cn 6ºprimaria. unidad 2. a nutrición
TRANSCRIPT
TEMA 2. A NUTRICIÓN
APARATOS QUE INTERVEÑEN NA NUTRICIÓN Teñen lugar distintos procesos:
O noso organismo toma o osíxeno do aire e transforma os alimentos consumidos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrintes.
Nas células, o osíxeno e os nutrintes transfórmanse en enerxía para que o noso organismo poida realizar todas as funcións vitais.
O osíxeno e os nutrintes transfórmanse en materia necesaria para o noso organismo.
Durante este proceso prodúcense substancias de refugallo que o corpo expulsa ao exterior.
A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN Aparato dixestivo: transforma en nutrientes os
alimentos que tomamos ao comer e expulsa os residuos ao exterior en forma de feces.
Aparato respitatorio: toma o osíxeno do aire a través dos pulmóns e expulsa ao exterior o dióxido de carbono.
Aparato circulatorio: leva os nutrientes e o osíxeno ás células. Tamén se encarga de transportar os refugallos que estas xeran para eliminalos.
Aparato excretor: está formado polo sistema urinario e as glánduloas sudoríparas.
A NUTRICIÓN DAS CÉLULAS
CATRO APARATOS QUE TRABALLAN XUNTOS
QUE É O PROCESO DIXESTIVO? Distinguimos as seguintes fases:
Dixestión: é o conxunto de cambios que sofren os alimentos ao longo do aparato dixestivo. O obxectivo e transfromar os alimentos en nutrientes.
Absorción: é o paso dos nutrientes ao sangue. Saída de refugallos: é a preparación da pate dos
alimentos que o noso corpo non necesita.
A DIXESTIÓN Comeza na boca. Nela os dentes trituran os alimentos e a
lingua mestúraos coa saliva que procede das glándulas salivares. Esta mestura chámase bolo alimentario.
Despois o bolo baixa pola farinxe e o esófago ata chegar ao estómago.
O estómago segrega unhas substancias chamadas zumes gástricos, que se mesturan co bolo alimentario e forman unha especie de pasta chamada quimo.
O quimo chega ao intestino delgado e mestúrase con outros zumes que proceden do páncreas, do fígado e do propio intestino.
A DIXESTIÓN Desa forma o quimo transfórmase en quilo que é
unha especie de pasta que contén os nutrientes dos alimentos e os restos que o noso corpo non necesita.
Hai dous procesos: Mecánico: os alimentos son partidos en anacos e
triturados. Químico: o noso corpo fabrica zumes, como o
zume pancreático. Estes zumes engádense aos alimentos e convértenos noutras substancias.
A ABSORCIÓN Nesta fase os nutrientes do quilo pasan ao
sangue a través dos capilares sanguíneos que se encontran nas velosidades das paredes do intestino delgado.
A SAÍDA DE REFUGALLOS O noso corpo non necesita os restos dos
alimentos que non se abosrben no intestino delgado. Estes seguen o seu percorrido ata chegar ao intestino groso.
No intestino groso estes refugallos transfórmanse en feces e son expulsadas ao exterior a través do ano.
A VIAXE DOS ALIMENTOS
A RESPIRACIÓN Consiste en tomar o osíxeno que necesitan as
células e expulsar o dióxido de carbono que se produce nelas.
A respiración prodúcese grazas aos seguintes procesos: Ventilación pulmonar Intercambio de gases
VENTILACIÓN PULMONAR É a entrada e saída de aire dos pulmóns.
Realízase mediante dous movementos: Inspiración: o diafragma contráese, a cavidade
torácica expándese e os pulmóns ensanchan a fanse máis grandes. O aire entra polas fosas nasais e quéntase e límpase de impurezas mediante a mucosidade e a peluxe que recobre estas cavidades. Despois o aire pasa pola larinxe, traquea, bronquios e bronquíolos e chega os pulmóns.
Expiración: o diafragma relásaxe e a cavidade torácica redúcese. Os pulmóns fanse máis pequenos e desinchan.
INTERCAMBIO DE GASES Nos pulmóns encóntranse os alvéolos
pulmonares. Neles prodúcese o intercambio de gases. Durante este proceso o osíxeno que procede do aire exterior pasa o sangue e o dióxido de carbono que está no sangue pasa aos pulmóns para sair ao exterior.
A VIAXE DO AIRE
A CIRCULACIÓN: A VIAXE DAS SUBSTANCIAS O aparato circulatorio é o encargado de levar ás
células o osíxeno e os nutrientes que necesitan. O aparato circulatorio está formado por:
Vasos sanguíneos comunicados entre sí O sangue O corazon
OS VASOS SANGUÍNEOS Formados por tres tipos:
Veas: son vasos polos que circula o sangue que vai cara ao corazon.
Arterias: son vasos polos que circula o sangue que sae do corazón.
Capilares: son vasos moi finos que comunican as arterias e as veas. Permiten o intercambio de substancias e gases coas células.
O SANGUE Está formado por:
Plasma: é un líquido no que flotan as células sanguíneas. Ademais, leva nutrientes e substancias de refugallo.
Células sanguíneas: que existen diferentes tipos: Glóbulos vermellos: transportan o osíxeno e o
dióxido de carbono. Plaquetas: cerran as feridas para que o sangue non
saia. Glóbulos brancos: defenden o organismo fronte a
microorganismos e virus.
O CORAZÓN É un órgano musculoso formado por
catro cavidades: dúas aurículas e dous ventrículos. As aurícolas comunícanse cos ventrículos mediante as válvulas.
Este órgano contráese e dilátase para impulsar o sangue a todo organismo mediante latexos que teñen duas fases: Sístole: O corazón contráese e envía o
sangue ás arterias. Diástole: O corazón relásaxe e o
sangue entra no seu interior.
O PERCORRIDO DA SANGUE A circulación sanguínea é o percorrido que
realiza o sangue polo organismo. Hai dous circuitos:
Circulación pulmonar: é o percorrido qie realiza o sangue para pasar polos pulmóns.
Circulación xeral: é o percorrido que realiza o sangue por todo o organismo agás polos pulmóns.
O PERCORRIDO DA SANGUE
A EXCRECIÓN: COMO ELIMINAMOS OS REFUGALLOS?
O noso organismo elimina os refugallos de dúas formas: Dióxido de carbono: elimínase no aparato
respiratorio a traves dos alvéolos pulmonares. Resto dos refugallos: elimínanse no aparato
excretor. Este aparato está formado polo sistema urinario e as glándulas sudoríparas.
O SISTEMA URINARIO
Está formado polos riles, os uréteres, a vexiga urinaria e a uretra.
A FORMACIÓN DE URINA O sangue recolle os refugallos que producen as
células e lévaos ata os riles. No interior o sangue filtrase e sae limpo. Os refugallos filtrados nos riles mestúranse
con auga e forma a urina. Esta sae dos riles polos uréteres e vaise acumulando na vexiga.
Cando esta chea a urina expúlsase ao exterior a través da uretra.
AS GLÁNDULAS SUDORÍPARAS A suor está composta por auga e substancias de
refugallo, e prodúcense nas glándulas sudoríparas. Estas están formadas por un tubo longo. O extremo
inferior actúa como filtro e o outro extremo acaba nun poro que se abre ao exterior.
As funcións son: Filtrar o sangue: recollen substancias de refugallo
das céulas e auga e expúlsanas ao exterior en forma de suor.
Controlar a temperatura corporal: cando vai moita calor, suamos. Isto fai que o noso corpo se refresque.
A IMPORTANCIA DA AUGA NA EXCRECIÓN As glándulas sudoríparas e os riles necesitan
auga para expulsar as substancias de refugallo. Por iso, para axudar ao noso aparato excretor
funcione correctamente debemos beber unha cantidade suficiente de auga.