comentario templo atenea nike

2
Comentario. Templo de Atenea Niké (427-424), de Calícrates. Titulo: Templo de Atenea Nike (A. Victoriosa) Autor: Calicrates Cronoloxía: S. V Material: Mármore branco do Pentélico Estilo: Arte grega, periodo clásico, orden xónico. Locali: In situ, Atenas, Grecia Descripción. O templo de Atenea Niké (“a victoriosa”), é unha obra mestra de orden xónico, lixeiro e elegante. No 449 a cidade de Atenas, dirixida entón por Pericles e o seu rival Cimón, decidiu erixir un novo templo dedicado á deusa Atenea, en homenaxe a sua axuda na decisiva victoria naval de Salamina (480) sobre os persas, e en conmemoración da paz de Calias, firmada cos persas. O proxecto foi concebido polo arquitecto Calícrates, un dos coautores do Partenón dous anos despois pero, probablemente porque Pericles decidiu que os recursos se concentraran no coetáneo Partenón, a súa realización postergouse. Calícrates, entón decidiu executar o proxecto noutro lugar, osantuario de Démeter na veciña cidade de Agres. Durante os anos seguintes, o adversario de Pericles, Cimón, impuxose ao fin, e en 427-424 aproximadamente, cuando xa comezara a Guerra do Peloponeso, relanzouse o proxecto con algunhas modificacións Análise formal. É un templo moi pequeno, de oito metros de altura, outros oito de longo e catro de ancho, porque está situado sobre unha pequena cima o lado dereito da entrada da acrópolis, o que exixiu un plano especial debido á dificultade do lugar, ademáis de grandes traballos de consolidación do espolón calcáreo inferior, que tomou a figura dun torreón, e sobre todo, dado o mínimo espacio dispoñible, fundir nunha soa sala, chamada a “sala da deusa”, as dúas salas habituais da parte dianteira dun templo grego, a naos a pronaos, unha solución brillante porque permite crear o efecto óptico de ser un templo in antis, o que se adaptaba mellor á estreiteza do lugar. Ademáis, debíase acceder pola parte traseira, atravesando a ala sur dos Propileos. É un templo de tipo anfipróstilo tetrástilo, con catro columnas monolíticas de orden xónico, con acanaladuras. Construido en mármore pentélico, levantase sobre un basamento (crepis ou crepidoma) de catro escalóns, os tres inferiores do estereóbato e o superior do estilóbato. As columnas xónicas, moi esbeltas e gráciles, teñen unha basa con escocia (a parte cóncava) e dous toros (as partes convexas), e un fino capitel con collarino, equino de volutas e ábaco. O

Upload: lorenaamarelle

Post on 11-Jul-2015

194 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comentario templo Atenea Nike

Comentario. Templo de Atenea Niké (427-424), de Calícrates. Titulo: Templo de Atenea Nike (A. Victoriosa)

Autor: Calicrates

Cronoloxía: S. V

Material: Mármore branco do Pentélico

Estilo: Arte grega, periodo clásico, orden xónico.

Locali: In situ, Atenas, Grecia

Descripción.

O templo de Atenea Niké (“a victoriosa”), é

unha obra mestra de orden xónico, lixeiro e

elegante.

No 449 a cidade de Atenas, dirixida entón por Pericles e o seu rival Cimón, decidiu erixir un

novo templo dedicado á deusa Atenea, en homenaxe a sua axuda na decisiva victoria naval de

Salamina (480) sobre os persas, e en conmemoración da paz de Calias, firmada cos persas. O

proxecto foi concebido polo arquitecto Calícrates, un dos coautores do Partenón dous anos despois

pero, probablemente porque Pericles decidiu que os recursos se concentraran no coetáneo Partenón,

a súa realización postergouse. Calícrates, entón decidiu executar o proxecto noutro lugar, osantuario

de Démeter na veciña cidade de Agres. Durante os anos seguintes, o adversario de Pericles, Cimón,

impuxose ao fin, e en 427-424 aproximadamente, cuando xa comezara a Guerra do Peloponeso,

relanzouse o proxecto con algunhas modificacións

Análise formal.

É un templo moi pequeno, de oito metros de altura, outros oito de longo e catro de ancho,

porque está situado sobre unha pequena cima o lado dereito da entrada da acrópolis, o que exixiu un

plano especial debido á dificultade do lugar, ademáis de grandes traballos de consolidación do

espolón calcáreo inferior, que tomou a figura dun torreón, e sobre todo, dado o mínimo espacio

dispoñible, fundir nunha soa sala, chamada a “sala da deusa”, as dúas salas habituais da parte

dianteira dun templo grego, a naos a pronaos, unha solución brillante porque permite crear o efecto

óptico de ser un templo in antis, o que se adaptaba mellor á estreiteza do lugar. Ademáis, debíase

acceder pola parte traseira, atravesando a ala sur dos Propileos.

É un templo de tipo anfipróstilo tetrástilo, con catro columnas monolíticas de orden xónico,

con acanaladuras. Construido en mármore pentélico, levantase sobre un basamento (crepis ou

crepidoma) de catro escalóns, os tres inferiores do estereóbato e o superior do estilóbato. As

columnas xónicas, moi esbeltas e gráciles, teñen unha basa con escocia (a parte cóncava) e dous

toros (as partes convexas), e un fino capitel con collarino, equino de volutas e ábaco. O

Page 2: Comentario templo Atenea Nike

entablamento ten un arquitrabe dividido en tres bandas superpostas, un friso escultórico, unha

cornisa que produce efectos de claroscuro sobre as esculturas, e un frontón do que apenas quedan

indicios nos extremos

Na “sala da deusa”, cadrada e pequena (catro por catro metros), gardabase unha xoana

(escultura de madeira) de Atenea Niké e probablemente no pórtico posterior, o tesouro ou

opistodomos, exponíanse espolóns dos barcos persas e outros trofeos da batalla de Salamina, polo

que a parte posterior do recinto cerrouse cunha verxa metálica para gardar estas valiosas reliquias.

A decoración escultórica que se conserva é excelente, obra de discípulos do taller de Fidias,

ben recoñecibles no seu virtuoso uso da técnica “dos paños mollados” esculpidos ó trépano,

dirixidos polo broncista Calímaco. No friso había escenas das Guerras Médicas con alusións

relixiosas á axuda dos deuses tutelares da cidade, Atenea, Zeus e Poseidón, e nos dous frontóns

destacaban as figuras alusivas a súa dedicatoria á deusa Atenea, nas súas formas de Niké (victoriosa

e alada) e Aptera (sen alas).

Significado.

O templo non estaba dedicado a acoller asambleas, senón so a imaxe sagrada da divinidade

con diferentes obxetos litúrxicos e as ofrendas dos fieis.

O templo, un prodixio de armonía e beleza, gardaba a esquina sudeste da acrópolis e

divisabase a modo de benvenida á dereita da entrada (Propileos), sendo o primeiro templo cuxa

visita era importante para os fieis.

O seu estilo xónico, aparte de corresponder mellor pola súa esvelteza ao mínimo espazo

dispoñible, tense interpretado como unha mensaxe simbólica da vontade ateniense de integrar aos

xonios de Asia Menor.

Hai que sinalar ademáis que a construcción, preterida dous decenios, promoveuse cara 427-

424, cuando xa comenzara a Guerra do Peloponeso e a cidade había padecido a terrible epidemia

de peste na que faleceu Pericles. En medio de tantos problemas, os atenienses afrontaron o

proxecto, non como un gasto senon como unha inversión para lograr o favor da súa deusa

protectora, na súa forma de guerreira victoriosa, na cruenta guerra. E todos podían naquel lugar o

templo como unha proba da eterna alianza entre Atenea (e tamén outros deuses) e a fiel Atenas, nun

supremo acto de propaganda política e relixiosa.