daniel
TRANSCRIPT
FRANCISCO I DE AUSTRIA
● Nado o 12 de febreiro de 1768 en Florencia.
● Falecido o 2 de marzo de 1835 en Viena.
● Enterrouse na Cripta imperial de Viena
● Fillo de Leopoldo II e María Luisa de España
QUEN FOI FRANCISCO I
● Espectador e actor privilexiado nun dos momentos máis decisivos da historia da Europa contemporánea: As guerras napoleónicas.
● Último emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
● Emperador de Austria ata a súa morte.
REINADO DE FRANCISCO I
● Intimamente ligado ás actividades do conselleiro e diplomático austríaco Klemens von Metternich (1773-1859), un dos ideólogos do Congreso de Viena e da Restauración tras a derrota final de Napoleón en Waterloo en 1815. A importancia deste brillante diplomático radica en que as súas formulacións en relación á organización política de Europa prolongarán a súa influencia ata o final da I Guerra Mundial.
ENFRONTAMENTOS CON FRANCIATras a caída de Luis XVI de Francia, o Imperio participou de forma destacada nas sucesivas coalicións contra a Francia
revolucionaria, saldadas con perdas territoriais para o emperador. Participou no Congreso de Viena e asociouse coa Santa Alianza. En 1806 decretara a desaparición do
Sacro Imperio Romano Xermánico, coa intención de impedir que Napoleón se apropiase do título e a lexitimidade histórica que este levaba consigo.
Tras o matrimonio entre a súa filla María Luisa de Habsburgo-Lorena con Napoleón en 1810, o Imperio
austríaco mantívose ao lado de Francia durante un período, pero finalmente, en 1813 Francisco I tivo que aliarse con
Prusia e Rusia para facer fronte á pretendida hexemonía de Napoleón sobre Europa.
VIDA DE FRANCISCO I
Casou catro veces:1 - Isabel de Wurtemberg (1767–1790) 2 - María Teresa de las Dos Sicilias (1772-1807) coa cal tivo os seguintes fillos: • María Luisa (1791–1847), Archiduquesa de Austria e Duquesasa de
Parmamamsa (1815–1847). • Fernando (1793–1875), Emperador de Austria.• Maríana Leopoldina (1797–1826), Archiduquesa de Austria.• Carolina (1801–1832), Archiduquesa de Austria. • Francisco Carlos (1802–1878), Archiduque de Austria.
3 - María Luisa de Austria-Este (1787-1816) 4 - Carlota de Baviera (1792-1873).
ACTUACIÓNS DE FRANCISCO I
Francisco I era un notable reaccionario que non vacilou en utilizar a represión policial e a censura para neutralizar o incipiente liberalismo que progresivamente ía gañando terreo en Europa.
FIN