comentario sex. democrático

2
Proposta de comentario EVOLUCIÓN POLÍTICA DURANTE O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874) O reinado de Sabela II foi un reinado moi inestable, con constantes enfrentamentos entre as distintas faccións do liberalismo. Reinado sempre vinculado co partido moderado e sendo necesaria a intervención do exército para soster o goberno e para propiciar os cambios. Entre as causas da caída de Isabel II e da Revolución Gloriosa (doc.1) debemos destacar as económicas, políticas, ideolóxicas e sociais. A inestabilidade do reinado de Isabel II vese agravada pola crise económica que se extende entre 1866 e 1868. Producese unha crise financieira orixinada polo afundimento das accións na Bolsa (sobre todo o ferrocarril), unha crise industrial, polo aumento do precio do algodón (motivado pola guerra de Secesión americana) e o descenso das ventas e unha crise agrícola polas malas colleitas e o aumento dos prezos dos productos. Esta crise económica agrava a crise política. Toda a clase política está descontenta co aumento do moderantismo, autoritarismo e da represión que exercen os gobernos de O´Donnell e de Narváez. En 1866, demócratas e progresistas habían firmado o Pacto de Ostende, ao que un ano despois se une a Unión Liberal (Pacto de Bruselas), co obxetivo de derrocar a Isabel II, a posterior promulgación dunha nova constitución e o establecemento do sufraxio universal. O protagonista do acordo foi o xeneral Prim, que había intentado varios pronunciamientos nestos anos. A este descontento político unese a extensión das ideas progresistas, republicanas e demócratas e, finalmente, a crise social, o descontento e enfrentamento das distintas clases sociais, sobre todo, entre o proletariado (en situación de explotación) e a burguesía. Esta situación dalle á Revolución Gloriosa unha gran forza social. As mortes de O´Donnell (1867) e Narváez (1868), favoreceron as pretensións dos conspirados, os cales se pronunciaron o 17 de septembro de 1868 na Bahía de Cádiz coa axuda do almirante Topete, encargado de sublevar á armada. Ante o anuncio da sublevación (outro pronunciamiento, - explicación-) destos militares liberais monárquicos, sucedense unha serie de alzamentos populares nas principais cidades que adoptaron a forma de Xuntas Revolucionarias (explicar), nas cales terán un protagonismo especial os elementos democráticos. Estas Xuntas, como a de Málaga (doc. 1), expoñen nas súas proclamas unha síntese das aspiracións dos revolucionarios: establecemento do sufraxio universal, implantación de libertades (expresión, reunión, cultos...) e a formación dunhas cortes constituintes para a redacción dunha nova constitución que exprese esos ideais. A raiña exiliase tralo combate de Alcolea e Prim impulsa a formación dun Goberno Provisional formado por progresistas e unionistas que se plantexará a democratización do país, pero tamén a moderación da revolución para que non se altere o orden social. A Revolución de 1868, coñecida como “A Gloriosa”, nome que xa se lle da no documento nº 1, non é un pronunciamento liberal máis. Vai a tratar de establecer un auténtico sistema democrático (revolución burguesa plena) que durará ata 1874. O periodo é coñecido como “Sexenio Democrático”. As aspiracións dos revolucionarios, que en boa medida serán recollidas na Constitución de 1869 (doc.3), aparecen mencionadas no citado documento: amplia declaración de dereitos e liberdades, soberanía nacional e fin da dinastía dos Borbóns. Para evitar o auxe das ideas republicanas nas Xuntas, Prim impulsa a formación dun GOBERNO PROVISIONAL formado por progresistas e unionistas, e presidido por Serrano, no cal non entran os demócratas. A súa acción terá un doble sentido: - Moderar a revolución para evitar que caiga en avances sociais e veleidades republicanas. Por elo, disolveránse as Xuntas Revolucionarias, sendo sustituidas por concellos democráticos. - Lexislar para instalar un sistema democrático. O goberno provisional empeza a lexislar para dar satisfacción ás demandas das Xuntas, así se establecen decretos recollendo os dereitos de expresión, asociación, etc. Ademáis establecense medidas de carácter librecambista, como o arancel de Figuerola de 1869, que abre o mercado español ó comercio exterior; suprimense os impopulares impostos de consumos ( podese facer unha explicación) e crease a peseta como unidade do sistema monetario español. Outra das labores do Goberno Provisional é a convocatoria de elecións para a Asamblea Constituinte en xaneiro de 1869. Triunfan os monárquicos progresistas de Prim e están presentes os demócratas, os unionistas, os moderados, algúns republicanos e carlistas. Esta Asamblea redactará en poucos meses a Constitución de 1869 (xuño), algúns de cuxos artigos se recollen no doc. nº 2, na que se establece unha monarquía constitucional plenamente democrática, Destaca: Establecemento da soberanía nacional (Preámbulo e art. 32), que en realidade é popular o ser establecido o sufraxio universal. Completo recoñecemento dos dereitos dos cidadáns (Art. 17): Liberdade de culto, liberdade de ensinanza, libertade de imprenta, liberdade asociación, etc. Declaración moi amplia e novidosa (dereito ó segredo da correspondencia). Clara separación de poderes: o Executivo: en mans do rei e ministros. O rei non ten veto, e tampouco iniciativa lexislativa, só suspender as cortes unha vez por lexislatura, sanciona e promulga as leis, etc. As órdenes do rei necesitan a firma do ministro. O Lexislativo: no Congreso e Senado; cámaras de iguais funcións elexidas por sufraxio universal. Asumen en exclusiva o poder lexislativo (Art. 34), controlan ó goberno e aproban os presupostos. O Xudicial: independente (Art. 36). Se establece o xuizo por Xurados e a carreira xudicial para garantir a súa independencia. Supresión de impostos indirectos, supresión dos impostos de consumos. No referente á relixión, establecese a tolerancia relixiosa, pero mantendo os gastos de culto e clero. E establece como forma de goberno (art. 33) a monarquía. Proclamada a constitución mantense no poder o goberno provisional do xeneral Serrano, que asume a Rexencia mentras que se ten que facer fronte á guerra de Cuba, os desordenes sociais e, dado que se estableceu a monarquía como forma de goberno, á búsqueda dun rei que tiña que ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Promoveronse varios candidatos: os carlistas a Carlos VII; Cánovas del Castillo a Alfonso (fillo de Isabel II); Prim negouse a cualquera posibilidade de aceptar a un Borbón (“¡Jamás, Jamás, Jamás!”) o candidato elexido foi Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel II. O 16 de novembro de 1870 as Cortes nomen a Amadeo de Saboya como rei de España. A súa chegada coincidiu co asesinato de Prim (morto despois de sufrir un atentado, dicembro de 1870), o seu gran valedor, o que fará aumentar os seus problemas. Amadeo adoptou o papel de rei constitucional, pero non puido evitar a inestabilidade derivada de: • A debilidade dos gobernos compostos polos partidos do réxime: progresistas de Sagasta, radicais de Ruiz Zorrilla e unionistas de Serrano. Tiñan pouco apoio social, como quedaba patente na alta abstención electoral. • Crecemento da oposición á monarquía de Amadeo I: por parte dos monárquicos, partidarios da restauración borbónica con Alfonso,

Upload: lorenaamarelle

Post on 11-Jul-2015

98 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comentario sex. democrático

Proposta de comentario EVOLUCIÓN POLÍTICA DURANTE O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)

O reinado de Sabela II foi un reinado moi inestable, con constantes enfrentamentos entre as distintas faccións do liberalismo. Reinado sempre vinculado co partido moderado e sendo necesaria a intervención do exército para soster o goberno e para propiciar os cambios.Entre as causas da caída de Isabel II e da Revolución Gloriosa (doc.1) debemos destacar as económicas, políticas, ideolóxicas e sociais.A inestabilidade do reinado de Isabel II vese agravada pola crise económica que se extende entre 1866 e 1868. Producese unha crise financieira orixinada polo afundimento das accións na Bolsa (sobre todo o ferrocarril), unha crise industrial, polo aumento do precio do algodón (motivado pola guerra de Secesión americana) e o descenso das ventas e unha crise agrícola polas malas colleitas e o aumento dos prezos dos productos.Esta crise económica agrava a crise política. Toda a clase política está descontenta co aumento do moderantismo, autoritarismo e da represión que exercen os gobernos de O´Donnell e de Narváez. En 1866, demócratas e progresistas habían firmado o Pacto de Ostende, ao que un ano despois se une a Unión Liberal (Pacto de Bruselas), co obxetivo de derrocar a Isabel II, a posterior promulgación dunha nova constitución e o establecemento do sufraxio universal. O protagonista do acordo foi o xeneral Prim, que había intentado varios pronunciamientos nestos anos. A este descontento político unese a extensión das ideas progresistas, republicanas e demócratas e, finalmente, a crise social, o descontento e enfrentamento das distintas clases sociais, sobre todo, entre o proletariado (en situación de explotación) e a burguesía. Esta situación dalle á Revolución Gloriosa unha gran forza social. As mortes de O´Donnell (1867) e Narváez (1868), favoreceron as pretensións dos conspirados, os cales se pronunciaron o 17 de septembro de 1868 na Bahía de Cádiz coa axuda do almirante Topete, encargado de sublevar á armada. Ante o anuncio da sublevación (outro pronunciamiento, - explicación-) destos militares liberais monárquicos, sucedense unha serie de alzamentos populares nas principais cidades que adoptaron a forma de Xuntas Revolucionarias (explicar), nas cales terán un protagonismo especial os elementos democráticos. Estas Xuntas, como a de Málaga (doc. 1), expoñen nas súas proclamas unha síntese das aspiracións dos revolucionarios: establecemento do sufraxio universal, implantación de libertades (expresión, reunión, cultos...) e a formación dunhas cortes constituintes para a redacción dunha nova constitución que exprese esos ideais. A raiña exiliase tralo combate de Alcolea e Prim impulsa a formación dun Goberno Provisional formado por progresistas e unionistas que se plantexará a democratización do país, pero tamén a moderación da revolución para que non se altere o orden social.

A Revolución de 1868, coñecida como “A Gloriosa”, nome que xa se lle da no documento nº 1, non é un pronunciamento liberal máis. Vai a tratar de establecer un auténtico sistema democrático (revolución burguesa plena) que durará ata 1874. O periodo é coñecido como “Sexenio Democrático”. As aspiracións dos revolucionarios, que en boa medida serán recollidas na Constitución de 1869 (doc.3), aparecen mencionadas no citado documento: amplia declaración de dereitos e liberdades, soberanía nacional e fin da dinastía dos Borbóns.

Para evitar o auxe das ideas republicanas nas Xuntas, Prim impulsa a formación dun GOBERNO PROVISIONAL formado por progresistas e unionistas, e presidido por Serrano, no cal non entran os demócratas. A súa acción terá un doble sentido:- Moderar a revolución para evitar que caiga en avances sociais e veleidades republicanas. Por elo, disolveránse as Xuntas

Revolucionarias, sendo sustituidas por concellos democráticos.- Lexislar para instalar un sistema democrático.

O goberno provisional empeza a lexislar para dar satisfacción ás demandas das Xuntas, así se establecen decretos recollendo os dereitos de expresión, asociación, etc. Ademáis establecense medidas de carácter librecambista, como o arancel de Figuerola de 1869, que abre o mercado español ó comercio exterior; suprimense os impopulares impostos de consumos ( podese facer unha explicación) e crease a peseta como unidade do sistema monetario español.Outra das labores do Goberno Provisional é a convocatoria de elecións para a Asamblea Constituinte en xaneiro de 1869. Triunfan os monárquicos progresistas de Prim e están presentes os demócratas, os unionistas, os moderados, algúns republicanos e carlistas. Esta Asamblea redactará en poucos meses a Constitución de 1869 (xuño), algúns de cuxos artigos se recollen no doc. nº 2, na que se establece unha monarquía constitucional plenamente democrática, Destaca:

Establecemento da soberanía nacional (Preámbulo e art. 32), que en realidade é popular o ser establecido o sufraxio universal.

Completo recoñecemento dos dereitos dos cidadáns (Art. 17): Liberdade de culto, liberdade de ensinanza, libertade de imprenta, liberdade asociación, etc. Declaración moi amplia e novidosa (dereito ó segredo da correspondencia).

Clara separación de poderes: o Executivo: en mans do rei e ministros. O rei non ten veto, e tampouco iniciativa lexislativa, só suspender as cortes unha vez por lexislatura, sanciona e promulga as leis, etc. As órdenes do rei necesitan a firma do ministro. O Lexislativo: no Congreso e Senado; cámaras de iguais funcións elexidas por sufraxio universal. Asumen en exclusiva o poder lexislativo (Art. 34), controlan ó goberno e aproban os presupostos. O Xudicial: independente (Art. 36). Se establece o xuizo por Xurados e a carreira xudicial para garantir a súa independencia.

Supresión de impostos indirectos, supresión dos impostos de consumos. No referente á relixión, establecese a tolerancia relixiosa, pero mantendo os gastos de culto e clero. E establece como forma de goberno (art. 33) a monarquía.Proclamada a constitución mantense no poder o goberno provisional do xeneral Serrano, que asume a Rexencia mentras que se ten que facer fronte á guerra de Cuba, os desordenes sociais e, dado que se estableceu a monarquía como forma de goberno, á búsqueda dun rei que tiña que ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Promoveronse varios candidatos: os carlistas a Carlos VII; Cánovas del Castillo a Alfonso (fillo de Isabel II); Prim negouse a cualquera posibilidade de aceptar a un Borbón (“¡Jamás, Jamás, Jamás!”) o candidato elexido foi Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel II.

O 16 de novembro de 1870 as Cortes nomen a Amadeo de Saboya como rei de España. A súa chegada coincidiu co asesinato de Prim (morto despois de sufrir un atentado, dicembro de 1870), o seu gran valedor, o que fará aumentar os seus problemas. Amadeo adoptou o papel de rei constitucional, pero non puido evitar a inestabilidade derivada de:• A debilidade dos gobernos compostos polos partidos do réxime: progresistas de Sagasta, radicais de Ruiz Zorrilla e unionistas de Serrano. Tiñan pouco apoio social, como quedaba patente na alta abstención electoral.• Crecemento da oposición á monarquía de Amadeo I: por parte dos monárquicos, partidarios da restauración borbónica con Alfonso,

Page 2: Comentario sex. democrático

o fillo de Isabel II; oposición dos republicanos; dos carlistas, quenes protagonizan un novo levantamento, propugnando a entrega do trono a Carlos VII, levantamento que se convirte na Terceira Guerra Carlista (1872-76), con incidencia no País Vasco, Navarra, Cataluña e o Maestrazgo. Oposición da igrexa (porque hai tolerancia relixiosa), das clases adiñeradas (porque hai librecambismo), etc.

Ante os continuos desórdenes e o escaso apoio popular, Amadeo abdica o 11 de febreiro de 1873. O estado do país, os problemas e a falta de unidade que comentábamos queda patente no seu discurso de abdicación (documento nº 3). No documento fai referencia á falta de entendemento entre os distintos partidos políticos (“… atronador e contradictorio clamor dos partidos políticos “) os desordenes sociais, á falta de apoio, etc.Coñecida a súa renuncia, o Parlamento, reunidos o Congreso e o Senado, proclama entón a República o 11 de febreiro de 1873.

O réxime republicano nace sumido nunha gran inestabilidade, o que finalmente orixinará o seu fracaso. As causas principais desta inestabilidade hai que buscarlas en:- A existencia de dúass guerras: a de Cuba e a carlista.- O seu escaso apoio popular.- A división dos propios republicanos, entre federalistas e unionistas e entre moderados e exaltados.- O problema do cantonalismo, que aparece como un intento de construir o estado desde abaixo.

A República vai ter catro presidencias (presidentes do poder executivo):- Figueras é nomeado o 11 de febreiro de 1873. As primeiras medidas tomanse buscando estabilizar un réxime que nace en circunstancias especiais. En maio celebranse eleccións e gañan os federalistas. Esto provocará o aumento dos desórdenes.

– Pi i Margall é elexido presidente (11 de xuño 1873).Realiza un proxecto de constitución federal (documento nº 4), que habría modificado plenamente a organización do estado español. Chama a atención especialmente o seu art. 1, donde se fala de que España queda dividida non en rexións ou en provincias, senon en Estados (17 estados, incluese Cuba e Puerto Rico), que conforman a idea da república federal. En canto á Soberanía, establecese expresamente que reside en todos os cidadáns, se entiende, polo tanto, popular (art. 42). Establecese tamén unha ríxida separación de poderes entre o executivo, exercido polo Consello de Ministros (Presidente máis ministros) lexislativo, que reside nun Congreso e Senado, e xudicial, nos xuices e o xurado popular, aparecendo, ademáis, un novo poder, o poder de relación entre os tres poderes (art. 45), que sería exercido polo Presidente da República. O Presidente da República era elexido por sufraxio universal indirecto (cada provincia elexía uns electores e esos reuníanse en Madrid para a elección do Presidente e Vicepresidente). Outros aspectos destacados son o establecemento de amplias liberdades e a clara separación de Estado e Igrexa, que deixará de percibir os gastos de culto e clero.

Aprobouse a constitución, pero os desordenes sociais aumentan (como a revolta de Alcoy, na que asaltan ás autoridades e fábricas) e estala o problema do cantonalismo. Varias cidades se proclaman cantóns ( definir cantón: entidade de carácter subnacional) soberanos en Andalucía e Levante (Cartagena foi o 1º sitio e o máis importante). Ante estos graves problemas e como Pi i Margall non quere reprimir usando a violencia, presenta a súa dimisión.

Elíxese o terceiro presidente, Nicolás Salmerón, en xullo e autoriza a represión militar contra o cantonalismo, o que otorga un maior protagonismo os militares. Dimite en septembro por non querer firmar unhas penas de morte a cantonalistas.

O último presidente é Emilio Castelar, él obten do parlamento poderes excepcionais para restablecer o orden, entre as medidas destacan:

• Persigue o federalismo, para estabilizar o país e manter a unidade.• Reforza o poder militar para facer fronte ó cantonalismo e á guerra carlista.• Suspende as Cortes durante tres meses.

O goberno de Castelar queda sen apoios, os grupos monárquicos, moderados, etc., queren que a súa xestión fracase para poder volver á monarquía. Así, Castelar presentou a súa dimisión o 2 de xaneiro de 1873. Neste contexto o poder pasaría de novo os republicanos federais e poderían volver a aumentar os problemas sociais e o cantonalismo. É entón cando se produce o golpe de estado do xeneral Pavía (3 de xaneiro de 1874). De novo unha intervención militar para acabar cun réxime e dar paso a outro. Os militares e os sectores moderados (oligarquía) non querían a república nin a inestabilidade dos republicanos federais.

O golpe de estado da lugar á implantación do goberno do xeneral Serrano, quen permanece no poder ó largo de 1874. Mantense como forma de goberno a república, pero cun goberno formado por monárquicos, á espera de encontrar o momento axeitado para restablecer a monarquía. Serrano intentará, ante todo, restablecer o orden (Guerras de Cuba, carlista e cantonalista), ata que o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio Martínez Campos se subleva en Sagunto pedindo a volta da monarquía. En 1875 volverá Alfonso de Borbón (XII) e será proclamado rei de España mentras que Serrano exiliase. Iniciase a Restauración.

Termina deste modo o periodo coñecido como o Sexenio Revolucionario, seis axitados anos nos que tivemos, a 1ª constitución democrática, unha nova dinastía reinante e á Primera república.

[i] El pronunciamiento es el levantamiento de una personalidad importante, generalmente un militar, que ha obtenido prestigio. Empiezan los pronunciamientos durante el reinado de Fernando VII, para forzar al monarca a tomar un rumbo liberal (Porlier, Riego, Torrijos). Son característicos en la historia de España debido a la debilidad de las fuerzas políticas civiles. También los liberales moderados protagonizan pronunciamientos, como el general Narváez frente a Espartero.

[ii] Las Juntas revolucionarias constituyen otra institución característica del liberalismo español. Aparecen con el inicio de la Guerra de Independencia, cuando las autoridades existentes no hacen nada contra los franceses. El pueblo decide organizarse y forma nuevas formas de autoridad que no aceptan las órdenes del poder existente y asumen el poder, la soberanía. Se repiten a lo largo del XIX en momentos de crisis. Se eligen de modo espontáneo mediante procesos electorales variados y tienen especial incidencia en 1835, 36, 40, 42-43, 54 y 68-69.