di se li 22 fil

13
DiSeLi COPETENCIAS BÁSICAS E COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS Reunión Grupo 22 de xaneiro Seminario B. Facultade Filoloxía

Upload: luz-zas

Post on 14-Jul-2015

283 views

Category:

Technology


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Di Se Li 22 Fil

DiSeLi

COPETENCIAS BÁSICAS E COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS

Reunión Grupo

22 de xaneiro

Seminario B. Facultade Filoloxía

Page 2: Di Se Li 22 Fil

COMPETENCIAS BÁSICAS

• Capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas.

• O concepto de competencia inclúe:Saberes, habilidades e actitudes

• A inclusión das competencias básicas no currículo ten varias finalidades:- integrar as diferentes aprendizaxes, incorporadas ás

diferentes áreas ou materias,- permitirlle a todo o alumnado integrar as súas aprendizaxes,

poñelas en relación con distintos tipos de contidos e utilizalas de xeito efectivo cando lle resulten necesarias en diferentes situacións e contextos,

- orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible

Page 3: Di Se Li 22 Fil

COMPETENCIAS NO MARCO EUROPEO

• No marco da proposta realizada pola Unión Europea, identificáronse oito competencias básicas:1. Competencia en comunicación lingüística.

2. Competencia matemática.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co

mundo físico.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

5. Competencia social e cidadá.

6. Competencia cultural e artística.

7. Competencia para aprender a aprender.

8. Autonomía e iniciativa persoal

Page 4: Di Se Li 22 Fil

COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

• Refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade,

• de construción e comunicación do coñecemento• e de organización e autorregulación do pensamento das

emocións e da conducta.

Page 5: Di Se Li 22 Fil

Ler e escribir

• Ler e escribir son accións que supoñen e reforzan as habilidades que permiten buscar, recompilar e procesar información, e ser competente á hora de

• comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas

Page 6: Di Se Li 22 Fil

Comprender e saber comunicar

• Comprender e saber comunicar son saberes prácticos que se deben apoiar no coñecemento reflexivo sobre o funcionamento da lingua e as súas normas de uso, e implican a capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

Page 7: Di Se Li 22 Fil

Linguas estranxeiras

Con distinto nivel de dominio e de formalización -especialmente en lingua escrita- esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poder comunicarse nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio.

Page 8: Di Se Li 22 Fil

COMPETENCIAS GALEGO

1. Comprender discursos orais e escritos nos diversoscontextos da actividade social, cultural e académica.

2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente,creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.

3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente,creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.

Page 9: Di Se Li 22 Fil

COMPETENCIAS GALEGO

4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbitoacadémico.

5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes

Page 10: Di Se Li 22 Fil

Competencias galego

6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección.

7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización.

Page 11: Di Se Li 22 Fil

Competencias galego

8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas.

9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.

10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

Page 12: Di Se Li 22 Fil

Competencias galego

11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.

12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais.

Page 13: Di Se Li 22 Fil

IMPORTANTE

• Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades

dos procesadores de textos, correctores ortográficos.