concurso adiviña quen É 4ª edición

3
Última edición do curso 2010-2011 do concurso ADIVIÑA QUEN É. Serás quen de adiviñar a identidade do personaxe descoñecido? Le a información que che ofrecemos e..... a concursar!!!!!!!!!!!!! DATOS BIOGRÁFICOS: 1- Era fillo de emigrantes italianos. 2- Foi elixido Secretario Xeral da Federación Xuvenil Comunista en 1933. 3- Contrae matrimonio civil con Matilde Kusminsky. 4- En 1938 obtivo o Doutoramento en Física na Universidade Nacional da Plata. 5- No 1939 abandona París para ingresar no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. 6- Colabora na revista Sur de Victoria Ocampo e nela publica unha das súas obras principais. 7- Foi o creador da revista Mundo Argentino. 8- En 1961 publica unha novela sobre o heroe arxentino Xeneral Juan Lavalle, que foi considerada unha das mellores novelas arxentinas do século XX. 9- En 1976 recibe o premio á mellor Novela Estranxeira

Upload: isabel-cota

Post on 10-Mar-2016

223 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Concurso sobre escritores

TRANSCRIPT

Page 1: Concurso Adiviña Quen É 4ª Edición

Última edición do curso 2010-2011 do concurso ADIVIÑA QUEN É.Serás quen de adiviñar a identidade do personaxe descoñecido? Le a información que che ofrecemos e..... a concursar!!!!!!!!!!!!!

DATOS BIOGRÁFICOS:

1- Era fillo de emigrantes italianos.

2- Foi elixido Secretario Xeral da Federación Xuvenil Comunista en 1933.

3- Contrae matrimonio civil con Matilde Kusminsky.

4- En 1938 obtivo o Doutoramento en Física na Universidade Nacional da Plata.

5- No 1939 abandona París para ingresar no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.

6- Colabora na revista Sur de Victoria Ocampo e nela publica unha das súas obras principais.

7- Foi o creador da revista Mundo Argentino.

8- En 1961 publica unha novela sobre o heroe arxentino Xeneral Juan Lavalle, que foi considerada unha das mellores novelas arxentinas do século XX.

9- En 1976 recibe o premio á mellor Novela Estranxeira

10- Foi o primeiro escritor en lingua española que publicou un libro gratuito en Internet.

Page 2: Concurso Adiviña Quen É 4ª Edición

DIXO: "Ó parecer, a dignidade da vida humana non estaba

prevista no plan de globalización." "Na bondade encérranse todos os xéneros de

sabedoría." "Un bo escritor expresa grandes cousas con pequenas

palabras; á inversa do mal escritor, que di cousas insignificantes con palabras grandiosas."

"A vida é tan curta e o oficio de vivir tan difícil, que cando un empeza a aprendelo, xa hai que morrer."

"Creo que a verdade está ben nas matemáticas, na química, na filosofía. Non na vida. Na vida é máis importante a ilusión, a imaxinación, o desexo, a esperanza."

"Ademais, sabemos acaso o que é a verdade? se eu lle digo que aquel anaco de fiestra é azul, digo unha verdade. Pero é unha verdade parcial, e polo tanto unha especie de mentira."

"Se nestes últimos séculos de historia temos perdido unha oportunidade, foi a de construir unha historia na que o home fose protagonista, en vez de ser un novo condeado."

"Pregúntome en que clase de sociedade vivimos, que democracia temos onde os corruptos viven na impunidade, e a fame dos pobos é considerada subversiva."

"A maior nobreza dos homes é a de levantar a súa obra no medio da devastación, sosténdoa infatigablemente, a medio camiño entre o desgarro e a beleza.”

“O admirable é que o home siga a loitar e a crear beleza no medio dun mundo bárbaro e hostil.”

Sabes quen é o escritor misterioso? Se cres que si, volta ó artigo do blog e segue os pasos que alí se indican (enviar un correo electrónico coa resposta correcta, o teu nome e apelidos, curso, grupo e instituto ó enderezo [email protected])

ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!