d e p u t a c i Ó n p r o v i n c i a l a c o r u Ñ agoberno que terá lugar o venres, 15 de...

73
1 D E P U T A C I Ó N P R O V I N C I A L A C O R U Ñ A Acta da Xunta de Goberno celebrada o día 15 de decembro de 2017

Upload: others

Post on 10-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 1

    D E P U T A C I Ó N P R O V I N C I A L

    A C O R U Ñ A

    Acta da Xunta de Goberno

    celebrada o día 15 de decembro de 2017

  • 2

    Orde do día dos asuntos que se van tratar na sesión ordinaria da Xunta de Goberno que terá lugar o venres, 15 de decembro de 2017, ás DOCE HORAS.

    ASUNTOS

    Actas 1.-Aprobación da acta da sesión anterior, número 22/2017, do 1 de decembro. 2.-Toma de coñecemento das comunicacións recibidas doutras deputacións e concellos. Asesoría Xurídica 3.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón o acatamento do decreto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 dos da Coruña, do 23/11/2017, recaído no recurso nº PA 174/2017, interposto por “Reale Seguros Generales, SA” e Dª Cruz Fernández Rodríguez, sobre responsabilidade patrimonial.

    4.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón a comparecencia no recurso PA 411/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 dos de Santiago de Compostela, interposto por Mahía Inmobiliaria, SL, sobre taxa de recollida de lixo. 5.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón a comparecencia no recurso PO 224/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 dos da Coruña, interposto por “Inversiones Anterez, SL”, sobre alleamento de parcelas no Polígono de Sabón.

    6.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón o acatamento da sentenza da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 22/11/2017, recaída no recurso de apelación nº 15020/2017, interposto pola Deputación Provincial da Coruña contra a sentenza do 18/05/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 dos da Coruña, recaída no PA 312/2016, interposto por Dª María Teresa Díaz Fachal, sobre exención de imposto de vehículo de tracción mecánica. 7.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón o acatamento da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 4 dos da Coruña, do 20/11/2017, recaída no recurso nº PA 135/2017, interposto por don Manuel Herrero Villanueva , sobre sanción de tráfico do Concello de Ames.

    8.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón a comparecencia no recurso PO 243/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 dos da Coruña, interposto por “Asociación de la Prensa de A Coruña”, sobre reintegro parcial de subvención e interposición de sancións.

  • 3

    9.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón a interposición de recurso contencioso administrativo contra a resolución da Xunta Superior de Facenda da Xunta de Galicia do 06/10/2017.

    10.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón o acatamento da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 dos da Coruña, do 21/11/2017, recaída no recurso nº PA 115/2017, interposto por Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-CSIF), sobre o “Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019”. 11.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia pola que se dispón a comparecencia no recurso PA 231/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 dos da Coruña, interposto por Dª María Carro Calvo, sobre a reclamación de complementos salariais.

    Unidade Técnica de Normalización Lingüística 12.-Aprobación das bases específicas da convocatoria do programa de subvencións provinciais (ano 2018), de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de Normalización Lingüística (SNL) 2018. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes

    13.- Aprobación das bases reguladoras do Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais no ano 2018 Servizo de Planificación e Xestión de Recursos Humanos 14.-Aprobación da liquidación provisional do complemento da produtividade correspondente ao exercicio 2017. FÓRA DA ORDE DO DÍA Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes 15.-Aprobación das bases específicas do Programa de subvencions a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico deportivo durante o ano 2018, complementarias das bases reguladoras xerais. ROGOS E PREGUNTAS

  • 4

    ACTA DA XUNTA DE GOBERNO, celebrada o día quince de decembro de dous mil dezasete.

    Na sala de comisións do pazo provincial, o día quince de decembro de dous

    mil dezasete, reuniuse a Xunta de Goberno da Deputación provincial para celebrar a sesión ordinaria.

    CONCORRENTES

    PRESIDE EN AUSENCIA DO TITULAR A ILMA. SRA.:

    DONA Mª GORETTI SANMARTÍN REI

    ASISTEN OS/AS SRES./AS DEPUTADOS/AS SEGUINTES:

    DONA ÁNXELA FRANCO POUSO DON JOSÉ LUIS GARCÍA GARCÍA DON JOSÉ GARCÍA LIÑARES DON ANTONIO LEIRA PIÑEIRO DON MANUEL MUÍÑO ESPASANDÍN DON JOSÉ MANUEL PEQUEÑO CASTRO DON XOSÉ REGUEIRA VARELA DON XESÚS MANUEL SOTO VIVERO

    Escúsase o Sr. Fernández Piñeiro.

    Actúa como secretario, don José Luis Almau Supervía, secretario xeral da Corporación, e están presentes o interventor xeral, don José Manuel Pardellas Rivera, e a xefa da Sección de Información e Actas, dona Mª Cristina Couto Palla.

    Aberto o acto ás doce horas e oito minutos, o Sr. Secretario le os asuntos incluídos na orde do día, verbo dos cales, por unanimidade, adoptáronse os acordos seguintes: 1.-APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, NÚMERO 22/2017, DO 1 DE DECEMBRO. Apróbase a acta da sesión anterior, número 22/2017, do 1 de decembro. 2.-TOMA DE COÑECEMENTO DAS COMUNICACIÓNS RECIBIDAS DOUTRAS DEPUTACIÓNS E CONCELLOS. A Xunta de Goberno toma coñecemento das comunicacións recibidas do Concello da Guarda e o Concello de Vilasantar, relativas ao Pazo de Meirás. 3.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN O ACATAMENTO DO DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO

  • 5

    ADMINISTRATIVO Nº 1 DOS DA CORUÑA, DO 23/11/2017, RECAÍDO NO RECURSO Nº PA 174/2017, INTERPOSTO POR “REALE SEGUROS GENERALES, SA” E Dª CRUZ FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SOBRE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número

    37815, do 29.11.2017, pola que se dispón o acatamento e cumprimento do decreto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 dos da Coruña, do 23.11.2017, recaído no recurso con procedemento abreviado nº 174/2017, interposto por “Reale Seguros Generales, SA” e Dª Cruz Fernández Rodríguez, sobre responsabilidade patrimonial.

    4.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN A COMPARECENCIA NO RECURSO PA 411/2017, DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, INTERPOSTO POR MAHÍA INMOBILIARIA, SL, SOBRE TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número 37060, do 24.11.2017, pola que se dispón a comparecencia desta Deputación provincial, como parte demandada, no recurso con procedemento abreviado 411/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 dos de Santiago de Compostela, interposto por Mahía Inmobiliaria, SL, sobre taxa de recollida de lixo, encomendándolle a representación e defensa ao letrado-asesor xurídico da Corporación, don Ramón Valentín López Rey. 5.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN A COMPARECENCIA NO RECURSO PO 224/2017, DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DOS DA CORUÑA, INTERPOSTO POR “INVERSIONES ANTEREZ, SL”, SOBRE ALLEAMENTO DE PARCELAS NO POLÍGONO DE SABÓN.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número

    37059, do 24.11.2017, pola que se dispón a comparecencia desta Deputación provincial, como parte demandada, no recurso con procedemento ordinario 224/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 dos da Coruña, interposto por “Inversiones Anterez, SL”, sobre alleamento de parcelas no Polígono de Sabón, encomendándolle a representación e defensa ao letrado-asesor xurídico da Corporación, don Ramón Valentín López Rey.

    6.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN O ACATAMENTO DA SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, DO 22/11/2017, RECAÍDA NO RECURSO DE APELACIÓN Nº 15020/2017, INTERPOSTO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA CONTRA A SENTENZA DO 18/05/2017, DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DOS DA CORUÑA, RECAÍDA NO PA 312/2016, INTERPOSTO POR Dª MARÍA TERESA DÍAZ FACHAL, SOBRE EXENCIÓN DE IMPOSTO DE VEHÍCULO DE TRACCIÓN MECÁNICA.

  • 6

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número 37056, do 24.11.2017, pola que se dispón o acatamento e cumprimento da sentenza da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 22.11.2017, recaída no recurso de apelación nº 15020/2017, interposto pola Deputación Provincial da Coruña contra a sentenza do 18/05/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 dos da Coruña, recaída no PA 312/2016, interposto por Dª María Teresa Díaz Fachal, sobre exención de imposto de vehículo de tracción mecánica. 7.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN O ACATAMENTO DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 4 DOS DA CORUÑA, DO 20/11/2017, RECAÍDA NO RECURSO Nº PA 135/2017, INTERPOSTO POR DON MANUEL HERRERO VILLANUEVA , SOBRE SANCIÓN DE TRÁFICO DO CONCELLO DE AMES.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número

    37057, do 24.11.2017, pola que se dispón o acatamento e cumprimento da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 4 dos da Coruña, do 20.11.2017, recaída no recurso con procedemento abreviado nº 135/2017, interposto por don Manuel Herrero Villanueva , sobre sanción de tráfico do Concello de Ames.

    8.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN A COMPARECENCIA NO RECURSO PO 243/2017, DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DOS DA CORUÑA, INTERPOSTO POR “ASOCIACIÓN DE LA PRENSA DE A CORUÑA”, SOBRE REINTEGRO PARCIAL DE SUBVENCIÓN E INTERPOSICIÓN DE SANCIÓNS.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número 37800, do 29.11.2017, pola que se dispón a comparecencia desta Deputación provincial, como parte demandada, no recurso con procedemento ordinario 243/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 dos da Coruña, interposto por “Asociación de la Prensa de A Coruña”, sobre reintegro parcial de subvención e interposición de sancións, encomendándolle a representación e defensa ao letrado-asesor xurídico da Corporación, don Ramón Valentín López Rey. 9.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN A INTERPOSICIÓN DE RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO CONTRA A RESOLUCIÓN DA XUNTA SUPERIOR DE FACENDA DA XUNTA DE GALICIA DO 06/10/2017.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número

    36843, do 22.11.2017, pola que se dispón a interposición de recurso contencioso administrativo contra a resolución da Xunta Superior de Facenda da Xunta de Galicia do 06/10/2017, encomendándolle a representación e defensa ao letrado-asesor xurídico da Corporación, don Ramón Valentín López Rey.

    10.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN O ACATAMENTO DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DOS DA CORUÑA, DO 21/11/2017, RECAÍDA NO RECURSO Nº PA 115/2017, INTERPOSTO POR CENTRAL SINDICAL

  • 7

    INDEPENDIENTE Y DE FUNCIONARIOS (CSI-CSIF), SOBRE O “PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS 2017-2019”.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número 37814, do 29.11.2017, pola que se dispón o acatamento e cumprimento da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 dos da Coruña, do 21.11.2017, recaída no recurso con procedemento abreviado nº 115/2017, interposto por Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-CSIF), sobre o “Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019”. 11.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE DISPÓN A COMPARECENCIA NO RECURSO PA 231/2017, DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DOS DA CORUÑA, INTERPOSTO POR Dª MARÍA CARRO CALVO, SOBRE A RECLAMACIÓN DE COMPLEMENTOS SALARIAIS.

    A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia número 37058, do 24.11.2017, pola que se dispón a comparecencia desta Deputación provincial, como parte demandada, no recurso con procedemento abreviado 231/2017, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 dos da Coruña, interposto por Dª María Carro Calvo, sobre a reclamación de complementos salariais, encomendándolle a representación e defensa ao letrado-asesor xurídico da

    Corporación, don Ramón Valentín López Rey.

    12.-APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PROVINCIAIS (ANO 2018), DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DIRIXIDAS A CONCELLOS, AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS, MANCOMUNIDADES E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A CREACIÓN, MANTEMENTO E REFORZO DOS SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (SNL) 2018. A Xunta de Goberno aproba, por unanimidade, o seguinte: “Visto o expediente 2017000016359 relativo á aprobación da convocatoria do programa de subvencións provinciais (ano 2018), de concorrencia competitiva dirixidas a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) de 2018 no que se acreditan os seguintes

    ANTECEDENTES - Informe-proposta da Unidade Técnica de Normalización Lingüística - Informe da Secretaría Xeral - Informe de Fiscalización

    FUNDAMENTOS DE DEREITO - Bases reguladoras xerais 2018 (BOP núm. 204 do 26/10/2017) De conformidade coa normativa citada e demais concordante e de aplicación, a Xunta de Goberno, competente por delegación da Presidencia (Resolución núm. 16634, do 30 de xullo de 2015)

  • 8

    ACORDA Aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións provinciais (ano 2018), de concorrencia competitiva dirixidas a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) de 2018

    Denominación: Convocatoria do programa de subvencións provinciais (ano 2018), de concorrencia competitiva dirixidas aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) de 2018.

    Referencia: FONL/2018

    Aplicación orzamentaria: 2018/0111/334.4/462.01

    Importe total do crédito consignado:

    480.000 euros

    Importe da subvención que se ha conceder:

    Un máximo de 12.000,00 euros por beneficiario, xa que o importe do crédito consignado será distribuído a partes iguais entre os beneficiarios deste programa.

    Importe do orzamento de gastos máximo subvencionado:

    15.000 euros

    Importe da solicitude: Ata o 80% do orzamento de gastos subvencionable.

    Coeficiente de financiamento: 0,80

    Base 2- Réxime xurídico específico

    -Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. -Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. -Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias do 5 de novembro de 1992, BOE nº 22, do 15 de setembro de 2011. -Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade do Parlamento de Galicia o día 21 de setembro de 2004. - Bases reguladoras das convocatorias de subvención dirixidas aos concellos e outras entidades locais para o ano 2018.

    Base 3- Obxecto Obxecto específico da convocatoria FONL/2018

    As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL) das entidades locais que abrangue este programa. Os concellos serán os encargados de pagar directamente as súas nóminas e Seguridade Social.

  • 9

    A Deputación contribuirá cun importe igual por concello, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais ata un máximo de 12.000 euros no exercicio 2018. O resto dos custos do persoal, que deben ser acordes á súa categoría profesional, deben ser sufragados polo concello beneficiario, que sexa, como for deberá asumir, como mínimo, o 20% do custo total.

    A participación neste programa non suporá relación contractual ningunha entre a Deputación e o persoal técnico dos SNL municipais.

    Conta Descrición da conta, segundo o Plan xeral de contabilidade (*)

    640 Soldos e salarios

    642 Seguridade Social a cargo da entidade

    (*) Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, pola que se aproba a Instrución do modelo normal de contabilidade local e Orde HAP/1782/2013, do 20 de setembro pola que se aproba a Instrución do modelo simplificado de contabilidade local e se modifica a Instrución do modelo básico de contabilidade local aprobado por Orde HAEHA/4040/2004, do 20 de novembro.

    Perfil da persoa técnica do servizo de normalización lingüística

    Os servizos de normalización lingüística destas entidades deberá contar, cando menos cun técnico ou técnica de normalización lingüística que debe ser especialista titulado/a superior en lingua galega, polo que deberá posuír algunha das titulacións:

    1.Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), con Grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao sempre que dispoña do Celga 5. A súa categoría profesional no seo da administración terá que ser a de técnico/a de normalización lingüística e as retribucións deberán ser as correspondentes a esa categoría. Concretamente para os SNL de nova creación será preceptivo que posúan a categoría laboral de funcionario/a A1 ou laboral I. A súa contratación farase mediante un proceso selectivo no que se avalíen os coñecementos e as capacidades reais e prácticas das persoas candidatas para o desenvolvemento das funcións do posto de traballo (de acordo coas funcións sinaladas) respectando, en todo caso, os requisitos de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

    2. No caso das entidades que soliciten subvención para o mantemento do servizo de normalización lingüística creado antes de 2007, poderán acceder ás subvencións as que conten con persoal fixo que posúa a titulación de mestre/a con diploma de especialista en Lingua Galega ou co certificado do curso superior de linguaxe administrativa, ou as licenciaturas ou grao previstos no anterior apartado 1. A categoría deberá ser a correspondente a persoal técnico medio/diplomado/grao/licenciado segundo a titulación que posúa a persoa técnica lingüística que desempeña o posto.

    Finalidade principal dos servizos de normalización lingüística

  • 10

    O obxectivo principal dos servizos de normalización lingüística debe ser o de incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos e sectores do termo municipal, non só no seo da propia administración.

    En xeral, as funcións que deben ter os SNL que se acollan a este programa, tanto internas como externas entre outras, son as seguintes:

    Funcións xerais internas: -Asesorar a administración en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio da lingua galega. -Velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía. -Informar sobre a conveniencia, oportunidade, método, etc., de incorporar accións con obxectivos normalizadores en programas ou accións do concello de índole diversa, e colaborar na súa especificación, deseño e materialización. -Emitir informes sobre a oportunidade, conveniencia, etc., de accións do concello con respecto ao fomento do uso e prestixio da lingua galega. -Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte das persoas aspirantes.

    Funcións de dinamización lingüística: -Fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade. -Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade. - Propoñer programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio da lingua galega, e a impliquen no proceso normalizador. -Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social. -Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo, empresarial, etc., do termo municipal.. -Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega. Funcións de formación (socio)lingüística: - Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos. - Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos. - Colaborar no deseño de programas de formación non-lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas. Funcións de asesoramento lingüístico interno: - Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración. - Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización. - Resolver dúbidas lingüísticas. - Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.

  • 11

    Funcións de coordinación e apoio entre a deputación e os concellos: - Apoiar e difundir as accións dinamizadoras desenvolvidas pola Deputación da Coruña. -Coordinarse coa deputación e outros concellos para planificar e executar accións de normalización conxuntas. - Participar nas xuntanzas e encontros de traballo e coordinación que a deputación convoque e nos grupos de traballo que se creen para a planificación de accións normalizadoras conxuntas.

    Base 4 bis.- Compatibilidade/incompatibilidade destas subvencións con outras

    A cantidade para xustificar será o importe da subvención concedida dividido entre o coeficiente de financiamento fixado nestas bases. Estas subvencións son compatibles con outras de entidades públicas, privadas e ingresos propios coa mesma finalidade que en concorrencia coa subvención desta deputación e no caso de ter un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o orzamento para xustificar será a suma das subvencións e ingresos. O gasto xustificado documentalmente deberá acadar, polo menos, o importe do orzamento subvencionado para xustificar.

    Base 5.- Compromisos da entidade beneficiaria:

    - Comprometerse á execución e difusión dos programas normalizadores propostos desde a Deputación. - Á participación da técnica ou técnico nas xuntanzas e encontros de traballo e coordinación que a deputación convoque.

    Base 6 – Entidades solicitantes

    - Poderán participar todos os concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen a esa cifra mínima de habitantes.

    - Tendo en conta a continua perda de galegofalantes que se produce nas grandes cidades os concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol poderán solicitar a subvención, mais unicamente para persoal técnico de reforzo do SNL xa creado, sempre e cando se dedique a labores de dinamización sociolingüística.

    - Só se pode presentar unha única solicitude por concello ou, de ser o caso, agrupacións de concellos (os concellos que se agrupen non poderán solicitala individualmente). O concello que formen parte dunha mancomunidade e decida solicitar a subvención individualmente ou agrupado a outro/s concello/s deberá entregar a documentación conforme a base 7.2 desta convocatoria.

    Base 7. Solicitude

    7.1 Prazo e presentación de solicitudes específicas da convocatoria FONL/2018 Os prazos de inicio e fin de presentación da solicitude determinaranse a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións.

  • 12

    7.2 Documentación específica que presentará telematicamente da convocatoria FONL/2018

    Ademais da documentación expresada nas bases reguladoras xerais presentará telematicamente sempre e cando non conste xa na Deputación.

    Declaración do tipo de solicitude que especifique: -creación do SNL -mantemento do SNL existente -reforzo do SNL (só para os concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol) Declaración da relación do persoal que especifique: -Persoal funcionario -Persoal laboral Declaración da titulación académica que especifique: -grao/licenciatura/licenciatura+celga 5 -diplomado/grao (só válido para mantemento de SNL anteriores a 2007) Declaración do grupo que especifique: A1/I

    O concello que forme parte dunha mancomunidade e decida solicitar individualmente ou agrupado a outro/s concello/s deberá achegar o acordo plenario de que NON participa coa mancomunidade para este servizo. A mancomunidade correspondente tamén deberá achegar o acordo de que non prestará este servizo a ese concello.

    Memoria explicativa que presentará telematicamente e que conteña aspectos da base 3: Finalidade principal dos servizos de normalización lingüística Calendario de actividades previstas.

    As agrupacións de concellos que se constitúan para o mantemento en común deste servizo presentarán telematicamente :

    - Certificación acreditativa do acordo de solicitude da agrupación de concellos.

    - Certificación do nomeamento dun representante legal para estes efectos.

    - Declaración na que conste o concello que vai recibir o importe da achega e que deberá presentar a documentación para o pagamento e xustificación.

    - Autorización para que a deputación poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social. TODOS os concellos que se agrupen deben estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, no momento da concesión.

    - Todos os concellos que presenten a solicitude de forma agrupada deben cumprir o previsto nas bases xerais sobre a conta xeral e a súa presentación perante os órganos de control externo.

    Base 8. Resolución Prazo de resolución: seis meses desde a finalización do prazo de presentación das solicitudes

  • 13

    Prazo de notificación: dez días desde que se dite a resolución da concesión da subvención

    Base 9. Xustificación e pagamento

    9.3. Documentación xustificativa específica da convocatoria FONL/2018- Memoria da realización da actividade e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo os seguintes aspectos: actividades desenvoltas, temporalización, ámbito territorial, cuantificación e perfil dos participantes, resultados obtidos. A memoria terá que estar redactada pola persoa técnica de normalización lingüística e nela constará a súa identificación completa (nome, apelidos, titulación e cargo) e estará asinada pola persoa que represente a entidade. - Certificación expedida pola Secretaría do concello ou entidade local dos pagos realizados ao persoal técnico de normalización lingüística entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro que indicará para cada persoa traballadora e mes: o importe bruto da nómina e o importe da seguridade social con cargo á entidade local. Ademais da documentación establecida nas bases reguladoras xerais presentará telematicamente a seguinte documentación específica. A documentación que teña que presentar se consta na Deputación porque a achegou nun expediente a través da aplicación Subtel e non teña ningunha modificación posterior á súa achega, pode optar por emitir unha declaración na que conste o nome do/s documento/s co número do expediente no que o/s achegou e que non sufriu modificacións posteriores.

    Relación do persoal:

    Copia electrónica do contrato laboral vixente que o concello/agrupación de concellos/mancomunidade formalice coa persoa técnica lingüística.

    ou

    Copia electrónica da acta da toma de posesión se é persoal funcionario.

    Titulación:

    Copia electrónica da titulación académica: grao/ licenciatura Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués), grao en Lingua e Literatura Galegas.

    ou

    Copia electrónica da titulación académica: grao/licenciatura e Celga 5.

    Só para titulación da base 3.2 desta convocatoria que non estea especificada no cadro anterior:

    Copia electrónica da titulación académica: mestre/a con diploma de especialista en Lingua Galega

    ou

  • 14

    Copia electrónica da titulación académica: mestre/a e do certificado do curso superior de linguaxe administrativa

    Certificación de que desenvolveu as funcións sinaladas na base 3 desta convocatoria

    Ademais do expresado nas bases reguladoras xerais:

    No caso de que por circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas, non fose posible acreditar a cobertura do posto de traballo para o que se percibe a subvención, durante toda a anualidade, deberase reintegrar a parte proporcional da achega da deputación, que se calcula: Axuda x días sen servizo Reintegro = ---------------------------------- 365

    Base 10. Tramitación anticipada do gasto

    O programa FONL/2018 tramítase mediante anticipación do gasto. A resolución da concesión definitiva realizarase logo de aprobados os orzamentos do exercicio económico 2018 e a entrada en vigor destes.”

    13.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2018 A Xunta de Goberno aproba, por unanimidade, o seguinte: “Visto o expediente 2017000018662, relativo á aprobación das Bases reguladoras do Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais no ano 2018 I.- ANTECEDENTES As bases propostas teñen a finalidade de establecer o réxime polo que se rexerá o Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais no ano 2018. Esta convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña estará dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes. O crédito correspóndese cos seguintes programa e coa aplicación presupostaria: Programa acción social aplicación presupostaria Subprograma: Subvencións a concellos 0611/231.21/46201

    O importe do crédito é o que se incluirá no Orzamento para 2018 e poderá ser obxecto de modificación. A presente convocatoria tramítase como expediente anticipado de gasto, polo que a súa aprobación queda sometida á condición suspensiva da entrada en vigor do Orzamento da Deputación do Exercicio 2018, no que se conteñan os créditos

  • 15

    adecuados e suficientes para atender as solicitudes que ao amparo dela se presenten.

    II.- FUNDAMENTOS DE DEREITO O órgano competente para a aprobación das bases da convocatoria é a Xunta de Goberno, por delegación do presidente da Deputación aprobada por Resolución núm. 16643 do 30 de xullo de 2015. O texto das bases ten o contido definido nos art. 17 e 23.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Por outra banda, considérase que no texto da convocatoria quedan garantidos os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, esixidos para o outorgamento de subvencións non nominativas no art. 8 da Lei sinalada. Vistos os informes da Secretaría Xeral e do Servizo de Fiscalización. De conformidade coa normativa citada e demais concordante e de aplicación, a Xunta de Goberno, competente por delegación da Presidencia, ACORDA: Aprobar as seguintes: Bases reguladoras do Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais no ano 2018 Base 1. Liñas xerais O Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais no ano 2018 convócase ao abeiro do Decreto 99/2012 do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, e que no seu art. 31, establece que as Deputacións proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios e o Decreto 148/2014 polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Neste ano realizaranse as seguintes modificacións: 1) Contías. Normalízanse os importes dos módulos para cada unha das seguintes categorías de persoal adscrito aos servizos sociais: persoal administrativo grupo C1 ou C2 (módulo I), persoal técnico A2 (módulo II) e persoal técnico A1 (módulo III). Os novos importes dos módulos recóllense na base 4. 2) Xornada dos módulos I, II e III. A normalización do módulo supón que calquera concello que tivera concedida media xornada poderá solicitar a xornada completa de calquera persoal. 3) Persoal administrativo. Todos os concellos poderán solicitar este módulo. 4) Persoal técnico. Os concellos que non teñen asignado ningún dos dous módulos II e III no cadro incluído na base 12, poderán solicitar a ampliación de financiamento para un destes dous módulos a xornada completa ou media xornada. Non obstante, estas solicitudes só poderán ser atendidas cando o importe total das desistencias totais e parciais de financiamento que se derive das solicitudes presentadas supoña a existencia de crédito suficiente e se reúnan os requisitos recollidos nas bases.

  • 16

    5) Persoal auxiliar SAF libre concorrencia. O módulo do persoal auxiliar SAF libre concorrencia (módulo IV) calcularase en función das horas prestadas polos concellos, establecéndose unha achega provincial por hora. O importe máximo do módulo IV para cada concello calcúlase con base nas horas prestadas no último exercicio completamente xustificado (exercicio 2016). O programa financiarase en 2018, con cargo ao crédito disposto na partida 0611/231.21/46201 do Orzamento desta Deputación. Polo que se refire ao tipo de tramitación, o programa tramitarase de xeito telemático a través da plataforma electrónica de tramitación de subvencións SUBTEL, á que se pode acceder a través da Sede Electrónica da Deputación da Coruña. A tramitación telemática aplicarase a todas as fases do procedemento. Base 2. Réxime xurídico O marco normativo polo que se rexerá este programa está constituído polas leis e disposicións que se citan a continuación e polas súas normas de desenvolvemento, así como por cantas outras normas, legais ou regulamentarias, que conteñan prescricións relativas ás subvencións ou sexan susceptibles de produciren efectos no devandito ámbito:

    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto

    887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento. Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica. Real D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei

    reguladora das facendas locais. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do

    8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento. Lei galega 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da

    administración local. Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras

    medidas de reforma administrativa. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das

    administracións públicas. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público . Regulamento orgánico e Bases de execución do orzamento de 2018 da

    Deputación da Coruña. Ordenanza xeral de administración electrónica da Deputación da Coruña do 6

    de novembro de 2015, BOP 56 do 23 de marzo de 2016. Lei 3/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais

    comunitarios e o seu financiamento. Decreto 148/2014 polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo,

    polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e

    homes. Lei galega 11/2007, para a prevención e tratamento integral da violencia de

    xénero.

  • 17

    Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

    Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

    Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección da infancia e da adolescencia.

    Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade do

    Parlamento de Galicia o día 21 de setembro de 2004. Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias do 5 de novembro de

    1992, BOE núm. 22, do 15 de setembro de 2011. Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña do 15 de

    setembro de 2017 , BOP núm.186 do 29 de setembro de 2017. Base 3. Obxecto O obxecto do programa é a asistencia económica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios dando preferencia aos servizos mínimos que son os servizos comunitarios básicos establecidos na Lei 13/2008 do 3 de setembro. A Deputación provincial subvencionará os profesionais dos servizos sociais comunitarios distintos do perfil profesional do/a traballador/a social, que se regula no artigo 37 do Decreto, conforme aos módulos recollidos nos que se encadra o persoal correspondente: persoal administrativo grupo C1 ou C2, persoal técnico A2, persoal técnico A1 e persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar en réxime de libre concorrencia (SAF libre concorrencia). Base 4. Módulos de financiamento para a prestación dos servizos dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2018 Para a cuantificación das achegas establécense módulos referidos ao cofinanciamento dos salarios e seguridade social de persoal adscrito a Servizos Sociais e ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar en réxime de libre concorrencia. Os gastos subvencionables corresponden cos seguintes contas recollidas no Plan Xeral de Contabilidade

    CONTA DESCRICIÓN DA CONTA, SEGUNDO O PLAN XERAL DE CONTABILIDADE

    640 Soldos e salarios

    642 Seguridade Social a cargo da entidade

    623 Servizos de profesionais independentes (contratacións externas SAF libre concorrencia)

    629 Comunicacións e outros servizos (contratacións externas SAF libre concorrencia)

    Base 4.1. Módulos I, II, III Os gastos financiados dentro destes módulos corresponden os conceptos de salarios e seguridade social nas seguintes contías: Módulo I. Persoal administrativo grupo C1 ou C2: 18.000 € Módulo II. Persoal técnico A2: 22.000 € Módulo III. Persoal técnico A1: 26.000 €

  • 18

    Todo o persoal para o que se solicite a achega deberá estar adscrito aos Servizos Sociais e estará vinculado aos servizos e/ou programas sociais comunitarios. Deberá terse en conta que a intervención profesional nas familias, no marco do servizo de educación e apoio familiar só poderá ser realizada por persoal técnico ao servizo da Administración pública local titular do servizo, de maneira que forme parte do equipo interdisciplinar dos servizos sociais comunitarios, tal e como se establece no art. 21 do Decreto 99/2012 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. As desistencias totais ou parciais (no caso de solicitar media xornada) nos importes dos módulos I, II ou III establecidos na base 12, constatadas nas solicitudes presentadas poderanse ter en conta en convocatorias de anos posteriores (base 7) En sucesivos exercicios, dentro da limitación orzamentaria, respectarase a contía recibida no exercicio anterior para o financiamento destes módulos. Base 4.2. Módulo IV: Persoal auxiliar do SAF libre concorrencia Considérase SAF libre concorrencia aquel que se presta a persoas que non teñan recoñecida a condición de dependencia ou que, aínda tendo a condición de dependente, non teñen concedida a prestación do servizo e accedan ao servizo en réxime de libre concorrencia. Os gastos financiables serán os correspondentes cos conceptos de salario, seguridade social e desprazamentos do persoal auxiliar do SAF libre concorrencia. Este servizo pode prestarse por xestión directa ou indirecta, mediante contrato ou encomenda da xestión. Para a cuantificación da contía máxima deste módulo IV establécese unha achega de 12,00 € por hora prestada de servizo, tendo en conta para o cálculo as horas efectivamente prestadas no último exercicio xustificado (2016) segundo as certificacións subministradas por cada un dos concellos relativas ás horas prestadas do SAF libre concorrencia no ano 2016 e, no caso dos Concellos de Ordes, Oroso e Frades, segundo a certificación achegada pola Mancomunidade de Ordes. En sucesivos exercicios, dentro da limitación orzamentaria, poderase ter en conta o aumento das horas prestadas no último exercicio xustificado ou, cando menos, respectarase a contía recibida no exercicio anterior (sempre que non se produza unha minoración das horas prestadas no servizo). Base 5. Entidades destinatarias De acordo co disposto no artigo 31.3 do citado Decreto 99/2012 do 16 marzo, este programa vai dirixido ao financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais, polo que as entidades destinatarias das achegas son os Concellos e Corporacións locais con menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña, comprendendo os supostos nos que os servizos sexan prestados por xestión directa ou, se é o caso, por xestión indirecta mediante contrato ou encomenda da xestión. As mancomunidades intermunicipais, agrupacións ou fusións que constitúen entidades instrumentais dos concellos e que exercen as competencias delegadas por aqueles poderán ser destinatarias sempre que a poboación do conxunto de concellos non supere os 20.000 habitantes. Base 6. Requisitos e obrigas das entidades locais

    6.1. Tendo en conta que a tramitación será telemática: A entidade deberá dispoñer dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións se

  • 19

    dirixirán a ese enderezo. Excepcionalmente poderase modificar o enderezo oficial, de forma xustificada, coa obriga de notificar a dita circunstancia á Deputación. Deberán dispoñer de certificado dixital:

    A persoa que ocupe a Alcaldía ou Concellería en que delegue. A persoa que ocupe a Secretaría.

    6.2. Teren aprobada a última conta xeral que legalmente sexa exixible e presentada perante os órganos de control externo. 6.3. Estaren ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordenar os pagamentos das subvencións e autoriza á Deputación para que poida obter as certificacións da administración tributaria correspondente e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordenar os pagamentos das subvencións. 6.4. Se o importe da subvención provincial no módulo IV é superior a 60.000 € a contratación con terceiros para a execución total ou parcial das actividades ou investimentos realizarase conforme ás normas de aplicación á contratación das Administracións públicas, utilizando para tal fin os pregos de condicións xerais da Deputación provincial para o concurso ou poxa e garantindo, en todo caso, os principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación.

    6.5. En canto ao módulo do persoal auxiliar de axuda no fogar, a entidade solicitante comprométese a que nas novas contratacións terase en conta o disposto no art. 201 do Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, en especial, a que os órganos de contratación tomarán as medidas pertinentes para garantir a aplicación do convenio colectivo vixente do persoal auxiliar de axuda no fogar. 6.6. A entidade local comprométese a realizar as actuacións necesarias para desenvolver o obxectivo do programa e a completar coa súa achega económica os módulos obxecto de financiamento. 6.7. Faceren constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática, de redes sociais ou audiovisual) que fixeran das actividades ou investimentos subvencionados, tamén na súa páxina web. 6.8. A entidade local comprométese a que a comunicación e a produción escrita e oral (cartelaría, publicidade oral e escrita, redes sociais, etc.) a que dea lugar toda a actividade subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña estará en lingua galega e terá en conta a perspectiva de xénero. 6.9. As entidades locais adheridas a este programa estarán obrigadas a facilitarlles aos servizos da Deputación provincial toda a información relativa ao funcionamento dos servizos sociais municipais que se lles demande nun prazo de 10 días. A negativa a facilitar esta información, ou a demora inxustificada no seu envío, dará lugar á exclusión da entidade local deste programa, coa conseguinte perda do dereito a cobro ou ao inicio do oportuno expediente de reintegro, segundo proceda, das achegas percibidas ou concedidas ao seu abeiro, a cal será obxecto de declaración pola Presidencia da Deputación, tras a tramitación do oportuno expediente contraditorio con audiencia da entidade interesada. 6.10. Someterse, na súa condición de quen subscribe a conta, aos procedementos de control que poidan realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo. Como resultado dos ditos procedementos poderáselles esixir responsabilidade

  • 20

    administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal. 6. 11 Cumpriren todos os compromisos e requisitos especificados nesta convocatoria Base 7. Solicitude 7.1. Prazo e presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no BOP, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións. A adhesión das entidades locais constitúe un requisito de efectividade do programa, polo que aquelas que non presenten a solicitude no prazo sinalado entenderase que renuncian a participar no programa. As solicitudes presentaranse a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) e producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros. 7.2. Documentación A documentación da solicitude deberá vir asinada do seguinte xeito: - No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da alcaldía/presidencia ou concelleira/o en quen delegue. - No caso das declaracións, compromisos e outra documentación, pola alcaldía/presidencia ou persoa en quen delegue. As entidades locais interesadas en participar neste programa deberán achegar a seguinte documentación segundo os modelos fornecidos na plataforma de subvencións, e manifestar expresamente a asunción das obrigas e compromisos establecidos no programa mediante a sinatura dixital do seu representante legal na solicitude: 7.2.1. Documento acreditativo da delegación da alcaldía/presidencia no que se especifique o alcance da dita delegación (presentación telemática da solicitude de subvencións, sinatura electrónica de todos os documentos necesarios para a súa tramitación, incluíndo, se é o caso, as certificacións). 7.2.2. Certificación da aprobación da última conta xeral que legalmente sexa esixible e da súa presentación perante os órganos de control externo, asinado dixitalmente pola secretaría co visto e prace da alcaldía/presidencia ou concelleiro/a en quen delegue ou documento acreditativo. 7.2.3. Certificación do acordo de adhesión do órgano competente da entidade local, asinado dixitalmente pola secretaría co visto e prace da alcaldía/presidencia ou concelleiro/a en quen delegue. No modelo fornecido na plataforma de subvencións. 7.2.4. Cadro de orzamento e financiamento previstos dos servizos sociais comunitarios obxecto do programa, asinado dixitalmente pola secretaría co visto e prace da alcaldía/presidencia ou concelleiro/a en quen delegue. No modelo fornecido na plataforma de subvencións. No caso do persoal dos módulos I, II e III, o orzamento previsto para este persoal só poderá contemplar gastos de retribucións brutas e seguros sociais con cargo á entidade local. No módulo IV ademais de incluírse os gastos polos mesmos conceptos do persoal auxiliar do SAF libre concorrencia poderán engadirse os gastos de desprazamento do dito persoal.

  • 21

    7.2.5. No caso, en que a entidade desista na solicitude total ou parcial dun dos módulos I, II ou III que tiña asignados na base 12, deberán achegar un documento aclaratorio que indique os motivos da desistencia e se estes motivos teñen carácter temporal ou definitivo, o que se poderá ter en conta para a elaboración das vindeiras convocatorias. Se non se presenta este documento, entenderase que o concello non precisa deste financiamento e suporá a eliminación total ou parcial do módulo ou módulos afectados en convocatorias posteriores. Documento fornecido na plataforma de subvencións. 7.2.6. No caso de aqueles concellos que na base 12 non teñen asignado financiamento para ningún dos dous módulos II e III, poderán presentar unha solicitude de ampliación de financiamento nun dos módulos. 7.2.7. Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións da administración tributaria correspondente e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordenar os pagamentos das subvencións. 7.2.9.Se o importe da subvención provincial no módulo IV é superior a 60.000 €, compromiso de que no caso de efectuar novas contratacións con terceiros para a execución total ou parcial das actividades ou investimentos, durante o período subvencionado, esta contratación realizarase conforme coas normas de aplicación á contratación das administracións públicas, utilizando para tal fin os pregos de condicións xerais da Deputación provincial para o concurso ou poxa e garantindo, en todo caso, os principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación. 7.2.10.Compromiso de que no caso de efectuar novas contratacións con terceiros durante o período subvencionado para a execución total ou parcial das actividades ou investimentos, do SAF libre concorrencia terase en conta o disposto no art. 201 do Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, en especial, a que os órganos de contratación tomarán as medidas pertinentes para garantir a aplicación do convenio colectivo vixente do persoal auxiliar de axuda no fogar. 7.2.11.Compromiso de realizar as actuacións necesarias para desenvolver o obxectivo do programa e a completar coa súa achega económica os módulos obxecto de financiamento. 7.2.12.Compromiso de faceren constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática ou audiovisual e tamén na súa páxina web) que fixeren das actividades ou investimentos subvencionados. 7.2.13.Compromiso a que a comunicación e a produción escrita e oral (cartelaría, publicidade oral e escrita, redes sociais, etc.) a que dea lugar toda a actividade subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña estará en lingua galega e terá en conta a perspectiva de xénero. 7.2.13. Compromiso de cumpriren os requisitos da convocatoria No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, daráselle un prazo de 10 días para a súa emenda. Pasado este prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste da súa solicitude. Serán rexeitadas automaticamente as solicitudes que conteñan documentos electrónicos que incorporen código malicioso ou dispositivo susceptible de afectar a integridade ou seguridade do sistema, omitan documentos esixidos, non cubran nos

  • 22

    cuestionarios telemáticos os campos requiridos como obrigatorios ou cando conteñan incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento. Base 8. Financiamento dos módulos e determinación do importe da achega provincial O cadro das achegas distribuídas por entidades locais, módulo e contía máxima que figura na base 12 deste programa. O importe da achega á entidade local determinarase tendo en conta o seguinte: 1. As entidades locais só poderán solicitar ata as contías máximas dos módulos que se lle indican na base 12, que corresponden ao persoal previsto no programa do ano 2016 e, no seu caso, as ampliacións sinaladas na base 1. 3). 2. No caso dos módulos I, II e III, as entidades que teñan asignado módulos para este persoal (ver base 12) poderán solicitar o módulo a xornada completa ou a media xornada. Neste último caso reducirase á metade o importe do módulo. No caso en que o persoal realice tarefas noutros departamentos, deberá solicitarse o módulo cunha contía proporcional á dedicación da súa xornada aos servizos sociais. Non obstante, para poder ser concedido o módulo, a dedicación aos servizos sociais do/a profesional deberá supoñer un equivalente en tempo ao 50% dunha xornada completa como mínimo. 3. A percepción destas axudas é incompatible con calquera outra subvención da Deputación da Coruña para os mesmos conceptos. 4. A achega da Deputación é compatible coa percepción doutros ingresos que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade de entidades públicas, privadas ou das persoas usuarias, sempre que o seu importe, xuntamente co da achega provincial, non supere en ningún módulo o importe total do gasto previsto. No caso de que o importe da achega provincial indicada na base 12 xunto coa suma doutros ingresos previstos para o financiamento dun módulo supere o importe do gasto previsto para o mesmo módulo, minorarase a achega provincial no importe necesario para corrixir o exceso de financiamento 5. No caso do módulo IV, persoal auxiliar SAF libre concorrencia, ademais do disposto no parágrafo anterior, se a entidade ten unha previsión de horas a prestar inferior ao recollido na base 12, deberase reducir a achega no dito módulo, tendo en conta o número de horas previstas e a achega provincial de 12 €/hora. 6. Nos supostos en que os servizos sexan prestados por mancomunidades intermunicipais, agrupacións ou fusións con menos de 20.000 habitantes, a contía da achega provincial será o resultado de sumar as cantidades correspondentes dos distintos concellos que a integran. Base 9. Tramitación do programa Á vista das solicitudes presentadas polas entidades locais, o presidente da Deputación aprobará mediante resolución o programa coa concesión das achegas correspondentes ás entidades solicitantes que correspondan e desestimará as solicitudes daquelas entidades locais cuxa solicitude non se axuste ao establecido nas bases e/ou nos modelos fornecidos na plataforma de subvencións e non emendara as deficiencias no devandito prazo.

  • 23

    Sempre que os desestimentos, totais ou parciais, nas contías que figuran asignadas para cada concello no cadro incluído na base 12, supoñan dispoñibilidade de crédito suficiente, poderase ampliar o financiamento para o ano 2018 dun módulo II ou III aos concellos que soliciten a dita ampliación no exposto na base 1. Estas ampliacións recolleranse na citada resolución. A resolución da aprobación do programa coa concesión das achegas correspondentes ás entidades solicitantes de conformidade co establecido no artigo 45 da citada Lei 39/2015, farase mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de edictos e na páxina web da Deputación á cal se remitirá o texto publicado no Boletín Oficial da Provincia. Sen prexuízo do cumprimento da normativa vixente en materia de notificacións administrativas. Conforme co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaranse ás entidades interesadas as resolucións e actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses. Base 10. Pagamento e xustificación 10.1 Prazo de xustificación O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 28 de febreiro de 2019, ás 14:00 horas. Excepcionalmente poderase solicitar unha prórroga antes do 31 de xaneiro 2019, ás 14:00 horas. Logo de ser valoradas favorablemente as causas excepcionais que motivan a dita solicitude pola Sección de Servizos Sociais e a Intervención, poderá concederse prórroga da xustificación ata, como máximo, o 31 de marzo de 2019 ás 14:00 horas. En ningún caso se concederá prórroga para un prazo vencido. Se non se achega a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado), requirirase a entidade beneficiaria para a súa presentación no prazo improrrogable de 15 días. A falta de xustificación neste prazo excepcional levará aparellada a perda da achega provincial e, no seu caso, o reintegro das cantidades anticipadas. A presentación da xustificación fóra de prazo, ou no prazo excepcional, non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que correspondan coa gradación indicada na base 11 deste programa. 10.2 Consideracións xerais As subvencións aboaranse do seguinte xeito: a. 50% da subvención en concepto de anticipo prepagable, logo da notificación da concesión e previa comprobación de que a entidade beneficiaria non ten pendente de xustificar ningún anticipo do plan para o financiamento dos servizos comunitarios de anos anteriores e que cumpre coas obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social, e coa Deputación Provincial da Coruña b. 50% restante tras a xustificación da completa execución do programa, tendo en conta o seguinte:

    Os pagamentos xustificados deberán acadar en cada módulo o da achega da

    Deputación Provincial da Coruña. Cando o importe dos pagamentos xustificados non alcance o importe

    determinado na resolución de concesión para o módulo, e sempre que se respectara a xornada do persoal (nos módulos I,II,III) ou as horas establecidas

  • 24

    na dita resolución (módulo IV ), a achega provincial reducirase ata o importe dos pagos xustificados.

    No caso en que se reduza durante o ano 2018 a xornada do persoal (módulos I,II,III) ou as horas prestadas (modulo IV) respecto das establecidas na resolución de concesión, reducirase proporcionalmente a achega do módulo afectado.

    Cando a achega da Deputación, xunto cos outros ingresos que obteña a entidade beneficiaria supere nalgún dos módulos o importe total dos gastos efectivamente xustificados, minorarase a achega provincial no importe necesario para evitar o exceso de financiamento, o que poderá dar lugar a un expediente de reintegro.

    10.3 Documentación xustificativa A documentación xustificativa deberá vir asinada do seguinte xeito:

    No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da alcaldía/ presidencia ou persoa na que delegue.

    No caso das declaracións e outra documentación, pola alcaldía/presidencia ou persoa na que delegue.

    A documentación que se ha presentar é a seguinte: 10.3.1. Certificación de ingresos e pagamentos (segundo modelo fornecido pola Deputación) na que conste a seguinte información:

    a) O persoal que conste adscrito aos servizos sociais comunitarios da entidade local obxecto deste programa especificando a súa categoría profesional, tipo de xornada, % de dedicación aos servizos sociais cando sexa distinta do 100%, o seu nome, apelidos e NIF, salvo no caso da subcontratación dos servizos do módulo IV no que se fará constar a denominación e NIF da persoa física ou xurídica que lle factura o servizo e o número de auxiliares.

    a. No caso do módulo IV, horas de servizo prestadas indicando as horas prestadas polo persoal propio e as prestadas polo persoal subcontratado, se é o caso.

    b) Os pagamentos efectuados durante o ano 2018 ao persoal dos módulos I, II e III polas retribucións brutas e seguros sociais con cargo á entidade local ou, no caso de que o servizo sexa xestionado indirectamente mediante algunha das formas establecidas na lexislación de contratos do sector público.

    c) c. Os pagamentos efectuados durante o ano 2018 polas retribucións brutas, seguros sociais con cargo á entidade local e gastos de desprazamento do persoal auxiliar do SAF libre concorrencia e/ou no caso de que o servizo sexa xestionado indirectamente, total pagado ao contratista que presta estes servizos polos mesmos conceptos.

    d) O importe de todos os ingresos de natureza pública ou privada obtidos para cada un dos módulos das subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto, así como dos ingresos das persoas usuarias.

    10.3.2. Memoria técnica xustificativa dos servizos sociais comunitarios obxecto do programa efectivamente prestados, asinada pola alcaldía/presidencia ou persoa na que delegue que fará constar o nome, apelidos e NIF do persoal técnico responsable do programa e da elaboración da memoria (Segundo modelo fornecido pola Deputación).

  • 25

    10.3.3. Relación de persoas usuarias do servizo SAF libre concorrencia que conteña cando menos os seguintes datos (válido o modelo do Plan concertado): DNI; idade; sexo; problemática/motivo; data de alta; data de baixa; capacidade económica; número total de horas prestadas decreto; % copagamento decreto; % axustada a tramo decreto; Importe anual aplicado axustado ao decreto s/n, atencións recibidas. Será asinada pola alcaldía/presidencia ou persoa na que delegue que fará constar o nome, apelidos e NIF do persoal técnico responsable do programa e da elaboración da memoria. 10.3.4. Se o importe da subvención provincial no módulo IV é superior a 60.000 €, declaración de que cumpre co disposto na base 7.2.8 para as contratacións con terceiros para a execución total ou parcial das actividades ou investimentos , durante o exercicio 2018 ou, pola contra, de que non se efectuaron novas contratacións durante o período sinalado. 10.3.5. No caso en que a achega provincial sexa superior a 60.000 € no módulo VI, declaración de que nas novas contratacións do SAF libre concorrencia efectuadas no período subvencionado utilizaron os pregos de condicións xerais da Deputación. 10.3.6. Declaración de que nas novas contratacións do SAF libre concorrencia efectuadas no período subvencionado tomaron as medidas oportunas para garantir que os contratistas apliquen o convenio colectivo vixente ao persoal auxiliar de axuda no fogar. 10.3.7. Declaración na que se dea conta do cumprimento da obriga, á que se refire a base 6, de facer constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática ou audiovisual e tamén na páxina web). 10.3.8. Declaración na que se dea conta do cumprimento da obriga, á que se refire a base 6, de que a comunicación e a produción escrita e oral (cartelaría, publicidade oral e escrita, redes sociais, etc.) a que dea lugar toda a actividade subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña deberá estar en lingua galega. 10.3.9. Declaración de non ter pendente de xustificación ningunha cantidade anticipada da Deputación na que xa rematara o prazo para a presentación dos xustificantes. 10.3.10. Declaración de ter aprobada a última conta xeral que legalmente sexa exixible e presentada ante os órganos de control externo. 10.3.11. Cando a xustificación se presente fóra de prazo, a entidade aceptará a sanción que corresponde segundo se recolle na base 10, así como a compensación do importe da sanción no pago da subvención. Se a entidade beneficiaria asume a súa responsabilidade polo incumprimento do prazo de xustificación da subvención referenciada e manifesta que non vai presentar alegacións nin recurso ningún, por estar conforme coa sanción que corresponda, o seu importe reducirase nun 20 por cento, de conformidade co disposto no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o cobramento da subvención, as entidades locais deberán presentar a documentación que se estableza nestas bases. 10.4 Tramitación da xustificación Para os efectos de xustificar os gastos e coa finalidade de exceptuar o art. 31.2 da Lei xeral de subvencións, entenderase que o gasto está realizado coa achega da documentación sinalada na base anterior. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa emenda. Pasado o dito prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que renuncia á achega provincial,

  • 26

    ditándose resolución de perda do dereito ao cobro que deberá ser notificada á entidade beneficiaria. A Deputación da Coruña poderá requirir da entidade beneficiaria a documentación que estime pertinente para os efectos de comprobar o cumprimento da finalidade da subvención. Á vista da documentación xustificativa presentada e despois dos informes previos da Sección de Servizos Sociais e do Servizo de Fiscalización, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionadas e se a documentación é correcta, aprobarase a xustificación e pagarase o importe restante da achega provincial, tendo en conta o disposto na base 10.2. No momento en que se efectúen os pagamentos, a entidade local deberá estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como coa Deputación Provincial da Coruña. Conforme ao que se dispón nas bases de execución do exercicio correspondente, o grao de execución das actividades ou investimentos subvencionados poderá ser considerado para o establecemento dos módulos en futuras convocatorias. 10.5. Procedemento de reintegro de subvencións No caso de incumprimento do obxecto, condicións ou finalidade das subvencións de carácter prepagable, ou ausencia de xustificación destas nos termos contemplados nestas bases, ou cando se acrediten estas circunstancias ou se poña de manifesto o incumprimento das obrigas do beneficiario, a Deputación provincial esixiralles ás entidades beneficiarias o reintegro das cantidades correspondentes xunto cos xuros de mora correspondentes, de acordo co procedemento establecido. No caso de que non efectuase o ingreso do importe que se ha reintegrar no prazo establecido para o efecto, autorízase expresamente a Deputación para que poida efectuar a compensación con calquera débito a favor do beneficiario da subvención, a través das entregas a conta da recadación (no caso de concellos usuarios do Servizo) ou de calquera outra subvención que se encontre no trámite de pagamento (para os non usuarios). Base 11. Incumprimentos e sancións Ao vencemento do prazo de xustificación sinalado nestas bases, sen que a entidade presentase a documentación xustificativa, a unidade xestora requiriraa para que a presente no prazo improrrogable de 15 días dende a notificación colectiva. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a renuncia á subvención outorgada, sen prexuízo das responsabilidades dispostas na Lei xeral de subvencións. A presentación da documentación neste prazo excepcional non eximirá a entidade beneficiaria da sanción que lle corresponda segundo a seguinte gradación:

    Atraso na presentación da xustificación ata un mes: sanción do 10% do importe da subvención, co límite de 150 €.

    Atraso na presentación da xustificación dun mes ata tres: sanción do 20% do importe da subvención, co límite de 400 €.

    Atraso na presentación da xustificación de máis de tres meses: sanción do 30% do importe da subvención, co límite de 900 €.

    O incumprimento reiterado pola mesma entidade beneficiaria dos prazos de xustificación, implicará que se apliquen as sancións sinaladas, elevando nun grao á que proceda.

  • 27

    Poderá ser aplicada a compensación para o cobramento da sanción, salvo que se formule a oposición á sanción por parte da entidade sancionada ata que se resolva o recurso.

    Base 12. Relación de módulos e contías As contías máximas e módulos previstos para os concellos no Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para o exercicio 2018, son as seguintes:

    CONCELLO DE ABEGONDO

    P1500100A

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 3.072,50 36.870,00 €

    TOTAL

    128.870,00 €

    CONCELLO DE ARANGA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 3.276,34 39.316,08 €

    TOTAL

    83.316,08 €

    CONCELLO DE ARES

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 4.880,00 58.560,00 €

    TOTAL

    98.560,00 €

    CONCELLO DE ARZÚA

  • 28

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.147,00 25.764,00 €

    TOTAL

    69.764,00 €

    CONCELLO DA BAÑA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.013,50 12.162,00 €

    TOTAL

    52.162,00 €

    CONCELLO DE BERGONDO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.666,46 19.997,52 €

    TOTAL

    59.997,52 €

    CONCELLO DE BETANZOS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.570,00 30.840,00 €

    TOTAL

    114.840,00 €

    CONCELLO DE BOIMORTO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

  • 29

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.186,00 26.232,00 €

    TOTAL

    66.232,00 €

    CONCELLO DE BOIRO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 7.308,15 87.697,80 €

    TOTAL

    127.697,80 €

    CONCELLO DE BOQUEIXÓN

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.358,88 16.306,56 €

    TOTAL

    74.306,56 €

    CONCELLO DE BRIÓN

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.638,74 19.664,88 €

    TOTAL

    63.664,88 €

    CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

  • 30

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.974,50 23.694,00 €

    TOTAL

    63.694,00 €

    CONCELLO DE CABANAS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 6.246,25 74.955,00 €

    TOTAL

    114.955,00 €

    CONCELLO DE CAMARIÑAS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 459,67 5.516,04 €

    TOTAL

    75.516,04 €

    CONCELLO DA CAPELA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.501,00 18.012,00 €

    TOTAL

    36.012,00 €

    CONCELLO DE CARIÑO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 6.296,00 75.552,00 €

    TOTAL

    119.552,00 €

    CONCELLO DE CARNOTA

  • 31

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.364,00 16.368,00 €

    TOTAL

    56.368,00 €

    CONCELLO DE CARRAL

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    ID Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 14.329,48 171.953,76 €

    TOTAL

    211.953,76 €

    CONCELLO DE CEDEIRA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.208,00 26.496,00 €

    TOTAL

    66.496,00 €

    CONCELLO DE CEE

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 5.331,50 63.978,00 €

    TOTAL

    103.978,00 €

    CONCELLO DE CERCEDA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

  • 32

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 5.315,50 63.786,00 €

    TOTAL

    103.786,00 €

    CONCELLO DE CERDIDO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.539,00 18.468,00 €

    TOTAL

    36.468,00 €

    CONCELLO DE COIRÓS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.276,50 15.318,00 €

    TOTAL

    55.318,00 €

    CONCELLO DE CORCUBIÓN

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.681,50 20.178,00 €

    TOTAL

    60.178,00 €

    CONCELLO DE CORISTANCO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.978,94 23.747,28 €

    TOTAL

    89.747,28 €

    CONCELLO CURTIS

  • 33

    DE

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.119,00 13.428,00 €

    TOTAL

    53.428,00 €

    CONCELLO DE DODRO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 4.313,25 51.759,00 €

    TOTAL

    91.759,00 €

    CONCELLO DE DUMBRÍA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 5.555,00 66.660,00 €

    TOTAL

    84.660,00 €

    CONCELLO DE FENE

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.495,01 17.940,12 €

    TOTAL

    57.940,12 €

    CONCELLO DE FISTERRA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

  • 34

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.314,00 15.768,00 €

    TOTAL

    59.768,00 €

    CONCELLO DE FRADES

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.340,60 16.087,20 €

    TOTAL

    34.087,20 €

    CONCELLO DE IRIXOA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.263,65 15.163,80 €

    TOTAL

    55.163,80 €

    CONCELLO DA LARACHA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IC Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 10.938,50 131.262,00 €

    TOTAL

    189.262,00 €

    CONCELLO DE LAXE

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.867,99 22.415,88 €

    TOTAL

    62.415,88 €

    CONCELLO DE LOUSAME

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

  • 35

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.291,00 15.492,00 €

    TOTAL

    55.492,00 €

    CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 3.290,00 39.480,00 €

    TOTAL

    79.480,00 €

    CONCELLO DE MAÑÓN

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 7.204,00 86.448,00 €

    TOTAL

    126.448,00 €

    CONCELLO DE MAZARICOS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.380,02 28.560,24 €

    TOTAL

    68.560,24 €

    CONCELLO DE MELIDE

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 7.455,00 89.460,00 €

  • 36

    TOTAL

    129.460,00 €

    CONCELLO DE MESÍA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 3.451,17 41.414,04 €

    TOTAL

    99.414,04 €

    CONCELLO DE MIÑO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.676,50 32.118,00 €

    TOTAL

    120.118,00 €

    CONCELLO DE MOECHE

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.200,00 26.400,00 €

    TOTAL

    44.400,00 €

    CONCELLO DE MONFERO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.244,50 14.934,00 €

    TOTAL

    32.934,00 €

  • 37

    CONCELLO DE MUGARDOS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 3.367,70 40.412,40 €

    TOTAL

    84.412,40 €

    CONCELLO DE MUROS

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.670,00 20.040,00 €

    TOTAL

    60.040,00 €

    CONCELLO DE MUXÍA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.655,00 19.860,00 €

    TOTAL

    59.860,00 €

    CONCELLO DE NEDA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 9.969,01 119.628,12 €

    TOTAL

    159.628,12 €

    CONCELLO DE NEGREIRA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

  • 38

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 2.106,45 25.277,40 €

    TOTAL

    95.277,40 €

    CONCELLO DE NOIA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A1 26.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 3.932,00 47.184,00 €

    TOTAL

    91.184,00 €

    CONCELLO DE ORDES

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.829,60 21.955,20 €

    TOTAL

    61.955,20 €

    CONCELLO DE OROSO

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 1.040,86 12.490,32 €

    TOTAL

    52.490,32 €

    CONCELLO DE ORTIGUEIRA

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    III Persoal técnico A1 26.000,00 €

  • 39

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 4038 48.456,00 €

    TOTAL

    114.456,00 €

    CONCELLO DE OUTES

    MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima

    I Persoal administrativo C1 ou C2 18.000,00 €

    II Persoal técnico A2 22.000,00 €

    IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas prestadas 2016 5.082,26 60.987,12 €

    TOTAL

    100.987,12 €

    CONCELLO DE O