construíndo o futuro sentando as bases · reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o...

27
Construíndo o futuro Sentando as bases Ano 2015

Upload: others

Post on 07-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

Construíndo o futuroSentando as bases

Ano 2015

Page 2: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar
Page 3: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

Construíndo o futuroSentando as bases

Ano 2015

Page 4: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

76

Café Moderno Afundación Pontevedra

Sede Afundación A CoruñaTeatro Afundación VigoSede Afundación Pontevedra

PRESENTACIÓN

O documento que le é, sen dúbida, un ca-derno de bitácora, un diario dos fitos máis relevantes que delimitaron toda a activida-de de Afundación durante os últimos doce meses. A folla de ruta marcada condensa as claves da ampla transformación que levamos a cabo para materializar o noso proxecto de ser a primeira entidade galega privada e sen ánimo de lucro, quen de responder as de-mandas dunha sociedade en constante evo-lución, baixo os parámetros da profesionali-dade e a ética.

Foi un ano de renovación, de evolución no xeito de gobernar, nas estruturas, no modelo de xestión e na actividade.

O motor que pula este movemento transfor-mador é a chegada de ABANCA como me-cenas único de Afundación, un feito que nos converte no músculo principal de responsa-bilidade social corporativa desta primeira en-tidade financeira galega, que nace cun mar-cado carácter socialmente responsable.

Constituímos o noso órgano de goberno, o padroado, un modelo de representación social que opera baixo os criterios da profe-sionalidade, a experiencia, a transparencia, a austeridade e a ética; á vez que renovamos o noso comité de dirección e axustamos a estrutura organizativa á nova estratexia, pu-lando a polivalencia e a flexibilidade da orga-nización. Grazas a iso, Afundación é hoxe un

modelo de eficiencia e profesionalidade no seu eido de actuación. Implantamos un có-digo de ética que regula os comportamentos agardados do cadro de persoal, do equipo directivo e do padroado, así coma as incom-patibilidades e a xestión de conflitos de in-terese. Tamén por iso Afundación é hoxe un modelo de ética, eficiencia e innovación.

Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar a sociedade galega. Nes-te sentido, centramos a nosa actuación en tres eixes: a educación superior, a cultura e o envellecemento activo. Os primeiros pasos que constatan este progreso son o desen-

Page 5: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

98

volvemento dun plan de innovación dixital presencial e internacionalización da nosa Es-cuela de Negocios nas súas diversas facetas: os contidos, os estudantes, os profesores e as alianzas estratéxicas con diferentes insti-tucións de diversos países; os programas in-terxeracionais que promoven a aprendizaxe en todas as etapas da vida; os programas de educación financeira en cooperación con ABANCA; e a programación para escolares, especialmente na aprendizaxe cultural e es-tética. Estes tres eixes están conectados por un factor clave, a educación anovadora e de calidade, dinamizándoa a todos os niveis coma unha aprendizaxe ao longo de toda a vida, pois como di un antigo proverbio orien-tal o verdadeiro sabio é un eterno aprendiz, ademais de constituír unha parte esencial da responsabilidade ética das persoas.

Nestes meses maduramos tamén o padrón de xestión operativa dos nosos edificios, es-pazos, contidos, provedores e actividades en xeral, desde os criterios de eficacia e ren-dibilidade. E sentamos as bases para lograr a autosuficiencia financeira a través dunha xestión eficiente de ingresos e gastos.

Os novos programas que se están a levar a cabo nas tres áreas xa comezaron a dar os seus froitos. Na área de educación superior, a Escuela de Negocios Afundación recibiu o premio Cantábrico Excelente e o segundo premio en Educación e Investigación social outorgado por Actualidad Económica.

Na área do envellecemento activo, o programa «O valor da experiencia» foi galardoado tamén co segundo premio en Acción Social por Ac-tualidad Económica. Na área de cultura, a Co-

lección de Arte Afundación foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Todos os comezos son difíciles, mais creo que este primeiro ano de duro esforzo conxunto ten sido un bo ano para a nosa fundación, por-que a busca incesante de solucións é a fórmula para a innovación constante. Perpetuamente queda moito por facer e iso é parte da mesma esencia dialéctica do cambio social. O servizo á sociedade que Afundación presta desde estas bases e criterios permítenos afrontar o futuro con ilusión e confianza. Un futuro que comeza hoxe, porque mañá sempre é tarde.

Miguel Ángel Escotet Álvarez

Presidente

Sede Afundación Ferrol

Sede Afundación Ourense Sede Afundación Vigo

Sede Afundación Santiago

Page 6: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

1110

UNHA NOVA FUNDACIÓNCON A MAIÚSCULO

de anticiparse ao futuro da educación superior no eido da empresa, para unha xestión de calidade, responsable, eficiente e anovadora.

de aposta polo envellecemento activo, a través de programas orientados á saúde, á formación e á participación activa na sociedade, poñendo en valor a experiencia.

A de acción cultural, a través dunha programación nas nosas sedes que promove e dinamiza o tecido artístico e a creatividade persoal.

A de arte, difundindo os fondos de arte galega máis importantes do país, con obras fundamentais da nosa historia plástica.

Porque somos a primeira fundación de Gali-cia no noso ámbito de actuación

Porque máis dun millón de persoas se bene-fician anualmente das nosas actividades e programas

Porque cremos no progreso da sociedade a través da educación e a cultura

Porque contamos co mecenado da primeira entidade financeira de Galicia, ABANCA

Planificamos, emprendemos e avanzamos nun proxecto con futuro

Page 7: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

1312

PADROADO

O noso máximo órgano de decisión é o pa-droado, no que están representados o noso mecenas, ABANCA, as sete cidades galegas onde temos sede, o Parlamento, as deputa-cións provinciais, a Xunta de Galicia e o cadro de persoal.

Todas as persoas adheridas a el teñen unha traxectoria profesional nos campos nosque Afundación traballa, tal e como estable-cen os estatutos da entidade.

MarcelinoAgís Villaverde

Vogal

Miguel ÁngelEscotet Álvarez

Presidente

FranciscoBotas Ratera

Vogal

ÁngelSicart GiménezVicepresidente

Xosé CarlosCaneiro Pérez

Vogal

María JesúsBudiño Rodríguez

Vogal

José EduardoÁlvarez-NaveiroAsesor xurídico

OlgaCuña Blanco

Vogal

ESTATUTOS

Establecen a natureza fundacional sen áni-mo de lucro, o interese galego e o feito de que o patrimonio da nosa fundación estea afectado de forma duradeira á realización dos seus fins de interese xeral.

Fixan a sede social, que leva consigo a presi-dencia, na Coruña e a sede institucional, que leva consigo a xerencia, en Vigo, así coma o seu ámbito de actuación principalmente ga-lego. Regulan, en definitiva, a tipoloxía e as bases do funcionamento da nosa entidade.

RicardoDíaz-Casteleiro Romero

Vogal

María IsabelGonzález Rey

Vogal

JavierEtcheverría de la Muela

Vogal

Xosé LuisLiñares Barbeito

Vogal

RamónSestayo Lestón

Vogal

Juan CarlosEscotet Rodríguez

Vogal

José LuisJiménez Martínez

Vogal

LauraMosquera Escudero

Vogal

EladioFernández Pérez

Vogal

José LuisLolo Celeiro

Vogal

Jesús SantiagoVázquez Sanluis

Vogal

ÓscarVillar Díaz

Vogal

JoséFernández Pernas

Vogal

Pedro RaúlLópez Jácome

Vogal

PauloFontán Torreiro

Vogal

MartaLucio Gómez

Vogal

JesúsNavazo Ruíz

Secretario (non padrón)

Page 8: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

1514

PedroOtero Espinar

Director xerente

María TeresaCores Fernández

Coordinadora de área de Cultura

Juan JoséCastro Dominguez

Coordinador adxunto de área Envellecemento activo

AurelioVilla Sánchez

Coordinador de área de Educación superior

GloriaRodríguez López

Coordinadora de áreade Comunicación

MaríaBarreira Salgado

Coordinadora adxunta de Capital humano

José LuisVilanova Dacosta

Coordinador xeral

RosarioRodríguez Gómez

Coordinadora de áreade Marketing

PalomaVela Garicano

Coordinadora adxunta de área Cultura

SabelaCouceiro Núñez

Coordinadora de área deEnvellecemento activo

María del MarSánchez-Toscano Rial

Coordinadora de Inter-vención e administración

María VerónicaRego López

Coordinadora adxunta deMarketing e comunicación

CarlotaSánchez-Montaña Puga

Coordinadora adxunta de Educación superior

GemaGarcía-Abril González-VallinasCoordinadora adxunta deComercialización inmobles

CristinaIglesias Pérez

Coordinadora adxuntade Sedes

DIRECCIÓN

Page 9: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

1716

Cristina Iglesias Pérez

Coordinadora de sedeVigo e Centro Pontevedra

BeatrizAler López

Coordinadora de sedeA Coruña

AnaSalgado Boquete

Coordinadora de centroSantiago

Tatiana Puente Faraldo

Coordinadora de centroFerrol

María José Fernández García

Coordinadora de centroLugo

Beatriz MaríaFernández-Anguiano García

Coordinadora de centroOurense

COORDINADORAS DE SEDES E CENTROS

Sede Afundación Lugo

Page 10: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

1918

MISIÓN E VISIÓN

A nosa misión é levar a cabo unha acción edu-cativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente, relevante e con vocación transfor-madora, contribúa na mellora da sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, posibilitando o desenvolvemento integral das persoas.

Implementamos un modelo de educación superior anovador e de calidade, orientado ao mundo da empresa. Potenciamos o papel activo das persoas maiores na sociedade. Fo-mentamos o coñecemento e a evolución da cidadanía a través da cultura. As actuacións propias, a calidade e a sostibilidade dos pro-gramas son o noso selo.

A nosa actuación céntrase en tres eixes:

ESTRATEXIAE ACTIVIDADE

Actuacions propias, calidade, sostenibilidade

Educación superior, orientada a:

Eficiencia e responsabilidade no goberno empresarial.Innovación na xestión académica, metodoloxías de ensino e aprendizaxe interdisciplinares e novas dimensións de coñecemento. Dixitalización interactiva, presencial e virtual. Modelos de vangarda Snacks training. Calidade e internacionalización en todas as súas facetas.

Envellecemento activo, orientado a:

O coidado da saúde, a cultura, a educación, a participación comunitaria e o lecer activo.O benestar físico, os hábitos de vida saudables e o desenvolvemento persoal. Programas interxeracionais. Programas de voluntariado social e profesional

Actividade cultural, orientada a:

Coñecemento e desenvolvemento intelectual. As artes escénicas e musicais, artes plásticas, medio ambiente e tendencias. O espallamento da creación galega. As exposicións da Colección de Arte Afundación e a cooperación coa Colección de Arte ABANCA.

Page 11: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

2120

DIRECCIONAMIENTO ESTRATÉXICO

Canalizamos os nosos esforzos en:

• Sermos a entidade social de referencia en Galicia, anovadora, comprometida e cohe-rente coa nosa traxectoria e plan de futuro.

• Con relevancia na educación, tanto su-perior, formal coma non formal.

• Que defende a calidade fronte á canti-dade en todas as súas accións, dando priorida-de aos programas propios.

• Que defende unha sociedade inclusiva e presta especial atención aos maiores am-pliando os seus horizontes, a súa calidade de vida e poñendo en valor a súa experiencia.

• Que impulsa modelos de relevancia na relación entre a empresa e a sociedade.

• Que mantén a súa participación na vida sociocultural galega, dentro e fóra da comuni-dade.

• Unha entidade sostible que vela pola conservación e difusión do seu patrimonio.

• Gobernada de xeito transparente, efi-ciente, autosostible e anovador.

Comprometémonos

Elaboramos e implantamos por primeira vez un código de conduta ética profesional, que ten por obxectivo establecer pautas de comportamento das persoas pertencentes á entidade no exerci-cio das súas funcións. Avoga por que a entidade non sexa utilizada con intereses políticos, priva-dos ou persoais, ou como instrumento para o logro de propósitos ilexítimos, inapropiados ou alleos aos fins fundacionais. Así mesmo, consti-túe tamén unha referencia ética para as persoas externas que manteñen relacións de calquera ín-dole con Afundación. Comprometémonos a tra-

vés dos nosos órganos de dirección ao control exhaustivo do gasto e a actuar de boa fe nas rela-cións comerciais con provedores e contratistas. O articulado contempla tamén mecanismos de control e información, de xeito que todos os da-tos de interese público están permanentemente accesiblesna páxina web (www.afundacion.org).

CÓDIGO ÉTICO

Page 12: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

2322

EDUCACIÓN SUPERIORO camiño cara á excelencia

A Escuela de Negocios Afundación é unha das mil mellores do mundo na área de edu-cación superior, segundo a clasificación Edu-niversal. Nos seus dous campus, un en Vigo e outro na Coruña, fórmanse anualmente máis de 2000 estudantes, en cursos de longa du-ración, xornadas e seminarios.

É o centro mellor valorado por profesorado e alumnado entre todas as facultades da Uni-versidade de Vigo.

Este ano foi galardoada, entre outras distin-cións, co 2º premio de carácter nacional en Educación e Investigación pola Confedera-ción Española de Cajas de Ahorro e Actuali-dad Económica, que recoñecen os mellores proxectos levados a cabo por entidades xur-didas das obras sociais no ámbito de CECA, e o Premio Cantábrico Excelente.

A promoción da educación superior que desenvolve a escola substánciase en:

PROGRAMAS

Aula da Escuela de Negocios Afundación, Campus de Vigo

O fomento do emprendemento e o liderado

Nos mestrados da Escuela de Negocios Afundación, así coma nos programas especí-ficos in company solicitados polas empresas, formamos a profesionais capaces de: • Realizar unha xestión integrada.• Liderar equipos logrando una alta motiva-ción das persoas e desenvolvendo ao máxi-mo as súas competencias.

A innovación

Os novos mestrados reforzan a oferta educati-va introducindo nas aulas a formación:• Por competencias, máis alá dos contidos.• Modular, en que cada alumno/a faga un adestramento directivo acorde ás súas nece-sidades.• En liña, adaptada a cada estudante, con plena flexibilidade. O obxectivo é proporcionarlle ao alumnado as máximas facilidades para conci-liar os estudios coa vida laboral.

Unha traxectoria de experiencia 40 proxectos de investigación 35 libros publicados

+ de 52.000 estudantes+ de 250.000 horas de formación

+ 25 % de estudantes respecto ao curso anterior

Page 13: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

2524

A internacionalización

A escola renova e amplía convenios de cola-boración con universidades e outras escolas de negocios de referencia que permiten aos nosos estudantes desenvolver unha pers-pectiva internacional.

Mantéñense os acordos con universidades de Suíza, Gran Bretaña, Irlanda, Austria, Po-lonia, China, EE. UU., Canadá e Colombia.

Establecéronse as bases para a cooperación con institucións do Salvador, Francia, Guate-mala, Panamá, Ecuador e Perú, entre outros países.

Todos os nosos programas de longa dura-ción (grao e mestrados) incorporan forma-ción en ética y RSE (Responsabilidade Social Empresarial). Datos a novembro de 2015.

30 % de profesores e estu-dantes internacionais

28 % de estudantes latinoamericanos en MBA

+ 7600 empresas confían nos nosos titulados

450 docentes de prestixio nacional e internacional

Países cos que mantemos acordos

Page 14: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

2726

ENVELLECEMENTO ACTIVOParticipación social das persoas maiores

Nos nosos 11 centros de maiores traballamos na promoción de hábitos saudables, lecer creativo, fomento da cultura e da expresión artística, coñecemento e conexión con te-mas de actualidade e emerxentes.

Favorecemos a inclusión tecnolóxica dos maiores, a través de programas que van des-de a alfabetización informática básica ata a creación de blogs e o uso de redes sociais. Con isto buscamos desenvolver as súas ha-bilidades dixitais para que poidan gozar das potencialidades que ofrecen as TIC, obter in-formación, interacción social, realización de trámites, e-learning etc.

«O valor da experiencia»

As persoas maiores teñen moito que ofrecer á comunidade; a través deste programa propo-mos un intercambio de coñecementos e viven-cias entre maiores e xente moza.

«O valor da experiencia» foi distinguido co 2º premio en Acción Social por CECA e Actuali-dad Económica.

Estas son as iniciativas que emprendemos:Co motivo do Día das Letras Galegas, dedica-do en 2015 a Xosé Filgueira Valverde, socios e socias do centro de maiores de Ponteve-dra, coetáneos do intelectual, desenvolveron

o proxecto «Os maiores interpretan a Filgueira Valverde», unha teatralización sobre a súa vida e a súa achega á cultura que gozaron máis de 200 escolares.

O día 1 de outubro, Día Internacional das Per-soas Maiores, sumámonos á campaña de Na-cións Unidas #60+ COUNTS cunha acción de rúa en 11 localidades galegas. Socias e socios dos nosos centros invitaron a transeúntes a po-sar con mensaxes alusivos a favorecer un entor-no urbano sostible e amigable para cos maiores. Esta iniciativa tivo unha ampla repercusión, tan-to na rúa coma nas nosas redes sociais.

O ciclo «Nós tamén fomos emigrantes» está protagonizado por maiores que dialogan co alumnado de secundaria sobre un fenómeno transcendental da nosa historia: a emigración. As e os adolescentes achéganse e coñecen de primeira man as causas e consecuencias per-soais do éxodo, a través de testemuños direc-tos, afastados dos fríos datos dos libros de tex-to, un achegamento afectivo e enriquecedor para espertar unha nova mirada a un fenóme-no de plena actualidade tamén para eles.

«Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo»Benjamin Franklin

Page 15: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

2928

Centros de maiores Afundación

Ferrol

A Coruña

Vigo

Santiago

Betanzos

Monforte

Pontedeume

Lugo

Viveiro

Pontevedra

Ourense

164 maiores e 1000 mozos participantes en actividades interxeracionais

11.330 persoas asociadas+ 8,15 % con respecto a 2014

+ de 230 persoas maiores voluntarias

Datos a novembro de 2015.

Reducindo a brecha xeracional

Page 16: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

3130

Ofrecemos á sociedade sete edificios em-blemáticos, con céntricas situacións en cada unha das sete cidades galegas e caracterís-ticas arquitectónicas distintivas, multifun-cionais, cunha programación moi diversa de exposicións, concertos, cursos, obradoiros, ciclos de cinema etc. Catro bibliotecas, tres xerais e unha especializada en literatura in-fantil e xuvenil.

Promovemos a cultura como instrumento de desenvolvemento das persoas implemen-tando actividades que aportan unha maior compoñente didáctica, con parámetros de sostibilidade dando especial protagonismo ao noso propio patrimonio artístico.

As visitas comentadas, os textos en sala, os obradoiros didácticos, as charlas previas aos concertos de música clásica, contribúen a posibilitar unha mellor comprensión do feito cultural concreto e, por conseguinte, unha colectividade de persoas máis formadas.

CULTURA para o desenvolvemento das persoas, como fonte de aprendizaxe

Cuentacuentos en la sala de exposiciones de nuestra sede de Vigo

Artes escénicas e musicais

O teatro Afundación de Vigo é un escenario referente a nivel nacional para as compañías en xira e, por suposto, para as galegas. Este ano contamos con primeiras figuras da es-cena española, actrices e actores coma Lola Herrera, Héctor Alterio, María Galiana ou Juan Echanove, directores coma Gabriel Oli-vares ou Magüi Mira, obras coma El hijo de la novia, En el estanque dorado, Windermere Club ou Diez negritos. En canto á dramatur-xia galega, representáronse obras coma O crédito, con Pedro Alonso e Antonio Durán, Morris, e As do peixe, unha homenaxe ás mu-lleres traballadoras da industria conserveira.

No referente á música clásica, o noso teatro ofrece unha programación estable coas dúas grandes orquestras galegas, cuxo prestixio atrae a solistas internacionais coma o violon-chelista Nicolas Altstaedt, a pianista Beatriz Rana, o percusionista Colin Currie, a soprano Heidi Melton ou o violinista Massimo Spadano.

A cultura integra e enriquece

70 funcións escénicas50 proxeccións audiovisuais

55.000 asistentes a espectáculosescénico musicais

Datos a novembro de 2015.

Page 17: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

3332 Castelao, Regreso del indiano, 1918, Colección de Arte Afundación. Detalle.

Artes plásticas

A Colección de Arte Afundación foi decla-rada pola Xunta de Galicia Ben de Interese Cultural o 8 de outubro de 2015. Este reco-ñecemento vén a referendar o carácter tan representativo e destacado da nosa colec-ción en arte galego moderno e contempo-ráneo.

Dala a coñecer é un dos nosos obxectivos culturais prioritarios, especialmente en si-nerxía coa Colección de Arte ABANCA. Así o manifestan as exposicións «A fronteira in-finda: Os artistas galegos e a emigración nas coleccións ABANCA e Afundación» e «O bo-degón oculto. A natureza morta na arte con-temporánea galega», que percorreron este ano as nosas sedes de Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña.

Paralelamente, 19 obras da nosa colección dos artistas Álex Vázquez, Jenaro Carrero, Francisco Mantecón, Mario F. Granell, Fran-cisco Leiro, Teodomiro Avendaño, Mingos Teixeira, M.ª Antonia Dans e M.ª Victoria de la Fuente foron cedidas en préstamo para ex-posicións temporais organizadas por outras institucións galegas, o Museo de Pontevedra, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), o Kiosco Alfonso da Coruña, a Casa das Artes e a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo.

As mostras dedicadas a Antón Pulido, Carlos Maside e pintores de Pontevedra constatan o noso compromiso coa difusión da obra de creadores galegos. Para realizalas contamos coa colaboración de institucións coma o Concello de Pontevedra, o Concello de San-tiago de Compostela e a Xunta de Galicia.

60 exposicións nas principais cidades galegas

101.178 asistentes

327 persoas de media diaria

Page 18: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

3534 Exposición «Tradición, cambio e innovacion. Fondos da Colección de Arte ABANCA». Sede Afundación Vigo

Dinamización cultural

En Afundación dispomos dunha rede de edi-ficios emblemáticos nos centros das sete cidades, equipados e adaptados a dife-rentes usos para a máxima eficacia nas prestacións. O noso saber facer supón unha sinal de prestixio para os nosos colaborado-res. Por iso, somos tamén un dos principais dinamizadores culturais da comunidade.

1182 actividades organizadas por terceiros

112.584 asistentes 4 actos de media diaria

45 % de conferencias e obradoiros

30 % de congresos, reunións e xornadas

25 % de actividades culturais

Datos a novembro de 2015.

Page 19: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

3736Colección Arte de trobar, editada Polo Centro PEN de Galicia. o Premio de Poesía Afundación publícase en colaboración coa Xunta de Galicia e Afundación.

Premios literarios

Fomentamos a creación literaria con premios dedicados a xéneros minoritarios, como son o artigo xornalístico e a poesía.

Co Premio de Xornalismo Francisco Fernán-dez del Riego e o Premio de Periodismo Julio Camba distinguimos os mellores artigos de opinión en galego e en castelán, respecti-vamente, publicados nos medios durante o ano anterior. Contamos nestes premios coa colaboración do Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

O XXXVI Premio de Periodismo Julio Cam-ba foille concedido a Ignacio Camacho polo artigo «Betty». O XII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego, a Luís Pousa por «Galicias».

O Premio de Poesía Afundación, en colabo-ración co Centro PEN de Galicia e a Conse-llería de Cultura da Xunta, é un dos galardóns máis recoñecidos e mellor dotados para obras poéticas inéditas en galego. Na XIII edición foi galardoado Miguel Anxo Fernán Vello pola obra Duración da penumbra.

44 artigos presentados aos premios de xornalismo

43 orixinais presentados ao Premio de Poesía Afundación

Page 20: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

3938 Obradoiro infantil de cociña na Sede Afundación Santiago

Área educativa

Deseñamos contidos específicos adapta-dos ás diferentes actividades culturais. Deste modo, a educación convértese en liña trans-versal e fío condutor dos tres eixes nos que nos enfocamos.

Todas as exposicións en cada unha das ci-dades contan con visitas guiadas, fichas di-dácticas e obradoiros destinados a conseguir unha mellor comprensión do proceso ar-tístico, con diferentes niveis de información adaptados a grupos de escolares.

Con programas como «Quedamos no pal-co?» e os encontros que directores ou solis-tas de música clásica manteñen con estudan-tes e asistentes en xeral antes dos concertos, contribuímos á formación de públicos.

Ademais das artes escénicas e plásticas, tamén a arquitectura, a literatura, as ciencias ambientais ou a alimentación saudable se abordan en talleres lúdico-didácticos. Datos a novembro de 2015.

Pintafontes é a imaxe da área educativa Afundación

100.000 escolares asistentes400 colexios de toda Galicia

+ 10 % asistentes con respecto a 2014

Page 21: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

4140 Espectáculo de danza Nos meus zapatos, na Sede Afundación Pontevedra

Arte e inclusión

A cultura é a ferramenta de transformación social por excelencia, por iso provemos de canles de expresión como «Diversionarte», un novo programa que desafía os límites ex-plorando o papel da arte como instrumento comunicativo e de superación persoal. «Di-versionarte» promove prácticas de cultura inclusiva e fomenta a participación de per-

soas con capacidades diferentes en mani-festacións artísticas diversas. Para a primeira edición celebrada este ano escollemos un espectáculo de danza, Nos meus zapatos, concertos de pop e folk e a exposición foto-gráfica «Olladas da diversidade».

Rompemos barreiras

190 participantes con diversidade funcional

2 espectáculos de danza, 6 concertos de pop e folk

4 laboratorios de fotografía, unha exposición e un concurso

1331 persoas asistentes

Page 22: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

4342

O mecenado de ABANCA e a notable mello-ra na eficiencia das nosas actuacións, permi-tiron consolidar o proxecto e sentar as bases para a súa sostibilidade no tempo.

SOLIDEZ FINANCEIRA

Sede Afundación A Coruña

Solvencia e liquidez

AUTOFINANCIAMENTO

76 millóns de euros

245 millóns de euros

92 % con mecenado de ABANCA

Recursos líquidos

Patrimonio neto

Ratio de cobertura

do déficit anual*:

* Veces que os recursos líquidos cobren os fluxos

negativos de caixa estimados para o exercicio

2015

75 x

Datos a outubro de 2015.

29 MILLÓNS DE ORZAMENTO 201594 % destinado a actividades fundacionais

9 % Outros

38 % Cultura

35 % Educación superior

18 % Envellecemento activo

Page 23: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

4544

Afundación é a primeira fundación no seu ámbito de actuación nomeada de maneira espontánea e a primeira recoñecida entre o resto de fundacións que operan en Galicia.O labor de Afundación valórase cun notable. Con respecto á enquisa realizada en 2013, Afundación subiu un 0,63 na valoración do labor realizado, situándose nun 3,55 sobre 5.

POSICIONAMENTO DE AFUNDACIÓN

Interior do Teatro Afundación Vigo

da poboación considera necesariao o labor das fundacións90,3 %

A sociedade galega considera que as tres li-ñas estratéxicas de Afundación están entreas actuacións máis necesarias e nas que de-bemos centrar os nosos esforzos.

Resultados do Plan de Escoita. Datos obtidos dun total de 1600 enquisas realizadas nas oito localidades de maior poboación de Galicia ao longo de setembro de 2015.

As exposicións, os centros de maiores e as funcións nos teatros son as actividades máis coñecidas.

O servizo á sociedade, a nosa razón de ser

CENTROS DE MAIORES

ESCUELA DE NEGOCIOS

CENTROS DE FP

EXPOSICIÓNS

CENTROS DE MAIORES

ACTIVIDADES DOS TEATROS

PERSOAS MAIORES

FORMACIÓN

ARTE, CULTURA E PATRIMONIO

4,16 sobre 552,4 %53,4 %

4,14 sobre 541 %42 %

4,04 sobre 541 %32,3 %

+ coñecidas + valoradas+ necesarias

As actividades máis valoradas de Afundación son os centros de maiores, a Escuela de Negocios e os centros de FP.

Page 24: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

4746

Planificamos, emprendemos e avanzamos

Sementamos futuro para unha sociedade

máis informada, crítica e solidaria

Somos impulso social, educación, cultura

Somos a obra social galega

FUTURO

Page 25: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

Esta publicación rematouse de imprimir o 9 de

decembro de 2015

Depósito legal: C 2343-2015

Afundación co mecenado de Obra Social ABANCA

Page 26: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

50

Page 27: Construíndo o futuro Sentando as bases · Reconducimos o noso direccionamento estratéxico, así o recolle o noso Plan 2015-2019, co claro propósito de transformar e facer avanzar

afundacion.org