crónicas da comarca marzo 2013 (nº 11)

16
Crónicas da Comarca Mensual independente da Terra Chá Ano 2. Nº 11- Marzo 2013 Éxito da Feira do Queixo FRIOL Páx. 5 Besteiro aposta por crecer fronte á “austeridade empobrecedora do Partido Popular” COMARCA Páx. 8 O Concello aluga 24 masas comúns de parcelarias A PASTORIZA Páx. 9 Os socialistas cuestionan a legalidade do cobro de plusvalías VILALBA Páx. 7 Como a situación eco- nómica e laboral do país, a da planta de Outeiro de Rei da empresa cooperava Ali - mentos Lácteos non fai máis que agravarse tras decidir hai poucos días parar a produc- ción e coñecerse que pre- tende facer un ERE que po- dería afectar ao 90% dos tra- balladores. Varias das máis importantes cooperavas da comarca chairega tampouco están en mellor situación, en parte debida á empresa da que son copropietarias. Xer- gán cesou a súa acvidade e os socios iniciaron un proceso para coñecer o estado econó- mico real. Gancobre non pa- rece ter ese problema de falta de información e incluso po- derían ser consultados os so- cios sobre o futuro da coope- rava, que tamén se presenta moi escuro, tras a reducción de personal e da acvidade en A Pastoriza. Sector lácteo chairego á deriva Páxs. 2 e 3 COMARCA Alimentos Lácteos comparte un futuro tan escuro como o de varias cooperativas TOXO SERVIZOS AGROFORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS S.L. Proxectos Consultoría Asistencias técnicas 620 284 959 Máis de 600.000 euros para mantemento de estradas COMARCA Páx. 16 Excelente balance do Jansu vilalbés en taekwondo DEPORTES Páx. 15 A Festa da Filloa, chea de novidades COSPEITO Páx. 14

Upload: agrupacion-socialista-vilalba

Post on 13-Aug-2015

56 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

Crónicas da ComarcaMensual independente da Terra Chá Ano 2. Nº 11- Marzo 2013

Éxito da Feira do Queixo

Friol

Páx. 5

Besteiro aposta por crecer fronte á “austeridade empobrecedora do Partido Popular”

CoMArCA

Páx. 8

o Concello aluga 24 masas comúns de parcelarias

A PAstorizA

Páx. 9

os socialistas cuestionan a legalidade do cobro de plusvalías

vilAlBA

Páx. 7

Como a situación eco-nómica e laboral do país, a da planta de Outeiro de Rei da empresa cooperativa Ali-mentos Lácteos non fai máis que agravarse tras decidir hai poucos días parar a produc-

ción e coñecerse que pre-tende facer un ERE que po-dería afectar ao 90% dos tra-balladores. Varias das máis importantes cooperativas da comarca chairega tampouco están en mellor situación, en

parte debida á empresa da que son copropietarias. Xerti-gán cesou a súa actividade e os socios iniciaron un proceso para coñecer o estado econó-mico real. Gancobre non pa-rece ter ese problema de falta

de información e incluso po-derían ser consultados os so-cios sobre o futuro da coope-rativa, que tamén se presenta moi escuro, tras a reducción de personal e da actividade en A Pastoriza.

sector lácteo chairego á deriva

Páxs. 2 e 3

COMARCA Alimentos Lácteos comparte un futuro tan escuro como o de varias cooperativas

TOXO SERVIZOS AGROFORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS S.L.

• Proxectos• Consultoría• Asistencias técnicas

620 284 959

Máis de 600.000 euros para mantemento de estradas

CoMArCA

Páx. 16

Excelente balance do Jansu vilalbés en taekwondo

DEPortEs

Páx. 15

A Festa da Filloa, chea de novidades

CosPEito

Páx. 14

Page 2: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

2

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

A peculiaridade de que os gan-deiros non saiban de antemán canto nen cando van cobrar o leite que en-tregan ás industrias transformadoras, a menudo con varios meses de ante-lación, é un factor de inestabilidade e conflito que reflicte nas cooperati-vas gandeiras e desestabilizaas por-que suelen ser primeiras comprado-ras. Nomeadamente, a situación de Alimentos Lácteos incide de forma especial na comarca chairega, onde hai varias que foron socias fundado-ras da láctea. Gancobre, de Bretoña, e Tierra Llana, de Matodoso, suspen-deron o ano pasado as entregas de leite debido a forte débeda que Ali-mentos Lácteos tén contraída cos seus gandeiros. Sen embargo, o caso máis grave é o de Xertigán, coopera-tiva ubicada en Momán (Xermade) que acabou pechando, aínda que neste caso a orixe do problema non está nos pagos do leite, ou polo me-nos non foi esa a causa.

Xertigán foi un proxecto que come-zou con moita forza hai só seis anos, cando se produciu a fusión das dúas cooperativas que a formaron: xerti-riz, dedicada á producción de leite, e Gandeiros da Chaira, que agrupaba a produtores de carne de vacuno. Nos bos tempos incluso chamaban a aten-ción as festas que celebra coincidindo coaa asambleas anuais, que a me-nudo incluían chamativas actuacións. Chagou a ser a empresa máis impor-tante do municipio xermadino, con máis dunha vintena de empregados e cunha facturación de preto de sete millóns de euros. Actualmente as ins-talacións están pechadas e coa posi-bilidade de que sexan embargadas, a pesares de que varios socios avalistas tiveron que facer fronte ao pago de 166.000 euros, só unha parte do máis de medio millón de débeda que acu-mula a cooperativa.

FAltA de inFORMACiónA esta situación chegou sen que

os socios teñan claras as causas, se-gundo quedou de manifesto nunha recente reunión celebrada nun hostal de Xermade, na que foron adoptadas medidas para esixir á xunta rectora que explique a situación na que está Xertigán. Dacordo co publicado trala asemblea, chegouse a plantexar a po-sibilidade de encargar unha auditoría para coñecer o estado real das contas, ante a falta de datos. De momento a proposta, feita por un expresidente, quedou no aire porque o custe pode-ría chegar aos 30.000 euros, que te-rían que adintar os solicitantes.

En cambio, puxeron en marcha un proceso de recollida de firmas para esixir a convocatoria dunha asemblea xeral na que os directivos deberán in-formar aos socios das causas que le-varon a Xertigán ao peche das instala-cións. Os críticos están dispostos a re-correr ao Xulgado Mercantil en caso de que a xunta reitora non convoque a reunión informativa.

No mes de xaneiro seis dos oito socios que avalaran á cooperativa cando a dirixían fixeron fronte, a par-tes iguais, ao pago de 166.400 euros dun creto concedido por unha enti-

dade bancaria. Cada un tivo que aboar 27.700 euros para evitar que lles em-bargasen as súas granxas, xa que o banco levaba tempo reclamando o di-ñeiro. Esta cantidade e só unha parte do aval suscrito polos oito exdirecti-vos, que ascendía a 400.000 reuros. O banco tamén lle reclamou a Xertigán por vía xudicial 185.000 euros, que poden dar lugar a que se quede sen as instalacións. O préstamo fora acor-dado con motivo da fusión das dúas cooperativas matrices para ampliar a nave e as dependencias. Parte do di-ñeiro foi pagado, pero aínda estaban

pendentes 300.000 euros.A maiores, a cooperativa ten con-

traídas débedas cos traballadores, con Facenda e coa Seguridade So-cial por un total de preto de 370.000 euros, ademáis do leite que entrega-ron gandeiros e que teñen sen cobrar. Tamén os socios que facer fronte ao aval por importe de 166.000 euros poderán tratar de recuperar ese di-ñeiro.

Xertigán, que leva meses inactiva e incluso podería haberse despren-dido de algunhas máquinas e mer-cadorías, ten ao redor de 200 socios.

Xertigán é o máximo exponente dos problemas que afectan ás cooperativas

COMARCA O incerto futuro das agrupacións agrogandeiras chairegas

Nas instalacións de Xertigán, en Momán, xa non hai actividade e poderían ser subastadas

Gancobre reduciu plantilla e foi das primeiras en deixar de suministrarlle leite a Alimentos Lácteos

Page 3: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 3

A Granxa Provincial Gayoso Cas-tro, de Ribeiras de Lea, será o centro de referencia da gandeiría ecolóxica do programa Fórmate en Verde, posto en marcha pola Deputación para o impulso do emprego nos sec-tores forestal e da agrogandeiría eco-lóxica. A formación, da que se pode-rán beneficiar preto dun milleiro de lucenses, estará descentralizada, de modo que a parte relacionada coa madeira desenrolarase na Mariña; a gandeiría, na parte central da provin-cia, coa sé en Castro, e a agricultura, na zona sur, co centro de referencia na finca de Tor, en Monforte.

A Deputación de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición no seu novo plan de emprego Fórmate en Verde, a través do que dará forma-ción e asesoramento técnico espe-cializado, de maneira totalmente gra-tuíta, a 900 lucenses para que creen ou reconvertan empresas vinculadas á agricultura e á gandería ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible. Para anotarse, as persoas interesadas deben entrar na páxina web www.deputacionlugo.org esco-ller a actividade na que queren for-marse, cubrir o formulario de inscri-ción correspondente e envialo direc-tamente dende a propia web.

Os cursos xa comezan neste mes de marzo de maneira progresiva, a medida que se van cubrindo as pra-zas dispoñibles do programa. Os par-ticipantes recibirán formación, prác-ticas reais nunha explotación conso-lidada e asesoramento técnico para crear, reconverter ou diversificar as súas empresas. Desta iniciativa po-

den beneficiarse desempregados, emprendedores, mozos, agriculto-res, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no municipio de Lugo, que ten progra-mas europeos.

POR tOdA A PROvinCiAA Deputación descentralizou as

accións formativas en función do peso específico de cada rama nas co-marcas lucenses. As actuacións vin-culadas á gandería ecolóxica terán lugar na zona centro, dado o impor-tante número de explotacións de carne ou leite coas que contan os concellos das comarcas de Lugo, Te-rra Chá e A Fonsagrada. Cada muni-

cipio conta con entre 400 e 1.000 ex-plotacións.

O plan de emprego Fórmate en Verte, con un ano de duración, ten tres eixos: formación, que po-derá ser presencial, a distancia ou mixta, e impartirase entre os meses de marzo e outubro; visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos tres sectores, e posteriormente, asesora-mento técnico especializado aos par-ticipantes para crear empresas no medio rural. As persoas que queiran reconverter a súa explotación, diver-sificar a súa actividade ou ben poñer en marcha unha nova empresa, con-tarán con asesoramento continuo e unha canle de comercialización.

Antes da fusión, no ano 2006, Xerti-riz tiña unha facturación de uns cinco millóns, e Gandeiros da Chaira, de 700.000 euros. Sen embargo, nestes últimos anos a importancia dos pro-dutores de carne foi en aumento, porque socios que se dedicaban ao leite venderon a cota e mercaron va-cas de carne.

ReACCión en CAdeAAs últimas decisións dos respon-

sables de Alimentos Lácteos aínda lles poñen máis dificil aos gandeiros poder cobrar o importe do leite en-tregado e que non lles foi abonado. Nesta situación está a cooperativa Gancobre, que tén na empresa lác-tea a principal causa da súa situación. O ano pasado despediu a emprega-dos e decidiu deixar de entregarlle o leite, dándose o paradoxo que, sendo unha das cooperativas fundadoras da firma láctea, entrégalle a producción a outra firma da competencia, que paga máis e con regularidade. Todo indica que a Gancobre, que reduciu notablemente a súa actividade, vai atravesar unha etapa difícil.

Pola súa banda, a Cooperativa Tie-rra Llana, de Matodoso, adoptou en novembro do ano pasado a decisión de non entregarlle leite á empresa á que tamén axudou a fundar. Os gan-deiros desta entidade de Castro de Rei levaban sen cobrar desde o mes de xullo e aportaban unha produc-ción media diaria de 30.000 litros, que agora entregan a Leche Celta.

Tras Gancobre e O Pereiro, foi a terceira das cooperativas da zona en tomar a decisión de non suministrar-lle leite a Alimentos Lácteos. De to-das formas, os seus responsables mostráronse naquelas datas proden-tes, destacando a importancia de fa-cer viable un proxecto de comercia-lización surxido no seo das propias cooperativas lucenses.

A granxa provincial de Castro será a sé para a formación en gandeiría ecolóxica

A liquidación de Alimentos Lácteos é a peor das alternativas para empregados e produtores

A peor e máis temida alternativa para os traballadores de Alimentos Lácteos confirmouse o pasado día 4: a empresa transformadora creada polas cooperativas, Alimentos Lác-teos, decidiu deixar de producir e acometer un ERE na súa plantilla de Outeiro de Rei. Previamente anun-cioulles as dúas cooperativas que aínda a abastecían que ía deixar de recoller leite, e nas dúas datas ante-riores xa non entrou ningún nas ins-talacións.

Nesta decisión desembocou un largo periodo de negociacións a

tres bandas que, supostamente, ti-ñan como finalidade a participación de Leche Pascual, co apoio econó-mico da Xunta a través do Igape, e a elaboración dun plano de nego-cio, agora máis difícil. A outra alter-nativa era o concurso de acredores e a liquidación, que xa se puxo en marcha co expediente de regulación para a suspensión de contratos.

Entre os traballadores e os gan-deiros, que terán máis difícil cobrar o importe do leite que lles deben, existía certo optimismo de que se optase polo plano de negocio para

facer viable a fábrica, sobre todo tras a optimista intervención do di-rector do Igape no Parlamento de Galicia. Alimentos Lácteos tiña pre-sentado un preconcurso de acredo-

res desde finais de xaneiro, pero ha-bía certos indicios e confianza en que non fose necesaria a presen-tación do concurso. Algúns pensan que a Xunta mareou a perdiz.

A Granxa Gayoso Castro será o referente da gandeiría ecolóxica

Alimentos Láctreos cesa a actividade e abre o proceso de liquidación da empresa

Page 4: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

4

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

A multinacional Gazeley non con-seguiu o obxectivo de de que a Depu-tación de Lugo lle abonase catro mi-llóns de euros por danos ocasionados polo suposto retraso na construcción de infraestruturas para a posta en marcha do centro loxístico poroxec-tado no polígono de Begponte para Carrefour. A xustiza pechou o caso dando a razón por segunda vez á en-tidade provincial e obrigando á em-presa a pagar todas as costas.

A deputada de Economía, Pilar García Porto, confirmou que o Xul-gado de Primeira Instancia vén de de-clarar firme a sentenza sobre o pro-cedemento, a favor da institución, nun auto de resolución emitido logo de que a mencionada multinacional de Dubai decidise retirar o recurso de apelación presentado ante a Audien-cia Provincial.

García Porto explicou que “malia a contundencia da sentenza do Xulgado do Mercantil, Gazeley decidira en xa-neiro presentar un recurso de apela-

ción que, finalmente, esta empresa se viu obrigada a retirar, consciente de que non ten ningún argumento para reclamar á Deputación catro mi-llóns de euros de todos os lucenses. A xustiza -dixo- non só mantén que esta institución non ten que indemni-zar de ningunha maneira a esa enti-dade, senón que determina que é Ga-zeley quen ten que pagar ós lucenses os custes ocasionados por este caso, é dicir, tanto as costas do xuízo como as do recurso de apelación”.

PetiCión de deSCUlPASAnte esta situación xa definitiva, a

deputada subliñou que “todos os lu-censes estamos de noraboa. Os fei-tos amosan, unha vez máis, que a Deputación de Lugo xestiona ben e que sabe facer valer a súa xestión e os seus dereitos ante intereses espu-rios ou especulativos. E faino sen o apoio do Partido Popular lugués que, lonxe de manter unha actitude pru-dente, preferiu manipular este asunto

e defender os argumentos dunha em-presa de Dubai, que tirou polo chan a xustiza, fronte aos dunha institución que representa aos cidadáns desta provincia”. García Porto entende que a actitude dos deputados do PP xa quedou patente no Pleno, onde tam-pouco defenderon os intereses dos lucenses, “senón os do Goberno ga-lego, facendo de delegados da Xunta, ao negarse a que a principal adminis-tración galega cofinancie os servizos sociais e o emprego en Lugo como fai nas restantes provincias, ao opoñerse a manter as áreas sanitarias do Hos-pital da Costa e do de Monforte, así como os seus servizos, ou ao rexeitar

que Fomento impulse a autovía Lugo-Santiago. É hora de que o PP de Lugo pida desculpas aos lucenses”.

Gazeley tivo que retirar o recurso de apelación tendo en conta que a sentencia do Xulgado do Mercantil mantén que o contrato de compra-venda da parcela do polígono de Be-gonte, asinado en 2008 por Gazeley e Suplusa, recolle unha cláusula na que especifica que a empresa renuncia a indemnización no caso de que se in-cumpra o prazo de execución das obras, un prazo que, en todo caso, se incluía no contrato só con carácter re-ferencial e co obxectivo de facilitar as xestións de Gazeley con Carrefour.

A construcción dun vial xunto á Casa da Botica de Guitiriz, como pro-pón o alcalde, impediría que o edifi-cio destinado a residencia da terceira idade da Deputación levase centro de día e non quedaría a suficiente super-ficie para cumprir a lei, segundo con-sidera a voceira socialista. Regina Po-lín censura que Teixido queira agora que a Deputación constrúa esa rúa xunto ao edificio, porque “tal e como está proxectado polo Concello supo-ría a eliminación do centro de día, xa que non quedaría sitio para os espa-zos comúns legais”.

Polín considera que Xosé María Teixido “actúa máis como o construtor que é que como alcalde, e antepón os seus intereses urbanísticos e as plus-valías para os seus colegas á calidade asistencial dos veciños, sobre todo os da terceira idade”. A voceira socialista detalla que na proposta municipal so-bre o centro de atención á terceira idade, o mandatario quere que a De-putación abra unha nova rúa, con tránsito viario a carón da Casa da Bo-tica, que tal e como está proxectada polo Concello reduciría as dimensións do centro de día e residencia pública.

“Co excesivo tamaño que propoñen agora para esta vía, moito máis ampla do previsto, isto suporía a eliminación do centro de día, xa que non queda-ría espazo na pranta baixa do inmoble para necesarios e obrigatorios espa-zos comúns que esixe a lei”, sinala Re-gina Polín. Pon como exemplos un co-

medor, un ximnasio ou ata o sistema de calefacción. Ademais, lembra que está proxectado “un espazo de moita calidade e con amplas comodidades que parece que o alcalde quere mu-tilar e converter nunha microresiden-cia”. Lamenta que Teixido leve case dous anos bloqueando o proxecto.

os plans do Concello impedirán que a residencia teña centro de día, di Polín

GUitiRiZ Os socialistas acusan ao alcalde de antepoñer os intereses urbanísticos

A Casa da Botica estaba destinada a residencia da terceira idade e a centro de día

Gazeley non terá que ser indemnizada pola Deputación

BeGOnte Fin do conflito polo centro loxístico

O centro loxístico de Gazeley está no polígono de Begonte

Unha granxa de Ramil perdeu dúas vacas en ataques que poideronser de lobos

Unha gandeiría da parroquia de Ramil, en Castro de Rei, perdeu nas pasadas semanas dúas vacas como consecuencia de ataques que poideron ser de lobos. Eran xovencas dunha SAT que ten 250 reses, que foron atacadas cando estaban fóra, de noite.

A primeira non morreu no mo-mento e os propietarios supoñen que a vaca conseguiu fuxir, pero tivo que ser sacrificada debido aos danos que sufriu. Días despois os supostos lobos fixeron outra incur-sión nocturna e mataron unha se-gunda vaca.

Ata hai poucos anos, os ata-ques e morte de gando limitá-banse case exclusivamente a zo-nas de montaña con bastante gando de carne que permanece no monte solto constantemente, como A Trapa (A Fonsagrada), e in-cluso nos límites da comarca chai-rega. Sen embargo, cada vez con maior frecuencia, rexístranse epi-sodios deste tipo na parte baixa, en lugares próximos a vivendas ou a estradas moi transitadas, como no caso de Ramil.

CAStRO de Rei

Page 5: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 5

En dous meses iniciaranse as reparacións na redeviaria do municipio

O municipio de Friol foi elixido pola Deputación para poñer en-marcha o Plan de Obras e Servizos, cunha achega de 207.300 euros, que permiti rán fi nanciar os traba-llos na súa totalidade. Os traballos no municipio poránse en marcha nun prazo de dous meses, unha vez transcorridos os prazos legais, segundo afi rmou recentemente o responsable das obras provin-ciaisd, Manuel Martí nez.

As obras programadas son a mellora do fi rme con aglomerado en quente da CP-2111, ó seu paso pola rúa Deputación, e da CP-2106, ó seu paso pola rúa Santa Isabel; acondicionamento de cinco quiló-metros da vía de Lamas a Narla, moi transitada por vehículos pesa-dos, principalmente por maquina-ria agrícola; colocación de bandas rugosas e pasos de peón fronte ás vivendas sociais, onde tamén se arranxará o sistema de drenaxe debido ás conti nuas inundacións. Con estas últi mas actuacións, Mar-tí nez dixo que atenden as deman-das veciñais, asumindo uns traba-llos que debería realizar a Xunta.

FRiOl

A XXI Feira do Queixo e do Pan de Ousá foi novamente un éxito de par-ti cipación. Milleiros de persoas en-cheron durante toda a xornada un re-cinto feiral no que parti ciparon máis de cen postos que venderon máis de 8.000 pezas, unha cifra algo por de-baixo do agardado pero que demos-tra unha vez máis o peso desta con-vocatoria.

A xornada comezou ás dez da mañá co disparo de bombas. Tras asignarse os postos, a feira abriu as súas portes pasadas as once e me-dia, acompañada de actuacións de grupos musicais. O alcalde de Friol, Antonio Muiña, asisti u á apertura acompañado da conselleira de Me-dio Rural, Rosa Quintana, quen lo-ubou as excelencias tanto do queixo de Friol coma do pan de Ousá. Pola súa banda, Antonio Muíña fi xo fi n-capé en que todos os queixos pos-tos á venda teñen procedencia arte-sanal e son elaborados nas casas se-guindo o método tradicional, o que lle da aínda máis mérito ao número de pezas que se expuxeron.

Éxito de público na Feira do Queixo, con máis de 8.000 pezas vendidas

FRiOl Milleiros de persoas ateigaron o recinto, onde se instalaron máis de cen postos

A XXI Feira do Queixo e do Pan de Ousá estivo moi concorrida

C/ José María Chao, nº 2127800 VILALBA (Lugo)

Telf.: 982 510 211 / 982 510 290 Fax: 982 511 705

mail: [email protected]

EMPRESA INTEGRANTE DE LA UTE ADJUDICATARIA DEL PLAN DE CONSERVACIÓN ZONA 1 DE CARRETERAS DE LA DIPUTACIÓN DE LUGO

OBRA CIVIL

EDIFICACIÓN

REHABILITACIÓN

EXTRACCIÓN DE ÁRIDOS

Page 6: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

6

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

Deputación e concellos dedica-rán este ano máis de 1,3 millóns de euros ao servizo de Teleasistencia Domiciliaria, segundo anunciou o vicepresidente primeiro da institu-ción provincial, o nacionalista An-tonio Veiga. O Ddía primeiro, a xunta de goberno provincial apro-bou a contratación do servizo, o prego de cláusulas administrati-vas e as prescricións técnicas que rexerán a licitación do contrato e o procedemento de adxudicación, que será aberto para a elección da oferta máis vantaxosa. O vicepre-sidente e delegado de Benestar Social, detallou que o custe total do contrato ascende a 1.343.000 euros ao adxudicarse o servizo por catro anos.

Veiga dixo que deste xeito queda garantida a prestación do servizo de Teleasistencia Domici-liaria para os vindeiros anos des-pois de que o Goberno do Estado suprimise dos Orzamentos Xerais a partida que o Ministerio de Sani-dade, Servizos Sociais e Igualdade dedicaba, a través do Imserso, ao seu cofinanciamento e de que a Xunta non se mostrase disposta a asumir a porcentaxe que aportaba o Executivo central.

dOS MÁiS CUAntiOSOS“Trátase –asegurou- dun dos

contratos máis importantes da his-toria da Deputación lucense en materia de política social, tanto pola súa repercusión económica como polos recoñecidos benefi-cios que reporta a centos de lu-censes”. O servizo adxudícase para os vindeiros catro anos cun custo anual de 335.880 euros que será cofinanciado ao 50 por cento en-tre a Deputación e os concellos que se sumaron ao convenio de colaboración proposto pola vice-presidencia, que foron todos agás un. O custe da telesasistencia para cada concello variará en función do seu número de beneficiarios.

O contrato permitirá que as máis de 1.500 persoas que gozan deste servizo, na súa maioría mu-lleres que viven soas e cunha me-dia de 80 anos, poidan seguir re-sidindo no seu medio habitual es-tando atendidas 24 horas todos os días do ano. Antonio Veiga reite-rou que a lucense é a institución provincial que máis inviste en ser-vizos sociais. “No caso da teleasis-tencia –explicou- somos o único ente provincial que non exclúe a algún concello”.

O contrato provincial da teleasistencia ascende a 1,34 millóns, segundo anunciou Antonio Veiga

Árbores da Consellería causan accidentes nas carreteras provinciais

COMARCA A Deputación quere que a Xunta limpe os montes cruzados por viais

As árbores e maleza de montes de-pendentes da Xunta caídos sobre ca-rreteras provinciais causaron nos últi-mos dous anos unha decena de acci-dentes, un deles cunha vítima mortal, segundo os datos facilitados polo res-ponsable da rede viaria da Deputa-

ción. Manuel Martínez acusou a Ad-ministración autonómica de incum-plir a lei de estradas e non retirar as árbores dar marxes nen rozar e po-dar a vexetación desas zonas. “Non se trata de talar árbores sen máis, senón de garantir a seguridade dos cida-

dáns, preservando a riqueza medio-ambiental”, dixo.

- Martínez fixo esta reclamación logo de supervisar os traballos de lim-peza de estradas que realiza a Depu-tación con motivo dos últimos tem-porais e constatar a situación.

Tras os temporais deste ano, personal da Deputación tivo que retirar árbores e maleza tamén de montes dependentes da Xunta

COMARCA

Nove concellos da zona centro-norte reducirán a factura eléctrica nun 50%

COMARCA A Deputación leva á práctica as auditorías enerxéticas

Nove concellos da comarca chai-rega e doutras zonas limítrofes verán reducida á metade a súa factura polo consumo eléctrico. Será un dos resul-tados das auditorías enerxéticas que realiza gratis a Deputación en 37 mu-nicipios, xunto a diminución nun 20% dos gastos de luz e calefacción en consitorios, casas da cultura ou pa-villóns. Ata o momento, 21 concellos sumáronse á revisión integral da fac-turación eléctrica que organismo lu-gués fará gratis para aforrar máis cus-tes e evitar abusos de compañías, á espera de pechar o prazo o 25 do pre-sente mes de marzo.

Recentemente, o voceiro pro-vincial socialista, Manuel Martínez, adiantou os primeiros resultados das auditorías enerxéticas que a Deputa-ción está a realizar sen custe nos 37 concellos que de xeito voluntario se sumaron a esta iniciativa. Martínez avanzou que o organismo provincial reducirá nun 50% a factura da luz des-tas entidades locais co material que a institución luguesa adquirirá e ins-talará gratuitamente nos seus siste-

mas de iluminación pública. Hai que ter en conta que a luz representa o 70% dos gastos correntes nos munici-pios. Dixo que, por exemplo, un con-cello cunha media de 5.000 habitan-tes paga ao ano 200.000 euros pola luz, custe que a Deputación diminuirá ata os 100.000. Ademais de avaliar os sistemas de iluminación pública, a institución tamén realizou audito-rías enerxéticas nos inmobles públi-cos elixidos polas entidades locais. En consistorios, casas da cultura e pavi-llóns o organismo provincial reducirá o importe das facturas de luz e cale-facción nun 20%.

Os 37 municipios do club dos re-novables, que en total son 47, ad-heridos a esta iniciativa foron os se-guintes: Abadín, Friol, Guitiriz, Pol, A Pastoriza, Meira, Riotorto, Trabada, Rábade, O Incio, A Fonsagrada, Cer-vantes, Monterroso, Pedrafita, Ne-gueira de Muñiz, A Pontenova, Por-tomarín, Láncara, Samos, Navia de Suarna, Guntín, Barreiros, O Valado-uro, Becerreá, Castroverde, Viveiro, Xove, O Vicedo, Sober, Sarria, Palas de

Rei, Baralla, Ribadeo, A Pobra do Bro-llón, Ribas do Sil, Quiroga e Monforte de Lemos. A Deputación levou a cabo as auditorías enerxéticas en 29 Con-cellos, quedándolle pendentes tra-ballos puntuais noutros 8 municipios que concluirá neste mes.

Na mesma liña, Martínez Núñez adiantou que, unha semana despois de que a Deputación ofrecese aos concellos a revisión integral da factu-ración eléctrica nas instalacións, 21 entidades locais do club dos renova-bles xa se adheriron a esta nova inicia-tiva de cooperación. Son A Pastoriza, Rábade, Baralla, Barreiros, Cervan-tes, O Corgo, Guntín, O Incio, Mon-doñedo, Paradela, Pedrafita do Ce-breiro, A Pobra do Brollón, Portoma-rín, Quiroga, Ribas do Sil, O Saviñao, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo e Xove. O prazo de inscrición segue aberto ata o 25 de marzo polo que, ata entón, aínda poden sumarse máis Concellos dos 47 aos que se di-rixe este proxecto. Tamén se estudan os sistemas de calefacción idóneos para reducir un 40% o consumo.

Page 7: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 7

As fortes choivas caídas hai un mes, que orixinaron riadas e inunda-cións na Terra Chá, danaron infraes-truturas tamén en Vilalba. Unha delas foi o Paseo dos Condes, ao que o ano pasado destinaron un importante in-vestimento. Neste caso os socialistas atribuíron os danos a unha mala pla-nificación da obra. Criticaron o “la-mentable estado do paseo despois de gastar 179.000 euros no seu acondi-cionamento hai só medio ano, o que pon en evidencia o nefasto proxecto de mellora e a mala planificación para a evacuación da auga”. Os traballos foran realizados con financiamento da UE, da Xunta e do Concello.

O PSOE de Vilalba reclamou o arranxo inmediato do Paseo dos Con-des e “as oportunas responsabilida-des” ao comprobar o “lamentable es-tado” tras o cuantioso e recente in-vestimrento. “O paso do primeiro in-verno foi suficiente para poñer en evidencia o nefasto proxecto de me-llora medioambiental e do contorno

rural”, afirmou o voceiro socialista, Eduardo Vidal.

Puntualizou que ata o de agora o paso dos anos non fora quen de des-trozar deste xeito o paseo, e que nin

os máis vellos da contorna lembran un estado tan lamentable dese vial. Pediu a reparación da rede munici-pal deteriorada e cuestionou a dedi-cación exclusiva do edil de obras.

As liquidacións de plusvalías xeneran unha polémica entre PsoE e PP

A denuncia pública realizada polo grupo municipal socialista de Vilalba do cobro de recibos de plusvalías de terreos que supostamente non teñen validez xurídica, por non haber sido aprobados previamente, deu lugar á réplica do alcalde, o popular Gerardo Criado, que a súa vez tivo unha con-tundente contestación por parte do socialista Eduardo Vidal. O manda-tatrio acusou ao principal partido da oposición de non querer pagar os im-postos e de confundir á opinión pú-blica. O PSOE replicou acusando a Criado de ocultar información e de repetir unha actuación similar, entre outros argumentos.

Eduardo Vidal entende que os ex-pedientes de liquidación enviados aos veciños para o cobro da taxa so-bre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana “carecen dun dos elementos fundamentais para que te-ñan validez xurídica, dado que no mo-mento de ser notificados non estaban aprobados por ningún órgano de go-berno competente”. Esixiu ao alcalde que revise as notificacións que se te-ñan emitido aos veciños para o co-bro do imposto. Despois de recibir as queixas de varias persoas afectadas, os socialistas rexistraron un escrito no

concello para arranxar esta situación e póñense a disposición de todas as persoas interesadas para facilitarlles información e as indicacións para os posibles recursos.

No escrito o PSOE esixe “que se deixen sen efecto aquelas liquida-cións que puideran non estar ampa-radas pola resolución do órgano de goberno competente”. Tamén, de ser o caso, que sexan devoltos os cartos indebidamente ingresados.

Os socialistas lembran que xa no mes de xullo pasado, en sesión plena-ria, se opuxeran ao cobro de tal im-posto, ao considerar que nos tempos que estamos a vivir resulta un grava-men excesivo e insolidadrio para moi-tas economías vilalbesas. Daquela o pleno, co voto en contra deste grupo, aprobou un convenio para ceder o co-bro do imposto á oficina rexistradora da propiedade de Vilalba, polo que esta recibiría un 10% do montante re-cadado. O grupo municipal socialista entende que pode darse a circunstan-cia de que o Concello “estivera efec-tuando os cobros sabendo que os ac-tos podían ser nulos de pleno dereito, ao estar viciadas as notificacións per-tinentes”.

Eduardo Vidal lembra que “xa non

é a primeira vez que o afán recadato-rio do alcalde leva ao Concello a si-tuacións dificilmente explicables”. En-gade que “a falta de recursos do Con-cello non xustifica que se poida ac-tuar con menosprezo ao principio de confianza lexítima, que debe presidir todas as accións de calquera adminis-tración pública”.

eStUPORTras presentar o escrito, os socia-

listas manifestaron o seu “estupor” despois de escoitar as declaracións do alcalde relativas ao cobro das plus-valías aos veciños que o PSOE consi-dera “irregulares”. Dixeron que, en lugar de dar información veraz, o al-calde “dedicouse a botar balóns fora, dicindo que era cuestión de listillos que non querían pagar os impostos”.

Vidal reitera que o Alcalde ocul-tou información ao pobo de Vilalba, dado que, el mesmo, en data 10 de decembro de 2012, asinou o decreto 39 polo que por “motivos de urxen-cia”, é necesario notificar aos intere-sados as liquidacións feitas polo rexis-tro da propiedade de Vilalba, relativas a dito imposto. Neste decreto, apro-base un montante ao cobro por valor de 271.990,49 euros.

vilAlBA O socialista Eduardo Vidal reiterou a falta de validez xurídica de recibos

reparación cara do Paseo dos CondesvilAlBA A auga xa deteriorou unha obra na que foron investidos 179.000 euros

Actividade no auditorio Carmen Estévez

No auditorio vilalbés estaba prevista unha importante activi-dade durante a pasada fin de se-mana, que finalmente non ser puido desenvolver ao completo. Foi cancelada con antelación “Las noches del club de la comedia”, na que ían actuar os molologuistas Miguel Lago, Tomás García e Manu Badenes. En cambio, celebráronse festivais benéficos de Mans Uni-das, para recaudar fondos para mellorar un centro de rehabilita-ción de nenos con problemas en Palestina e a renovación dun hos-pital rural en Zambia. No primeiro actuaron desinteresadamente Sin-tonía de Sancobade, Eduardo Ci-llero Gato, Xosé Manuel Carballo, Rosana Domínguez Grandío, Baruk Domínguez Grandío e Os Quimqui-lláns, entre outros.

vilAlBA

Os nacionalistas queren que a Igrexa pague impostos por algunhas propiedades vilalbesas

O grupo municipal do BNG en Vilalba leva a cabo iniciativas ante o Concello para conseguir que a Igrexa pague polos seus bens in-mobles como calquera particu-lar ou empresa, segundo manifes-taron os seus responsables. Ma-tizaron que hai que distinguir en-tre aqueles edificios destinados ao culto, dos outros que posúe a den-tro do municipio e polos que non está a pagar o correspondente im-posto.

“Nestes tempos de axustes pre-supostarios e onde os concellos te-ñen que facer auténtica enxeñería financeira é de xustiza que absolu-tamente todos cumpran coas súas obrigas”, manifestou o portavoz do grupo, Jorquera. Entende discri-minatorio que a Igrexa, titular de varios inmobles no concello non adicados ao culto relixioso, estea exenta dese pago. Alude a un an-tecedente recente no concello de Allariz, onde unha sentencia deu a razón ó propio consistorio.

vilAlBA

Page 8: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

8

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José Ramón Gó-mez Besteiro, manifestouse defensor da participación activa da militancia para construír un partido “que sexa útil á sociedade e artelle políticas de crecemento contra a austeridade em-pobrecedora do PP”. Desde o comezo do ano ata as datas previas á reunión da executiva galega e do comité na-cional, levou a cabo un proceso de mesas de traballo coa militancia para aportar ideas, que xa foron aproveita-das con motivo da convención sobre o modelo de Europa, celebrada en Madrid hai varias semanas.

O máximo representante dos so-cialistas na provincia e presidente da Deputación, deixou claro en recentes manifestacións cal debe ser o obxec-tivo do partido: “O que nos toca agora, e o que vou facer eu, é traballar para que o partido socialista sexa forte e unido”, asegurou. “Creo que é no que debemos traballar nos próximos me-ses para ser útiles á sociedade, so-bre todo neste momento, cunha po-lítica da dereita de austeridade em-pobrecedora, un concepto do que xa teño falado dende hai tres anos e que agora condena ata o Fondo Monetar-tio Internacional”.

Engadiu que hai que artellar polí-ticas de crecemento porque, dixo, le-vamos padecendo esta austeridade preto de cinco anos en Galicia e case un ano e medio no conxunto do Es-tado, no que a situación do país só vai a peor, e iso é co que temos de loi-tar. Vou traballar desde o partido para contrarrestar estas políticas da de-reita que non aportan nada positivo”,

destacou.Con respecto ao calendario do par-

tido en Galicia, Gómez Besteiro apun-tou que “se se confirma que estes pa-sos se van dar antes do verán, isto é o que a gran maioría do partido que-ría, esperaba e demandaba, pero es-perarei a escoitar ao secretario xeral”. En relación á fórmula de elección, re-afirmouse na súa idea e defendeu a “participación activa da militancia” no proceso. “Ben se sabe cal é a miña opinión sobre a participación activa da militancia neste proceso. Son unha persoa respectuosa cos procedemen-tos, un pode estar de acordo coa le-galidade ou non, pero mentres existe hai que cumplila e é positivo intentar cambialo, pero dentro dos marcos de

referencia do partido me movín, me movo e me moverei. Defendo un pa-pel moi activo dos militantes e neste sentido vou traballar”, asegurou Gó-mez Besteiro.

Con respecto á situación xudicial de José Blanco, á que xa se referiu noutras ocasións, incidiu na mesma idea da defensa da presunción de ino-cencia: “Non vou variar a miña posi-ción, que segue a ser a mesma, Blanco ten o meu respaldo e creo que é ino-cente e non vou entrar en especula-cións, porque nin debo nin quero”, dixo. Tamén rexeitou falar sobre o pa-pel do exministro no PSdeG ou sobre posibles candidaturas: “Ese proceso aínda non está nin aberto. O impor-tante é construír o futuro do partido

e traballar en clave de unidade e so-lidez. Sobre especulacións non falo”, concluíu.

deBAteSEn canto ao labor realizado pola

militancia na provincia de Lugo tras o encontro celebrado a mediados de decembro no auditorio de Veterina-ria, as seis temáticas diferentes dos grupos de traballo, Besteiro lembrou que foron adaptadas para poder con-fluír de forma coordinada co partido en Galicia e tamén nos cinco deba-tes do PSOE no ámbito federal, para poder trasladar do xeito máis eficaz posible as achegas dos militantes e contribuír ao cambio e ao debate de ideas no partido.

POlÍtiCA O secretario xeral dos socialistas lucenses di que quere un partido forte que sexa útil á sociedade

Besteiro propón o crecemento frontea “austeridade empobrecedora do PP”

Gómez Besteiro desprega dende hai tempo unha intensa actividade nos órganos de dirección do seu partido

o PP defende a vixencia da lei de augas O portavoz de Medio Ambiente do

Grupo Popular, Daniel Varela, defen-deu no Parlamento a plena vixencia da Lei de Augas de Galicia, unha nor-mativa “adaptada á directiva marco da Unión Europea e que contempla bonificacións e exencións para pozos e traídas veciñais”, dixo. Cualificou a auga como “auténtico tesouro da nosa terra que todos temos a obriga de contribuír á súa preservación e consumo responsable”. Respecto á moción presentada polo Grupo Socia-lista, o portavoz popular sinalou que “o normal sería que trouxeran unha

proposición de lei articulada e argu-mentada, para ver onde están eses baleiros que denuncian”. “Estamos abertos a estudos e propostas que sir-van para mellorar a normativa actual, partindo da base de que os que máis consuman máis paguen e os que máis contaminen máis paguen”.

Na súa intervención, Varela re-cordou que “os propios socialistas galegos dixeron cando gobernaban que había que facer unha lei de au-gas, aplicar a directiva e cumprila, ao tempo que asumían que había que pagar máis pola auga, tanto polo con-

sumo como pola depuración”. Máis en concreto, apuntou que nese mo-mento encargaron un anteproxecto de lei que deixaron no caixón por-que contemplaba poñer tres taxas e un canon ecolóxico novo, ao tempo que os usos agrarios deberían pagar o 100% e as traídas veciñais e os pozos o 50%, que agora están exentas do ca-non na actual normativa.

O deputado lucense matizou que esta lei aprobouse coa incorpora-ción de 42 emendas consensuadas con todos os grupos parlamentarios, aprobándose unha lei adaptada á di-

rectiva e a UE, e que permite modi-ficacións nos seus tramos polas tari-fas sociais, bonificación e exencións. En concreto, subliñou que as traídas de auga e os pozos están exentos na práctica do canon, por aplicación do artigo 53 e a disposición adicional 14”

En canto á autonomía local, Da-niel Varela asegurou que “non se vul-nerara a autonomía local, por tratarse dun principio constitucional que hai que respectar”. Reiterou o “respecto escrupuloso das competencias muni-cipais e da administración hidráulica de Galicia”.

PARlAMentO O voceiro popular asegura que os pozos e traídas non pagarán o canon

Page 9: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 9

O Concello de A Pastoriza ten en marcha un proceso de adxudicación en aluguer de 24 parcelas rurais pro-cedentes de masas comúns resul-tantes das concentracións parcela-rias acometi das en cinco parroquias. O organismo, que xa está na fase de valoración das ofertas, pretende re-caudar un mínimo de 5.396 euros anualmente, cifra que é o resultado da suma los prezos fi xados para cada unha.

Son todos terreos rústi cos, que serán adxudicados por un prazo de cinco anos, prorrogables anualmente se as partes están dacordo, ata un máximo de dez. As masas comúns es-tán ubicadas nas parroquias de Bre-toña, Úbeda, Cadavedo, Crecente e Gueimonde.

PReZOS FiXAdOSA superfi cie e os prezos fi xados

como base da licitación son moi va-riables. O terreo máis pequeno tén unha extensión de 1.184 metros ca-drados e tamén se corresponde co

prezo de licitación máis baixo: 30 euros ao ano. No outro extremo, o máis caro, de 900 euros anuais de alu-guer, foi fi xado para o máis grande, un monte de 72.236 metros. Os dous es-tán na parroquia de Cadavedo, na que tamén se ubican unha masa co-mún de 30.198 metros cadrados, por 505 euros; una de 28.574 metros, por 420, e dúas máis que miden ao redor de hectárea e media cada unha.

Entre as masas comúns máis gran-des que pretende alugar o organismo municipal tamén están unha de preto de 21.000 metros en Gueimonde, por 500 euros; otra de 18.000 metros en Crecente, e en Bretoña hai unha de 11.500 metros cadrados.

PRiMeiRO AnOSe as adxudica todas, o Concello

pode ingresar unha canti dade bas-tante máis grande, si as ofertas en so-bre pechado superan os prezos míni-mos fi xados.

Os adxudicatarios non pagarán nada no primeiro ano de aluguer, para

compensar os traballos de adecua-ción dos terreos que teñan que facer. Pero non poderán realizar desmontes nin outros traballos que os transfor-

men. Igualmente, non poden ser de-dicados a usos disti ntos dos agrícolas. Hai un baremo por lindeiro, residen-cia e outras circunstancias.

A PAStORiZA Pretende recaudar 5.400 euros anualmente a través deste procedemento

o Concello pastoricense aluga 24 terreos rústicos en cinco parroquias

Parte das parcelas procedentes de masas comúns están na parroquia de Bretoña

Polígono Industrial Camba, parcela 56-5727870 - XOVE (Lugo)

Telf.: 982 562 954Fax: 982 572 382

mail: [email protected]

OBRA CIVIL FABRICACIÓN TRANSPORTE RECICLADO

EMPRESA INTEGRANTE DE LA UTE ADJUDICATARIADEL PLAN DE CONSERVACIÓN ZONA 1 DE CARRETERAS DE LA DIPUTACIÓN DE LUGO

Page 10: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

10

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

A Aldea Artesán de A Fraga, en Xermade, será durante os próximos meses o centro de referencia para a aprendizaxe do torneado en madeira dentro dos cursos programados polo Centro de Artesanía e Deseño para este trimestre. Esta entidade decidiu levar a cabo unha maior descentra-lización para facilitar a participación dos residentes en todas as comarcas da provincia. Aínda que a maior parte seguirán sendo en Lugo, na sé do Centrad e no Centro de Cestaría do Rato, ademáis de Xermade, tamén te-rán cursos Ribadeo, Cervantes e Mon-forte.

Na presentación, a deputada pro-vincial de Deseño e Artesanía, Regina Polín, dixo que na nova tempada de cursos do Centrad, por primeira vez, combinaranse ensinanzas propias de oficios tradicionais, coma a cesta-ría ou o tear, con outras técnicas ac-tuais de marcado carácter práctico. Con éstas os alumnos poderán apren-der a transformar e dar novos usos a obxectos cotiás xa utilizados ou ve-llos, coma mobles ou roupa.

No Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, celebra-ranse os cursos “Iniciación á xoie-ría. Técnicas básicas”; “Xoiaría expe-rimental”; “Modela as túas xoias”; “Construción de caixas de coiro”; “Ini-ciación ó coiro”; “Iniciación ó pat-chwork”; “Arranxa as túas prendas”; “Perfeccionando a túa técnica de te-cido”; “Decora a túa roupa”; Escul-tura cerámica” e “Restauración de mobles”. No Centro de Cestaría do río Rato será o escenario de “Recu-perando o pasado. Bandexas de vim-

bio”; “Cestaría de xuncos”; “Decora o teu xardín con vimbio” e “A arte de cestear. Esculturas en vimbio”.

Fóra de Lugo serán os cursos “Tor-neado de madeira” na Aldea Ar-tesán A Fraga, no Concello de Xer-made; “Aprendendo a tecer en tear tradicional”, que se celebrará no in-terior dunha das pallozas tradicio-nais do Concello de Cervantes; “Fel-tro”, en Monforte de Lemos, e “Ces-taría de reciclaxe” na Casa do Mar de Ribadeo.

PARtiCiPACiónPolín subliñou a importancia de

que o maior número posible de lu-censes teñan a oportunidade de ac-ceder á formación en técnicas artesa-nais, posto que este é un sector “de xeración de emprego de primeiro ni-

vel, especialmente no medio ru-ral”. Precisamente para que ninguén quede fóra desta formación, os res-ponsables provinciais fixeron “un es-forzo para reducir os prezos de matrí-cula á metade con respecto a anterio-res edicións. Despois desta rebaixa, o prezo resultante de cada hora de formación é de só 0,50 euros”, tal e como destacou a deputada de Arte-sanía e Deseño.

Os 19 cursos programados dan comezo estes días e desenvolveranse ata finais do mes de xuño. Son en to-tal 760 horas de formación e os alum-nos que cumpran a totalidade de ho-ras do curso ou ben só falten, xusti-ficadamente, un máximo do dez por cento do horario total, poderán obter os correspondentes diploma e certifi-cación de asistencia.

XeRMAde O Centrad descentraliza a súa programación e inclúe á Chaira

A Fraga será este curso un centro de formación de torneado en madeira

Ata o de agora a maioría dos cursos eran na sé do Centrad e no Centro de Cestaría

Tres dos principais humedais da comarcha chairega foron incluídos nun plan comunitario de mellora, do que tamén se beneficiarán espa-zos naturais similares doutras cinco comunidades autónomas, cun orza-mento de 2,8 millóns de euros. Da provincia lucense figuran no proxecto Life+Tremedal a Lagoa de Cospeito, As Ínsuas de Rábade e o Lago dos Ollos de Begonte.

Os traballos nos da Terra Chá afec-

tarán á conservación e recuperación deses humedais, e serán levados a cabo polo campus de Lugo da Univer-sidade de Santiago, a través do Insti-tuto de Biodiversidade Agraria e Des-envolvemento Rural (Ibader), depen-dente da USC e tamén con sé na capi-tal lucense.

Segundo explicara o chairego Pa-blo Ramil, vicerrector de Investiga-ción do campus lucense, que foi o representante da universidade en-

cargado de presentalo, o proxecto Life+Tremedal tamén engloba hume-dais de Asturias, Castilla-León, Can-tabria, País Vasco e Navarra. No caso dos da provincia lucense, colaboran coa USC a Xunta e a Deputación, e nas demáis comunidades tamén par-ticipan outros organismos.

O Life+Tremedal desenvolverase en varias anualidades, ata o 2015, cun orzamento total de 2,8 millóns, par-tida da que a metade será financiada

con fondos comunitarios, e a outra metade aportarana as entidades par-ticipantes.

Segundo anunciou Pablo Ramil, nos humedais chairegos os traballos centraránse fundamentalmente na eliminación de especies exóticas in-vasoras e na mellora das condicións das especies protexidas autóctonas. Hai anos, no Miño tamén houbo tra-ballos para combatir unha alga inva-sora foránea.

Máis de 600.000 euros para clubes e concellos

Clubes e concellos xa poden presentar estes días as solicitu-des para as subvencións que con-cede a Área de Deportes da Depu-tación. As bases, presentadas polo vicepresidente Antonio Veiga e por Mario Outeiro, quedaron aproba-das pola xunta de gonberno na úl-tima sesión. As axudas ascenden a 630.000 euros, dos que 500.000, a mesma cifra que o ano pasado, irán destinados ás entidades de-portivas e clubs da provincia.

Neste caso, igual que en convo-catorias anteriores, as entidades poderán solicitar axudas de tres ti-pos: para a actividade competitiva prolongada ao longo do ano, até un máximo de 8.000 euros; axu-das para a organización de acon-tecementos deportivos puntuais, ata un máximo de 4.000, e axudas para actividades deportivas non competitivas que se desenvolvan de xeito continuado, cun tope de 8.000 euros. Destas tres liñas de axudas, Veiga lembrou que as aso-ciacións e clubs deportivos pode-ranse acoller a dúas delas.

Á colaboración cos concellos na promoción deportiva o organismo destina 130.000 euros, dos cales 80.000 serán para a realización de investimentos en infraestruturas e á adquisición de equipamentos, e 50.000 destinaranse para gastos correntes de promoción depor-tiva. No primeiro caso os concellos poderán solicitar ata 6.000 euros para investimentos, e ata 3.000 para equipamentos. No segundo poderán solicitar ata 2.500 para a organización de eventos puntuais, e 5.000 euros para actividades ao longo do ano.

COMARCA

COMARCA O campus de Lugo actuará en Cospeito, Rábade e Begonte

tres humedais chairegos incluidos nun plan de mellora en seis comunidades

Page 11: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 11

Un total de sete grupos informais e asociacións xuvenís da provincia de Lugo participaron en 2012 no pro-grama Iniciativa Xove, que ten como obxectivo apoiar proxectos lidera-dos, executados e protagonizados por grupos de mozos e mozas. Esta liña de actuación disporá en 2013 de 730.000 euros para toda Galicia, un 3,5 por cento máis que en 2012, se-gundo afirmou en días pasados en Lugo o director xeral de Xuventude da Xunta. Os beneficiarios procedían de As Nogais, Sarria, Viveiro e Lugo, capital que aporta catro grupos. Ta-mén o ano pasado, nun programa de voluntariado xuvenil participaron outros seis concellos, entre os que estaban Rábade e Guitiriz.

Todos os proxectos que presenta-ron a Iniciativa Xove foron de temá-tica moi diversa, abarcando desde accións de difusión do xadrez ata a utilización do surf con nenos e ne-nas con autismo. Así o salientou na súa estadía en Lugo o director xeral, Ovidio Rodeiro, que se reuniu cos concelleiros da zona centro e sur co obxectivo de impulsar as políticas de mocidade na provincia, e para pro-mover os distintos programas e re-cursos que ten a Consellería de Tra-ballo e Benestar.

Unha das iniciativas que salien-tou durante a súa xuntanza foi a do Carné Xove. Neste sentido, informou de que nestas dúas zonas de Lugo

hai 340 establecementos adheridos e contan con 3.286 usuarios.

Tamén puxo en valor os cursos do servizo Quérote +, que ofrecen for-mación en distintos centros sobre conflitos de imaxe corporal, seguri-dade nas redes sociais, sexualidade, consumo de drogas ou bullying. Du-rante o ano pasado, un total de 24 centros destas dúas zonas dispuxe-ron destes cursos.

Rodeiro destacou igualmente a importancia da incorporación da mocidade a labores voluntarias a

través do programa de Volunta-riado Xuvenil. A meta é incorporar 3.000 persoas a proxectos de aso-ciacións e concellos, cun orzamento de 440.500 euros. En 2012 participa-ron seis concellos da provincia, Mon-doñedo, Sarria, Viveiro, Quiroga, Rá-bade e Guitiriz.Por último, informou doutros programas como o Galeu-ropa de mobilidade xuvenil, ou Xu-ventude en Acción, as axudas para o mantemento das oficinas de infor-mación xuvenil, a campaña de verán ou o plan de formación.

A reforma laboral levada a cabo polo Goberno non deixa indiferente a ninguén nin, por suposto, ás agrupa-cións xuvenís dos principais partidos políticos na provincia. A dos socialis-tas e a dos populares enfrontáronse verbalmente ao defender esta última a reforma e as medidas de emprego postas en marcha polo Executivo de Mariano Rajoy, coa inmediata réplica do colectivo xuvenil socialista.

A executiva local de Xuventudes Socialistas dixo que lamenta que No-vas Xeracións de Lugo “estea tan des-apegada da realidade e do drama da fenda xeracional que está a abrir na provincia e en España a reforma labo-ral do Goberno do PP”. Lembra que o paro xuvenil acabou 2012 no 55,13%, duplicando a media europea, e que segundo datos do propio ministerio, en Lugo subiu máis dun 3% só no úl-timo mes, “coa gravidade que isto su-pón nunha provincia que está enve-llecida a niveis alarmantes”.

Xuventudes Socialistas considera lamentables tamén as declaracións realizadas polos responsables de No-vas Xeracións na provincia, nas que alaban e agradecen o labor de Rajoy contra o desemprego xuvenil. XXSS lembra que o paro xuvenil acabou 2012 uns niveis inauditos ata ese mo-mento en España, duplicando a me-dia europea, con 930.200 mozos e mozas en situación de desemprego e cun aumento de 6,57 puntos con res-pecto ao ano anterior. Ademais, des-tacan que os datos do propio Minis-terio de Traballo din que en Lugo o paro entre os menores de 25 anos subiu máis dun 3% só no último mes, “coa gravidade que isto supón nunha provincia que está envellecida a ni-veis alarmentes”.

Un inSUltOÉ por iso que Xuventudes Socialis-

tas de Lugo considera “un insulto aos mozos e mozas” as declaracións reali-zadas por Novas Xeracións, a quen lle piden “un pouco de responsabilidade e de sentido común nun momento dramático para a xuventude”. A agru-pación lucense sumarase asimismo á campaña lanzada desde Xuventudes Socialistas en toda España, #emple-ojuvenilYA, a través de diferentes ac-cións na rúa, nos medios e nas redes sociais, con vídeos e diferente ma-terial para denunciar este problema e esixir solución ao emprego xuve-nil. Con ela instarán ás institucións a que tomen medidas concretas contra esta lacra, segundo sinalan os repre-sentantes lucenses.

o desemprego enfronta ás agrupacións xuvenís de populares e socialitas

COMARCA XX SS acusa a NN XX de estar fóra da realidade e da fenda xeneracional que abre a reforma laboral

O grupo lucense de Xuventudes Socialistas criticou a actitude de Novas Xeracións

Grupos de sete concellos participan no programa iniciativa Xove, da Xunta

Ovidio Rodeiro e edís da zona centro presentaron o programa Iniciativa Xove

O Concello de Begonte dedica un apartado na súa web á oferta de formación do Servicio Público de Empleo Estatal para xóvenes menores de 30 anos. Ademáis de explicar as características dos cur-sos, facilita teléfonos e direccións de correo para recibir datos máis dretallados e para inscribirse.

A maioría das accións formati-vas xa comezaron, pero aínda está aberto o período para unha de in-novación en teleasistencia, con prácticas na provincia.

Begonte informa de cursos para parados menores de 30 anos

Page 12: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

12

ACtuAliDADE

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

A Área de Cultura da Deputación destina este ano 540.000 euros para manter todas as liñas de axudas que xa concedera o ano pasado, segundo a convocatoria aprobada na primeira sesión deste mes da xunta de go-berno, e publicada no Boletín Oficial da Provincia. O vicepresidente pri-meiro e o delegado de Cultura e Tu-rismo, os nacionalistas Antonio Veiga e Mario Outeiro, presentaron hai días estas axudas en concorrencia com-petitiva para os colectivos culturais e concellos para a realización de activi-dades culturais.

Mantéñense todas as liñas de axu-das de convocatorias anteriores cun investimento de 540.000 euros, unha cifra apenas reducida con respecto ao ano pasado, segundo dixeron. As axu-das foron publicadas o luns día 4 no BOP, momento desde o que as aso-ciacións culturais xa poden recoller as bases e presentar as súas solicitudes no prazo de un mes.

As actividades culturais subven-cionadas son as realizadas durante o 2013 e as asociacións e concellos te-ñen de prazo para xustificalas até o 31 deste mes de marzo. Os responsables políticos consideraron importante si-nalar, como mostra da repercusión para o tecido cultural desta convoca-toria, que ano pasado superáronse as 600 solicitudes por parte de asocia-cións e concellos lucenses.

“Facemos públicas as bases das axudas coa maior rapidez posible,

sendo sabedores da difícil situación pola que está pasando o tecido cul-tural lucense e galego, en boa me-dida polo abandono ao que o ten so-metido a Xunta de Galiza, que co pre-texto da crise e da austeridade deixou de subvencionar o tecido cultural de base, pero sigue enterrando centos miles de euros no mausoleo da cul-tura galega como é a Cidade da Cul-tura, precisamente onde xente do mundo cultural se tivo que encerrar como medida de protesta polo aban-dono absoluto no que se atopa o sec-tor por parte do goberno de Feijóo”, dixo Veiga Outeiro. Mostrouse con-vencido de que as administración pú-blicas non se poden escudar na crise

e na falsa austeridade para acotar a resposta social e a creatividade que cada día máis está na rúa. “A cultura é do pobo e como tal, desde as ad-ministración públicas así o temos que crer e potenciar”concluíu.

liÑAS COMPAtiBleSPola súa banda, Mario Outeiro

explicou polo miúdo as liñas de axu-das, e aclarou que as entidades cul-turais poderán acollerse a dúas liñas, que son compatibles: Realización de actividades eventuais ou actividades anuais. Para as actividades de carác-ter anual (permanente) o límite das axudas son 8000 euros, e para acon-tecementos culturais, 6000 euros. O investimento total nesta liña de axu-das é de 400.000 euros.

Para os concellos hai catro liñas, dúas para actividades e dúas para in-vestimentos. É dicir, por un lado as actividades eventuais ou de carácter anual, para o que só se poderán aco-ller a unha delas. Por outra parte es-tán as dúas liñas para a realización de investimentos en infraestruturas cul-turais ou a adquisición de equipa-mentos para uso cultural. Destas dúas últimas liñas os concellos terían que escoller tamén unha. Neste caso a do-tación é de 100.000 euros”.

Outeiro dixo que “os criterios de valoración son obxectivos e buscan valorar aquelas actividades que po-tencien a nosa cultura e sexan aber-tas á poboación”.

COMARCA Unha partida de 540.000 euros para todas as liñas

A Deputación mantén as axudas destinadas ás agrupacións culturais

Antonio Veiga deu conta das axudas

O programa Buxiganga levará 70 funcions de teatro a concellos de toda a provincia

Ao redor dre 70 funcións se-rán representadas nos concellos da provincia promovidas polo pro-grama teatral Buxiganga, da Área de Cultura da Deputación. Como na anterior edición, na que 24 gru-pos levaron o teatro a 62 munici-pios, organismos municipais e aso-ciacións poderán presentar solici-tudes, tendo que financiar unica-mente o 20%, que tamén poderán recuperar cobrando entradas a prezos reducidos.

O delegado de Cultura na ins-titución provincial, Mario Outeiro, deu conta da aprobación das ba-ses e da convocatoria para os gru-pos que queiran participar, que se abriu o mes pasado para o desen-volvemento dunha nova edición do programa de promoción do teatro afeccionado Buxiganga du-rante este 2013.

Recordou que o ano pasado in-troducírase a novidade de que, a maiores dos concellos, tamén pui-deran solicitar representacións teatrais asociacións culturais e ve-ciñais que así o quixesen, o que contribuíu a espallar o teatro até parroquias e lugares que doutra maneira non poderían telo.

dOUS eUROSOutra das novidades introdu-

cida o ano pasado foi que os con-cellos e asociacións teñen que fa-cerse cargo do 20% do caché dos grupos, gasto que poderán finan-ciar cobrando ata dous euros en taquilla, e a Deputación financiaría o 80% restante. Explicou que esta forma de financiamento implán-tase para buscar unha maior co-laboración e un mellor funciona-mento do programa.

Pola súa banda, os grupos tea-trais teñen que estar constituídos legalmente e presentar correcta-mente a documentación. Outeiro entende que “o éxito de Buxiganga reside non só na posibilidade que ofrece ás asociacións e concellos para programar actuacións tea-trais, senón que motiva a creación de novas agrupacións ao ter a se-guridade de que a súa obra vai ser representada.

De feito, vimos como se au-mentou o número de grupos de teatro de 12 a 24 o ano pasado, duplicándose exactamente”, ma-nifestou. O caché dos grupos de teatro mántreráse idéntico ao do ano pasado, e será de entre 300 euros e 850, segundo o número de membros.

COMARCA

Promoción das casas rurais en Turexpo

María González García, de Ames; María José Tallón García, de Silleda, e María Virtudes Couceiro Novais, de Santiago, foron as agra-ciadas no sorteo de estancias en casas rurais que fixo a caseta do Concello de Outeiro de Rei na feira Turexpo, en Silleda, para promo-cionar as casas rurais do municipio e o turismo desa parte da comarca en xeral. A primeira agraciada es-colleu Reboreda de Abaixo; a se-gunda, Río Ladra, e a composte-lana decantouse por O Lugar de Pascuais.

No sorteo, que se celebrou o pasado día 24, estivo presente o alcalde, José Pardo Lombao. As es-tancias eran tamén para unha per-sona acompañante.

OUteiRO de Rei

A Asociación de Xogos Tradicio-nais de Muimenta cuestiona a von-tade colaboradora do Concello de Cospeito con este e con outros col-rectivos. Recentemente presentou nas oficinas municipais un escrito d queixa, no que da conta dos motivos que levaron á agrupación a manifes-tar o seu descontento coa actitude municipal.

No texto alude á situación que se ten xenerado na organización de acti-vidades culturais por parte do colec-tivo Xotramu, xa que asegura que en calquera actividade que se organiza, sospeitosamente sempre ocorren “malos entendidos” ou “problemas”.

Asimesmo, sinalaron que seguen

á espera de recibir algún tipo de con-testación sobre o escrito presentado o pasado mes de maio, e reforzado o pasado xullo, onde sete colectivos de Muimenta, reclamaban a colocación de sinais luminosas e bandas rugosas na estrada principal que atravesa a lo-calidade.

Tamén, a principios do mes de fe-breiro presentaron un escrito asi-nado por Xotramu, Asociación Cultu-ral Aquilino Iglesia Alvariño, a Asocia-ción de Empresarios e por Carabullo Asociación Xuvenil. Mostraban a dis-conformidade coa supresión das axu-das que lles concedía o Concello, so-bre todo cando xa tiñan presentadas as xustificacións.

COSPeitO

Xotramu cuestiona a vontadede colaboración do Concello

Page 13: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

XENtE DAQuí

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 13

Durante os dous primeiros me-ses do presente ano, o parque comar-cal de bombeiros de Vilalba realizou un total de 21 saídas para outras tan-tas intervencións, convertíndose no segundo con máis actividade, tras o da Mariña Oriental. No conxunto dos seis parques as incidencias rexistra-das foron 104, das que 46 foron in-cendios en edificacións, vehículos ou forestais, e 25 rescates e excarcera-cións.

O complexo con un maior número de intervencións foi o de Barreiros, con 32, seguido de Vilalba. Nos se-guintes postos figuran Sarria, con 17; Monforte, con 14 saídas; os bombei-ros de Chantada fixeron 11, e os de Viveiro, 9. Do total das incidencias atendidas polos seis parques do Con-sorcio Provincial de Bombeiros, enti-dade xestionada ó 50% por Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, o 70% foron incendios e rescates. En con-creto, durante os dous meses, os pro-fesionais actuaron en 46 incendios en vivendas, alpendres, vehículos e fo-restais, e en 25 rescates e excarcera-

cións. O groso das restantes interven-cións foron fugas de auga ou gas, e limpeza de estradas.

Segundo os informes elaborados polos parques, o groso das saídas pro-duciuse nas franxas 15:00 a 16:00 e de 17:00 a 19:00 horas, en días labora-bles, e o tempo medio de actuación,

isto é, entre a chamada dos servizos de emerxencia ao parque, a chegada ao lugar do sinistro, as actuacións ne-cesarias (apagando un incendio, ven-tilando, limpando, excarcerando ou li-berando persoas atrapadas, atallando fugas de auga e outros traballos), e a volta ao parque é de unha hora e 50

minutos, un tempo récord segundo a opinión dos expertos, tendo en conta as condicións orográficas da provin-cia. Os vehículos percorreron un total de 16.078 quilómetros.

RÁBAde Á CABeZADas 21 intervencións que fixeron

os bombeiros chairegos, 7 foron en Rábade, 4 en Xermade, 4 en Vilalba, 2 en A Pastoriza e unha en Abadín, Guitiriz, Outeiro de Rei e nun concello fóra do seu ámbito de actuación prio-ritario.

O parque de bombeiros de Viveiro organizou a pasada semana unha se-rie de actividades para celebrar o día do patrón do corpo, actos aos que se sumou unha representación dos profesionais de Viveiro e de Vilalba. Houbo unha misa na igrexa parroquial de Celeiro, seguida de demostracións prácticas na explanada situada en-fronte das instalacións do complexo. Doce profesionais dos tres parques realizaron un simulacro dunha fuga de gas con resultado de incendio e a excarceración en dous vehículos.

Salvo un cambio de actitude nas próximas datas, os traballadores da empresa Urbaser en Vilalba están de-cididos a iniciar unha folga indefinida o día 18, que afectará tanto á reco-llida de lixo como á limpeza de rúas e valeirado de colectores. A decisión foi adoptada nunha asamblea celebrada polos traballadores a pasada semana, tras varias máis de negociacións nas que as partes non conseguiron facer efectivo un acordo porque, segundo os representantes dos traballadores, a empresa impediuno pola súa into-lerancia.

A tenor do dado a coñecer po-los representantes sindicais nos me-dios tras a rotura das negociacións, o acordo non foi posible pola esixencia da parte empresarial de aplicar unha rebaixa nos salarios do 17 por cento. O secretario da Federación Provincial de Servizos de UXT, Manuel Lorenzo, manifestou que durante as negocia-cións houbo algúns puntos de carác-ter social nos que estaban dacordo, pero na última reunión a empresa

vinculou a aplicación das melloras so-ciais á aceptación da rebaixa do 17 por cento nos salarios.

Urbaser tén en Vilalba unha plan-tilla de 13 traballadores e un encar-gado. Manuel Lorenzo considera que as pretensións económicas da em-presa non están xustificadas porque o Concello estalle pagando con re-gularidade o establecido no contrato de concesión do servizo, e tampouco lle modificou as condicións nin lle au-mentou ningunha función a maiores.

Por este motivo, o sindicalista ex-presou o desexo de que, tras o fra-caso das conversas, antes do comezo da folga a empresa cambie de acti-tude de forma radical con respecto á pretensión de rebaixar os salarios. Os representantes dos traballadores están dispostos a seguir dialogando, pero sen que afecte a parte salarial porque, ademáis, consideran que son moi normais e algúns nin chegan aos 1.000 euros.

Si se leva a cabo, a folga pode coin-cidir co festival FIV, que se abre o 22.

os bombeiros de vilalba realizaron 21 saídas nos dous primeiros meses do ano

Os bombeiros do parque de Vilalba actúan en toda a comarca chairega

vilAlBA

Os traballadores da limpeza, dispostos a ir á folga desde o 18

vilAlBA O parque chairego foi o segundo con máis intervencións de todos os comarcais

OUteiRO de Rei / CAStRO de Rei

A agrupación conxunta de NN.XX. xa está a traballar

Os dous alcaldes e un exalcalde acompañaron aos xóvenes de NN.XX.

Óscar Bello, que foi nomeado o pasado mes vicepresidente e se-cretario xeral durante o primeiro congreso de NN.XX. de Outeiro de Rei e Castro de Rei, e Diego Gonzá-lez Rifón, designado presidente, xa están a traballar para que a nova agrupación funcione con norma-lidade e realice unha actividade

na defensa dos intereses dos mo-zos e mozas nos dous municipios, tal e como anunciaron. Contan coa axuda do resto da directiva, inte-grada por Begoña Valcárcel como primeira vocal, Tania Díaz Seijas como segunda, e Yago González como terceiro. Ao congreso asisti-ron os dous alcaldes.

Page 14: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

14

XENtE DAQuí

Crónicas da Comarca - Marzo 2013

A obra de teatro que máis ve-ces representou o veterano grupo de Castro de Rei Os Baluros, “Vaise da pechar unha casa máis” xa está reco-llida en formato DVD, grazas ao traba-llo realizado pola Fundación TIC, con-cretamente polos bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS)do centro depen-dente da Deputación, co apoio dos técnicos da fundación. En datas re-centes, a deputada provincial de Des-eño e Artesanía, Regina Polín, fíxolle entrega do material audiovisual ao director de Os Baluros, Xosé Manuel Carballo, nun acto celebrado no tele-clube de Castro de Rei, durante o que se puxo de novo en escena a obra.

O traballo audiovisual recolle a re-presentación número 100 da peza, a máis exitosa ata o momento do colec-tivo de Castro de Rei, que conta unha historia de emigración. Os bolseiros da Escola de Imaxe e Son gravaron e editaron o DVD como parte das prác-ticas reais coas que o centro lles faci-lita a inserción laboral

“Vaise pechar unha casa máis” foi escrita hai máis de trina anos por Xu-lio Pita, coa colaboración de Xosé Ma-nuel Carballo. A estrea tivo lugar no ano 1978 en Castro de Rei, e dende entón Os Baluros percorreu toda a xeografía galega e acudiu a represen-tala a Madrid e Barcelona.

Pola súa banda, os bolseiros da Es-cola de Imaxe e Son, co apoio dos téc-nicos da Fundación TIC, foron os en-cargados de gravar as imaxes da xor-nada e editar o material resultante, a modo de prácticas reais coas que puideron aplicar os coñecementos adquiridos no centro de formación. Regina Polín destacou que a EIS ten como un dos seus principais obxecti-

vos complementar os coñecementos teóricos con numerosas prácticas, en-camiñadas a favorecer a posterior in-tegración dos alumnos no mercado de traballo. Na actualidade, a TIC mantén contacto con máis de 70 em-presas nacionais do sector multime-dia e ten asinados máis de cen con-venios con entidades como oenegés, colectivos culturais e sociais.

COSPeitO O programa da feira exposición desenrolarAse ao largo de tres días, do 5 ao 7 de abril

o da Moexmu, único concurso gandeiro

Regina Polín entregou o DVD a Carballo e aos integrantes de Os Baluros

A Fundación TIC gravou a obra máis representada polo grupo de teatro Os Baluros, de Castro de Rei

CAStRO de Rei Entrega dun DVD

O concurso de gando da Moexmu será, por segunda vez consecutiva, o único que se celebre no 2013 en toda a provincia de Lugo. Na súa organi-zación colabotra Africor e o prazo de inscrición quedou pechado o día 5. Sen embargo, segue aberto o de re-serva de postos para os expositores (artesáns, productos galegos de cali-dade, maquinaria, automóviles, e de-máis) que desexen acudir a esta edi-ción da Moexmu. Neste caso a data límite será o primeiro de abril. A re-serva podese facer a través do te-léfono 982 504 002, e en Internet en [email protected] ou en Face-book: moexmumuimenta.

A comisión organizadora da Mos-tra Exposición de Muimenta, está a traballar na organización das edicións

que terán lugar entre o venres 5 e o domingo 7 de abril próximos. Son a XXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), o XXVII Con-curso de Gando Frisón, a XXVII Expo-sición da Gando de Raza Rubia Galega e a XV Subasta de Gando Selecto.

A Comisión Organizadora, na súa última reunión, decidiu que exerza a presidencia desta edición Pilar Mo-rán Edrosa, acompañándoa Antonio Anllo Díaz, Ángel Engroba García, Ana Iglesias Lozano, José Luis Lodos Fe-rreiro, José Ángel Lozano Cruña, José Aníbal Rodríguez Folgueira e Manuel Ángel Rodríguez Fontao. O coordina-dor, seguirá a ser, José Manuel Rus Rodríguez, por décimosexto ano con-secutivo. Tamén foi unificado o cartel, deseñado por por Javi Penedo.

Responsables da Moexmu e de Carabullo reuníronsre para traballar conxuntamente

A Festa da Filloa de Muimenta celebrará este ano o quinto aniver-sario da súa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia am-pliando o programa de actos. Come-zarán o 30 de abril, ás nove e media da noite, no salón de actos do Cen-tro Sociocultural Manuel Gesto Va-rela de Muimenta, co monólogo de Carlos Blanco, enmarcado dentro das novidades do programa da XXII edición da Festa da Filloa.

O pasado 24 de febreiro tivo lu-gar unha reunión entre represen-tantes da comisión da Moexmu, que tamén organiza a Festa da Filloa, e Carabullo, Asociación Xuvenil de Muimenta. Nela os rapaces e rapa-zas da parroquia trasladaron as súas ideas para ampliar as actividades e iniciativas que se levarán a cabo o vindeiro primeiro de maio.

As propostas realizadas e acor-dadas van dende unha “quedada ci-clista”, pasando por facer unha de-gustación de filloas de sangue, ou fi-lloas con mel, con nata ou inclusive con Nocilla. Tamén se decidiu facili-tar a posibilidade de que os visitan-tes da Festa da Filloa de Muimenta, fagan unhas planchadas ao longo da xornada coa supervisión das filloei-ras e fiolleiros que acuden todos os

anos ao recinto.Na reunión os organizadores fala-

ron da posibilidade de facer filloas á pedra, así como unha exposición fo-tográfica e charlas sobre a elabora-ción e a historia da filloa. Todas estas ideas irán collendo forma ao longo das semanas previas a medida que vaian traballando nelas,según expli-cou José Manuel Rus Rodríguez, co-ordenador da Moexmu e da Festa da Filloa de Muimenta. Igualmente, está decidida a celebración por se-gundo ano dunha feira de cans de caza, coa entrega de cinco premios noutras tantas modalidades.

Dixo que algúns dos rapaces que acudiron á reunión manifesta-ron o seu interese para participar na Festa da Filloa “elaborando este tí-pico producto da gastronomía ga-lega ao longo de toda a xornada, para o cal, coordinarémonos coa Asociación Cultural e Veciñal Aqui-lino Iglesia Alvariño, para facer co-incidir o curso de fiolleiros, que du-rante os últimos anos organizan para a xente máis nova”. Anunciou que previsiblemente se levará a cabo no vindeiro mes de abril, para que estes rapaces e rapazas fagan as súas prác-ticas, coa vista posta no vindeiro pri-meiro de maio.

A Festa da Filloa incorporará destacadas novidades

Page 15: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

DEPortEs

Crónicas da Comarca - Marzo 2013 15

tAeKWOndO Campionato Galego de Promesas

Excelente balance do Jansu vilalbésO día 23 de febreiro celebrouse o

Campionato Galego Promesas de Tae-kwondo 2013, nas categorías Cadete, Xunior e Senior. Tivo lugar en Can-gas con unha asistencia duns 350 par-ticipantes entre as tres categorías. O Centro Deportivo Jansu – Conxelados Astur Galaicos – Electricidade San-tome de Vilalba, participou cun nu-trido número de deportistas en Ca-dete na xornada da maña.

David Debasa, Rubén Otero, Cai-que de Menezes e Lidia Lamas fixe-ron un bo campionato pero non fo-ron quen de pasar da segunda rolda. Agustín Insua, no seu primeiro cam-pionato alcanzou unha medalla de bronce. David Fernández e Valeria Fuenteseca retoman a competición con forza nunhas categorías con gran presenza de deportistas, acadaron unhas merecidas medallas de bronce.

Raúl González foi prata.Pola tarde, nas categorías Xunior e

Senior os resultados foron: Yoel Cam-pello e Silvia Moreno foron bronce na categoría Xunior; Xacobo Grande al-zouse co codiciado ouro, e en Senior, Fina Seco demostrou a súa progre-sión acadando o ouro. En total, dous ouros, unha prata e catro bronces, que demostran o bo momento do taekwondo no Jansu de Vilalba.

Máis de 137 equipos poderán participar na Copa Deputación

O vicepresidente da Deputa-ción, o nacionalista Antonio Veiga, e o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, presentaron a se-gunda edición da Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará entre os días 25 e 31 deste mes, coincidindo coa Semana Santa.

Veiga explicou que este torneo move a máis de 2.500 rapaces e as súas familias, “polo que estamos

falando dun acontecemento cunha magnitude moi grande e que im-plica aos clubs da a provincia”. O ano pasado, da categoría xuve-nil había 38 equipos dos que par-ticiparon 34; de cadetes, había 32 e participaron 3; de infantís, 36 e participaron 33; alevín, 42 e parti-ciparon 42; e benxamín, había 38 e participaron 32. Foron 137 equi-pos, que se superarán este ano.

Veiga e Outeiro presentaron a copa na que participan equipos da Terra Chá

O Vilalba F.S. xa ten garantidoo ascenso á Terceira División

O Vilalba F.S. conseguiu o primeiro fin de semana do mes a permanencia na Terceira División, despois da vito-ria diante do Ribeira de Piquín por 6 a 7, no Municipal de Meira. Aitor (2), Luka (2), Piña (2) e Joel foron os go-leadores vilalbeses.

A falla de sete xornadas para a fi-nalización da liga, os pupilos de Al-fonso certificaron o obxetivo da per-manencia.

Nunha tempada onde o plantel era curto e as lesións foron continuas,

o equipo non se veu abaixo. A inclu-sión nas convocatorias de xuvenís fo-ron continuas, onde tiveron a oportu-nidade de debutar ata cinco xogado-res (Luka, Luis, Manu, Diego e Felipe), sendo claves en algúns encontros.

Coa permanecia xa metida no peto, o Vilalba F.S. intentará mellorar na clasificación, para rematar o máis arriba posible, na súa primeira tem-pada na Terceira División. É todo un logro que satisface as aspiracións do equipo e da afección.

O Vilalba F.S. xa conseguiu o ascenso no partido fronte ao Ribeira de Piquín

Campionato de billarda no pavillón de Muimenta

Unha vez mais Muimenta vol-veu a ser a capital dos xogos tra-dicionais. Neste caso da billarda, consolidada como deporte en Ga-licia grazas as diferentes conferen-cias que xogan ao longo do país.

O pavillón de Muimenta aco-lleu ó Allstar 2013 da Liga Nacional de Billarda. A xornada que se alon-gou ata ben entrada a noitiña foi do mais variopinto. Pola mañá, tivo lugar o concurso de triples (rondas de cinco tiradas de cinco billardas, todas seguidas), gañado por Da-niel de Billardeiros Musicais. Des-pois dunha parada para repoñer forzas nun restaurante, celebrouse o concurso de mates (nova modali-dade), tendo como gañador a Mar-kitos de Billardeiros Musicais. Logo destes preliminares, tivo lugar o gran esperado Aberto das Estre-las, no que unha vez mais os Billar-deiros Musicais acadaron un novo triunfo, neste caso, Suso.

Para rematar houbo música. O campionato foi organizado pola Asociación Xuvenil Carabullo, en colaboración con M de Meira, A Chaínza, O Varal, e Xotramu.

XOGOS tRAdiCiOnAiS

FÚtBOl BASe

FÚtBOl SAlA

Page 16: Crónicas da Comarca Marzo 2013 (nº 11)

Crónicas da ComarcaCrónicas da Comarca - Edición da Terra CháDirección: Antonio Vázquez Fernández. Telf: 679 21 21 40Redacción: [email protected]ósito Legal: C 3875 - 2010. Imprime: Publicacións Tameiga, SL

��������������������������������� �������������������������������������� ��������­����� ��������������������������������

� � � � � � � � � � �

��������

��� �������

����� � ��� ����� �����

����� �������� � �

����� �������

�� �� �������� ������� ������� � �

���� ������ ������ ���

��� �

A Unión Temporal de Empre-sas (UTE) formada por CFL Carferlo e J.Sanjurjo Construcciones SL está a traballar estas semanas no man-temento do bo estado das estradas provinciais de denominada “Zona 1”. Unha área dunha extensión de 530 quilómetros e que está formada por nove concellos: Muras, Xermade, Vi-lalba, O Vicedo, Ourol, Viveiro, Xove, Cervo e Burela.

A Deputación Provincial de Lugo inviste un total de 600.000 euros neste 2013 nestes traballos de con-servación e mantemento da rede de carreteras provinciais en parte da Te-rra Chá e varios dos concellos da ma-riña occidental. O bo traballo da UTE CFL Carferlo e J.Sanjurjo Construccio-nes SL garante as condicións de segu-ridade dos condutores e o benestar dos veciños, que nesta zona son máis de 55.000.

veRteBRA O teRRitORiOPero, ademais este traballo verte-

bra o territorio e crea emprego, da-cordo co manifestado por responsa-bles provinciais. En concreto, na Zona I mantéñense uns 40 traballos direc-tos e indirectos. Sanjurjo Construccio-nes SL e CFL Carferlo contarán neste 2013 cun orzamento de 600.000 euros para a conservación desa parte da rede.

A Deputación de Lugo ten a rede viaria provincial máis extensa de Es-paña, con 4.200 quilómetros, o que fai que o seu mantemento e conser-vación non sexa unha tarefa sinxela. Así, co obxectivo de mellorar o servizo e o estado das infraestruturas viarias e de aumentar a obra pública nos con-cellos da provincia, en 2010 foi restru-turado o servizo de conservación, que incluíu a redución de zonas, pasando das 13 que había ás 8 actuais.

A organización dos traballos de mantemento das estradas provin-ciais que ten establecida a Deputa-ción permitelle actuar coa máxima axilidade ante os temporais ou suce-sos puntuais, como foi o caso dos úl-timos anegamentos provocados polo ciclón Gong. A UTE formada por CFL Carferlo e J.Sanjurjo Construcciones SL mobilizou tres vehículos e media ducia de operarios, que desenvolve-ron un continuo e intenso traballo du-rante cinco xornadas para manter as estradas limpas de auga, barro e pó-las de árbores, ademais de previr ou sinalizar derrubamentos.

O obxectivo do novo sistema do plan de conservación, modificado en 2010 é reducir custes, xa que ao di-minuír o número de zonas tamén é menor o número de empresas adxu-dicatarias, o que significa que a adxu-dicación sae máis barata porque a mesma empresa encárgase de máis concellos. En segundo lugar, prestar unha atención máis eficaz aos veciños da provincia porque na actualidade o servizo está máis centralizado, da-cordo cos argumentos dos responsa-bles provinciais.

Nos últimos anos a Deputación in-vestiu máis de 60 millóns de euros na

mellora con aglomerado en quente de 1.000 quilómetros de vías de toda a provincia, considerado o mellor ma-terial para garantir a durabilidade e a seguridade nas estradas. Acometeu tamén plans de rebacheo, como o de 2012, nas estradas dos 67 Concellos da provincia, e proxectos de sinaliza-ción e balizamento de todas as vías provinciais. Entre outras actuacións colocou máis de 3.400 sinais, un mi-lleiro de paneis direccionais para aler-tar da presenza de curvas perigosas, e máis de 400 balizas de neve, conside-radas moi necesarias en estradas de alta montaña.

COMARCA AsactuaciónsdeCFLCarferloeJSanjurjoConstruccionesSLbeneficiana55.000veciñosdeLugo

A Deputación inviste 600.000 euros en manter as estradas de nove municipios

O bo traballo realizado por CFL Carferlo e J. Sanjurjo Construcciones SL axudan a incrementar a seguridade viaria da Terra Chá