convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das nacións unidas...

34
convención sobr convención sobr e os der os der eitos do neno eitos do neno Xunta de Galicia

Upload: vukiet

Post on 09-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

convención sobrconvención sobree os der os dereitos do nenoeitos do neno

Xunta de Galicia

Page 2: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

convención sobre os dereitos do neno

Xunta de Galicia

Page 3: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

Edita: Xunta de GaliciaSERVICIO GALEGO DE SAÚDEDivisión de Asistencia Sanitaria

Realiza: Difux, S.L.

D. legal: C-2152-02

Page 4: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

TEXTO COMPLETO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Adoptada e aberta ó asinamento e ratificación pola AsembleaXeral na súa Resolución 44/25, do 20 de novembro de 1989.Entrada en vigor: 2 de setembro de 1990, de conformidade coartigo 49

a convención sobreos dereitos do neno

Page 5: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración
Page 6: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

PREÁMBULO

Os Estados partes nesta Convención,

Considerando que, de conformidade cos principios procla-mados na Carta das Nacións Unidas, a liberdade, a xustizae a paz no mundo se basean no recoñecemento da digni-dade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódo-los membros da familia humana,

Tendo presente que os pobos das Nacións Unidas reafir-maron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais dohome e na dignidade e o valor da persoa humana, e quedecidiron promove-lo progreso social e eleva-lo nivel devida dentro dun concepto máis amplo da liberdade,

Recoñecendo que as Nacións Unidas proclamaron e acor-daron na Declaración Universal de Dereitos Humanos enos pactos internacionais de dereitos humanos, que todapersoa ten tódolos dereitos e liberdades enunciados neles,sen ningunha distinción por motivos de raza, cor, sexo, idio-ma, relixión, opinión política ou doutra índole, orixe nacio-nal ou social, posición económica, nacemento ou calqueraoutra condición,

Recordando que na Declaración Universal de DereitosHumanos as Nacións Unidas proclamaron que a infanciaten dereito a coidados e asistencia especiais,

Convencidos de que a familia, como grupo fundamental dasociedade e medio natural para o crecemento e o benes-tar de tódolos seus membros, e en particular dos nenos,debe recibi-la protección e asistencia necesarias para poderasumir plenamente as súas responsabilidades dentro dacomunidade,

Recoñecendo que o neno, para o pleno e harmonioso de-senvolvemento da súa personalidade, debe crecer no seoda familia, nun ambiente de felicidade, amor e comprensión,

Considerando que o neno debe estar plenamente prepa-rado para unha vida independente en sociedade e ser edu-cado no espírito dos ideais proclamados na Carta dasNacións Unidas e, en particular, nun espírito de paz, digni-dade, tolerancia, liberdade, igualdade e solidariedade,

[5]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 7: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

Tendo presente que a necesidade de proporcionarlle óneno unha protección especial foi enunciada naDeclaración de Xenebra de 1924 sobre os dereitos doneno e na Declaración dos dereitos do neno adoptada polaAsemblea Xeral o 20 de novembro de 1959, e recoñecidana Declaración Universal de Dereitos Humanos, no PactoInternacional de Dereitos Civís e Políticos (en particular, nosartigos 23 e 24), no Pacto Internacional de DereitosEconómicos, Sociais e Culturais (en particular, no artigo 10)e nos estatutos e instrumentos pertinentes dos organismosespecializados e das organizacións internacionais que seinteresan no benestar do neno,

Tendo presente que, como se indica na Declaración dosdereitos do neno," o neno, pola súa falta de madurez físicae mental, necesita protección e coidados especiais, incluso adebida protección legal, tanto antes como despois do nace-mento",

Recordando o disposto na Declaración sobre os principiossociais e xurídicos relativos á protección e ó benestar dosnenos, con particular referencia á adopción e á colocaciónen fogares de garda, nos planos nacional e internacional; asregras mínimas das Nacións Unidas para a administraciónda xustiza de menores (Regras de Beijing); e a Declaraciónsobre a protección da muller e o neno en estados de emer-xencia ou de conflicto armado,

Recoñecendo que en tódolos países do mundo hai nenosque viven en condicións excepcionalmente difíciles e queeses nenos necesitan especial consideración,

Tendo debidamente en conta a importancia das tradiciónse os valores culturais de cada pobo para a protección e odesenvolvemento harmonioso do neno,

Recoñecendo a importancia da cooperación internacionalpara mellora-las condicións de vida dos nenos en tódolospaíses, en particular nos países en desenvolvemento,

Conviron no seguinte:

[6]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 8: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

PARTE I

ARTIGO 1

Para os efectos desta Convención, enténdese por nenotodo ser humano menor de dezaoito anos de idade, agásque, en virtude da lei que lle sexa aplicable, alcanzase antesa maioría de idade.

ARTIGO 2

[1] Os Estados partes respectarán os dereitos enunciadosnesta Convención e asegurarán a súa aplicación a cadaneno suxeito á súa xurisdicción, sen ningunha distinción,independentemente da raza, a cor, o sexo, o idioma, a reli-xión, a opinión política ou doutra índole, a orixe nacional,étnica ou social, a posición económica, os impedimentos físi-cos, o nacemento ou calquera outra condición do neno, dosseus pais ou dos seus representantes legais.

[2] Os Estados partes tomarán tódalas medidas apropiadaspara garantir que o neno se vexa protexido contra todaforma de discriminación ou castigo por causa da condición,das actividades, das opinións expresadas ou das crenzas dosseus pais, ou os seus titores ou dos seus familiares.

ARTIGO 3

[1] En tódalas medidas concernentes ós nenos que tomen asinstitucións públicas ou privadas de benestar social, os tri-bunais, as autoridades administrativas ou os órganos lexisla-tivos, unha consideración primordial á que se atenderá seráo interese superior do neno.

[2] Os Estados partes comprométense a asegurarlle ó neno aprotección e o coidado que sexan necesarios para o seubenestar, tendo en conta os dereitos e deberes dos seuspais, titores ou outras persoas responsables del ante a lei e,con ese fin, tomarán tódalas medidas lexislativas e adminis-trativas adecuadas.

[3] Os Estados partes aseguraranse de que as institucións, ser-vicios e establecementos encargados do coidado ou daprotección dos nenos cumpran as normas establecidaspolas autoridades competentes, especialmente en materia

[7]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 9: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

de seguridade, sanidade, número e competencia do seupersoal, así como en relación coa existencia dunha supervi-sión adecuada.

ARTIGO 4

Os Estados partes adoptarán tódalas medidas administrati-vas, lexislativas e doutra índole para dar efectividade ósdereitos recoñecidos nesta Convención. No que respectaós dereitos económicos, sociais e culturais, os Estados par-tes adoptarán esas medidas ata o máximo dos recursos deque dispoñan e, cando sexa necesario, dentro do marco dacooperación internacional.

ARTIGO 5

Os Estados partes respectarán as responsabilidades, osdereitos e os deberes dos pais ou, se é o caso, dos mem-bros da familia ampliada ou da comunidade, segundo esta-bleza o costume local, dos titores ou doutras persoasencargadas legalmente do neno de impartirlle, en conso-nancia coa evolución das súas facultades, dirección e orien-tación apropiadas para que o neno exerza os dereitosrecoñecidos nesta Convención.

ARTIGO 6

[1] Os Estados partes recoñecen que todo neno ten o derei-to intrínseco á vida.

[2] Os Estados partes garantirán na máxima medida posible asupervivencia e o desenvolvemento do neno.

ARTIGO 7

[1] O neno será inscrito inmediatamente despois do seu nace-mento e terá dereito desde que nace a un nome, a adqui-rir unha nacionalidade e, na medida do posible, a coñece--los seus pais e a ser coidado por eles.

[2] Os Estados partes velarán pola aplicación destes dereitosde conformidade coa súa lexislación nacional e coas obrigasque contraesen en virtude dos instrumentos internacionaispertinentes nesta esfera, sobre todo cando o neno resulta-se doutro modo apátrida.

[8]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 10: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

ARTIGO 8

[1] Os Estados partes comprométense a respecta-lo dereitodo neno a preserva-la súa identidade, incluídos a nacionali-dade, o nome e as relacións familiares de conformidade coalei sen inxerencias ilícitas.

[2] Cando un neno sexa privado ilegalmente dalgúns dos ele-mentos da súa identidade ou de todos eles, os Estados par-tes deberán presta-la asistencia e protección apropiadascon miras a restablecer rapidamente a súa identidade.

ARTIGO 9

[1] Os Estados partes velarán por que o neno non sexa sepa-rado dos seus pais contra a vontade destes, excepto cando,a reserva de revisión xudicial, as autoridades competentesdeterminen, de conformidade coa lei e os procedementosaplicables, que tal separación é necesaria no interese supe-rior do neno. Tal determinación pode ser necesaria encasos particulares, por exemplo, nos casos en que o nenosexa obxecto de maltrato ou descoido por parte dos seuspais ou cando estes viven separados e debe adoptarse unhadecisión acerca do lugar de residencia do neno.

[2] En calquera procedemento emprendido de conformidadeco parágrafo 1 deste artigo, ofrecerase a tódalas partesinteresadas a oportunidade de participar nel e de dar acoñece-las súas opinións.

[3] Os Estados partes respectarán o dereito do neno queestea separado dun ou de ámbolos pais a manter relaciónspersoais e contacto directo con eles de modo regular, agásse iso é contrario ó interese superior do neno.

[4] Cando esa separación sexa resultado dunha medida adop-tada por un Estado parte, como a detención, o encarcera-mento, o exilio, a deportación ou a morte (incluído o fale-cemento debido a calquera causa mentres a persoa esteabaixo a custodia do Estado) dun dos pais do neno, ou deámbolos dous, ou do neno, o Estado parte proporcionará,cando se lle pida, ós pais, ó neno ou, se procede, a outrofamiliar, información básica acerca do paradoiro do familiarou familiares ausentes, a non ser que isto resultase prexudi-cial para o benestar do neno. Os Estados partes asegura-ranse, ademais, de que a presentación de tal petición non

[9]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 11: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

entrañe por si mesma consecuencias desfavorables para apersoa ou persoas interesadas.

ARTIGO 10

[1] De conformidade coa obriga que incumbe ós Estados par-tes a teor do disposto no parágrafo 1 do artigo 9, toda soli-citude feita por un neno ou polos seus pais para entrar nunEstado parte ou para saír del para os efectos da reunión dafamilia será atendida polos Estados partes de maneira posi-tiva, humanitaria e expeditiva. Os Estados partes garantirán,ademais, que a presentación de tal petición non traerá con-secuencias desfavorables para os peticionarios nin para osseus familiares.

[2] O neno con pais que residan en Estados diferentes terádereito a manter periodicamente, salvo en circunstanciasexcepcionais, relacións persoais e contactos directos conámbolos pais. Con tal fin, e de conformidade coa obrigaasumida polos Estados partes en virtude do parágrafo 1 doartigo 9, os Estados partes respectarán o dereito do nenoe dos seus pais a saír de calquera país, incluído o propio, ede entrar no seu propio país. O dereito de saír de calque-ra país estará suxeito soamente ás restriccións estipuladaspor lei e que sexan necesarias para protexe-la seguridadenacional, a orde pública, a saúde ou a moral públicas ou osdereitos e liberdades doutras persoas e que estean en con-sonancia cos demais dereitos recoñecidos por estaConvención.

ARTIGO 11

[1] Os Estados partes adoptarán medidas para loitar contra ostraslados ilícitos de nenos ó estranxeiro e a retención ilícitadestes no estranxeiro.

[2] Para este fin, os Estados partes promoverán a concertaciónde acordos bilaterais ou multilaterais ou a adhesión a acor-dos existentes.

ARTIGO 12

[1] Os Estados partes garantirán ó neno que estea en condi-cións de formarse un xuízo propio o dereito de expresa-lasúa opinión libremente en tódolos asuntos que o afectan,

[10]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 12: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

téndose debidamente en conta as súas opinións, en funciónda súa idade e madurez.

[2] Con tal fin, daráselle en particular ó neno a oportunidadede ser escoitado, en todo procedemento xudicial ou admi-nistrativo que o afecte, xa sexa directamente ou por mediodun representante ou dun órgano apropiado, en consonan-cia coas normas de procedemento da lei nacional.

ARTIGO 13

[1] O neno terá dereito á liberdade de expresión; ese dereitoincluirá a liberdade de buscar, recibir e difundir informaciónse ideas de todo tipo, sen consideración de fronteiras, xasexa oralmente, por escrito ou impresas, en forma artísticaou por calquera outro medio elixido polo neno.

[2] O exercicio de tal dereito poderá estar suxeito a certas res-triccións, que serán unicamente as que a lei prevexa e sexannecesarias:

a] Para o respecto dos dereitos ou a reputación dos demais;ou

b] Para a protección da seguridade nacional ou da orde públi-ca ou para protexe-la saúde ou a moral públicas.

ARTIGO 14

[1] Os Estados partes respectarán o dereito do neno á liber-dade de pensamento, de conciencia e de relixión.

[2] Os Estados partes respectarán os dereitos e deberes dospais e, se é o caso, dos representantes legais, de guia-loneno no exercicio do seu dereito conforme a evolución dassúas facultades.

[3] A liberdade de profesa-la propia relixión ou as propiascrenzas estará suxeita unicamente ás limitacións prescritaspola lei que sexan necesarias para protexe-la seguridade, aorde, a moral ou a saúde públicas ou os dereitos e liberda-des fundamentais dos demais.

[11]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 13: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

ARTIGO 15

[1] Os Estados partes recoñecen os dereitos do neno á liber-dade de asociación e á liberdade de celebrar reunións pací-ficas.

[2] Non se imporán restriccións ó exercicio destes dereitosdistintas das establecidas de conformidade coa lei e quesexan necesarias nunha sociedade democrática, en intereseda seguridade nacional ou pública, a orde pública, a protec-ción da saúde e a moral públicas ou a protección dos derei-tos e liberdades dos demais.

ARTIGO 16

[1] Ningún neno será obxecto de inxerencias arbitrarias ou ile-gais na súa vida privada, na súa familia, no seu domicilio ouna súa correspondencia nin de ataques ilegais á súa honra eá súa reputación.

[2] O neno ten dereito á protección da lei contra esas inxe-rencias ou ataques.

ARTIGO 17

Os Estados partes recoñecen a importante función que desem-peñan os medios de comunicación e velarán por que oneno teña acceso á información e material procedentes dediversas fontes nacionais e internacionais, en especial ainformación e o material que teñan por finalidade promo-ve-lo seu benestar social, espiritual e moral e a súa saúdefísica e mental. Con tal obxecto, os Estados partes:

a] Alentarán os medios de comunicación a difundir informa-ción e materiais de interese social e cultural para o neno, deconformidade co espírito do artigo 29;

b] Promoverán a cooperación internacional na producción, nointercambio e na difusión desa información e deses mate-riais procedentes de diversas fontes culturais, nacionais einternacionais;

c] Alentarán a producción e a difusión de libros para nenos;

[12]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 14: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

d] Alentarán os medios de comunicación a que teñan particu-larmente en conta as necesidades lingüísticas do neno per-tencente a un grupo minoritario ou que sexa indíxena;

e] Promoverán a elaboración de directrices apropiadas paraprotexe-lo neno contra toda información e material prexu-dicial para o seu benestar, tendo en conta as disposiciónsdos artigos 13 e 18.

ARTIGO 18

[1] Os Estados partes porán o máximo empeño en garanti-lorecoñecemento do principio de que ámbolos pais teñenobrigas comúns no que respecta á crianza e ó desenvolve-mento do neno.

Incumbirá ós pais ou, se é o caso, ós representantes legais aresponsabilidade primordial da crianza e o desenvolvemen-to do neno. A súa preocupación fundamental será o inte-rese superior do neno.

[2] Para os efectos de garantir e promove-los dereitos enun-ciados nesta Convención, os Estados partes prestarán aasistencia apropiada ós pais e ós representantes legais parao desempeño das súas funcións no que respecta á crianzado neno e velarán pola creación de institucións, instalaciónse servicios para o coidado dos nenos.

[3] Os Estados partes adoptarán tódalas medidas apropiadaspara que os nenos os pais dos cales traballan teñan dereitoa beneficiarse dos servicios e instalacións de garda de nenospara os que reúnan as condicións requiridas.

ARTIGO 19

[1] Os Estados partes adoptarán tódalas medidas lexislativas,administrativas, sociais e educativas apropiadas para prote-xe-lo neno contra toda forma de prexuízo ou abuso físicoou mental, descoido ou trato neglixente, malos tratos ouexplotación, incluído o abuso sexual, mentres se encontrebaixo a custodia dos pais, dun representante legal ou de cal-quera outra persoa que o teña ó seu cargo.

[2] Esas medidas de protección deberían comprender, segundocorresponda, procedementos eficaces para o establece-

[13]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 15: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

mento de programas sociais con obxecto de proporciona--la asistencia necesaria ó neno e ós que coidan del, asícomo para outras formas de prevención e para a identifi-cación, notificación, remisión a unha institución, investiga-ción, tratamento e observación ulterior dos casos antesdescritos de malos tratos ó neno e, segundo corresponda,a intervención xudicial.

ARTIGO 20

[1] Os nenos temporal ou permanentemente privados do seumedio familiar, ou dos que o superior interese esixa quenon permanezan nese medio, terán dereito á protección eá asistencia especiais do Estado.

[2] Os Estados partes garantirán, de conformidade coas súasleis nacionais, outros tipos de coidado para eses nenos.

[3] Entre eses coidados figurarán, entre outras cosas, a coloca-ción en fogares de garda, a kafala do dereito islámico, aadopción ou, de ser necesario, a colocación en instituciónsadecuadas de protección de menores. Ó considera-las solu-cións, prestarase particular atención á conveniencia de quehaxa continuidade na educación do neno e á súa orixe étni-ca, relixiosa, cultural e lingüística.

ARTIGO 21

Os Estados partes que recoñecen ou permiten o sistemade adopción coidarán de que o interese superior do nenosexa a consideración primordial e:

a] Velarán por que a adopción do neno só sexa autorizadapolas autoridades competentes, as que determinarán, deacordo coas leis e cos procedementos aplicables e sobre abase de toda a información pertinente e fidedigna, que aadopción é admisible en vista da situación xurídica do nenoen relación co seu país, parentes e representantes legais eque, cando así se requira, as persoas interesadas desen concoñecemento de causa o seu consentimento á adopciónsobre a base do asesoramento que poida ser necesario;

b] Recoñecerán que a adopción noutro país pode ser consi-derada como outro medio de coidar do neno, no caso deque este non poida ser colocado nun fogar de garda ou

[14]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 16: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

entregado a unha familia adoptiva ou non poida ser atendi-do de maneira adecuada no país de orixe;

c] Velarán por que o neno que teña que ser adoptado noutropaís goce de salvagardas e normas equivalentes ás existen-tes respecto da adopción no país de orixe;

d] Adoptarán tódalas medidas apropiadas para garantir que,no caso de adopción noutro país, a colocación non dealugar a beneficios financeiros indebidos para quen participanela;

e] Promoverán, cando corresponda, os obxectivos deste arti-go mediante a concertación de convenios ou acordos bila-terais ou multilaterais e esforzaranse, dentro deste marco,por garantir que a colocación do neno noutro país se efec-túe por medio das autoridades ou organismos competen-tes.

ARTIGO 22

[1] Os Estados partes adoptarán medidas adecuadas paralograr que o neno que trate de obte-lo estatuto de refu-xiado ou que sexa considerado refuxiado de conformidadeco dereito e cos procedementos internacionais ou internosaplicables reciba, tanto se está só como se está acompaña-do dos seus pais ou de calquera outra persoa, a proteccióne a asistencia humanitaria adecuadas para o gozo dos derei-tos pertinentes enunciados nesta Convención e noutrosinstrumentos internacionais de dereitos humanos ou decarácter humanitario en que estes Estados sexan partes.

[2] Para tal efecto os Estados partes cooperarán, na forma queestimen apropiada, en tódolos esforzos das Nacións Unidase demais organizacións intergobernamentais competentesou organizacións non gobernamentais que cooperen coasNacións Unidas por protexer e axudar a todo neno refu-xiado e localiza-los seus pais ou a outros membros da súafamilia, co fin de obte-la información necesaria para que sereúna coa súa familia. Nos casos en que non se poida loca-lizar a ningún dos pais ou membros da familia, concederá-selle ó neno a mesma protección que a calquera outroneno privado permanente ou temporalmente do seumedio familiar, por calquera motivo, como se dispón nestaConvención.

[15]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 17: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

ARTIGO 23

[1] Os Estados partes recoñecen que o neno mental ou fisica-mente impedido deberá gozar dunha vida plena e decenteen condicións que aseguren a súa dignidade, lle permitanchegar a bastarse a si mesmo e faciliten a participación acti-va do neno na comunidade.

[2] Os Estados partes recoñecen o dereito do neno impedidoa recibir coidados especiais e alentarán e asegurarán, consuxeición ós recursos dispoñibles, a prestación ó neno quereúna as condicións requiridas e ós responsables do seucoidado da asistencia que se solicite e que sexa adecuada óestado do neno e ás circunstancias dos seus pais ou dou-tras persoas que coiden del.

[3] En atención ás necesidades especiais do neno impedido, aasistencia que se preste conforme o parágrafo 2 deste arti-go será gratuíta sempre que sexa posible, tendo en conta asituación económica dos pais ou das outras persoas quecoiden do neno, e estará destinada a asegurar que o nenoimpedido teña un acceso efectivo á educación, á capacita-ción, ós servicios sanitarios, ós servicios de rehabilitación, ápreparación para o emprego e ás oportunidades de espa-rexemento e reciba tales servicios co obxecto de que oneno logre a integración social e o desenvolvemento indivi-dual, incluído o seu desenvolvemento cultural e espiritual, namáxima medida posible.

[4] Os Estados partes promoverán, con espírito de coopera-ción internacional, o intercambio de información adecuadana esfera da atención sanitaria preventiva e do tratamentomédico, psicolóxico e funcional dos nenos impedidos, inclu-ída a difusión de información sobre os métodos de rehabi-litación e os servicios de ensino e formación profesional, asícomo o acceso a esa información co fin de que os Estadospartes poidan mellora-la súa capacidade e coñecementos eamplia-la súa experiencia nestas esferas. A este respecto,teranse especialmente en conta as necesidades dos paísesen desenvolvemento.

ARTIGO 24

[1] Os Estados partes recoñecen o dereito do neno ó gozo domáis alto nivel posible de saúde e a servicios para o trata-mento das enfermidades e a rehabilitación da saúde. Os

[16]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 18: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

Estados partes esforzaranse por asegurar que ningún nenosexa privado do seu dereito ó gozo deses servicios sanita-rios.

[2] Os Estados partes asegurarán a plena aplicación destedereito e, en particular, adoptarán as medidas apropiadaspara:

a] Reduci-la mortalidade infantil e na nenez;

b] Asegura-la prestación da asistencia médica e a atenciónsanitaria que sexan necesarias a tódolos nenos, facendo fin-capé no desenvolvemento da atención primaria de saúde;

c] Combate-las enfermidades e a malnutrición no marco daatención primaria da saúde mediante, entre outras cosas, aaplicación da tecnoloxía dispoñible e a subministración dealimentos nutritivos adecuados e auga potable salubre,tendo en conta os perigos e riscos de contaminación doambiente;

d] Asegurar atención sanitaria prenatal e posnatal apropiada ásnais;

e] Asegurar que tódolos sectores da sociedade, e en particu-lar os pais e os nenos, coñezan os principios básicos dasaúde e a nutrición dos nenos, as vantaxes da lactaciónmaterna, a hixiene e o saneamento ambiental e as medidasde prevención de accidentes, teñan acceso á educación per-tinente e reciban apoio na aplicación deses coñecementos;

f] Desenvolve-la atención sanitaria preventiva, a orientaciónós pais e a educación e servicios en materia de planificaciónda familia.

[3] Os Estados partes adoptarán tódalas medidas eficaces eapropiadas posibles para aboli-las prácticas tradicionais quesexan prexudiciais para a saúde dos nenos.

[4] Os Estados partes comprométense a promover e alenta-lacooperación internacional con miras a lograr progresiva-mente a plena realización do dereito recoñecido neste arti-go. A este respecto, teranse plenamente en conta as nece-sidades dos países en desenvolvemento.

[17]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 19: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

ARTIGO 25

Os Estados partes recoñecen o dereito do neno que foiinternado nun establecemento polas autoridades compe-tentes para os fins de atención, protección ou tratamentoda súa saúde física ou mental a un exame periódico do tra-tamento ó que estea sometido e de tódalas demais cir-cunstancias propias do seu internamento.

ARTIGO 26

[1] Os Estados partes recoñecerán a tódolos nenos o dereitoa beneficiarse da seguridade social, incluso do seguro social,e adoptarán as medidas necesarias para logra-la plena rea-lización deste dereito de conformidade coa súa lexislaciónnacional.

[2] As prestacións deberían concederse, cando corresponda,tendo en conta os recursos e a situación do neno e daspersoas que sexan responsables do seu mantemento, asícomo calquera outra consideración pertinente a unha soli-citude de prestacións feita polo neno ou no seu nome.

ARTIGO 27

[1] Os Estados partes recoñecen o dereito de todo neno a unnivel de vida adecuado para o seu desenvolvemento físico,mental, espiritual, moral e social.

[2] Ós pais ou outras persoas encargadas do neno incúmbelle--la responsabilidade primordial de proporcionar, dentro dassúas posibilidades e medios económicos, as condicións devida que sexan necesarias para o desenvolvemento doneno.

[3] Os Estados partes, de acordo coas condicións nacionais econforme os seus medios, adoptarán medidas apropiadaspara axuda-los pais e outras persoas responsables do nenoa dar efectividade a este dereito e, en caso necesario, pro-porcionarán asistencia material e programas de apoio, par-ticularmente con respecto á nutrición, ó vestiario e á viven-da.

[4] Os Estados partes tomarán tódalas medidas apropiadaspara asegura-lo pagamento da pensión alimenticia por

[18]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 20: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

parte dos pais ou doutras persoas que teñan a responsabi-lidade financeira do neno, tanto se viven no Estado partecomo se viven no estranxeiro. En particular, cando a persoaque teña a responsabilidade financeira do neno resida nunEstado diferente daquel en que resida o neno, os Estadospartes promoverán a adhesión ós convenios internacionaisou a concertación destes convenios, así como a concerta-ción de calquera outro acordo apropiado.

ARTIGO 28

[1] Os Estados partes recoñecen o dereito do neno á educa-ción e, a fin de que se poida exercer progresivamente e encondicións de igualdade de oportunidades ese dereito,deberán en particular :

a] Implanta-lo ensino primario obrigatorio e gratuíto paratodos;

b] Fomenta-lo desenvolvemento, nas súas distintas formas, doensino secundario, incluído o ensino xeral e profesional,facer que tódolos nenos dispoñan del e teñan acceso a el eadoptar medidas apropiadas tales como a implantación doensino gratuíto e a concesión de asistencia financeira encaso de necesidade;

c] Face-lo ensino superior accesible a todos, sobre a base dacapacidade, por cantos medios sexan apropiados;

d] Facer que tódolos nenos dispoñan de información e orien-tación en cuestións educacionais e profesionais e teñanacceso a elas;

e] Adoptar medidas para fomenta-la asistencia regular ásescolas e reduci-las taxas de deserción escolar.

[2] Os Estados partes adoptarán cantas medidas sexan ade-cuadas para velar por que a disciplina escolar se administrede modo compatible coa dignidade humana do neno e deconformidade con esta Convención.

[3] Os Estados partes fomentarán e alentarán a cooperacióninternacional en cuestións de educación, en particular co finde contribuír a elimina-la ignorancia e o analfabetismo entodo o mundo e de facilita-lo acceso ós coñecementos téc-nicos e ós métodos modernos de ensino. A este respecto,

[19]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 21: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

teranse especialmente en conta as necesidades dos paísesen desenvolvemento.

ARTIGO 29

[1] Os Estados partes conveñen en que a educación do nenodeberá estar encamiñada a:

a] Desenvolve-la personalidade, as aptitudes e a capacidademental e física do neno ata o máximo das súas posibilida-des;

b] Inculcarlle ó neno o respecto dos dereitos humanos e dasliberdades fundamentais e dos principios consagrados naCarta das Nacións Unidas;

c] Inculcarlle ó neno o respecto dos seus pais, da súa propiaidentidade cultural, do seu idioma e dos seus valores, dosvalores nacionais do país en que vive, do país de que sexaorixinario e das civilizacións distintas da súa;

d] Prepara-lo neno para asumir unha vida responsable nunhasociedade libre, con espírito de comprensión, paz, toleran-cia, igualdade dos sexos e amizade entre tódolos pobos,grupos étnicos, nacionais e relixiosos e persoas de orixeindíxena;

e] Inculcarlle ó neno o respecto do ambiente natural.

[2] Nada do disposto neste artigo ou no artigo 28 se inter-pretará como unha restricción da liberdade dos particula-res e das entidades para establecer e dirixir institucións deensino, a condición de que se respecten os principios enun-ciados no parágrafo 1 deste artigo e de que a educaciónimpartida en tales institucións se axuste ás normas mínimasque prescriba o Estado.

ARTIGO 30

Nos Estados en que existan minorías étnicas, relixiosas oulingüísticas ou persoas de orixe indíxena, non se lle negaráa un neno que pertenza a tales minorías ou que sexa indí-xena o dereito que lle corresponde, en común cos demaismembros do seu grupo, a te-la súa propia vida cultural, a

[20]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 22: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

profesar e practica-la súa propia relixión, ou a emprega-loseu propio idioma.

ARTIGO 31

[1] Os Estados partes recoñecen o dereito do neno ó descan-so e ó esparexemento, ó xogo e ás actividades recreativaspropias da súa idade e a participar libremente na vida cul-tural e nas artes.

[2] Os Estados partes respectarán e promoverán o dereito doneno a participar plenamente na vida cultural e artística epropiciarán oportunidades apropiadas, en condicións deigualdade, de participar na vida cultural, artística, recreativae de esparexemento.

ARTIGO 32

[1] Os Estados partes recoñecen o dereito do neno a estarprotexido contra a explotación económica e contra o de-sempeño de calquera traballo que poida ser perigoso ouentorpece-la súa educación, ou que sexa nocivo para a súasaúde ou para o seu desenvolvemento físico, mental, espiri-tual, moral ou social.

[2] Os Estados partes adoptarán medidas lexislativas, admi-nistrativas, sociais e educacionais para garanti-la aplicacióndeste artigo. Con ese propósito e tendo en conta as dis-posicións pertinentes doutros instrumentos internacionais,os Estados partes, en particular :

a] Fixarán unha idade ou idades mínimas para traballar ;

b] Disporán a regulamentación apropiada dos horarios e con-dicións de traballo;

c] Estipularán as penalidades ou outras sancións apropiadaspara asegura-la aplicación efectiva deste artigo.

ARTIGO 33

Os Estados partes adoptarán tódalas medidas apropiadas,incluídas medidas lexislativas, administrativas, sociais e edu-cacionais, para protexe-los nenos contra o uso ilícito dosestupefacientes e substancias psicotrópicas enumeradas nos

[21]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 23: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

tratados internacionais pertinentes, e para impedir que seutilicen nenos na producción e no tráfico ilícitos desas subs-tancias.

ARTIGO 34

Os Estados partes comprométense a protexe-lo neno con-tra tódalas formas de explotación e abuso sexuais. Con estefin, os Estados partes tomarán, en particular, tódalas medi-das de carácter nacional, bilateral e multilateral que sexannecesarias para impedir :

a] A incitación ou a coacción para que un neno se dedique acalquera actividade sexual ilegal;

b] A explotación do neno na prostitución ou outras prácticassexuais ilegais;

c] A explotación do neno en espectáculos ou materiais por-nográficos.

ARTIGO 35

Os Estados partes tomarán tódalas medidas de carácternacional, bilateral e multilateral que sexan necesarias paraimpedi-lo secuestro, a venda ou a trata de nenos para cal-quera fin ou en calquera forma.

ARTIGO 36

Os Estados partes protexerán o neno contra tódalasdemais formas de explotación que sexan prexudiciais paracalquera aspecto do seu benestar.

ARTIGO 37

Os Estados partes velarán por que:

a] Ningún neno sexa sometido a torturas nin a outros tratosou penas crueis, inhumanos ou degradantes. Non se impo-rá a pena capital nin a de prisión perpetua sen posibilidadede excarceración por delictos cometidos por menores de18 anos de idade;

[22]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 24: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

b] Ningún neno sexa privado da súa liberdade ilegal ou arbi-trariamente. A detención, o encarceramento ou a prisióndun neno levarase a cabo de conformidade coa lei e utili-zarase tan só como medida de último recurso e durante operíodo máis breve que proceda;

c] Todo neno privado de liberdade sexa tratado coa humani-dade e o respecto que merece a dignidade inherente á per-soa humana, e de maneira que se teñan en conta as nece-sidades das persoas da súa idade. En particular, todo nenoprivado de liberdade estará separado dos adultos, a menosque isto se considere contrario ó interese superior doneno, e terá dereito a manter contacto coa súa familia pormedio de correspondencia e de visitas, salvo en circunstan-cias excepcionais;

d] Todo neno privado da súa liberdade terá dereito a un pron-to acceso á asistencia xurídica e outra asistencia adecuada,así como dereito a impugna-la legalidade da privación dasúa liberdade ante un tribunal ou outra autoridade compe-tente, independente e imparcial e a unha pronta decisiónsobre esta acción.

ARTIGO 38

[1] Os Estados partes comprométense a respectar e velar por que serespecten as normas do dereito internacional humanitario que llessexan aplicables nos conflictos armados e que sexan pertinentespara o neno.

[2] Os Estados partes adoptarán tódalas medidas posibles para ase-gurar que as persoas que aínda non cumprisen os 15 anos deidade non participen directamente nas hostilidades.

[3] Os Estados partes absteranse de recrutar para as forzas armadasas persoas que non cumprisen os 15 anos de idade. Se recrutanpersoas que cumprisen 15 anos, pero que sexan menores de 18,os Estados partes procurarán dar prioridade ós de máis idade.

[4] De conformidade coas obrigas dimanadas do dereito internacio-nal humanitario de protexer á poboación civil durante os conflic-tos armados, os Estados partes adoptarán tódalas medidas posi-bles para asegura-la protección e o coidado dos nenos afectadospor un conflicto armado.

[23]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 25: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

ARTIGO 39

Os Estados partes adoptarán tódalas medidas apropiadaspara promove-la recuperación física e psicolóxica e a rein-tegración social de todo neno víctima de calquera forma deabandono, explotación ou abuso; tortura ou outra forma detratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes; ou con-flictos armados. Esa recuperación e reintegración levaransea cabo nun ambiente que fomente a saúde, o respecto desi mesmo e a dignidade do neno.

ARTIGO 40

[1] Os Estados partes recoñecen o dereito de todo neno dequen se alegue que infrinxiu as leis penais ou a quen seacuse ou declare culpable de ter infrinxido esas leis a sertratado de maneira acorde co fomento do seu sentido dadignidade e o valor, que fortaleza o respecto do neno polosdereitos humanos e as liberdades fundamentais de tercei-ros e na que se teñan en conta a idade do neno e a impor-tancia de promove-la reintegración do neno e de que esteasuma unha función constructiva na sociedade.

[2] Con este fin, e tendo en conta as disposicións pertinentesdos instrumentos internacionais, os Estados partes garanti-rán, en particular :

a] Que non se alegue que ningún neno infrinxiu as leis penais,nin se acuse ou declare culpable a ningún neno de ter infrin-xido esas leis, por actos ou omisións que non estaban pro-hibidos polas leis nacionais ou internacionais no momentoen que se cometeron;

b] Que a todo neno do que se alegue que infrinxiu as leispenais ou a quen se acuse de ter infrinxido esas leis se llegaranta, polo menos, o seguinte:

[i] Que se lle presumirá inocente mentres non se probe asúa culpabilidade conforme a lei;

[ii] Que será informado sen demora e directamente ou,cando sexa procedente, por intermedio dos seus paisou dos seus representantes legais, dos cargos quepesan contra el e que disporá de asistencia xurídica ou

[24]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 26: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

outra asistencia apropiada na preparación e presenta-ción da súa defensa;

[iii] Que a causa será dirimida sen demora por unha auto-ridade ou órgano xudicial competente, independente eimparcial nunha audiencia equitativa conforme a lei, enpresencia dun asesor xurídico ou outro tipo de asesoradecuado e, a menos que se considerase que isto fosecontrario ó interese superior do neno, tendo en contaen particular a súa idade ou situación e ós seus pais ourepresentantes legais;

[iv]Que non será obrigado a prestar testemuño ou adeclararse culpable, que poderá interrogar ou facerque se interrogue a testemuñas de cargo e obte-la par-ticipación e o interrogatorio de testemuñas de descar-go en condicións de igualdade;

[v] Se se considerase que infrinxiu, en efecto, as leis penais,que esta decisión e toda medida imposta a consecuen-cia dela, serán sometidas a unha autoridade ou órganoxudicial superior competente, independente e impar-cial, conforme a lei;

[vi] Que o neno contará coa asistencia gratuíta dun intér-prete se non comprende ou non fala o idioma utiliza-do;

[vii] Que se respectará plenamente a súa vida privada entódalas fases do procedemento.

[3] Os Estados partes tomarán tódalas medidas apropiadaspara promove-lo establecemento de leis, procedementos,autoridades e institucións específicos para os nenos dosque se alegue que infrinxiron as leis penais ou ós que seacuse ou declare culpables de infrinxir esas leis, e en parti-cular :

a] O establecemento dunha idade mínima antes da cal se pre-sumirá que os nenos non teñen capacidade para infrinxi-lasleis penais;

b] Sempre que sexa apropiado e desexable, a adopción demedidas para tratar eses nenos sen recorrer a procede-mentos xudiciais, no entendemento de que se respectaránplenamente os dereitos humanos e as garantías legais.

[25]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 27: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

[4] Disporase de diversas medidas, tales como o coidado, asordes de orientación e supervisión, o asesoramento, a liber-dade vixiada, a colocación en fogares de garda, os progra-mas de ensino e formación profesional, así como outrasposibilidades alternativas ó internamento en institucións,para asegurar que os nenos sexan tratados de maneiraapropiada para o seu benestar e que garde proporcióntanto coas súas circunstancias como coa infracción.

ARTIGO 41

Nada do disposto nesta Convención afectará as disposi-cións que sexan máis conducentes á realización dos derei-tos do neno e que poidan estar recollidas en:

a] O dereito dun Estado parte; ou

b] O dereito internacional vixente con respecto ó dito Estado.

PARTE II

ARTIGO 42

Os Estados partes comprométense a dar a coñecer ampla-mente os principios e disposicións da Convención pormedios eficaces e apropiados, tanto ós adultos coma ósnenos.

ARTIGO 43

[1] Coa finalidade de examina-los progresos realizados nocumprimento das obrigas contraídas polos Estados partesnesta Convención, establecerase un Comité dos dereitosdo neno que desempeñará as funcións que a seguir se esti-pulan.

[2] O Comité estará integrado por dez expertos de gran inte-gridade moral e recoñecida competencia nas esferas regu-ladas por esta Convención. Os membros do Comité seránelixidos polos Estados partes entre os seus nacionais eexercerán as súas funcións a título persoal, téndose debida-mente en conta a distribución xeográfica, así como os prin-cipais sistemas xurídicos.

[26]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 28: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

[3] Os membros do Comité serán elixidos, en votación secre-ta, dunha lista de persoas designadas polos Estados partes.Cada Estado parte poderá designar unha persoa escollidaentre os seus propios nacionais.

[4] A elección inicial celebrarase como máis tardar seis mesesdespois da entrada en vigor desta Convención e ulterior-mente cada dous anos.

Con catro meses, como mínimo, de antelación respecto dadata de cada elección, o secretario xeral das NaciónsUnidas dirixirá unha carta ós Estados partes convidándoosa que presenten as súas candidaturas nun prazo de dousmeses. O secretario xeral preparará despois unha lista naque figurarán por orde alfabética tódolos candidatos pro-postos, con indicación dos Estados partes que os designa-sen, e comunicaralla ós Estados partes nesta Convención.

[5] As eleccións celebraranse nunha reunión dos Estados par-tes convocada polo secretario xeral na sede das NaciónsUnidas. Nesa reunión, na que a presencia de dous terciosdos Estados partes constituirá quórum, as persoas seleccio-nadas para formar parte do Comité serán aqueles candida-tos que obteñan o maior número de votos e unha maioríaabsoluta dos votos dos representantes dos Estados partespresentes e votantes.

[6] Os membros do Comité serán elixidos por un período decatro anos.

Poderán ser reelixidos se se presenta de novo a súa candi-datura. O mandato de cinco dos membros elixidos na pri-meira elección expirará ó cabo de dous anos; inmediata-mente despois de efectuada a primeira elección, o presi-dente da reunión en que esta teña lugar elixirá por sorteoos nomes deses cinco membros.

[7] Se un membro do Comité falece ou dimite ou declara quepor calquera outra causa non pode seguir desempeñandoas súas funcións no Comité, o Estado parte que propuxoese membro designará entre os seus propios nacionais aoutro experto para exerce-lo mandato ata o seu remate, areserva da aprobación do Comité.

[8] O Comité adoptará o seu propio regulamento.

[27]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 29: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

[9] O Comité elixirá a súa mesa por un período de dous anos.

[10] As reunións do Comité realizaranse normalmente na sededas Nacións Unidas ou en calquera outro lugar convenien-te que determine o Comité. O Comité reunirase normal-mente tódolos anos. A duración das reunións do Comitéserá determinada e revisada, se procedese, por unha reu-nión dos Estados partes nesta Convención, a reserva daaprobación da Asemblea Xeral.

[11] O secretario xeral das Nacións Unidas proporcionará opersoal e os servicios necesarios para o desempeño eficazdas funcións do Comité establecido en virtude destaConvención.

[12] Logo de aprobación da Asemblea Xeral, os membros doComité establecido en virtude desta Convención recibiránemolumentos con cargo ós fondos das Nacións Unidas,segundo as condicións que a Asemblea poida establecer.

ARTIGO 44

Os Estados partes comprométense a presentarlle óComité, por conducto do secretario xeral das NaciónsUnidas, informes sobre as medidas que adoptasen para darefecto ós dereitos recoñecidos na Convención e sobre oprogreso que realizasen en canto ó goce deses dereitos:

a] No prazo de dous anos a partir da data na que para cadaEstado parte entrase en vigor esta Convención;

b] No sucesivo, cada cinco anos.

[2] Os informes preparados en virtude deste artigo deberánindica-las circunstancias e dificultades, se as houber, queafecten ó grao de cumprimento das obrigas derivadas destaConvención.

Deberán así mesmo, conter información suficiente para queo Comité teña cabal comprensión da aplicación daConvención no país de que se trate.

[3] Os Estados partes que presentasen un informe inicial com-pleto ó Comité non necesitan repetir, en sucesivos informespresentados de conformidade co disposto no inciso b) do

[28]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 30: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

número 1 deste artigo, a información básica presentadaanteriormente.

[4] O Comité poderá pedirlles ós Estados partes máis infor-mación relativa á aplicación da Convención.

[5] O Comité presentará cada dous anos á Asemblea Xeral dasNacións Unidas, por conducto do Consello Económico eSocial, informes sobre as súas actividades.

[6] Os Estados partes darán ós seus informes unha ampla difu-sión entre o público dos seus países respectivos.

ARTIGO 45

Con obxecto de fomenta-la aplicación efectiva daConvención e de estimula--la cooperación internacional naesfera regulada pola Convención:

a] Os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidaspara a Infancia e demais órganos das Nacións Unidas terándereito a estar representados no exame da aplicacióndaquelas disposicións desta Convención comprendidas noámbito do seu mandato. O Comité poderá convida-losorganismos especializados, ó Fondo das Nacións Unidaspara a Infancia e a outros órganos competentes que consi-dere apropiados a que proporcionen asesoramento espe-cializado sobre a aplicación da Convención nos sectoresque son de incumbencia dos seus respectivos mandatos. OComité poderá convida-los organismos especializados, óFondo das Nacións Unidas para a Infancia e demais órga-nos das Nacións Unidas a que presenten informes sobre aaplicación daquelas disposicións desta Convención com-prendidas no ámbito das súas actividades;

b] O Comité transmitirá, segundo estime conveniente, ósorganismos especializados, ó Fondo das Nacións Unidaspara a Infancia e a outros órganos competentes, os infor-mes dos Estados partes que conteñan unha solicitude deasesoramento ou de asistencia técnica, ou nos que se indi-que esa necesidade, xunto coas observacións e suxestiónsdo Comité, se as houber, acerca desas solicitudes ou indica-cións;

[29]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 31: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

c] O Comité poderá recomendar á Asemblea Xeral que pidaó secretario xeral que efectúe, no seu nome, estudios sobrecuestións concretas relativas ós dereitos do neno;

d] O Comité poderá formular suxestións e recomendaciónsxerais baseadas na información recibida en virtude dos arti-gos 44 e 45 desta Convención. Estas suxestións e reco-mendacións xerais deberán transmitirse ós Estados partesinteresados e notificarse á Asemblea Xeral, xunto coscomentarios, se os houber, dos Estados partes.

PARTE III

ARTIGO 46

Esta Convención estará aberta á sinatura de tódolosEstados.

ARTIGO 47

Esta Convención está suxeita a ratificación. Os instrumentosde ratificación depositaranse en poder do secretario xeraldas Nacións Unidas.

ARTIGO 48

Esta Convención permanecerá aberta á adhesión de cal-quera Estado. Os instrumentos de adhesión depositaranseen poder do secretario xeral das Nacións Unidas.

ARTIGO 49

[1] Esta Convención entrará en vigor o trixésimo día seguinteá data en que fose depositado o vixésimo instrumento deratificación ou de adhesión en poder do secretario xeraldas Nacións Unidas.

[2] Para cada Estado que ratifique a Convención ou se adhira aela despois de ter sido depositado o vixésimo instrumentode ratificación ou de adhesión, a Convención entrará envigor o trixésimo día despois do depósito por tal Estado doseu instrumento de ratificación ou adhesión.

[30]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 32: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

ARTIGO 50

[1] Todo Estado parte poderá propoñer unha emenda e depo-sitala en poder do secretario xeral das Nacións Unidas. Osecretario xeral comunicará a emenda proposta ós Estadospartes, pedíndolles que lles notifiquen se desexan que seconvoque unha conferencia de Estados partes co fin deexamina-la proposta e sometela a votación. Se dentro doscatro meses seguintes á data desa notificación un tercio,polo menos, dos Estados partes se declara en favor de talconferencia, o secretario xeral convocará unha conferenciaco auspicio das Nacións Unidas. Toda emenda adoptadapola maioría de Estados partes, presentes e votantes naconferencia, será sometida polo secretario xeral á AsembleaXeral das Nacións Unidas para a súa aprobación.

[2] Toda emenda adoptada de conformidade co parágrafo 1deste artigo entrará en vigor cando fose aprobada polaAsemblea Xeral das Nacións Unidas e aceptada por unhamaioría de dous tercios dos Estados partes.

[3] Cando as emendas entren en vigor serán obrigatorias paraos Estados partes que as aceptasen, en tanto que os demaisEstados partes seguirán obrigados polas disposicións destaConvención e polas emendas anteriores que aceptasen.

ARTIGO 51

[1] O secretario xeral das Nacións Unidas recibirá e comuni-cará a tódolos Estados o texto das reservas formuladaspolos Estados no momento da ratificación ou da adhesión.

[2] Non se aceptará ningunha reserva incompatible co obxec-to e co propósito desta Convención.

[3] Toda reserva poderá ser retirada en calquera momento pormedio dunha notificación feita para ese efecto e dirixida ósecretario xeral das Nacións Unidas, quen informará atódolos Estados. Esa notificación producirá efecto na datada súa recepción polo secretario xeral.

ARTIGO 52

Todo Estado parte poderá denunciar esta Convenciónmediante notificación feita por escrito ó secretario xeral das

[31]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 33: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

Nacións Unidas. A denuncia producirá efecto un ano des-pois da data en que a notificación fose recibida polo secre-tario xeral.

ARTIGO 53

Desígnase depositario desta Convención o secretario xeraldas Nacións Unidas.

ARTIGO 54

O orixinal desta Convención, da que os textos en árabe,chinés, español, francés, inglés e ruso son igualmente autén-ticos, depositarase en poder do secretario xeral dasNacións Unidas.

EN TESTEMUÑO DO CAL, os infraescritos plenipotencia-rios, debidamente autorizados para iso polos seus respecti-vos gobernos, asinaron esta Convención.

[32]

a co

nven

ción

sob

reos

der

eito

s do

nen

o

Page 34: convención sobrconvención sobre os der os dereitos do ... · regras mínimas das Nacións Unidas para a administración da xustiza de menores (Regras de Beijing);e a Declaración

Teléfono do neno

112☎