de cada movemento, Marisol Rozo, a narradora e adaptadora dos textos, introdu-ce a música explicando as referencias que o compositor fai durante toda a obra das situacións, fenómenos naturais, animais, personaxes, estados de ánimo, celebracións, etc.

Page 8: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Todo isto serve para darlle forma teatral a un concerto que de forma sinxe-la introduce e facilita a comprensión da música, mergullándonos nunha aventura que converte a primavera, o verán, o outono e mais o inverno nunha marabillosa experiencia musical para todos os públicos.Acompañan a Ara Malikian o ensemble composto por:Humberto Armas (viola)Susana Rico (chelo)Inma Almendros (violín) Marisol Rozo (voz).

12:10-12:45 Intervención humorística do malabarista e condutor do festival, Pablo Trasno, quen fará participar aos asistentes antes de darlle paso á presentación dos 5 últimos artigos da Declaración dos Derei-tos da Infancia por parte dos centros de en-sino restantes.

Page 9: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

12:45 Visita especial dos BOLECHAS

12:55 Despedida e peche de festa.

FELIZ DÍA DOS DEREITOS D@S NEN@S!!

Page 10: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

campUSCulturae, un espazo para as minorías e a diversidade cultural.

Esta actividade, enmarcada na celebración do Día Internacional dos De-reitos da Infancia, forma parte da proposta desenvolvida desde campUS-Culturae, proxecto coordinado pola Universidade de Santiago de Com-postela e co financiado pola Culture Agency da Unión Europea durante o período 2011-2016. Considerar a importancia das culturas (nomeada-mente as minoritarias) e apostar pola diversidade cultural do planeta, ofrecendo á nosa lingua e cultura a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais forma parte da vocación e dos retos de campUSCulturae, canalizados a través das seguintes iniciativas:

Biblioteca Internacional campUSCulturae, especializada na literatu-ra para nenos e mozos que represente a diversidade cultural.

Museo Internacional da Ilustración, con obra de autores de recoñe-cido prestixio en todo o mundo.

Centro Internacional da Creatividade, plataforma de experimenta-ción entre linguaxes infantís e arte contemporánea e escaparate vir-tual das culturas do mundo.

Radio-TV campUSCulturae, canle on line sobre culturas e diversida-de cultural.

Page 11: Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Centro da Creatividade, iniciativa para atopar, visualizar, coñecer e visitar as distintas culturas do mundo grazas ao emprego das novas tecnoloxías.

Centro da InterCulturalidade, espazo para poñer en rede o traballo de comunidades culturais de distintos lugares do mundo e para inte-grar na cultura a persoas con necesidades especiais. É dentro deste último grande apartado de campUSCulturae onde se ubicou a cele-bración do Día Internacional da Radio e da Televisión a favor da Infan-cia (actividade desenvolvida en decembro de 2011 coa participación de 14 centros de ensino de toda Galicia e mais 10 escolas ubicadas noutros tantos países de Europa, América, África e Asia), coa conti-nuación natural que ofrece a conmemoración, neste 20 de novembro de 2012, do Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

Agradecementos:

Novagalicia Banco, cesión do auditorio e do persoal técnico implicado no mantemento do mesmo. Por xentileza desta institución, os asistentes contarán coa actuación dos Bolechas.

Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, regalo de un lote de libros para cada un dos centros escolares asistentes.

Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, cesión de material para o concerto.