clasificaciÓn dos seres vivos · absorben do medio, realizando previamente a dixestión no...
TRANSCRIPT
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
Os fungos cumpren na natureza o papel de descompoñedores.
Empréganse como alimento ou para a elaboración dos mesmos e para a obtención de antibióticos.
Algúns son parasitos de plantas e animais aos que lles causan enfermidades (micoses).
Formados por unha ou máis células eucariotas , cuxas paredes celulares conteñen quitina.
Almacenan glicóxeno como substancia de reserva enerxética. Son heterótrofos. Aliméntanse de substancias orgánicas que
absorben do medio, realizando previamente a dixestión no exterior. Case todos son saprófitos e parasitos. Algúns viven en simbiose coas algas formando os liques ou en asociación coas raíces das plantas superiores formando micorrizas.
Reprodución por esporas, asexual (mediante CONIDIOS, producidos en conidióforos) ou sexual. A reprodución sexual ten lugar pola unión de órganos sexuais completos ou hifas de micelios compatibles.
Os fungos unicelulares reprodúcense asexualmente por xemación.
O corpo vexetativo (verdadeiro fungo) é de tipo talo formado por uns filamentos chamados hifas que se estenden e ramifican formando unha rede ou micelio que normalmente non se observa a simple vista.
Ás veces, as esporas prodúcense en estruturas especializadas chamadas corpos frutíferos que, nos Basidiomicetos, forman as setas ou cogomelos.
MICELIO
CO
GO
ME
LO
(C
OR
PO
FR
UT
ÍFE
RO
)
MIC
EL
IO
(
VE
RD
AD
EIR
O F
UN
GO
)
himenio
HIFAS
laminiñas
FUNGOS
CON R. SEXUAL
HIFAS NON
TABICADAS
CONIDIOS (r. asexual)
CIGÓSPORAS
(r. sexual) en
CIGOESPORANXIOS
CIGOMICETOS
(MOFOS)
HIFAS
TABICADAS
CONIDIOS (r. asexual)
ASCÓSPORAS ( en ASCAS) (r. sexual)
ASCOMICETOS
CONIDIOS (r. asexual)
BASIDIÓSPORAS (en BASIDIOS)(r. sexual)
FORMAN SETAS
BASIDIOMICETOS
NON SE COÑECE R. SEXUAL
CONIDIOS (r. asexual)
FUNGOS IMPERFECTOS
DIVISIÓN
Reprodución asexual mediante conidios. A reprodución sexual descoñécese.
Conidióforo (esporanxio) con conidios (esporas). Aspergillus
Alexander Fleming en 1928 obtivo o primeiro antibiótico, PENICILINA, a partir do fungo Penicillium.
Penicillium chrysogenum. Conidióforo
•Micelio ben desenvolvido. •Hifas sen tabicar. •Producen no cigosporanxio unha espora de resistencia chamada cigóspora. •Case todos microscópicos.
Rhizopus stolonifer (balor do pan).
Cigóspora
(CONIDIÓFOROS)
(CONIDIOS)
•Con hifas tabicadas. •Forman esporas sexuais por meiose, as ascósporas, no interior de células denominadas ascas. Ascas con
ascósporas (8)
LÉVEDOS Son ascomicetos unicelulares que producen fermentacións . Empréganse na fabricación do pan, cervexa, viño e leite fermentada (kéfir). Reprodúcense por xemación.
TRUFAS Especies comestibles moi apreciadas.
Caruncho do centeo.
Grafiose do olmo.
Algúns Ascomicetos son parasitos e producen ENFERMIDADES:
Sacharomyces.
Candida albicans
•Con hifas tabicadas. •Os basidios son células especializadas que forman esporas sexuais por meiose, as basidiósporas (4). •Os corpos frutíferos denomínanse setas ou cogomelos.
basidios
Amanita muscaria
Amanita phalloides
Boletus edulis
Lepiota procera
Lactarius deliciosus
Agaricus bisporus
SETAS COMESTIBLES SETAS VELENOSAS
http://www.mapama.gob.es/ministerio/pags/biblioteca/hojas/hd_1994_08-09.pdf
ALGA (FICOBIONTE)
FUNGO (MICOBIONTE)
LIQUE
CLOROFITA UNICELULAR
ASCOMICETO
PROPORCIONA AO FUNGO
NUTRIENTES, MEDIANTE A
FOTOSÍNTESE.
PROPORCIONA Á ALGA
PROTECCIÓN E HUMIDADE
Os liques son asociacións simbióticas entre un fungo e un alga. A asociación , confire aos liques unhas propiedades que lles permiten vivir en lugares como as rochas, o chan, a madeira..
Son os primeiros organismos en colonizar novos ambientes. Forman solo e abren camiño para o establecemento das plantas.
INCRUSTANTES
FRUTICULOSOS
FOLIARES
ZONAS MOI CONTAMINADAS
CONTAMINACIÓN MEDIA
AIRE LIMPO
Costra pegada ao substrato
En forma de folla
Con aspecto de pequenas ramas.
Os liques poden reproducirse asexualmente ou sexualmente. Neste último caso o fungo forma ascas en corpos frutíferos chamados APOTECIOS (con forma de copa).
APOTECIOS
Imaxes: Google
Pilar de Vega
Bioloxía de 1º de BAC.