crónica día internacional do voluntariado virxedacela
TRANSCRIPT
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO5 decembro 2015
OS NOSOS MAIORES
Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado os centros participantes na Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES, Plan Proxecta, Xunta de Galicia) participarán nunha acción colectiva en homenaxe aos nosos maiores: cada alumno/a fará “selfies” co seu móbil acompañado polos maiores da súa familia e da súa contorna. Descargaremos o “selfy” do móbil ao ordenador e editaremos a imaxe colocándolle un lema que reflicte o amor e cariño aos nosos maiores e a importancia destes nas nosas vidas.