contos para a igualdade e a corresponsabilidade

4
Biblioteca Pública Municipal de Narón Contos para a igualdade e a corresponsabilidade Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 04-Jul-2015

286 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Boletín cunha brevísima selección de contos sobre a igualdade entre homes e mulleres. Para a exposición que ten lugar na Biblioteca Pública Municipal de Narón do 25 de novembro ao 5 de decembro de 2014

TRANSCRIPT

Page 1: Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

1

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NARÓN

Esta é unha pequenísima selección de contos que transmiten valores de respecto e igualdade entre homes e

mulleres, nenos e nenas.

Dende o martes 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ata o 5 de decembro podes atopar

unha selección máis ampla na biblioteca.

I1 (DE 0 A 6 ANOS)

Cinco deditos, de Nadja. O clásico conto para xogar cos dediños no que cada un ten unha responsabilidade nunha tarefa común: preparar unha suculenta comida. Se a vos tamén vos apetece xogar en familia, tedes un montón de libros de cociña para nenos e nenas na biblioteca.

Teño un irmán máis novo, de Encarna Torres. Pedro acaba de ter un irmanciño e practica co seu oso para aprender a darlle o biberón ou a cambiarlle o cueiro. Os seus amigos din que esos son xogos de nenas, pero seu pai fai todas esas tarefas e moitas máis e non é unha nena! Quen está entón equivocado?

A galiña roxa, de Pilar Martínez. A galiña protagonista deste conto traballa arreo ela soa para dar de comer aos seus pitiños. Non recibe axuda de ninguén para sementar o trigo, nin para segalo, nin para levalo ao muíño nin para facer pan con el. Iso si, á hora de comer os bolos ben quentiños non ha faltar quen quera aproveitarse do seu traballo!

Page 3: Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

2

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NARÓN

I2 (DE 6 A 9 ANOS)

Las lavanderas locas, de John Yeoman e Quentin Blake. As sete lavandeiras deste conto están condenadas a traballar duramente para un xefe tirano, ata que un día, cansas de aturar tanto abuso e inxustiza din “ata aquí!”. Coa forza das sete xuntas forman unha disparatada e salvaxe revolta que pon cabeza abaixo todo o pobo. Que todos/as saiban quen son elas!!

Luna y el vestido de Max, de Thierry Lenain. Luna e Max van ao centro comercial. Ela quere mercar un balón co que marcar moitos goles e ser unha estrela do fútbol, pero el insiste en que a súa amiga merque un vestido co que vai estar moi guapa, un vestido de nena. Luna ten moi claras as súas prioridades e aínda que terá que loitar contra Max e a súa avoa, ao final conseguirá convencer a todos de que ela é como é.

¡Me han dado calabazas!, de Ester Llorens. Por este disparatado libro pasan os protagonistas de moitos contos clásicos: A Bela adormecida, Rapunzel, Brancaneves… pero as súas historias teñen esta vez uns finais un pouco diferentes, máis achegados á vida real que ao mundo dos contos. Porque, quen quere casar cun home ao que acaba de coñecer por moi príncipe que sexa?

Page 4: Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

Contos para a igualdade e a corresponsabilidade

3

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NARÓN

I3 (DE 9 A 12 ANOS)

Casas, de Paula Carballeira. Este libro é como unha caixa de bombóns, concretamente vinteún bombóns nos que as protagonistas son as casas e a xente que vive nelas. Hai unha casa abandonada onde vivir, o que se dice vivir, non vive ninguén. Nela xace unha princesa á espera de que un príncipe rompa o feitizo que a ten durmida dende fai moitos anos. O príncipe chega, pero antes de bicar á moza ten outras tarefas que facer.

Respecto á igualdade, de Rita Radl Philipp. As rapazas non xogan ao fútbol é o título dun dos capítulos deste libro e tamén unha frase que antes se escoitaba moito. Hoxe sabemos que rapazas e rapaces poden xogar aos mesmos xogos e facer novas cousas que antes non fixeron nin homes nin mulleres. Esta é unha das características da igualdade, o respecto aos dereitos de todas as persoas. Pero non en todos os países están recoñecidos estes dereitos e, incluso nos que si, lévanse a cabo condutas que non respectan a igualdade entre homes e mulleres.

Olivia Shakespeare, de Sofía Rhei. As mulleres son as grandes esquecidas da historia, nalgúns casos porque non se lles permitiu o acceso á educación, noutros porque cando fixeron grandes cousas estas foron atribuidas a homes. Como sería a vida da irmá de William Shakespeare no caso de que o clásico autor inglés tivese unha? De seguro tería que traballar o dobre para que o seu talento brilase por si mesmo baixo a sombra do seu importante irmán. Este conto tenta reescribir a historia para Olivia e para todas as mulleres da época.