ceip valle-inclÁn - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal....

25
PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP VALLE-INCLÁN PERILLO-OLEIROS Mª Jesús Fraga Fernández Abril 2012

Upload: lydung

Post on 16-Nov-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DE DIRECCIÓN

CEIP VALLE-INCLÁN

PERILLO-OLEIROS

Mª Jesús Fraga Fernández

Abril 2012

Page 2: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

1

INDICE

INTRODUCIÓN

1.- O CENTRO QUE TEMOS.

1.1.- Situación xeográfica, socioeconómica e cultural

1.2.- Recursos materiais

1.3.- Recursos humanos

1.4.- Relacións na comunidade educativa

2.- O CENTRO QUE QUEREMOS

3.- XESTIÓN QUE QUEREMOS FACER

4.- PROPOSTAS PARA LEVALO A CABO: OBXECTIVOS E

ACCIÓNS

5.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PROXECTO

6.- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS MÉRITOS

ACADÉMICOS E PROFESIONAIS.

Page 3: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

2

INTRODUCIÓN

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG 23-03-12)

convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento de direccións de centros

docentes públicos que queden vacantes, entre os que está o noso.

As persoas que decidimos presentarnos a esta convocatoria compartimos a idea

de centro que se levou a cabo nos últimos anos e queremos darlle continuidade,

aportando as melloras que vemos necesarias neste momento. A grave crise económica e

laboral que estamos a vivir condiciona tanto a nosa tarefa educativa como a vida cotiá

das familias polo que o noso reto será que toda a comunidade educativa manteña a

crenza e a ilusión pola escola pública como equilibradora de diferenzas sociais.

Ó longo deste proxecto desenvolveremos os seguintes aspectos:

1. O CENTRO QUE TEMOS.

2. O CENTRO QUE QUEREMOS

3. XESTIÓN QUE QUEREMOS FACER

4. PROPOSTAS PARA LEVALO A CABO

5. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PROXECTO

Page 4: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

3

1.- O CENTRO QUE TEMOS

1.1.- Situación xeográfica, socieconómica e cultural

O Concello de Oleiros está situado no Golfo Ártabro. As súas costas forman

parte da Ría do Burgo. Limita cos concellos de Cambre, Sada e Bergondo. No outro

lado da Ría temos o Concello de A Coruña. O elemento da paisaxe máis característico

do Concello son as súas costas que presentan dende praias de fina area a fermosos

cantís.

O CEIP Valle-Inclán sitúase en Perillo, no extremo SW do Concello, nun

enclave privilexiado pola súa situación próxima á praia de Bastiagueiro e separado desta

polo denominado “Bosque dos Veciños”. A área de influencia do Centro esténdese

polas parroquias de Perillo (Sta Leocadia) e Montrove (Liáns).

Os indicadores estatísticos sitúan a Oleiros entre os dez concellos de España de

máis alto nivel de vida. Este dato non se reflicte na realidade do noso Centro xa que

recibimos entre os noso alumnado a unha gran porcentaxe de emigrantes cun nivel de

vida precario e significativas carencias económicas.

É salientable o elevado número e nivel das actividades culturais que hai no

Concello (teatro, concertos, contacontos, excursións...) organizadas polas Concellerías

de Cultura e Ensino e Xuventude do Concello que, por outra banda, colaboran

activamente cos centros públicos de ensino para os que programan numerosas

actividades.

Oleiros é fundamentalmente un concello residencial xa que a meirande parte da

súa poboación traballa fóra do Concello. Ó longo do século pasado Oleiros pasou de ter

unha poboación que vivía do sector primario ( mar e terra) a unha poboación que

depende principalmente do sector terciario.

Un dato peculiar deste Concello é que está gobernado por un grupo político de

nivel municipal. Esta situación da lugar a unha dinámica moi singular na que a

educación e os centros educativos saen moi favorecidos.

Page 5: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

4

1.2.- Recursos materiais

Instalacións

O Centro, en xeral, dispón de boas instalacións. Dentro do recinto escolar hai

dous edificios dedicados a aulas, un pavillón polideportivo, a vivenda do conserxe, unha

construción dedicada á calefacción e un módulo prefabricado destinado a uso de

comedor e cociña con capacidade para 80 comensais. Cabe destacar ademais os amplos

espazos de pistas e zona verde do recinto.

O primeiro edificio construído data do ano 85. Ten na planta baixa seis aulas e

unha sala de usos múltiples con dous anexos utilizados actualmente como sala para

actividades extraescolares e titoría-almacén dos apoios a infantil. Tamén conta con

pequenos espazos habilitados: 2 aulas de AL, 1 aula de PT, almacén de Infantil,

conserxería e secretaría da ANPA. Na primeira planta dispón de 7 aulas, unha aula de

informática e unha sala de profesores compartida con aula de relixión. As dúas plantas

teñen aseos para nenos e nenas e na planta baixa para profesorado. Así mesmo dispón

de ascensor, actualmente en funcionamento.

Page 6: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

5

O segundo edificio foi construído para ampliación do Centro catro anos despois da súa

inauguración. A día de hoxe, na planta baixa hai cinco aulas, unha biblioteca, un

despacho-aula de Orientación, 1 pequena aula de PT, os despachos de Dirección,

Xefatura de estudos e Secretaría, un pequeno almacén para material didáctico de 2º e 3º

Ciclo e unha saliña das limpadoras. A primeira planta dispón de nove aulas (incluídos

os antigos laboratorio e pretecnoloxía); na actualidade unha delas funciona como sala do

profesorado e outra como aula de informática. O laboratorio está sendo utilizado como

aula de música e a aula de pretecnoloxía como aula de nivel. As dúas plantas dispoñen

de aseos e duchas para nenos e nenas (estas últimas actualmente en desuso). Este

edificio dispón tamén dun patio cuberto na cara leste.

O pavillón polideportivo leva 19 anos construído e aínda que precisaría mellorar a

acústica, en xeral está ben conservado.

Espazos exteriores

O Centro dispón de amplos espazos exteriores:

- 3 pistas pavimentadas

- Zonas axardinadas.

- Zonas de herba con árbores.

- Circuíto de xogos deportivos

- Un parque para 1º ciclo de primaria

- Un parque infantil

- Un areeiro

- Un invernadoiro

Page 7: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

6

Este contorno supón un privilexio para o Centro que se debe conservar e ir

mellorando, utilizándoo na medida do posible como recurso educativo.

Page 8: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

7

Material didáctico

O Centro conta cunha boa dotación de material didáctico que se actualiza cada

ano a cargo dos presupostos do Centro, as apartacións do Concello e da Consellería.

Non existe un inventario pormenorizado do mesmo nin espazos axeitados para

acomodalo e facilitar así unha mellor localización.

Mobiliario

O mobiliario mellorouse e ampliouse moito nos últimos anos. Aínda así quedan

aulas nas que se atopan mesas e cadeiras de distintos tipos (algunhas aulas de Infantil e

as aulas de Relixión)

1.3.- Recursos humanos

Persoal docente

O Centro conta cun elevado número de definitivos na actualidade o cal é moi

positivo á hora de manter proxectos e liñas de traballo. Os docentes ocupan os seguintes

postos:

Definitivas Provisionais TOTAL

Educación Infantil 8 4 12 (3 apoio)

Educación Primaria 14 14

Orientadora 1 1

Pedagoxía Terapéutica 1 2 3

Audición e Linguaxe 1 1 2

Inglés 2 2

Ed. Física 2 2

Música 1 1

Relixión (laboral) 2

TOTAL 39 profesores.

Page 9: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

8

Educación Infantil:

4º EI A B C

5º EI A B C

6º EI A B C

Educación Primaria:

1º A B

2º A B

3º A B C

4º A B

5º A B

6º A B C

Persoal non docente

Está composto polo conserxe, o persoal de limpeza e dúas coidadoras que

atenden aos nenos con NEE. A Anpa faise cargo do comedor, madrugadores e

actividades extraescolares contratando persoal e monitores ó seu servizo.

Organigrama do Centro

CONSELLO ESCOLAR

CEIP Valle-Inclán

Equipo

Directivo

Representante do persoal

non docente

Representante do Concello de Oleiros

Representantes das familias

Representantes

do profesorado

Director: José A. Martínez Xefa de estudos: Mª Luisa Barros Secretario: Carlos López

Mª José Souto Juan Carlos Vázquez Margarita A. RodríguezMª Carmen Vázquez

Mª Irene Graña

Reyes Caparrós Karin Lenze

Sergio J. Santos Manuel Muñiz

Belén Pérez Sanmartín

Teresa Parrado Sandra Fernández Fernández

Page 10: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

9

1.4.- Relacións na comunidade educativa

En xeral son positivas, aínda que con grandes diferenzas. O contorno do colexio

está ocupado por fogares cun nivel económico medio. Existen tamén familias de alta

capacidade económica e de recursos escasos (situacións de perda de traballo,

inmigración, familias con procesos de separacións matrimoniais...).

No traballo de titoría estamos atopando cada vez con máis frecuencia casos de

nenos con NEE que implican unha permanente relación familia-escola para a adecuada

evolución do neno. Así mesmo debemos considerar tamén aqueles nenos en situacións

familiares pouco estables que inciden negativamente na súa aprendizaxe. Calquera

valoración deste tipo de casos ha de ser individualizada pola multitude de variables que

poden darse.

As familias responden positivamente ás demandas do centro e as relacións co

profesorado son, en xeral, fluídas e cordiais.

A relación de convivencia do alumnado, tanto entre eles como con persoas

adultas, é moi positiva. Debido ó aumento de matrícula, a densidade de nenos e nenas

nos patios comezou a crear dificultades polo que xa levamos varios anos tendo que

separar en dúas quendas os recreos: unha para infantil e outra para primaria, coas

dificultades que isto conleva para a organización do centro. Os espazos son adecuados

para seis unidades de infantil e doce de primaria, mais na actualidade xa existen nove

unidades de infantil e catorce de primaria.

A atención dos alumnos procendentes do estranxeiro (inmigrantes, adoptados...)

estase a tratar dende dous puntos de vista:

- A súa integración dentro da aula e do centro como base dunha integración máis

ampla (Plan de Acollida e Plan de Atención á Diversidade).

- A súa integración a nivel curricular.

O noso centro está aberto ó contorno: participamos en multitude de actividades

complementarias, respostando ás necesidades educativas do alumnado e a ampla oferta

do Concello de Oleiros e outras institucións.

Page 11: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

10

A Asociación de Nais e Pais (ANPA), amáis de canalizar as inquedanzas das

familias e colaborar coa dirección do centro na súa mellora, xestiona eficazmente o

programa de actividades extraescolares, madrugadores e comedor escolar.

Temos unhas relacións moi positivas con diversas entidades, especialmente co

Concello de Oleiros que colabora de xeito permanente. Tamén co Concello da Coruña a

través da oferta de actividades que fan anualmente (Museos, Pazo da Ópera, Parque de

bombeiros…)

Page 12: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

11

2.- O CENTRO QUE QUEREMOS

Queremos unha escola aberta á comunidade, flexible, integrada no entorno,

experimental e baseada en valores democráticos, onde o obxectivo prioritario sexa o

desenvolvemento integral da persoa en todas as súas dimensións, física, afectiva,

intelectual, ética e social .

Un centro onde a Comunidade educativa comparta uns valores comúns para a

vida e a convivencia: xustiza, solidariedade, igualdade, saúde, esforzo, creatividade,

lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal.

Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

sinta discriminado.

Un centro participativo, aberto ó contorno, onde cada un dos membros da

comunidade desenvolva o seu labor con responsabilidade para conseguir os obxectivos

comúns que nos marcamos.

Un centro onde a atención á diversidade ocupe un lugar privilexiado, de xeito

que calquera neno poida atopar o seu espazo propio.

Un centro onde a comunidade educativa actúe con flexibilidade, moderación e

criterio, tendo en conta as diferenzas individuais do alumnado.

Un centro onde se priorice a educación para a igualdade e a coeducación,

evitando actitudes sexistas.

En definitiva, un centro onde se ensine e se aprenda a ser persoa, a “aprender a

aprender” e “aprender a convivir”.

A nosa proposta é continuar coa labor iniciada en cursos anteriores para acadar

entre todos o centro que queremos. Esta dirección tratará de ser:

- Democrática, onde todos os sectores da Comunidade Educativa se sintan

representados e sexan participativos.

- Innovadora, capaz de avaliar as necesidades que vaian xurdindo no seo da

comunidade educativa e de marcar obxectivos reais, propoñendo os medios

alcanzables para conseguilos.

- Dinámica, capaz de motivar ó profesorado e a outros estamentos cara a

elaboración de proxectos democraticamente seleccionados.

Page 13: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

12

3.- XESTIÓN QUE PRETENDEMOS FACER

As persoas que formamos o equipo somos:

Elena de la Iglesia Candame (Proposta como Xefa de Estudos)

- Diplomada en EXB, con especialidades de Primaria, Lingua Castelá e Lingua

Inglesa.

- 29 anos de servizo, sendo este o sétimo curso no CEIP Valle Inclán.

- 1 ano na Xefatura de estudos e 1 en Secretaría.

- Coordinacións: 6 anos de Normalización Lingüística, 3 de ciclo e 2 de

Programas Europeos.

Victoria Seoane Carrillo (Proposta como Secretaria)

- Diplomada en EXB coas especialidades de Primaria, Lingua Castelá e Lingua

Inglesa

- 2ª diplomatura en Educación Preescolar.

- 21 anos de docencia, sendo este o cuarto no CEIP Valle Inclán.

- 1 ano de Responsable dun centro de menos de 3 unidades (EPA)

- Coordinacións: 2 anos do PLAMBE, 5 de ciclo e 2 de seminarios.

Mª Jesús Fraga Fernández (Candidata á Dirección)

- Diplomada en EXB coas especialidades de Primaria, Matemáticas e Ciencias da

Natureza.

- 2ª diplomatura en Educación Preescolar.

- 27 anos de docencia, sendo este o quinto no CEIP Valle Inclán.

- 10 anos como Responsable dun centro de menos de 3 unidades.

- Coordinacións: 4 anos de ciclo, Xefa de departamento e varios seminarios e

encontros.

Page 14: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

13

Aportamos unha dilatada experiencia na docencia. Temos traballado en diferentes

tipos de centro (unitarias, educación de adultos, CEIP) e proxectos de innovación

pedagóxica (proxectos europeos, bibliotecas escolares, anticipación da lingua

estranxeira, proxectos baseados na filosofía de “aprender a aprender”...). Dado que cada

unha de nós imparte ensinazas en diferentes ciclos, pensamos que podemos facer un bo

equipo de traballo aportando unha visión global do conxunto da Educación Infantil e

Primaria. A nosa ilusión é potenciar o mellor de cada unha das persoas dos diferentes

sectores da comunidade educativa para avanzar xuntos cara un modelo educativo

inclusivo.

Impulsaremos as iniciativas que a comunidade educativa representada no Consello

escolar estime positivas e convenientes. Sempre dende un posicionamento

inequívocamente democrático e de respecto ás persoas facendo fincapé nas seguintes

áreas:

- Atención á Diversidade.

- Acción titorial.

- Observatorio de convivencia.

- Relacións familia-escola.

- Fomento e defensa da lingua galega.

- Animación á lectura e biblioteca escolar.

- Tecnoloxías da Información e Comunicación.

- Coidado e mantemento do contorno.

Fomentaremos a circulación fluída de información e as reunións do profesorado,

co fin de favorecer o intercambio de opinións e a participación de todos nas decisións

que se teñan que tomar.

En definitiva, queremos un centro no que predomine un ambiente cordial e de

confianza entre toda a comunidade educativa.

Page 15: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

14

4.- OBXECTIVOS E ACCIÓNS

4.1. Crear as condicións para acadar un alumnado con actitudes positivas e

responsables.

4.2. Coñecer e atender á diversidade do alumnado.

4.3. Favorecer as relacións no seo da comunidade educativa e coas entidades

exteriores.

4.4. Fomentar a innovación, apoiando decididamente cantos proxectos se

consideren de interese colectivo. Favorecer a coordinación entre o

profesorado e a formación no propio Centro.

4.5. Intentar volver á liña dúas para optimizar os recursos dos que dispoñemos,

tanto persoais como materiais.

4.6. Mellorar os servizos complementarios

4.7. Manter o procedemento actual de transmisión da información e continuar

coa súa actualización permanente.

4.8. Revisar e actualizar a documentación do Centro.

4.9. Mellorar e actualizar as instalacións do Centro adaptándoas ás novas

necesidades. Actualizar o catálogo de persoal non docente.

Page 16: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

15

OBXECTIVO:

4.1. Crear as condicións para acadar un alumnado con actitudes positivas e

responsables.

ARGUMENTACION

A ensinanza significa, non só, adquirir, procesar e asimilar novos coñecementos e

capacidades, senón tamén saber buscar axudas e recursos que o faciliten.

“Aprender a aprender” é a habilidade para iniciar a aprendizaxe e ser capaz de

continualo de xeito cada vez máis autónomo. Ser consciente do propio proceso e

das necesidades de cada quen, buscar as necesidades dispoñibles, recoñecer as

potencialidades e limitacións persoais e ser capaz de sacar proveito das primeiras

e de superar as segundas co fin de culminar a aprendizaxe con éxito.

ACCIÓNS:

Potenciar:

- A adquisición de habilidades para desenvolver as capacidades intelectuais.

- O coñecemento das características do proceso de aprendizaxe individual e de

grupo.

- A adquisición de actitudes positivas cara o esforzo persoal

- A curiosidade e o gusto por aprender e facer as cousas ben feitas.

- O coñecemento e a utilización de estratexias e técnicas de aprendizaxe e de

traballo intelectual.

- A valoración da regularidade e da constancia no traballo diario.

- O coñecemento de estratexias para mellorar a atención e a memorización.

- O coñecemento e a utilización de diversas fontes e recursos de información

- A análise e a avaliación dos erros cometidos no proceso de aprendizaxe persoal.

Page 17: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

16

OBXECTIVO:

4.2. Coñecer e atender á diversidade do alumnado.

ARGUMENTACIÓN:

No centro existe unha gran diversidade de alumnado: alumnos con NEE (síndrome

de Down, síndrome de Rett, parálise cerebral, altas capacidades, trastorno

xeralizado da conduta...), familias en situación de desemprego, inmigrantes,

familias desestruturadas... polo que teremos que ter unha especial sensibilidade con

todos estes casos.

ACCIÓNS:

- Elaborar cada curso un estudo das necesidades que van xurdindo e acadar medios

para palialas.

- Potenciar o Plan de Acción Titorial.

- Fomentar a coordinación entre o Departamento de Orientación e o Equipo

Directivo, facendo un seguimento de NEE.

- Aplicar de forma rigurosa e sistemática o Plan de Atención á Diversidade.

- Favorecer as reunións informativas e formativas coas familias.

Page 18: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

17

OBXECTIVO:

4.3. Favorecer as relacións no seo da comunidade educativa e coas entidades

exteriores

ARGUMENTACIÓN:

Cando analizamos o centro que temos, valoramos como positivas as relacións no

seo da comunidade educativa. Como factor importantísimo para un ensino de

calidade, cremos que debemos intentar mantelas e melloralas.

Así mesmo, cumpriría continuar as relacións coas entidades e institucións que nos

rodean: Concello, (Biblioteca Rialeda, Escola de danza, Escola de Música,

CEIDA), Universidade, asociacións veciñais, culturais e deportivas...

ACCIÓNS:

- Establecer canles fluídas de comunicación que permitan detectar e corrixir as

distorsións que se poidan dar no seo da comunidade educativa.

- Potenciar o Observatorio da Convivencia.

- Coa ANPA, buscar actividades de planificación conxunta que poidan servir para

afianzar as relacións familia-escola.

- Coa Concellería de Ensino e Xuventude continuar co procedemento de

planificación das actividades.

- Co Concello, establecer canles eficaces de comunicación para resolver os

problemas de mantemento e xestión con implicación municipal.

Acadar que as relacións entre toda a comunidade escolar estean baseadas na

confianza e o respecto mutuo, valorando as diferenzas de opinión coma un

elemento enriquecedor.

Page 19: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

18

OBXECTIVO:

4.4. Fomentar a innovación, apoiando decididamente cantos proxectos se

consideren de interese colectivo. Favorecer a coordinación entre o

profesorado e a formación no propio Centro.

ARGUMENTACIÓN:

A coordenación entre o profesorado e a participación en proxectos, tanto de

innovación como de formación que se realicen no Centro, supón a mellora da

calidade tanto profesional como educativa. Foméntase o traballo en equipo e

póñense en práctica os coñecementos adquiridos.

Unha boa comunicación e coordinación entre o profesorado crea un clima que

favorece a mellora da calidade do ensino.

ACCIÓNS:

- Continuar a potenciar os órganos de coordinación: comisión pedagóxica, reunións

de niveis e ciclos, reunións de equipos.

- Elaborar un calendario trimestral de reunións e priorizar os temas a tratar.

- Traballar a coordinación interciclos e unificar criterios metodolóxicos.

- Apoiar proxectos de formación e innovación solicitados polo profesorado.

- Impulsar a biblioteca escolar realizando as melloras que se estimen oportunas.

- Continuar a impulsar as seccións bilingües.

- Continuar co pulo que se lle está a dar ó Plan TIC coa colocación de canóns e

pizarras en todas as aulas posibles.

- Seguir promocionando o uso do galego no ámbito escolar.

- Facilitar recursos económicos, materiais e humanos para aquel profesorado que o

demande e realice accións que repercutan na mellora da calidade do Centro...

Page 20: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

19

OBXECTIVO:

4.5. Intentar volver á liña dúas para optimizar os recursos dos que

dispoñemos, tanto persoais como materiais.

ARGUMENTACIÓN:

Durante os últimos anos o Centro ven presentando un alto nivel de matrícula. As

ratios están completas na maioría dos cursos e tivemos que abrir a liña 3 en moitos

niveis (a día de hoxe 5). Isto supón unha perda de espazos educativos xa que hai

que habilitar novas aulas coa conseguinte perda de calidade no ensino. Non temos

aula de laboratorio-pretecnoloxía, inglés e hai dificultades coa aula de atención

educativa.

Aumentaron tamén os nenos con NEE en infantil e de apoio en todos os ciclos.

ACCIÓNS:

- Intentar volver á liña dúas. Seguir a pedir o novo colexio de Nós.

- Intentar recuperar a aula de laboratorio-pretecnoloxía, crear a aula de inglés e

reorganizar as aulas de relixión-atención educativa.

- Solicitar profesorado definitivo de PT e AL para dar continuidade ó traballo cos

nenos de NEE.

- Adecuar un espazo para que o ANPA poida ofertar no servizo de madrugadores e

comedor actividades lúdicas axeitadas ás idades dos nenos (lectura, xogos

didácticos, tempo de estudo...)

Page 21: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

20

OBXECTIVO:

4.6. Mellorar os servizos complementarios

ARGUMENTACIÓN:

O comedor segue a ser pagado case íntegramente polas familias.

O transporte escolar público non satisfai a demanda das familias: as zonas de

atención non son axeitadas e non hai transporte polas tardes.

Cremos que para ofertar unha educación de calidade, ditos servizos deben ser

universais, públicos e gratuitos.

ACCIÓNS:

- Solicitar á Consellería de Educación para que inclúa o noso na rede de comedores

escolares públicos.

- Solicitar a ampliación das zonas de influencia do transporte escolar público

- Solicitar transporte público para as actividades complementarias da tarde.

Page 22: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

21

OBXECTIVO:

4.7. Manter o procedemento actual de transmisión da información e continuar

coa súa actualización permanente.

ARGUMENTACIÓN:

Na sociedade da información, ás veces resulta difícil transmitir, recibir e integrar

tantas noticias como se producen.

Cremos que debemos buscar xeitos eficaces de distribución da información para

non sentírmonos abrumados polo exceso ou desinformados por defecto. Para a

convivencia democrática é fundamental dispór dunha información fidedigna,

correcta e completa. Para acadalo, cumpriría obter o máximo partido das novas

tecnoloxías, especialmente Internet e correo electrónico.

ACCIÓNS:

- Promover a utilización da páxina web por parte das familias, alumnado e

profesorado, para que poida ser referencia, punto de encontro e intercambio con

toda a comunidade educativa.

- Actualizar constantemente a información dos paneis e tabuleiros de anuncios.

- Manter a comunicación periódica coas familias (boletín mensual XOVESI) e co

profesorado (correo electrónico).

- Potenciar o funcionamento da revista dixital “A Xanela”, así como os distintos

blogs de aula.

Page 23: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

22

OBXECTIVO:

4.8. Revisar e actualizar a documentación do Centro.

ARGUMENTACIÓN:

A LOE abriu un novo marco legal no ámbito do sistema educativo. Isto supón

unha constante actualización da documentación do Centro dentro do novo marco de

referencia.

ACCIÓNS:

Revisar e actualizar:

- Proxecto Educativo de Centro

- Regulamento de réxime interno.

- Plan de Acción Titorial

- Plan de Atención á Diversidade

- Plan de convivencia.

- Proxecto lingüístico do centro.

- Plan lector.

- Plan de integración das tecnoloxías da información.

- Plan de Autoprotección do centro.

Page 24: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

23

OBXECTIVO:

4.9. Mellorar e actualizar as instalacións do Centro adaptándoas ás novas

necesidades. Actualizar o catálogo de persoal non docente.

ARGUMENTACIÓN:

O primeiro edificio data do ano 85 polo que presenta carencias estruturais para as

necesidades que se nos presentan na actualidade: escolarización dos nenos de 3

anos, nenos con NEE, problemas de mobilidade… Os aseos (non adaptados) e as

saídas de emerxencia con escaleiras son os principais problemas.

Os dous edificios contan cunha serie de aspectos a mellorar:

- Non están adaptados a nenos ou adultos con problemas de mobilidade.

- Hai un exceso de espazos inutilizados por contar con duchas que non se usan.

- Hai carencia de espazos de almacén para ordenar e catalogar o material.

- Os edificios non teñen comunicación entre si o que dificulta os desplazamentos,

sobre todo no inverno (acceso á biblioteca do centro e especialistas ós distintos

niveis e a interrelación do profesorado)

O pavillón polideportivo necesita mellorar a calidade do son.

ACCIÓNS:

- Poñer en funcionamento o ascensor no segundo edificio.

- Colocar rampas para nenos con NEE nos accesos do 2º edificio.

- Nos aseos de infantil, quitar as duchas e acondicionar os espazos con pezas

axeitadas para nenos de 3 anos, con problemas de mobilidade e outras necesidades

(cambiador para nenos con NEE, guindastre...).

- Modificar as escaleiras de saída de emerxencia das aulas de infantil.

- Acondicionar os espazos das duchas para almacén de material didáctico por ciclos

no 2º edificio.

- Remodelar os espazos axardinados do centro.

- Mellora da sala de usos múltiples: pintado, estores, telón-pantalla, canón.

- Pintar o patio cuberto do 2º edificio e as aulas que o necesiten.

- Pedir o cerramento da parte superior do lateral dos porches do 1º edificio, co fin de

protexer ós nenos da chuvia nas entradas e saídas, e poder usalos nos recreos.

- Seguir solicitando unha pasarela que poña en comunicación os dous edificios.

- Mellorar a calidade acústica do pavillón polideportivo para poder utilizalo como

espazo multidisciplinar.

- Solicitar unha persoa para tarefas administrativas.

Page 25: CEIP VALLE-INCLÁN - edu.xunta.gal · lealdade, xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se

PROXECTO DIRECCIÓN Mª JESÚS FRAGA FERNÁNDEZ

24

5.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN O proxecto presentado é un documento aberto, sometido a contínua avaliación e

revisión. Débese entender como algo dinámico, inacabado e inacabable, suxeito a

modificacións.

A temporalización dos obxectivos irá especificada na Programación Xeral anual.

O seguimento farase nas reunións periódicas da Comisión de Coordinación Pedagóxica

e a súa avaliación efectuarase ó término de cada curso escolar na Memoria anual.

En canto á avaliación de resultados realizarase ó finalizar a temporalización

establecida para cada un dos obxectivos, e finalmente realizarase unha avaliación global

ó remate dos catro anos.

A avaliación do proxecto deberá abarcar os seguintes aspectos:

� A potenciación dun clima escolar que favoreza o estudo, o desenvolvemento de

cantas actuacións propicien unha formación integral do alumnado en

competencias e valores e a mellora dos resultados escolares.

� A potenciación da colaboración do Centro coas familias, co Concello e con

outras entidades que faciliten a súa apertura ao exterior e a súa relación co

contorno.

� A contribución ao desenvolvemento de proxectos de mellora, en especial no

relativo a programas de innovación e a participación en programas de formación,

así como a coordinación entre as actuacións dos diferentes órganos do Centro.

� A mellora e optimización dos recursos dos que dispón o Centro, tanto materiais

como humanos.

� Organización de actividades complementarias e colaboración na organización de

actividades extraescolares que favorezan a apertura do centro conectando este

co seu contorno.

� O fomento da comunicación entre os diferentes sectores da comunidades

educativa e a dispoñibilidade para atender ó alumnado e ás familias ofrecendo

información e atendendo ás demandas.

� A dirección e coordinación da actividade do Centro, en especial o relativo á

actualización e desenvolvemento do PEC.

� A mellora e actualización das instalacións de que dispón o Centro.