club de lectura 2016 17 solicitud
TRANSCRIPT
CPI A XUNQUEIRA.Avda. do Mar, s/n. San Valentín.
15500. Fene. A Coruñ[email protected]
http://centros.edu.xunta.es/cpi.axunqueira
CLUB DE LECTURA “CPI A XUNQUEIRA”1.- INTRODUCIÓN.
Unha das competencias clave fundamentais para o desenvolvemento das capacidades do
alumnado é a comunicación lingüística. Dende o centro, e como parte do noso Proxecto Lector,
estamos poñendo en práctica diversas iniciativas que favorecen a formación de lectoras e lectores
competentes e a creación e consolidación do hábito de ler. Este curso continuamos con a Hora de ler
e estamos a impulsar a biblioteca como un espazo de lecer e de traballo compartido.
Enmarcada nestas iniciativas, e contando coa colaboración da bibilioteca e o profesorado,
poñemos de novo en marcha, por terceiro ano consecutivo no noso centro, o Club de lectura, coa
pretensión de incitar á lectura e promover o amor polos libros. O club levará o nome de CLUB DE
LECTURA “CPI A XUNQUEIRA”, o do noso centro.
2.- FINALIDADES DO CLUB DE LECTURA. Mellorar a competencia de comunicación lingüística do alumnado.
Fomentar a creación dun hábito lector e a formación de lectores competentes.
Ofrecer ao alumnado a posibilidade de comunicación cos seus iguais e cos seus profesores,
nun contexto menos académico, compartindo gustos, inquedanzas, significados, emocións e
opinións sobre as súas lecturas.
Favorecer que o alumnado entre en contacto coa literatura dunha forma máis distendida,
coñezan autores e xéneros novos en maior profundidade.
Desenvolver entre os lectores e lectoras o espírito crítico.
Mellorar a capacidade de falar en público e ampliar vocabulario.
Incorporar á lectura a mozos e mozas que presentan resistencia a ler, ofrecéndolles unha
actividade de carácter voluntario, que conecta cos seus intereses e necesidades.
Impulsar a lectura de textos en lingua galega, contribuíndo a reforzar o vínculo dos rapaces e
rapazas coa nosa cultura.
Mellorar as competencias de tratamento da información e dixital.
3.- ACTIVIDADES PROGRAMADAS. Reunións quincenais para poñer en común o que estamos a ler, falando sobre a obra e
comparándoa con outras xa lidas ou con experiencias persoais.
Participación no blog da Biblioteca “Bibliotecaxunqueira.blogspot.com onde temos un espazo
reservado para facer un seguimento das nosas lecturas e subir comentarios e actividades.
Tamén participaremos a través do blog “Isto é ESO” do noso colexio.
1
Entrega de material e carné do club: libreta, carpeta, marcapáxinas,…
Elaboración dun “Diario de lectura”.
Elaboración de carteis muráis sobre as obras ou autores lidos.
Visionado e comentario dalgún fragmento de película ou video relacionado co libro que
estamos a ver.
Participación do club na revista do colexio e/ou nos festivais escolares.
Posible organización de charlas con escritores no centro.
Organización dun roteiro literario polas fragas do Eume a propósito das lecturas de Agustín
Fernández Paz. Visitaremos a Aula da Natureza e leremos in situ fragmentos das obras No
corazón do bosque ou Cartas de Inverno. Está prevista para o 20 de abril.
Festa fin de curso prevista para o 02/06 de 11:10 a 12:10.
Entrega de diplomas e premios.
4.- COMPOSICIÓN E NÚMERO DE PARTICIPANTES.O noso club está aberto á participación de toda a comunidade educativa, aínda que en
principio estará formado por:
- Profesores de varias especialidades da ESO. Algúns xa teñen participado no club de lectura
o pasado curso e outros recén chegados ao centro sumaránse á iniciativa. Cada profesor ou grupo de
profesores lerá cun grupo de alumnos e alumnas.
- Profesores de primaria, apoiados polo equipo de biblioteca ou por membros do club, que
repetirán a exitosa experiencia iniciada o ano pasado, de ler con alumnos de 5º e 6º.
- Alumnado de diferentes niveis e etapas. De momento están apuntados 56 alumnos ao Club
de lectura, 25 de primaria e 31 de secundaria.
5.- FORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO PREVISTOS.A día 30 de setembro, hai apuntados na actividade 56 alumnos e alumnas e 11 profesoras.
Crearanse varios grupos de lectura e o profesorado repartirase entre os grupos, de modo que haxa a
lo menos un profesor ou profesora por cada grupo. Estes 56 alumnos distribuiranse previsiblemente
en 6 grupos (un grupo de lectura para o alumnado de 5º de primaria, outro para o de 6º; un para
primeiro da ESO A e outro 1º ESO B, outro para 2º e outro para o alumnado de 3º e 4º da ESO).
Serán os membros de cada grupo de lectura do club en conxunto os que decidan sobre o que
se vai ler e vaian marcando o paso das actividades que se levarán a cabo, para permitirlles aos
rapaces e rapazas desenvolver a actividade dun xeito atractivo e motivador, aínda que guiados polo
profesorado integrante do club.
Proporase a lectura de novela pero tamén de outros xéneros como a banda deseñada.
6.- HORARIO E CALENDARIO DAS REUNIÓNS.
2
As reunións do club celebraranse na biblioteca durante o recreo correspondente, de 11:15 a
11:50 en Primaria, e de 11:50 a 12:10 os de Secundaria, en días diferentes cada grupo de lectura. As
reunións terán lugar cada 15 días aproximadamente.
A primeira reunión celebrarase na semana do 24 ao 28 de outubro, cada grupo de lectura nun
día diferente.
GRUPO DE LECTURA
ALUMNADO PARTICIPANTE
PROFESORES DÍA DA REUNIÓN
5º E.P. 10 Begoña Otero, Ana Mª Siso Venres6º E.P 15 Lucía Prieto, Ángeles Vázquez Mércores
1º A ESO 9 Cristina Porteiro, Montse Rivera Venres1º B ESO. 8 Dulce López, Ana Sobrido Martes
2º ESO 8 María Anca, Blanca López Luns3º e 4º ESO 6 Mª Carmen González, Ana Sobrido Xoves
7.- PERSOA COORDINADORA.A coordinadora do club será MARÍA CARMEN GONZÁLEZ DÍAZ, que forma parte do
Departamento de Lingua Castelá e Literatura e do Equipo Dinamizador da Biblioteca Escolar do
centro. Esta profesora realizou actividades formativas no ámbito das bibliotecas escolares e xa ten
participado no club de lectura tanto neste como noutros centros.
8.- MEDIOS PARA A SÚA DIFUSIÓN.O Club darase á coñecer á comunidade educativa a través do blog do centro e da biblioteca,
así como con carteis expostos nos corchos e aulas do colexio, elaborados coa axuda do
Departamento de plástica, que colabora para o desenvolvemento desta actividade.
Distribuiuse así mesmo unha circular informativa dirixida ás familias para dar a coñecer a
actividade e apuntarse, e deuse información sobre o club de lectura nas reunións de pais e nais no
comezo do curso.
A DIRECTORA: A COORDINADORA:
Mª Isabel Hermida Rodríguez Mª Carmen González Díaz
CPI A Xunqueira, Fene, a 3 de outubro de 2017.
3