cinderella man

9
“A SITUACIÓN ANTERIOR Á CRISE” Os carteis publicitarios dos anos 20 son un bo reflexo da sociedade de consumo e da prosperidade americana deses anos. Fai unha reflexión sobre os motivos da bonanza económica do momento (final da 1ª guerra mundial, papel de Estados Unidos nela..etc) e sobre os cambios sociais que a sociedade de consumo alenta nos individuos. 1. Cotexa o cartel coas escenas seleccionadas da película que se che mostran a continuación. Recoñeces a sociedade de consumo? Ves nela o xerme da nosa sociedade actual?. Indaga sobre os métodos publicitarios da actualidade e selecciona un cartel publicitario similar o mostrado pero procedente da nosa época. 1

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 08-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Cuestionario da Película

TRANSCRIPT

“A SITUACIÓN ANTERIOR Á CRISE”

Os carteis publicitarios dos anos 20 son un bo reflexo da sociedade de consumo e da

prosperidade americana deses anos. Fai unha reflexión sobre os motivos da bonanza

económica do momento (final da 1ª guerra mundial, papel de Estados Unidos nela..etc)

e sobre os cambios sociais que a sociedade de consumo alenta nos individuos.

1. Cotexa o cartel coas escenas seleccionadas da película que se che mostran a

continuación.

• Recoñeces a sociedade de consumo?

• Ves nela o xerme da nosa sociedade actual?.

• Indaga sobre os métodos publicitarios da actualidade e selecciona un cartel

publicitario similar o mostrado pero procedente da nosa época.

1

2. Traballa co seguinte texto:

“Moi pronto un negocio máis atractivo que o teatral atraeu a miña atención e a do

país. Era un asunto chamado “mercado de valores”. Coñecino por primeira vez

arredor de 1926. Foi unha sorpresa agradable descubrir que era un negociante moi

astuto. Ou polo menos iso parecía, porque todo o que mercaba aumentaba de valor.

Non tiña asesor financeiro. Quen o precisaba? Podía pechar os ollos, apoiar o dedo en

calquera punto do enorme taboleiro mural e a acción que acababa de mercar comezaba

inmediatamente a subir. Endexamais obtiven beneficios. Parecía absurdo vender unha

acción a 30 cando se sabía que ao cabo dun ano dobraría ou triplicaría o seu valor. O

meu salario mensual en cocos era duns dous mil, pero isto era moeda miúda en

comparación coa pasta que gañaba teoricamente en Wall Sttreet (…) O mercado

seguiu subindo e subindo. Eu xamais cavilara que un podíase facer rico sen traballar.

O máis sorprendente do mercado era que ninguén vendía unha acción. A xente

mercaba sen parar” Groucho MARX. Groucho e eu. 1959

• Quen se arruinou?

• Explica como afectou aos investidores o crack bolsista.

• Comenta o significado da palabra “valor” no texto. Como se asignaba o

valor ás accións.

• Que facía que as accións subisen tanto? Que ocorreu coa economía real tras

o afundimento final? Da bolsa?

• No filme, recordas cantas persoas dicían que se adicaban a especular en

Bolsa? Indica as distintas clases sociais das que procedían.

• De que xeito ves reflectida na película a prosperidade? Describe os

ambientes luxosos polos que se moven os personaxes.

2

“O AFUNDIMENTO DA BOLSA”

1. A PRENSA

A prensa dou fe do afundimento da bolsa e transmitiu á sociedade o grave problema.

Traballaremos nun primeiro apartado con textos procedentes da prensa para analizar

a primeira impresión do problema transmitida polos medios:

“Wall Street tivo hoxe unha das súas peores crises desde os días memorables do

estalido da guerra. As ventas de hoxe cegaron unha cifra marca (…) A

consternación e desesperación do público que se amoreaba nas oficinas dos

corredores de bolsa poden facilmente imaxinarse (…). Ao peche os prezos

cotizados presentaban un cadro desastroso, pois centenares de accións se vendían

á cotización habida nos momentos de mais declinación do ano en curso e de 20 a

100 dólares mais baixo que os altos prezos marca rexistrados nos meses recentes

(…)

Media ducia de corredores de bolsa se desvaneceron e tiveron que ser levados ó

hospital. Segundo algúns corredores veteranos, as escenas de hoxe han sido as

peores desde 1914. As oficinas de corredores estiveron obrigadas a liquidar as

contas dos especuladores sen contemplacións e sen o anuncio previo formal, e

millares de accións foron lanzadas ao mercado a calquera prezo, pois os marxes

mais amplos era insuficientes para protexer aos corredores. Nas dependencias

destinadas á clientela das oficinas dos corredores se presenciaron escenas

patéticas, pois os especuladores arruinados deixábanse caer, abraiados pola súa

ruína, e choraban, namentres outros aparecían aparvados pola desgraza que lles

caera enriba. La Nación, 25 de outubro de 1929

“Pánico no mundo bolsista! Suicidouse un banqueiro ianqui e outro comerciante

volveuse tolo.

Suicidouse, disparándose un tiro, o Sr. James Riordan, presidente da County Trust

Company. Por mor das grandes baixas que se produciron estes días en Wall Street

houbo moitos corredores e financeiros que se volveron tolos. O venres, Smith

Mordinger, famoso comerciante de Nova Orleáns, que se atopaba en Nova Cork

durante o pánico bolsista, sufriu un ataque de tolaría e comezou a lanzar cartos e

accións polas rúas.”

El heraldo de Madrid, luns 11 de novembro de 1929

3

“Como consecuencia das perdas experimentadas, David Korn, gran tratante de

carbón, atentou contra a súa vida nun momento de desesperación. Nos montes de

piedade están empeñados automóbiles Rolls Royce, xoias de platino e brillantes

que eran propiedade de millonarios que perderon rapidamente as fortunas.”

A noite, xoves 31 de outubro de 1929

• Quen se arruinou?

• Que crises anteriores se comentan no primeiro texto?

• Explica como afectou aos investidores o crack bolsista

• Que perspectivas se anuncian nos textos?

2. A FOTOGRAFÍA:

4

• Traduce o que di o cartel da primeira foto. Explícaa

• Observa a vestimenta dos personaxes que aparecen nas fotos? cal sería a súa

procedencia laboral e que postos de traballo anuncian agora que estarían

dispostos a facer? Que personaxes da película vestían así?

• As fotos número tres e catro, que cambio social reflicte?

5

3. OS FOTOGRAMAS DA PELÍCULA:

Analiza agora os seguintes fotogramas da película, en base o tratado anteriormente:

• Describe o tránsito, no filme, da situación anterior a crise á que ves agora nestes

fotogramas.

• Segundo a película, como era a situación económica das familias pobres?

• E como era a situación das familias ricas que viches na película?

6

4. A OPINIÓN DOS EXPERTOS:

“O mundo comeza a decatarse desde fai algunhas semanas, sobre todo, de que

estamos pasando por unha das maiores depresións na industria que se coñeceran. O

descenso nos prezos é en todos os países un dos máis fortes e rápidos, coa sola

excepción quizabes de 1921. Desde principios do presente ano, o prezo medio dos

produtos de consumo, artigos tales como o cobre, o caucho, a prata alcanzan a súa

cotización máis baixa, mentres que outros volven aos prezos de antes da guerra.

En tales circunstancias, é inevitable que se produza un gran retraemento nos negocios.

As novas empresas vense detidas e retardadas en todas partes do mundo, e os

comerciantes están sufrindo importantes perdas. Este retraemento afecta igualmente

aos Estados Unidos de América, pero ocorre que naquel país non parecen tomar a

situación tan en serio como fose mester. E isto constitúe, sen dúbida, un elemento

perigoso.

Na actualidade, en efecto, Wall Street ilusiónase coa esperanza de que esta é unha de

tantas depresións de menor importancia, como ocorreu, por exemplo, en 1924. Creo

totalmente errónea tal interpretación.”

John Maynard KEYNES para Diario El Sol de Madrid, 10 de xuño de 1930

• Identifica no texto os factores económicos da crise.

• A que cres que se refire o texto, cando di que “non parecen tomar a situación tan

en serio como fora mester”?

7

5. INTENTOS DE SAÍDA DA CRISE E RECUPERACIÓN:

“Nun senso amplo, a causa primeira da Gran Depresión foi a guerra de 1914-1918.

Sen a guerra, non se tería producido unha depresión de análogas dimensións. Podería

terse producido unha recesión cíclica normal, pero coa periodicidade acostumada, esa

remodelación incluso non se tería localizado probablemente nesa época particular, e

non se tería transformado na Gran Depresión.

A Gran Depresión consistiu un proceso en dúas etapas, compostas de varias fases.

Nos tivemos unha recesión normal, debida ás causas internas, que se inicia co crack

de outubro de 1929, e nos atopábamos no camiño de recuperarnos cando as

dificultades europeas se desataron coa forza dun furacán e nos alcanzaron en abril de

1931. Así, a gran Depresión non comezara verdadeiramente en Estados Unidos antes

do afundimento europeo.

Afirmouse que o crack americano afundiu a economía mundial. De feito non é así.

Un estudo da Oficina Nacional de Investigación Económica afirma: “varios países

entraran nunha fase de recesión en 1927 e en 1928, bastante antes da data aceptada de

ordinario como comezo da crise en Estados Unidos, é dicir, o crack de Wall Street en

outubro de 1929.”

Hervert HOOVER, Memorias, 1951

• Quen foi Hoover? Que medidas tomou?

• Na película, que mencións a Hoover recordas? Fálase das súas medidas para

sacar o país da crise na que se atopa inmersa?

• Que son as Hoovervilles e por que levan ese nome? Lembras si aparecen na

película? En que zona de New York aparecen no filme?

8

“A nosa tarefa prioritaria é facer que a xente volva a traballar. Isto pódese conseguir

mediante un recrutamento directo por parte do goberno (…) Nós podemos facilitar a

realización deste obxectivo aumentando o prezo dos produtos agrícolas e, con estes, a

capacidade adquisitiva dos agricultores. Podemos facilitalo insistindo para que o

Goberno Federal, o dos Estados e os gobernos locais, se poñan a traballar

inmediatamente para reducir dunha forma draconiana os seus custos de

funcionamento. Podemos facilitalo planificando e supervisando a nivel nacional todas

as formas de transporte, de comunicacións e de servizos que teñen claramente un

carácter de interese público(…)

Finalmente, no noso camiño cara á plena ocupación, precisaremos levar a cabo tres

medidas destinadas a previr un retorno aos malos tempos pasados: terá que haber unha

estrita vixilancia de todas as actividades bancarias, financeiras e de investimentos;

haberá que limitar as actividades dos que especulan co diñeiro dos demais; haberá que

asegurarse de que a nosa divisa sexa a un tempo axeitada e saneada(…)

As nosas relacións comerciais internacionais, aínda teñen moita importancia, son,

hoxe, secundarias respecto da necesidade de establecer unha política nacional

saneada(…)”

Primeiro discurso de F.D. Roosevelt como presidente, 1933

• Cales foron as medidas impulsadas por Roosevelt para saír da crise?

• Que é o New Deal?

• Aparece a figura de Roosevelt no filme? Como aparece tratada?

6. CONCLUSIÓNS:

• Cal é a túa opinión sobre a película en relación co tema tratado?

9