comprobación 2ª lei kepler

8
MATERIAL Táboa de madeira. Dúas barras da mesma lonxitude. Cordas de distinto groso. Láminas cunha elipse impresa. Chisqueiro. Tesoiras. Pegamento de barra e líquido. Bólas. Marcador. Táboa para anotar os datos. Demostración da segunda lei de Kepler Demostración da segunda lei de Kepler Autora Nerea Segade Rozas, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa. Referencias http://www.esa.int/Education/ PROCEDEMENTO (1) Pegamos as láminas da elipse á táboa. (2) Pegamos a corda grosa polo bordo da elipse coa axuda do pegamento líquido. (3) Colocamos un dos extremos das barras de madeira nun dos focos da elipse (no que se sitúa o sol). (4) Enchemos a área delimitada polas barras con bólas e ímolos movendo ao longo da traxectoria do planeta. (5) Imos realizando marcas a intervalos regulares de tempo e medindo a distancia percorrida polo planeta. (6) Construímos unha táboa de datos coas distancias percorridas en cada intervalo de tempo e calculamos as velocidades. I m a x e d e E S A e d u c a t i o n 9

Upload: marelatarabela

Post on 12-Apr-2017

261 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comprobación 2ª lei Kepler

MATERIAL

Táboa de madeira.

Dúas barras da mesma lonxitude.

Cordas de distinto groso.

Láminas cunha elipse impresa.

Chisqueiro.

Tesoiras.

Pegamento de barra e líquido.

Bólas.

Marcador.

Táboa para anotar os datos.

Demostración da segunda lei

de Kepler

Demostración da segunda lei

de Kepler

Autora

Nerea Segade Rozas, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://www.esa.int/Education/

PROCEDEMENTO

(1) Pegamos as láminas da elipse á táboa.

(2) Pegamos a corda grosa polo bordo da elipse coa axuda do pegamento líquido.

(3) Colocamos un dos extremos das barras de madeira nun dos focos da elipse (no que se sitúa o sol).

(4) Enchemos a área delimitada polas barras con bólas e ímolos movendo ao longo da traxectoria do planeta.

(5) Imos realizando marcas a intervalos regulares de tempo e medindo a distancia percorrida polo planeta.

(6) Construímos unha táboa de datos coas distancias percorridas en cada intervalo de tempo e calculamos as velocidades.

Imax

e d

e E

SA

edu

catio

n

9

Page 2: Comprobación 2ª lei Kepler

RESULTADOS OBTIDOS

Demostración da segunda lei

de Kepler

Demostración da segunda lei

de Kepler

Autora

Nerea Segade Rozas, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://www.esa.int/Education/

INTERPRETACIÓN.

(1) Se analizamos os resultados experimentais, comprobamos que a velocidade do punto no que se situaría o planeta vai aumentando a medida que este se achega ao Sol.

(2) No perihelio a velocidade é máxima.

(3) A medida que o planeta se afasta do Sol, a súa velocidade vai diminuíndo.

(4) No afelio a velocidade é mínima.Imaxe de ESA education

CONCLUSIÓNS.

Tempo (s) Velocidade (cm/s)

1 10

2 7,9

3 7,7

4 9,8

5 12,6

6 19,2

7 47,4

8 19,9

9 10,5

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 100

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

Tempo (s)

Ve

loc

ida

de

(c

m/s

)

A segunda lei de Kepler dinos que a liña que une o centro do Sol e o planeta, varre áreas iguais en tempos iguais. Como consecuencia disto, a velocidade do planeta non é constante ao longo da traxectoria, senón que é maior no perihelio ca no afelio.No laboratorio empregamos un modelo sinxelo para simular o movemento dos planetas arredor do Sol. Con este modelo, puidemos comprobar experimentalmente a segunda lei de Kepler.

Imaxe de http://lago.mine.nu/

10

Page 3: Comprobación 2ª lei Kepler

MODELO HELIOCÉNTRICO

Astronomía na aula: modelos

xeocéntrico e heliocéntrico

Astronomía na aula: modelos

xeocéntrico e heliocéntrico

Autor

Óscar López Verde, alumno de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://web.educastur.princast.es/proyectos/jimena/pj_franciscga/kepler.htm

http://www.esa.int/Education/Teach_with_Rosetta/Marble-ous_ellipses_images

https://www.fisicalab.com/apartado/leyes-kepler#contenidos

MODELO XEOCÉNTRICO

ÓRBITAS PLANETARIAS

O Sol é o centro do Universo e os demais astros xiran arredor del.

O primeiro astrónomo que apoiou esta teoría foi Aristarco de Samos (310 a.C. - 320 a.C.).

Copérnico (1473-1543) revolucionou a ciencia ao expoñer a súa teoría heliocéntrica no século XVI.

Galileo e Kepler demostrarían cos seus traballos a validez do modelo heliocéntrico.

Imaxe de ESA education

Convencionalmente aceptado nas Idades Antiga e Media.

Defendía que a Terra era o centro do Universo e os demais astros xiraban ao seu arredor.

O seu máximo expoñente foi Claudio Ptolomeo (100 d.C-170 d.C).

Imaxe de dominio público

Imaxe de ESA education

Unha órbita é a traxectoria que describe un obxecto físico arredor doutro polo efecto dunha forza central.

Os planetas describen órbitas elípticas (curvas pechadas) arredor do Sol.

Kepler demostrou matematicamente nas súas leis do movemento que estas órbitas son elípticas, e non circulares como pensaba Aristóteles.

11

Page 4: Comprobación 2ª lei Kepler

Astronomía na aula: as leis de

Kepler

Astronomía na aula: as leis de

Kepler

KEPLER O ASTRÓNOMO

PRIMEIRA LEI DE KEPLER

SEGUNDA LEI DE KEPLER

TERCEIRA LEI DE KEPLER

T 2

r3= constante

va=dAdT

Johannes Kepler (1571-1630) foi un astrónomo alemán famoso polo enunciado das súas leis do movemento planetario.

Todos os planetas se desprazan arredor do Sol describindo órbitas elípticas.

O Sol encóntrase nun dos focos da elipse.

O radio vector que une un planeta e o Sol varre areas iguais en tempos iguais. Isto significa que a velocidade areolar é constante:

En consecuencia, a velocidade lineal do planeta aumenta cando o planeta se acerca ao perihelio (o punto máis cercano ao Sol).

Autor

Óscar López Verde, alumno de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://web.educastur.princast.es/proyectos/jimena/pj_franciscga/kepler.htm

http://www.esa.int/Education/Teach_with_Rosetta/Marble-ous_ellipses_images

https://www.fisicalab.com/apartado/leyes-kepler#contenidos

Para calquera planeta, o cadrado do seu período orbital é directamente proporcional ao cubo da lonxitude do semieixe maior da elipse que describe.

Imaxe de ESA education

12

Page 5: Comprobación 2ª lei Kepler

Astronomía na aula:

os cometas

Astronomía na aula:

os cometas

Autora

Antía Arias Pardo, alumna de Cultura Científica, 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://www.todoelsistemasolar.com

http://www.esa.int/Education

http://www.astromia.com

DEFINICIÓN

ORIXE

Imaxe de ESA education

ESTRUTURA E COMPOSICIÓN

Cometa PANSTARRSImaxe de http://www.astronomia-iniciacion.com/

Imaxe de https://alhadradigital.wordpress.com

Posición dos cometas respecto ao SoL. A cola sempre apunta en dirección oposta.Imaxe de http://www.astronomia-iniciacion.com.

13

Son corpos que xiran arredor do Sol de maneira similar á dos planetas, pero en órbitas elípticas moi alargadas.

Proveñen, principalmente de dous lugares, a Nube de Oort, situada entre 50.000 e 100.000 UA (unidades astronómicas) do Sol, e do cinto de Kuiper, localizado máis aló da órbita de Neptuno.

Os cometas de longo período crese que teñen a súa orixe na Nube de Oort, que leva o nome do astrónomo Jan Hendrick Oort.

A medida que o cometa se retira do Sol perde po sublimado e a cola desaparece.

Algúns cometas con órbitas pequenas teñen colas tan curtas que son case invisibles.

NÚCLEO

Conglomerado de pedra e po.

Tamaño entre 1 e 100 Km.

Abundan amoníaco, metano, monóxido de carbono, dicianóxeno e auga.

COMA

Envoltura gasosa que rodea o núcleo cometario.

Tamaño entre 10.000 e 100.000 Km.

COLA

Tamaño que rolda os 100 millóns de km.

Formada por simples móleculas ionizadas, como o monóxido de carbono e o CO

2.

Page 6: Comprobación 2ª lei Kepler

QUE É A ÓRBITA DUN COMETA?

Astronomía na aula: os cometas,

exemplos.

Astronomía na aula: os cometas,

exemplos.

Autora

Sarai Fernández López, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://es.gizmodo.com/este-es-el-extrano-sonido-que-produce-el-cometa-67p-1657341894 ,

http://www.esa.int/spaceinimages/Images/2014/10/P02_Marble-ous_ellipses_Figure_2 http://imagenesdeluniverso.com/wp-content/uploads/2013/03/Cometahalley.jpg

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41700038/mediawiki/index.php?title=Cometas%3B_%C3%B3rbitas%2C_composici%C3%B3n_y_procedencia

NOMENCLATURA DOS COMETASA cada cometa correspóndelle un nome atendendo ás seguintes características:• Ano do descubrimento.• Letra que indica a metade do mes no que se

viu por primeira vez, seguida dun número de orde. Por exemplo, B2 para o segundo cometa observado na segunda metade de xaneiro.

• Prefixo que indica a natureza do cometa precedido dun número de orde. Por exemplo, P para un cometa periódico observado e C para un cometa non periódico.

UN COMETA FAMOSO: 1P / HALLEYNome sistemático: 1P / 1682 Q1

Foi descuberto por Edmond Halley . É un cometa grande e brillante que orbita arredor do sol cun período de 76 anos.

Pode verse a simple vista dende a Terra cando se vai achegando ao Sol.

O seu seguinte paso polo perihelio (punto máis próximo ao Sol na órbita) será no 2061.

67P/CHURYUMOV-GERASIMENKO

Cometa descuberto no 1969 por Klim Ivánovich Churyumov. Ten un período orbital de 6,6 anos.

Foi o destino da misión Rosetta da Axencia Espacial Europea, lanzada o 2 de marzo do 2004.

14

É a traxectoria que realiza o cometa arredor dun corpo baixo a influenza dunha forza centrípeta. Pode ser de varios tipos:

Circular Hiperbólica e parabólica Elíptica

Page 7: Comprobación 2ª lei Kepler

Astronomía na aula: a misión

Rosetta.

Astronomía na aula: a misión

Rosetta.

Autores

Laura Arcay Rozas, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

http://www.esa.int/es/ESA_in_your_country

QUÉ É?

DURACIÓN

TRAXECTORIA

PLANS PARA O FUTURO

ES

A–C

. Car

r eau

/AT

G m

edia

lab

ESA/ATG medialab

ESA/NASA

É unha misión da Axencia Espacial Europea (ESA), cuxa función foi a de orbitar arredor do cometa 67P/Churiumov-Gerasimenko e enviar un módulo de aterraxe, a sonda Philae, á superficie do cometa.

Foi lanzada o 2 de marzo do 2004, logo de pospoñer a misión nos dous anos anteriores por mor de dificultades técnicas nos foguetes implicados nela.

Despois dalguhas viaxes polo Sistema Solar, Rosetta entrou nun estado de repouso do que “espertou” o 20 de xaneiro do 2014.

Tras 31 meses sen enviar sinais á Terra, Rosetta emprendeu de novo o camiño cara ao seu cometa obxectivo, estando a tan só 9 millóns de kilómetros del.

É bastante complexa (ver figura inferior) xa que inclúe tres pasadas pola Terra e unha por Marte. Rosetta tamén entra e sae do principal cinto de asteroides que se atopa entre Marte e Xúpiter.

A pesar de que se esperaba que a misión chegase ao seu fin a finais do ano 2015, a ESA ampliou o prazo durante todo o 2016.

A sonda continuará observando como o cometa se achega ao Sol ata que acade o punto de maior proximidade ao (perihelio), suceso previsto para o 13 de agosto.

15

Page 8: Comprobación 2ª lei Kepler

QUE É?

Astronomía na aula: a sonda

Philae

Astronomía na aula: a sonda

Philae

Autores

Iria Fernández Trabazo, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.

Referencias

https://es.wikipedia.org/wiki/Philae_(sonda_espacial)

http://blogs.esa.int/rosetta/tag/philae-2/

http://www.abc.es/ciencia/abci-philae-afronta-hibernacion-eterna-cometa-201602131307_noticia.html

http://motherboard.vice.com/read/goodbye-philae

Philae pousouse na superficie do cometa o 12 de novembro de 2014.

A sonda tiña varios sistemas de ancoraxe: parafusos, que se suxeitarían ao chan nada máis pousarse nel (a); arpóns (b e c) e un pequeno motor de gas.

Ao comezo, a zona destinada á aterraxe era unha zona á que chamaron Agilkia, pero debido a que fallaron os arpóns, Philae foi rebotando pola superficie do cometa ata acabar nunha zona de sombra á que bautizaron como Abydos.

Debido a iso, a sonda non puido recargar as baterías mediante os seus paneis solares. Permaneceu prendida menos de dous días ata que finalmente entrou en hibernación.

A sonda espertou o 13 de xuño de 2015 e permaneceu activa durante sesenta horas, que aproveitou para recolectar novos datos científicos e envialos á ESA.

Cando se lle acabou a batería, tivo que facer fronte a unha nova hibernación. Non dá sinais de vida dende o 9 de xullo de 2015.

Imax

e de

ESA

/Ros

etta

/MPS

for

OSI

RIS

Tea

m

MPS

/UPD

/LAM

/IAA

/SSO

/IN

TA/U

PM/D

ASP

/ID

A

Sistemas de anclaxe de PhilaeImaxe de a, MPS, Lindau–Katlenburg; b, Schtone; c, MPE, Garching.

As dúas zonas de aterrizaxe, Agilkia e Abydos.http://www.sternwarte-nms.de/artikel/die-mission-rosetta-die-spannung-steigt/wo-bist-du-philae/

A sonda PhilaeImaxe de ESA/ATG medialab

É unha sonda espacial enviada pola Axencia Espacial Europea (ESA) dentro da misión Rosetta.

O seu obxectivo é a análise do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko e o almacenamento de datos con fins científicos.

16