consellerÍa de economÍa e industria pendente publicación...

49
1 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación DOG AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta Lei, no seu capítulo III, establece o Plan Galego de investigación e innovación como instrumento fundamental de planificación e coordinación das políticas en materia de investigación, transferencia, valorización e innovación en Galicia. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan Galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (en diante, Plan I2C). O Plan I2C contempla dentro do eixo estratéxico 4 (Valorización do coñecemento) a liña de actuación 4.2, destinada a estimular a creación de Unidades Mixtas de Investigación entre organismos de investigación e empresas. Estas unidades mixtas son unha fórmula importante de achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de investigación e valorización conxuntas. Con esta liña de actuación preténdese incrementar o número de unidades mixtas en Galicia mediante convocatorias específicas de apoio á súa creación, posta en marcha e impulso das xa existentes, con vistas a acadar os seguintes obxectivos: RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Upload: others

Post on 20-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

1

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación DOG

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por

obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da

transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así

como da súa xestión eficiente. Esta Lei, no seu capítulo III, establece o Plan Galego de

investigación e innovación como instrumento fundamental de planificación e coordinación das

políticas en materia de investigación, transferencia, valorización e innovación en Galicia. O

Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan Galego

de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (en diante, Plan I2C).

O Plan I2C contempla dentro do eixo estratéxico 4 (Valorización do coñecemento) a liña de

actuación 4.2, destinada a estimular a creación de Unidades Mixtas de Investigación entre

organismos de investigación e empresas. Estas unidades mixtas son unha fórmula importante de

achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de

investigación e valorización conxuntas.

Con esta liña de actuación preténdese incrementar o número de unidades mixtas en Galicia

mediante convocatorias específicas de apoio á súa creación, posta en marcha e impulso das xa

existentes, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a

concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a organismos de

investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de

investigación e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Page 2: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

2

- Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se

convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i

- Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento

- Posta en valor dos grupos de investigación

- Aproximar os organismos de investigación á empresa

- Atraer a Galicia liñas de I+D+i

- Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado

As Unidades Mixtas de Investigación constitúen un dos instrumentos de desenvolvemento do

programa INNOVA EN GALICIA da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-

2020 (RIS3-Galicia). O citado programa está concibido para que o investimento público exerza de

elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación

galegos.

Mediante esta resolución convócanse, para o ano 2015, as axudas dirixidas aos organismos de

investigación de Galicia para incentivar a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas

de investigación que promovan as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema

Galego de Innovación a través do desenvolvemento conxunto de liñas de I+D+i de alto impacto.

As axudas concédense en función dunha serie de criterios que, de forma obxectiva valoran a

calidade científico-técnica, capacidade e características das unidades mixtas de investigación. Non

obstante, tendo en conta os plans territoriais de dinamización económica aprobados pola Xunta de

Galicia: Plan Impulsa-Lugo, Plan Impulsa-Ourense, Plan Revive Costa da Morte e Plan Ferrol,

que establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos, e dada a situación

económica actual en que as provincias de Lugo e Ourense e as comarcas da Costa da Morte e de

Ferrolterra se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das

Page 3: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

3

empresas existentes, así como por unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, é

tamén obxecto de valoración a constitución de unidades mixtas de investigación nas ditas áreas

xeográficas.

As axudas que se conceden, dado que están dirixidas a organismos de investigación de natureza

pública ou privada sen ánimo de lucro e destinadas exclusivamente ao financiamento de

actividades de I+D+i de carácter non económico, non teñen a consideración de axudas de Estado

para os efectos do apartado 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e do

Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación

(2014/C 198/01). En todo caso, os organismos de investigación beneficiarios quedan obrigados a

destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a

actuacións de I+d+i conforme ao establecido no artigo 2 do devandito marco comunitario.

As axudas poderán financiarse con cargo ao préstamo que a Administración Xeral do Estado

concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía y Competitividad para o

desenvolvemento en Galicia da Estratexia Española de Innovación.

Consecuentemente con todo o anterior, e en exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3

do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se

aproban os seus estatutos

DISPOÑO:

Artigo 1.- Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das

subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos organismos de investigación de

Page 4: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

4

Galicia para:

- A creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.

- O impulso á consolidación de unidades mixtas de investigación xa existentes.

Estas unidades mixtas concíbense como un instrumento favorecedor da cooperación entre os

organismos de investigación e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e

coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2015 en réxime de

publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A).

Artigo 2.- Financiamento.

1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo, nas que

existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o

ano 2015:

Aplicación orzamentaria

Ano 2015 Ano 2016 Ano 2017 Ano 2018 Total

08.A3.561A.781.0 300.000 € 2.100.000 € 2.200.000 € 1.900.000 € 6.500.000 €

08.A3.561A.703.0 5.000 € 250.000 € 200.000 € 195.000 € 650.000 €

08.A3.561A.744.0 40.000 € 400.000 € 400.000 € 360.000 € 1.200.000 €

08.A3.561A.743.0 5.000 € 250.000 € 200.000 € 195.000 € 650.000 €

Total 350.000 € 3.000.000 € 3.000.000 € 2.650.000 € 9.000.000 €

A distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que

deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sendo posible incluso a

incorporación de novas aplicacións, tendo en conta a natureza xurídica das entidades

beneficiarias sen incrementar o crédito total.

Page 5: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

5

Non obstante, poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración

de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2

do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13

de xuño, de subvencións de Galicia e, se fose o caso, logo da aprobación da modificación

orzamentaria que proceda.

2. As axudas poderán financiarse con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado

concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía y Competitividad para o

desenvolvemento da Estratexia Española de Innovación en Galicia.

Artigo 3.-Entidades beneficiarias.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos

establecidos na convocatoria, os organismos de investigación de Galicia que teñan constituída

unha unidade mixta de investigación cunha empresa. Tal e como se recolle no artigo 2.83) do

Regulamento (UE) nº 651/2014, considéranse organismos de investigación e difusión de

coñecementos as entidades, independentemente da súa personalidade xurídica (de Dereito público

ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de maneira

independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento

experimental ou difundir amplamente os resultados destas actividades mediante o ensino, a

publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo

tamén actividades económicas, o financiamento, os custes e os ingresos de ditas actividades

deberán contabilizarse por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia

decisiva en ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, poderán non

gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

Page 6: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

6

Así, no marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:

- Os Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia

- As Universidades do sistema universitario galego

- Os Centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas

- Os Centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía

- As Fundacións de investigación sanitaria de Galicia

- Outros organismos de investigación de Galicia

Artigo 4.-Requisitos das Unidades Mixtas de Investigación.

Para os efectos desta convocatoria enténdese constituída unha unidade mixta de investigación

cando se cumpren os seguintes requisitos:

1. Entidades participantes

A unidade mixta estará constituída por un único organismo de investigación dos sinalados no

artigo 3º e unha única empresa.

Excepcionalmente, poderá formar parte da unidade mixta unha segunda empresa cando exista

unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades

participantes na mesma. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán

pertencer ao mesmo grupo empresarial.

2. Áreas de investigación

A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) establece os retos

e prioridades de I+D+i en Galicia para ese período, polo que é requisito que as áreas de

investigación das unidades mixtas estean aliñadas con eses retos e prioridades.

Page 7: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

7

3. Constitución e duración das unidades mixtas

As unidades mixtas de nova creación acreditaranse mediante acordo escrito asinado entre as

partes. A data deste acordo non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2015 nin posterior ao prazo

de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da

correspondente resolución de concesión. Esta data marcara o inicio do período mínimo de

duración de 3 anos da unidade mixta.

As unidades mixtas xa existentes acreditaranse mediante o acordo escrito asinado entre as partes

con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015, acompañado do compromiso de impulso-consolidación

da unidade. A data de sinatura deste compromiso non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2015

nin posterior ao prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario

Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. Esta data marcara o inicio do

período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta.

4. Localización

A unidade mixta deberá estar fisicamente diferenciada das entidades que nela participan e

localizada en Galicia.

5. Orzamento mínimo da unidade mixta

O orzamento mínimo da unidade mixta deberá de ser de 2.000.000 de euros para un marco

temporal de 3 anos.

Nas unidades mixtas de investigación do sector biosanitario, un 20% do orzamento poderá estar

constituído por achegas procedentes de ensaios clínicos.

A achega da empresa ao orzamento da unidade mixta deberá cumprir os seguintes requisitos:

Page 8: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

8

- Ter un importe mínimo de 1.000.000 € para un marco temporal de 3 anos.

- Ter un valor medio mínimo do 40% do orzamento total da unidade para un marco temporal

de 3 anos.

Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de

concesión. No caso de que á finalización da duración da unidade mixta de investigación se

comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten como mínimo os límites

sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da

unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes

requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das

actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento mínimo da unidade mixta 1.500.000,00 €

Achega da empresa ao orzamento da unidade mixta 750.000,00 € e

40% do orzamento total da Unidade Mixta

Non obstante, aplicarase a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 25

(Graduación dos incumprimentos, reintegros e sancións).

6. Modalidades da achega da empresa ao orzamento da unidade mixta.

A achega da empresa ao orzamento da unidade mixta poderá ser do tipo:

a) Monetaria: Transferencias ao organismo de investigación para actividades da

unidade mixta de investigación.

O importe de ditas transferencias será destinado polo organismo de investigación

ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e poderá incluír os

seguintes tipos de gasto:

Page 9: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

9

1.Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e

cando o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das

actividades da unidade mixta. Dentro dos custos de persoal poderá incluírse persoal

de nova contratación que contrate o organismo de investigación para a realización,

con carácter exclusivo (100%), de actividades da unidade mixta e que no momento

da contratación non teña vinculación laboral co organismo de investigación e non a

tivera coa empresa integrante da unidade mixta no último ano e custos de persoal

propio do organismo de investigación, unicamente cando este persoal teña unha

dedicación anual do 50% ás actividades da unidade mixta.

No caso dos organismos públicos de investigación, das universidades públicas, ou

en xeral dos organismos públicos con orzamentos consolidables, non se

considerarán os custos do persoal fixo que xa estean cubertos polas dotacións

previstas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou nas Leis de Orzamentos da

Comunidade Autónoma.

2.Adquisición, actualización e mantemento de equipamento científico-tecnolóxico

indispensable para a realización das actividades da unidade mixta.

Dentro deste apartado considerárase:

- A adquisición de equipos novos de carácter científico e técnico e que vaian a

utilizarse en para actividades de I+D+i.

- A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a

súa posta en funcionamento.

- As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as

actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.

Page 10: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

10

- O mantemento de equipos con un custe mínimo de adquisición de 12.000 euros

sen IVE (ao valor de compra dos aparatos aplicaráselle un 10% anual de

amortización, reducíndose por tanto o seu custe real actual en dita porcentaxe).

Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 5% da achega monetaria

da empresa e na porcentaxe de dedicación real ás actividades da unidade mixta.

Neste apartado non se considerarán os seguintes gastos:

-Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomuicacións...)

e as que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamentro

científico e técnico.

- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta,

como zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario

de oficina...

- Licenzas de software xeral.

No caso de adquisición de bens de equipamento cun custo superior aos 18.000

euros será necesario presentar tres ofertas nos termos recollidos no artigo 22º desta

resolución.

Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

− Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao

remate do contrato de leasing.

− Soamente serán considerados os custos na medida e durante o período que

se dediquen as actividades da unidade mixta.

− As cotas de arrendamento deberán comezar con posterioridade á data de

inicio do período mínimo de duración da unidade mixta prevista no artigo

Page 11: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

11

4.3 desta convocatoria e só se poden imputar as cotas pagadas dentro do

período de xustificación establecido nesta resolución.

3. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento das

actividades da unidade mixta debidamente xustificados. Consideraranse servizos

tecnolóxicos externos aquelas actividades prestadas por terceiros de forma puntual,

tales como: análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación,

estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos

equivalentes.

4. Adquisición de patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á

unidade mixta de investigación a prezos de mercado, sempre e cando a operación se

realizase en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.

5. Material funxible. Poderanse imputar os gastos de materiais directamente

derivados das actividades da unidade mixta de investigación. Os gastos de material

de oficina e consumibles informático non se engloban neste concepto por ter a

consideración de gastos xerais.

6. Subcontratacións con outros organismos de investigación ou outras empresas non

vinculadas aos integrantes da unidade mixta agás as excepcións contempladas no

artigo 21 desta convocatoria, relacionadas exclusivamente con actividades da

unidade mixta, sempre e cando ditas actuacións contratadas a terceiros non supoñan

a execución total da actividade que constitúe o obxecto da mesma. As

subcontratacións non poderán superar o 50% da achega monetaria da empresa e

Page 12: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

12

deberán estar debidamente pormenorizadas e xustificadas, estando sometidas ao

cumprimento dos requisitos establecido no artigo 21 desta convocatoria.

7. Gastos estruturais coa finalidade de axustar os custes reais das actividades

realizadas na unidade mixta de investigación, cos fondos achegados pola empresa

integrante da unidade, aos prezos de mercado. Estes custes poderán ser imputados

co límite do 20% da achega monetaria da empresa e sen necesidade de

xustificación.

8. Actuacións de promoción e difusión da unidade mixta de investigación. Estes

gastos poderán ser imputados co límite máximo do 5% da achega monetaria da

empresa.

9. Custos de formación do persoal adscrito á unidade mixta de investigación

(inscrición, matrícula, desprazamentos, contratación entidade docente no caso de

formación específica contratada polo organismo de investigación especificamente

para a unidade mixta...)

10. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no

desenvolvemento das liñas de investigación da unidade mixta e exclusivamente

para o persoal adscrito á mesma.

b) En especie:

- Persoal adicional científico-técnico para actividades de I+D+i contratado

pola empresa para desenvolver a súa actividade nas dependencias da

unidade mixta e que no momento da contratación non teña vinculación

Page 13: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

13

laboral coa empresa nin a tivese no último ano. Anualmente, este persoal

deberá ter unha dedicación mínima ás actividades da unidade mixta do

50%.

- Persoal propio científico-técnico da empresa desprazado a Galicia para

desenvolver a súa actividade nas dependencias da unidade mixta e que

durante o último ano tivera o seu centro de traballo fóra da comunidade

autónoma galega. Anualmente, este persoal deberá ter unha dedicación

mínima ás actividades da unidade mixta do 25%.

- Equipamento e material instrumental de nova adquisición, indispensable

para a realización das actividades da unidade mixta, co límite do 25% da

achega da empresa.

- Material funxible. Poderanse imputar os gastos de materiais directamente

derivados das actividades da unidade mixta de investigación, co límite do

15% da achega da empresa. Os gastos de material de oficina e consumibles

informático non se engloban neste concepto por ter a consideración de

gastos xerais.

- Subcontratacións con organismos de investigación/empresas non vinculadas

aos integrantes da unidade mixta, precisas para o desenvolvemento das

actividades da mesma. As subcontratacións non poderán superar o 25% da

achega da empresa e deberán estar debidamente pormenorizadas e

xustificadas.

A achega da empresa non poderá proceder doutras axudas recibidas da Xunta de Galicia ou

cofinanciadas pola mesma.

7. Achega do organismo de investigación ao orzamento da unidade mixta de investigación.

Page 14: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

14

Esta achega poderá ser do tipo:

a) Persoal adicional científico-técnico para actividades de I+D+i contratado polo organismo

de investigación para desenvolver a súa actividade nas dependencias da unidade mixta e

que no momento da contratación non teña vinculación laboral co organismo de

investigación e non a tivera coa empresa integrante da unidade mixta no último ano.

b) Persoal propio científico-técnico do organismo de investigación que desenvolvera a súa

actividade nas dependencias da unidade mixta. No caso dos organismos públicos de

investigación, das universidades públicas, ou en xeral dos organismos públicos con

orzamentos consolidables, non se considerarán os custos do persoal fixo que xa estean

cubertos polas dotacións previstas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou nas Leis de

Orzamentos da Comunidade Autónoma.

c) Adquisición, actualización e mantemento de equipamento científico-tecnolóxico

indispensable para a realización das actividades da unidade mixta.

Dentro deste apartado considerárase:

- A adquisición de equipos novos de carácter científico e técnico e que vaian a utilizarse

en para actividades de I+D+i.

- A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa

posta en funcionamento.

- As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as

actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.

- O mantemento de equipos con un custe mínimo de adquisición de 12.000 euros sen IVE

(ao valor de compra dos aparatos aplicaráselle un 10% anual de amortización,

reducíndose por tanto o seu custe real actual en dita porcentaxe). Estes gastos poderán ser

imputados co límite máximo do 5% da achega do organismo de investigación e na

porcentaxe de dedicación real ás actividades da unidade mixta.

Page 15: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

15

Neste apartado non se considerarán os seguintes gastos:

-Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as

que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e

técnico.

- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como

zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...

- Licenzas de software xeral.

No caso de adquisición de bens de equipamento cun custo superior aos 18.000 euros será

necesario presentar tres ofertas nos termos recollidos no artigo 22º desta resolución.

Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

− Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao

remate do contrato de leasing.

− Soamente serán considerados os custos na medida e durante o período que se

dediquen as actividades da unidade mixta.

− As cotas de arrendamento deberán comezar con posterioridade á data de inicio do

período mínimo de duración da unidade mixta prevista no artigo 4.3 desta

convocatoria e só se poden imputar as cotas pagadas dentro do período de

xustificación establecido nesta resolución.

d) Subcontratacións con organismos de investigación/empresas non vinculadas aos

integrantes da unidade mixta agás as excepcións contempladas no artigo 21 desta

convocatoria, precisas para o desenvolvemento das actividades da mesma. As

subcontratacións non poderán superar o 20% da achega do organismo de investigación e

Page 16: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

16

deberán estar debidamente pormenorizadas e xustificadas, estando sometidas ao

cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 21 desta convocatoria.

A achega do organismo de investigación non poderá proceder doutras axudas recibidas da Xunta

de Galicia ou cofinanciadas pola mesma.

Artigo 5.-Conceptos subvencionables

Terán a consideración de gastos subvencionables, con cargo á axuda concedida pola Axencia

Galega de Innovación, aqueles realizados polo organismo de investigación para as actividades da

unidade mixta e que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente

necesarios para o desenvolvemento das actuacións para as que foron concedidos. En ningún caso o

custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Poderán ser obxecto de axuda os seguintes tipos de custos:

1. Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e cando o

tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das actividades da

unidade mixta. Dentro dos custos de persoal poderá incluírse persoal de nova contratación

que contrate o organismo de investigación para a realización, con carácter exclusivo

(100%), de actividades da unidade mixta e que no momento da contratación non teña

vinculación laboral co organismo de investigación e non a tivera coa empresa integrante da

unidade mixta no último ano. Serán subvencionables os custos de persoal propio do

organismo de investigación, unicamente cando este persoal teña unha dedicación mínima

anual do 50% ás actividades da unidade mixta

No caso dos organismos públicos de investigación, das universidades públicas, ou en xeral

dos organismos públicos con orzamentos consolidables, non se subvencionarán os custos

Page 17: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

17

do persoal fixo que xa estean cubertos polas dotacións previstas na Lei de Orzamentos

Xerais do Estado ou nas Leis de Orzamentos da Comunidade Autónoma.

2. Adquisición, actualización e mantemento de equipamento científico-tecnolóxico

indispensable para a realización das actividades da unidade mixta.

Dentro deste apartado considerárase:

- A adquisición de equipos novos de carácter científico e técnico e que vaian a utilizarse

en para actividades de I+D+i.

- A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa

posta en funcionamento.

- As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as

actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.

- O mantemento de equipos con un custe mínimo de adquisición de 12.000 euros sen IVE

(ao valor de compra dos aparatos aplicaráselle un 10% anual de amortización,

reducíndose por tanto o seu custe real actual en dita porcentaxe). Estes gastos poderán ser

imputados co límite máximo do 5% da axuda concedida pola Axencia Galega de

Innovación e na porcentaxe de dedicación real ás actividades da unidade mixta.

Neste apartado non se considerarán os seguintes gastos:

-Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as

que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e

técnico.

- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como

zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...

- Licenzas de software xeral.

No caso de adquisición de bens de equipamento cun custo superior aos 18.000 euros será

necesario presentar tres ofertas nos termos recollidos no artigo 22º desta resolución.

Page 18: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

18

Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

− Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao

remate do contrato de leasing.

− Soamente serán considerados os custos na medida e durante o período que se

dediquen as actividades da unidade mixta.

− As cotas de arrendamento deberán comezar con posterioridade á data de inicio do

período mínimo de duración da unidade mixta prevista no artigo 4.3 desta

convocatoria e só se poden imputar as cotas pagadas dentro do período de

xustificación establecido nesta resolución

3. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento das actividades da

unidade mixta debidamente xustificados. Consideraranse servizos tecnolóxicos externos

aquelas actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como: análises e ensaios

de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades

complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes.

4. Adquisición de patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á unidade

mixta de investigación a prezos de mercado, sempre e cando a operación se realizase en

condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.

5. Material funxible. Poderanse imputar os gastos de materiais directamente derivados das

actividades da unidade mixta de investigación. Os gastos de material de oficina e

consumibles informáticos non se financiarán neste concepto por ter a consideración de

gastos xerais.

Page 19: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

19

6. Subcontratacións con outros organismos de investigación ou outras empresas non

vinculadas aos integrantes da unidade mixta agás as excepcións contempladas no artigo 21

desta convocatoria, relacionadas exclusivamente con actividades da unidade mixta, sempre

e cando ditas actuacións contratadas a terceiros non supoñan a execución total da

actividade que constitúe o obxecto da mesma. As subcontratacións non poderán superar o

50% da axuda concedida pola Axencia Galega de Innovación e deberán estar debidamente

pormenorizadas e xustificadas, estando sometidas ao cumprimento dos requisitos

establecidos no artigo 21 desta convocatoria.

7. Gastos xerais da unidade mixta debidamente xustificados que teñan por obxecto garantir o

funcionamento da mesma (consumo eléctrico, consumo de auga, teléfono, internet…).

Estes gastos deberán ser imputados na parte que razoablemente corresponda ata un

máximo do 4% do orzamento da unidade mixta de acordo cos principios e normas de

contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida na que tales custos

correspondan ao período no que efectivamente se realicen as actividades.

8. Actuacións de promoción e difusión da unidade mixta de investigación. Estes gastos

poderán ser imputados co límite máximo do 5% da axuda concedida.

9. Custos de formación do persoal adscrito á unidade mixta de investigación (inscrición,

matrícula, desprazamentos, contratación entidade docente no caso de formación específica

contratada polo organismo de investigación especificamente para a unidade mixta...)

10. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento

das liñas de investigación da unidade mixta e exclusivamente para o persoal adscrito á

mesma.

Page 20: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

20

Artigo 6.- Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario

normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo

co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns

aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o

desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela

dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de

Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica

da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares

e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario

normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na páxina web da Axencia

Galega de Innovación http://gain.xunta.es.

2.- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da

publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación.

Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se

no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo

expira o derradeiro día do mes.

Artigo 7.- Documentación.

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberán presentarse os seguintes documentos:

Page 21: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

21

a) Anexo I. Solicitude. No anexo I inclúense as seguintes declaracións responsables:

1. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para o

mesmo fin por outras administracións ou entes públicos ou privados.

2. Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se

presentan son certos.

3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no

artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a

obtención de axudas prevista nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de

xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das

circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de

subvencións, conforme ao artigo 10.2.º g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de

Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto

11/2009, do 8 de xaneiro.

6. Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta

bancaria na que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é

o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012

pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na

Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.

b) Anexo III. Memoria da unidade mixta de investigación

Con independencia da información adicional que se desexe incluír na memoria da unidade

mixta de investigación, esta recollerá o contido, tanto de carácter científico-técnico como

económico, descrito a continuación:

- Identificación das entidades participantes na unidade mixta.

Page 22: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

22

- Antecedentes e experiencia das entidades participantes na unidade mixta en relación coas

liñas de investigación da unidade

- Duración da unidade mixta (como mínimo 3 anos)

- Descrición da/s liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade mixta

- Importancia para a Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orzamento completo e desagregado da unidade mixta previsto para o período de vixencia

da mesma, no que se detallen as achegas anuais de cada unha das entidades participantes e

a planificación anual (tendo en conta que para a duración mínima de 3 anos da unidade

mixta o orzamento mínimo total da unidade será de 2.000.000 € respectando as achegas

mínimas das partes)

- Definición dos compromisos que adquire cada unha das entidades participantes na unidade

mixta nos diferentes ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.

c) Orixinal ou copia compulsada do acordo de constitución da unidade mixta asinada polas

entidades participantes nela.

Ao abeiro do artigo 4.3 desta convocatoria, as unidades mixtas de nova creación que non teñan

asinado o acordo de constitución no momento de presentación da solicitude de axuda polo

organismo de investigación deberán presentar unha declaración asinada polas entidades

participantes na que manifestan a súa intención de constituír a unidade mixta atendendo aos

requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria sinalado no punto anterior.

As unidades mixtas xa existentes deberán acompañar ao acordo de constitución un compromiso de

impulso-consolidación da unidade que estará asinado polas partes. Ao abeiro do artigo 4.3 desta

convocatoria, as unidades mixtas que non teñan asinado o citado compromiso no momento de

presentación da solicitude de axuda polo organismo de investigación deberán presentar unha

declaración asinada polas entidades participantes na que manifestan a súa intención de impulsar e

Page 23: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

23

consolidar a unidade mixta atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria

sinalado no punto anterior.

O acordo de constitución ou o compromiso de impulso-consolidación deberá conter, como

mínimo, a seguinte información:

- Características e obxectivos da unidade.

- Descrición da/s liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade.

- Duración da unidade mixta, que non poderá ser inferior a 3 anos, aos efectos desta

convocatoria.

- Definición dos compromisos que adquire cada participante da unidade mixta nos diferentes

ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.

Este acordo/compromiso de impulso-consolidación poderá ser modificado ao longo da súa

vixencia, sempre e cando os cambios non afecten a aspectos tidos en conta para a concesión

das axudas. Calquera modificación das condicións establecidas no acordo/compromiso

orixinal deberá ser autorizado pola Axencia Galega de Innovación.

Os anexos I (solicitude), II (Declaración axudas a presentar coa xustificación da subvención;

artigo 22) e III (Memoria) estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia

http://sede.xunta.es ou na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.es.

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente ao formulario principal, a

persoa interesada deberá achegar o código do procedemento, órgano responsable, número de

expediente e número ou código único de rexistro.

Page 24: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

24

3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera

procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas

presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou

representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo

da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de

xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2

de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de

Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos

lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que

exista constancia de que sexan auténticas.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de

modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa,

que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

Artigo 8.- Información aos interesados.

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código indicado no artigo 1, poderase obter

información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es), na súa epígrafe de

axudas.

Page 25: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

25

b) No teléfono 981541096 da devandita Axencia.

c) No enderezo electrónico [email protected].

d) Persoalmente

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.es

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de

información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de

Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de

Subvencións e dos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro,

de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 9.- Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De conformidade co artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a

presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización

ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da

Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en

materia de economía e facenda da Xunta de Galicia. Non obstante o solicitante poderá denegar

expresamente, na solicitude, o seu consentimento. No caso de que o solicitante denegue

expresamente a autorización para acceder á dita información, deberá achegar coa solicitude, os

certificados acreditativos, que deberán estar en vigor, de estar ao día nas seguintes obrigas: coa

Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa

Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,

que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable

de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter

Page 26: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

26

pendente ningunha outra débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma de

Galicia.

No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a

consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos

certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo

órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

3. Así mesmo, conforme ao establecido no apartado f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo

común, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os documentos

esixidos que xa estean en poder da Administración actuante non deberán ser achegados coa

solicitude, sempre que na mesma se faga constar a data e o órgano ou a dependencia na que foron

presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a

finalización do procedemento a que corresponda.

No suposto de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá

requirirlle á entidade solicitante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros

medios dos requisitos ao que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta

de resolución.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas

prácticas na Administración Pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo,

polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de

decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Axencia

Galega de Innovación publicará na súa web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das

axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como

consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a

presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos

beneficiarios e a referida publicidade.

Page 27: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

27

Artigo 10.-Datos de carácter persoal.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de

carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e

publicación autorízase polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán

incluídos nun ficheiro denominado Unidades Mixtas de Investigación 2015 cuxo obxecto é

xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu

desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega de Innovación. Os

dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia

Galega de Innovación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Rúa dos

Feáns, 7 baixo – 15705 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a

[email protected]

Artigo 11.-Instrución do procedemento e tramitación.

A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución

do procedemento de concesión das subvencións. Corresponderalle ao director da Axencia Galega

de Innovación ditar a resolución de concesión.

1. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, requirirase ao

interesado mediante anuncio publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación

(http://gain.xunta.es), para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os

documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o

fixese, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, de acordo co

artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Se a instrución do procedemento o aconsellara, o órgano competente poderá substituír esta

publicación na web pola notificación individualizada.

Page 28: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

28

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante mediante

notificación individualizada, conforme o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para

que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a

tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que

reúna todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos

á comisión de valoración.

4. Os expedientes que non cumpran as esixencias contidas nestas bases ou na normativa de

aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán a disposición do órgano

instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na que se indicarán as

causas desta.

5. O non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou

calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen

prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 12.-Comisión de valoración.

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes,

de acordo coa valoración realizada por expertos atendendo aos criterios fixados no artigo

seguinte, e emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a

contía da axuda proposta.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

1. Presidencia: un/unha director/a de área da Axencia Galega de Innovación ou persoa

en quen delegue.

2. Secretaría: un funcionario ou funcionaria da Axencia Galega de Innovación.

3. Tres vogais designados polo director da Axencia Galega de Innovación.

Page 29: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

29

3. No informe que elabore a comisión de valoración figurarán, de xeito individualizado, as

solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles

corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o

importe da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible e tendo a

intensidade de axuda prevista no artigo 14 desta convocatoria.

4. A comisión de valoración para a realización do seu labor poderá solicitar todos os informes

técnicos que considere precisos e emitirá unha acta na que se concrete o resultado da

selección efectuada.

Artigo 13.-Criterios de valoración e selección.

A valoración de cada solicitude que reúna os requisitos esixidos nesta convocatoria realizarase por

expertos sobre un total de 100 puntos que se outorgarán segundo os criterios de valoración, que

servirán de base para a determinación da preferencia na concesión das subvencións, que se

indican:

- Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 40 puntos):

1. Obxectivos. Valorarase a calidade, contido e orixinalidade na formulación dos

obxectivos. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa (máximo 15

puntos).

a. Obxectivos xerais da unidade mixta. Descrición obxectiva e concreta da finalidade

da unidade mixta (máximo 7,5 puntos)

b. Obxectivos específicos da unidade mixta. Especificacións ou pasos a realizar para

acadar os obxectivos xerais (máximo 7,5 puntos)

2. Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución

dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 10 puntos).

a. Descrición de fases e actividades. Metas previstas (máximo 4 puntos)

b. Dirección e coordinación dos traballos (máximo 3 puntos)

Page 30: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

30

c. Cronograma (máximo 3 puntos)

3. Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 7,5 puntos)

a. Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 4 puntos).

b. Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 3,5

puntos)

4. Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 7,5 puntos).

a. Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 4 puntos).

b. Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 3,5 puntos)

- Características dos integrantes da unidade mixta: capacidade técnica, antecedentes,

complementariedade (máximo 10 puntos).

1. Antecedentes e experiencia nas liñas de investigación/innovación das entidades

participantes da unidade mixta (máximo 3 puntos)

2. Complementariedade científico-técnica das entidades participantes para o

desenvolvemento dos obxectivos da unidade mixta (máximo 3 puntos)

3. Capacidade técnica das entidades participantes nas liñas de investigación da unidade

mixta/valoración da calidade e traxectoria científico-técnica do equipo humano

integrante da unidade mixta (máximo 4 puntos)

- Definición e presentación de proxectos en Horizonte 2020 e outros programas

internacionais.

1. Capacidade da unidade mixta para presentar proxectos en Horizonte 2020 e outros

programas internacionais. Valorarase a experiencia dos integrantes da unidade

mixta na elaboración de propostas neste tipo de convocatorias (máximo 5 puntos)

2. Resultados obtidos con éxito nos últimos 5 anos. Valorarase con un punto cada

proxecto concedido neste tipo de programas ata un máximo de 5 puntos.

- Desenvolvemento de novas tecnoloxías e impacto tecnolóxico (máximo 15 puntos).

Page 31: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

31

1. Efecto tractor sobre a cadea de valor. Valorarase a capacidade de arrastre da

unidade mixta no seu ámbito (máximo 7,5 puntos)

2. Impacto científico-tecnolóxico dos resultados previstos sobre o sector de actividade

da unidade mixta (máximo 7,5 puntos)

- Impacto socioeconómico da unidade mixta (máximo 25 puntos).

1. Interese socioeconómico da unidade mixta atendendo ao estado actual da arte

(máximo 5 puntos)

2. Xeración de emprego. Valorarase con 1 punto cada emprego xerado ata un máximo

de 5 puntos.

3. Grao de aliñamento da proposta coas prioridades e retos da RIS3 Galicia tendo en

conta o seu contido innovador (máximo 15 puntos)

Aquelas unidades mixtas nas que participen organismos de investigación localizados nas

provincias de Lugo ou Ourense así como nas comarcas de Ferrolterra e Costa da Morte terán un

5% adicional por encima da base total de puntuación que é posible alcanzar.

A comisión de valoración considerará financiables as solicitudes que acaden unha puntuación

mínima total igual ou superior a 60 puntos. Proporase a concesión das solicitudes por orde

decrecente ata esgotar os créditos dispoñibles, quedando, de ser o caso, como suplentes aquelas

para as cales non se dispón de crédito suficiente pero que acadaron unha puntuación igual ou

superior a puntuación mínima indicada.

Artigo 14.-Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvención para un marco temporal de 3 anos,

establecéndose unha intensidade media de axuda dun 30% do orzamento total da unidade mixta.

Page 32: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

32

2. A axuda da Axencia Galega de Innovación non superará o importe máximo de 1.500.000 €

3.As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán

incompatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, agás as achegas realizadas polas

entidades participantes na Unidade Mixta previstas nesta convocatoria.

Artigo 15º.-Audiencia.

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase

de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e

presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite ao que se refire o apartado anterior cando non figuren no

procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou

probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 16.-Resolución e notificación.

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución

e o informe emitido pola comisión de valoración ao director da Axencia Galega de Innovación

para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando

menos, o beneficiario, así como a subvención concedida ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que

vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento

establecido nestas bases reguladoras.

No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no que conste

que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os

requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 5

Page 33: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

33

meses, contados a partir da súa publicación. De non mediar resolución expresa no dito prazo

mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os

solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3.Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) desa lei, a

notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario

Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.es, con indicación da data da convocatoria,

do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

4.No prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de

concesión o interesado deberá achegar o acordo de constitución/compromiso de impulso-

consolidación previsto no artigo 6º desta convocatoria, asinado polas entidades nelas

participantes, agás que fose presentado coa solicitude de axuda. Transcorrido ese prazo, en

ausencia de contestación, o beneficiario perderá o dereito a percepción da subvención e

tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na Lei 9/2007,

do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no regulamento do citado texto legal.

Artigo 17.- Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer axustándose aos modelos que se publicarán na

web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es), así como por calquera outro

medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.O director da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente

resolución nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Page 34: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

34

Artigo 18.-Réxime de recursos.

Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados

poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada

no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou

de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto,

perante o presidente da Axencia Galega de Innovación , segundo o disposto nos artigos 114 e

115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

Artigo 19.- Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionables deben executarse no termo e forma aprobados que se

recollen nas resolucións de concesión. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que

alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, o

órgano concedente poderá modificar a resolución de concesión.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención así como a

obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou

entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da

resolución de concesión.

3. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión a instancia do beneficiario,

sempre que este presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de

finalización do prazo de xustificación desa anualidade e se cumpran os seguintes

requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación da actividade subvencionable estea

comprendida dentro da finalidade e dos requisitos das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

Page 35: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

35

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren

concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención.

d) Que non sexan tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer

no momento en que se ditou a resolución tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. A solicitude de modificación deberá motivar os cambios que se propoñen e debe xustificar

a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

5. En ningún caso se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude

de modificación.

6. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado logo da

instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado. A

autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao

interesado.

Artigo 20.- Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de

subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución

quedan obrigados a:

a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de

incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade

Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de

fiscalización e control.

c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas e

ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación

deberá efectuarse tan pronto como se coñeza.

d) Desenvolver as actividades da unidade mixta en Galicia.

Page 36: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

36

e) Situar as dependencias da unidade mixta en Galicia, fisicamente diferenciadas das

entidades que nela participan.

f) Presentar o acordo de constitución da unidade mixta, no caso de unidades de nova

creación, ou o compromiso de impulso-consolidación, no caso de unidades xa existentes,

no prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no

Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión, agás que fose

presentado coa solicitude de axuda.

g) Destinar o material inventariable ao fin concreto para o que se concedeu a subvención

segundo o disposto no artigo 29 da Lei 9/2007, fixándose a estes efectos o período de

afección dos bens respectivamente en cinco anos para os bens inscribibles nun rexistro

público, e dous para os restantes bens.

h) Facer constar expresamente a axuda prestada pola Axencia Galega de Innovación e o

Ministerio de Economía y Competitividad no marco da Estratexia Española de Innovación

en Galicia, en todo o material de execución, información e publicidade das actividades da

unidade mixta.

i) A realización, con carácter anual, de como mínimo unha actividade de promoción e

difusión da unidad mixta na que se difunda as experiencias de colaboración

(singularidades, capacidades e fortalezas) e os avances realizados e resultados obtidos a

través da figura das unidades mixtas así como o apoio da Axencia Galega de Innovación e

o Ministerio de Economía y Competitividad no marco da Estratexia Española de

Innovación en Galicia

Artigo 21.- Normativa aplicable ao organismo de investigación beneficiario en materia de

subcontratación.

Page 37: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

37

1. Será de aplicación ao organismo de investigación beneficiario o disposto nos artigos 27 da Lei

9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei

9/2007.

2. Enténdese por subcontratación cando se concerta con terceiros a execución total ou parcial da

actividade que constitúa o obxecto da subvención.

3. Non se poderá subcontratar entre as entidades integrantes da Unidade Mixta de Investigación.

4. Os beneficiarios das axudas reguladas nesta convocatoria poderán subcontratar as actividades

da unidade mixta, respectando os limites máximos que para as diferentes achegas ao orzamento da

unidade (achega organismo de investigación, investimento da achega monetaria da empresa e

axuda de GAIN) están establecidos na presente convocatoria.

5. Cando a actividade concertada con terceiros exceda do 20 % do importe das achegas indicadas e

o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento

dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente a Axencia Galega de Innovación.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento

dos requisitos esixidos no parágrafo anterior.

6. En ningún caso o beneficiario poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunhas das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei

9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade

obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores nos que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo

total da operación, agás que o dito pagamento este xustificado con referencia ao valor de mercado

do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes de axuda na mesma convocatoria que non obtivesen

Page 38: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

38

subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do

Decreto 11/2009, sen prexuízo da excepción regulada no parágrafo seguinte en relación coas

entidades vinculadas.

Excepcionalmente, en aplicación do artigo 27.7 da Lei de subvencións de Galicia, a Axencia

Galega de Innovación poderá autorizar a subcontratación de entidades vinculadas co organismo de

investigación beneficiario cando sexa imprescindible para a execución das actividades da Unidade

Mixta e sempre que se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

Artigo 22.-Xustificación da subvención.

1.- Para a xustificación, o organismo de investigación beneficiario da axuda utilizara os

formularios normalizados dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación

(http://gain.xunta.es).

2.- Prazos de xustificación

Prazos de presentación da documentación

Ano 2015 31 de outubro de 2015

Ano 2016 31 de outubro de 2016

Ano 2017 31 de outubro de 2017

Ano 2018 31 de outubro de 2018

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos

executados:

Page 39: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

39

Ano 2015

Unidades mixtas de nova creación: Desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (artigo 4.3) ata 31 de outubro de 2015

Unidades mixtas xa existentes: Desde a data de sinatura do compromiso de impulso/consolidación da unidade mixta (artigo 4.3) ata 31 de outubro de 2015

Ano 2016 Desde o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de outubro de 2016

Ano 2017 Desde o 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017

Ano 2018 Desde o 1 de novembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018

3.- Documentación:

3.1) Científico-técnica das actividades desenvolvidas, formada pola documentación abaixo

indicada:

a) Informe científico-técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia

Galega de Innovación (http://gain.xunta.es).

b) Memoria libre sobre a execución e evolución das actividades da unidade mixta

Tanto o informe científico-técnico como a memoria deberán presentarse acompañados dunha

copia en formato pdf e en soporte CD.

3.2) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade,

utilizando o modelo que aparece como anexo II a esta resolución e que está dispoñible na sede

electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.es e na páxina web da Axencia Galega de

Innovación http://gain.xunta.es. De ser o caso, deberá achegarse unha copia simple da resolución

da concesión desas outras axudas.

Page 40: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

40

3.3) Certificados acreditativos, que deberán estar en vigor, de estar ao día nas seguintes obrigas:

coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e

coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no caso de que o solicitante denegue

expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a

Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a

consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,

que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable

de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter

pendente ningunha outra débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma de

Galicia.

3.4). Económica do custo das actividades desenvolvidas pola unidade mixta:

O organismo de investigación presentará a xustificación económica das actividades desenvolvidas

pola unidade mixta diferenciada en tres bloques:

- Achega da empresa (artigo 4.6)

- Achega do organismo de investigación (artigo 4.7)

- Axuda da Axencia Galega de Innovación conforme aos conceptos subvencionables do

artigo 5.

I. Para cada un dos bloques, presentarase:

a) Un resumo de execución económica no que conste o concepto de gasto, o provedor, o importe

(IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por tipoloxía de

gastos.

Page 41: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

41

b) Documentación xustificativa do investimento: orixinais ou fotocopias compulsadas dos

documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas dos provedores ou documentos de

valor probatorio equivalente: con validez no tráfico xurídico mercantil ou eficacia administrativa,

segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e

no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas

deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

c) Documentación xustificativa do pagamento: orixinal ou fotocopia compulsada de transferencias

bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da

banca electrónica sempre que conten co selo do banco. En ningún caso se admitirán os

pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o

número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se

refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir

acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre

gasto e pagamento.

No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase dunha relación

detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas.

d) No suposto de que o importe do IVE supoña un custo real soportado, poderá ser considerado un

gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade

co respecto ao IVE.

e) No caso de custo de persoal:

- Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable de recursos humanos co visto e

prace do responsable do organismo de investigación/empresa, consistente nunha relación detallada

Page 42: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

42

por meses do persoal dedicado as actividades da unidade mixta, que deberá incluír os seguintes

datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de

pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo ao organismo de

investigación/empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado

(retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada traballador ás actividades da

unidade mixta.

- Copia das nóminas do persoal dedicado as actividades da unidade mixta e orixinal ou copia

compulsada dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das

nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un

deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa

total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos

traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

- Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento (orixinal ou

copia compulsada). Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data

de xustificación, o importe poderá ser xustificado na anualidade seguinte.

- Certificado de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (orixinal ou

copia cotexada).

Ademais, no caso de persoal de nova contratación con carácter exclusivo para a unidade mixta

deberá achegarse orixinal ou copia cotexada do contrato de traballo en que poida verificarse esta

exclusividade.

II. Para a xustificación da axuda de GAIN, a achega do organismo de investigación e o

investimento da achega monetaria da empresa ao organismo de investigación presentarase:

Page 43: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

43

a) De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Texto refundido da Lei

de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro,

para o contrato menor, o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes

provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación de servizo

ou entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente

número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto fora realizado

con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán

presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección

non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Non obstante, no caso de que o organismo de investigación beneficiario reúna os requisitos

previstos no artigo 3.3.b) do Texto refundido da Lei de contratos do sector público terá a

consideración de poder adxudicador e, polo tanto, deberá someterse á disciplina de contratación

pública nos termos previstos no devandito texto legal.

Así mesmo para aqueles organismos de investigación beneficiarios que formen parte do ámbito de

aplicación da Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico

seralles de aplicación o disposto no artigo 23 do citado texto legal, no que se establece a

obrigatoriedade de invitar para a formulación de ofertas a lo menos a tres empresas, sempre que

sexa posible, para os contratos menores (excluídos os de obras) de importe superior a 9.000 euros.

b) No caso de alugamento ou leasing será necesario achegar o contrato, as facturas e os

documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución das actividades da

unidade mixta.

III. Para a xustificación do investimento da achega monetaria da empresa ao organismo de

investigación, presentarase:

Page 44: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

44

a) Orixinal ou copia compulsada da transferencia bancaria da achega.

b) Documentación xustificativa dos investimentos realizados polo organismo de investigación con

cargo a citada transferencia na forma indicada nos apartados I e II deste artigo.

3.5).Sen prexuízo da documentación indicada nos puntos anteriores, poderá requirirse do

organismo de investigación beneficiario que achegue cantos datos, documentos complementarios

e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, o organismo de

investigación beneficiario non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia

Galega de Innovación requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente,

advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda

do dereito á subvención e a esixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto

de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 23.-Pagamento.

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta

resolución, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, nos artigos 62 e 63 do Decreto

11/2009 e nesta convocatoria.

2. Pagamentos anticipados

No caso de que a entidade fixese constar na solicitude de subvención que solicita a modalidade de

pagamento anticipado, no prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da

publicación da resolución de concesión, deberá presentar a documentación que se indica a

continuación, noutro caso enténdese que renuncia ao anticipo:

Page 45: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

45

a) Unha solicitude de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da

Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es).

b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as

administracións públicas, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de

Innovación (http://gain.xunta.es).

- Primeira anualidade: poderá anticiparse ata o 50% do importe concedido para esa anualidade tras

a publicación da resolución de concesión e se presente a documentación sinalada neste artigo .

-Anualidades seguintes: poderá anticiparse ata o 50% do importe da subvención concedida para a

anualidade correspondente, tras a xustificación e pagamento da anualidade anterior. No caso de

que a xustificación da anualidade anterior sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da

subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.

3. Pagamentos parciais á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e

comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda

4.O importe conxunto dos pagamentos parciais á conta e dos pagamentos anticipados non poderá

ser superior ao 80% da axuda concedida, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio

orzamentario.

5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia Galega de Innovación, antes

de proceder ao pagamento final da mesma, poderá realizar as actuacións de comprobación

oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que

determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007.

Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de

Innovación.

Page 46: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

46

Artigo 24 - Garantías

No caso de pagamentos á conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de

acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de

subvencións de Galicia.

Artigo 25.-Gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións.

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que

fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nela durante o tempo de

duración da unidade mixta de investigación. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento

e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora

correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do

reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta

devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na

citada lei e no Decreto 11/2009.

2. Será causa de incumprimento total:

- Non xustificar a execución dun orzamento para a unidade mixta de investigación dun

mínimo de 1.500.000,00 € para o período mínimo de duración da mesma previsto no

artigo 4.3.

- Non xustificar un mínimo de 750.000,00 € como achega da empresa ao orzamento da

unidade mixta de investigación para o período mínimo de duración da mesma previsto no

artigo 4.3.

Page 47: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

47

- Non xustificar unha achega da empresa cun valor medio mínimo do 40% do orzamento da

unidade mixta de investigación para o período mínimo de duración da mesma previsto no

artigo 4.3.

- A disolución ou paralización das actividades da unidade mixta de investigación con

anterioridade ao período mínimo de duración da mesma previsto no artigo 4.3, agás que a

empresa fose declarada en concurso de acredores. Neste caso e desde ese momento, non

se tramitarán novos pagamentos e non procederá o reintegro das cantidades recibidas se

están adecuadamente xustificadas.

3. Será causa de incumprimento parcial:

Non xustificar a totalidade dos importes do orzamento da unidade mixta e/ou da achega da

empresa establecidos na resolución de concesión, nas seguintes situacións:

a) Cando a xustificación admitida do orzamento da unidade mixta e/ou da achega da empresa

sexa igual ou superior aos requisitos mínimos esixidos na convocatoria (orzamento

unidade: 2.000.000 € e achega empresa: 1.000.000 € e ter un valor medio mínimo do 40%

do orzamento total da unidade mixta), o importe final da axuda da Axencia Galega de

Innovación será como máximo o 30% do orzamento da unidade mixta xustificado e

admitido e terá como límite o importe efectivamente xustificado e admitido como axuda

de GAIN.

b) Cando a xustificación admitida do orzamento da unidade mixta e/ou da achega da empresa

sexa inferior aos requisitos mínimos esixidos na convocatoria (orzamento unidade:

2.000.000 € e achega empresa: 1.000.000 € e ter un valor medio mínimo do 40% do

orzamento total da unidade mixta) e igual ou superior aos límites establecidos como causa

de incumprimento total o importe final da axuda da Axencia Galega de Innovación

determinarase do seguinte modo:

Page 48: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

48

- Calcularase o 30% do custo total, xustificado e admitido, da unidade mixta e o

importe resultante minorarase na mesma porcentaxe en que se reduciu o

orzamento total da unidade mixta previsto na resolución de concesión.

- No caso en que o importe resultante de aplicar o 30% ao custo total, xustificado e

admitido, da unidade mixta sexa superior ao importe efectivamente xustificado e

admitido como axuda de GAIN, a citada minoración aplicarase e este último

importe.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de

infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de

Galicia.

Artigo 26.-Control.

1. A Axencia Galega de Innovación poderá levar a cabo as actividades de inspección que

considere oportunas para controlar o cumprimento do obxecto das subvencións.

2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar en calquera

momento nas entidades perceptoras de subvencións as comprobacións e aclaracións que considere

necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades. Se se constata unha incorrecta

utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, poderá propoñer a suspensión da subvención

concedida.

3. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación convocará anualmente a entidade beneficiaria a

unha entrevista para coñecer a planificación das actividades da unidade mixta en curso e valorar a

consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4.Previo ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección

por parte da Axencia Galega de Innovación.

5. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control

financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece

Page 49: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación …documentos.galiciainnovacion.es/UnidadesMixtas2015/UMI2015... · RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen

49

a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás

actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de

Contas.

Artigo 27.-Publicidade.

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no

Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma

reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 28.-Normativa aplicable

Para todo o non previsto nestas bases observarase o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no

resto da normativa aplicable.

A estas axudas non lles resulta de aplicación o Marco comunitario sobre axudas estatais de

investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01) por tratarse de axudas dirixidas á

realización de actividades de I+D+i de carácter non económico, por parte de organismos de

investigación de natureza pública ou privada sen ánimo de lucro. Non obstante, se da

investigación realizada na unidade mixta se derivasen actividades de carácter económico, o

organismo de investigación beneficiario da axuda deberá reintegrar a subvención recibida na

medida da actividade xerada.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Manuel Antonio Varela Rey

Director da Axencia Galega de Innovación