claves para encontrar traballo no sector...

37
Claves para encontrar traballo no sector social www.ceesg.gal GUÍA+WORKBOOK

Upload: hoanghanh

Post on 04-Dec-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Claves para encontrar

traballo no sector social

www.ceesg.gal

GUÍA+WORKBOOK

Page 2: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,
Page 3: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

Claves para encontrar traballo no sector social

Edita: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia -Ceesg-

Supervisión: Laura Vilaboy Romero, Natalia Domínguez Galán, Beatriz Caneda Zamar e Montse

Sánchez Barcia (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia –Ceesg-)

Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas, Laura Caeiro Rey e Alba Pardo Servia

(Innova. Consultoría, Formación e Proxectos. Instituto Superior de Intervención e Acción Social

-Instituto SIAC-)

Depósito legal: C 1720-2017

ISBN: 978-84-697-6899-0

Santiago de Compostela, 2017

Esta obra está suxeita a unha Licenza de Creative Commons. Esta licenza permite a outras persoas

distribuír, remezclar, retocar e crear a partir desta obra de modo non comercial, sempre e cando se

mencione a fonte e se licencien as novas creacións baixo ás mesmas condicións.

Page 4: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,
Page 5: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Se chegaches ata aquí é porque es unha persoa namorada da túa

profesión pero que, dende fai tempo, sentes que precisas facer algo para

atopar o traballo dos teus soños.

Dende sempre gustouche o mundo do social. Tes boas ideas, es unha

persoa creativa e cada día, déixaste a pel para cumprir o teu soño: que

non é máis que vivir de aquilo que te apaixona. Traballar polas demais

persoas e axudar a mudar as cousas. En definitiva, facer deste mundo un

lugar mellor.

Porque está claro que as persoas que nos dedicamos ao mundo do social,

facémolo por vocación malia que en ocasións (moito máis a miúdo do que

debería) acontece que os nosos traballos non nos apaixonan tanto como

deberían.

Conscientes de que debemos de re-namorarnos co noso ámbito de

traballo, escribimos esta guía para axudarche a atopar o traballo dos teus

soños e, como non, que poidas vivir da túa paixón.

Page 6: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,
Page 7: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

PASOS para chegar ao máis alto Paso #1: INCONFÓRMATE Paso #2: O MEU OBXECTIVO PROFESIONAL Paso #3: VOLTA Á CARGA Paso #4: CONTACTOS PROFESIONAIS Paso #5: BUSCADORES, PORTAIS E REDES SOCIAIS Paso #6: CURRÍCULO PERFECTO Paso #7: CARTA DE PRESENTACIÓN EFECTIVA Paso #8: ENTREVISTA MEMORABLE Paso #9: DIFERENCIARSE OU MORRER Paso #10: A MIÑA ESTRATEXIA INFALIBLE

RETOS para chegar máis rápido Reto #1: O MEU ESPELLO Reto #2: O MEU TRABALLO IDEAL Reto #3: FAI ALGO NOVO Reto #4: FAI NETWORKING Reto #5: ÚNETE A UNHA COMUNIDADE VIRTUAL Reto #6: O MEU VIDEOCURRÍCULO Reto #7: UNHA CARTA DE PRESENTACIÓN DIFERENTE Reto #8: O MEU SPEECH Reto #9: A MIÑA MARCA PERSOAL EMPEZA HOXE Reto #10: O MEU CAMIÑO

Page 8: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,
Page 9: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

6

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Page 10: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

7

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #1: INCONFÓRMATE

A busca de emprego é algo máis que enviar un currículo, unha carta de presentación ou

inscribirse en miles de ofertas de traballo. Poñerse a buscar traballo require algo máis que

fixarse unha rutina, encherse de paciencia ou aprender a “venderse”.

Buscar traballo é un gran desafío que implica moita enerxía, dedicación e compromiso. Pero

para superar este desafío, non basta con demostrar a túa valía nin as túas destrezas.

A busca de emprego require algo máis. E non falamos só de motivación, ilusión ou de

estratexia. Non se trata unicamente disto.

E preguntaraste … pero se non é só por iso, que é buscar emprego?

Pois a clave de buscar traballo é a oportunidade para a transformación persoal e profesional

que este proceso nos brinda. A busca de emprego permite que nos paremos a pensar sobre

nos mesmas/os e decidir que imos a facer.

Por iso, non queremos que desaproveites esta gran oportunidade para o cambio. Neste senso,

a busca de traballo tería que ser a semente para xerar un cambio. O motor que te impulse a

actuar.

Se es capaz de visualizar este feito como un dos momentos máis importantes da túa vida pola

súa enorme capacidade para transformarte como persoa e como profesional, terás atopado o

verdadeiro sentido de poñerte a buscar un emprego.

Deste modo, suxerímosche que non debes conformarte. Inconfórmate no sentido positivo da

palabra. ¡Inconfórmate co que tes e co que es! Inconfórmate co que tes para ter máis (máis

coñecementos, máis aptitudes, máis cartos, etc.). Inconfórmate simplemente co que es para

poder ser máis. Inconformarse co presente é o primeiro paso para lanzarse de cheo na busca

de emprego.

Tal como di Anxo Pérez, o autor do libro “Los 88 Peldaños del Éxito”: “Inconfórmate es la

semilla del cambio. Solo mejorarás tu futuro el día que decidas inconformarte con tu presente

… Inconfórmate para ser, inconfórmate para aprender, inconfórmate para crecer.”

Incomódate. Sal da túa zona de confort. Só podes medrar se estás disposta/o a sentirte

incómoda/o ao intentar cada día algo novo. Renderse agora é de covardes. Renderse queda

expresamente prohibido. Así que respira fondo e sigue. Din que o imposible so tarda un pouco

máis.

Porque “ó fracaso chégase cando te inconformas e te queixas. Ao éxito chégase cando te

inconformas e actúas”. Por iso, a partir de agora centrarémonos en que debes facer para

alcanzar a túa meta.

Así que, se che parece, ¡comezamos!

Page 11: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

8

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #1: O MEU ESPELLO

Sabémolo. Non imos mentirche. O primeiro dos retos que che imos propoñer require un gran

esforzo pola túa parte: queremos que te penses seriamente as cousas. Que non deas nada por

sentado. Comeza, pois, a cuestionar unha por unha as cousas que tiñas por certas.

Ponte fronte ao espello e contéstate estas preguntas:

Quen son agora?

Como quero ser maña?

Como me vexo de aquí a dous anos?

Que está na miña man para logralo?

Que aspectos debo pulir para conseguilo?

Pregúntate se o que estás facendo hoxe te vai levar ao lugar no que queres estar mañá.

Trátase de que realices unha análise pormenorizada dos teus puntos a favor e aqueles que

precises mellorar ou que aínda non estean no punto óptimo para que poidas conseguir o teu

obxectivo.

Uff! Vaia... seguro que queda moito por camiñar. É o momento de comezar con paso firme e

decidido.

Pór o foco sobre aquilo que debes mellorar ou aquilo que queres facer. A partir de agora

axudarémoste para que poidas ir seguindo esa luz.

Page 12: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

9

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #2: O MEU OBXECTIVO PROFESIONAL

Imos a tiro fixo. Non podes comezar a casa polo tellado. Antes de poñerse “ao tolo” a buscar

traballo debes ter claro que é o que queres. Parece simple pero non o é tanto.

En definitiva, debes pararte a pensar cal é o teu obxectivo profesional. É dicir, cales son as túas

motivacións e intereses. E claro, isto ten que ir intimamente relacionado co que podemos

ofrecer. Con isto referímonos a que ten que haber unha relación de equilibrio entre aquilo que

queres alcanzar na túa vida profesional e todo aquilo que sabes facer ou estás disposta/o a

aprender para alcanzar dita meta.

Pero isto do obxectivo, para que serve? Pois serve para que teñas claro onde queres traballar e

onde non. Serve para que teñas máis claro que estás disposta/o a facer e que non. Serve para

axudarche a visualizar o teu traballo ideal e, sobre todo, axudarache a ter maior iniciativa e

poder sobre as túas accións. Saberás que pasos terás que dar para chegar á túa meta. Poderás

ver máis claramente que é o que vas ofrecer ás entidades que buscan novas incorporacións. E

finalmente, dotará de sentido ao teu proceso de busca de emprego ou de consecución de

outro emprego mellor, se é que xa estás traballando.

Este exercicio de reflexión persoal e profesional servirache ademais para enfocar a túa carreira

profesional. É como se tiveses unha lanterna que che permitise guiar a luz cara un

determinado punto ou obxecto. Ao ter o foco ben centrado poderás avanzar máis facilmente.

Como ves, isto do obxectivo profesional vai moito máis alá que unha frase bonita ou

impactante para poñer no teu CV. Non cres?

Así que agora tócache traballar. Pregúntate e trata de responder sinceramente estas cuestións:

Que tipo de traballo quero?

Que funcións desexo desenvolver?

Que responsabilidades me gustaría asumir?

En que tipo de equipo de traballo pretendo incorporarme?

Que horario quero ter?

Canto diñeiro quero cobrar?

Unha vez que o fagas, analiza as túas respostas. Son o reflexo de ti mesma/o cando decidiches

que ías dedicarte ao social? Probablemente, xurdisen algunhas diferenzas. É lóxico. Non

significa que perderas vocación. O único que acontece é que as persoas cambiamos e, por iso,

tamén mudan as nosas necesidades, prioridades e desexos.

Pero seguro que a esencia segue aí. Que aínda segues pensando que a intervención social é a

mellor forma de provocar cambios positivos nas persoas. Porque subscribes plenamente o

proverbio chino: “Dáme un peixe e cearei esta noite. Dáme unha cana de pescar e cearei

sempre”.

Page 13: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

10

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Así que, rebusca no teu interior e pensa so naquilo que realmente te fai vibrar. Deixa de lado

aquilo que non che gusta e pensa que podes facer para cambialo. Escoita só a esa voz interior

que che di “a miña profesión é preciosa e non a cambiaría por nada no mundo”.

Así, cos ollos ben abertos e soñando queremos que empeces a imaxinar o teu futuro

profesional. Imos traballar duro para sacar a relucir todos os teus puntos fortes e facer brillar

aqueles aspectos que te fan diferente.

Imos comezar a camiñar cara o máis alto. Sen mirar nunca ao chan.

Page 14: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

11

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #2: O MEU TRABALLO IDEAL

Atopa vinte minutos de tranquilidade sen interrupcións para escribir como é o teu traballo

ideal. Evita toda distracción posible: apaga o ordenador e o móbil. Colle lapis e papel, sírvete

unha cunca de café ben quentiño e busca un espazo de traballo que te inspire.

Queremos que soñes cos ollos abertos e que describas o máis amplamente posible cal é o teu

traballo ideal. A túa imaxinación é o límite.

Non é o momento de poñerte pedras no camiño, de pensar nos obstáculos que limitan o teu

progreso ou de pensar se é posible. Queremos que penses en que che gustaría facer. Pensa ao

grande. ¡Ollo! debes ser realista e honesta/o contigo mesma/o. Trátase de definir a túa propia

versión do éxito dentro da túa profesión. Só ti podes saber que é o éxito para ti.

Non che pedimos que elabores una longa lista de cousas por facer mañá. ¡Non te preocupes!

Nos próximos retos irás vendo que debes facer para conseguilo.

Pero agora non toca iso. Agora queremos que sexas o máis precisa/o posible: describe as túas

funcións dentro dun equipo, pensa nun proxecto concreto e imaxina a entidade ideal baixo a

que queres traballar. Evita cousas como “gañar máis diñeiro”, “ter máis responsabilidades”.

¡Dinos canto máis! Recorda que debes ir ao detalle, ao concreto e específico.

Se vas polo bo camiño sentirás unha sensación de expansión porque terás aliñado os teus

obxectivos profesionais coa túa paixón. Pode que marcases un obxectivo difícil pero iso non

significa que non sexa alcanzable.

Queremos que este reto che permita avanzar con decisión e moverte para pasar a acción.

Esperamos que sirva como punto de inflexión para que impulses todos os cambios necesarios

para lograr os teus obxectivos.

Onde hai un soño hai un camiño: agora, é o momento de empezar a camiñar.

Vés connosco?

Page 15: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

12

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #3: VOLTA Á CARGA

Queremos traerche unha cita que nos inspira e pronunciou a Nobel da Paz Malala Yousafzai.

Malala converteuse en todo un símbolo en Pakistán e en todo el mundo na loita polos dereitos

de nenas e mulleres.

Malala dixo que: “Dámonos conta da importancia das nosas voces cando somos

silenciadas/os”.

Pois iso é o que precisamente queremos que fagas: non deixes que a túa voz se apague. Por

iso, é imprescindible que sigas aí, enriba da onda.

Para estar ao día podes facer moitas cousas. Pero todas elas teñen en común o mesmo:

manter e aumentar os teus contactos profesionais.

Trátase de que ao longo da túa vida profesional tezas unha forte rede de alianzas profesionais

que che servirán para promocionar e escalar postos. Si, así de simple. Cantos máis contactos e

de maior calidade teñas, maiores probabilidades de atopar bos traballos terás. Jejeje, isto é o

que teñen as matemáticas: 2 + 2 son 4. De toda a vida.

Queremos darche unha serie de consellos para que teñas moi en conta que tes que volver á

carga e ir a por todas:

A formación non termina na universidade. Debes estar en constante reciclaxe.

Aprendendo cousas novas. Especialmente aquelas que non nos ensina a universidade.

Fai cursos, miles de cursos. Online, presencial, blender… o que sexa pero segue

aprendendo.

Utiliza os medios sociais como fonte de aprendizaxe informal. Sé autodidacta. Pero

non te centres só no relacionado co social. Vai máis alá.

Complementa o teu currículo con formacións noutras áreas. Diferénciate, móstrate

como alguén interesante. Fai que se pelexen por ti.

Volver a facer prácticas profesionais é unha boa opción para facer novos contactos. As

prácticas profesionais permitiranche ampliar os teus contactos profesionais, a túa

experiencia laboral xunto coas túas posibilidades de encontrar emprego.

Faite voluntaria/o. O voluntariado é unha estupenda oportunidade para traballar en

proxectos interesantes, seguir formándote e aumentar contactos. Por favor, desterra

xa da túa mente eses pensamentos negativos acerca de que o voluntariado só serve

para “quitar traballo” ou que só serve para “traballar gratis”. Esquécete diso, porque

non é certo.

Prepárate unhas oposicións. Prepáraas porque vas aprender un montón e porque

malia que como sabes é difícil entrar á primeira, nunca se sabe o que pode pasar. Pero

se aprobas algunha fase seguramente quedes nunha lista para contratacións

temporais. Posiblemente sexa una lista desas que se moven moi pouquiño pero ao

mellor ese día chega máis pronto do que poidas imaxinar ;-)

Preséntate a unha beca, premio ou axuda. Permitiranche seguir formándote e estar

moi preto do mundo laboral.

Page 16: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

13

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #3: FAI ALGO NOVO

Ben, agora que xa estamos ben situadas/os e estamos comezando a enfocarnos cara o noso

obxectivo, chega o momento de axitar o teu presente.

Imaxina que es un rico frapuccino deses ben fresquiños. Como sabes, para mesturar ben os

sabores de vainilla e o café, non hai nada como axitalos ben. Pois iso é o que che pedimos:

axita o teu día a día.

Como dicía o gran Steve Jobs: “Cada mañá miro ao espello e pregúntome: se hoxe fose o último

día da miña vida, gustaríame facer o que estou a piques de facer hoxe? E cando a resposta foi

NON por varios días seguidos, doume conta de que teño que cambiar algo”.

Pois iso é precisamente o que pretendemos con este reto. Ímosche lanzar unha serie de ideas

para que poidas axitar o teu presente. Imos alá:

Achégate a falar a un/a docente ou relator/a tras unha charla ou clase. Fálalle de ti e

do moito que te inspirou o seu discurso.

Bótalle unha ollada a Milanuncios ou algunha outra web similar. Si, si … oíches ben!

Tamén aí se colgan ofertas laborais.

Manda un email a un/ha antigo/a compañeiro/a de facultade que te enteraches que

traballa naquela entidade que tanto che gusta. Proponlle tomarvos un café.

Pídelle á túa amiga, esa que controla tanto de fotografía, que che faga unha sesión de

fotos para poder inserir no teu CV e nas redes sociais. Oes, pero sen pasarse! Unhas

fotos sinxelas e con pose natural.

Anda, e se lle pides a ese curmán que traballa nunha axencia audiovisual que che grave

un videocurrículo megacurrado para poder inserilo no teu CV, sería xenial.

Participa nun programa de mentoría, coaching ou lanzadeira de emprego.

Achégate de novo ao lugar onde fixeches aquelas prácticas tan marabillosas con

esas/os compañeiros/as tan simpáticos/as pero onde ao final non te colleron. Vai ti

saber por que. Cóntalles o que estiveches facendo os últimos meses e aproveita para

recordarlles como os/as botas de menos.

Crea un grupo de Whatsapp formado por compañeiros/as de profesión e chámao

como máis che guste. “Estar ao loro no social” podería ser un título estupendo. Dilles

que é un grupo exclusivo para mandarvos ofertas de emprego. Só para iso e que como

administradora, encargaraste de que así sexa. Establece unhas regras básicas como

que non se poden enviar whatsapps ás 3 da maña e estas cousas da convivencia cotiá.

Envía unha carta de presentación desas que namoran e cativan (máis abaixo

darémosche uns trucos para conseguilo) a todos teus contactos de Linkedin.

Apúntate como voluntario/a nun proxecto que che resulte motivante e que che

permita aprender máis sobre unha área que che interese.

Convoca una quedada presencial con antigos compañeiros/as. Algo sinxelo, non fai

falla ir a un estrela Michelín… con tal de vervos nunha cafetería bonita e tomar un bo

café é suficiente. Non o esquezas nunca: a vida da mooooitas voltas.

Page 17: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

14

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Tantas que marea. E vaia se marea. Así que mantén sempre uns lazos fortes de

amizade con toda a xente que te rodea. Nunca se sabe de onde pode saír unha

oportunidade.

Elixe unha delas e faina esta mesma semana.

Page 18: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

15

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #4: CONTACTOS PROFESIONAIS

Mantén e conserva como ouro en pano aos teus compañeiros/as xa sexan de clase ou de

traballo. Estende a túa rede de contactos profesionais. Toca todas as portas. Convértete nunha

arañiña incansable e traballa día e noite para tecer unha gran rede. Unha rede sólida que che

permita estar cerca de moitos contactos. En definitiva: fai networking.

Hai moitas maneiras de ampliar a túa rede de contactos profesionais: facer cursos, prácticas, ir

a eventos, apuntarse a congresos …

A rede de contactos é un arma moi poderosa. Estudos sinalan que o 40% das ofertas de

traballo non se publican senón que permanecen ocultas. Isto que significa? Pois moi sinxelo:

que 4 de cada 10 traballos conséguense grazas a un amigo/a ou coñecido/a. ¡Ollo, isto non é

un enchufe, senón unha recomendación!

Se queres que as persoas que te coñecen te recomenden a outros debes ter en conta isto:

Evita significarte con opinións políticas, relixiosas e outros temas polémicos.

Nunca, e polo que máis queiras, te atrevas a facer cousas non axeitadas tales como

falar mal de compañeiros/as, de xefes, etc. Sé prudente sobre todas as cousas.

Respecta polo que máis queiras o sentido común e o Código Ético da túa profesión.

Page 19: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

16

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #4: FAI NETWORKING

Neste cuarto reto pedímosche que lideres ou abanderes unha acción co obxectivo de ampliar

e/ou manter a túa rede de contactos profesionais. É dicir, pedímosche que fagas o que se

coñece como networking.

A continuación, dámosche una serie de propostas para que poidas facer novos contactos

profesionais:

Abre un perfil Linkedin e únete a varios grupos de Linkedin do teu interese profesional.

Participa activamente nun foro académico ou dun curso que esteas realizando.

Promove un debate a partir dunha nova de interese, vídeo ou campaña nun grupo de

Facebook relacionados con profesionais da intervención social.

Contesta a un post dun blog de interese social.

Responde a una pregunta lanzada por algunha entidade dende o seu perfil nalgunha

rede social.

Organiza unha quedada entre as/os túas/teus (ex)compañeiras/os de traballo,

facultade ou dun curso que te marcase.

Fai polo menos dúas delas.

Page 20: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

17

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #5: BUSCADORES DE EMPREGO,

PORTAIS ESPECIALIZADOS E RRSS

Como sabes un dos métodos máis habituais para atopar traballo é encontrar ofertas que

encaixen co noso perfil profesional nos buscadores de emprego e tamén en portais

especializados do sector.

É indispensable ter un listado moi claro de cales son os principais buscadores de emprego e

outro listado cos buscadores máis actualizados.

A mellor opción é presentarte como candidata/o a non máis de 3 ofertas ao día. Isto significará

que probablemente abras un pouco a marxe de busca e selecciones ofertas do teu interese

vinculadas ao social pero non exclusivas da educación social. Selecciona ben a que oferta

queres presentarte. Estamos presentándonos a ofertas de traballo, non facendo churros.

Tes que mostrar o teu valor. E non todo o mundo vale para todo. A persoa encargada da

selección ten que valorar que es unha das/os candidatas/os máis idóneas/os.

Por iso, non basta con darlle a “inscribirme nesta oferta”. Debes ser un/ha bo/a estratega:

analiza e pescuda as funcións, a entidade contratante, as condicións, etc.

Se o posto te motiva: ¡Adiante!

Sempre que sexa posible debes enviar un currículo e a túa carta de presentación

personalizados e realizados en exclusiva para cada oferta. Aquí, trátase de que destaques

aquela información que te fai diferente e aquela pola que deberían contratarte.

Tanto a carta como o CV van ser claves para alcanzar o teu obxectivo. Pero iso verémolo máis

adiante.

Terás visto centos de portais para buscar traballo. É máis, o noso amigo Google amosaranos

montañas deles. Pero ¡Ollo! Non te apuntes ao tolo en todos eles xa que moitos empregan as

mesmas ofertas polo que é doado que entres no desánimo e inclusive poderías duplicar a túa

candidatura. O cal sería unha gran metedura de pata.

Preparámosche un listado cos portais máis recomendados. Para facer a túa busca máis

sistemática e efectiva, o mellor é buscar todos os días nunha hora fixa para buscar emprego.

Dedícalle non máis de 30 minutos a esta busca. Se atopas unha oferta interesante, prepara o

teu currículo e carta de presentación.

Recomendámosche elixir 3 xerais (eses portais que aparecen ofertas para traballar de

comercial de bebidas enerxéticas ou de community manager dunha bodega de viños) e 5

especializados. Se a túa lista é máis ampla podes alternar diariamente as listas de portais. Por

exemplo, os luns, mércores, venres e domingos (si, hai ofertas os domingos ;-)) revisa a lista 1.

Os martes, xoves e sábados revisa os portais da lista 2.

Page 21: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

18

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

BUSCADORES DE EMPREGO XERAIS www.infojobs.net

www.infoempleo.com

www.indeed.es

www.laboris.net

www.jobssy.com

www.trabajando.es

ETT´S E XESTORAS DE RRHH www.eulen.com

www.manpower.es

www.randstad.es

www.adecco.es

WEBS DO SECTOR SOCIAL E PORTAIS ESPECIALIZADOS Webs de ofertas no sector social. P. ex.: www.hacesfalta.org ou www.sector3.net

Webs de entidades sociais. Por exemplo: www.cruzroja.es ou www.savethechildren.es

Webs de fundacións con fins sociais. P. ex.: o www.fundacioires.org

Webs de asociacións con fins sociais. P. ex.: www.accem.es

Webs de Plataformas: www.eduso.net/ofertas o www.coordinadoraongd.org

Colexios profesionais: http://www.ceesg.galal ou www.tscat.cat

Webs de empresas prestadoras de SSSS: www.amma.es ou www.siete-estrellas.com

Sección persoal Webs de concellos, deputacións, etc.

Pero a busca non remata aquí. Moitas entidades publican as súas ofertas de emprego nos seus

propios perfís sociais. Polo tanto, sería moi recomendable que seguiras as fan page de

Facebook das ONGs, empresas, asociacións, etc. máis representativas da túa comunidade.

Por se non o sabías, unha das ferramentas máis efectivas para a busca de emprego en redes

sociais son os grupos. Tanto Fb, como Twitter ou Linkedin ofrécenche a posibilidade de unirte

a eses grupos. Non desperdicies esta gran oportunidade. Sorprenderache a de publicacións

compartidas de vacantes que colga a xente neste tipo de comunidades.

Sabémolo. Teralo oído miles de veces pero repetímoscho mil e unha máis para que se che

quede aínda máis claro: o que publiques nas redes sociais perseguirate para sempre. Acórdate

dos últimos xuízos sobre comentarios e chistes desafortunados en redes sociais. Así que, por

favor, revisa moi seriamente todas as túas fotos e comentarios en redes que fixeras ata o de

agora, e elimina aqueles que poidan comprometerte e arruinarche a vida. Faino agora, así

quedaremos máis tranquilas/os ;-)

Ahh! Recorda que a vida non se para en internet, nos amigos/as e compañeiros/as senón que

podes recorrer a métodos tradicionais como o porta a porta (deixar o teu CV directamente na

empresa que che interesa), acudir a unha axencia de colocación, apuntarte nunha bolsa de

emprego, aos centros municipais de emprego, facer un curso con compromiso de contratación

ou botar unha ollada ao xornal. O de sempre non deixou de funcionar. Teno en conta.

Page 22: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

19

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #5: ÚNETE A UNHA COMUNIDADE

VIRTUAL

Tal e como che contamos anteriormente, todas as redes sociais danche a oportunidade de

unirte a grupos ou comunidades virtuais. Estes grupos únense porque teñen un interese

común. Neles os seus membros publican todas aquelas noticias que consideran que poden ser

relevantes para ditos grupos.

Neste caso presentámosche 3 grupos de Facebook que contan con miles de seguidoras/es:

Estes grupos son:

Educadores/as Sociales: https://www.facebook.com/groups/42797939957/

Soy Trabajador Social: https://www.facebook.com/groups/socialworkspr/

Psicólogos España: https://www.facebook.com/groups/261114374087490/

O teu reto será encontrar 3 grupos na rede social que ti elixas e unirte a eles. Xa verás o útiles

que son e quererás encontrar moitos máis.

Page 23: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

20

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #6: CURRÍCULO PERFECTO

O currículo é unha presentación. Con el ofreces a primeira imaxe de ti mesmo/a e a única

información que ten a entidade a que tratas de acceder. Por iso, é importantísimo que te

sintas a gusto con el. Que sintas que te define e representa plenamente. E que, a súa vez, te

permita resaltar o mellor de ti.

E como aquí do que se trata é de vender debes ser moi coidadosa/o co que amosas no teu

escaparate.

Estes son nosos consellos:

Nunca, nunca, nunca utilices unha plantilla. A mellor plantilla é unha folla en branco no

teu procesador de textos. O teu currículo debe ser único, non unha imitación. Debe

reflectir a túa esencia clara e inequivocamente.

Destaca os teus valores diferenciais. Ensina o mellor de ti.

Menos é máis. Máis vale un CV sinxelo e sintético que un CV engorroso e sen sentido.

Breve si, pero que se note profesionalidade. Que sabes do que falas. Que estás á

última. Por iso debe conter as palabras clave do momento, esas palabras de moda que

se usan no noso “mundiño”: enfocar, visualizar, empoderar, potenciar...

Dunha visual debe permitir coñecerte, captar a túa esencia.

Adapta o teu CV a cada oferta. Si, así é. Cada oferta require unhas funcións distintas,

por tanto, distinto debe de ser ese CV. Non se trata de poñelo ou quitalo todo. Trátase

de revisar se falta algo ou hai algo que sexa mellor reducir, eliminar ou incluso cambiar

de lugar.

Coidado cos erros. Non hai nada peor que un CV con faltas de “hortografía” (A que

doe, eh!!! Jejeje. Pois se non che gusta ler un texto que presupós interesante con

faltas de ortografía como vas a presentarte ao mundo cun “currículo bitae” pésimo) ;-)

Revísao sempre. Unha técnica infalible é darllo a ler a outra persoa.

Teno sempre actualizado. Incorpora os cambios cando se produzan para non

esquecerte de nada. Sempre estás a tempo de borrar o que sobra ou aquilo que non é

relevante. Non esquezas ter o CV actualizado en todos os teus perfís sociais.

Lévao sempre contigo. Ten unha copia actualizada en formato Word ou similar no teu

email ou na nube (Dropbox, Google Drive ou OneDrive). A idea é poder imprimir o

currículo sempre que o necesites.

Móvete con el. Déixao onde poidas. Ata na panadería da esquina se fai falla.

Page 24: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

21

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #6: O MEU VIDEOCURRÍCULO

Imos seguir neste camiño de esforzo, de implicación e transformación profesional e persoal.

Imos propoñerche un gran reto. Un reto que implica ir moito máis alá. É deses retos dos que

necesitas coller impulso e saltar con todas as túas forzas para chegar o máis lonxe que sexa

posible.

Propoñémosche que realices o teu propio videocurrículo.

Para que teñas de onde sacar ideas e inspiración, dámosche a continuación 3 exemplos:

VideoCV Mercè Aranda (Educadora Social)

2. VideoCV Ana Gómez (Mestra en Educación Primaria)

3. VideoCV Núria Fusté Massana (Educadora Ambiental e Licenciada en Bioloxía)

Page 25: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

22

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #7: CARTA DE PRESENTACIÓN

EFECTIVA

Ao igual que acontece co tema currículo, coas cartas de presentación terás oído tamén

duasmilduascentascorentaetres cousas que podes facer e outras tantas que non debes facer

nunca á hora de redactar a túa carta de presentación.

Pois iso, que non imos dicirche nada que non estea escrito. Pero no que si imos incidir é no

cambio de perspectiva. Porque só mirando as cousas dende outro punto de vista podemos

realmente cambialas.

Unha carta de presentación é unha ferramenta poderosísima para “atraer, seducir, conquistar

e namorar” á persoa encargada da selección de persoal” (as palabras entrecomilladas son da

nosa querida Beatriz Moure, Experta en Email Marketing).

E como do que se trata é de captar o interese das persoas encargadas de elixir as novas

incorporacións, terás que vestir as túas mellores galas. Así que nada de saír de casa en bata e

zapatillas.

Unha carta de presentación debe ser única e irrepetible. Esquece os modelos e exemplos

porque o obxectivo é amosar a mellor versión de ti. E iso non se consigue plaxiando nada.

Trátase de demostrar a túa chispa e as gañas que tes de conseguir ese traballo. Que realmente

te apaixona o que fas e que es feliz traballando do teu.

E que sobre todo esa vacante encaixa como anel ao dedo no teu perfil.

Page 26: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

23

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #7: UNHA CARTA DE PRESENTACIÓN

DIFERENTE

Como isto vai de retos e de poñercho difícil, imos pedirche un esforciño extra. Que si, que xa

nos oíches. Que tes claro que a carta de presentación ten que ser algo diferente. Pero que se

che damos uns exemplos a cousa sería máis doada.

Je, je, je. Pois alá imos. Aí van os nosos tres exemplos de pura creatividade, talento e paixón

polo ben feito:

A number one da nosa lista é a nosa querida amiga Mila Oreiro. Mila que é educadora

social e ten o Postgrado en Marketing Digital , tivo a

xenial idea de ofrecerse como candidata a un posto

no que ela era unha crack: técnica de

Responsabilidade Social Corporativa (RSC). Ata aí a

cousa parece normal. Pero Mila, que como sabemos

de boa tinta é hipercreativa, ocurríuselle poñer a

rodar unha web e preparar unhas taciñas con un

precioso packaging co slogan #latazalapongoyo.

Outro superxefazo disto das cartas de presentación é Oscar Arenas Larios. Quen “para

demostrar la valía de los redactores creativos y venderme a mí como tal, me he

propuesto llevar al extremo una de las cualidades que debería tener un buen redactor:

la capacidad de adaptación. Y para ello me valgo de algo que existe en la literatura: los

ejercicios de estilo, un género que consiste en decir lo

mismo de forma distinta, usando otras palabras, con

una traba concreta, usando una jerga, imitando algo

o a alguien o con limitaciones formales, etc... Así que

voy a escribir 365 veces mi carta de motivación para

pedir trabajo, una cada día durante un año”. Sacou

un libro e todo.

E no terceiro posto do noso particular pódium vaise un pouco máis lonxe pero, sen

dúbida, é todo un alarde de creatividade e enxeño:

Alec Brownstein consciente de que moitos directores/as creativos/as buscaban os seus

propios nomes en Google, ocorréuselle a idea

de pagar anuncios nos resultados da busca

asociados aos nomes de directores/as

creativos/as de grandes axencias de

publicidade. Este era o texto do anuncio:

“Buscarte en Google é moi divertido.

¡Contratarme tamén o é!”. Non vos parece

sinxelamente xenial?

Page 27: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

24

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #8: ENTREVISTA MEMORABLE

Ben, por fin chegaches a este paso e non queres perder esa gran oportunidade. Así que ánimo,

prepárate e sal a gañar.

O primeiro que tes que facer é estudar moi pero que moi ben o posto ofertado, a entidade que

te vai a contratar; sería súper interesante que puideses contactar con alguén que está

traballando alí para poder preguntarlle como fan as entrevistas (así irás mellor preparada/o).

O obxectivo dunha entrevista non é máis que ver de cerca a un/ha candidato/a e ver como

actúa. A estas alturas xa saben que o teu perfil concorda perfectamente coas súas

necesidades. Teno claro, xa pasaches unha criba.

Gustaríanos que imaxines que es un pavo real, estendendo as súas fermosas plumas.

Queremos que abras esas plumas co teu máximo esplendor. Que amoses quen es e todo o que

vales. Mostra o abanico de plumas máis colorido e vistoso que poidas. Mostra toda a túa

maxestuosidade. E ante todo, demostra que es único/a e que serás unha boa fichaxe para o

equipo.

Sabémolo de primeira man… as entrevistas poden producir un gran desgaste emocional. Sen

dúbida unha entrevista que non remate en éxito, é o gran pesadelo para calquera persoa que

está buscando un traballo. Por iso, queremos darche as claves para superalas con éxito. Sen

dúbida estes conselliños faranche triunfar e situarte entre os/as favoritos/as:

“Almorza” cereais con 7 vitaminas: positiva, entusiasta, optimista, transparencia,

naturalidade, confianza e seguridade.

Gaña capacidade de exposición. Podes apuntarte a un club de oratoria; malia que non

cho pareza son moi divertidos ;-)

Aprende a venderte con estilo e naturalidade. ¡Ollo! Isto non é un anuncio de Coca-

Cola.

Demostra o teu interese real polo posto vacante e demostra por que es o/a

candidato/a idóneo/a para o mesmo.

Prepara moi ben as posibles preguntas. Escribe e ensaia o teu speech ou discurso.

Mostra a mellor versión de ti mesmo/a.

Ao finalizar a entrevista interésate polo procedemento a seguir no proceso de

selección. Pregunta en que punto do proceso te encontras. Trátase de coñecer cales

van a ser os seguintes pasos: chamarante, enviaranche un email ou nin unha cosa nin a

outra.

Ao día seguinte da entrevista envía un email de agradecemento á persoa que te

entrevistou. Agradécelle o tempo empregado e reitera de forma natural o teu interese

polo posto.

E se hai algo que non debes facer, malia que seguro que te quedarías tan a gusto, é falar mal

de outras empresas nas que traballaches. ¡Ollo! Cada sitio no que estás deixas unha marca

para sempre. Así que traballa duro para que ese recordo sexa positivo. Nunca, nunca, isto

debes gravalo con lume, remes en sentido contrario á entidade para a que traballes.

Page 28: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

25

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #8: O MEU SPEECH

Segundo datos de Factor Humano, a consultaría de RRHH de Grupo Constant, recollidos na

web www.equiposytalentos.com, os dez aspectos máis buscados nun candidato/a son:

1. Compromiso. Coa empresa e cos proxectos nos que se traballa.

2. Responsabilidade. Á hora de realizar as tarefas co obxectivo de optimizar a xestión do

tempo.

3. Implicación. Coa filosofía, a misión e os valores da empresa. Cada vez toma máis forza

a capacidade de traballar como un equipo: ‘Se a empresa gaña, gañamos todos/as’.

4. Actitude positiva. Transmitir ilusión polos proxectos nos que se participa.

5. Proactividade. Tomar a iniciativa, emprender accións e asumir a responsabilidade de

que as cosas sucedan sen deixar que o entorno inflúa negativamente.

6. Adaptabilidade. Tanto ao contexto coxuntural actual como aos cambios que poidan

producirse a nivel interno na empresa en función das necesidades desta.

7. Interese. Polo posto de traballo ao que se está optando e pola empresa en si. Buscar

información sobre a empresa antes da entrevista é unha práctica cada vez máis

recomendada polos seleccionadores/as de persoal.

8. Especialización en novas tecnoloxías. Nun entorno no que Internet, as redes sociais e

as novas tecnoloxías teñen tanto peso, mostrar coñecementos específicos é un punto a

favor para as/os candidatas/os.

9. Sinceridade. Mentir no currículo vitae e na entrevista persoal pode facernos perder

unha boa oportunidade de encontrar emprego.

10. Empatía. A capacidade de mostrar proximidade e comprensión co resto de

compañeiras/os de traballo axuda a crear un clima laboral favorable.

Tendo en conta os dez puntos que acabamos de expoñerche, prepara o teu pequeno discurso:

Imaxina que recibes unha chamada dunha persoa de recursos humanos e que che formula

unicamente esta pregunta: Se tiveras dous minutos para convencerme que es a persoa idónea

para o posto de (imaxina aquí o traballo dos teus soños)…. Que me dirías para convencerme

diso?

Este tipo de preguntas son moi empregadas nos procesos de selección xa que permiten facer

cribas moi rápidas dos candidatos e candidatas. Esta técnica coñécese polo nome de Elevator

pitch ou elevator speech, sendo un anglicismo que se utiliza no discurso de presentación sobre

un proxecto ou emprendemento, ante potenciais clientes ou accionistas.

O elevator pitch toma o seu nome dunha suposta situación na que, no que dura unha viaxe en

ascensor (menos de 2 minutos), debes espertar o interese do teu interlocutor/a polo teu

proxecto; xa sexa un/ha inversor/a, un/ha cliente potencial ou un/ha posible colaborador/a.

Page 29: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

26

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Debes ter claro que a finalidade non é vender senón xerar interese sobre o teu proxecto, lograr

unha entrevista ou reunión para máis adiante. Dito isto, non se trata de vender un proxecto

senón que tes que venderte a ti mesmo/a. É dicir, xerar interese e altas expectativas sobre que

podes ofrecer a quen te contrate.

Que dirías?

Page 30: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

27

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso # 9: DIFERENCIARSE OU MORRER

Vímolo repetindo ata a saciedade… Pero por dicilo que non quede.

A clave número 1 da túa estratexia é a DIFERENCIACIÓN.

Porque a vida é demasiado curta como para ter o traballo equivocado. Así que se es das

persoas que aman a súa profesión e que aspira a chegar ao máis alto… debes diferenciarte.

Debes converterte nun becho raro. Nunha especie en extinción. Debes de demostrar que es

unha persoa única para que queiran remover ceo e terra para contratarte.

Page 31: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

28

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #9: A MIÑA MARCA PERSOAL

EMPEZA HOXE

Ainss! Que pesadelo con isto da marca persoal. Que se blog, que se meu perfil en redes … isto

sóame a chino e non sei por onde empezar. Ademais non sei se será tan útil como din.

Efectivamente, nos tempos que corren é imprescindible ter unha presenza online. Pero non

falamos de ter Facebook ou de Linkedin, que obviamente está moi ben… senón que falamos da

necesidade de construír a túa marca persoal en internet.

Así que xa o sabes. A túa estratexia debería ter moi en conta crear unha marca persoal na

rede. Xa sexa a través dun blog, artigos de opinión publicados en blogs do noso gremio, un CV

creativo colgado en Youtube, etc.

Pois si. Hoxe é o gran día. Por que non comezas hoxe mesmo a construír a túa marca persoal

nos medios sociais?

Propoñémosche varias ideas:

Rexístrate e completa o teu CV dixital nunha plataforma como

www.doyoubuzz.com/es. Doyoubuzz é unha ferramenta para crear o teu propio

curriculum vitae de forma online. Doyoubuzz é unha excelente opción para optimizar a

túa marca persoal a través dun CV-dixital, e se queres, podes baixalo en PDF o Word.

Ademais poderás dar visibilidade aos teus traballos e publicacións con contido

multimedia no teu perfil: vídeos, PDFs, links, portfolios...

Escribe un pequeno artigo ou post de gran calidade e interese. Se tes un artigo ou

publicación interesante no eido da educación social que queiras compartir podes

poñerte en contacto co CEESG para valorar a posibilidade de publicalo no Boletín do

Ceesg ou noutras publicacións especializadas do sector, como na Revista de Educación

Social -RES-.

Crea o teu propio Blog. Ter o teu propio blog axudarache a construírte unha

sólida marca persoal. Permitirache destacar e ser un referente no teu sector. Se estás

en paro, poderás encontrar traballo. Se tes traballo pero queres un mellor, darache

novas oportunidades.

Localiza un post que te entusiasme. Fantástico, xa o tes! Pois agora segue a regra das

tres C´s do personal branding: Comparte, Comenta e Cóntao ti mesmo/a.

Elixe unha delas e ponte a elo hoxe mesmo. Dálle duro que estamos no sprint final!

Page 32: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

29

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Paso #10: A MIÑA ESTRATEXIA INFALIBLE

Con todos estes consellos terás suficiente para poñerte mans a obra e planear unha estratexia

activa para encontrar o traballo dos teus soños.

Para non fallar é imprescindible que graves con lume estes 10 mandamentos:

1. Axita o teu presente como se tiveras a “baticao”.

2. Arriba o telón. Enfócate cara as túas metas.

3. Dá a coñecer túas fortalezas e ten fe nas túas armas.

4. Analiza o teu sector sen que se che escape nada como a Luke e o profesor Layton.

5. Que non se che escape ningunha oferta pero non piques coas de Mediamarkt ;-)

6. Distribúe o teu currículo ao infinito e máis alá.

7. Busca contactos porque quen encontra un padriño/madriña encontra un tesouro.

8. As oportunidades teñen data de caducidade así que aprovéitaas cando cheguen.

9. Diferénciate como una cebra sen raias.

10. E recorda que: se o Plan A non funciona, aínda che quedan 26 letras máis para seguir

intentándoo.

Page 33: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

30

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Reto #10: O MEU CAMIÑO

É o momento de iniciar o teu camiño, de facer as maletas sen esquecernos de nada. O que

queremos é que deseñes o teu propio camiño; é dicir, que elabores o teu propio itinerario de

busca activa de emprego.

Para facer este camiño máis doado e saber por onde dirixirnos, poderás utilizar os documentos

que son como as “Guías Michelín” das buscas activas de emprego.

O primeiro deles é o Planning de busca de emprego. Este documento serve para

recoller a periodicidade das accións que vas realizar para buscar traballo; pódese facer

en forma de táboa ou pódese confeccionar un horario semanal. Para gustos cores.

EXEMPLO DE PLANNING/TÁBOA DE TAREFAS

TAREFAS PERIODICIDADE TEMPO OBSERVACIÓNS Consultar ofertas de emprego en webs

Cada 2 días 2 horas Controlar estados de candidaturas

Revisar correo electrónico A diario 30 minutos

Comprobar se hai resposta a candidaturas

Enviar CV e cartas de presentación personalizadas

Enviar 10 CV á semana

3 horas Actualizar o listado de empresas e entidades coa data de envío e anotar as posibles respostas

O outro documento é o diario de busca activa de emprego e serve para rexistrar todo

fixeches e os resultados obtidos.

DATA EMPRESA/ ENTIDADE

ENDEREZO E TELÉFONO

POSTO DE TRABALLO

MODELO DE CV ENVIADO

PRÓXIMO CONTACTO

OBSERVACIÓNS

Animámoste a que te poñas en marcha e confecciones os teus propios instrumentos.

Page 34: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

Notas

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

Page 35: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,

Claves para encontrar traballo no sector social

GUÍA+WORKBOOK

www. ceesg.gal

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

Page 36: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,
Page 37: Claves para encontrar traballo no sector socialceesg.org/files/documentos/docs/material-divulgativo-01-10-2017-gu... · Redacción: Cristina Vázquez del Prisco, Mar Miranda Cabanas,