de anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas,...

36
ADIVIÑAS B.-Adiviñas 1 ¡Ai que non sae! ¡que non dá saído! Raña que raña estou e non dá fuxido 2 ¡Que limpa é a xente que come do meu cu e caga do meu dente! 3 ¿Cal é a cousa cal é que canto máis se mira menos se ve? 4 ¿Cal é o bicho curioso que salta polas montañas e para non ser cazado camúflase con moita maña? 5 ¿Que animal de bo olfacto, cazador dentro da casa, todo recuncho repasa e lambe, se atopa, un prato? 6 ¿Que animaliño, moi pequeniño que ten moitas patas e ningún peíño? 7 ¿Que cousa , cousiña é que canto máis se mira, menos se ve? 8 ¿Que cousa cousiña é que de noite se fai e de día se le? 9 ¿Que cousa cousiña é que se ve nun minuto, nunha semana e nun mes e nun ano non se ve? 10 ¿Que cousa cousiña para adiviñar é que canto máis se anda máis grande é? 11 ¿Que cousa cousiña será que cando ten fame medra e cando está chea engrúñase? 12 ¿Que cousa cousiña será que canto máis come máis delgada está? 13 ¿Que cousa de adiviñar é que antes de selo xa é? 14 ¿Que cousa de adiviñar é que canto máis lle sacan máis grande é? 15 ¿Que cousa de adiviñar é que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente chame a toda a súa xente? 17 ¿Que cousa é cousa que pousa no monte e bebe na fonte? 18 ¿Que cousa é cousa que se a tiras de ben alto no chan, non rompe nin fai ruído? 19 ¿Que cousa é cousa que vai por unha corredoira e ao chegar ao cabo estoupa? 20 ¿Que cousa é cousa que vén da praza, chega á casa e come contigo á mesa? 21 ¿Que cousa é cousa que vén pola porta e marcha pola ventá? 22 ¿Que cousa é cousa, que asubía sen boca, corre sen pés, pégache na cara e ti non o ves? Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Upload: phamtuyen

Post on 30-Nov-2018

255 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

B.-Adiviñas1¡Ai que non sae! ¡que non dá saído! Raña que raña estou e non dá fuxido 2¡Que limpa é a xente que come do meu cu e caga do meu dente! 3¿Cal é a cousa cal é que canto máis se mira menos se ve? 4¿Cal é o bicho curioso que salta polas montañas e para non ser cazado camúflase con moita maña? 5¿Que animal de bo olfacto, cazador dentro da casa, todo recuncho repasa e lambe, se atopa, un prato? 6¿Que animaliño, moi pequeniño que ten moitas patas e ningún peíño? 7¿Que cousa , cousiña é que canto máis se mira, menos se ve? 8¿Que cousa cousiña é que de noite se fai e de día se le? 9¿Que cousa cousiña é que se ve nun minuto, nunha semana e nun mes e nun ano non se ve? 10¿Que cousa cousiña para adiviñar é que canto máis se anda máis grande é? 11¿Que cousa cousiña será que cando ten fame medra e cando está chea engrúñase?

12¿Que cousa cousiña será que canto máis come máis delgada está? 13¿Que cousa de adiviñar é que antes de selo xa é? 14¿Que cousa de adiviñar é que canto máis lle sacan máis grande é? 15¿Que cousa de adiviñar é que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente chame a toda a súa xente? 17¿Que cousa é cousa que pousa no monte e bebe na fonte? 18¿Que cousa é cousa que se a tiras de ben alto no chan, non rompe nin fai ruído?19¿Que cousa é cousa que vai por unha corredoira e ao chegar ao cabo estoupa? 20¿Que cousa é cousa que vén da praza, chega á casa e come contigo á mesa? 21¿Que cousa é cousa que vén pola porta e marcha pola ventá? 22¿Que cousa é cousa, que asubía sen boca, corre sen pés, pégache na cara e ti non o ves?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 2: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS23¿Que cousa é que asubía sen boca, corre sen pés, pégache na boca e ti non o ves? 24¿Que cousa é que cando vai para o monte os cornos ollan para a casa e cando vai para o casa ollan para o monte? 25¿Que cousa é que cando vai para o monte vai cheo e cando vén para a casa vén baleira? 26¿Que cousa é que vai para o monte calada e chega ao monte e peta? 27¿Que cousa é, adiviña ti que nace na terra e máis ten nariz?28¿Que cousa que cousa é que cun so dente chama pola xente? 29¿Que cousa será que está toda a noite a andar e cando chega o día segue andando igual? 30¿Que cousa tes que gardar despois que a acabas de dar? 31¿Que cousa, cousa é que asubía sen boca e corre sen pés, pégache na cara e ti non o ves? 32¿Que cousa, cousa é que canto máis grande é menos se ve? 33¿Que cousa, cousa é que voa sen ter ás e corre sen ter pés?

34¿Que cousa, cousiña é para adiviñar é que de verán está cuberta e de inverno descuberta?35¿Que cousa, cousiña é que come pola cabeza, caga polos ombreiros e bebe polos pés?. 36¿Que cousa, cousiña é que vai por unha corredoira escura e chega á porta e brúa? 37¿Que cousa, cousiña para adiviñar é que de día durme e de noite está de pé? 38¿Que cousa, cousiña será que canto máis come, máis delgada está ?39¿Que cousa, cousiña será que vai no pulso e non deixa de andar? 40¿Que cousas cousa é que cando vai para o monte vai encartado e cando vén para a casa vén estricado?41¿Que cousas, cousa é que coa súa risada, perdeu unha anada? 42¿Que cousas, cousiña será que canto máis seca máis mollada está? 43¿Que é un boi bravo que anda por detrás do valado; nin home nacido nin por nacer el só na corte é capaz de meter? 44¿Que é un cabalo brancoespetado nun campo, ferrado dun pé e cabalo non é?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 3: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

45¿Que é un cousa, cousa, cousa, cousa, cousiña;se lle tiran polo rabo corre como unha donosiña?. 46¿Que é unha cousa espetada nun campo; ferrada dun pé, e cabalo non é?. 47¿Que é unha cousa colgada dun pao, ferrada dun pé e cabalo non é? 48¿Que é unha cousa criada na carballeira que cando vén para a casa hai máis choros que alegría? 49¿Que é unha cousa espetada nun campo e ten o cu branco? 50¿Que é unha cousa espetada nun campo ferrada dun pé que besta non é? 51¿Que é unha cousa espetada nun campo, ferrada dun pé e cabalo non é?. 52¿Que é unha cousametida nun cubilete, que non se come con cullernin o garfo se lle mete? 53¿Que é unha cousa que aínda que quente ben o sol está mollada? 54¿Que é unha cousa que anda de burato en burato coas tripas arrastro? 55¿Que é unha cousa que anda e anda e nunca o río pasa?

56¿Que é unha cousa que anda e anda e nunca sae do sitio?.57¿Que é unha cousa que anda e que anda e ao fin dá co dono? 58¿Que é unha cousa que bebe polos pés, come pola cabeza e caga polos ombreiros? 59¿Que é unha cousa que come e come e, á noite, acóchase coas tripas 60¿Que é unha cousa que come no monte, bebe na fonte, baila na casa como unha rapaza? 61¿Que é unha cousa que come pola cabezacaga polos ombreiros e bebe polos pés?. 62¿Que é unha cousa que entra por un cristal e non o rompe nin o mancha? 63¿Que é unha cousa que fura e fura e leva as tripas arrastro? 64¿Que é unha cousa que nace na chousa e baila na casa? 65¿Que é unha cousa que nace na chousa, ferrada un pé e cabalo non é ? 66¿Que é unha cousa que nace na devesa e baila na artesa?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 4: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

67¿Que é unha cousa que nace na devesa e vén bailar, enriba da artesa? 68¿Que é unha cousa que nace na fraga e vén facer chorar aos da casa? 69¿Que é unha cousa que onte estaba na devesa e hoxe peneira na artesa? 70¿Que é unha cousa que se cría na devesa e vén bailar á artesa? 71¿Que é unha cousa que se cría na devesa e vén para a casa e baila? 72¿Que é unha cousa que se pon a puñetazos e se arrinca cun desgarro?73¿Que é unha cousa que sempre na auga anda e nunca o río pasa?: 74¿Que é unha cousa tesa e dura, métese nun burato escuro e del sae pingando e coa man vaise guiando 75¿Que é unha cousa,cousa que anda de burato en burato coas tripas arrastro? 76¿Que é unha cousa, cousa roxa, que cando mexa unha mexan todas? 77¿Que é unha cousa, cousa, cousiña que se lle tiran polo rabo corre como unha donosiña?

78¿Que é unha cousa, cousa: dous dereitiños, un dálle, dálle, catro mexafontes e un regamontes?79¿Que é unha cousa, cousiña que nace no monte; no monte se cría e chega a casa e rifa coa tía? 80¿Que é unha cousa, cousiña que non se move e chega a calquera vila ?81¿Que é unha cousa, cousiña, cousa, que aínda que quente o sol sempre está mollada? 82¿Que é unha cousa, ¿Que cousa é , que canto máis se lle quita máis grande é?. 83¿Que é unha cousa, ¿Que cousa é que todos a saben abrir e ninguén a sabe pechar? 84¿Que é unha cousa, rebiricousa que o pobre tira e o rico embolsa?.85¿Que é unha cousa, unha cousa de pensar que pode cruzar o río sen se mollar? 86¿Que é unha cousa? ¿Que cousa é que todos a saben abrir e ninguén pechar? 87¿Que é unha cousiña cousa que entra na auga e non se molla?88¿Que é unha cousiña cousa que está se hai sol e se non hai sol non está?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 5: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

89¿Que é unha cousiña cousa que relampa coma a prata e fuza como unha toupa? 90¿Que é unha cousiña cousa que ten un dente e chama pola xente?91¿Que é unha cousiñaque sempre esta pechada e sempre está mollada?92¿Que é unha cousiña, cousa que cando vai para o monte vai encolleita e cando vén para a casa vén estricada? 93¿Que é unha cousiña, cousiña, cousa que sempre anda e sempre apousa? 94¿Que é unha señora moi aseñorada, vestida de seda sen unha puntada?95¿Que é unha señorita moi señoreada, chea de remendos, sen unha puntada?.96¿Que é, que é que che dá na cara e ti non o ves? 97¿Que é?, ¿Que é unha cousiña branca sen porta nin tranca? 98¿Que é? ¿Que é que che dá na cara e ti non o ves? 99¿Que será , que non será que canto máis se quita máis grande está? 100¿Que será que non será que canto máis grande é menos se ve?

101¿Que será unha cousa cousalla que todo o salta e non sabe nada? 102¿Que será unha cousa cousiña que está chea de noite e baleira de día? 103¿Que será unha cousa que se lle sacas o tapón en vez de baleirarse, énchese? 104¿Que será unha cousa, cousiña, rubia e pequena que pesa máis que cun feixe de leña? 105¿Que será unha cousiña cousa que come e non ten boca? 106¿Que será unha cousiña cousa, tea entre tea e o rabo sobre ela? 107¿Que será, será que de noite vese e de día vaise? 108¿Que son dúas cousas que cando van para o monte, van mirando para a casa e cando vén para a casa van mirando para o monte? 109¿Que son eses aguzados que andan tan aparexados? 110¿Quen é aquela por quen nunca chove e sempre está mollada? 111¿Quen é astuta e arteira, exemplo de mil enganos, que roubando galiñeiras, fai a todos moitos danos?112¿Quen será,? ¿Quen será que de noite sae e de día se vai?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 6: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

113¿Quen será? ¿Quen pode ser que me quere ver e da familia non é? 114¿Queres té? ¡toma té! ¿sabes ti que froito é! 115A miña nai é tatexa e meu pai é cantador, teño branco o meu vestido e amarelo o corazón 116Á beira dun camiño están e roen igual que un can 117A esta barquiña que anda no regato, ningún carpinteiro lle fixo un burato 118A miña amiga e máis eu andamos a un compás: coas pernas para adiante e os ollos para a tras119A miña comadrona largona ten os dentes coma unha loba 120A miña compañeira e máis eu camiñamos sempre igual: cos picos para adiante e os ollos para atrás 121A miña picada é mala e o meu corpo insignificante; pero o néctar que eu dou comédelo ao instante 122A nai ardendo no inferno e o fillo subindo ao ceo 123A pesar de que teño patas, non me podo mover; levo a comida enriba e non a podo comer

124A pesar de ter patasnon me podo mover; teño ás costas a comida e non a podo comer 125A pombiña branca do ceo baixoue cubriu a terra co seu cobertor 126A señora Xoana estaba deitadae o señor Pedro enriba e o rapaz ía e viña e a señora Xoana, medo non tiña 127A última son no ceo e en amor de terceira; sempre me ves no navío e nunca estou no mar 128Abril penduril; maio granado; en san Xoán curado e pola Santa Mariña, metido na arquiña 129Adán levábaa por diante e Eva por detrás ( a letra a)130Adiviña adivíñalla ¿Quen puxo o ovo na palla?131Adiviña adiviñanza ¿Cal é o bicho que pica na panza? 132Adiviña adiviñanza, este ave ten dous cus e so ten unha panza 133Adiviña adiviñanza:¿Quen leva unha bolsa e a cría na panza? 134Adiviña, adiviña, esta ave ten dous cus e só unha barriguiña 135Adiviña, adiviñador ¿Cal é a árbore que nos dá froitos, pero non dá flor?.

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 7: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

136Adiviña, adiviñanza ¿Que ten o rei na panza?137Adiviña, adiviñanza: ¿Que leva o rei no medio da panza? 138Aínda ben non nace o pai e xa anda a filla pola cociña. (.....)139Aínda ben non nace o pai e xa está o fillo na cociña 140Aínda que non ten gorxa,vai polo camiño cantando 141Algo teño de nome, e don por apelido. ¿Quen son?. 142Alta coma as torres, branca coma as flores, todo cobre, todo cobre agás no que corre 143Alta coma unha igrexa, redonda coma unha mesa; doce coma o mel e amarga coma unha xesta 144Alta estou, barbas de ouro teño, se boto unha risada, perdo todo canto teño. 145Alta me vexo no meu lugarexo;que chove, que neve, de aquí non me apexo 146Alta me vin, a baixo me vexo e aló enriba, quedoume o pelexo 147Alta molesta, mola acariña; fada dos soños sobre a camiña

148Alta, alta e delgadiña, bota fume pola coroíña (cheminea)149Alta, alta e redonda como unha prata 150Altas aradas, vacas raxadas, ollo formón e boi renegón151Alto altaneiro, gran cabaleiro gorro de grao e esporas de aceiro 152Alto alto cabaleiro, dálle a risa e cáelle o diñeiro 153Alto caturiño,verde coma o liño; sabe coma o mel ou amarga coma o fel 154Alto coma un piñeiro e redondo coma un pandeiro 155Alto de perna, delgado de bóla e en cada póla, unha pirindola 156Alto e guapo son e ando á fortuna; corto por onde ando e coso sen157Alto está, barbas ten, ri e guinda todo o que ten 158Alto estou espiñas teño, por unha risada perdín o que teño

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 8: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

159Alto estou, barbas teño, se boto unha risada perdo todo o que teño 160Alto estou, barbas teño; por unha risada perdo o que teño. 161Alto estou, color de ouro teño e por unha risada perdín canto teño 162Alto estou, color do ouro teño e por unha risada perdo todo canto teño163Alto me vexo no meu cangarexo teño que rir e non podo fuxir 164Alto me vexo no meu colgarexo, por unha risada perdín a miña anada 165Alto me vexo no meu lugarexo cunha risada, dou unha anada 166Alto me vexo no meu lugarexo e por unha risada, dou unha anada167Alto me vexo no meu lugarexo e por unha risada, perdín a miña anada 168Alto me vexo, no meu caparexo; ladrón vexo vir, e non podo fuxir.

169Alto pepino, redondo molete; que chova que neve, nunca se derrete 170Alto pimpín, redondo de bóla e no alto ten unha pirindola 171Alto son, barbas teño vén o burro e non me defendo 172Alto, alto coma un pino e pesa menos que un comiño 173Alto, alto coma un virote e bota os ovos polo cogote 174Altos pais peludas nais e as fillas tirafoles 175Altos pais, peludas nais, as fillas crían foles, adivíñao, ti, se podes 176Altos pazos, lindas menestras, ábrense e péchanse e ninguén vive alí 177Anda de burato en burato coas tripas arrastro 178Anda e anda e nunca á casa chega 179Anda e anda e nunca á súa casa chega 180Anda e non o ves e dáche na cara e non o podes coller

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 9: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

181Anda e non ten pas come e non ten boca, canta comida lle dás toda lle parece pouca 182Anda e non ten pés e fala e non ten boca 183Anda e non ten pés, come e non ten boca e toda a comida lle parece pouca 184Anda e non ten pés, come e non ten boca, toda a comida que lle dás toda lle parece pouca 185Anda e non ten pés, dáche na cara e non o vés se non o adiviñas,ben burro es 186Anda e non ten pés, fala e non ten lingua; 187Andar e andar e nunca á casa chegar 188Andar, andar e nunca chegar, comer e comere nunca fartar 189Ando a fumar a diario, nun cigarro de cemento; afumo aos veciños todos e ás máquinas dou movemento 190Ando de aquí para alá, vou buscando a caloriña, xa che dixen o meu nome por se ti non o adiviñas 191Animal de bo olfacto, cazador dentro da casa; recuncho por recuncho repasa e lambe, se pilla, un prato

192Anque me cortes e cortesnunca me verás sangrar que me curaron ao frío e metido en moito sal 193Anque ten dentes e a casa garda, non morde nin ladra 194Ao principio de rama estou; e se me buscas na última, encontrarasme no mar 195Arca pequena de bo parecer que ningún carpinteiro a puido facer. 196Arma non teño, río con ganas cando as palmelas están desengraxadas 197Arquiña de tal feitíonon a fai o carpinteiro; aliméntase o esquío do manxar que leva dentro. 198Arquiña pequeniña de bo parecer; ningún carpinteiro te puido facer senón Deus co seu gran poder 199Arriba brilla, abaixo dora, chifra que chifra na chifradora 200Ás veces branquiña, ás veces negriña e sempre unha boliña 201Ave teño de nome, de la miña condición o que non discorre non me acerta, non

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 10: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

202Barbanzán entrou por portas con trescentas follas postas. Pensa ben a ver se o acertas 203Bardonzán entrou por portas, con trescentas follas postas; trescentas follas e un ramo, non o adiviñas este ano nin o que vén agás que cho diga alguén 204Besta de ferro, albarda de liño, atiza que atiza cun carabulliño 205Besta de ferro, albarda de liño, tiza que tiza cun garabulliño 206Branca coma a neve negra coma o pez, fala e non ten lingua, anda e non ten pés 207Branca coma a prata, vermella coma a escarlata e negra coma o pote se non cho digo non o acertas nun mes 208Branca por dentro, verde por fóra; se queres que cho diga espera. 209Branca por dentro, verde por forase queres que cho diga espera unha hora 210Branca son, nacín no mar e no teu bautizo tiven que estar. 211Branco coma a neve, doce coma o mel ¿Que cousiña é?

212Branco coma un ovo, negro coma a pez se eu non cho digo non o acertas nun mes 213Branco fun, branco nacín, pobres e ricos comen de min 214Branco por dentro, verde por fóra e ti non o adiviñas nin nunha hora 215Branco son, branco nacín;pobres e ricos comen de min 216Cabe na presa e non cabe na artesa 217Cabelo con cabeloe o vivo no medio 218Cada carballo ten cen pólas, cada póla ten cen niños, cada niño ten cen ovos ¿Cantos son os paxariños?219Cae dunha pita e non rompe e crébase cando o avó o colle na boca 220Cae na auga e rompe, cae no chan e non rompe 221Cae nunha pedra e non se rompe, cae na auga e rompe 222Caen e caen sen parar e non deixan de bailar 223Camiño e non teño pés ¿Que son?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 11: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

224Cando chega o bo tempo encho todos os campos coa miña cara a amarela e o meu babeiro branco 225Cando fun, fun con ela, e cando vin, vin vendo nela 226Cando me ergo, se é que me ergo,érgome tarde e déitome cedo 227Cando quenta o sol, amolece e cando chove endurece 228Cando vai para o montevai baleiro e cando vén para a casa vén cheo 229Cando vai para o monte vai encartado e cando vén para a casa vén estirado 230Cando vai para o monte vai engruñado e cando vén para a casa vén estricado 231Cando van para o monte, miran para a casa e cando vén para a casa miran para o monte 232Canta e fala sen ter boca, ten ondas e mar non é, anda na casa e no coche, chega a lonxe e non ten pés 233Canta más fame ten máis anda234Canto máis enches, menos pesa e máis ascende.

235Canto máis lonxe máis cerca; canto mais cerca máis lonxe ( _______)236Canto na beira, vivo na auga, non son pescado nin son chicharra 237Capelo sobre capelo, capelo do mesmo pano; se non che digo que é non o acertas en todo o ano. 238Capiña sobre capiña, color de pano francés; aquel que non o adiviña bastante tonto é 239Capote sobre capote, capote do mesmo pano anque esteas coa boca aberta non o acertas en todo o ano 240Capote sobre capote, capote do mesmo pano se non sabes o que é non cho digo en todo o ano 241Carne con carne, pelo con pelo, imos para a cama a facer aquelo 242Catro andantes, catro mamantes, un torna moscas e dous apuntantes 243Catro cans e catro pans; pan e medio e medio pan¿Canto lle toca a cada can? 244Catro corre montes, catro picha fontes, dous tirandolas, e un dálle, dálle. 245Catro damas nun corral e todas mexan a un igual

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 12: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS246Catro danzantes e dous apuntantes, catro minguantes e un dálle dálle 247Catro fontes e catro rodamontes, dous turubelos e un dálle dálle 248Catro gatos nun lousado,cada gato mira a tres; dime ti meu rapaciño ¿Cantos gatos vén haber? 249Catro gatos nun tellado cada gato mira a tres. Dime ti rapaciño ¿Canta gatería é? 250Catro gatos nun tellado, cada gato mira a tres, adiviña rapaciño, ¿Canta gatería é ? 251Catro gatos nun tellado, cada gato mira a tres, dime agora rapaciño ¿Cantos gatos vén a ser?252Catro gatos nun tellado, cada gato mira a tres. Adiviña rapaciña ¿Canta gatería é? 253Catro letras, catro patas, comeza por c e acaba por a 254Catro monxas nun convento onde non entra aire nin vento 255Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abala

256Catro na lama, catro na cama, dous que lle adoran e un que lle abana 257Catro na lama, catro na cama, un vira, vira e un dálle, dálle. 258Catro na lama, catro na cama; dous parafusos, e un torna, torna. 259Catro pans, catro cans un pan e medio e medio pan ¿A canto toca a cada can? 260Catro pichafontes, catro corremontes, dous tirindiles e un dálle, dálle 261Catro redondos por fóra e outro redondo por dentro;leva unha casa cadrada e é máis rápido que o vento 262Catro roda montes,catro deitafontes, dous tusturustus e un dálle, dálle 263Catro saltamontes, catro correfontes, dous turulurus e un dálle-dálle 264Catro trepes e catro misanetes; dous viramontes e un secafones 265Catro trepes trepes, catro mexillotes un sacafontes e un dálle dálle

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 13: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

266Catro trepes, trepes, catro cicirretes, dous viramontes e un secafontes 267Catro trepes, trepes; catro pipiretes; un dálle, dálle, dous viramontes e un secafontes 268Cen damas nun camiño; nin erguen po, nin fan ruído. 269Cen damas nun camiñonon fan po nin ruído 270Cen e cen fillos ten e a todos con leite mantén 271Cen fillos ten e a todos o leite os mantén 272Cen groliñas e un grolón, un mete e saca e un quita e pon 273Certa persoíña tan boa será, que nada nos pide e todo nos dá 274Chámome Leo e apelídome pardo, quen non o adiviñe é un pouco parvo 275Chapeo sobre chapeo, chapeo de mesmo pano; se non che digo o que é non o acertas en todo o ano 276Chisca un e pasan uns; chisca outro e pasan outros 277Choco me chaman, late o meu corazón; se non me adiviñas es un gran borricón.

278Cinco bois e unha rella, leira branca semente negra 279Cinco paíños son e no medio está o maior 280Co rabo tralas pernas, é mala veciña: vén todas as noitesroubar as galiñas 281Coa miña cara encarnada, co meu ollo negro,o meu vestido verde,ao campo alegro.282Coa neve faise e co sol desfaise 283Cocorico non ten ollos nin cu nin bico; os fillos de cocorico teñen ollos cu e bico 284Colorín colorás, pasa pola ra e se non cho digo non o acertarás 285Come no monte e baila na casa coma unha rapaza 286Come pola cabeza, bebe polos pés e caga polos ombreiros 287Come pola cabeza, caga pola cintura e bebe polos pés 288Comigo vai unha amiguiña que imita todos os meus actos; é tan escura a miña amiga que no escuronon a ven nin os gatos 289Como a sardiña, ben feitiña; coma a sartén na cociña. Non lle deixan pensar e aínda ten que calar

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 14: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

290Con catro folliñashas de buscar, se boa sortequeres atopar 291Copete sobre copete, copete do mesmo pano; anque abras ben a boca non acertas en todo o ano.292Corcovico, corcovico, nin ollos nin cu nin bico e os fillos de corcovico teñen ollos, cu e bico 293Cornos adiante e ollos atrás se es ben listo o adiviñarás 294Cornos para adiante e ollos para atrás di tes oiras burro e adiviñarás 295Corre e non ten pés,non ten nais e lévana as nais 296Correndo entre os campos cantando vou a canción aos sedentos doulle vida antes de morrer eu. 297Correndo vou entre campos, cantando unha canción; aos sedentos doulle a vida antes de que eu morto son 298Correr corre moito, chegar, chega pronto; se non o acertas é que estás xordo 299Criada no montee bebe na fonte, e baila na casa coma unha rapaza

300Crieime no horteiro, entre verdes lazos; o que por min chora párteme en pedazos. 301Cunca de ferro testo de carne e o que hai dentro a ninguén lle sabe 302Curcubico non ten bico nin bico nin cu nin come;o fillo de curcubico ten bico, cu e come 303Curcubico non ten bico, nin bico nin cu nin pés; os fillos de curcubico teñen bico cu e pes 304Curcuvico non ten ollos nin cu nin bico e os fillos de curcuvicoteñen ollos cu e bico 305Da chuvia me protexeeste fungo singular, puño con puño collido e xa pode diluviar 306Dá moitas voltas e nunca se marea 307Da viña sae, na adega faise, ben se saborea e ás veces...marea 308Dáse na árbore, xamón colorado; tripa de óso canela de pao309De anana nai nacidas somosrefrescamos a calor, mais despois de ben medradas damos ben quente

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 15: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

310De bonito hei presumir, son branco coma ao cal: todos me saben abrir e ninguén me pode pechar 311De debaixo da terra veño, levo cara ao ceo altura, fago chorar ao máis forte aínda sen pena ningunha 312De día traca que traca, de noite debaixo da cama 313De doce irmáns que somos eu o segundo nacín; se eu son o máis pequeno ¿Como pode ser así? 314De inverno dános calor, na casa fai a comida; no san Xoán bríncase nel e no monte, mata a vida. 315De riba de ti estou, debaixo de min te teño ¡Ben pouca sorte é a miña, se non che meto o que teño! 316De Santiago a Coruñasen moverse chega,se chove móllase e senón enxoita queda 317De verde volvinme negra e moéronme con tino; ata que ao final de todo fixeron de min ouro fino 318Debaixo da saia da nai anda o pirulo do pai 319Dentro dun caixón vai un presente; atrás os practicantes e maila xente 320Desde o día en que nacíncorro e corro sen parar, corro de noite e de día ata que chego ao mar

321Desde Santiago á Coruña, sen moverse ela chegou; se choveu ela mollouse se non, enxoita quedou 322Detrás de aquel coto vin un boi xoto e non hai nacido nin por nacer que para a corte o poida traer 323Detrás dun coto vin un boi xoto e non hai home nin hai muller que na corte o poida meter 324Dez palomiñas nun palomar, pasan o río sen se mollar 325Dez señoritos de para en par, pasan o río sen se mollar 326Dez señoritos moi enseñorados pasan o río en dous pés e sen se mollar 327Dez soldadiños, todos en par pasan o río sen se mollar 328Di todo o que sabe el só, ou formando un verde coro;engaiolado é un ave que ten o nome de ____ 329Direiche que son a cor que máis abunda no campo; as froitas vanme perdendocando me vou madurando 330Do tamaño dunha abella, enche a casa ata as tellas

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 16: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

331Doce fillos ten o anoe a todos lle quere benpois cando morre o máis vello o máis novo xa naceu 332Doce fillos teño cada fillo trinta fillos e eu son o rei do todo o universo 333Doce señoritas con medias e cuartos pero están sempre sen os seus zapatos 334Doce señoritas nun balcón, todas usan medias e zapatos non. 335Doce señoritas nun mirador, todas teñen medias e zapatos non. 336Doce señoritastodas nun balcón todas gastan medias e zapatos 337Dous bois brancos fritidos nunha corte de ferro metidos 338Dous irmanciñosvan ao compás cosas pernas para diante e os ollos para atrás 339Dous peludos,un pelado; un fura, furae outro calca no rabo 340Dous pés na cama, catro na lama, dous mira mira e un que lle abana

341Dúas irmáns na praza ambas van á par cando unha da doce voltas a outra unha nada máis 342Dúas irmáns mentiría; unha é miña tía e a outra non é 343Dúas meniñas van á par e non se poden mirar. 344Dúas nais e dúas fillascubertas con tres mantiñas 345Dúas nenas van á par e non se poden mirar 346Dúas orellas e tres pesa ver se acertas que é 347Dúas rapaciñas, a cabalo dunha mula: unha anda doce leguas e a outro só anda unha 348Dúas torres altas con andadores; un espantallo e catro andadores 349Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores 350Dúas torres altas,catro corremontes; un espantamoscas e catro cichafontes. 351Dura por riba, dura por baixo, cabeza de cobra e pés de lagarto (tartaruga)352Durme de día, vela de noite; feita de vidro canto rebrilla, todo o descobre ( a bombilla)

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 17: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

353É verde coma a esmeralda e non é xoia de artesán; fala case coma un home, e tampouco é un ser humano 354É a raíña dos mares, a súa dentamia é boa; e por non ir nunca baleira, sempre di que vai chea. 355E cura e cura e tamén fura. (...)356É de ferro e de madeira e corta moi lixeira 357É de puro acibeche, de puro negro e fai boliñas polos carreiros 358É pesado coma o chumbo e nel podes debuxar o mundo 359É redonda e non é bóla; é verde e non é prado; ten auga e non é fonte,ten dentes e non morde 360É redondo coma o mundo, sen el non pode haber ceo;aos papas e cardeais fáltalle pero dos bispos son seus361É un conxunto de vestir que bota a noite xunta ti 362En pequeno cullerete faise rico comerete: nin cocido nin asado nin remexido coa culler non o adiviñarás este ano a menos que eu cho dixera 363Enriba de ti me poño e ti toda te meneas, eu márchoche cos teus fillos e ti perdendo o leite quedas 364Enriba tea, tea debaixometido nela,ben que descanso

365Enriba, no alto estoucon grande ruídose boto unha risada perdín o que levo dentro 366Entre cancela e cancela hai unha notiña amarela 367Entre cancela e cancela, becerriña amarela 368Entre dúas paredes brancas hai unha flor amarela que se pode presentar diante do rei de Castela 369Entre dúas paredes brancas hai unha flor amarilla que se pode presentar diante do rei de Sevilla 370Entre táboa e táboa hai unha persoa que non fala 371Entre valado e valado hai un boi aserrado 372Escarpín sobre escarpín; escarpín de dobre pano, se non che digo o que é non o acertas en todo o ano.(...)373Espetado nun campo e ferrado dun pé ¿Que é? 374Espetado nun campo e ten o cu branco 375Espetado nun campo, ferrado dun pé e cabalo non é ¿Que é? : 376Esta banco está ocupado por un pai e por un fillo; o pai chámase Xoán e o fillo xa cho dixen: Esteban

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 18: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

377Esta campaíña é branca por dentroe verde por fora; se queres que cho diga espera 378Estaba dous pés cun pé en tres pés, e chegou catro pés e sácalle un pé; colleu dous pés a tres pés e deulle a catro pés que deixou un pé ¿Que é? (...)379Estaba eu mexando e chegou o meu amo e meteume o tranco 380Este banco está ocupado por un pai e por un fillo; o pai chamábase Xoán, o fillo téñocho dito. 381Estou condenado a un ano e un día; se esto é cada catro o meu nome non saberías 382Estou matinando, matinando; de matinar vólvome tola coa sogra da muller do meu irmán, ¿Que parentesco me toca? 383Estou na neve, e tamén no cal; no rico azucre, e tamén no sal. 384Estreito como un camiño e torto coma un fouciño 385Estudante de letra miúda ¿Que animal é o que voa sen pluma? 386Estudantes que estudades gramática e teoloxía dime cal é a ave que non ten pitos e cría; que aos vivos da sustento e aos mortos alegría

387Eu corro libre se ninguén me emporca, vou dando brincos como unha tola, movo muíños, chousas alago, ruxo nas fontes, nos ríos ando 388Eu mesmo me construín esta bela sepultura que é mortalla para min e para vós é ventura 389Eu no campo me criei atada con verdes lazos; e aquel que chora por min, estame partindo en “pedazos”. 390Eu son o que manda aquí e teño unha pucha de cor rubí e pola mañá cedo espértote a ti 391Eu teño un tía;miña tía ten unha irmá que non é miña tía,¿Quen pode ser? 392Faga frío ou calor sempre vou con cobertor 393Fai desaparecer o que está mal e deixa o escrito fenomenal 394Fala e non ten boca, anda e non ten pés sabe o seu camiño se ti llo dis ben 395Fala e non ten boca, anda e non ten pés; sabe o seu camiño se llo escribes ti ben 396Fala e non ten boca, corre e non ten pés; sabe sempre o seu camiño, se ti llo escribes ben

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 19: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

397Fala sen boca, anda sen pés, dáche na cara e ti non o ves 398Fun á eira a plantar unha estaca e o burato tróuxeno para a casa 399Fun á horta, chantei unha estaca e trouxen un burato para a casa ( O cu)400Fun á romaría de San Benitiño, a un pai e sete fillas crucei no camiño: cada filla levaba sete sacas,en cada saca sete gatas; cada gata sete gatiños. ¿Cantos gatiños, gatas, sacas, mulleres e homes ían ao San Benitiño? 401Fun vivo e agora son morto e teño cinco fillos bulindo no corpo 402Funche flor dunha silveira, de nena verde vestín, co tempo en vermella me convertín e ao rematar o verán son máis moura que cristiá 403Fura, fura, anda sempre coas tripas arrastro (trade)404Garda a casa coma un león e é pequeniña como un saltón405Gran de miúdo terra mimosa, onde se pousa deixa unha rosa 406Hai un fillo que fai nacer á nai que lle deu o ser 407Hoxe cando me levantei puxen un en cada pé; como non son os zapatos, dime ti que poden ser

408Igrexiña pequeniña, sancristán rebulidor e os santiños que están dentro son todos da mesma cor 409Imos meniña a facer o que Deus mandou: xuntar pelo contra pelo e a meniña dentro quedou 410Imos para a cama a facer o que Deus manda: xuntar pelo con pelo e o durme, durme no medio 411Imos para o leito a facer o que Deus manda: xuntar cabelo con cabelo e unha meniña no medio .412Larga e lisa, larga e lisa, leva posta unha camisa; toda bordada, sen costura, sen remendos nin puntadas 413Largo de dente, fondo de ventre, bo de deitar e malo de alzar 414Leira branca semente negra, ten arado e cinco eguas 415Leme ben, son un metal e anque ao revés me leas en castelán soo igual 416Leva anos no mare aínda non sabe nadar 417Levo a miña casa ao lombo e ando sen ter patas; e vou marcando as pegadas cun fiíño de prata

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 20: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

418Levo a miña casa ao lombo,camiño só cunha pata; vou marcando a miña pegada cun pequeno fío de prata. 419Levo altura cara o ceo e fago chorar ao máis alegre. 420Linda planta cunha flor, que xira e xira buscando o sol. 421Lombos e cabeza teño e anque vestida non vou, de longas faldras dispoño 422Long, longa coma unha corda e ten uns dentes coma unha loba 423Longa das pólas e curta de pé, ¿Que cousiña é? 424Longa das pólas e curta do pé ¿Que cousa é? 425Longa longa coma unha soga e ten uns dentes coma unha loba 426Longa, longa coma unha cobra e ten os dentes coma unha loba 427Longa, longarela anda debaixo da terra e anda dicindo ás veciñas que lle tornen as galiñas 428Longa, longarela, anda debaixo da terra e non ten ollos nin costela 429Longa, longarela, ten dentes e traba coma unha cadela

430Longo coma un camiño e torto coma un fouciño 431Longo téñocho dabondo,e na punta éche redondo: e lle dás deses ben ao cu, acabaríamos pronto 432Longuiño longarelo, empedregullado e todos os días estou machacado 433Maricús pariu maricus sen uñas nin pés nin mangas nin cus e despois de maricús naciu con uñas e pes e mangas e cus 434Meniña imos á cama, facer o que Deus mandou; xuntar pelo contra pelo; meniña dentro quedou 435Mentres os nenos os comen e o home llos limpa; aos pavos dálle nome. 436Métome nel e vólvome atrás e despois fogo o demais 437Mil demos nun camiño, sen po nin remuíño 438Miña compañeira e eu andamos a un compás co pico para adiante e os ollos para atrás 439Miña irmá está hoxe chorando as risas do outro ano 440Miña nai é tartamuda e meu pai é un cantor; teño branco o meu vestido e amarelo o corazón.

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 21: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS441Miña nai ten sete fillas e máis vella ten menos días 442Miña nena imos para a cama, facer o que Deus mandou: xuntar pelo contra pelo, e a meniña dentro quedou. 443Moitas damas nun curral e todas pingan por igual. 444Moitas damas nun corriño, todas visten dunha cor, menos o maior que viste doutra color 445Moitas damas nun curral todas visten a un vestir e todas cantan a un cantar 446Moitas damas nun curral todas visten a un vestir e todas cantan a un igual 447Moitas donas nun curral todas visten a un vestir e todas cantan a un igual 448Moitas estreliñas caídas do alto e a miña casa vístese de branco 449Moitas vacas nun curral e todas mexan por igual 450Monte branco, terra negra, cinco bois e unha chavella 451Monte branco, terra negra, cinco bois tirando dunha chavella 452Movo miúdo, berro mimosa, onde ela pousa deixa unha rosa

453Na fraga nacen,na fraga se cría e onde ela xacenon hai alegría 454Na herba do xardín como serpe se enrosca; e nos días que non chove auga dá pola súa boca 455Na horta fun criada, na horta fun nacida, e fago chorar a todos ao que me ven partida 456Na lareira queimo a leña, no regueiro apago a candea, ando pola casa toda e non hai ninguén que me vexa 457Na lareira queimo a leña, no requisco apago a candea; ando pola casa toda e sen ninguén que me vexa 458Na lareira queimo o lume, no requeixo apago a vela; ando pola casa toda e sen que hai ninguén me vexa 459Nace na devesa, pasa pola porta e na casa que entra dá moita tristeza460Nace na fonte e tráena para a casa 461Nace na fraga e na fraga se cría, por onde ela vai sempre hai 462Nace na horta e ten o cu branco 463Nace no campo, ten longas barbas, pendón do alto e verde casaca

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 22: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

464Nace no monte, bebe na fonte e vén para a casaa bailar coa rapaza 465Nacín branca, despois fun verde e cando rubia me vestín ¡Pobre de min! 466Nacín coma caraveliña, crieime coma redoma e dos osos do meu corpo todo o mundo se namora 467Naquel alto pimpinete hai un rico ramallete; non se come nin se bebe nin coa culler se remexe 468Negra por fóra e negra por dentro e vén o peludo e métese dentro 469Negro no campo, negro na praza, coloradiño na casa 470Nel averiguas en que día estás; e, con sorte, o mes que vira. 471Nela métense os restos e saen cheirumes molestos 472Nela podes bañarte, e un chapuzón darte. 473Nico, Nico e a súa muller teñen rabo pés e pico; os fillos de Nico, Nico rin rabo, nin pés nin pico. 474Nin come nin bebe nin anda e pasea por toda España

475No alto estou, no alto me criei e se boto unha risada perdín todo canto gañei 476No alto me miras, coma ti querías; de ti sairá quen me carrexará 477No alto nacín, no alto me teño; por unha risada, perdín o que teño. 478No alto vive, no alto mora, no alto tece a tecedora 479No campo crieime atada con verdes laciños e aquel que chora por min, estame partindo en cachiños 480No campo crieime atada con verdes lazos e aquel que chora por min estame partindo en anacos 481No medio do ceo estou, ando no vento e na terra;non son lúa nin estrela nin paxaro voador 482No medio do ceo estou, non son sol nin son estrela, adivíñame quen son 483No medio do sol estou, non son sol nin son estrela; adivíñame quen son. 484No monte me criei, e da abella nacín; o altar iluminei, a máis eu candeas formei 485No monte nace, no monte se cría e vén bailar coas nenas da vila

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 23: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

486No monte nace, no monte se cría e vén para a casa e rifa coa tía 487No monte nace, no monte se cría; e leva aos boisá cortadoría. 488Non come, nin bebe, nin anda e pasea a toda España 489Non é frade nin é crego e sempre viste de negro 490Non fala e ten boca, non anda e ten pés ¿Sabes ti que cousa é? 491Non monte me criei e da abella nacín e máis candeas formei que as que caben aquí. 492Non o parezo e son peixe e a miña forma parece unha peza do xadrez 493Non ten ósos nin costelas e anda debaixo da terra 494Non ten pés e anda nas mans e fala sen ter boca. 495Non ten pés e anda polas mans e fala sen ter boca 496Non teño pés e ando coas mans e falo sen ter dentes 497Números teño, de cristal non son, parecida son ¿Que son? (...)

498Nun convento moi pechado, que non ten campás nin torres: hai moitas monxiñas dentro facendo pastel de flores 499Nun cuarto moi escuro, catro pernas vin estar; non eran de carne humana nin tampouco de animal 500Nunca poño mala cara anque sempre me dan col 501Nunha casiña ben encalada hai un pobriño facendo morada 502Nunha casiña, moi branqueada, hai un pobriño facendo morada 503Nunha cortiña de ferro hai dous bois amarelos 504Nunha soa cama dormen catorce ¿Cómo pode así ser? 505Nunha torre me puxeron para que o aire me dea; sirva de guía aos homes e nun so pe me sosteña 506O que a compra vea e o que a usa non a ve ¿Que cousa é? 507Roer é o meu traballo, o queixo e o meu amigo, o moi astuto do gatoé o meu maior inimigo 508O tomate tena, o pemento case finaliza, e a Tarzán eterniza. 509Onde ninguén sobe, eu trepo; o que ninguén come, eu trisco; moi pouco estou no val, pois o meu son os riscos 510Onte nacín e onte morrín; pobres e ricos miran para min.

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 24: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

511Onte oviño, hoxe capulliño,mañá voarei coma un paxariño 512Orellas adiante, ollos atrás, para que eu traballe tesme que cegar 513Orellas longas e rabo curtiño, escapo e salto moi lixeiriño. 514Os dedos moi separados, a roupa de mil colores; van veloces e ordenados; búscanos os cazadores. 515Os sete son irmáns,e viven un so díacando un nace, outro morre e, así pasan a vida 516Ouro non o é prata non a é e o que non o saiba ben burro é 517Ouro parece prata non é o que non o adiviñe ben tonto é 518Ouro parece, prata non é; o que non o adiviñe,torpe ou xordo é. 519Pano sobre pano, pano do mesmo pano; se non che digo que é non o acertas en todo o ano 520Pao sobre pao, sobre pao liño, sobre o liño flores e ao redor amores 521Para a vista son boa, para o coello tamén e aquel que non o acerte, ben burro é 522Para bailar hanme de poñer capa; para bailar hanma de sacar; eu bailo sen capa e sen capa non poio bailar

523Parece mar e mar non é; ten pelos de porco e porco non é 524Pasa o río e non se molla,pisas nela e non a tocas 525Pasa o río e non se molla, pisas nela e non a tocas ¿Que é? 526Paso polo lume e non me queimo, paso pola auga e non me mollo 527Pelos por fóra, pelos por dentro, vai un cacho de carne e métese dentro 528Peluda por fóra, peluda por dentro, recacha a perna e métella dentro 529Peludo por fórae peludo por dentro e vai outro peludo e méteselle dentro 530Pequena coma un ratón e garda a súa casa coma un león 531Pequena e negra é e canto máis grande, menos se ve 532Pere levo de nome, xil de apelido; o que non saiba quen son vai morrer encollido. 533Pérez anda, Xil camiña, tonto é o que non o adiviña 534Pérez anda, Xil, camiña. Es un tonto se non o adiviñas

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 25: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

535Pesar eu non peso nada, polo aire sempre subo; se me meto nos teus ollos fágote chorar, seguro. 536Picariño e mansiño, nin asado nin cocido, nin revolto con culler, adivíñeme quen queira ( a noz)537Pinguili, pinguili, está pintando e minguili, minguili está mirando, se pinguili, pinguili caera, minguili, minguili o comera 538Pipotín pipotiño de dúas delas ten oviño 539Pipotín, pipotón , non ten boca nin tapón 540Pita e pito camiñando e fume negro vai botando 541Pode vivir na terra anque precisa da auga está cheíño de plumas e para saudar fai cuá 542Podémolo ollar no ceo,podémolo ollar no mar; na bandeira de Galicia, tamén o podemos ollar 543Pódense ollar no ceo,pódense ollar no mar e no escudo de Galicia tamén as podo ollar 544Pois prefiro que me collan, non ser eu o colledor; o nome que a min me dades é unha equivocación545Polo camiño vai camiñando e o que camiña non é xente; adiviña o presente que o acertixo eu xa cho dixen .

546Por baixo piñeiro e por riba liño; ao redor, señores e no medio flores 547Por dentro carbón, por fóra madeira; e contigo á escola, van na túa carteira. 548Por detrás de aquel coto vén un boi xoto e non home nacido, nin por nacer que á corte o poida traer 549Por ela sobes, por ela baixas; e ti tela tela, na túa casa550Por tras dunha porta vincho facer é de sacar e meter por entre os pelos andar e co cu arrempuxar 551Por unha perna se mete e por outra tamén ¿Que é? 552Présa no cárcere estou, entre cadeas metida, horas alta, horas baixahoras morta e horas viva 553Preto dela hai un túnel moi adentro e cando fala, ponse contento 554Primeiro foi branca, despois verde foi e cando foi dourada ¡Ai pobre de min! 555Pucho sobre pucho, pucho colorado

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 26: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

556Punta por diante e ancha por atrás, ti non adiviñas que cousa será 557Que é unha cousa que cando funciona no cu ten pan e na boca merda 558Que é unha cousa, cousa que anda e anda e nunca chega á casa 559Que saiba escribir e non poida ver e que co piano teña algo que ver 560Redonda coma un prato e ten un pescozo largo 561Redonda coma unha taza e vai comigo á praza 562Redondiña coma o pé da muller e pasa o río sen se mollar 563Redondiño, redondón, sen furado nin tapón 564Redondo no pé redondo na bóla e enriba ten pirindín pirindola 565Redondo redondo coma un anillo e longo, longo coma un camiño 566Saímos cando anoitece, ímonos se canta o galo; hai quen di que nos ve cando lle pisan un callo 567Saio cando a chuvia rematou e o ceo engalanado quedou

568Saio do salón, vou ata a cociña; meneando no rabo, como unha galiña. 569Se corro corre comigo, tan de présa coma min, se me paro segue andando un pouco máis amodiño 570Se me tiran polo chan, xa non hai quen me recolla e quen quere termar de min, de seguro que se molla 571Seis soldadiños, todos en par, pasan o río sen se mollar.572Sempre estou polas alturase son branca como a neve e cando me poño a chorar a xente dime que chove.573Sempre quedas e sempre inquedas, durmindo de día e de noite espertas 574Sen a terra eu non vivo, sen o aire eu morro, teño xemas sen ser ovos, teño copa e non son sombreiro 575Sen boca e sen dentes chama polas xentes 576Sen lume quento, alumeo sen larada e se me tocas, tamén te panco 577Sen ser hora teño cuarto, sen morrer son nova e vella, sen comer carne nin caldo, moitas veces estou chea

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 27: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

578Sen ser rica teño cuartos, sen morrer eu nazo nova; e, a pesar de non comer, hai noites nas que estou chea 579Sete bois brancos e sete amarelos, todos pacendo nun prado de ferro 580Sírvoche para escribir, debuxar, sinalar e sentir. 581Sobre a “baca” o “o” ¿A que non o acertas, non? 582Sobre a punta dunha barranca hai cinco nenas con gorras brancas 583Sol empeza e idade xa teño ¿Cal é a situación? 584Somos doce irmanciños, eu de segundo nacín; se son o máis pequeniño, ¿Como pode ser así?. 585Somos dous irmáns xemelgos, da mesma roupa vestimos; morremos todas as noites e polo día vivimos. 586Somos dous irmáns xemelgos, do mesmo modo vestidos, morremos todas as noites e polo día vivimos 587Somos sete irmáns e para un nacer outro ha de morrer 588Son a parte dunha árbore, e canto máis medro máis baixo. 589Son branca e non son papel; son verde e non son limón; son vermella e non son sangue; son negra e non son carbón

590Son doce mulleres sen medias e cuartos pero sen zapatos 591Son dúas irmás e nunca xuntas as verás592Son fillo de pai cantor, anque cantor eu non son; teño os labios brancos e amarelo o corazón 593Son mosqueteiro do mar, de finísima estocada e dedícome a pescar co meu nariz feito espada 594Son o amo que manda aquí, teño un pucho de color rubí e ao neno guapo esperto así: qui qui ri qui 595Son pequeniño e redondo como unha bóla; saio de mañá moi cedo e pola noite non me atopas 596Son redonda, son de goma, de madeira ou metal; acostumo a ir camiñando con outra amiguiña igual 597Son redondo como una bóla, saio de mañá cedo e de noite non me atopas 598Son redondo, redondo saio pola mañá e pola tarde me escondo 599Son señor adoptado, ando mellor ca un reloxo, levántome ben cedoe déitome coa oración 600Son soldadiños moi delgadiños van nunha caixa e acenden pitillos

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 28: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

601Son un pauíño moi dereitiño e enriba da fronte teño un mosquitiño 602Son unha tola amargada, que só serve para a ensalada. 603Son verde e moi ancho e cando me botan zurro, espanto. (o campo)604Son vermello, moi vermello e cando te pos coma min dise que estás coma un...605Subir e baixar, sacar e meter; coa ensarillada, ganas de comer. 606Subo chea e baixo baleira e se non me apuro a sopa enfría 607Tea digo e non entendes; tea repito e non me comprendes. 608Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer 609Ten boca e non come, ten cu e non caga, ten pés e non anda ¿Que é? 610Ten cabeza e non ten pes ti xa que es tan listo non acertas o que é 611Ten catro letras, catro nada máis se repites P o seu nome dirás 612Ten copa e non para tomarten alas e non para voar 613Ten coroa e non é rei, esporas e non é cabaleiro; traballa no campo e non gaña diñeiro

614Ten debuxos de países a montón, e a ti dá dáche información. 615Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home 616Ten dentes e non ten boca, ten cabeza e non ten pés ti que es tan avispado non adiviñas o que é 617Ten dentes e non ten boca, ten cabeza e non ten pés ti que es tan espabilado non adiviñarás o que é 618Ten dentes e non ten boca; ten cabeza e non ten pés, vai á feira nunha restra e condimenta moi ben 619Ten lombo e non anda, ten follas e non é planta; sabe moito e non fala 620Ten medias e non ten pés, ten cuartos e rico non é 621Ten medias, ten cuartos e non ten zapatos 622Ten moitos dentes e ningunha moa e rilla o pan coma en pan de broa 623Ten ollo e nada ve, por abrir non é cousa dura; se embargo por pechar si que pecha e si que é dura 624Ten ollos de gato, orellas ce gato, patas de gato rabo de gato e non é gato 625Ten patas e non anda, póñenlle o xantar e non xanta, ¿Que cousa é?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 29: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

626Ten pel e non é animal,ten follas e non é nogal 627Ten ríos pero non mollan; ten montes pero é chairiño; con catro dedos abonda para coller do Rín ao Miño 628Ten tres pés e non anda, ten gorra e non a pon 629Ten un dente moi dentón que deixa o campo en terróns 630Ten unha capela branca, trasquilase na primavera e cando vén o lobo berra 631Téñennas as vacas, sábenme a papas, e cando as destapas, case me matas 632Teño a cabeza de ferro e o meu corpo é de madeira; ao que no dedo lle pego, con miúdo berro se queixa 633Teño agullas, e non sei coser; teño números, e non sei ler. 634Teño ás e picoe falo e falo, sen saber que digo. 635Teño as patas ben dereitas e non me podo mover; teño enriba a comida e non a podo comer 636Teño cabeza e non teño cerebro, teño dentes e non mordo ¿Que son?

637Teño cabeza redonda, sen nariz, ollos nin testa; e o meu corpo componse tan só de branquiños dentes. 638Teño calor e frío e non frixo sen calor 639Teño capa sobre capa, capas do mesmo pano; e se mas queren quitar, ninguén deixa de chorar. 640Teño catro pes e non son animalbríllanme os ollos e se non bebo non me movo 641Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos de noite e se non bebo non ando 642Teño cuberta de ferro, o meu corpo é de madeira, ao que lle piso no dedo, miúdo berro que pega 643Teño dentes e non moas, teño cabeza e non pés; anque dures cen mil anos non sabes que cousa é 644Teño doce damas, para o meu regalo; todas van en roda, todas galan cuartos, todas levan medias e ningunha zapatos 645Teño follas e non son árbore, fáloche e non teño boca; se me abren non me queixo, adivíñame que son. 646Teño follas sen ser árbore, fáloche e non teño voz, se me abren non me queixo, adiviña ti quen son

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 30: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

647Teño medias e teño cuartos e non teño diñeiro para comprar zapatos 648Teño na man unha cousa con pelos e con ela se fan tantas nenas coma nenos 649Teño sete semanas e as sete con sete días e a máis pequeniña é a máis velliña 650Teño un amigo de catro patas que vén comigo a gardar as vacas 651Terra branca, semente negra, cinco bois e unha chavella 652Tito, capotito; sobe ao ceo e dá un grito. 653Todo cobre, todo cobre agás o mar que non pode 654Todo cuberto e cun traxe branco, cando aparezo, a todos espanto. 655Todos me buscan para descansar, se xa cho dixen, non me busques máis.656Todos pasan por min, eu non paso por ninguén andan preguntando por mine eu non pregunto por ninguén 657Tres medias moscas é mosca e media ¿Cantas medias moscas son?

658Tres pispirispís e un pispirispín, un mete e saca e un saca e pon 659Tres pombiñas nun tellado, tres cazadores tirando. Cada Cal matou unha pomba ¿Cantas pombas andan voando? 660Tres redondiños e un redondón; un quita e mete e un saca e pon 661Un animal con oito pernas e pasa o río e molla catro 662Un bichiño moi viaxeiroanda pola terra preciosa e en cada asento que fai deixa plantada unha rosa 663Un cabalo branco deitado nun campo, ferrado dun pé e cabalo non é 664Un convento ben pechado sen campás e sen torres; moitas monxiñas dentro preparan doces de flores.665Un dama entrou aquí e un galán entrou con ela: nin se foi nin está aquí ¿Que diremos que foi dela? 666Un fato de señoras que cando mexa unha mexan todas 667Un furado grande, dúas cova pequenas; dúas nenas cucas nas ventás abertas 668Un montón de vacas roxas, cando mexa unha mexan todas 669Un parrulo diante de dous parrulos, outro parrulo no medio de dous parrulos e un parrulo detrás de dous parrulos ¿Cantos parrulos serán?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 31: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

670Un redondiño e un redondón un saca e tira e un tira e pon 671Un redondón con redondeles, un mete e saca e outro saca e pon 672Un señor moi encumbrado, moi de mañá xa está de pé e ao atardecer xa está deitado 673Un señora moi aseñorada, sempre vai en trene nunca paga nada 674Un señora moi enseñoritada, sempre vai en coche e sempre está mollada 675Un xerriña de fonforronfón sen cu nin tapón ¿Que é? 676Un xerriña de san Sarranfón, sen cu nin tapón 677Unas regadeiras máis grandes que o sol co que rega o campo o Noso Señor 678Unha árbore con doce pólas, cada póla catro follas, cada folla sete fillos e cada un nome distinto 679Unha arquiña branca coma o cal que todos a saben abrir e ninguén a sabe pechar 680 Unha arquiña de bo parecer, non hai carpinteiro que a saiba facer (noz)681Unha caixiña requinquilladiña; non hai requinquillador que a requinquille mellor 682Unha casa branca sen pao nin panca

683Unha casa con cen vigas, unha viga con cen ollos. Rapaza que sabes tanto ¿Cantos vigas e cantos ollos?684Unha casiña con dúas ventás que abren e pechan sen tocar nelas 685Unha casiña con dúas xanelas: abren e pechan sen tocar nelas 686Unha chousa ben cerrada e unha dona dentro dela e unha tropa de soldados facéndolle sentinela 687Unha corte de vacas marelascando mexa unha mexan todas elas 688Unha corte de vacas vermellas, entra un boi louro e corre a todas elas 689Unha cousa branca sen pé nin panca 690Unha cousa con tres redondiños e un redondón, un sacamete e un tirapón 691Unha cousa espetada no campo, ferrada dun pé e cabalo non é 692Unha cousa longa, longa, longa coma unha soga;tíranlle polo rabo e morde como unha loba 693Unha cousa pequena pequeneiro que se pon no dedo e custa moito diñeiro 694Unha cousa pola que nunca chove e sempre está mollada

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 32: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

695Unha cousa que anda de burato en burato coas tripas arrastro 696Unha cousa que anda e anda e nunca chega á casa 697Unha cousa que anda e anda e nunca o río pasa 698Unha cousa que come o millo e vai deixando un rastriño 699Unha cousa que se parte, ponse sobre a mesa, córtase e non se come ¿Que é? (a baralla)700Unha cousa redonda, sen ventá nin porta 701Unha cousa redondiña que lle tiran polo rabo e corre como unha donosiña 702Unha cousa, cousiña que no monte se cría e cando chega á casa cachea as esquinas 703Unha cousas que sae por unha corredoira, escura, escura, abre a porta e brúa 704Unha cousiña titiritaña que sobe e baixa pola montaña 705Unha dama alta e tesa, chea con mil aparatos, anda a morte canda elae lévase sempre nos brazos 706Unha dama alta e tesa, chea con mil aparatos, anda a morte canda ela e un home lévaa nos brazos

707Unha dama entrou aquí e un galán entrou con ela; nin se foi nin está aquí ¿Que me diredes que era? 708Unha longa longarela, que pasou por estas terras, díxolle ás súas veciñas: Deus nos libre das galiñas709Unha manada de cabras roxas cando vomita unha, vomitan todas 710Unha manada de vacas roxas cando mexa unha mexan todas. 711Unha manada de vacas roxas, vai o boi louro e bótaas todas fóra. 712Unha manada de vacas vermellas, vai o boi louro e bótaas fóra713Unha morea de vacas louras entra o gastallo dentro e bótaas fóra a todas 714Unha morea de vacas roxas e vai o boi louro e bótaas fóra 715Unha morea de vacas roxas, mexa unha e mexan todas 716Unha negriña quente compón a toda a súa xente 717Unha persoa , tan boa será que nada che pide e todo che dá 718Unha pomba branca e negra que voa sen ás e fala sen lingua 719Unha porta, dúas ventás, dúas laceiras e unha praza

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 33: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

720Unha prato de lentellas, andan de noite espalladas e no día recolleitas 721Unha pregunta moi fácil, se a sabes preguntar:¿Que planta se rega xusto cando a van a cortar? 722Unha restra de señoras, cando mexa unha mexan todas 723Unha saba branca sen algodón que cobre os montes e o río non 724Unha saba moi grande que non se pode encargar, está chea de manchas que non se poden contar 725Unha señora deitada nun prado de pano labrado,nin era pano nin era seda e o que a ve pasmado se queda. 726Unha señora deitada nun prado, vestida de pana labrada, nin era pana nin era seda e o que a ve pasmado se queda 727Unha señora moi aseñoradacon sete remendos e unha puntada. 728Unha señora moi aseñorada, sempre vai en coche e sempre está mollada 729Unha señora moi señoritada, sempre está na casa, sempre está mollada

730Unha señora vestida de negro, torna dos cochos e aos cans non lle ten medo 731Unha señorita moi aseñorada que monta no tren e non paga nada 732Unha señorita moi aseñorada que nin tan sequera ten unha puntada 733Unha señorita moi aseñorada, na súa casiña sempre está mollada 734Unha señorita moi aseñorada; chea de remendos, sen unha puntada.735Unha señorita moi enseñorada con cen remendos e ningunha puntada 736Unha señorita moi señoreada; sempre vai en coche, sempre vai mollada. 737Unha señorita vai polo mercado coa súa saia verde e o seu traxe morado 738Unha señorita, moi aseñorada, na súa casiña, ssempre está mollada: a Lingua739Unha vella con un dente, chama a toda a súa xente. 740Unha velliña enrugada, cun tranco no cu e sen unha puntada

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 34: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

741Unha velliña moi arrugadiña que no cuíño ten unha tranquiña 742Unha velliña moi arrugadiña, que no camiño ten unha tranquiña, para ti pasa é, adiviña o que é 743Unha velliña moi engurradiña, ten no cu un tranquiño, anda burro: pasa e adiviña 744Unha velliña toda esfarrapada, chea de remendos sen unha puntada 745Unha xerriña de fonforondon, sen cu nin tapón 746Unhas cantas vacas roxas; cando mexan, mexan todas 747Unhas segadeiras máis grandes que o sol con que sega o campo Deus, Noso Señor 748Unhas señoras moi aseñoradas, cando mexa unha andan todas molladas 749Uns somos verdes,outros somos negros, pero de dozura todos imos cheos 750Uns téñeno longo, outros pequeniño; teno o papa e non o usa e as mulleres o do marido 751Vai moi lento pola horta sempre coa casa as costas 752Vai para a devesa e chora,vai para a casa e cala

753Vai para o monte e vai calado, vén do monte e vén cantando 754Vai para o monte encartado e vén para a casa estricado 755Vai polo aire,vai polo mar, vai pola terra, para ao xornal chegar 756Vai por un burato escuro, chega á porta e brúa 757Vai por unha corredoira escura e chega á porta e brúa. 758Vara, vareta, no monte criada, nin é verde nin se seca sen ser regada 759Varela, varela, nin verde nin seca; nin fraca nin gorda, non hai quen a colla 760Varro o cuarto e maila cociña e doulle ao rabo como unha denociña 761Vaso verde, digo marrón por fóra son branco e non atinas que son 762Vento non vai, aire non turra ¿Que é isto que me empurra? 763Verde coma o pasto e pasto non é; fala coma un home sen parecerse a el

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 35: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

764Verde crieime, amarelo cortáronme preto moéronme e branco amasáronme 765Verde crieime, rubio cortáronme, duro moéronme e branco amasáronme 766Verde e alargado, coma a herba do prado; nace no monte escolleito e anda ao sol estarricado 767Verde me criei, louro me cortaron e branco me amasaron 768Verde nace,verde se cría e na casa que entra non hai alegría 769Verde no campo, negra na casa e coloradiña na brasa 770Verde no campo, negro na praza e coloradiño na casa 771Verde no monte, seca na casa e encarnada na brasa772Verde por fóra, branca por dentro se non o sabes espera773Verde por fóra, branca por dentro se queres saber que é, espera 774Verde por fóra, encarnada por dentro e sonche cousa de alimento

775Verde primeiro, negro despoise antes de morrer, negro se ve 776Vestidiño branco e tripa amarela ¿Que cousa é ela? 777Vin un xabaril diante de dous xabarís, un xabaril no medio de dous xabarís e un xabaril detrás de dous xabarís ¿Cantos xabarís veñen a ser? 778Vinte e cinco servilletas seis reas en cada punta, moza que estás na véntana, baixa e bótalle a conta 779Viste de chaleco branco, e tamén de negro frac; é unha ave que non voa e se somerxe no mar 780Vive nas montañas, dúas sílabas ten e polos dous lados o mesmo se le 781Vivo na cidade, chisco moito os ollos e para pasar tesme que mirar782Voa que voa, alá vai e vén; fai e constrúe e mans non ten 783Voa sen ás asubía sen boca, zorrega nas mans e ti non o tocas 784Voa sen ás, asubía sen boca e ti non o vésnin tampouco o tocas

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Page 36: De anana nai nacidas somos, refrescamos a calor, mais ... · que primeiro anda a catro patas, despois a dúas e logo a 16 ¿Que cousa de adiviñar é que unha vella con un dente

ADIVIÑAS

785Voando no aire e bicando as flores, apágase a súa vida de luces e cores 786Voarei a onde me mandes,sexa a onde sexa irei aínda que non teño alas, nin tampouco teño pés 787Voo sen ás, asubío sen boca, azóutoche as mans. e, non me ves nin me tocas. 788Vou andando e piso brando; mira ao redor e sinto cheiror 789Xa non ten ferriños, ferriños non ten; xa non ten ferriños e máis toca ben 790Xa ves, xa ves adiviña o que é 791Xira e xira, sen parar; sobe e baixa e quieto está 792Zancalabullo andaba na festa, no medio inchaba, no rabo roncaba, tiña orellas e tangarañaba 793Zoca e media en cada pé ¿cantas zocas veñen ser? 794Zuncurundullo andaba na festa, no medio inchaba, no rabo roncaba, tiña orellas e zanconeaba

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)