cooperativa - edu.xunta.gal · a exposición encádrase na rede eusumo para o fomento do...

16

Upload: others

Post on 07-Oct-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,
Page 2: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

A fórmula cooperativa presén-tase como unha importante al-ternativa de autoemprego para aquelas persoas que teñen unha idea empresarial viable e queren levala adiante cuns valores de igualdade, axuda mutua e res-ponsabilidade compartida.

Neste sentido, cómpre salientar o importante papel que están a xogar as cooperativas tanto en termos de emprego como de desenvolvemento social e rural, xa que as súas características específicas facilitan a súa adap-tación á realidade socioeconómi-ca galega.

Dado o seu destacado comporta-mento no mantemento e na crea-ción de emprego, esta exposición

quere afondar na promoción e divulgación da fórmula coopera-tiva como unha opción de futuro para emprendedores e público en xeral.

A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que reúne os esforzos de diferentes axentes para estender o labor de promoción do cooperativismo e a economía social con dous obxec-tivos: a posta en marcha de no-vos proxectos cooperativos como motores de creación de emprego e a consolidación das empresas de economía social xa existentes.

a fórmula cooperativa: unha gran opción de futuro para emprendedores

2

Page 3: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

“Descubre as cooperativas” é un per-corrido dinámico e interactivo polas potencialidades e solucións que ofre-ce o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego nun contexto de crise econó-mica como o que estamos vivindo.

Esta exposición, organizada a través da Dirección Xeral de Traballo e Econo-mía Social, permite ao visitante coñe-cer as claves do modelo cooperativo:

• que son as cooperativas• tipos de cooperativas que existen• como funcionan• cales son os seus valores• que pasos dar para crear unha• que apoios existen

www.cooperativasdegalicia.coopwww.eusumo.coop

a exposición

3

Page 4: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

SABÍAS QUE?Unha cooperativa é unha asociación autónoma de per-soas que se unen de XEITO VOLUNTARIO para satisfacer as súas necesidades económicas, sociais e culturais EN COMÚN mediante unha empresa de PROPIEDADE CONXUNTA e de XESTIÓN DEMOCRÁTICA (ACI, 1995).

> Nos últimos 4 anos creáronse en Galicia 191* empresas cooperativas.

> Preto do 2%* das persoas ocupadas galegas teñen vinculación co cooperativismo.

> Unha persoa por cada 11* fogares galegos é socia dunha cooperativa.

* Datos de decembro 2012

4

Page 5: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

PRINCIPIOS COOPERATIVOSAs cooperativas operan e xestiónanse baixo a esencia duns principios e valores, que constitúen as regras bási-cas do seu funcionamento.

1. Principio de adhesión voluntaria2. Xestión democrática3. Participación económica de socios/as 4. Autonomía e independencia 5. Educación, formación e información6. Intercooperación 7. Interese pola comunidade

VALORES COOPERATIVOS > Axuda mutua> Responsabilidade e Compromiso> Igualdade e Equidade> Solidariedade> Honestidade> Transparencia> Responsabilidade Social> Preocupación polas demais persoas

5

Page 6: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

Calquera actividade pode desenvolverse mediante a fórmula empresarial de sociedade cooperativa.

Algúns tipos máis de cooperativas:

• Traballo asociado• Agrarias• Vivenda• Consumo e persoas usuarias• Servizos• Ensino • Transportes • Mar• Explotación

comunitaria da terra• Explotación de

recursos acuícolas

Tamén existen outros tipo como

• Cooperativas de crédito

• Cooperativas de seguros

• Cooperativas sanitarias

• Cooperativas de integración social

• Cooperativas de servizos sociais

• Cooperativas de explotación de recursos acuícolas

• Cooperativas mixtas de traballo asociado

CAL É O TEU TIPO DE COOPERATIVA?

6

Page 7: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

CARACTERÍSTICAS SOCIETARIASDEMOCRACIAO máximo órgano de decisión na cooperativa é a

ASEMBLEA XERALFormada por todos os socios e so-cias, que chegan a acordos sobre as cuestións relevantes da cooperativa:

• A estratexia económica• As normas internas• O sistema de prezos, retribucións

e demais cuestións económicas que afectan ás persoas socias

• Elíxense os membros do consello reitor

Para chegar aos acordos séguese, con carácter xeral, o principio de

UNHA PERSOA = UN VOTONon ten máis poder o que ten máis capital, porque todas as persoas son igual de importantes.

O CONSELLO REITORÉ o órgano encargado do goberno da coopera-tiva, é dicir, de levar adiante as liñas aprobadas na asemblea. Os membros do consello reitor son elixidos pola asemblea xeral.

AS NOSAS PROPIAS REGRASA Lei galega de cooperativas regula ás coope-rativas da nosa comunidade. Pero hai moitos aspectos que a Lei deixa abertos para que cada cooperativa se autorregule.

Nos estatutos fíxase o capital mínimo, como está formado o consello reitor, de canto tempo é o seu mandato, que comportamentos poden ser considerados faltas graves ou moi graves e que sancións se aplicarían neses casos, entre outras moitas cuestións. Os estatutos son públicos e ins-críbense no Rexistro de Cooperativas.

No regulamento interno fíxanse normas relati-vas á convivencia, á prestación do traballo e ao funcionamento diario da cooperativa. O regula-mento interno non é público.

Tamén existen outros tipo como

• Cooperativas de crédito

• Cooperativas de seguros

• Cooperativas sanitarias

• Cooperativas de integración social

• Cooperativas de servizos sociais

• Cooperativas de explotación de recursos acuícolas

• Cooperativas mixtas de traballo asociado

7

Page 8: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

CARACTERÍSTICAS ECONÓMICAS DAS

COOPERATIVASPara constituír a cooperativa, entre todas as so-cias e socios debemos achegar un capital míni-mo de 3.006 €, que non ten que ser exclusiva-mente en diñeiro.

A achega de cada persoa socia ao capital da cooperativa non ten por que ser de igual im-porte.A participación máxima dunha persoa socia no capital social da cooperativa debe ser inferior ao 50% deste.

O capital social das cooperativas é variable en función das altas e baixas dos Socios.

As persoas socias traballadoras da cooperativa perciben mensualmente un anticipo societario a conta dos excedentes da cooperativa.

As persoas socias tamén poderán percibir un xuro polo capital achegado.

8

Page 9: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

Os beneficios da cooperativa deben repartirse do seguinte xeito:

O reparto dos beneficios de li-bre disposición que as persoas socias acorden – retorno coo-perativo-, farase en función da súa participación na activida-de cooperativizada e non polo capital achegado.

Un 20 % serán reinvestidos na propia organización

O resto quedará a libre disposición da asemblea xeral das persoas socias

Un 5 % destinarase a formación

9

Page 10: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

EMPRENDEMENTO COOPERATIVOAlgunhas razóns para emprender en clave cooperativa:

• Son sociedades de persoas e non de ca-pital

• Son empresas de participación demo-crática

• A prioridade das cooperativas é o empre-go estable e digno para todas as persoas socias

• A natureza solidaria e participativa lles confire unha notable capacidade de adaptación ás circunstancias cambian-tes dos mercados

• Existe un maior nivel de compromiso das persoas socias coa empresa en com-paración con outro tipo de sociedades

• Manteñen o emprego en circunstancias económicas adversas

• Defenden a igualdade e valoran a diver-sidade

• Fomentan a incorporación de mulleres ao mundo laboral e fan efectivos os seus proxectos e potencialidades

• Potencian a autoestima e a proxección profesional das persoas

• Achegan aos seus socios e socias segu-ridade, estabilidade, confianza e protec-ción en situacións de crise económica

• Posibilitan o arraigo territorial

• Contribúen a fixar poboación no territo-rio e evitan a fuga de recursos

• Xogan un papel apreciable na prestación de servizos locais de proximidade

• Son unha canle axeitada para a diversifi-cación de actividades no espazo rural

• Cumpren funcións importantes como xes-toras do medio e no mantemento e conso-lidación da actividade en zonas rurais

10

Page 11: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

EMPRENDEMENTO COOPERATIVO

Vexamos estas diferenzas respecto as Sociedades Limitadas e as Sociedades Anónimas

CARACTERÍSTICAS SOCIEDADE COOPERATIVA SOCIEDADES MERCANTÍS (S.L. e S.A.)

Fin Satisfacer as necesidades das persoas socias Sacar un beneficio ao capital investido

ObxectivosDependentes das necesidades e aspiracións dos socios e socias

Fixados por quen ten a maioría do capital

Reparto beneficios En proporción á actividade cooperativizada En proporción ao capital investido

Capital social mínimoO que establezan os estatutos, non sendo inferior a 3.006 euros

3.000 euros nas S.L. e 60.000 € nas S.A.

Número mínimo de persoas socias

Tres Poden ser unipersoais

Tipos de persoas sociasSocias usuarias, socias traballadoras, so-cias de traballo, socias a proba, socias excedentes e socias colaboradoras

Só existe a persoa socia de capital

TransferibilidadeA condición de socia é intransferible, se ben se poden transmitir as achegas

A condición de socia é transferible: pódense vender as participacións no capital

Fondos obrigatoriosSon irrepartibles e de dous tipos: fondo de reserva obrigatorio (20% dos excedentes) e fondo de formación e promoción (5% dos excedentes)

Existen reservas legais ata cubrir un 20 % do capital

Dereito de voto Principio xeral de unha persoa, un voto O voto é proporcional ao capital investido

Operacións con terceiros non socios

Limitada Ilimitada

A cooperativa, en virtude da súa natureza e das características que lle son propias, teñen diferenzas salientables con respecto a outras fórmulas societarias.

11

Page 12: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

CONSTITUCIÓN DE EMPRESAS COOPERATIVAS NOS úLTIMOS CINCO ANOS

COOPERATIVAS CONSTITUÍDAS POR ANO E CLASE EN GALICIA

ANO 2009 2010 2011 2012 TOTAIS

Agrarias 9 5 10 6 30

Consumidores e usuarios 2 1 3

Ensino 0

Explotación comunitaria da terra 2 1 3

Mar 2 1 1 4

Mixta de traballo asociado 1 1

Segundo grao 1 1

Servizos 1 1 2

Servizos sociais-traballo asociado 1 1

Traballo asociado 18 21 28 41 108

Transportistas 5 1 2 8

Vivenda 4 12 9 5 30

TOTAIS 43 42 48 58 191

Algúns datos que debes coñecer:

• En Galicia existen 1.135* cooperativas activas

• Máis de 19.000* persoas ocupadas están vinculados ao cooperativismo en Galicia

• As cooperativas galegas son altamente com-petitivas cun volume de facturación superior aos 2.435.000 .000 €*

• No total de persoas socias traballadoras nas cooperativas o peso da muller representa un 47,8%*

61,7 38,3

48,9 51,1

58

*ata decembro 2012

191

12

Page 13: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

ASESORAMENTO INICIAL • Axudas para o asesoramento e acom-

pañamento de proxectos que com-prende desde a realización de activi-dades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo, ata o seguimento e asesora-mento na súa execución.

• Axudas para estudos de viabilidade, organización, comercialización, etc, para a elaboración de estatutos sociais e regulamentos de réxime interno e para a formalización da escritura pú-blica de constitución.

FINANCIAMENTO • Axudas á cooperativa pola incorpo-

ración de persoas desempregadas como socias traballadoras.

• Axudas ás persoas socias traballa-doras que se incorporan á cooperativa para efectuar a súa achega ao capital social.

XESTIÓN EMPRESARIAL • Axudas para a formación das persoas

socias en dirección e xestión empresarial e tecnoloxías da información e as comu-nicacións.

• Axudas para a contratación de persoal de dirección ou xerencia necesario para a viabilidade da cooperativa.

AS COOPERATIVAS NON ESTáN SOAS NA SúA POSTA EN MARChA NIN NOS DESAFÍOS QUE VAN XURDINDO NO DÍA A DÍA

Tedes unha idea empresarial?

Na páxina

www.eusumo.coop podedes localizar o centro máis próximo

Atoparedes información, formación, orientación e

asesoramento para pór en marcha o voso proxecto...

Incluso acompañándovos nese proceso.

13

Page 14: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

+ INFORMACIÓN>

14

Page 15: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,

Coa finalidade de promocionar e fomentar o cooperativismo, o emprendemento e a creación de emprego nace a Rede Eusumo

Achegádevos a un dos centros da Rede Eusumo. Podedes localizar o máis próximo en

www.eusumo.coop

Teléfono: 881 999 285 [email protected]

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL. SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERATIVAS E ECONOMÍA SOCIAL

Edificio Administrativo San LázaroCP 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 647

DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

SERVIZOS DE RELACIÓNS LABORAIS:

A Coruña: Salvador de Madariaga 9-1º (C.C Elviña)

CP 15008 / Teléfono: 981 185 895

Lugo: Ronda da Muralla, 70

CP 27071 / Teléfono: 982 294 329

Ourense: Habana nº 79-7º

CP 32004 / Teléfono: 988 386 389

Vigo: Concepción Arenal 8

CP 36201 / Teléfono: 986 817 008

CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVASEdificio Administrativo San Lázaro CP 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 268

www.cooperativasdegalicia.coop

AGACAAsociación Galega de Cooperativas Agrariashttp://agaca.coop

SINERXIAFederación galega de empresas cooperativashttp://www.sinerxia.org

UCAFEUnión de cooperativas agrarias de Ferrol

UCETAGUnión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galiciahttp://ucetag.org

UCOGATRAUnión de cooperativas de transporte de Galicia

UGACOMARUnión Galega de Cooperativas do Marhttp://ugacomar.org

UGACOTAUnión Galega de Cooperativas de Traballo Asociadohttp://www.ugacota.org

UGACOVIUnión Galega de Cooperativas de Vivendas

UCAFE

Ademais as diferentes entidades asociativas do cooperativismo galego prestan apoio e asesoramentos ás súas asociadas:

Page 16: cooperativa - edu.xunta.gal · A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar,