comentarios sobre emigrantes

10
VALORACIÓNS DA NOVELA GRÁFICA EMIGRANTES (Alumnado de 1º e 2º de ESO) ROSA MARÍA LIMIA “ É un libro moi bonito e moi interesante. Ten uns debuxos preciosos. Gústame porque cando eu viñen a España sentíame igual, como nun mundo descoñecido e non coñecía a ninguén, pero co tempo fun facendo amigos e xa non era todo tan extraño, como lle pasou ó protagonista da historia. O que máis me gustou foi o animaliño que sempre o acompaña a todos os lugares, e a beleza dos debuxos e a forma de expresar como pasaba o tempo. Este libro ensínanos que aínda que non coñezamos as persoas temos que estar dispostos a axudar, no meu caso, como me pasou a min.” CAMELIA IORGA

Upload: isabel-cota

Post on 09-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Comentarios sobre Emigrantes

TRANSCRIPT

Page 1: Comentarios sobre Emigrantes

VALORACIÓNS DA NOVELA GRÁFICA EMIGRANTES(Alumnado de 1º e 2º de ESO)

ROSA MARÍA LIMIA

“ É un libro moi bonito e moi interesante. Ten uns debuxos preciosos. Gústame porque cando eu viñen a España sentíame igual, como nun mundo descoñecido e non coñecía a ninguén, pero co tempo fun facendo amigos e xa non era todo tan extraño, como lle pasou ó protagonista da historia.O que máis me gustou foi o animaliño que sempre o acompaña a todos os lugares, e a beleza dos debuxos e a forma de expresar como pasaba o tempo.Este libro ensínanos que aínda que non coñezamos as persoas temos que estar dispostos a axudar, no meu caso, como me pasou a min.”

CAMELIA IORGA

SABELA DOMÍNGUEZ SOUTO

Page 2: Comentarios sobre Emigrantes

“ Emigrantes é un libro moi especial. Diferente ao que lemos normalmente, con imaxes metafóricas e moi difícil de entender.Nel destaca a axuda de persoas que fan que o protagonista non se sinta tan só. Pero, por desgraza, tamén hai xente que o ignora, pois non viviu o que el viviu ou non saben poñerse no seu lugar. E así comezan os problemas. Pero Emigrantes ten un final feliz, no que o seu protagonista logra o seu obxectivo, pero iso só loitando duramente e esquivando obstáculos moi difíciles.Outro aspecto que hai que valorar deste libro son os seus debuxos metafóricos, nos que Shaun Tan expresa sensacións como o amor e a soidade de formas moi imaxinativas. Destes elementos metafóricos os que máis me gustaron foron os animaliños que van sempre ao carón do seu dono. Para min iso sinala que cada un é distinto aos demais, é dicir, que cada persoa temos os nosos soños, as nosas preocupacións… Polo tanto, as persoas que non levaban ao aniñaliño seguíndoos en todo momento eran persoas baleiras por dentro ou, simplemente, agochadas tras un muro de pedra.En fin, Emigrantes é un libro moi especial e intelixente, no que de cada páxina podes aprender milleiros de cousas.

MARÍA ROMERO RODRÍGUEZ

MÓNICA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

“ Emigrantes é un libro marabilloso, só ten imaxes. É moi complexo entendelo se non interpretas ben os debuxos.A min chamoume a atención que cada persoa que axuda ao protagonista ten un bichiño, todos únicos e diferentes. Estas persoas son todas coma el, emigrantes, e todos lle contan a súa historia: se emigraron por razóns políticas, pola guerra, por explotación infantil…Penso que é interesante como o protagonista, pouco a pouco, descobre ese novo mundo: os habitantes, os costumes, a comida, o idioma, os animais e o curioso medio de transporte, a mestura dun globo e un ascensor que une o novo mundo co exterior.O seu autor, Shaun Tan, fai cousas marabillosas. Gustoume como interpreta mediante imaxes o paso do tempo: con flores, distintos soles, nubes… e como mestura as cousas

Page 3: Comentarios sobre Emigrantes

reais coas imaxinarias, porque cada cousa imaxinaria é unha metáfora difícil de entender e de interpretar.A min gustoume porque é un libro diferente, e sen axuda eu non o entendería.”

CRISTINA SALGADO BLANCO

JAVIER GALLEGO FERNÁNDEZ

“ Emigrantes é unha novela gráfica moi boa. O autor Shaun Tan conta unha historia moi ben explicada sen utilizar palabras. Conta como unha persoa ten que marchar para un novo mundo e nese novo mundo cóstalle adaptarse, pero coa axuda de persoas marabillosas que pasaron por esa situación, de seres que, sen coñecelo aínda, axudárono, conseguiu facer unha nova vida nese lugar descoñecido.É un libro precioso e non é un libro calquera, senón que te fai pensar mellor as cousas, de forma diferente. Axuda a alegrarte máis de todo o que tes e a valorar máis as cousas e persoas que están o teu arredor.”

IRIA PRIETO DOMÍNGUEZ

“ Emigrantes é un libro onde o autor non escribe, só debuxa. Cada imaxe está feita con moito agarimo, non lle falta detalle, está feita co corazón, por iso é capaz de con só mirala transmitirnos unha chea de sentimentos e de contarnos unha historia.Para expresar as sensacións, os sentimentos, as vivencias que ten, emprega recursos e xoga con eles dunha maneira espectacular, pero para velos hai que saber ler…Cóntanos como un home marcha cara outro país para traballar. A muller e a filla quedan soas, senten medo, están perdidas e non saben que vai ser da súa vida. O home marcha moi lonxe, non obstante só o acompaña unha maleta, nada máis. Sente medo. Chega alí e todo é diferente, ten problemas enormes para desenvolverse e o peor: está lonxe da súa xente, da súa terra.

Page 4: Comentarios sobre Emigrantes

Este libro paréceme moi bo, pois é como se me sentira identificada con el porque segurísimo que alguen do meu entorno, algún dos meus devanceiros viviu o mesmo ca este home.”

ANDREA FERREIRA LORENZO

JOSEBA DELGADO PARADA

“ Este libro fala sen palabras, expresa con imaxes o medo e a dor. É incrible como cunha simple imaxe expresa mil sentimentos e cun xesto mil pensamentos. Vese a frustración dun home realmente valente que o único impedimento entre el e o novo lugar é un simple e á vez complexo papel. Consegue chegar a un mundo fantástico que ten que descubrir porque todo é distinto, e decide loitar pola súa familia e aventúrase a coñecer ese mundo novo. El e a súa soidade. Mentres, a súa familia queda acompañada da cola do dragón. O único rincón onde pode evadirse, onde ten os seue recordos e nostalxia, os seus pensamentos máis íntimos, é na súa maleta. Cando a abre viaxa á súa vella cociña coa súa muller e a súa filla e o paxaro de papel, pero o único que queda dese soño cando esperta é el.O único que podería engadir máis sobre o libro é que a máxima sinxeleza do libro é a maior mostra de inteligencia.”

SANDRA FERNÁNDEZ DO NACIMIENTO

Page 5: Comentarios sobre Emigrantes

JOSUÉ GARCÍA SOUTELO

“ A min esta historia pareceume un pouco diferente ás demais que lin, xa que esta historia fíxome sentir algo dentro que creo que con moi poucas historias o sentín.Aquí mostra todas as dificultades que ten que pasar unha persoa cando marcha do país no que viviu toda a vida e comezar de novo nun lugar descoñecido no que nada resulta familiar.Tamén se pode apreciar o ben que vén a axuda doutras persoas en varios momentos da nosa vida, pois grazas a algunhas persoas chegamos a ser o que somos, grazas a algunhas persoas aprendemos moitas cousas novas. Eu aprendín que sempre que te axuden, axuda ti, ou polo menos agradéceo porque o agradecemento é o recordo do corazón.As imaxes son tan tenras que chegan á alma e ó corazón.”

SANDRA LÓPEZ PRIETO

“ Na miña vida vin poucas novelas gráficas, pero como esta, ningunha. Hai unha soa palabra: “emigrantes”. Esta palabra dinos que esta novela nos fala de historias de emigrantes, persoas que tiveron que marchar do seu país natal por diversas razóns: económicas, sociais, a guerra...Esta historia demóstranos o mal que o pasan estas persoas, por non coñecer o idioma nin os costumes dese novo lugar. Tamén nos mostra e nos ensina que hai que botar unha man a estas persoas, porque o necesitan e facémoslles un gran ben. Todo isto está mostrado en imaxes (persoalmente vin algo máis que imaxes, xa que parece que ti estás vivindo a historia). Un detalle que me chamou a atención foi que as imaxes estiveran en branco e negro e sepia, que seguramente sería para darlle un aire do pasado.A tenrura e a paixón desta historia demóstrase sobre todo coas mans, un elemento fundamental da novela. Mostran alegría, tristeza, cansancio... e están presentes en toda a novela.O obxecto fundamental e o máis importante para o noso protagonista é a foto da súa familia, que garda coma un valioso tesouro nunha parede da súa habitación.

Page 6: Comentarios sobre Emigrantes

A parte distas cousas que acabo de nomear, tamén é importante o animal que acompaña ó protagonista, aínda que este, ó principio, tíñalle medo. Ao longo da historia tamén vemos outros animais que acompañan a outras persoas, e que os axudan e os guían en todo momento.Esta historia recórdanos ós nosos avós, xa que houbo un tempo no que eles emigraron a Alemaña, Suíza, Bos Aires... Eles sufriron o mesmo que o protagonista deste libro, incluido o meu avó, que marchou para Alemaña en busca de mellora económica, pero ao pasar un tempo voltou para España.”

MARTA MÉNDEZ PALOMANES.

MERCEDES CASTRO CID

“ O libro Emigrantes é do escritor australiano Shaun Tan, e trata dun home que deixa atrás o seu país e a súa familia en busca de emprego noutro lugar e ao final a súa familia vai onde el se atopa.A min, persoalmente, gustoume moito o libro, xa que explica mediante metáforas visuais a dureza de deixar o teu país, e a soidade que sente un nese novo lugar, onde non se coñece nin o idioma nin á xente.É moi fermoso e esperanzador pensar que aínda que non coñezas nada dun país a xente sempre está disposta a axudarte, aínda que non sexa toda.O libro tamén reflicte a soidade e a desesperación de non saber facer nada nun país que non é o teu, ata que axudan ó protagonista a ir en autobús, etc.Tamén hai un animal estraño, que aínda que ao principio lle resulte descoñecido ao protagonista, ao final fanse amigos, o que a min me parece que expresa o que quere dicir o libro enteiro, que aínda que todo sexa raro, acostúmaste e fas amigos.A min gustoume tamén que case todo se fai coas mans e o contacto humano, unha das principais metáforas do texto.Houbo unha imaxe, que foi das que a min máis me gustou, na que se ve o protagonista e a súa familia e obxectos nun estante parecidos aos do principio, que reflicten que aínda que cambies de lugar, os costumes e hábitos son os mesmos. Gustoume tamén outra na que se ve a súa filla axudando a unha emigrante, como antes fixeran outras persoas co seu pai.

Page 7: Comentarios sobre Emigrantes

Paréceme incrible que se poida dicir tanto sen palabras, só con imaxes, o que reflicte a capacidade de expresarse de Shaun Tan.Considero que é un libro intelixente e hai que lelo con coidado, senón non se dá apreciado.”

MIGUEL LOZANO MEIRIÑO

“ Emigrantes é un libro que me gustou moito e que me pareceu moi interesante. A palabra EMIGRANTES vaille dar un significado especial, porque é a idea principal. Os debuxos son moi elaborados e tamén son moi expresivos. Algunhas das metáforas visuais que ten o libro a min parecéronme un pouco difíciles de entender, pero se pensas non terás ningún problema, porque este é un libro que fai pensar se queres entendelo ben. Non só é mirar os debuxos, tamén hai que entendelos.O libro ten un simbolismo especial, porque o autor se expresa usando obxectos ou corpos que en principio son cousas simples que non teñen moito valor e importancia, mais convértense en algo especial e esencial para a historia.Eu creo que usa dous símbolos de unión: un, as mans, que son a maneira de unir unha persoa con outra; outro, o paxariño de papel, que é a unión entre o pai e a filla e que tamén creo que é a unión co seu país.Tamén penso que o animaliño branco que aparece en repetidas ocasións é como o símbolo da familia, e dinos que tódalas familias son distintas.Se todo o mundo lera este libro, todo sería mellor.”

PABLO JOSÉ CALVO

MARTA CID NIETO