despedidas

14
O mellor curso!!! A min o que máis me gustou deste curso foi a excursión a A Coruña. O pasei xenial no autobús. No Planetario rinme moito. Na Casa das Ciencias había cousas moi interesantes. Os amigos foron o máis importante do curso, e tamén a profe. Os quero porque todos os días fanme rir, xogan comigo, sempre están alí para axudarme. E por último, XOGAR NOS RECREOS!!!!!!!! Porque fixemos moitos xogos, xogar ao escondite... xogo con todos os nenos. Ágata

Upload: geni-cereijo-grana

Post on 13-Apr-2017

438 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

O mellor curso!!!

A min o que máis me gustou deste curso foi a excursión a A Coruña. O

pasei xenial no autobús. No Planetario rinme moito. Na Casa das

Ciencias había cousas moi interesantes.

Os amigos foron o máis importante do curso, e tamén a profe. Os quero

porque todos os días fanme rir, xogan comigo, sempre están alí para

axudarme.

E por último, XOGAR NOS RECREOS!!!!!!!! Porque fixemos moitos

xogos, xogar ao escondite... xogo con todos os nenos.

Ágata

3ºB

O que máis me gustou de 3º foi que agora teño cada vez máis amigos.

Aprendo moitísimas cousas. O que máis me gusta das asignaturas son

Naturais e Sociais. E ademais Geni fai moitas manualidades e iso

gústame.

O que si temos moitísimos exames.

Encántame 3ºB.

Eloi V.

Despedida

Gustoume moitísimo o curso de 3ºB. Fixemos xogos e traballos moi

divertidos. Gustoume todo.

En ximnasia facemos xogos moi diversos.

Encántanme tooooodas as excursións, sobre todo a de A Coruña. O que

máis me gustou foi cando fomos á Casa das Ciencias.

Este foi un super curso e os profes e as profas gustáronme moito.

Javi

O meu curso

A min o que máis me gustou foi estar cos meus amigos no recreo, en

informática, en plástica. E tamén ver os traballos dos meus

compañeiros.

Encántanme as excursións que facemos. O máis importante é que nas

excursións estou cos meus compañeiros e coa profe Geni.

Sabela

3ºB

A min gustoume moito terceiro.

Unha das cousas que máis me gustou foi cando fomos a A Coruña.

Tamén cando saquei os meus primeiros deces, e cando empezou o

torneo de fútbol, cando chegou Carlos ao principio de curso, cando

fixen o meu blog, cando foi o meu cumpre...

Ata agora.

Nico

3ºB

A min gustoume este curso estar con Geni porque encantoume os

traballos, as clases de informática...

Sobre todo a excursión a A Coruña, fomos sen a profesora e o pasei moi

ben. Fun sentado co meu mellor amigo Xian, e escoitamos música co

meu MP3, e comemos chicles, e escoitamos moitas cancións. Fomos á

Casa das Ciencias e á Domus e comemos nun parque. Eu comín con

Xian e Carlos e o pasei moi ben.

Diego

Despedida

A min encantoume cando fun á Coruña pasei por Riazor, o campo do

Depor. Foi a excursión favorita.

E tamén o Festival das abellas, que tivemos que facer unha historia. Eu

era o pesticida que contamina a Terra.

Lucas

3ºB

A min me parece que o curso foi un pouco difícil.

O que máis me gustou era facer os traballos. E dos traballos dos demais

o que máis me gustou foi o de Carlos.

Tamén me gustaron moito as excursións. A que máis me gustou foi a de

A Coruña. Fun co meu mellor amigo Diego e tamén escoitamos música

guai co MP3 de Diego. Comemos nun parque bocadillos de peituga

rebozada. E vimos tamén un museo por dentro e había un penalti para

marcar a forza que tes.

Xian

Despedida

Gustoume o Festival das abellas. Das cousas que fixemos en clase as

que me gustaron máis foron presentar os traballos e facer as carpetas

de plástica e das fichas.

Gustoume moito a excursión á Coruña. Polo autobús vimos militares en

coches.

En informática tamén me divirto porque facemos os nosos blogs.

Gústame Educación Física e Plástica.

Uxía

Despedida

A min gustoume o curso de 3º de primaria: os traballos, as asignaturas,

algúns deberes...

No Class Dojo case sempre quedei no segundo posto. Os vídeos que nos

puxo Geni foron moi interesantes. Traballar co blog foi moi guai e as

excursións foron xeniais. Os xogos foron moi guais, e a plastilina.

A min gustoume estar acompañado na mesa cun compañeiro. Todos os

materiais foron útiles.

Espero que o próximo curso teña as cousas divertidas.

Gabriel

Despedida

A miña excursión favorita foi cando fomos á Coruña.

Unha das cousas que me gustou que fixemos en clase foron os

traballos, e presentalos.

E os recreos cos meus compañeiros. Encantoume este curso, foi o

mellor.

Noa

Despedida

O mellor que me pasou no curso é estar cos meus compañeiros, e coa

profe.

En ximnasia gustoume moito facer baloncesto, balonmán e libre.

Encantoume a excursión á Coruña, e os traballos, e Informática...

Clara

Despedida

Gustoume o curso de terceiro: os traballos, ximnasia, matemáticas...

O que vou facer no verán e ir á praia e xogar cos meus amigos. E

estudar un pouquiño de todo.

Saquei boas notas neste curso, como en ximnasia todo sobresaínte.

Das excursións que fixemos a que me gustou foi a de A Coruña: na

Domus xogando ao penalti.

Eloy

Despedida

Aprendín moito, pero aínda as táboas de multiplicar non as teño moi

claras.

O curso pasouse moi rápido.

Diana