conto en galego tristura

10
A DESPEDIDA UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío 2011-2012 CEIP: VIRXE DO ROCÍO

Upload: ceipvirxedorocio

Post on 10-Jul-2015

449 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Conto en galego tristura

A DESPEDIDA

UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío

2011-2012 CEIP: VIRXE DO ROCÍO

Page 2: Conto en galego tristura

OLA AMIGOS Esta historia que vos vou contar,

é TRISTE, querédela escoitar???

Fala de despedidas, bágoas e

silencios;

Apertas, bicos e amigos sinceros.

Se escoitas a miña historia

vasme entender,

porque todos nenos,

séntense tristes algunha vez!!!

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Sentistes algunha vez moita tristura????

Page 3: Conto en galego tristura

A TRISTURA Aquel día me parecía que todas as

cores esvaeceran. Todo estaba gris,

escuro e tristeiro.

Aquilo no podía estar a pasar… Troy

veu pola tarde á biblioteca do cole e

atopoume lendo unha das miñas

historias favoritas. Entón díxome

que marchaba!!. Os seus pais

conseguiran un traballo novo

noutro país e mañá marchaban.

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Page 4: Conto en galego tristura

BAGÓAS Eu sempre estaba con Troy, era o

meu mellor amigo e agora non

podería xogar con el!!

Mentres Troy estivo comigo

aguantei as ganas de chorar

pero no momento que pechou a

porta non puiden conter as

ganas e comecei a chorar e

chorar e chorar e chorar…

Tanto que podería encher os

mares!! Sentíame moi ….TRISTE

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Chorades cando vos sentides tristes??

Page 5: Conto en galego tristura

A SOIDADE Cando cheguei á casa

atopábame moi canso e

non tiña ganas de facer

nada. Só quería

meterme na cama e

tapar a cabeza… Quería

quedar alí ata que a

tristura desaparecera.

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Qué facedes vós para tranquilizarvos cando

estades moi tristes?

Page 6: Conto en galego tristura

OS MOTIVOS E aí, dentro da cama, todas as

lembranzas tristes

apareceron na miña cabeza

facéndome chorar e chorar

máis…

Sentíame igual que cando os

meus pais discuten ou coma

cando estou enfermo e dóeme

o corpo. Sentíame igual que

cando o meu can Sampo

morreu.

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Que vos fai sentir tristes?

Page 7: Conto en galego tristura

FALALO Despois dun tempo, a miña nai chamou á porta.

Achegouse a darme un bico e entre saloucos

conteille todo o que sentía, o triste que estaba e o

moito que botaría a faltar ao meu amigo Troy.

Falar coa miña nai dos meus sentimentos non

conseguiu que Troy quedase na nosa cidade pero

fixo que me sentira moito mellor.

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Falades dos vosos sentimentos coa vosa

familia ou amig@s cando vos sentides tristes?

Page 8: Conto en galego tristura

QUE FAGO? Cando me sinto triste gústame que

me coiden e me dean mecos. A

miña nai preparoume un baño

quente e un chocolate delicioso!!

Quería estar só no meu cuarto

escoitando cancións bonitas.

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Que vos gusta facer cando vos sentides tristes?

Page 9: Conto en galego tristura

O ADEUS Soou o timbre da casa. Troy

viña despedirse. Ía pasar

moito tempo sen volver ver

ao meu mellor amigo!!

El tamén se sentía triste.

Seino porque os seus ollos

estaban cheos de bágoas,

saloucaba e non sorría como

facía sempre. Démonos unha

grande aperta e marchou

camiñando coa cabeza baixa.

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns

Page 10: Conto en galego tristura

O TEMPO Non tiña ganas de falar con

ninguén!! Pero estar coa miña

familia fixo que me sentira un

pouco mellor!! O meu pai

achegouse, doume un bico e

díxome: “Todo vai ir ben”…

Despois dun tempo a tristeza

foise esvaecendo. O día que

volvín ver o meu amigo Troy foi

marabilloso!! Naquel momento,

a tristura daquela despedida

parecía tan lonxe…

O lib

ro d

as e

mo

ció

ns