curso 2019-20 - manuel seixas 6-7-8-9 apuntes... · 2020. 4. 14. · curso 2019-20 temas 6 – 7...
TRANSCRIPT
-
PSICOLOXÍA
2º BACHARELATO
CURSO 2019-20 TEMAS 6 – 7 – 8: O COÑECEMENTO I (A SENSACIÓN + A PERCEPCIÓN) – II (A
IMAXINACIÓN +A MEMORIA) – III (A INTELIXENCIA) E TEMA 9: A REALIDADE COMO
PRAXE. A ACCIÓN HUMANA (A MOTIVACIÓN + OS REFORZOS E O CASTIGO + A
FRUSTRACIÓN + A VONTADE)
JAMIE BALDRIDGE SURREALISMO FOTOGRÁFICO
-
1
TEMA 6: O COÑECEMENTO. PARTE I.-
6.1.- OS SENTIDOS. A SENSACIÓN.- 6.1.1.- DEFINICIÓN DE SENSACIÓN.- 6.1.2.- TEORÍAS DOS LIMIARES.- 6.1.3.- MODALIDADES DA SENSACIÓN.-
6.2.- A PERCEPCIÓN 6.2.1.- DEFINICIÓN DE PERCEPCIÓN 6.2.2.- PERCEPCIÓN DA FIGURA E DO FONDO 6.2.3.- ANOMALÍAS DA PERCEPCIÓN 6.2.4.- PERCEPCIÓN E PERSONALIDADE
TEMA 7: O COÑECEMENTO. PARTE II.-
7.1.- A IMAXINACIÓN: DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS.-
7.1.1.- IMAXINACIÓN REPRODUTORA E IMAXINACIÓN CREADORA (FANTASÍA).- 7.1.2.- FORMAS DE FANTASÍA.- 7.1.3.- PATOLOXÍA DA IMAXINACIÓN.-
7.2.- A MEMORIA 7.2.1.- DEFINICIÓN DE MEMORIA.- 7.2.2.- TIPOS DE MEMORIA.- 7.2.3.- O ESQUECEMENTO. 7.2.4.- ENFERMIDADES DA MEMORIA.-
TEMA 8: O COÑECEMENTO. PARTE III.-
8.1.- A INTELIXENCIA HUMANA.- 8.1.1- SENTIDO DA CONDUCTA INTELIXENTE.-
8.1.2- CARACTERÍSTICAS DA INTELIXENCIA HUMANA.- 8.1.3.- A MEDIDA DA INTELIXENCIA.- 8.1.4.- UNIDADES DE MEDIDA DA INTELIXENCIA.- 8.1.5.- A INTELIXENCIA EMOCIONAL.- 8.1.6.- AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
TEMA 9: A REALIDADE COMO PRAXE. A ACCIÓN HUMANA.-
9.1.- OS MOTIVOS DO SER HUMANO.- 9.2.- CLASIFICACIÓN DOS MOTIVOS.- 9.3.- DINÁMICA DA MOTIVACIÓN.-
9.3.1.- MOTIVACIÓN E AFECTIVIDADE.- 9.3.2.- MOTIVACIÓN E INCENTIVOS.- 9.3.3.- O CASTIGO.- 9.3.4.- A FRUSTRACIÓN.-
9.3.4.1.- DEFINICIÓN DE FRUSTRACIÓN.- 9.3.4.2.- CAUSAS DA FRUSTRACIÓN.- 9.3.4.3.- CONSECUENCIAS E OBXECTO DA FRUSTRACIÓN.- 9.3.4.4.- DEFENSAS ANTE AS CONSECUENCIAS DA FRUSTRACIÓN
9.3.5- A VONTADE.- 9.3.5.1.- O PROBLEMA DA VONTADE.- 9.3.5.2.- VONTADE E INTELIXENCIA.- 9.3.5.3.- FASES DO ACTO VOLUNTARIO.- 9.3.5.4.- PATOLOXÍA DA VONTADE.
-
2
TEMA 6: O COÑECEMENTO. PARTE I.- 6.1.- OS SENTIDOS. A SENSACIÓN.-
6.1.1.- DEFINICIÓN DE SENSACIÓN.- A sensación pódese definir coma un fenómeno psíquico orixinado pola excitación dun órgano sensorial.
Esta excitación é producida por un estímulo.
Podemos distinguir tres fases na sensación:
1) Fase física: emisión dun estímulo, ben do mundo exterior ou do noso organismo.
2) Fase fisiolóxica: alteración que produce o estímulo nun dos nosos sentidos e os posteriores
fenómenos neurofisiolóxicos que provoca.
3) Fase psíquica: coñecemento da calidade sentida: cor, olor, audición…
6.1.2.- TEORÍAS DOS LIMIARES.- Só é estímulo aquel factor que ten capacidade para producir a excitación dun órgano sensorial.
Esta capacidade depende dunhas características cuantitativas. Segundo estas características temos os
chamados limiares.
Limiar mínimo: É a menor cantidade de estímulo necesaria para provocar unha sensación consciente.
(p. ex.: menos de 16 vibracións sonoras p/s non son perceptibles para o ser humano; p. ex.: non é perceptible
unha lonxitude de onda de cor violeta de 380 ou menos milimicras).
- Limiares mínimos do ser humano segundo E. Galanter (Psicofísico actual):
Vista: Nunha noite escura e espellada é posible ver a chama dunha vela a máis de 45 Km.
Oído: Cun silencio axeitado o tictac dun reloxo de pulseira pode oírse a máis de seis metros de distancia.
Gusto: É posible detectar o sabor do azucre tras disolver unha culleriña deste en sete litros e medio de
auga.
Olfacto: É posible detectar o olor dunha pinga de perfume nun piso de tres habitacións.
Tacto: Pódese sentir a á dunha abella que caera sobre a meixela dende 1 cm. de distancia.
Limiar máximo: É aquela intensidade de estímulo máis alá da cal non percibimos sensación.
(P. ex.: a partir de 20.000 vibracións sonoras p/s xa non oímos ou en todo caso, sentimos dor; pexa:
máis alá de 780 milimicras de lonxitude de onda de cor vermella a percepción sería invisible.)
Resulta interesante destacar o caso das “bolboretas nocturnas”. Estas bolboretas son capaces de captar
sons de elevada frecuencia porque a selección natural fixo que sobreviviran as bolboretas dotadas con este
equipo sensorial, xa que, grazas a el, poden escapar aos morcegos que lanzan berros agudísimos para detectar
coa súa especie de “radar” os obstáculos, neste caso, os posibles obxectos alimenticios.)
Limiar diferencial: É aquela cantidade de estímulo necesaria para que o suxeito experimente unha
VARIACIÓN na súa sensación.
(Estes limiares non son iguais en todos os seres humanos. Ex.: soldados que non escoitan as bombas e si
escoitan a voz do oficial).
O limiar diferencial é o máis interesante dos limiares.
A determinación deste limiar fíxose por diversos procedementos:
1º Procedemento: Método das pequenas diferencias perceptibles.-
Consiste en:
a) Vaise aumentando progresivamente o estímulo ata que o suxeito ten un aumento de sensación: á
cantidade aumentada chamámoslle n.
-
3
b) Logo diminuímos o estímulo ata que o suxeito experimente diminución de sensación (á cantidade
diminuída chamámoslle n´)
Limiar Diferencial = media aritmética das dúas cantidades, é dicir:
n +n´
2
Pero os filósofos e psicólogos tentaron conseguir unha lei realmente precisa que regulase o limiar diferencial
para cada tipo de sensación, xa que esta do primeiro método non o era.
2º Procedemento: Procedemento de Weber.-
Weber, no século XIX, observou que para notar un cambio na sensación é necesario un aumento
determinado na magnitude do estímulo. A cantidade aumentada garda unha PROPORCIÓN CONSTANTE.
De aquí sacou a fórmula:
M
L.D. = = K
M
L.D. = Limiar Diferencial.
M = Incremento da magnitude necesario para unha diferencia.
M = Magnitude do estímulo.
K = CONSTANTE DE Weber.
Tampouco esta fórmula resultou plenamente convincente e chegouse a unha terceira posibilidade.
3º Procedemento: Procedemento de FECHNER.-
Con posterioridade a Weber, Fechner quixo dar unha formulación aínda máis precisa. Chegou á
conclusión de que todos os limiares diferencias eran subxectivamente equivalentes.
A súa fórmula:
S = K. log E A intensidade da sensación é proporcional ao logaritmo do estímulo multiplicado por unha constante (K
de Weber).
6.1.3.- MODALIDADES DA SENSACIÓN.-
I) SENSACIÓN VISUAL
O estímulo está constituído por ondas electromagnéticas (o que adoitamos chamar “luz”) que inciden na
retina do ollo, onde están situados uns receptores chamados “bastonciños” e conos, que son células nerviosas
excitables pola luz.
Os “bastonciños” só son sensibles á luz débil e utilízanse na visión nocturna.
Os conos serven para a visión diúrna e só eles son sensibles á cor.
Hai dúas teorías sobre a visión da cor:
-
4
TEORÍA TRICROMÁTICA: Afirma que temos tres tipos de conos sensibles cada un a cada
unha das tres cores fundamentais (Vermello, Amarelo e Azul). Da mestura saen todas as cores.
TEORÍA TETRACROMÁTICA: Di que existen catro clases de conos. (Vermello, Amarelo,
azul, Verde). Os receptores están complementando dous a dous ás cores: VERMELLO-VERDE; AMARELO-
AZUL.
¡¡Atención: dicimos que son complementarios porque dan branco en canto mestura de ondas, non
coma botes de pintura!!
PERTURBACIÓNS DA VISIÓN DA COR:
ACROMATOPSIA: Incapacidade de percibir calquera cor, excepto branco, negro e gris. (Ven o
mundo como nunha televisión en branco e negro).
DEUTERONOPÍA (DALTONISMO): Non distinción entre vermello e verde.
TRITONOPÍA: Non distinción entre azul e verde.
II) SENSACIÓN AUDITIVA
O estímulo son as ondas sonoras recibidas polo oído externo, que a través do oído medio chegan ao
interno onde está situado o órgano de Corti, que ten unhas células ciliadas facilmente excitables polas ondas.
Percibimos entón os sons.
As calidades propias do son son:
- intensidade: depende da AMPLITUDE da onda sonora.
- ton: orixinado pola FRECUENCIA das ondas. (alta agudo; baixa grave).
- timbre: depende dos SONS HARMÓNICOS que acompañan ao son principal.
III) SENSACIÓN GUSTATIVA
O estímulo son as sustancias en estado líquido. O órgano encargado de recibilas son unhas células
chamadas papilas gustativas que recobren a superficie da lingua. Así captamos os sabores:
Hai catro sabores básicos:
- DOCE
- SALGADO
- ÁCIDO
- AMARGO.
IV) SENSACIÓN OLFACTIVA
O estímulo son as sustancias volatilizadas que excitan os receptores olfactorios situados na parte
superior das fosas nasais.
Mediante esta sensación captamos os olores.
[Os olores son indefinidos en número. De todos os xeitos fixéronse clasificacións moi discutibles.
As máis interesantes son:
O PRISMA DE HENNING (6 olores básicos. Da mestura saen todos os demais.)
-
5
pútrido
fragrante etéreo
queimado
aromático resinoso
A DIVISIÓN DE VON SKRAMLICK.- Distingue entre
- olores puros (só sensación de olor):
etéreo: o limón
fragrante: a rosa
resinoso: a trementina (resina semilíquida do terebinto e outras árbores).
cadineno: o xenebreiro (arbusto de froito rosáceo e madeira encarnada e olorosa.
aromático: a canela.
pútrido: os olores fecais.
- olores impuros ( van acompañados doutra sensación)
olor a cloroformo: acompañado da sensación doce.
olor a mentol: unido a sensación de frío.
olor a amoníaco: unido a sensación de dor.
olor a vinagre: unido a sensación de ácido.
olor a coñac: unido á sensación da calor.]
V) SENSACIÓN TÉRMICA Na pel hai uns puntos sensibles á calor e uns puntos sensibles ao frío, polo que se fala do sentido
da calor e do frío. Aínda non está clarexado cales son os verdadeiros órganos receptores destas sensacións. As
principais teorías son as de BAZETT (biopsias) e JENKINS. O que si se comprobou é que os receptores da
calor están a máis profundidade que os do frío.
VI) SENSACIÓN TÁCTIL Sensación pouco coñecida. Captamos con ela o duro e o brando, o liso e o rugoso, é dicir, o contacto
dos obxectos. Non se coñece ben o órgano receptor, aínda que parecen ser os CORPÚSCULOS DE
MEISSNER situados na epiderme e os de VATER-PACINI, situados na derme.
VII) SENSACIÓN ALXÉSICA Mediante ela sentimos a dor. O órgano receptor semellan ser unhas terminacións libres nerviosas da
“pel”. (En principio, calquera estimulación, ao alcanzar unha elevada intensidade podería producir dor).
VIII) SENTIDO DO EQUILIBRIO O seu órgano receptor parece que son os tres canais semicirculares e o órgano vestibular, todo isto
dentro do oído interno. Mediante este sentido captamos a posición do noso corpo.
IX) SENTIDO CINESTÉSICO OU MUSCULAR
Mediante el coordinamos a actuación dos nosos músculos dun xeito automático. Os órganos
receptores son unhas terminacións nerviosas situadas nos tendóns e nas xuntas articulares.
Anomalía ARRITMIA: falta de coordinación nos movementos.
X) SENTIDO CENESTÉSICO
Gracias a el coñecemos o estado xeral do noso organismo: sensación de fame, sede, saúde, etc. Pode
que inflúa moito o HIPOTÁLAMO.
-
6
6.2.- A PERCEPCIÓN
6.2.1.- DEFINICIÓN DE PERCEPCIÓN Parece ser que o suxeito consegue estruturar a información sensorial nun proceso activo e creador que
vai máis alá das sensacións.
Podemos dicir entón que a percepción consiste na estruturación dos datos sensoriais mediante a que o
suxeito realiza unha síntese creadora e captadora dos obxectos.
6.2.2.- PERCEPCIÓN DA FIGURA E DO FONDO A percepción máis simple é a dunha figura sobre un fondo. Tanto unha coma outro teñen unhas características
sinaladas por RUBIN en 1.921.
a) Características figura e fondo.
As da figura son:
1) Posúe unha forma precisa, cos seus caracteres e límites ben deliñados.
2) Percíbese máis próxima ao suxeito co fondo.
3) Ten unha estrutura perfectamente captada.
4) O seu tamaño é menor co do fondo, no que queda encadrada.
As propiedades do fondo son opostas á figura.
b) Principios explicativos de por que a figura se capta coma figura e o fondo coma
fondo e non á inversa.
Estes principios son os seguintes:
- Principio do tamaño.- A superficie máis pequena constrúese coma figura e a maior coma fondo.
- Principio da simplicidade.- A percepción da figura e do fondo realízase sempre de maneira que
resulte o máis sinxela posible.
- Principio do envolvente e do envolto.- A superficie envolvente cáptase coma fondo e a envolta
coma figura.
- Principio da reversibilidade.- En ocasións a percepción figura-fondo é reversible: o que era
fondo pasa a ser figura e o que era figura pasa a ser fondo.
c) Percepción da figura.
A estruturación da figura non se fai ao chou senón que se regula por unha serie de normas. As principais
son:
1) Lei de proximidade.- Os obxectos próximos entre si tenden a seren integrados nunha mesma
figura.
2) Lei de semellanza.- Os obxectos que son similares ou parecidos tenden a seren integrados
nunha mesma figura.
3) Lei de continuidade.- Os obxectos que aparecen nunha sucesión de continuidade tenden a
seren integrados nunha mesma figura.
4) Lei de clausura.- Téndese na percepción a clausurar, é dicir, a pechar a figura, a completar a
figura que semella incompleta.
5) Lei da boa forma ou lei de pregnancia.- A percepción realízase no sentido da figura mellor,
máis sinxela. Co menor gasto de enerxía: "principio de economía da información" (Unido ao principio da
simplicidade).
6) Lei do contraste.- Un mesmo elemento segundo a súa relación cos demais compoñentes da
figura pode ser percibido como maior ou menor.
6.2.3.- ANOMALÍAS DA PERCEPCIÓN A percepción, ademais de factores moi próximos á fisioloxía, depende doutros aspectos como:
- A ATENCIÓN
- O ESTADO AFECTIVO DO INDIVIDUO
- OS SEUS HÁBITOS E CRENZAS.
Precisamente, debido a que estas condicións poden estar alteradas, é preciso admitir a existencia de
posibles anomalías da percepción.
-
7
Podemos distinguir tres grupos de erros perceptivos:
1.- Referentes ao obxecto mesmo:
- en canto percibimos calidades que non ten (ERRO DOS SENTIDOS).
- en canto lle atribuamos ao obxecto calidades que pertencen a outro (ILUSIÓN).
A ilusión adoita ter a súa orixe:
a) nunha defectuosa concentración da atención.
b) nunha profunda influencia da emotividade.
2.- Cando falta o obxecto externo. (ALUCINACIÓN).-
É unha percepción sen obxecto. As máis frecuentes son as ópticas e as acústicas. (Aínda que é moi
coñecida a alucinación do brazo ou perna fantasma, que despois de ser amputado, se sinte como se se tivese).
3.- Cando o obxecto é percibido baixo uns atributos anteriores que xa non posúe (ILUSIÓN DO
XA VISTO).
6.2.4.- PERCEPCIÓN E PERSONALIDADE Vimos como a percepción cobre cunha dimensión subxectivista ao coñecemento sensorial e ten, polo
tanto, un fondo significado psicolóxico.
En primeiro lugar, se penetrara na nosa mente toda a información, que en
forma de enerxía estimulante, chega constantemente aos nosos sentidos, viviriamos
nun caos de impresións carentes de significado.
En virtude de complicados procesos nos que se poñen en xogo os sistemas de
alerta e activación troncoencefálicos, a nosa sensibilidade non se limita a reflectir o
que ocorre ao noso redor. Os mecanismos atencionais encárganse de filtrar a
información que nos chega, reforzando algún dos seus aspectos ou ignorando ou
minimizando outros.
Tal vez deberamos afirmar que, incluso tratándose de obxectos físicos, ¡¡NON PERCIBIMOS SÓ O
QUE TEMOS ENFRONTE, SENÓN QUE PERCIBIMOS TAMÉN O QUE LEVAMOS DENTRO!! (Aquí
radica o fundamento dos test proxectivos da personalidade).
(Poderemos citar múltiples exemplos de influencias persoais na percepción: ilusións óptico-xeométricas:
ZÖLLNER, MÜLLER-LYER, etc., ilusións subxectivas: influencia da fame, do valor dos obxectos; tema da
SUXESTIÓN).
========================================================
-
8
TEMA 7: O COÑECEMENTO. PARTE II.-
7.1.- A IMAXINACIÓN: DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS.-
Podemos definir a imaxinación como a facultade de evocar imaxes libres que non dependen ou
non teñen por que depender de ningún estímulo externo.
A nosa imaxinación non funciona sempre de modo voluntario. Temos así imaxes:
Hipnagóxicas.- Preceden ao soño ou están nas primeiras fases superficiais do mesmo (oír
voces, sensación de caer da cama).
Oníricas.- Durante o soño. Son totalmente incontroladas e semellan absurdas. A psicanálise
de Freud e o seu discípulo Jung cre que os soños son a expresión “simbólica” dos nosos impulsos secretos,
reprimidos durante o estado de vixilia, pero que afloran dende o inconsciente en forma de imaxes oníricas
enmascaradas.
Ensoñacións.- Durante a vixilia. Creamos situacións novas que nos serven para escapar da
realidade. É unha forma típica de evasión (estar na clase e pensar nas vacacións, na fin de semana ou nas vacas
pastando no monte, vai ti saber).
Alucinacións.- Durante a vixilia. Son imaxes que non pode controlar o suxeito, que se lle
“impoñen” (“Delirium tremens”, “subida de ácido”…).
Por outra banda as imaxes levan ou poden levar consigo unha certa carga de afectividade ou carga
afectiva (angustia despois pesadelos, imaxe luns – imaxe venres…) e tamén teñen o chamado poder
dinamoxénico, é dicir, que teñen a capacidade de producir en nós unha resposta motora (rir pensando en
imaxes de feitos cómicos, mover os pés e mans imaxinando unha melodía…).
-
9
Por último sinalar que as imaxes máis fieis á realidade son as ICÓNICAS, que son imaxes normais e
logo as EIDÉTICAS, que son imaxes inmediatamente consecutivas a unha percepción (obxecto retirado, longa
exposición luz lámpada…).
7.1.1.- IMAXINACIÓN REPRODUTORA E IMAXINACIÓN CREADORA (FANTASÍA).-
A imaxinación reprodutora limítase a recordar o xa percibido, e neste sentido é máis memorística.
Na imaxinación creadora ou fantasía prodúcense imaxes novas ou dalgún xeito establecemos situacións
novas nas que as imaxes coñecidas se combinan dun modo novo.
Estritamente falando, todas as imaxes por novas que sexan teñen o seu fundamento noutras previas, polo
que poderiamos falar de imaxinación COMBINADORA.
O proceso de formación de imaxes “novas” ou “creadoras” a partir das icónicas faise mediante varias
opcións:
1) Combinación de dúas ou máis imaxes: esfinxe = león+muller.
2) Aumento: xigante.
3) Diminución: ananiños.
4) Adición de certas características: unicornio.
5) Supresión de certas características: ciclope.
6) Pequenas variacións ou alteracións: Cyrano de Bergerac.
Todos estes procedementos adóitanse combinar entre eles.
-
10
A imaxinación creadora ou fantasía ten unha importante función na produción literaria, artística,
científica… É considerada intelixencia.
Ao analizar os factores que inflúen na “invención” ou “creación” podemos distinguir tres grandes
grupos de factores:
a) Fisiolóxicos: estado cerebral, temperamento, herdanza… b) Psicolóxicos: concentración, inspiración, inconsciente, factores afectivos. c) Sociais: formas e técnicas.
7.1.2.- FORMAS DE FANTASÍA.-
Sinalaremos as seguintes:
1) Fantasía lúdica.- Ten un sentido finalista. O neno anticipa o seu propio desenvolvemento mediante a adopción imaxinativa dos distintos “roles” sociais ( Ex.:“Xogar a ser papás e mamás”,
“xogar aos médicos”, “policías e ladróns”, etc.).
2) Fantasía desiderativa.- Consiste en lograr dun modo imaxinativo aquilo que a vida real nos nega.
(Ex.: Imaxinar Barça basket campión de Europa)
3) Fantasía de temores.- Consiste en representarse imaxinariamente posibles fracasos, desgracias ou penas.
Temos aquí tres opcións:
a) Ante un futuro ameazador o suxeito representa de antemán unha situación adversa que lle permite dominar a situación. (Ex.: chamada director “pensei que sería peor”).
b) Pódese utilizar para evadir unha determinada acción. (Ex.: “non hai nada que facer”, “é moi difícil”, “é moito”, “non vou aprobar” “Xa non estudio”).
c) Permite previr unha desgracia. (Ex.: pais, nais: “Non corras”, “chega antes de que sexa de noite”, “mira ben ao cruzar”, etc.).
4) Fantasía planeadora.- Consiste en anticipar imaxinariamente o futuro para ensartar a acción na marcha xeral dos acontecementos. Esixe control do pensamento crítico e reflexión. (Ex: facer
“planes” para unha viaxe = planificar ou planear).
5) Fantasía creadora.- É propia doa artistas, científicos… Busca atopar u oculto das cousas. (Exs: calquera libro, disco, pintura, descubrimento…)
7.1.3.- PATOLOXÍA DA IMAXINACIÓN.-
Sinalaremos tres patoloxías fundamentais:
1) Delirios: Avultamento, esaxeración de soños normais. 2) Fabulación: Contar historias reais para chamar a atención ou para conmover ou interesar. Utilízase
normalmente para compensar deficiencias propias.
3) Mitomanía: Tendencia patolóxica á mentira ou simulación.
-
11
7.2.- A MEMORIA
7.2.1.- DEFINICIÓN DE MEMORIA.-
O primeiro que temos que sinalar é que hai unha gran conexión entre a imaxinación reprodutora
e a memoria.
Podemos definir a memoria como a capacidade de reproducir as imaxes do pasado.
De acordo con esta definición, acéptase a existencia de dous procesos distintos na memoria:
a) proceso de adquisición
b) proceso de conservación.
7.2.2.- TIPOS DE MEMORIA.-
Podemos clasificar a memoria dende distintos puntos de vista:
A Polo tempo que duran os recordos:
- MEMORIA A CURTO PRAZO (M.C.P.) OU INMEDIATA (M.I.) - MEMORIA A LONGO PRAZO (M.L.P.)
M.C.P. ou M.I. retén unha aprendizaxe durante un período de pouco tempo (segundos, minutos,
como moito horas)
M.L.P. pode reter durante días, meses, anos… (A M.L.P. almacena incluso de forma inconsciente
polo que facilita a reaprendizaxe )
B Pola maneira de gravar os recordos (Polo obxecto representado):
- MEMORIA MECÁNICA OU PERCEPTIVA - MEMORIA DE SENTIDO OU SIGNIFICADO
Memoria mecánica Recorda sobre todo: caras, nomes, datas… É unha
aprendizaxe memorística
Memoria de sentido ou significado Produce unha aprendizaxe que busca
COMPRENDER PARA APRENDER . Busca o significado, a ESTRUTURA DAS COUSAS.
7.2.3.- O ESQUECEMENTO.
Podemos definir o esquecemento como a imposibilidade de reproducir percepcións
pasadas que foron fixadas e a pesar do esforzo realizado polo suxeito para lembralas.
É un fenómeno normal no psiquismo humano. Incluso necesario. Así, xunto
á MNEMOTECNIA = TÉCNICAS PARA FACILITAR O RECORDO, temos a
LETHOTECNIA = TÉCNICAS PARA ESQUECER O QUE NON É INTERESANTE.
As causas do esquecemento son fundamentalmente:
a) Unha fixación deficiente da imaxe = mala aprendizaxe. b) A interferencia do aprendido con novas aprendizaxes. c) A represión. Segundo a Psicanálise tendemos a esquecer aquilo que nos desagrada.
-
12
7.2.4.- ENFERMIDADES DA MEMORIA.-
Poden ser enfermidades por defecto ou por exceso.
AMNESIAS
AFASIAS
Perda ou diminución da memoria.
a) Amnesia anterógrada.- Imposibilidade de adquirir recordos a partir do momento no que se ten a enfermidade. Falla a fixación de imaxes.
b) Amnesia retrógrada.- Non se poden evocar as imaxes de acontecementos pasados que xa foran fixados.
Tipos:
- Amnesias “lacunares”: período determinado do pasado, datas determinadas. - Amnesias electivas: imaxes dun suceso ou persoa. - Amnesias progresivas: vaise estendendo o grao de acción.
Amnesias moi “especializadas”.
a) Apraxias: Perturbacións das imaxes motoras reguladoras dos movementos. - Apraxia verbal = esquecemento da articulación das palabras. - Agrafia = esquecemento das imaxes motoras da escritura. b) Agnosias: Perturbacións conxuntas da memoria e da percepción. Imposibilidade de recoñecer
obxectos.
- Agnosia visual ou cegueira psíquica = alexia - Agnosia auditiva = xordeira psíquica.
A) HIPERMNESIA B) ECMNESIA C) PARAMNESIA
A) Exceso de recordo. (Febre, somnambulismo, hipnose, perigo de morte??)
B) Alucinación do pasado. O pasado volve ser vivido (non lembrado) de novo. É un estado durante o
que o suxeito revive escenas completas do seu pasado como se fosen presentes. (epilepsia, histeria, onirismo??)
C) Ilusión do xa vivido. O presente é tomado como algo pasado. Temos conciencia de que o
que estamos a vivir xa o viviramos nun momento do pasado. Sería algo máis que o “deja vu”. (suplir mediante
fabulacións lagoas da memoria, reencarnación…??)
=========================================================
Por
defecto
Por exceso
Por defecto
AFASIAS
Por exceso
-
13
TEMA 8: O COÑECEMENTO. PARTE III.-
8.1.- A INTELIXENCIA HUMANA.-
Tanto o ser humano como o animal viven inmersos nun ambiente que, se para o animal é
sobre todo físico e biolóxico, para o ser humano é ademais social e espiritual.
Unha primeira definición xeral da intelixencia sería a que di que: intelixencia é a facultade que nos
permite poñernos en contacto coas cousas dun xeito racional.
Por isto: A MELLOR DEFINICIÓN DE INTELIXENCIA É QUE A INTELIXENCIA É A
CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN ANTE NOVAS SITUACIÓNS.
8.1.1- SENTIDO DA CONDUCTA INTELIXENTE.-
Mentres as relacións entre o individuo e o mundo que o rodea se manteñan no que chama STERN:
AUTOEVIDENCIA, é dicir, mentres non se produzan problemas, o suxeito non necesita actuar
intelixentemente. Pero isto ocorre poucas veces, no que se refire ao ser humano, xa que o que caracteriza as
relacións ser humano-ambiente é a súa INESTABILIDADE e a súa COMPLEXIDADE CRECENTE. En tales
circunstancias, vémonos obrigados a realizar un proceso intelectivo para dar á situación unha resposta axeitada.
Esta capacidade de solucionar situacións atopámola nalgúns animais moi evolucionados, e sobre todo,
no ser humano. Pero este comportamento intelixente implica tres factores fundamentais no suxeito:
a) COMPRENDER A SITUACIÓN
b) INVENTAR A SOLUCIÓN
c) ACTUAR EN CONSECUENCIA.
8.1.2- CARACTERÍSTICAS DA INTELIXENCIA HUMANA.-
Durante séculos, o que sucedeu, é que filósofos e psicólogos non recoñeceron outra forma de
intelixencia que non fose a humana, conceptual e lóxica, expresada a través da linguaxe.
Na actualidade, a partir dos experimentos de KÖHLER, BITTERMAN e o matrimonio KELLOG,
feitos con animais, estúdiase unha forma de intelixencia máis primitiva ca humana, pero que se distingue
claramente do instinto, aínda que non sexa abstracta (segue en feitos concretos) e estea unida ás necesidades
biolóxicas.
A esta forma “primitiva” de “intelixencia animal” adóitaselle chamar
INTELIXENCIA PRÁCTICA,
deixando para a “intelixencia do ser humano” as denominacións de
ENTENDEMENTO e RAZÓN.
-
14
A orixe do que denominamos INTELIXENCIA PRÁCTICA atópase no que BERGSON chamou “A
EVOLUCIÓN CREADORA”.
Segundo Bergson, primeiro apareceu a INTELIXENCIA ARTESÁ PRÁCTICA do homo faber = homo
hábilis e posteriormente xurdiu a INTELIXENCIA do homo sapiens INTELIXENCIA RACIONAL E
LÓXICA = ENTENDEMENTO ou RAZÓN.
Esta última intelixencia vai máis alá do concreto, do biolóxico, das necesidades inmediatas e chega ata o
abstracto, o non necesario bioloxicamente.
(Citar estudios KÖHLER, VATSURO, RUSSELL).
8.1.3.- A MEDIDA DA INTELIXENCIA.-
A intelixencia non se pode medir con toda precisión, como se podería, por exemplo medir a lonxitude
dunha mesa.
O que realmente se mide non é a intelixencia, senón determinados resultados da actividade da
intelixencia. É dicir, hai que recorrer ás manifestacións da intelixencia para lograr unha medida que dalgún
modo sexa indicativa da capacidade ou aptitude do individuo. Esta medida indirecta da intelixencia realízase a
través dos test mentais. Ben feitos, dan un valor de certa probabilidade sobre o grao de intelixencia dun
suxeito.
As tres calidades básicas dun test son:
- Fidelidade: Un test aplicado dúas veces a un mesmo suxeito dá resultados idénticos. - Sensibilidade ou finura discriminativa: Cantas máis escalas teña o test para a clasificación dos
suxeitos máis sensible é. (Se só distingue (discrimina) entre persoas “listas” e “parvas” sería un test
pouco sensible, un test malo).
- Validez: Un test é valido se mide o que debera medir. (Se é de intelixencia non ten por que medir moralidade, ou sexa, non virían a conto polo medio preguntas tales como: “¿é vostede bo coas
demais persoas?”, etc.).
8.1.4.- UNIDADES DE MEDIDA DA INTELIXENCIA.-
1) A IDADE MENTAL.- Creada por BINET en 1908. Pensaba que a cada idade cronolóxica do suxeito
lle correspondía un nivel mental ou grao de intelixencia, ao que chamou idade mental. Viuse que era unha
unidade moi imprecisa. Foi substituída por:
2) O COCIENTE (COEFICIENTE) INDIVIDUAL.- Desenvolvido por WILHELM STERN. Stern
decatouse de que un adianto dun ano na idade mental sobre a cronolóxica non tiña o mesmo significado aos 4
anos que aos 12, por exemplo, e supoñía un avance moito maior na primeira idade. A súa fórmula:
IM
CI = ------ . 100
IC
CI= Cociente (coeficiente) individual
IM = Idade Mental
IC = Idade cronolóxica
Por exemplo, apliquemos a fórmula a un neno de 4 anos que tela unha idade mental de 5 e a outro de 12
que teña unha idade mental de 13 e vexamos as claras diferencias:
5
CI = ------ x 100 = 125
4
-
15
13
CI = ------ x 100 = 108
12
A partir destes traballos fixo un listado dos coeficientes intelectuais segundo os resultados acadados nos
test. Así temos:
- 0 a 24: idiotas - 25 a 49: imbéciles - 50 a 69: débiles mentais - 70 a 79: “borderlines” ou fronteirizos - 80 a 89: normais mediocres - 90 a 109: normais medios - 110 a 119: normais superiores - 120 a 129: superiores - 130 ou máis: moi superiores ou xenios.
3) A DESVIACIÓN TÍPICA.- Aínda que a unidade de medida máis estendida é o coeficiente
intelectual, a desviación típica considérase hoxe en día a mellor de todas as unidades de medida.
É un método complexo baseado en mostras, medias aritméticas de grupos de individuos concretos, etc.
Por exemplo: Se a media aritmética dunha mostra de individuos é 55 e concluímos despois de análises,
test, probas, que a desviación típica (sinalada coa letra minúscula sigma grega: ) é de 14, entón un suxeito
que conseguira 83 puntos estaría +2 da zona de normalidade. E se outro suxeito ten 41 puntos estaría a -1.
Entre +1 e -1 atopariamos o intervalo de zona de “normalidade”. Por debaixo: débiles mentais, imbéciles...
e por arriba superiores e mos superiores.
8.1.5.- A INTELIXENCIA EMOCIONAL.-
Por que unha persoa cun brillante expediente académico non sempre logra máis éxito profesional? Por
que algunhas persoas desfrutan máis da vida que outras? Por que uns son fortes en condicións adversas (pensa
nunha oposición) mentres que outros afúndense á primeira?
O psicólogo DANIEL GOLEMAN responde a estes interrogantes na súa obra Inteligencia
emocional (1995), onde RESALTA O PODER DOS SENTIMENTOS E EMOCIÓNS FRONTE Á FRÍA
LÓXICA RACIONAL, PORQUE LIBRES DE EMOCIÓNS NON SERÍAMOS HUMANOS.
Para D. Goleman a intelixencia emocional é a forma de interactuar co mundo, e engloba habilidades como o
control dos impulsos, a motivación, a perseveranza ou a empatía. Elas configuran característica da
personalidade como a autodisciplina, a compaixón ou o altruísmo, indispensables para a adaptación social.
-
16
Goleman destaca cinco habilidades da intelixencia emocional:
1. CONCIENCIA DUN MESMO. Trátase de coñecernos a nós mesmos (virtudes, debilidades, emocións e impulsos), darnos conta do que sentimos ou necesitamos, para dirixir mellor as nosas vidas. Esta
competencia maniféstase en persoas que pensan antes de actuar e se responsabilizan dos seus
actos.
2. AUTOCONTROL EMOCIONAL. É a habilidade de controlar as nosas emocións e impulsos para adecualos a un obxectivo. As persoas que posúen esta competencia controlan o estrés e a ansiedade
ante situacións difíciles e son flexibles ante os cambios e as novas ideas.
3. AUTOMOTIVACIÓN. É a capacidade de motivarse un mesmo para lograr os nosos obxectivos. Isto supón saber demorar a gratificación e sufocar a impulsividade, non renderse á ansiedade ou ao
derrotismo, cando tropezamos coas dificultades e contratempos da vida.
4. RECOÑECER AS EMOCIÓNS DOS DEMAIS. A empatía é a capacidade de «poñernos no lugar dos demais». As persoas empáticas son capaces de escoitar a outros e entender os seus problemas
ou necesidades. Isto permítelles transcender os prexuízos e estereotipos, aceptar as diferenzas e
ser tolerantes, aptitudes moi necesarias nunha sociedade multicultural.
5. ESTABLECER RELACIÓNS. É o talento para dirixir as relacións cos demais, saber persuadir e influenciar aos demais. As habilidades que conleva son a base do liderado e da eficiencia
interpersoal. Unha persoa con habilidades sociais sabe liderar grupos e dirixir cambios, traballar
en equipo e crear bo ambiente dentro dun grupo.
A vida emocional (como xa temos visto no tema 2: “Fundamentos biolóxicos da conduta”) crece nunha área do
cerebro chamada sistema límbico, sobre todo na amígdala, que funciona como unha especie de vixía da
mente. Aí nacen as sensacións de pracer ou desgusto, de ira ou medo. Pero é no neocórtex onde se procesan
os sinais interiores ou exteriores, o que nos permite facer planes e ter expectativas. Esta dicotomía fai que
OS NOSOS ACTOS DEPENDAN DE DÚAS MENTES: UNHA EMOTIVA E OUTRA RACIONAL. AS
DÚAS FUNCIÓNS SON INTELIXENTES E SE COMPLEMENTAN.
NON PODEMOS ELIXIR AS NOSAS EMOCIÓNS, NIN SE PODEN DESCONECTAR OU EVITAR,
PERO SI PODEMOS CONTROLAR AS NOSAS REACCIÓNS EMOCIONAIS E DESENVOLVER A
NOSA INTELIXENCIA. A HABILIDADE PARA SUAVIZAR EXPRESIÓNS DE IRA, ODIO OU
IRRITABILIDADE É IMPORTANTE NAS RELACIÓNS INTERPERSOAIS.
8.1.6.- AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.-
Howard Gardner, psicólogo da Universidade de Harvard, establece unha nova concepción sobre a intelixencia
no seu libro Frames of Mind: The Theory of Multiple Intelligences (1983): A SÚA TEORÍA DAS
INTELIXENCIAS MÚLTIPLES. Esta teoría baséase en investigacións no ámbito das ciencias cognitivas, da
psicoloxía evolutiva e da neurociencia de pacientes con danos cerebrais, persoas superdotadas e con nenos de
diferentes culturas.
H. Gardner considera que A INTELIXENCIA É UNHA MESTURA DE DESTREZAS PARA CREAR,
APRENDER E RESOLVER PROBLEMAS, QUE PERMITE AO INDIVIDUO RESOLVER AS
SITUACIÓNS DA VIDA E FACER ALGO VALIOSO PARA UNHA COMUNIDADE OU CULTURA.
A maioría dos individuos teñen todas esas intelixencias, aínda que o seu desenvolvemento depende da dotación
biolóxica, da súa interacción co entorno e da cultura imperante no seu momento histórico. As intelixencias
combínanse e úsanse en diferentes graos de xeito persoal e único.
Todos sabemos que algunhas persoas aprenden con máis facilidade que outras, que hai diferenzas entre persoas
que se desenvolven nun medio social ou outro, e de igual maneira que existen diferentes personalidades, hai
distintos perfís intelectuais.
A continuación presentamos unha breve descrición dos oito tipos de intelixencia:
1. INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA. É a capacidade para usar palabras de maneira efectiva, sexa en forma oral ou por escrito. Esta intelixencia inclúe as habilidades que se relacionan co dominio da
linguaxe: a poética (os creadores da linguaxe), a retórica dos políticos (a linguaxe para persuadir a
outros), a mnemotecnia (a linguaxe para recordar información), a explicación (dar argumentos) e a
-
17
metalinguaxe (a linguaxe para falar sobre a linguaxe). É propia de poetas, escritores, oradores e
avogados.
2. INTELIXENCIA LÓXICO-MATEMÁTICA. É a habilidade para utilizar os números e razoar adecuadamente. Esta intelixencia inclúe a comprensión dos esquemas e relacións lóxicas, as
proposicións (se-entón; se e só se..., entón; causa-efecto) e as abstraccións. Os procesos que esta
intelixencia utiliza comprenden a categorización, a clasificación, a inferencia, a xeneralización, o
cálculo e a demostración de hipóteses. É característica de científicos, filósofos, matemáticos e
programadores informáticos.
3. INTELIXENCIA ESPACIAL. É a aptitude para percibir de forma correcta o mundo visual espacial (explorador e guía) e executar transformacións sobre esas percepcións (enxeñeiro, arquitecto, artista,
decorador e inventor). Esta intelixencia inclúe a sensibilidade á cor, á forma, ao espazo e ás relacións
que existen entre estes elementos.
4. INTELIXENCIA MUSICAL. É a capacidade de transformar (un compositor), expresar (un músico que toca o violín), discriminar (crítico musical) e escoitar (un afeccionado á música) as formas
musicais. Esta intelixencia inclúe a sensibilidade ao ritmo, ao ton ou á melodía dunha peza musical.
5. INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA. É a habilidade para usar o corpo na expresión de ideas e sentimentos, e o uso das mans para transformar elementos. Inclúe habilidades de coordinación,
destreza, equilibrio, flexibilidade, forza e velocidade, así como a capacidade cinestésica. Maniféstase en
atletas, bailaríns, cirurxiáns e artesáns.
6. INTELIXENCIA INTRAPERSONAL (COÑECEMENTO DE SI MESMO). Consiste en comprender os propios pensamentos, sentimentos e emocións para guiar a propia conduta. Esta
intelixencia supón ter unha autoimaxe precisa (virtudes e limitacións), conciencia dos estados de ánimo,
coñecer os propios motivos ou desexos, e ter autocomprensión e disciplina. É característica de
psicólogos, filósofos e artistas.
7. INTELIXENCIA INTERPERSOAL (CAPACIDADES SOCIAIS). É a habilidade de entender e interactuar ben cos demais. Esta intelixencia inclúe a sensibilidade ás expresións faciais, a voz e os
xestos, a capacidade para discriminar diferentes clases de sinais interpersoais e saber responder de
maneira efectiva na práctica (por exemplo, influenciar a un grupo de persoas para seguir unha liña de
acción). É propia de educadores, médicos e políticos.
8. INTELIXENCIA NATURALISTA. É o talento para distinguir, clasificar e recoñecer plantas, animais e outros elementos do entorno natural. Foi incorporada por Gardner en 1995. Inclúe as habilidades de
observación e reflexión e predomina en persoas con gran sensibilidade cara a natureza e os animais.
SE CONSIDERAMOS QUE A TEORÍA DE GARDNER É CORRECTA, AS PROBAS DE CI
TRADICIONAIS SÓ MIDEN UNHA PARTE DA INTELIXENCIA: AS HABILIDADES LINGÜÍSTICAS,
LÓXICO-MATEMÁTICAS E ESPACIAIS. UNHA IMPLICACIÓN DESTA TEORÍA É QUE AS
ESCOLAS DESPERDICIAN O POTENCIAL HUMANO. E AGORA QUE COÑECEMOS OS TIPOS
DE INTELIXENCIA E OS ESTILOS DE ENSINANZA-APRENDIZAXE, É ABSURDO QUE
SIGAMOS INSISTINDO EN QUE TODOS OS ALUMNOS APRENDAN AS MESMAS COUSAS E DA
MESMA MANEIRA.
Por tanto, OS SISTEMAS EDUCATIVOS DEBEN CONSEGUIR QUE O PROCESO DE ENSINANZA-
APRENDIZAXE SEXA UNHA PRÁCTICA PERSONALIZADA E DESCUBRIR OS TALENTOS DE
CADA PERSOA, QUE CAMPOS DO COÑECEMENTO LLE ATRAEN MÁIS E ONDE PODERÍA
DESENVOLVER MELLOR AS SÚAS HABILIDADES. Na sociedade actual comézanse a valorar
habilidades como a creatividade, coñecer as emocións e saber interpretar situacións sociais da vida.
-
18
====================================================
-
19
TEMA 9: A REALIDADE COMO PRAXE. A ACCIÓN HUMANA.-
9.1.- OS MOTIVOS DO SER HUMANO.-
Ata o de agora consideramos soamente o coñecemento humano, tanto no seu aspecto sensorial e perceptual como intelectual. Pero é obvio que o ser humano non se limita a coñecer. O coñecemento desempeña
unha importante función, pero non a única, nin tan sequera a principal. Mediante o coñecemento,
o ser humano ponse en contacto co mundo, ten "noticia" del. Pero isto determina a posta en
marcha dunha serie de "tendencias" ou "impulsos" que constitúen a parte esencialmente dinámica
do comportamento: A ACCIÓN HUMANA.
¿Por que actúan os seres humanos? ¿Cales son as determinantes da súa conducta? A acción pódese
explicar, en principio, de tres maneiras diferentes:
a) Como resposta a un estímulo externo. Aquí non habería tendencias e falariamos de "reflexos".
b) Pódese explica-la acción como proposta. Todo dependerá aquí das tendencias interiores do ser humano.
c) Posición intermedia, que explique a conducta, en parte por estímulos externos e en parte por esas estruturas
internas (tendencias). É a explicación máis coherente.
Se admitimos, entón, que existe nos organismos un sistema "tendencial", haberá que tratar de ver cales
son os principais MOTIVOS HUMANOS.
O termo motivo deriva do latín "motus"= movemento. O motivo é o que move á acción, aquilo polo
que se actúa, que no ser humano adoita ter un matiz finalista ("Fago isto para conseguir tal cousa"). Os motivos
do ser humano, en xeral, están constituídos por todo aquelo que se desexa. O desexo é o motor da acción.
Nun sentido amplo convén distingui-los motivos racionais voluntarios daqueles simplemente biolóxicos.
Hai moitas cousas que desexamos dun xeito consciente e voluntario pero tamén hai en nós desexos que a nosa
vontade non acepta (ben sexa porque se consideran perigosos ou moralmente malos, etc.). Temos así desexos
reprimidos e desexos instintivos, que aínda que non reprimamos non son puramente voluntarios (comer, frío...)
O ser humano comparte moitos desexos básicos cos animais. Nun sentido concreto, teriamos que dicir
que os motivos son aquilo que o ser humano se propón coma fin, ou aquilo que racionalmente lle impulsa á
acción. O problema é se o ser humano pode propoñerse fins. Pero este xa é o problema da liberdade.
9.2.- CLASIFICACIÓN DOS MOTIVOS.-
O intento de clasificar os motivos é un traballo con moitas dificultades e con dubidoso sentido
científico. Como dicía o gran psicólogo español José Luís Pinillos: “As necesidades humanas son
inclasificables, porque o ser humano é capaz de necesitalo todo, incluso o que non existe máis que na súa
imaxinación”
Os psicólogos fixeron repertorios ou listas das necesidades ou motivos básicos do ser humano.
Algunhas listas son breves, outras enormes. De todas maneiras, o importante é o criterio que se utilice par facer
estas clasificacións. O criterio que debe prevalecer é o da UNIVERSALIDADE, é dicir, que sexan motivos de
todo ser humano, polo menos cunha ampla marxe de probabilidade.
Unha primeira clasificación sería a distinción entre MOTIVOS PRIMARIOS e MOTIVOS
SECUNDARIOS.
-
20
Os primarios serían necesidades fundamentalmente biolóxicas, case sempre inevitables, que actúan en
todos os seres humanos.
Os secundarios non teñen ese carácter de ineludibles. Adoitan ter un matiz social ou cultural e poden
variar segundo as épocas, culturas, razas...
Podemos facer o seguinte cadro de motivos seguindo esta distinción básica:
- NECESIDADE DE OSÍXENO
A) PRIMARIOS - NECESIDADE DE COMIDA
(biolóxicos) - NECESIDADE DE BEBIDA
- NECESIDADE DE REFUXIO
- NECESIDADE DE COMPLEMENTO SEXUAL SAÚDE
MOTIVOS - SAÚDE
- SEGURIDADE
POSESIÓN - ECONOMÍA
LOGRO - PERTENZA A UN GRUPO
- APROBACIÓN
PODER SOCIAL, PRESTIXIO
- SUPERIORIDADE
B) SECUNDARIOS SOBRE OUTROS
(sociais, culturais)
- INFORMACIÓN
COÑECER - COMPRENSIÓN
- AUTOCOÑECEMENTO
E AUTORREALIZACIÓN
Outras clasificacións dos motivos salientables son:
O único motivo das accións humanas é o EGOÍSMO ou
INTERESE PROPIO: HOBBES
TEORÍAS UNILATERAIS
O único motivo das accións humanas é a SEXUALIDADE:
FREUD
-
21
TEORÍA BILATERAL Os dous únicos motivos das acción humanas son:
O INSTINTO DE CONSERVACIÓN
O INSTINTO DE REPRODUCIÓN
9.3.- DINÁMICA DA MOTIVACIÓN.-
9.3.1.- MOTIVACIÓN E AFECTIVIDADE.-
Toda a motivación humana está tinguida, recuberta por algunha afectividade, que pode ir dende a
emoción intensa ata o sentimento máis apracible, tranquilo.
A afectividade caracterízase fundamentalmente por ser unha EXPERIENCIA ALXEDÓNICA
(sentido alxésico), é dicir, unha EXPERIENCIA DE DOR E PRACER, de agrado ou desagrado.
Os psicólogos estudiaron este complexo mundo das emocións e hai MÚLTIPLES TEORÍAS para
explicar a súa orixe.
Destas teorías o que nos interesa é que en xeral establecen que:
CONSECUCIÓN DE MOTIVOS leva emparellada VIVENCIA HEDÓNICA = PRACER OU AGRADO.
NON CONSECUCIÓN DE MOTIVOS leva emparellada VIVENCIA DE DOR OU DESAGRADO.
(Dor e pracer entendidos non só en sentido físico, senón nun sentido amplo).
Neste complicadísimo campo da afectividade, faise unha distinción básica entre EMOCIÓNS e
SENTIMENTOS, aínda que poderiamos dividir a vida afectiva en tres aspectos:
a) A emoción.- Estado afectivo intenso, pero breve. Acompañado case sempre dunha forte conmoción
somática: aumento pulsacións, suoración, rubor. Ex.: torrente.
b) A paixón.- Estado afectivo intenso, aínda que menos ca emoción, pero máis duradeiro. Ex.: río.
c) O sentimento.- Estado afectivo máis duradeiro que a emoción e menos intenso que a paixón. Ex.:
mar.
Exemplos psicolóxicos: Emoción medo, ira
Paixón amor (“paixón amorosa”)
Sentimento amizade.
-
22
9.3.2.- MOTIVACIÓN E INCENTIVOS.-
O feito de que o pracer e a dor sexan estados afectivos unidos á consecución ou non consecución dos
motivos, fai que se poida estudiar a dinámica da motivación dende dous ángulos distintos:
a) O resultado de reforzar unha conducta mediante INCENTIVOS de tipo HEDÓNICO.
b) O resultado de aplicar correctivos ou CASTIGOS para modificar a conducta ou facer que non se
realice.
O primeiro ángulo é o dos incentivos ou reforzos. Reforzo sería todo o que aumenta a
probabilidade de que un suxeito realice unha acción. Estudiado sobre todo por SKINNER.
Podemos distinguir dúas clases:
- Reforzo positivo: É aquel reforzo que incrementa a probabilidade dunha conducta mediante a
presencia ou logro dun estímulo agradable. (Ex.: domadores azucre cabalos).
- Reforzo negativo.- É aquel reforzo que incrementa a probabilidade dunha conducta mediante a
supresión dun estímulo desagradable. (Ex.: redución de pena (est. desagradable) a delincuente por bo
comportamento).
9.3.3.- O CASTIGO.- Non debemos confundir entre reforzo negativo e castigo.
¡¡Mentres que o reforzo, sexa positivo ou negativo, aumenta a probabilidade de que se realice
determinada conducta, o castigo tende a diminuír esta probabilidade!!
O castigo pode ser tamén positivo ou negativo.
- Castigo positivo: Actúa por imposición ou presencia de algo que
desagrada. (Ex.: non estudias copias 5.000 veces…; maltrato: pegar, golpear…).
- Castigo negativo: Actúa quitando algo que agrada ou retendo unha
recompensa esperada (Ex.: non estudias non vas ao cine).
O problema do castigo e a súa eficacia é un asunto de gran interese para a investigación psicolóxica.
Vexamos algúns razoamentos e conclusións destas investigacións:
O castigo, tanto positivo como negativo, pódese aplicar por dúas razóns fundamentais:
1.- Porque se fixo algo mal, algo malo Búscase co castigo un EFECTO INHIBIDOR, que non se
volva facer.
2.- Porque non se fixo algo ben Búscase un EFECTO “REFORZADOR”, que se chegue a facer
ben.
Por exemplo:
1.- Azoutes a un neno por romper pratos o que se quere é que non volva romper pratos.
2.- Azoutes a un neno por non saber a lección o que se quere é que estudie.
En calquera dos casos, o castigo ten como principal fin EVITAR UN COMPORTAMENTO NON
DESEXADO. ¡Pero, o malo, é que O CASTIGO NON ENSINA A SELECCIONAR A CONDUCTA
ACEPTABLE. O NENO QUE ESTUDIA POR MEDO AO CASTIGO PODE NON SABER CÓMO DEBE
ESTUDIAR. O único que se consegue ¡¡se cadra!! é que o neno deixe de ter unha actitude de NON-
ESTUDIO!!
A MOTIVACIÓN POR MEDO pode ter certa eficacia só para NON-FACER, non para facer algo no seu lugar, e menos para facelo ben.
Viuse en estudios con animais que para que o castigo fora eficaz (en canto a conseguir cambio de
comportamento) tiña que ser intenso. Aplicado isto ao ser humano ocorre o seguinte (común cos animais):
1º) lesións físicas
2º) Un castigo irracional ou excesivamente duro (sobre todo se ao suxeito non se lle ofrecen
liñas alternativas de conducta) PROVOCA FRUSTRACIÓN E AGRESIVIDADE.
-
23
9.3.4.- A FRUSTRACIÓN.-
9.3.4.1.- DEFINICIÓN DE FRUSTRACIÓN.-
É o tema máis tratado na psicoloxía.
Os seres humanos non conseguimos sempre os nosos desexos. Máis ben sucede ao contrario. E sempre
que o nosos desexos se ven insatisfeitos, sentimos en maior ou menor grao unha frustración.
A frustración é un estado psíquico no que se atopa un suxeito ao verse privado da satisfacción
lexítima - ou que el cre lexítima - dun desexo ou necesidade.
Neste estado psíquico hai sempre reaccións afectivas negativas:
- dor
- tristeza
- sentimento de fracaso…
9.3.4.2.- CAUSAS DA FRUSTRACIÓN.-
As causas produtoras da frustración son, sobre todo, as seguintes:
a) Os obstáculos ou barreiras.- Obstáculo é todo aquilo que se interpón na satisfacción das
nosas necesidades.
Poden ser:
- físicos: (Ex.: non poder chegar a un cumio por culpa dunha rocha, dunha pendente, etc.…; vou
xogar ao xadrez e resulta que o taboleiro está estragado….)
- sociais: (Ex.: normas de urbanidade: non comer cos dedos, etc.)
- morais: (Ex.: leis morais. A chamada “falsa moralidade”).
b) As deficiencias.- Consisten en limitacións, ben físicas, ben psíquicas, que impiden ao suxeito
obter os seus propósitos e satisfacer os seus desexos.
¡Se son defectos propios, o lóxico sería que non se producira frustración, xa que esta se orixina se o
suxeito se cre indebidamente privado da satisfacción dun desexo. Pero o problema é que resulta moi difícil
recoñecer as propias limitacións!
(Ex.: nivel de vida: buscar metas desproporcionadas ou inalcanzables)
c) Os conflitos.- Un conflito prodúcese cando o suxeito persegue obxectivos que son
incompatibles; ou sexa, a satisfacción dunha necesidade exclúe a outra.
(Ex. Quedar na casa a estudiar ir a unha festa con colegas;
Comer conservar a liña;
Satisfacción sexual, agresiva respectar moral, conservar dignidade.)
Estas tres causas (obstáculos, deficiencias, conflitos) actúan normalmente interrelacionadas.
-
24
9.3.4.3.- CONSECUENCIAS E OBXECTO DA FRUSTRACIÓN.- A frustración orixina reaccións afectivas negativas como a dor, a tristeza e o sentimento de fracaso. Pero
hai que sinalar que a consecuencia máis profunda da frustración é a AGRESIVIDADE.
A agresividade que orixina a frustración non é aquela na que o ser se autoafirma e
para isto non foxe da loita, senón aquela na que se dá un COMPORTAMENTO HOSTIL
E DESTRUTOR.
A agresividade (agresión) pode ser física ou verbal, pero o característico é que a
resposta hostil é sempre desproporcionada respecto ao estimulo.
(Ex.: condutor “frustrado” pequena colisión insulta gravemente e incluso golpea).
K. LORENZ (importantísimo etólogo, premio Novel), no seu libro “Sobre a agresión” sacou a
conclusión de que a agresividade entendida como conducta hostil, chea de odio é típica da especie humana, é
dicir, practicamente ¡¡non se dá entre os animais!!
O OBXECTO cara ao que se dirixe a agresividade pode ser variado.
a) Xeralmente, ese obxecto é aquilo que non nos deixou satisfacer o desexo (Ex.: alumno suspendido
obxecto agresividade mestre, profesor).
b) Cando ese obstáculo que nos impediu o desexo é tan poderoso, ¡¡ou non resulta tan poderoso!! que
non o podemos agredir, prodúcese entón o fenómeno denominado TRANSFER o desprazamento da nosa
agresividade a outro obxecto que si está “ao noso alcance” (Ex.: empregado non se “pode” enfrontar ao
xefe “págano” muller e fillos.)
c) Outras veces o desprazamento da agresividade realízase cara ao propio suxeito, que se fai obxecto
dela. Séntese inútil, culpable dos seus fracasos. Isto lévao a un SENTIMENTO DE INFERIORIDADE +
DEPRESIÓN QUE PODE CONDUCIR AO SUICIDIO.
9.3.4.4.- DEFENSAS ANTE AS CONSECUENCIAS DA FRUSTRACIÓN.-
É evidente a perigosidade que ten para o noso psiquismo a frustración, o que fai que o noso organismo
teña unha serie de mecanismos psíquico de AUTODEFENSA contra ela. Os máis importantes son:
a) A racionalización.- Con ela preténdese xustificar unha conducta frustrante. (P.Ex.: Sería o caso
dunha persoa, un xuíz que despois de tomar unha resolución inxusta, ben por medo ou por unha recompensa
logo racionaliza a súa conducta dicindo que o prexudicado era “malo” ou “indigno”, etc. Tenta xustificar,
-
25
racionalizar a súa conducta transformando a súa resolución inxusta (que o frustra) porque no fondo é innobre,
en xusta (“tiña malos antecedentes”, “mala pinta”, etc...)
b) A proxección.- Consiste en atribuír aos demais características da nosa conducta e do noso carácter
que consideramos indesexables. Propio de personalidades paranoides. “Pensa o ladrón...”.
c) A identificación.- Consiste en atribuírnos calidades desexables que posúen os demais. Adoita ir
unida á proxección. Produce no suxeito a chamada MENTALIDADE MANIQUEA OU DE “FAR-WEST”
(“bos-malos”; “indios-vaqueiros”). Normalmente dáse en grupos.
d) A reacción.- O suxeito acentúa na súa conducta aqueles aspectos da súa personalidade nos que se
sente deficiente.
(P.Ex.: Tímido que semella ser o máis “enrollado”; Ignorante que tenta aparentar saber moito, etc.).
e) A represión.- Importantísima na Teoría Psicanalítica. Consiste nunca ocultación inconsciente dos
impulsos desagradables.
Segundo a Psicanálise (Freud, Jung), a Represión pode producir GRAVES TRASTORNOS
PSÍQUICOS, como:
- NEUROSE - PSICOSE.
f) A substitución por sublimación.- Consiste en substituír impulsos e desexos que consideramos
“baixos” ou “rexeitables” por outros considerados “superiores”.
Para a Psicanálise, gran parte das creacións artísticas, morais ou relixiosas teñen a súa orixe na
sublimación do instinto sexual (Exs.: Dalí , Jim Morrison , Kafka , Hitchock ...)
g) A substitución por compensación.- Substitúese unha deficiencia polo triunfo noutra actividade.
(P.ex.: Feo, torpe, esmirrado intelectual para compensar deficiencias físicas; Ex.: “chapón” pouco agraciado;
Ex.: “Cachas”, bo xogador, musculoso Mal estudante).
h) A substitución por supercompensación.- Consiste en superar unha deficiencia ata chegar a
eliminala, e incluso destacar no campo no que se era deficiente. (Exs.: Demóstenes tatexo, tartamudo
gran orador Grecia; Ken Carlsonn poliomielite gran xogador tenis sueco).
-
26
9.3.5- A VONTADE.-
9.3.5.1.- O PROBLEMA DA VONTADE.-
Todo o tema dos desexos humanos colócanos ante un problema especificamente filosófico: o da
VONTADE.
Xa sabemos que pode haber desexos practicamente involuntarios, pero tamén existen desexos que
propón o ser humano dun xeito RACIONAL E CONSCIENTE.
Un dos centros fundamentais de conflito en todo o pensamento filosófico e psicolóxico será o de sinalar
ata que punto estes desexos realizados de forma voluntaria (racional + consciente), son tamén realizados
libremente.
9.3.5.2.- VONTADE E INTELIXENCIA.-
Podemos observar decotío que non se debe confundir "forza de vontade" con capacidade para
comprende-los problemas con claridade.
Así podémonos atopar cunha persoa de intelixencia esperta e brillante pero de vontade débil, do mesmo
xeito que nos podemos atopar cunha persoa non excesivamente intelixente pero con gran vontade.
Dende esta perspectiva "pre-filosófica" semella que se poden distinguir sen problemas vontade e intelixencia.
Pero a un amplo nivel, pódese afirmar que sen intelixencia é difícil falar de conducta voluntaria, en
canto conducta que intenta comprender uns obxectivos afastados e difíciles.
9.3.5.3.- FASES DO ACTO VOLUNTARIO.-
O acto voluntario, aínda que sexa unitario no tempo, require unha serie de fases, que o diferencian do
simple impulso animal, do conseguir irracionalmente unha cousa, sexa como sexa.
COUSIN estableceu tres fases:
1ª) Predeterminación do acto a realizar.
2ª) A deliberación dos motivos pros e contras para realizalo.
3ª) A decisión.
Posteriormente, WILLIAM JAMES perfeccionou este esquema, e fixo o seguinte, baseado en 4 fases,
que aínda hoxe é admisible:
1ª) A representación dun fin a alcanzar. ("nada é querido se antes non é coñecido")
2ª) Deliberación.
3ª) Decisión.
4ª) Execución.
Tódalas fases danse necesariamente no acto voluntario (ás veces moi rápido, outras non). A execución
tamén ten que se dar, non sendo nos casos de auténtica imposibilidade. Unha conclusión de moitos psicólogos
é: "Soamente se quere aquilo que se executa". Polo tanto, se querer é decidir, a verdadeira decisión consiste en
executar. (Ex.: "Eu quero facelo, pero logo non sei o que me pasa que non o fago" En realidade, non o queres
facer).
-
27
Nos últimos anos discutiuse a validez do esquema de W. JAMES, sobre todo por parte de BERGSON,
SARTRE e os psicanalistas.
A súa crítica céntrase, sobre todo, na fase de deliberación. Din que a decisión é anterior á deliberación.
Pensan que, se realmente somos sinceros con nós mesmos decatámonos de que antes de deliberar xa
decidiramos. A deliberación sería unha xustificación, unha racionalización do xa decidido.
9.3.5.4.- PATOLOXÍA DA VONTADE.-
En xeral, calquera enfermidade da vontade denomínase ABULIA (verbo grego: "boúlomai" = querer +
"a" privativa). Abulia = carencia de querer.
En cada unha das fases do acto voluntario teriamos uns tipos de abulia.
a) Deliberación: -ABULIA DOS IMPULSIVOS: Obran sen pensar, sen deliberar.
-ABULIA DOS INTELECTUAIS: Pensan demasiado, non rematan nunca a deliberación.
b) Decisión: -ABULIA DOS VELEIDOSOS: Non acaban de decidirse aínda que vexan claro o que deberían facer.
c) Execución: -ABULIA DOS DÉBILES: Póñense a si mesmos constantes trabas para non facer o que teñen que facer.
-ABULIA DOS OBSESOS: Réxense por unha idea fixa, e realizan as cousas aínda que non estean de
acordo.
-ABULIA DOS OBCECADOS: Exaltación de si mesmos. Levan a contraria.
===============================================================
Manuel Seixas – Xuño - Setembro do 2017. Revisión e reestruturación – Setembro 2019. Compilación de material propio + Libro texto: “Psicología” 2º Bacharelato, José Ignacio Alonso García, Ed. McGrawHill, 2016 + Compilación de material na rede. Tradución: Manuel Seixas.