creaciÓns artÍsticas - literarias

28

Upload: florenotero

Post on 23-Jan-2018

69 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Page 2: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

Creatividade temos un montón.

Observamos con atención.

Miramos con imaxinación.

Pintamos caricaturas con emoción.

Obxectos, figuras, paisaxes…

Sentimos o arte no corazón.

Imaxinar é o mellor.

Cadros de todo tipo.

Impresionan a quen os ve.

Ocos entre as manchas de pintura.

Notas musicais nos inspiran.

Page 3: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

O POEMA DAS PALABRAS CON “S”

Cando Sara sae a pista

ten un gran sorriso

e move o seu corpo

con moito salero.

Ten na cabeza

unha sopa de ideas

e ten que saber

todos os pasosl

Page 4: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

Son un neno.

Un neno con chispa.

Un neno chisporroteante.

Un neno cantante.

Un neno andante.

Un neno xigante.

Un neno bailante.

Un neno voante.

Un neno poeta.

Por estas que sí.

E gústame Minecraft.

Page 5: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Page 6: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

Un copo de neve un día

colleu un arrefriado.

Un balón pinchado díxolle:

- Que fas aí arrefriado? - Ven, pero eu estou pinchado.

E de repente apareceu un galo esmirrado:

- Non me gustan as galiñas que me pican todo o día.

-Non me sigades que son solitario.

Un copo de neve arrefriado,

un balón pinchado

e un galo esmirrado

fixeron este poema.

Page 7: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Page 8: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

Son unha nena

Eu son unha nena

de ollos castaños

que mira ao fronte,

cun brillo nos ollos.

Eu son unha nena

e que quede ben claro

que na miña boca

sempre hai un sorriso.

Eu son unha nena

de pelo castaño

como as follas en outono

que caen lentamente.

Page 9: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

O REI DE LITONIA

Había unha vez un rei que gobernaba Litonia, cando estaba no seu trono resolvendo problemas dos seus súbditos as

12:00 da mañá, unha señora díxolle que precisaba comida, o rei non lla deu porque era un avaro.

Entón a señora que resultou ser una bruxa dixo :

Page 10: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

- Vas pagar por non darme nin sequera unha miguiña de pan!

Dixo mirando para una montaña de comida .

-Cando o teu primeiro fillo se divirta máis ca nunca, pasará unha desgraza! .Ja,ja,ja,ja,así aprenderás!

Maldiciuno a bruxa .A bruxa foise e o rei quedou tremendo porque ó día seguinte tiña a súa voda. Meses despois da

voda naceu un neno chamado Paulo.Os seus pais tiñan que ir a unha reunión e quedou o día na casa da súa mellor amiga

Sofía. Xogaron moito e o príncipe nunca se divertira tanto. Entón pasou a desgraza que a bruxa dixo que ía pasar.De

repente apareceu a bruxa cun exército de homes lobo e dixo:

-A por eles!

Os dous nenos correron,correron e correron pero pisábanlles os talóns, entón saltaron detrás dun arbusto e non os

atoparon. Foron á casa de Sofía e contáronlles o suceso aos seus pais.Eles encerraron a Paulo nunha habitación dous

minutos porque a maldición remataba dende aí. Os homes lobo desapareceron e foron felices e comeron perdices.

FIN

Page 11: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

O PESADELO DE NEREA

Aquel día, a panda de Nerea quedou no parque . Estaban tan tranquilos, cando… de súpeto empezou a formarse unha

gris e espesa nube e empezou a chover.

-Xenial, choiva.- Dixo Tomás.

-Por que non vindes todos a miña casa? - Dixo Nerea.

-Vale. Será mellor que marchemos xa porque vai caer unha boa! - Opinou María.

Nada máis chegar a casa de Nerea, envolvéronse nunha manta e Lois acercouse a unha ventá.

-Rapaces, tedes que ver isto...

Nerea coñecía ben a Lois e sabía que se asustaba constantemente, pero esta vez, a súa voz era de medo de verdade,

non coma ese falso pánico de sempre.

Os amigos de Nerea, acercáronse á ventá e levaron unha gran sorpresa: as nubes eran negras e chovía un líquido

vermello. Pola rúa desfilaban unha especie de sombras. Inmediatamente pecharon portas e ventás.

Tras moito intentalo, unha desas “sombras” logrou entrar e caeulle unha especie de broche ao chan. Reunindo todo o

seu valor, Nerea, Lois, Tomás, Helena e María pecharon de novo a porta e encerraron a sombra no seu faiado.

Page 12: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

-Nerea, Nerea, esperta ! - Dixo Helena.

Nerea quedara durmida ! Nerea ergueuse do sofá e recolleu unha especie de broche que había no chan do corredor.

Page 13: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

O REI ASASINO

Había un rei nun país moi afastado, que sempre buscaba a guerra, sempre levaba unha espada, un escudo e 4 puñais.

Un día estaba pelexando cando lle cortou unha perna ao seu inimigo,o rei Bartolo, facéndolle máis sangue que espremer

1.000.000 de tomates, cravándolle os 4 puñais no corazón.O rei Bartolo morrendo tiroulle un machete no pé, gritou tan

alto que se escoitou en todo o mundo. O rei Carlos,que era así como se chamaba o outro rei, quedou vivindo sen un

pulmón e Bartolo morreu desangrado e aos dous reis serviulles de lección.

Page 14: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

A PANDA

Aquel día a panda foi explorar o mundo, cando de súpeto apareceu un monstro, fixeron rápido un refuxio e metéronse

dentro, non saíron do refuxio ata o día seguinte, os pais dos nenos estaban moi preocupados, e decidiron formar eles a

súa propia panda, foron buscar ós seus fillos e perdéronse, fixeron o mesmo ca eles, un refuxio, e pasaron alí a noite,

ao día seguinte todos os nenos volveron á súa casa, pero alí non había ninguén e foron a buscar aos seus pais , non os

atoparon.

Cando xa pasaron dous meses na súa busca atopáronos, os pais déronlle as grazas aos nenos porque lle salvaron a vida,

pero aínda así puxéronlle un castigo.

Page 15: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

UNHA AVENTURA

Aquel día á panda pasoulle unha cousa inexplicable, máxica, innovadora. Ese día un terremoto arrasou toda a cidade.

Entón a panda formada por Xavier, Lola, Ana, Fernando e Enrique colleu un avión e marcháronse a

PARACRUSTANPICONALEITOR. Aquel sitio era moi raro, non había gravidade. E a xente dese país tiña o cu na

cabeza, a cabeza no cu, un ollo no embigo e o embigo no ollo e… unha perna na orella!!! Facía moito calor pero había un

termóstato xiiiiigante que regulaba o tempo. Ademais xa era Nadal e a árbore de Nadal decorábase con ras, grilandas

de pombas..., e en vez da estrela había unha caca de plástico. As casas estaban colgando do ceo. O hotel tiña moitos

xogos e video-consolas. Tiveron que coller dúas habitacións porque non entraban nunha.

- Lola, ti quedas con Fernando e máis Enrique, eu quedo con Ana, -dixo Xavier.

Tiñan un buffet de almorzo, comida e cea. E para colmo había unha feira de atraccións. Pasárono xenial. Había

fogos artificiais. Saíron da festa con algodón de azucre, chuches etc. E… fóronse ao hotel porque tiñan moitísimo

sono.

FIN

Page 16: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Page 17: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

UNHA NOITE TENEBROSA

Aquela noite de Samaín, estaba o señor Argimiro na súa casa, el non cría en cousas como que: se abría un portal

entre o mundo dos mortais e o mundo dos mortos, e esa mesma noite pensaba demostralo. Foi ata o camposanto porque

era aí onde se abría o portal que Argimiro non cría que existira. Ao chegar alí buscou a porta por todos os recunchos

-Nada -Exclamou Argimiro.

-Non atopo esa porta por ningures -Repetiu.

E xusto cando ía ao pobo a contarlles a todos que non había porta por ningures, tropezou cunha pedra e caeu ao

chan desmaiado.

Cando espertou so vía esqueletos bebendo sangue e falando, a Argimiro custoulle entender que non estaba

soñando, ata que logo entrou en razón. Ao rato viñeron dous esqueletos e colleron a Argimiro, que non paraba de pedir

axuda e a vez pensar o que eses esqueletos lle ían facer; pensarían en comelo, ou en calquera outra cousa perigosa. Quen

sabía? Ata que chegaron ao sitio ao que o conducían e o soltaron, pensou que o aparello que tiñan era de tortura,

metérono aí e… “vualá”, estaba outra vez no mundo real e Argimiro non recordaba nada do que lle sucedera. Ese mundo

nunca se descubriu.

Page 18: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Page 19: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

CONTO DE BOAÑA

Estaba na casa dos meus bisavós, en Boaña, un pobo situado cerca dun regatiño, onde no verán pódeste bañar. A casa

ten un patio cuberto, cun sofá e unha pequena mesa. O tellado do patio é de uralita. É moi pequena pero acolledora, ten

unha pedazo cheminea ao lado no comedor. A planta de arriba só ten camas e unha tele moi pequerrecha.

Na entrada da casa teñen unha curuxa disecada, cazouna o meu avó e leva alí dende entón.

Ao saír da casa é todo prado e carballeira. A verdade non vive moita xente en Boaña pero é fermoso para quen lle guste o

campo. Aínda que cheira moitísimo a caca de vaca.

Pero non me gusta durmir alí porque unha vez en medio do bosque distinguín uns ollos resplandecentes entre a

escuridade.

Mentres durmía placidamente, espertoume o son dun gruñido e resulta que... estábame arrastrando o ser que vin aquela

vez no bosque!, cada vez internábame máis na carballeira. Tiña os mesmos ollos, non cabía dúbida, era el!. Cando o ser

me viu, soltoume e marchei correndo para casa.

Cando entrei empecei a reflexión sobre o que acababa de suceder.

Dende aquela nunca me acerquei eu só.

Page 20: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Page 21: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

O CADRO DE FIGURAS

Había unha vez uns nenos que foron a un museo e había un cadro .

Sen querer tocaron o cadro. E sabedes o que pasou? Que os nenos estragárono porque non estaba seco .

Entón os nenos colleron figuras, pintáronas, pegáronas no cadro e escribiron un conto .

A maña seguinte volveron ao museo e fixéronse ricos, non millonarios senón multimillonarios .

Page 22: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

A RAÍÑA E O DRAGÓN FEROZ

Hai máis de mil anos unha nena que se chamaba Carla vivía nun precioso castelo. A nena era moi guapa, tiña os ollos

azuis e o cabelo longo e rubio, había poucos anos que a súa nai morrera. A nena fíxose maior, tiña 20 anos, o pai estaba

moi contento porque Carla era boa estudante e lía moito, era moi lista, pero o pai non estaba moi contento, porque ao lado

do mar estaba a illa dos monstros, había dragóns velocirraptos, etc… A illa de alí estaba cuberta de lixo etc… Chegou o día

no que Carla casou co príncipe Marcos, era moi amable e moi guapo. Aquel día na cerimonia todos estaban contentos pero

de repente o dragón feroz raptou a raíña a levouna á illa dos monstros e o príncipe foi alí, os dragóns loitaron e loitaron e

loitaron, pelexaron e pelexaron, e ao final o príncipe Marcos trouxo de volta a raíña. E touporroutou o conto rematou.

Page 23: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

FLOR DE GUERRA

Cando Paula tiña tres anos, o seu pai perdeu o emprego . Mudáronse a unha vila de nome descoñecido

por todos, a excepción das persoas que alí vivían.

Cos cartos gañados coma único informático do lugar, mercaran unha casa. E, coma animais que son os

humanos, adaptáronse ao seu medio.

Cando o coche parou, Paula sorprendeuse. Sabía onde ía a parar o vehículo. Sabía coma era o lugar.

Sabía que, nalgún momento, ía ter que desabrochar o cinto.

En realidade, non era sorpresa. Era unha sensación estraña. Se se miraba nun espello, a imaxe da súa

cara resultaba desoladora. Coma unha poderosa tormenta de area reducida a un gran de area a piques

de caer por un barranco de tristeza.

-As flores!-Exclamou Pedro.

O pai de Paula comezara a levantar a man nun xesto de recordatorio de que iso non se debía esquecer,

cando Paula, flanqueando ao seu irmán, interrompeu:

-Aquí ao lado hai un campo de papoulas. Aposto a que non son de ninguén.

Page 24: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

Paula colleu a flor. Ante a visión daquela flor que destacaba entre as

demais, Paula sentiuse egoísta. Por que? Acaso nona merecía aquela persoa á que se lla ía dar? Si, si a

merecía. Pero ela non merecía a satisfacción de haber feito feliz a esa persoa.

-Por que non colles iso flor para mamá?-Pedro irrumpiu nos seus pensamentos, pode que inxustos con

ela mesma.-Destaca entre as demais, coma ela.

-Eu non, cóllea ti.-Dixo amargada. E os malos recordos atacárona.

-Non, cóllea ti. Eu non a coñecín.

Page 25: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

-Dáme iso.-O seu pai apareceu, atraído pola flor. Coma unha avelaíña atraída pola luz.

Cando fixo ademán de colocala na tomba da súa muller, Pedro reaccionou:

-A ten que poñer Paula!

O home estaba a punto de estampar a súa man na cara do neno, cando Paula, nun desesperado intento

de rescatar ao seu irmán, pronuncio unhas atrevidas palabras:

-Cres que a ela lle gustaría? Cres que lle gustaría ver coma pegas ao seu fillo?

E o home soltou a flor, dunha maneira tan pouco digna, que enfadaba dunha maneira incontrolable a

Pedro. Pero por aquel día xa había bastante leria. Subiran ao coche e Paula e máis Pedro miraron pola

ventanilla ata que aquela flor desapareceu na distancia. Coma desapareceu o brillo nos seus ollos que

servía de recordatorio de que aínda quedaba un chisco de esperanza de poder despedirse da súa nai.

-Meu pai non poderá levarvos alí. Non coñece o lugar- Dixera o pai o día anterior.

A guerra. Todo para que? Para que ao día seguinte Paula e o seu irmán espertaran na casa do seu avó?

O día anterior, a súa mestra lle preguntou de que vendo era o seu pai. “Do dos bos” Contestara,

indignada.

-Chica. Cres que alguén se dignou ao longo da historia a ir no bando dos malos?

Page 26: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

OS MELLORES AMIGOS DO MUNDO ENTEIRO

Érase unha vez un sol e unha lúa que eran moi amigos. Un día unha estrela propúxolle ó sol e a lúa se pasaban un día

enteiro xuntos, pero eles no estiveron un día senón unha semana e ao día seguinte da semana viron que ao espertar

estaban os dous xuntos nun mesmo corpo, e dicir, unha metade de lúa e a outra de sol. Todos os astros do ceo ríanse

deles pero a eles non lle importaba porque eran moi amigos e se levaban moi ben, ata que un día a estrela díxolle unha

palabra que non lle gustaba nada a lúa e entón enfadouse e pasaron de ser os mellores amigos a ser os peores inimigos

do mundo e cunha maldición que fixo que a lúa se separase e cada un foise por un lado distinto, a estrela viu o que pasaba

e dixo polo poder que me concede quero desdicir a palabra que dixen.

Aos dez minutos xa volveron a xuntarse e a ser os mellores amigos do mundo.

Page 27: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

PORLOBIX

Nosplor é un neno que vive en Porloibix, un lugar moi tranquilo. Porlobix está moi cerca das montañas, nunha chaira

na que non viven mais de trinta persoas. A dous quilómetros está unha aldea na que vive mais xente e alí todo o mundo vai

para comprar ou traballar. En Porlobix hai unha escola moi moi pequena (pero aínda así é una escola). Alí abundan os

paxaros e as bolboretas. A maioría das arbores son castiñeiros. Aínda que Porlobix sexa un lugar pequeno ven moita

xente a visítalo.

Agora falemos de Nosplor. Nosplor ten sete anos pero aínda así comportase como se tivera dezasete ou mais anos. É moi

educado e moi listo. Ten o pelo de cor violeta e os ollos verdes. Cerca de alí hai una cova vermella. Ninguén, pero ninguén,

nin sequera eu o narrador sabe o que hai aí dentro, é todo un misterio. Fai trinta e sete anos un explorador entrou na cova

e nunca se soubo del. Nosplor prometeuse a si mesmo que cando cumprira oito anos entraría na cova a investigar.

Xustamente quedaban tres días para o seu aniversario, entón xa tiña o plan preparado.

Hoxe é o aniversario de Nosplor e, entón, cando acabe a festa escaparía en dirección a cova. Xa se esta facendo de noite

e Nosplor está camiño da cova. Ten medo, non sabe se seguir ou volver para casa. Xa tomou a decisión, decide

seguir!Tedes que ter en conta que eu estou narrando o que esta pasando agora mesmo. A cova é moi escura e fai frío, de

repente Nosplor escoita un espirro. Estase aproximando a onde soa o espirro. Esperade un momento que vou a beber

auga. Glugluglu! Xa está, sigamos. Por onde oía? A si xa me acordo. O que Nosplor encontrou foi… un unicornio enfermo!

Nosplor achegouse ao unicornio e preguntoulle que lle pasaba. O que ocorre e que o unicornio veu voando dende o

Sahara e enfermou e perdeu a súa familia. Nosplor adoptou ao unicornio, axudouno a recuperarse e presume de ter un

unicornio na escola.

Page 28: CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS

4º de Primaria