convocatoria de rueda de prensa 18 de julio
TRANSCRIPT
![Page 1: Convocatoria de rueda de prensa 18 de julio](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022081804/55cda124bb61eb644d8b4896/html5/thumbnails/1.jpg)
Estimados amigos:
Mañán, Venres 19 de Xullo de 2013, ás 10 na Escola de Conservación de Galicia (R/ General Martitegui s/n, Pontevedra) convocamos unha rolda de prensa para dar a coñecer a grave situación na que se encontra dito centro. Esperamos vosa presencia para dar a coñecer ó público a nosa situación.
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturáis leva máis de 20 anos formando os conservadores restauradores que teñen que intervir no inmenso patrimonio cultural galego. Nestes anos, e maila súa invisibilidade, a Escola convertiuse nun referente, facendo unha labor docente recoñecida en todas as institucións (nacionais e internacionais) onde o noso alumnado traballou.
O xurdimento de Graos Universitarios na mesma disciplina, en numerosas universidades españolas, supuxo un golpe demoledor para a Escola, que ten que competir con eles pero con uns medios moi inferiores. O efecto inmediato e a fuxida do alumnado a eses centros.
A loita emprendida dende entón, tanto para conseguir a integración na universidade como, paralelamente, a consecución de dotacións e persoal abondo para desenvolver unha ensinanza de calidade, recibiu o silencio como única resposta.
Pensamos que a única explicación a esta situación é a -non explicitada- decisión da Consellería de facer desaparecer esta escola. Esta pérdida sería lamentable para unha disciplina necesaria para a preservación do patrimonio cultural galego.
Adxúntovos o escrito enviado ó Conselleiro o día 10/6/2013, que ata o de agora non tivo resposta.
Un saúdo afectuoso
Fernando Carrera Ramírez
Director ESCRBCG