ceip a gÁndara memoria final do curso 2016-2017 · neste curso o número de solicitudes para...
TRANSCRIPT
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
2
ÍNDICE
1. LOGRO DE OBXECTIVOS….…………………………………………………..3
2. XORNADA ESCOLAR. ………………………………………………………….5
3. CALENDARIO REUNIÓNS ÓRGANOS COLEXIADOS. …………………….5
4. MEMORIAS.
4.1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA…………………..6
4.2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIA………18
4.3. EQUIPA DE TIC…………………………………………………………...24
4.4. EQUIPA DE BIBLIOTECA………………………………………….…….27
4.5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN…………………………………33
4.6. EQUIPA DE CONVIVENCIA…………………………………………….44
4.7. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA…………………….48
4.8. EDUCACIÓN INFANTIL ………………………………………………50
4.9. EDUCACIÓN PRIMARIA 1º E 2º NIVEL……………………………….53
4.10. EDUCACIÓN PRIMARIA 3º E 4º NIVEL ………………………..…56
4.11. EDUCACIÓN PRIMARIA 5º E 6º NIVEL …………………………59
4.12. MEMORIA DE PROA (CONTRATO PROGRAMA)……………..…63
4.13. PLAN DE FORMACIÓN DE PROFESORADO DE PROFESORES……………………………………………………………70
5. RELACIÓNS COAS FAMILIAS…………………………………………………72
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
3
A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos e comisións creadas ao efecto. Foi aprobado polo Claustro o día 28 de xuño de 2017 e informado ao Consello Escolar o día 29 do mesmo mes.
1. LOGRO DE OBXECTIVOS. 1.1. Obxectivos alcanzados. a) Renovación de recursos audiovisuais como proxectores, ordenadores,
tablet.
a) Fomentar o uso de estratexias cooperativas como unha forma de mellorar os aspectos que os mestres identifican como os que os/as nenos/as teñen máis dificultade: a comprensión lectora, a comprensión dos problemas de matemáticas e a autoestima e autonomía.
b) Sensibilización do alumnado para respectar o entorno. Desenvolveuse un ano más a tarefa dos policías do medioambiente que se encargaron de vixiar que se usen os contedores e as papeleiras para manter o patio limpo.
c) Sensibilización do alumnado con respecto ao coidado do mobiliario e ás instalacións do colexio, polo que houbo encargados de facer un seguimento sobre o estado dos baños .
d) Participouse en actividades que puxeron aos nenos en contacto con
outros centros e coa sociedade : saídas en bicicleta, concurso de Intercentros, concurso de debuxos, saídas a museos, cine, teatro, excursións, natación para os nenos de 4º de primaria.
e) Fixéronse máis visibles os traballos realizados polos nenos (Fomentando a colocación de murais e traballos para que sexan máis visibles, colgar fotos na páxina do colexio, facer unha exposición dos traballos feitos ao longo do curso a través do soporte audiovisual, proxección de fotos no festival do día das letras galegas).
f) Continuouse cos Contratos-Programas solicitado e concedido cun presuposto de 400 euros. Impartido por unha mestra externa e coordinado por José Manuel Barcia Vizoso. Consiste en dúas sesións semanais para reforzar a aqueles nenos que máis o necesitan de 5º e 6º de primaria.
g) Continuouse coas actividades solicitadas ao Concello de reforzo: denominada “Reforzatic (os nenos teñen como elemento motivador os ordenadores). Este ano, ademais, iniciouse outra actividade novedosa
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
4
denominada “robótica”, na que os participantes aprenden a programar de forma lúdica. Tamén o Concello ofertou unha gran diversidade de actividades gratuítas en horario lectivo. Destacar a realización dun mural nunha das paredes do colexio coa temática da a “aprendizaxe cooperativa”.
h) Desenvolvemento dun plan de mellora da metodoloxía docente a través dun Programa de Formación Permanente de Profesorado (PFPP). Traballamos dúas liñas: a cooperación como un medio de aprendizaxe que implica a renovación da metodoloxía e a formación nas novas tecnoloxías.
i) O xefe territorial confirmoou que se iniciarían as obras para cambiar cambiar a caldeira do colexio. Terá lugar o ben durante o verán ou en decembro.
j) A concelleira de ensino preocupouse polo estado do colexio e tomou nota das necesidades. 1.2.Obxectivos pendentes:
a) Necesidade dunha redución da masificación nas aulas. Case todas están con 25 alumnos. Neste curso o número de solicitudes para entrar no curso 2017-2018 en Educación Infantil foi 56 usuarios/as. Desta maneira 6 nenos/as quedaron sen praza, aínda que na comisión de escolarización os colocaron en colexios que as familias o colocaran de segunda elección de preferencia. A pesar disto seguimos cunha masificación o que provoca efectos secundarios preocupantes:
• Incremento da burocracia para o equipo directivo e profesorado. • Os espazos comúns xa non son suficientes para tantos nenos
(non contamos con patio cuberto para todo o alumnado, para celebrar os festivais temos que desprazarnos ata o Pazo de Narón o que supón perda de tempo e gasto económico no transporte, …).
• Escaseza de espazo para gardar material do colexio. • Os especialistas, titores e especialistas de PT e AL e a
orientadora están saturados. • Atender aos diferentes ritmos de aprendizaxe é cada vez máis
difícil. • Maior o número de pais e nais aos que hai que atender en
reunións. • Reunións de avaliacións máis extensas. • Menos posibilidades de conseguir unha ensinanza
individualizada.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
5
a) Queda pendente facer as seguintes obras e traballos de mantemento por parte de Concello de Narón:
a. Cambiar as tubarias de alimentación de auga. b. Cambiar algunhas portas de saídas de primaria e infantil. c. Colocar porteiro automático nas portas externas do patio. d. Illar o aparcadoiro dos mestres. e. Tala de dúas árbores secas situadas no patio de infantil. f. Continuar pintando o interior do centro. g. Acondicionar o patio de infantil.
b) Queda pendente facer as seguintes obras por parte de Consellería:
• Mellorar a velocidade de navegación. Durante este curso
avisáronnos que se estaba mirando. • Ampliar a zona cuberta do patio para que os días de choiva os/as
nenos/as poidan gozar do recreo igualmente. • Colocar un ascensor xa que o elevador non é nada funcional.
2. XORNADA ESCOLAR.
No horario da xornada escolar seguiuse o programado na programación xeral.
O horario quedou da seguinte maneira.
� 1ª sesión : 9:00 a 9:50 � 2ª sesión: 9:50 a 10:40 � 3ª sesión: 10:40 a 11:30 � Recreo: 11:30 a 12:00 � Tempo de lectura: 12:00 a 12:20 � 4ª sesión: 12:20 a 13:10 � 5ª sesión: 13:10 a 14:00
3. CALENDARIO REUNIÓNS ÓRGANOS COLEXIADOS.
As reunións celebradas foron as programadas na Programación Xeral máis algunhas extraordinarias. O próximo curso incrementaremos o número de reunións, sempre que a carga de traballo do equipo directivo nolo permita. Ademais elaboraremos un calendario de reunións para todo o curso.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
6
4. MEMORIAS.
4.1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
Contorno sociolingüístico e stuación lingüística do centro.
Durante todo o curso dende este equipo e xunto cos outros equipos e
departamentos do colexio: convivencia, actividades complementarias e
extraescolares, biblioteca,TICs… realizamos moitas celebracións e
conmemoracións. A nosa colaboración máis directa consiste en promover que
nas actividades empregue a lingua galega tanto de forma oral como escrita.
Xa levamos varios anos con estas actividades, principalmente Magosto,
Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Letras Galegas, Día do
Peón..... Tamén continuamos cos “III Certame literario para pais e nais” e co “II
Certame literario do alumnado”. Este curso fixemos un libro colectivo,
facéndolle unha homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz, que máis
adiante explicaremos con máis detalle.
Celebración de Festas Tradicionais.
� Magosto e Samaín:
Nestas celebracións participou todo o alumnado do centro. Empregando as
TICs, prensa e material da biblioteca, buscaron información sobre a historia
desta tradición. Elaboráronse traballos como murais, debuxos… que foron
expostos nos corredores do colexio.
Dende o equipo aportamos información e actividades (contos, encrucillados,
sopa de letras, adiviñas, trabalinguas, etc.) sobre a festa tradicional do Magosto
e tamén do Samaín. Tamén a cada ciclo, dende Infantil ata Primaria
entregóuselle unhas actividades a modo de resumo e reforzo de aprendizaxes
relacionados con estas festas.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
7
No Magosto asáronse castañas e todo o alumnado saíron ao patio á degustación.. Este ano contratouse a unha persoa para asalas xa que resultaba bastante complicado asar castañas para tanto alumnado
No Samaín decorouse o colexio con morcegos, arañas... e nas clases e
corredores expuxéronse cabazas que decoraron os alumnos/as. Fixemos unha
presentación que está na páxina web do colexio.
� Día do Peón:
Durante as semanas anteriores ao día da celebración, nas clases de Educación
Física, o alumnado fixo prácticas de baile do peón.
O día da celebración todo o colexio baixou a patio para bailalo, nos cursos de
Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria, algúns alumnos e alumnas
de sexto de primaria bailáronllo para que viran como se facía.Ao remate
acabouse cunha bailada colectiva onde todo o alumnado do centro, que sabía
bailalo, bailouno na pista polideportiva..
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
8
� Festa de Nadal:
Con motivo de celebración do Nadal decoráronse as aulas e os corredores do
centro cos murais realizados polo alumnado.
Tamén celebramos a festa de Nadal cun festival. Ao festival están convidadas
as familias dos alumnos e alumnas. Cada curso preparará unha actuación
(panxoliñas, baile, teatro…).
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
9
� Calendario 2016
O alumnado voluntariamente fixeron debuxos para participar no deseño do calendario para este curso. Seleccionouse un deles para facer o calendario do curso 2017. Tamén se fixo un concurso para facer unha postal para felicitar as Festas.
PORTADA DO CALENDARIO
POSTAL DE NADAL
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
10
� Día da Paz
Durante todo o curso, desde o departamento de orientación léronselles contos
aos alumnos sobre temas de convivencia e intentouse resolver os conflitos
mediante a mediación e o diálogo.
Dende o Equipo de Dinamización en colaboración co Equipo de Actividades
complementarias e extraescolares, celebramos o Dia da Paz, despois do
recreo (coa que se pretendeu que todos alumnos e alumnas de infantil e
primaria, reflexionasen sobre os temas fundamentais que interveñen na paz e
nos conflitos.
Durante esa semana o alumnado de cada nivel decorou corazóns con palabras
alusivas á paz. Todos estes corazóns colgáronse no vestíbulo do colexio dunha
pomba feita con corcho branco.
No acto, tras a lectura dunhas poesías sobre a paz a cargo de alumnos e
alumnas de terceiro de primaria, cantouse unha canción no vestíbulo do
colexio.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
11
� Entroido:
Nas aulas fixéronse actividades relacionadas co Entroido, receitas, costumes
antigas desta festa, etc.
Fixéronse os Mandados do Meco, conseguindo dende o luns ata o venres
formar un disfrace de personaxes fantásticos. Os encargados de ler os
mandados eran alumnos de sexto curso de Educación Primaria, que se
encargaban a xeito de rima, transmitir eses mandados a todo o colexio.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
12
� Letras Galegas:
Durante o mes das Letras Galegas dende o equipo e coa colaboración do
equipo de biblioteca, seleccionamos unha serie de libros adaptados a etapa de
educación infantil e a todos os niveis de primaria.
Estes libros metéronse en catro carros (O CARRIÑO VIAXEIRO) e foron
pasando polas aulas, estando dúas semanas en cada unha.
Este ano o día das Letras Galegas dedicouse ao escritor Carlos Casares e o
alumnado, axudado polos mestres e mestras, traballaron a súa vida e obra con
diversas actividades.
Dende o Equipo facilitamos información, actividades varias e outro material
sobre o autor homenaxeado coa intención de afondar no coñecemento e
divulgación da súa obra.
Coa colaboración do Equipo de Actividades complementarias e extraescolares
no festival das Letras Galegas, fixéronse todo tipo de actuacións e
representacións, empregando a lingua galega e centrando o festival arredor
deste autor.
Nos paneis da entrada do colexio estiveron expostos os paneis enviados pola
Consellería sobre a vida do autor.
Este ano estaba programado seguir celebrando unha edición máis do certame
literario de nais/pais e do alumnado pero coa organización do Certame
Intercentros no houbo tempo para a súa organización.
No mes de abril todo o alumnado do colexio fíxolle unha homenaxe ao autor
Agustín Fernández Paz.
O alumnado de infantil, de primeiro e segundo ilustraron portadas de títulos de
obras do autor; terceiro e cuarto ilustrou textos ou a partir de diversas técnicas
escribiu contos e os de quinto e sexto, seguindo a técnica de contos por
palabras redactaron diversos escritos.
Todo isto estivo exposto no vestíbulo do colexio.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
13
� Coñecemento do noso patrimonio cultural e social.
Realizáronse por parte dos diferentes ciclos saídas e actividades ofertadas polo
Concello de Narón, obras teatrais, contacontos, visita á granxa escola de Aldea
Nova situada no concello de Narón, e talleres no que participaron diferentes
cursos.
� Respecto á situación do profesorado.
Aínda que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está composta por
catro persoas, que son as encargadas de programar as actividades e de facer
un seguimento do cumprimento dos obxectivos programados, a participación
do profesorado do claustro foi moi positiva, promovendo en todas as
actividades realizadas nas aulas o uso do galego.
� Respecto á situación do alumnado.
Como cada ano celebrouse entre todos os centros do Concello de Narón o
Certame Intercentros organizado polo Concello de Narón. Neste Certame, que
este ano acadou a edición XXVIII, participaron todos os centros de ensino
público da zona, onde os alumnos e alumnas de diversos cursos realizaron
distintas actividades, integramente en galego: obras de teatro, monólogos,
bailes, cantigas exposición de murais, recollida de premios…
Este certame fai que, todos os anos, os centros pertencentes a este concello,
estean en continua interrelacción e persigan un mesmo obxectivo: a
potenciación da lingua galega, na expresión oral, escrita e ilustrativa, por medio
dos traballos realizados.
Este curso este colexio foi o organizador do certame e como representación do
noso centro participamos con murais alusivos ao autor homenaxeado, a Galiza
e a súas tradicións, con contos ilustrados e tamén en expresión oral, os
alumnos de 6º curso, con dúas obras teatrais. Cunha delas acadamos o
primeiro premio e a outra tivo un accésit
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
14
� Visita varios autores e contacontos para todas as e tapas
Este ano o alumnado do colexio recibiu a visita de varios autores e contacontos
para todas as etapas e ciclos.
A continuación amosamos, a modo de exemplo, unha imaxe na que se pode
ver a un dos autores co alumnado de quinto nivel.
Todas estas actividades fixéronse en colaboración co equipo de dinamización
da biblioteca escolar.
MANOLO RIVAS
� Edición do nº XXV do xornal ALFAR
Coa implicación de toda a comunidade educativa, editouse, integramente en
galego, o xornal correspondente ao ano 2017. Nel, os nenos e nenas de todos
os ciclos e niveis e coa axuda dos profesores e profesoras, realizaron diversos
traballos de creación ou investigación.
Con isto, déuselle ao alumnado a posibilidade de que publicasen os seus
traballos e así promover o uso do galego nos textos escritos.
Este curso colaboraron todos os departamentos do colexio na elaboración da
revista, e aportamos un exemplar acompañando a esta memoria.
Avaliada a experiencia do curso anterior, decidiuse imprimir un exemplar por
aula e uns cantos números para a biblioteca e colgalo na páxina web do
colexio. O curso anterior xa o fixemos e pareceunos unha experiencia bastante
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
15
satisfactorio, xa que isto fai que a comunidade educativa se acostume a
consultar a páxina.
Se se quere consultar pódese atopar nas páxina do colexio.
� Calendario escolar 2017
Ver apartado dedicado á festa do Nadal.
� Utilización das TICs
Establecéronse quendas para a utilización da aula de informática onde o
profesor correspondente lles ensinaba a utilizar Internet, polo que atoparon
moitos recursos para facer uso didáctico deles, sobre todo, na páxina da Xunta
e a Web do colexio. Alí puideron atopar, na sección de lingua galega, moitos
recursos como: xogos, contos, etc, e traballar con eles dun xeito divertido.
Tamén, a utilización das TICs, serviulles para buscar información sobre o
escritor homenaxeado este ano na semana das Letras Galegas,e así puideron
coñecer e traballar a súa obra.
� Enquisas
Como todos os cursos coa realización da matrícula para o alumnado de novo
ingreso fáiselle a cada unha familia unha pequena enquisa sobre en que lingua
desexa que sexa educado o seu fillo ou filla. A maioría contestan que en
castelán, xa que estamos nunha zona onde o uso do castelán e moi frecuente.
Para a elaboración do Plan seguimos utilizando ás enquisas feitas hai uns anos
xa que a situación lingüística non variou nestes últimos anos, mais ben
castelanizouse máis.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
16
4.1.2._AVALIACIÓN
Os obxectivos recollidos na P.X.A. ao principio de curso foron acadados
satisfactoriamente.
Temos que dicir que houbo algunhas actividades programadas que non
puidemos realizar por falta de tempo, de medios, etc.
Non se programou nada para o día da Prensa aínda que as titoras si fixeron
actividades nas súas aulas. Por exemplo. Durante todo o curso recibiuse o
xornal “A voz de Galicia” para o alumnado de 6º de primaria e todos os días
lían e facían actividades sobre el.
Con respecto á participación e implicación tanto por parte do alumnado, como
dos mestres e familias foi moi boa, quedando reflectida nas actividades
anteriormente descritas. As actividades que requiriron da participación doutros
colexios e outras institucións tamén resultaron satisfactorias.
Como en cursos anteriores, un dos problemas que nos atopamos é que a
dotación económica non é suficiente e temos que, unha parte importante dos
gastos, cargalas no presuposto xeral do colexio.
4.1.3.RESUMO ECONÓMICO(gastos das actividades ao longo do curso).
� Magosto e Samaín: gastos 49 € (material funxible).
� Nadal:(calendario escolar 2016)+(postais de Nadal)= 250, 59
� Día da Paz: gastos a conta do colexio163, 18 €(material funxible).
� Entroido: gastos a cargo do colexio 42,42 (material funxible).
� Letras Galegas: (libros para a biblioteca) 55€
� Intercentros: 138, 04 € (cartón pluma intercentros)
� Xornal Alfar nº XXIV: gastos a cargo do centro (impresión dos xornais).
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
17
Todos os gastos que superaron a subvención da Consellería para normalización, foron asumidas polos gastos xerais do centro.
TOTAL GASTOS: 698,13 €
A directora O coordinador
Natalia Teresa Pedre Fernández José M. Barcia Vizoso
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
18
4.2._ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
INTRODUCIÓN
A presente memoria ten como finalidade recoller e analizar as actividades que o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias deste centro organizou e desenvolveu ao longo deste curso 2016- 17.
Ademais das inicialmente contempladas na Programación Xeral Anual, ao longo do curso apareceron ofertas de actividades que, polo interese educativo que presentaban, incorporáronse as actividades xa previstas.
A continuación exponse un resumo das actividades, conmemoracións ou festividades que foron desenvolvidas durante o presente curso académico:
II. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS ORGANIZADAS POLO PROPIO CENTRO EN HORARIO LECTIVO
1. CONMEMORACIÓNS:
• Samaín
Data de celebración: dende o luns 24 ata o venres 28 de outubro.
Actividades realizadas:
*Exposición de cabazas e mazorcas : organizouse entre os días 24 e 28 de outubro na entrada do colexio que foron feitas polos nenos/as nas aulas, nesta actividade participaron todos os alumnos de primaria. Os alumnos de educación Infantil que o desexaron trouxeron as as mazorcas e as cabazas decoradas da casa.
Tamén se fixeron outros traballos relacionados con esta celebración.
Magosto
Data de celebración: venres 11 de novembro.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
19
Actividades realizadas:
*Confección de murais e decoración dos expositores con motivos do magosto. Coincidiu co San Martiño e co día do peón ( organizado pola equipa de normalización lingüística).
*Degustación de castañas asadas: celebrouse o magosto no patio do colexio. A duración da degustación de castañas foi de 11:30 a 12:30 horas. A ANPA aportou o zume.
• Nadal:
*Os alumnos/as de relixión confeccionaron un belén.
*Adornáronse as portas das aulas para o Nadal.
*Polos corredores se colgaron murais con motivos de Nadal.
*Visita de Papá Noel polas aulas: o venres 18 os nenos/as entregaron as cartas a Papá Noel e a cambio este deulles unhas chuches. Esta visita estivo organizada pola ANPA.
*Árbore de Nadal coas mans dos nenos en cor verde: cada curso elaborou adornos para colgar na gran árbore de nadal que se colgou do pasamáns do 1º andar do colexio.
* Tamén se decorou a árbore seca da entrada do colexio con adornos feitos polos nenos.
*O 17 de decembro celebrouse o Festival de Nadal.
• Día da Paz:
Data de celebración: luns 30 de xaneiro.
Actividades propostas:
*O Arco da Paz , colocouse no vestíbulo un arco da vella da paz tridimensional feita con porespán; da que se colgaron corazóns de cores feitos por os nenos
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
20
nas que puxeron unha foto ou debuxo de si mesmos e unha relacionada palabra coa Paz.
*Canción da paz: Todo o alumnado cantou a canción “Una marea de gente” dentro do colexio.
• Entroido
Data de celebración: desde o luns 20 ata o venres 24 de febreiro.
Actividades realizadas:
*Mandatos do Meco: Este curso celebramos a semana do Entroido no que cada día os nenos/as traían unha peza de roupa, que se lle sumaba a do día anterior ata chegar ao xoves, que completaban un disfrace relacionado cos animais.
*Decoración do vestíbulo e corredores do colexio.
*Festa do entroido: o venres 5 celebramos o Entroido cun desfile de disfraces polo patio do colexio. A continuación, a degustación de larpeiradas típicas destas datas nas aulas. E posteriormente a queima do meco.
• O maios
Data de celebracion o 4 de maio.Viñeron monitores do concello a realizar maios cos nenos do colexio durante toda a mañá e por orde de curso, comenzando cos grupos de infantil.
2. FESTIVAIS
• Festival de Nadal
Data de celebración: martes 20 de decembro de 2016
Actividades organizadas:
• Festival de Nadal: levouse a cabo no Pazo da Cultura coa asistencia dos pais/nais.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
21
• Festival do Día das Letras Galegas
Data de celebración: venres 19 de maio.
Actividades realizadas:
*Festival das Letras Galegas: realizado no Pazo da Cultura coa asistencia das familias dos nenos/as. As entradas foron entregadas pola ANPA, para controlar que non se colleran máis entradas das permitidas.
* Este ano a figura homenaxeada foi .
• Festa fin de curso
Data de celebración: venres 23 de xuño.
Actividades realizadas:
*Esta festa é contratada pola ANPA e organizada por eles e a empresa “Gazapo”, en coordinación co Equipo de ACE.
Existiron dous grupos claramente diferenciados: Infantil e Primaria, que non compartiron espazo en ningún momento.
GRUPO DE INFANTIL
Propuxeron tres talleres de actividades: Contacontos, baile e canto e xogos dirixidos.
Cada grupo co seu titor e unha persoa de apoio fóronse turnando cada 45 minutos por cada taller con un descanso na aula para merendar.
GRUPO DE PRIMARIA
Propuxeron neste caso dous turnos para facer os xogos o primeiro turno para 1º,2º,e 3º curso ; e o segundo turno para 4, 5º, 6ºcurso. Cada un dos grupos ía pasando por seis estacións acompañados do titor en un mestre de apoio.
Ao remate subiuse as aulas e entregáronse as notas.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
22
III. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: VISITAS,
EXCURSIÓNS E SAÍDAS
Por outra banda, as actividades complementarias ou saídas que nos distintos niveis e ciclos educativos leváronse a cabo foron organizadas polos distintos ciclos en función das súas preferencias ou da relación que tiveran cos contidos educativos a tratar nese momento (ditas saídas aparecen reflectidas en cada unha das memorias dos ciclos).
IV. PROPOSTAS DE MELLORA
A ter en conta:
• Comunicar con antelación ao Pazo de Cultura o día que se vai levar o material necesario.
• Tratar de non ocupar a primeira fila de butacas con alumnos/as de 3 e 4 anos.
• É necesario ter persoal dispoñible para axudar nos cambios de actuacións.
• As inclusións de última hora provocan trastornos na organización e desenvolvemento do mesmo.
• Avisar con tempo ás persoas que teñan que aportar material. • Deberíase saber dende principio de curso que grupos son os que van a
actuar en cada festival, para que sexan equitativos en tempo e número de actuacións.
• Para axilizar os festival evitaranse as actuacións intermedias de solistas ou pequenos grupos.
• Deberase revisar a xestión de reparto de entradas de cara ao próximo curso.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
23
Membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares no presente curso académico:
- Mª Jesús Felpeto Rey
- Nuria Gutiérrez González
- Mª Concepción Lago Couce/Melisa Rodríguez García.
- Lucía Vellón Fernández
- María del Carmen Julías Casás (coordinadora)
Xefa de estudos A coordinadora
Asdo.: María Jesús Felpeto Rey Asdo: María Carmen Julías Casas
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
24
4.3._EQUIPA DE TIC.
4.3.1- Compoñentes. Dolores Sagrario González López Natalia Teresa Pedre Fernández Ana Ayala Rodríguez Celsa Amor Amor Carlota Pena Freijomil Coordinador: Jose Bernardo Montero Doce 4.3.2.-Obxectivos alcanzados. - Continuouse coa páxina web do colexio, meténdose as fotos dos
eventos deste curso, as actuacións dos festivais, xogos novos e todo tipo de información. Nela se poñen contidos educativos interesantes, tanto de internet como de elaboración propia, a disposición de toda a comunidade educativa.
- Nos Festivais de Nadal e das Letras Galegas, empregáronse os
recursos multimedia ( fotos, vídeos e música) para facer unha exhibición pública das diversas actividades realizadas no colexio durante o presente curso e como apoio audiovisual nas actuacións dos alumnos.
- Este ano mercáronse máis ordenadores, monitores, teclados e unha
tablet para renovar o material TIC.
- Na actualidade 11 aulas contan con pizarra dixital. Necesitaríamos 11 pizarras máis.
- Ampliouse de forma significativa a bibliografía en soporte dixital.
- Elaborouse un manual para xestionar a páxina web do colexio, para crear revistas dixitais e para unir e separar PDF.
- Realizouse, coa colaboración da ANPA un concurso de debuxos ao que
se lle deu soporte dixital na páxina do colexio. Os votos fixéronse tamén a través da aplicación gratuíta da páxina do colexio na galería de fotografías, na que foron expostos os debuxos.
- Notamos neste curso un incremento no número de visitas por parte das familias.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
25
- Solicitamos á Consellería o aumento de velocidade na rede de internet
que emprega o colexio, porque é insuficiente para tal cantidade de ordenadores e impide que os mestres poñan en funcionamento os recursos descargados de internet ou CD con programas e xogos que necesitan conexión a internet. Parece que esta vez tivemos resposta positiva. A consellería informou que estaban iniciando os traballos pertinentes para conseguir unha mellora.
4.3.4 – Utilización dos medios informáticos. A utilización dos medios informáticos foi similar ao do curso anterior. Continuouse coa concienciación do profesorado para a utilización de todo o relacionado coas TICS e coa recompilación de enderezos interesantes para poñer na páxina web do colexio. 4.3.5- Utilización dos medios audiovisuais. A utilización das novas tecnoloxías durante este curso levouse a cabo na aula de informática. O longo do curso os alumnos de algúns cursos visitaron dita aula unha sesión semanal. Seguirase animando ao profesorado a que lle perda o medo a empregar as novas tecnoloxías e a que lle saque partido a todos os equipamentos dos que dispón o centro. 4.3.6 –Obxectivos para o vindeiro curso. - Ante o crecente uso das redes sociais por parte do alumnado fóra do
horario lectivo e a problemática que implica na convivencia escolar, vemos a necesidade de facer obradoiros sobre este tema con carácter anual dirixidos tanto aos nenos/as de 5º e 6º de Primaria, que repetiremos no próximo curso.
- Así mesmo, vemos a necesidade de fomentar o uso da aula de Informática en tódolos niveis.
- Necesario continuar ampliando a bibliografía na biblioteca de recursos
audiovisuais, libros con CD, documentais, contos con soporte auditivo en varios idiomas.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
26
4.3.7 – Plan de Formación Permanente de Profesorado (PFPP). O PFPP deste curso estivo centrado na preparación dun grupo de mestres para xestionar, de forma autónoma, a páxina do colexio. Para o curso 2017-18 aínda non está claro a continuidade de dito Plan. 4.3.8._Obxectivos para o vindeiro curso.
• Mercar máis pizarras dixitais. • Poñer en rede os ordenadores para poder imprimir dende as aulas. • Facer máis uso da aula de informática. • Continuar renovando os ordenadores.
A Xefa de Estudos O coordinador Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo: José Bernardo Montero Doce
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
27
4.4._EQUIPA DE BIBLIOTECA.
Durante o presente curso escolar 2016-2017 o equipo de biblioteca estivo
formado polos seguintes membros:
• Mª Elena Pérez Fernández ( 3º EP)
• Mª Dolores Lamas Sánchez (ING)
• Anilda Vidal Sanjurjo (E.I.)
• Belén Bellón Navarro (E.I.)
• Belén Casanova Mayo (1º E.P.)
• Eva Mª Bouza Rey (coordinadora) (5º E.P.)
ACTIVIDADES REALIZADAS:
• Celebración do Día das Bibliotecas: O luns 24 de outubro de 2016
celebramos o Día das Bibliotecas co alumnado de 5º de E.P.
Empregamos para iso o
cartel anunciador: Biblioteca
Escolar: Territorio das
Artes. Dividimos ao
alumnado e grupos de
traballo cooperativo e
propuxémoslles un reto para
superar dentro da biblioteca.
Tiñan que investigar que era arte, que artes aparecían representadas no
cartel anunciador, en que lugar da biblioteca se atopaban os libros de
arte e que número os identificaba no adhesivo do lombo e en que andel
da biblioteca se atopaban. Foi unha actividade ben acollida e con bos
resultados.
• Ampliación dos fondos bibliográficos : Os criterios seguidos para a
adquisición de novos exemplares foi a manifestada por parte do
profesorado que pediu máis libros sobre arte e de temas científicos, e as
peticións e solicitudes do alumnado usuario da biblioteca. Os fondos
bibliográficos aumentaron neste curso en 343 exemplares. Dos cales
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
28
302 son fondos bibliográficos e 41 son DVD de temas de animais e
ecoloxía. Aumentamos así mesmo os fondos escritos en inglés con 26
novos títulos. Ademais este curso recibimos dous lotes de libros infantís
en bo estado doados por unha profesora do centro, que pasaron a
aumentar os fondos bibliográficos.
Procuramos así mesmo dotar á biblioteca de varios exemplares dos
libros marcados como lectura obrigatoria nos diferentes cursos: El Señor
del cero (Mª Isabel Molina) e Bala Perdida e O raposo e a mestra (Martín
Rivas), As Bruxas (Roal Dahl), O meu gato é un poeta (Fran Alonso), O
cociñeiro Martiño (Iago López), Cambiache o conto (Pinto e Chinto ),
Fantasmas no corredor e Un tren cargado de misterios (Agustín
Fernández Paz), Antón o maquinista (An Alfaya), Cousas de papá (Raúl
Gómez Pato)
• Equipo de alumnado axudantes de biblioteca: Durante o presente curso
escolar tivemos un certo número de alumnas e alumnos, principalmente
de 1º, 4º e 5º de Primaria que prestaron axuda na biblioteca durante os
recreos. Encargábanse de colocar nos andeis os libros devoltos, separar
os exemplares que tiñan algún dano coa fin de reparalos se era posible,
e tamén orientaban aos seus compañeiros onde estaban os libros que
viñan a buscar.
• Continuación da reserva do uso dos ordenadores da biblioteca durante o
recreo: Establécense dúas quendas de uso de 15 minutos cada unha en
cada un dos dous ordenadores da biblioteca. Esta actividade era
realizada na maioría das veces polo alumnado colaborador da biblioteca.
• Identificación dos libros escritos en Lingua galega: Coa fin de atopalos
mais doadamente seguimos a identificar os libros escritos en Lingua
Galega con un adhesivo no lombo que pon gal. Seguen colocados nos
mesmos lugares que estaban por orde alfabética nos andeis de narrativa
verde, vermella e amarela. Os de narrativa e poesía azul separáronse en
andeis diferentes para unha mellor identificación.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
29
• Préstamos de lotes de libros para as aulas: Cada titor ten un número de
usuario de biblioteca, este curso saíron varios lotes de libros para ler nas
aulas co carné do titor. Isto permitiu renovar os fondos da biblioteca de
aula e poder ter durante máis tempo libros en préstamo. Esta é unha
actividade que se vai pouco a pouco consolidando.
• Visitas de escritores: Durante
este curso recibimos a visita dos
escritores: Iago López, Manolo Rivas,
Chinto e Fran Alonso, e do músico
Héctor Lorenzo.
• Outras actividades na Biblioteca: O xoves 1 de xuño recibimos a visita
da animadora da editorial
Santillana que representou e
animou o libro: Contos en verso
para nenos perversos para o
alumnado de 5º de Primaria e As
Bruxas para o alumnado de 6º
de Primaria. O alumnado de E. Infantil, o día 7 de abril, recibiu a visita
do músico Héctor Lorenzo, autor da música dos poemas recollidos no
libro Cousas de papá.
• Exposicións temporais: Durante o presente curso escolar realizouse
unha exposicións temporal coa seguinte temática:
Join me in the fun of English reading!!
Coincidiu coa época de Nadal.
Intentamos promover a lectura de
libros noutras linguas para que o
alumnado vaia adquirindo maior
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
30
competencia lectora e o goce da lectura noutros idiomas.
• Catalogación de fondos videográficos: Na biblioteca contamos con
DVD sobre o corpo humano aínda sen catalogar. Neste curso
catalogáronse a maioría dos DVD que había sobre animais e temas da
natureza. Queda pendente para vindeiros cursos aumentar os fondos
videográficos con películas de ficción.
• Os carriños da Lingua: En colaboración co Equipo de Dinamización da
Lingua Galega preparáronse catro carriños con libros escritos nesa
lingua. Cada carriño contaba con trinta e cinco títulos diferentes
adaptados as idades do alumnado aos que ían dirixidos. Rotaron polas
diferentes aulas do colexio para usar na Hora de ler. Esta actividade
realizouse no mes de maio e xuño e a permanencia dos carriños foi de
dúas semanas por aula. Os carriños eran para E. Infantil, outro para 1º
e 2º de Primaria, outro para 3º e 4º de primaria e un novo para 5º e 6º
de primaria. Os títulos que contiñan eran de narrativa, poesía, teatro, e
cómic. A acollida foi desigual. Nunhas aulas os aproveitaron máis e
noutras apenas os usaron.
• Producións propias: Temos un andel da biblioteca dedicado a textos
elaborados polo alumnado. Neste curso e en colaboración co Equipo
de Dinamización da Lingua Galega fixemos unha homenaxe ao
escritor Agustín Fernández Paz, o alumnado de 5º de E. Primaria
escribiu relatos inspirados en Contos por palabras , a partir de
anuncios escribiron relatos que se xuntaron para facer un pequeno
libro que gardamos na biblioteca, o resto do alumnado do centro
realizou carteis cos seus títulos e contos inspirados na súa obra. Con
todos eles elaborouse outro libro que conta coas imaxes de Agustín
que fixeron o alumnado de 5º de Primaria seguindo a técnica de Andy
Warhol . Tamén catalogamos todos os anos un exemplar da revista
escolar O Alfar, elaborada por todo o alumnado do centro. Traballouse
así mesmo a obra de Carlos Casares, con lecturas e murais
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
31
presentados polas aulas ao Certame Intercentros organizado polo
concello de Narón.
• Cóntame un conto: Durante o mes de maio e xuño e coincidindo coa
Hora de Ler, o alumnado
de 5º B realizou a lectura
de diferentes contos en
lingua galega para o
alumnado máis pequeno
do colexio. Participaron
nesta actividade as aulas de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria.
Despois do recreo íamos á biblioteca a contar contos para os máis
pequenos. Eles tamén se animaban e contábannos contos a nós. A
actividade serviu para fomentar a expresión oral e para a relación entre
diferentes idades dentro do centro. Foi unha actividade moi ben
acollida polo alumnado e profesorado participante e debería manterse
en cursos sucesivos.
• Un cuarto de poesía: Dentro do uso da biblioteca por parte do
alumnado de 5º de Primaria realizamos unha actividade para traballar
a poesía en Lingua galega. A actividade foi copiar vinte e cinco versos
dun libro de poesías en galego do mesmo autor e numeralos do un ao
vinte e cinco. Logo un compañeiro dicía cinco números ao chou e con
eses números tiñas que formar unha poesía cos versos que tiñas
copiados. Podías modificar algo o verso orixinal para que cadrase
mellor o poema.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
32
Foi unha actividade que lles permitiu ver que a poesía é
maioritariamente sentimento e sonoridade. Gustoulles facela.
APERTURA E USO DA BIBLIOTECA:
• Neste curso escolar a biblioteca estivo aberta para préstamos durante
todos os recreos da semana.
• Traballos na biblioteca: Dentro do horario escolar cada curso tiña unha
hora semanal para traballar dentro da biblioteca, e para empregar os
recursos que nela había.
• As profesoras encargadas da vixilancia e préstamos foron Mª Dolores
Lamas Sánchez e Eva Mª Bouza Rey polo que sempre estaban de
garda nos recreos.
A xefa de estudos A coordinadora
Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo.: Eva Mª Bouza Rey
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
33
4.5._DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
4.5.1.COMPOSICIÓN:
Este curso as compoñentes do Departamento de Orientación foron as seguintes :
• Celsa Amor Amor: Coordinadora do 3º ciclo.
• Purificación Inmaculada Pernas García : Coordinadora do 2º ciclo
• Mª del Pilar García López: Coordinadora do 1º ciclo
• Dolores Basoa López: Coordinadora de Educación Infantil.
• Mª Dolores Fontela Martínez : Especialista de P.Terapéutica.
• María Cendán González: Pedagoxía Terapéutica.
• Nuria María Pita Fernández: Especialista de AL.
• Area Pérez Piñeiro: especialista de AL( compartida con San Xoán de Filgueira ) e
con centro base no CEIP “ San Xoán de Filgueira”.
• Mª Carmen Ogaza Rojas : Orientadora.
2.- OBXECTIVOS
2.1- Obxectivos xerais referidos ó centro :
Traballamos para acadar os seguintes obxectivos:
- Posta en práctica e seguimento do Plan de Atención á Diversidade
aprobado en xuño do 2013.
- Colaborar na Planificación e Organización educativa do centro no
relacionado co alumnado con necesidades educativas especiais.
- Potenciar a cooperación entre o centro e as familias.
- Colaborar cos equipos de dinamización do centro :co equipo de
dinamización da Convivencia Escolar, de Normalización Lingüística e
Actividades Extraescolares.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
34
• - Participar no Plan de Formación Permanente de Profesores ( PFPP) “
Traballo cooperativo” e “ Tics”.
2.2- Obxectivos xerais referidos ó alumnado :
Podemos considerar que traballamos en tódolos obxectivos propostos, aínda que, o
grado de consecución non foi en todos igual de satisfactorio.
Estamos bastante satisfeitos do logrado cos seguintes obxectivos:
- Identifica-las necesidades do alumnado con n.e.e e atención ás demandas de
orientación que presentaron.
- Levar á práctica detección temperá de necesidades educativas.
- Valorar durante o curso o alumnado que presentou dificultades, para deseñar
programas de reforzo e sempre que foi posible horario de apoio.
- Apoio ao alumnado que presentaba dificultades específicas de aprendizaxe.
- Reunión coa PT e Orientadora do I. E. S para falar do alumnado que se vai
incorporar ao instituto.
- Integración do alumnado no seu grupo e prevención do acoso escolar.
- Traballo cooperativo. Na maioría das aulas estase a traballar dinámicas e estruturas
de traballo cooperativo e empézase a notar unha melloría neste sentido.
Segue sendo necesario mellorar en:
- Sesións de titoría semanais en tódalas clases. É necesario mellorar esto pois sigue
sen haber un horario de titoría semanal, trátanse os problemas segundo van xurdindo
pero sería máis positivo traballar habilidades sociais semanalmente para anticiparse
aos problemas.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
35
- Desenvolver estratexias de aprendizaxe que favorezan a lectura, ortografía,
comprensión lectora e resolución de problemas.
- Resolución de conflitos, mellorar as habilidades sociais e os modelos de
comunicación. Debemos intentar traballar máis á asertividade en lugar da
agresividade ou a inhibición.
- Axudar a mellora-la autoestima do alumnado.
- Técnicas de relaxación que axuden a enfrentarse ao alumnado a distintas situacións
problemáticas.
2.3-Obxectivos referidos ó profesorado :
- Recollemos información nas sesións da avaliación de E.Infantil e Primaria ó longo
de todo o curso co obxectivo de detecta-las necesidades que se presentaban no
centro.
- Participamos en varias reunións entre titores, especialistas de PT, de AL,
profesorado de apoio e orientadora en tódolos grupos ó longo do curso para facer un
seguimento do alumnado de apoio.
- Reunímonos coa especialista que propuxo o concello para realizar unha actividade
de apoio pola tarde, empregando medios audiovisuais.
- Intentamos colaborar con todo o profesorado na resolución das necesidades que
ían formulando e apoiamos a súa actuación na medida do posible, proporcionándolle
materiais e estratexias metodolóxicas para favorece- la súa labor docente e titorial.
2.4- Obxectivos referidos ás familias:
-Mantivéronse contactos periódicos de forma individual coas familias que o
solicitaron para darlles información e asesoramento.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
36
- Fomentamos o achegamento das familias ó departamento de Orientación para
poder axudar nas dúbidas e problemas que puideran ter con respecto ós seus fillos.
Consideramos fundamental seguir traballando neste sentido para mellora-los casos
nos que aínda non hai unha boa colaboración.
3.-TRABALLO REALIZADO NO C.E.I.P “ A GÁNDARA”:
3.1-Constitución do departamento :
Reunímonos a principios de curso para informar a tódolos compoñentes das nosas
obrigas como membros do departamento de orientación .
3.2-Elaboración do Plan de Orientación :
A partires do Plan de Orientación presentado o curso pasado deseñamos o Plan deste
curso eliminando o que xa tiñamos conseguido e aumentando o que queriamos
traballar neste curso.
3.3-Organización de apoios ó alumnado con necesidades educativas especiais :
- Elaboración dos horarios de apoio das especialista de Pedagoxía Terapéutica e de
Audición e Linguaxe, tendo en conta as necesidades educativas detectadas nos nosos
alumnos. Estas necesidades en casos xa estaban detectadas de cursos pasados e
noutros casos houbo que facer probas específicas ao longo do curso. As especialistas
de PT ofreceron ao longo do curso apoio a 47 alumnos e as especialistas de AL a 58
alumnos. Todo este alumnado foi valorado e o os diagnósticos eran diversos :
discapacidade, problemas de conduta, déficit de atención con ou sen hiperactividade,
rasgos do espectro autista, déficit cognitivo, dislexia, trastorno específico da linguaxe,
trastorno nas área de lingua, trastorno na área de matemáticas, dificultades en tódalas
áreas, trastorno na fala, dislalias, e alumnado que presenta deficiencias polas súas
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
37
condicións persoais ou de ambiente familiar desfavorecido. De todo o alumnado
atendido elaboraron un informe para as familias e para o Departamento de
Orientación.
- Este apoio por parte das especialistas de PT/AL foi en moitos casos fóra da aula. O
motivo era para facer agrupamentos con alumnado de distintas clases, segundo as
necesidades que presentaban, ou por ter que traballar aspectos concretos con
diferentes metodoloxías e materiais que entorpecerían a labor do profesorado dentro
da aula.
Noutras ocasións o apoio realizouse dentro da aula.
- Ademais deste apoio por parte das especialistas de PT/AL, o resto do profesorado
facía apoio nas horas de libre disposición . Os titores apoiaban na aula do mesmo nivel
e os especialistas nas aulas onde había máis necesidades.
3.4-Medidas encamiñade á prevención, detección e resolución de dificultades
- Presentación dos protocolos de actuación e avaliación elaborados no centro no caso
de: trastorno de conduta, autismo, dislexia, déficit de atención con/sen
hiperactividade, trastorno da linguaxe e altas capacidades.
-Valoración de 64 alumnos ao longo do curso, que presentaban problemas de
articulación, por parte das especialistas de A.L respondendo á solicitude das titoras.
- Aplicación do test Bady-G infantil a todo o alumnado de 6º de E. Infantil. Nos casos
que presentaron resultados baixos neste test pasáronse test individuais :
“ Escala Columbia”
- Petición ao Equipo de Orientación Específico da Coruña para colaborar no diagnóstico
dun alumno de Altas Capacidades.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
38
- Aplicación dos Badys a tódolos alumnos de Primaria de 2º , 5º e 6 º curso. Nos casos
que presentaron resultados baixos aplicouse o test K-Bit ou Wisc-IV de xeito
individual.
- Aplicación do test DST-J a 12 alumnos/as que podía presentar rasgos disléxicos.
- Aplicación do test Tale, de xeito individual a todo o alumnado de 2º curso.
- Aplicación do test Tale ao alumnado que recibiu apoio de 1º e 3º curso de primaria.
- Aplicación de probas de comprensión lectora ó alumnado de 2º a 6º de E.Primaria.
- Reunións co profesorado implicado para informar dos resultados dos test.
- Información individual a tódolos pais dos alumnos a quen se lles aplicaron as probas ,
para que souberan os resultados dos seus fillos, así como para recibir pautas a
traballar para mellorar os resultados cando eran baixos .
- Elaboración de 7 certificacións para solicitar becas ò alumnado con n.e.e.
- Elaboración e revisión de 63 informes psicopedagóxicos.
- Sociograma en tódalas aulas de E. Primaria.
- Elaboración das táboas con todo o alumnado que presentaba necesidades educativas
indicando as características de cada un, para enviar á Inspección Educativa.
- No caso de alumnado con n.e.e as especialistas PT/AL elaboraron distintos materiais:
adaptación de lecturas , modificación de temas para facelos máis visuais, traballo coa
pizarra dixital, fichas diversas, elaboración de contos con pictogramas para traballar
na hora de lectura.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
39
- O alumnado con necesidades educativas especiais que estaba recibindo apoio por
parte das especialistas de PT e /ou AL, en varias ocasións fixo os exames en pequeno
grupo coas especialistas ou con profesorado de apoio nas horas de libre disposición.
3.5-Atención ás demandas de orientación que se presentaron :
- Seguimento de todo o alumnado con necesidades educativas de E.Infantil e Primaria.
- Modificación dos horarios do profesorado de Pedagogía Terapéutica e de Audición e
Linguaxe ó longo de todo o curso, debido a: novas necesidades detectadas nas
avaliacións, melloría dalgúns alumnos, modificacións dos grupos polo seu
funcionamento e polas necesidades de apoio de novo alumnado.
3.6- Medidas encamiñadas a favorecer o traballo en equipo:
- Continuouse no centro con aprendizaxe cooperativo en moitas aulas.As actividades
cooperativas foron :
1º- Dinámicas encamiñadas a favorecer as relacións dentro do grupo :
• Mundo de cores.
• A maleta.
• Os cumpridos.
• A pelota ( con múltiples variables, adaptándose ao que se quería traballar:
que dixeran como se sentían, situacións de alegría, tristeza e outras
emocións)-
2º.- Estructuras máis empregadas:
• Lectura compartida.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
40
• 1-2-4.
• Folio xiratorio.
• Lapis ó centro.
• Os 4 sabios.
3º.- Elaboración dos Plans de Equipo, Seguimento e Avaliación dos mesmos nas aulas
que se facía Traballo Cooperativo.
Os resultados deste traballo foron satisfactorios. O alumnado pouco a pouco vai
aprendendo as técnicas de esperar, colaborar e enriquecer coa súa opinión.
Observamos que ao alumnado lle gusta traballar deste xeito e empeza a saber avaliar
como actúa de forma cooperativa.
- Co obxectivo de fomentar a boa convivencia, o traballo en equipo, os valores e a
expresión oral no alumnado, varias persoas do Departamento ensaiaron : cancións,
bailes e 3 obras de teatro. Dúas representáronse nos dous festivais do centro.
As obras de teatro xurdiron a partires de 2 contos inventados co obxectivo de
traballar en tódalas aulas : o acoso escolar e a situación dos refuxiados.
A terceira obra trata do tema das discapacidades. Ensaiouse para participar nun
concurso dunha asociación de minusválidos. Agradecemos á profesora de música a
súa axuda na selección da música a empregar, a directora a montaxe audiovisual e a
todo o profesorado que axudou dalgunha maneira para que isto puidera levarse a
cabo.
Coa intención de fomentar no alumnado os valores dentro das aulas e o respecto
polas diferencias léronse en tódalas aulas varios contos cos seguintes temas :
- Acoso escolar: Conto elaborado no primeiro trimestre: “ Aurora”
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
41
Conto elaborado e traballado en tódalas aulas: “ Pedro”.
- Os refuxiados : Conto elaborado e traballado en tódalas aulas :
“ Un pais calquera”.
Ademais destes temas traballouse con contos xa editados os seguintes temas :
- A dislexia.
- Síndrome de Ásperger.
- “ O autismo”.
A partires deses contos elaborábanse actividades para mellorar as relacións entre o
alumnado.
- Formáronse nenos /as de 5º e 6º para ser mediadores. Actuaron a partires do
segundo trimestre.
- Tamén se levou a cabo durante os recreos con alumnado 5ºe 6º curso un torneo de
xadrez .
4.- PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO :
- Mellorar a práctica do Plan de Atención á Diversidade que se elaborou e mellorar o
que se considere necesario.
- Empregar o buzón de suxestións para que todo o profesorado , alumnado ou pais (
de xeito anónimo ou non ) poidan manifestar os seus problemas e cousas que se
poidan mellorar.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
42
- Propoñer sesións de titoría semanais en tódalas clases.
- Traballar para acadar unha boa convivencia no colexio, buscando unha
comunicación axeitada entre o profesorado, profesorado-alumnado e profesorado-
familias.
- Intentar que todo o profesorado se implique dalgún xeito en tódolos proxectos do
centro: Plan de Convivencia, Plan Lector,Tic, Avaliación por competencias, Traballo
por proxectos, Traballo cooperativo etc .
- Seguir coas reunións ó longo do curso entre especialistas, titores e orientadora de
cara ó seguimento do alumnado con necesidades educativas especiais.
- Deseñar obxectivos a acadar co alumnado que presenta n.e.e para traballar
conxuntamente entre titores, especialistas e profesorado de apoio.
- Deseñar adaptacións curriculares para o alumnado que o necesite .
- Deseñar medidas axeitadas de avaliación para o alumnado con n.e.e, tendo en conta
os protocolos de actuación facilitados.
- Aumentar a formación de todo o profesorado en temas como: aprendizaxe
cooperativo, a dislexia, intelixencias múltiples, proxectos, modificación de conduta,
déficit de atención, avaliación por competencias…para traballar axeitadamente co
alumnado.
- Introducir as Tics para a atención á diversidade e para mellorar a comunicación
entre a comunidade educativa.
- E sobre todo, traballar na mellora das habilidades sociais: formarse en prevención
de acoso escolar e detección de malos tratos ou abusos.
- É necesario traballar a relaxación en tódalas aulas, a mediación como mellor forma
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
43
de resolución de problemas, a necesidade de xerar expectativas positivas , a escoita,
a empatía, e sobre todo a asertividade na relación cos demais.
A Xefa de Estudos A Orientadora
Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo : Mª Carmen Ogaza Rojas
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
44
4.6._EQUIPA DE CONVIVENCIA.
4-6.1.- Composición.
Marina Valencia González ( E. Infantil).
María Cendán González( 1º ciclo e coordinadora)
Mª Dolores Carpente Carpente ( 2º ciclo )
Silvia Sabín Mesa ( 3º ciclo)
Mª Carmen Ogaza Rojas ( orientadora).
4.6.2.- Traballo desenvolvido.
-Elaboramos e aprobamos o Plan de Convivencia tendo en conta os aspectos que considerabamos necesario mellorar do pasado curso:
1. Continuar traballando as emocións e diferentes trastornos a través de
contos.
2. Propoñer estilo asertivo de comunicación fronte ao agresivo e inhibido.
3. Técnicas de relaxación.
4. Formar mediadores en 5º e 6º curso.
5. Entregar anexos en cada nivel elaborados no centro sobre : dislexia,
autismo, déficits de atención, hiperactividade, problemas de conduta,
trastorno da linguaxe, hemiparexia.
6. Deseñar estratexias para fomentar a colaboración en todo o
profesorado.
7. Prevención de “bulling” e de calquera outro tipo de abuso: Buzón de
suxestións para que, polo menos, cada quince días se lle pregunte ao
alumnado: Como se sinten na casa e no cole e por que. Poden escribir
e/ ou debuxar caras.
8. Seguir traballando e formándose na aprendizaxe cooperativo.
9. Incidir en que se cumpran as normas e intentar diminuír o ruído.
10. Continuar co control do estado dos baños e do patio.
11. Continuar traballando as distintas datas sinaladas ao longo do curso: a
violencia de xénero, día da Paz, Muller Traballadora, o acoso escolar.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
45
12. –Facerse cunha biblioteca de temas interesantes para traballar
habilidades sociais e emocións, que serán tratadas en cada aula.
4.6.3.- Avaliación do traballo realizado:
1.- Continuar traballando as emocións e diferentes tras tornos a través de contos.
Seleccionáronse varios contos sobre as emocións que se ían cambiando cada quincena. As persoas titoras traballaban estes contos quincenalmente con diferente temática. A orientadora contou algún en todas as clases. Unha vez escoitado o conto, facíanse diversas actividades de forma cooperativa. Os temas tratados foron: A dislexia, violencia de xénero (“O monstruo), situación dos refuxiados ( “ Un pais calquera”), acoso escolar ( “ Pedro”). A avaliación resultou moi positiva.
2.-Propoñer estilo asertivo de comunicación fronte ao agresivo e inhibido.
É necesario seguir traballando neste aspecto porque vemos que a comunicación en moitos casos aínda é un estilo agresivo.
3.- Técnicas de relaxación.
Iniciouse en varias clases. A valoración foi moi positiva pero non se fixo en todas. É necesario retomalo o vindeiro curso, a poder ser en tódalas aulas.
4.- Formar mediadores en 5º e 6º curso.
Houbo un grupo grande de voluntarios para facer de mediadores. Fixeron moitas mediacións ao longo do curso. Valoración positiva.
5.-Entregar anexos en cada nivel elaborados no centro sobre : dislexia, autismo, déficits de atención, hiperactividade, pro blemas de conduta, trastorno da linguaxe, hemiparexia.
Consideramos que a información facilitada nos anexos é interesante e pode axudar a diseñar estratexias con ese alumnado e tamén na súa avaliación. Falta facer un seguimento dos mesmos.
6.-Diseñar estratexias para fomentar a colaboración en todo o profesorado.
Estase mellorando neste aspecto pero aínda é necesario continuar con el.
7.-Prevención de “bulling” e de calquera outro tipo de abuso: Buzón de suxestións para que, polo menos, cada quince días s e lle pregunte ao alumnado: Como se senten na casa e no cole e por qu e. Poden escribir e/ ou debuxar caras
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
46
Intentouse traballar moito en tódalas aulas este aspecto. Pasouse en todas as aulas un sociograma para ver como era o ambiente a indicios de curso.Na maioría das aulas pasouse outro a finais para ver se houbo cambios significativos.
En cada aula había un buzón de suxestións para que puideran poñer alí as queixas ou comentarios de como se sentían. Ao longo do curso intentouse varias veces que todos escribiran algo.
A través do conto de Pedro, que se contou en todas as clases, traballouse con distintas dinámicas : cada neno/a dicía como se sentía, e estruturas de folio xiratorio na que inventaban un conto sobre o acoso. Asúmesmo traballouse con fichas específicas de acoso escolar.
O alumnado de sexto escenificou unha obra de teatro” Aurora” sobre o acoso escolar no festival das Letras Galegas.
En varias aulas facíase cada quince días as tarxetas verdes e vermellas valorando que alumnos estaban portándose ben e portándose mal, escollendo o/a mellor compañeiro/a da semana.
A valoración de todo o realizado foi positiva, pero sempre se necesita seguir traballando isto.
8.-Seguir traballando e formándose na aprendizaxe c ooperativo.
Na maioría das aulas fixéronse dinámicas, estruturas e plans de equipo. Foron valorados positivamente e observamos que ao alumnado lle gusta moito.
9.-Incidir en que se cumpran as normas e intentar d iminuír o ruído.
Traballouse este aspecto, pero aínda necesita mellorar bastante.
10.- Continuar co control do estado dos baños e do patio.
O control dos patios resultou satisfactorio. Non se fixo este curso o control dos baños. Valorarase o vindeiro curso se é necesario facelo.
11.-Continuar traballando as distintas datas sinala das ao longo do curso: a violencia de xénero, día da Paz, Muller Traballad ora, o acoso escolar.
Fixéronse distintas actividades sobre os temas sinalados. Cambiouse o panel de convivencia en cada celebración. A valoración foi positiva.
12.–Continuar incrementando a bibliografía de temas interesantes para traballar habilidades sociais e emocións, que serán tratadas en cada aula.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
47
Mercáronse tamén neste curso un lote de libros que nos pareceron interesantes para poder continuar traballando a gran variedade de temas que nos levan a unha mellora na convivencia no centro e fóra del.
4.6.4.-Propostas para o vindeiro curso:
- Traballar en todas as aulas o estilo de comunicación asertivo para aprender a relacionarse axeitadamente cos demais.
- Continuar traballando técnicas de relaxación en todas as aulas.
- Continuar formando mediadores desde o inicio do curso.
- Seguir coa caixa de suxestións para que todo o profesorado que queira, pais ou alumnado poida manifestar propostas, dicir cousas que non funcionan e que se poidan mellorar, co obxectivo de mellorar a convivencia do centro.
- Falar ao inicio do curso das características do alumnado disléxico, autista, con síndromes ou déficit de atención para saber mellor como tratalo.
- Incidir na importancia de que todo o profesorado se implique nas actividades propostas para que estas sexan efectivas.
- Presentar as actividades nos diferentes niveis habitualmente.
- Ter sesións de titoría semanais para facer un seguimento dos problemas que se presentan, traballando as habilidades sociais.Propoñer que, polo menos, unha vez cada quince días, todos os alumnos e alumnas da clase escriban nun papel como se atopan . Este papel meterano no buzón da clase para así, poder axudarlles o máximo posible.
- Continuar formándose en aprendizaxe cooperativo e Proxectos.
- Aumentar a participación de toda a comunidade educativa na ornamentación estética e conservación dos espazos comúns.
A Xefa de Estudos A Coordinadora
Mª Jesús Felpeto Rey María Cendán González
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
48
4.7._COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA.
4.7.1.Compoñentes :
- Xefa de estudios: Mª Jesús Felpeto Rey.
- Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas.
- Pedagoxía Terapéutica:Mª Dolores Fontela Martínez.
- Pedagoxía Terapéutica:María Cendán González.
- Audición e Linguaxe: Nuria Pita Fernández.
- Audición e Linguaxe: Area Pérez Piñeiro.
- Coordinadora Infantil:Dolores Basoa López.
- Equipo Dinamización da Lingua Galega:Jose Manuel Barcia Vizoso.
- Coordinadora 1º ciclo:Mª del Pilar García López
- Coordinadora 2º ciclo:Purificación Pernas García.
- Coordinadora 3º ciclo:Celsa Amor Amora.
- Coordinadora de biblioteca: Eva Mª Bouza Rey.
- Presidenta: Natalia Pedre Fernández.
4.7.2.Desenvolvemento do Plan de traballo:
Os acordos tomados nas distintas reunións desta com isión foron:
• Establecer reunións entre as titoras de 1º de primaria e 6º de infantil coa finalidade de facilitar a adaptación do alumnado a nivel de distribución de contidos e de descansos.
• Continuar coas medidas tomadas para a prevención do acoso escolar. • Unificación dos puntos que deben integrar as programacións dos
mestres. • Acordos para mellorar as entradas do alumnado a primeira hora. • Necesidade de informarse sobre a detección dos abusos sexuais. • Traballar de maneira coordinada as competencias clave. • Renovación dos criterios mínimos por curso.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
49
Pendente para o próximo curso:
Conseguir participación nos Proxectos Europeos.
Continuar poñendo en práctica o Plan de Acción Titorial.
Renovar o Proxecto Educativo do Centro.
Integrar a nivel xeral as metodoloxías aprendidas co Plan de Formación Permanente de Profesorado.
O Xefe de Estudios Presidenta
Mª Jesus Felpeto Rey Natalia Teresa Pedre Fernández
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
50
4.8._EDUCACIÓN INFANTIL.
Os membros da equipa de Educación Infantil durante o curso 2016-17 foron:
• Ed. Infantil 3 anos A: Anilda Vidal Sanjurjo
• Ed. Infantil 3 anos B: Mª Belén Bellón Navarro
• Ed. Infantil 4 anos A: Ana Ayala Rodríguez
• Ed. Infantil 4 anos B:Mª del Carmen Julias Casas
• Ed. Infantil 5 anos A: : Mª del Mar Rey Lago
• Ed. Infantil 5 anos B: Begoña Rego García
• 7ª plaza de Educación Infantil : Mª Dolores Basoa López
• 8ª plaza de Educación Infantil: Marina Valencia González
• Relixión: Dolores González López
• Lingua Estranxeira :Silvia Sabín Mesa
• Educación Física : Enrique Blanco Guillén y Bernardo Montero Doce.
• Educación Musical ( só para 5 anos ) : Purificación Pernas García.
• Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas
• Coordinadora: Dolores Basoa López
• PT: Cedán Gonzalez, María
• A.L. Nuria Pita Fernández
• AL: Area Pérez Piñeiro.
• Fixéronse as reunións de Ciclo correspondentes, nas que se trataron
os seguintes temas:
- Composición de Ciclo e elección de coordinadora .Reparto nas equipas de dinamización.
- Calendario e preparación das saídas extraescolares para este curso. - Acordos sobre as necesidades materiais do ciclo e gasto do presuposto
asignado. - Programación da participación nas diferentes festas e conmemoracións no
colexio ( Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Antroido, Letras Galegas…) - Eleccións de ítems para os boletíns de información trimestral. - Elección de material para o vindeiro curso. - Elaboración da memoria.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
51
- Formulación de melloras ante os problemas que van xurdindo no ciclo
Neste Ciclo fixéronse as saídas programadas:
• 1º trimestre:
- Os nenos/as de 3, 4 e 5 anos foron ao teatro.Esta actividade é programada polo Concello no Auditorio de Narón. - Os nenos/as de 5 anos foron tamen a Aldea-Nova,realizando diversos obradoiros. - Os nenos/as de 4 anos foron a Pedroso para a realización de diversos obradoiros.
• 2º trimestre: - Os alumnos/as de 3 anos foron a Pedroso.
- Os alumnos/as de 4-5 anos foron a Aldea Nova
• 3º trimestre:
- Excursión á Granxa-Belelle
No 3º trimestre tivemos unha sesión de contacontos e animación á lectura para toda a Ed. Infantil.(actividade ofrecida por unha das editoriales escollidas en infantil).
Tamén participamos na elaboración dos maios.desplazándose ao centro monitores do concello.
Fixéronse as reunións xerais de pais de principio de curso. A reunión xeral de pais ao final de ciclo foi levada a cabo polas titoras de 5 anos.A maiores a mestra de 3A que causa baixa no ciclo,tamén tivo reunión final.
As titorías realizáronse os martes de 4 a 5, con aqueles pais que o solicitaron,e con aqueles que foron citados pola titora.
O número total de alumnos no comenzo do curso en Educación Infantil, foi de 150 alumnos.Ó longo do curso deuxe de baixa 1 alumno por cambio de domicilio na aula de 3 B,incorporándose outro alumno no seu lugar.
As titoras de 3 anos propoñen facer o recreo de 11-11:30 o longo do 1º trimestre, debido a gran cantidade de alumnos que se xuntan no patio.Os nenos/as de 3 anos, que están no período de adaptación, sentianse agobiados e inseguros.
A experiencia resultou moi positiva.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
52
Nas clases de 5 e 4 anos hai varios alumnos que recibiron atención individualizada por parte do Departamento de Orientación precisando de AL. E nalgún caso mesmo de P.T.
Na clase de 5A hai un neno con trastorno xeneralizado do desenvolvemento,que permanece neste nivel por segundo ano consecutivo.
Foi asistido por coidadora e apoiado por especialistas en A.L. e PT.
Cada vez é maior o número de alumnos que ten algún tipo de alerxia. Neste curso, na clase de 4B atopámonos con alerxias graves que precisan ter medicación no Centro. No caso de ter unha urxencia hai inxección no gabinete médico do centro.
Isto supón unha enorme responsabilidade para as titoras e para o Centro.Por este motivo non se poden traer ao Centro determinados alimentos que supoñen un risco para estes alumnos.
O problema que se víña producindo en anos anteriores no patio exterior no que realizamos o recreo, foi solventado en parte,xa que queda por cubrir parte do peche metálico. Seguen estando pais e nais e adultos alleos ao centro que se concentran nesas zonas e dan cousas aos nenos, fanlles fotos, e interrompen de xeito constante a nosa labor no patio.
Neste curso continuamos coas mesmas dificultades que no derradeiro ano, para poder desenvolver a nosa tarefa docente :
• Excesiva ratio en Educación Infantil.
• Falta de persoal de limpeza no horario lectivo.
• Cando chove non se pode saír ao recreo.
• Aulas e espazos comúns moi reducidas en relación á ratio
• O firme da zoa adicada ao fútbol non é o axeitado para o patio de infantil. É perxudicial para a sáude dos nosos alumnos polo pó que se levanta, alerxias, esbaran os nenos constantemente…etc.
Por todo isto solicitamos que se fagan as xestións oportunas encamiñadas a solventar estas dificultades e poder levar a cabo a nosa labor docente dun xeito máis racional e digno.
O Xefe de Estudios A Coordinadora
Mª Jesús Felpeto Dolores Basoa
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
53
4.9._ 1º E 2º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O equipo de ciclo está formado por:
- Dª Mª del Pilar García López (1º B ) Coordinadora
- Dª Mª Belén Casanova Mayo (1º A)
- Mª Clara Martínez Lago (2ºA)
- Nuria Gutierrez López (2º B)
- Dª Nuria Pita Fernández (A.L.).
- Dolores Sagrario González López (Relixión).
- Natalia T. Pedre Fernández (Directora)
Esta equipa mantivo as reunión necesarias ao longo do curso para cumprir co
Plan de traballo establecido ó comezo do curso e para tomar decisións sobre:
4.9.1.Seguimento e consecución de obxectivos.
Os obxectivos mínimos de nivel foron acadados plena ou satisfactoriamente
pola maioría do alumnado. Unha alumna estranxeira repetirá 1º de primaria xa
que a súa incorporación foi a mediados do curso e ademais non tiña adquirida
a nosa lingua.
Os membros desta equipa colaboraron conxuntamente e consensuaron os
distintos materiais a empregar na aula, traballo que foi concretado polos titores
de cada nivel, en función das necesidades do mesmo. Tamén colaboraron na
realización da avaliación inicial e dos diferentes aspectos que solicitou o
Departamento de Orientación: test, probas de lecto-escritura e matemáticas,
sociogramas, etc, así como coas iniciativas que propuxo a Comisión de
Coordinación Pedagóxica.
4.9.2.Reunión cos pais e nais.
Celebráronse as preceptivas reunións colectivas de curso conxuntamente por
niveis, así como as entrevistas individuais que cada martes se viñeron
solicitando, en horario de 16:00 a 17:00 coa fin de manter unha colaboración
óptimas coas familias.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
54
4.9.3.Actividades complementarias e extraescolares.
Esta equipa participou en tódalas festas e conmemoracións que se
programaron para o Centro, colaborando coa Equipa de Actividades
Complementarias e coa equipa de Normalización lingüística, Biblioteca,
Convivencia, etc.
Actividades como:
- A exposición do outono no Magosto.
- A exposición de cabazas polo Samaín.
- Elaboración de murais para o día da Paz .
- No festival de Nadal participaron os nenos de 2º A e 2º B
- No Entroido .
- No festival do día das Letras Galegas participaron os nenos de 1ºA e 1ºB.
- Elaboración dun Maio en colaboración co Concello.
- Participación na Festa de fin de curso organizada pola Anpa
- Tamén participamos no Certame intercentros, animación á lectura,. etc.
4.9.4.Saídas e obradoiros.
O longo do curso leváronse a cabo varias saídas e obradoiros.
1º TRIMESTRE
- Teatro no Auditorio de Narón.
2º TRIMESTRE
- Por motivos alleos a nós, a saída programada para este trimestre para
1º e 2º, foi trasladada para o 3º trimestre e para 2º.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
55
- Visita ao colexio do escritor Iago López.
3º TRIMESTRE
- Saída ao Museo da Natureza (1º e 2º).
- Visita guiada ao Pazo da Cultura organizada polo Concello.
A xefa de estudos A coordinadora
Mª Jesús Felpeto Rey Pilar García López
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
56
4.10._ 3º E 4º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Con data do 27 de xuño do 2016 reunímonos os profesores de 3º e 4º nivel de Primaria para a elaboración da memoria de final de curso.
COMPOÑENTES :
• Purificación Pernas García (coordinadora de Ciclo) • Lucía Vellón Fernández • Elena Pérez Fernández • María Jesús Felpeto Rey • Lola Carpente Carpente • Mª Dolores Fontenla Martínez • Enrique Blanco Guillén • Mª Dolores Lamas Sánchez
REUNIÓNS DE PAIS
A principio de curso realizáronse reunións de pais no 3º e 4º nivel para explicar aos pais dos nenos as liñas xerais a seguir e as saídas programadas para o curso.
SAÍDAS REALIZADAS E OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENT ARIAS:
Realizáronse as saídas programadas a principio de curso, ademais de outras que fomos engadindo a medida que se foron ofertando.
1º TRIMESTRE:
- Os nenos de 3º e 4º nivel asistiron á Mostra de teatro organizada polo Concello .
- Os nenos de 3º nivel realizaron una excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña e os de 4º
nivel visitaron o Museo Etnográfico da Capela e realizaron uhna visita polos arredores..
2º TRIMESTRE:
- Os nenos de 3º viaxaron àCoruña para visitar “A Casa dos Peixes” e os de 4º visitaron
O Museo “Casa Picaso “ da Coruña.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
57
3º TRIMESTRE
- Os nenos do 4º nivel visitaron o Museo do Humor e o parque de Educaciòn Vial de Fene e
Como excursión de final de Curso, realizaron una excursión à Graña , visitando a estación biolóxica mariña,o dique naval e un barco antigo. Pola súa banda os nenos de 3º nivel realizaron a excursión de final de curso às Fragas do Eume.
- Os nenos de 3º e 4º Nivel participaron tamén na Volta Ciclista,organizada polo Concello,ademais de outras actividades de Educación Vial.
PARTICIPACIÓN NAS FESTAS:
Os nenos do 3º E 4º nivel participaron xunto co resto do Colexio na celebración das distintas festas e conmemoracións:
Magosto : Ademais de participar co resto do Colexio na festa celebrada no patio, os nenos de 3º elaboraron bonecos con mazarocas, axudados polos profesores
Samaín: Os nenos adornaron cabazas para a exposición do Colexio
Nadal: Os nenos de 3º participaron no festival de Nadal ,cantando una panxoliña e cun baile.
Día do Peón: Os nenos elaboraron fichas , xogaron ao peón en E.F. e cantaron a canción do Peón e Música,
Día da Paz: Todo o Colexio cantou a canción de Macaco: “Marea de gente”.
Entroido : Celebramos una festa ,disfrazándonos de personaxes de fantasía e comimos lambetadas típicas do Entroido.
Día das Letras Galegas: Os nenos de 3º e 4º nivel participaron no certame Intercentros,organizado polo Concello coa elaboración de murais sobre a obra de Carlos Casares.
Por último despedimos o Curso coa festa de Final de Curso ,organizada pola ANPA do Colexio.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
58
CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS:
En canto á consecución de obxectivos os resultados foron satisfactorios nos dous niveis,xa que a maioría dos nenos acadaron os obxectivos fixados a principio de curso e aqueles que tiveron dificultades recibiron apoio por parte dos especialistas e por parte do profesorado que tiña horaio libre.
A xefa de estudos A coordinadora de 3ºe 4º nivel de Primaria
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
59
4.11._5º E 6º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Titores de 5º durante o presente curso:
• José Manuel Barcia Vizoso (5ºA)
• Eva Mª Bouza Rey ( 5º B e coordinadora de nivel)
Titores de 6º durante o presente curso:
• Mª Concepción Lago Couce,(6ºA ,ata decembro de 2016)
• Melisa Rodríguez García ( 6º A dende o 9 de xaneiro de 2017)
• Celsa Amor Amor ( 6º B e coordinadora de nivel)
Profesores especialistas en ambos cursos:
• Silvia Mª Sabín Mesa (Inglés)
• José Bernardo Montero Doce (E.F. en 6º )
• Enrique Blanco Guillén (E.F. en 5º )
• María Cendán González ( P.T en 6º )
• Mª Dolores Fontela Martínez (P. T. En 5º B)
• Purficación Pernas García (Música)
• Dolores González López (Relixión Católica)
Ao longo do curso mantivéronse reunións periódicas para tratar os
diferentes puntos recollidos na Programación Xeral Anual , os diferentes
asuntos que foron xurdindo, e tamén, para a revisión de temas puntuais que
afectan a todo o colexio, e outros temas que se detallan.
1.- SAÍDAS, FESTAS E PARTICIPACIÓNS EN ACTIVIDADES
a) SAÍDAS:
Fixéronse as saídas previstas no Plan de Centro. A maiores
realizáronse outras que foron xurdindo ao longo do curso por consideralas
interesantes, e que se relacionan a continuación:
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
60
• O 20 de outubro o alumnado de 5º fixo unha saída a Ferrol para visitar
EXPONAV e a sede da Fundación ABANCA.
• O 24 de novembro o alumnado de 6º realizou unha saída ao Muncyt, na
Coruña.
• Asistimos, o día 9 de novembro, ás xornadas de teatro organizadas
polo Concello, para ver a obra “Moby Dick”.
• O 30 de novembro, o alumnado de 5º fixo unha saída ao Muíño de
Pedroso, para realizar varios obradoiros, entre eles matemáticas
divertidas e fotos cunha cámara escura (unha caixa de zapatos)
• O alumnado de 6º realizou unha visita a Aldeanova, para realizar
obradoiros de ciencia divertida.
• O 31 de xaneiro o alumnado de 6º visita o instituto de Terra de
Trasancos.
• Quinto B fixo unha visita á Casa Consistorial o día 14 de febreiro e 5º A,
o día 21 do mesmo mes.
• O día 6 de abril todo o ciclo fixo unha saída conxunta ao CITIUS e
CIQUS en Santiago
• Os días 14,15 e 16 de maio, alumnado de 6º participou nunha excursión
a Madrid acompañado das titoras e o seu profesor de E.F.
• O 16 de xuño participamos na marcha ciclista escolar organizada polo
concello, na que tomaron parte todos os centros de Primaria.
• O 21 de xuño, o alumnado de 5º realizou unha excursión a Viveiro en
tren, acompañado dos titores e a profesora de inglés.
• O alumnado de 6º nivel, durante o mes de xuño, participou nun
obradoiro de Educación para a Cidadanía que consistiu na elaboración
dun mural na fachada exterior do centro, co lema: “Cooperar para
aprender” e “ Aprender para cooperar”.
Participamos en:
• Todas as celebracións conxuntas do Centro: Samaín, Magosto, Nadal,
Día da Paz, Entroido, Letras Galegas e Fin de Curso
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
61
• O 8 de marzo visitounos o escritor Manolo Rivas, autor de “Bala Perdida”,
e o día 1 de xuño, unha animadora, por xentileza da editorial Santillana.
• Tamén participamos no Certame Intercentros: 5º nivel con murais e 6º en
teatro. O alumnado de 6º B acadou o primeiro premio e 6º A o segundo.
Para este mesmo certame, un grupo de catro alumnas deste nivel
realizou o cartel anunciador.
2.- REUNIÓNS DE PAIS
As reunións cos pais desenvolvéronse tal e como estaban programadas no
Plan de Centro.
Nas reunións iniciais deuse información dos obxectivos a acadar, das normas
de funcionamento, das saídas e respondeuse ás preguntas que xurdían.
Na reunión previa a excursión final de 6º curso, déuselle aos pais as
informacións de fin de curso. Cada neno levou unha relación de actividades
para o verán.
As reunións individuais celebráronse todos os martes en horario de 16 a 17
horas dun xeito regular e, con certa flexibilidade de horario, cando era
necesario por parte dos pais
A orientadora do IES Terra de Trasancos acudiu un día ao colexio a
entrevistarse coas titoras de 6º para obter unha información xeral dos alumnos
que promoven e van acudir ao citado centro.
3.- ACCIÓN TITORIAL
Realizáronse sesións sempre que foron necesarias, principalmente cando
xurdía algún problema e cumpría tratalo de xeito xeral entre toda a clase, ou
noutros casos, en pequeno grupo, só cos alumnos implicados.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
62
4.- RESULTADOS ACADÉMICOS
Durante este curso 8 alumnos de 5º e 9 de 6º, participaron no plan PROA,
asistindo a clases de acompañamento no colexio polas tardes dúas veces á
semana. Observamos que nalgúns casos o aproveitamento de ditas clases foi
satisfactorio, apreciándose melloría no seu rendemento académico; pero
noutros casos non ocorreu así, debido, principalmente á falta de interese deses
alumnos e á pouca implicación por parte da familia.
Consideramos que para un maior aproveitamento desta actividade, debería
comezar no mes de outubro; xa que algúns alumnos víronse obrigados a
buscar apoio fóra do colexio nese mes e despois preferiron quedarse sen
PROA.
O grao de consecución de obxectivos, tanto de etapa coma os das diferentes
áreas, foi en xeral satisfactorio para a maioría dos alumnos. En 5º nivel , dun
total de 47 alumnos promoven a totalidade, pero pasan dous de 5º B, con
algunha materia pendente.
Hai que sinalar que en 6º nivel, dun total de 47 alumnos, promoven á ESO un
total de 46, aínda que accede a Ed. Secundaria dous alumnos con materias
pendentes.
A Coordinadora de 5º A Coordinadora de 6º
Asdo.: Eva Mª Bouza Rey Asdo.: Celsa Amor Amor
A Xefa de Estudos
Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
63
4.12._MEMORIA DE PROA ( CONTRATO- PROGRAMA).
4.12.1.- Datos:
4.12.1.1.- Sobre o alumnado.
Nº de grupos (especificar nivel educativo) 2 de 5º e 6º de primaria Nº de alumnos/as por grupo 8 de 5º 9 de 6º Nº de baixas que se produciron 1 baixa de quinto Nº de altas que se produciron Houbo unha alta no mes de febreiro e outra no mes de abril, as dúas en sexto
Nº de alumnos/as que participou con aproveitamento no programa
Primaria TOTAL
8 de 5º 9 de 6º
17
4.12.1.2.-Sobre o profesorado.
Coordinador/a Jose Manuel Barcia Vizoso Profesor/a acompañante Eva Amor Bustabad
Profesores implicados no programa (especificar cargo: titores, orientador/a, director/a…)
Titores do 3º Ciclo: Celsa Amor e Melisa Orientadora: Mª CarmenOgazaRojas. Coordinador: Jose Manuel Barcia Vizoso.
4.12.1.3 Sobre o centro.
Número de alumnado total matriculado no centro no curso actual 467 alumnos
Número de alumnado matriculado no centro nos ciclos especificados
3º ciclo Primaria 98 alumnos
Gastos do programa PROA realizados no curso 2016-2017
Gastos de transporte
Gastos de funcionamento
0 27,66 €
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
64
4.12.2.- Incidencia do programa:
4.12.2.1 Análise da repercusión do programa no alum nado .
A repercusión da incidencia do programa no alumnado foi positiva na gran maioría dos casos.
- A motivación por parte deste sector foi boa. Asistiron as sesións con
normalidade.
- Non se deron casos de indisciplina.
- A mellora nas materias instrumentais e, sobre todo, á hora de organizar o traballo, foi aceptable.
- Promociona todo o alumnado agás un alumno de sexto
- A repercusión nas familias foi positiva. En ocasións aproveitaban os momentos de traelos ou recollelos para comentar os avances ou outros datos relevantes co mestre acompañante.
4.12.2.2 Análise da repercusión nas familias .
No mes de febreiro, o Coordinador, José Manuel Barcia Vizoso e a persoa acompañante, Eva Amor Bustabad, reuníronse coas familias do alumnado de quinto e sexto designado para o plan PROA, para proporcionarlles información de todo o relacionado con este programa, co fin de conseguir a súa implicación e compromiso.
O obxectivo principal é mellorar as perspectivas escolares co fin de favorecer o desenvolvemento das habilidades cognitivas e socio-afectivas para acadar unha boa formación integral do alumnado. Nesta primeira xuntanza, quedaron distribuídos os grupos de alumnos, xa que cada familia escolleu o horario que mellor lle conviña as súas necesidades, dentro dos horarios pactados polo centro. Ao longo deste tempo, as familias foron atendidas sempre que o solicitaron. A repercusión nas familias foi positiva, aproveitando os momentos de deixalos ou recollelos para comentar avances ou outros datos relevantes co mestre acompañante.
4.12.2.3 Análise da repercusión no centro .
En febreiro, ao comezo do programa, estableceuse un decálogo de normas, onde a asistencia regular ás sesións é fundamental, así como o respecto a mestra e ós seus compañeiros, a participación nas clases, o traer todo o
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
65
material necesario para traballar na aula e a realización das tarefas diarias. Cada día anotábase nun carné por puntos, un punto azul ou verde como positivo ou ben un punto vermello como negativo cando o comportamento non era o axeitado. Ao final do curso recibiron un agasallo por sumar maior cantidade de puntos positivos que negativos. O alumnado acudiu con normalidade as sesións, agás catro casos que déronse de baixa por incompatibilidade horaria. O clima de aula foi boa en todas as sesións.
4.12.3.- Coordinación.
Todos os xoves a última hora, reuníronse Eva Amor Bustabad, mestra acompañante, e José Manuel Barcia Vizoso, coordinador do plan, para coordinar, organizar actividades e falar do alumnado para facer un seguimento individual.
O resto do horario matinal, Eva estivo nas aulas observando e apoiando ao alumnado nas súas respectivas aulas.
O coordinador reuníase coas titoras e orientadora periodicamente para facer un seguimento do alumnado asistente.
O resto do horario de coordinación, dedicouse á selección de material, elaboración de actividades, libros e entrevistas individuais coas familias.
Tamén estiveron moi implicados os titores de quinto e sexto:
• Celsa Amor Amor (Titora 6º B)
• Melisa Rodríguez García (Titora 6º A)
• Jose Manuel Barcia Vizoso (Titor 5ºA)
• Eva Mª Bouza Rey (Titora 5ºB)
Con estes mestres e mestras, aproveitábanse os cambios de sesións ou dos recreos para intercambiar información.
4.12.4.- Materiais empregados . No desenvolvemento das actividades, tanto os xa existentes como os que se elaboraron ou adaptaron no centro específicamente para o programa.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
66
4.12.4.1.-Material bibliográfico e impreso.
• BURGOS ALONSO, Víctor M.; MARTÍNEZ MONTERO, Jaime;PÉREZ
GONZÁLEZ, Jesús(2001): Jugamos y pensamos con los números.
Quinto curso de ed. Primaria. La Calesa. Valladolid.
• Cadernos de matemáticas nº 9,10,12,15,16,181,19. (Operacións e
problemas combinados sobre as catro operacións e decimais).
• GALERA NOGUERA, Fco,:CAMPOS PAREJA, Ezequiel(2002):
Cuadernos de ortografía nº 6,7, 8 e 9. Bruño. Madrid.
• JIMÉNEZ ORTEGA, J; SOUSA SALGUERO, Fátima(2004): Los mejores
hábitos y técnicas de estudio. Vol. II. Educ. Primaria. Edic. La Tierrahoy.
Madrid.
• Juegos de agilidad mental(2005): LIBSA, Madrid.
• Juegos de estrategia(2005): LIBSA,Madrid.
• Juegos de ilusiones ópticas (2005): LIBSA, Madrid.
• Juegos de inteligencia(2002): Series. Lógica. Sinónimos. Libro Hobby.
Madrid.
• MAESTRE MARTÍN, Jorge: Cuentos para la comprensión lectora.
EdicionesAljibe. Málaga.
• MORENO MARTÍNEZ, Adolfo(1999): 564 Jeroglíficos y pictogramas.
Aljibe. Málaga.
• Ortografía divertida. Cuadernos 18-A, 18-B. Grupo Editorial Universitario.
• PASTOR, Andrea: Paso a paso. Cálculo e problemas. Caderno nº 17 Ed.
Anaya.
• Proposta didáctica. Matemáticas, LenguaCastellana e Lingua Galega, 5º
e 6º de Anaya.
• Proposta didáctica. Ciencias Naturais e Sociais de Ed. Santillana para
5º. Para 6º Ed. Edelvives.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
67
Xogos da aula:
• Coloca 4. Un xogo de estratexia de Falomir xogos e Dominó silábico. Ed.
Nardil.
• Tangram. Diset.-
• Sinónimos e antónimos. O xogo dos sinónimos, contrarios e ideas afíns.
Falomir xogos.
4.12.4.2.-Material web e en formato dixital. www.edu.xunta.es/contidos http://sauce.pntic.mec.es/jdiego/ www.maestrodeprimaria.com www.actiludis.es www.mec.es www.edu365.cat/primaria/muds/castella/ortografiate/index.htm http://dl.dropboxusercintent.com/u/14647684/lim_acentuacion/html/ http://ntic.edicacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2010ortografia_natural/actividades/menu.html
www.gobiernodecanarias.org/educacion/ http://ilovemedia.es/proyectos/tangram/ http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos http://iescuelaenlanube.blogspot.com.es/ www.aulapt.org www.cadernoverde.com www.proxectoterra.coag.es/index.php/primaria/ www.elblogdehiara.org/category/tecnicas-de-estudio/ 4.12.4.3.-Material de elaboración propia.
• Probas para controis.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
68
• Fichas repaso dos contidos “Fichas de lóxica”. • Murais con esquemas das unidades de Coñecemento do Medio.
4.12.5.- Dificultades atopadas para desenvolver o p rograma.
Un dos obxectivos do PROA é conseguir que os alumnos traballen sós, que aprendan a organizarse e ser responsables da súa tarefa. Neste sentido, creo que non se conseguiu plenamente, posto que algúns están afeitos a non organizar nada e a que lles revisen todo na súa casa e lles organicen a totalidade do traballo xa que eles nunca o fan. Algúns non están habituados a organizar o seu traballo. Este foi un aspecto que se traballou nas sesións de PROA, pero a carencia de hábitos en algúns caso fixo que esta fose unha tarefa moi difícil de levar a cabo.
• Os grupos foron homoxéneos en canto a nivel, pero as grandes diferenzas existentes entre eles fixo difícil programar tarefas conxuntas, hai que traballar de forma individualizada e, a pesar de ser grupos reducidos, en ocasións resultou problemático para traballar deste xeito. Eles mesmos reclaman moita atención.
• A isto engádese o feito de que a mestra acompañante é allea ao centro,
non coñece tanto ao alumnado como se fose mestra do propio centro..
• Dificultade para programar. Moitas veces non se puido cumprir o prazo previsto: algúns non remataban a tarefa, outros ían acumulando fichas atrasadas. Ao final optamos por traballar sobre a marcha en función do traballo que eles traían diariamente.
• Era necesario ter preparadas actividades de reforzo pero, fundamentalmente, traballábase en función das tarefas pendentes para á clase do día seguinte
O alumnado escollido presentaba un perfil propio de PROA, agás algunhas excepcións.
4.12.6.- Propostas de mellora para vindeiros cursos .
Horario. Sería conveniente un aumento do número de horas semanais dedicadas ao programa. Coas horas actuais non hai un seguimento continúo e diario, isto é negativo para os alumnos e para o programa en sí.
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
69
Reunións periódicas entre persoas acompañantes da zona, por exemplo, para poder compartir experiencias. Realización de accións formativas previas ao inicio do Programa. O PROA non é unha tarefa doada de levar. Considérase que a selección do profesorado debería facerse en setembro, e aproveitar este mes para recibir formación en aspectos coma: técnicas de estudo, animación á lectura, resolución de problemas, desenvolvemento de habilidades sociais, xogos de estimulación da intelixencia. Cada vez se empeza máis tarde, isto é un impedimento. Tendo en conta as poucas horas semanais e que este ano, descontando as vacacións, tiveron tres meses, os obxectivos que se pretende con este programa non se poden cumprir.
4.12.7.-Observacións.
Neste apartado pódense incluír aspectos que se consideren importantes e que non estean contemplados nos anteriores.
É moi posible que todos os alumnos seleccionados non reunisen os requisitos específicos do Plan, pero considerouse que, aínda que non acadan plenamente os obxectivos, lles sería de grande axuda a asistencia a estas actividades, dado que na casa non poderían aclararlles as dúbidas, por moi sinxelas que foran. Tendo en conta o ambiente cultural dalgúns destes alumnos, aproveitamos para suxerir que podería resultar máis proveitoso que as sesións fosen diarias, aínda que durasen menos tempo e que se empece co programa no mes de outubro.
O/A coordinador, Vº e prace, a directora
Asdo.: Jose Manuel Barcia Vizoso Asdo.: Natalia T. Pedre Fernández
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
70
4.13._MEMORIA DO PLAN DE FORMACIÓN DE PERMANENTE DE PROFESORADO
Liñas e itinerarios
• Liña 1: Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados. o Itinerario: Aprendizaxe cooperativa.
� Seminario de 30 horas.
• Liña 2: Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
o Itinerario: integración didáctica das TIC 30horas. � Curso de 10 horas: dinamización e xestión da páxina web
do colexio. � Grupo de traballo de 30 horas: dinamizando a páxina web
do colexio.
Coordinadoras
• Mª del Carmen Ogaza Rojas (liña 1). • Natalia Teresa Pedre Fernández (liña 2).
Participantes
Liña 1 (cooperativo): 18.
Liña 2 (TIC): 4.
Grao de consecución dos obxectivos
O grao de consecución dos obxectivos nas dúas liñas foi bastante elevada. Conseguimos chegar a parte máis complicada de aprendizaxe cooperativa. Se trata tanto da aplicación de Plans de equipo dentro de distintas Unidades Didácticas ao longo do curso como do seguimento e avaliación dos mesmos. Cada vez se aplican con menor dificultade e o alumnado vai integrando as dinámicas dentro da normalizade.
En canto á liña de TIC tamén conseguimos alcanzar os obxectivos propostos inicialmente. formouse un grupo responsable da xestión da páxina web. Dito grupo alcanzou un grado de dominio notable para xestionar a páxina de forma autónoma.
Cumprimento da aplicación e da calidade das actuaci óns desenvolvidas. Dentro da liña de cooperativo aplicáronse os plans de equipo despois dun traballo previo. Primeiramente aplicáronse dinámicas de cohesión grupal o que
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
71
permitiu coñecer mellor aos nenos e nenas facilitar a formación dos equipos. Posteriormente puxéronse en marcha estratexias cooperativas básicas e máis adiante técnicas cooperativas máis complexas que culminaron cos plans de equipo.
Para a aplicación os mestres con menos práctica contaron con profesores de apoio con máis experiencia. Esta medida facilitou o traballo e permitiu atender e resolver conflitos que xurdiron propios do traballo en equipo. Organizáronse sesións de traballo cooperativo para aquelas clases onde as mestras non estaban participando no Plan de Formación e así garantir que todo o alumnado e o profesorado coñeza esta nova metodoloxía.
Dentro da liña de TIC os mestres foron aprendendo a subir contidos e imaxes á páxina web do colexio enriquecendo a mesma. Fomentouse o uso da páxina conseguindo un maior número de visitas tanto por parte dos discentes.
Incrementaron tamén as visitas por parte das familias xa que a páxina conta con máis información de interese para os mesmos. Incluso se lle deu un espazo para concursos organizados pola A.N.P.A. do centro.
Aumentaron o número de mestres que empregan a pizarra dixital durante as clases.
Modificación e proposta de mellora para os obxectiv os, actuación, recursos e medidas acordadas para a continuidade ou supresión.
Os participantes na liña 1 opinan que aínda necesitan máis tempo para conseguir sistematizar esta nova metodoloxía cooperativa.
Por outra banda hai moita xente interesada en introducir o traballo por proxectos que ademais permitiría compaxinar a metodoloxía cooperativa. Tamén hai bastantes mestres, sobre todo de educación infantil, interesados na metodoloxía “ABN” para traballar as matemáticas.
A liña 2 sobre as TIC probablemente se suprima.
A xefa de estudos A directora
Mª Jesús Felpeto Rey Natalia T. Pedre Fernánde
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2016-2017
72
5. RELACIÓNS COAS FAMILIAS. • Fixéronse as xuntanzas que marca a lei, unha a principio do curso e ao
final nalgúns cursos. Tamén se fixeron as que cada titor ou titora coidou necesarias de maneira individual ou colectiva.
• Os titores/as de educación Infantil mantiveron unha reunión informativa para os pais dos nenos/as de novo ingreso de infantil de 3 anos para o curso 2016-2017.
• Cos pais/nais do alumnado con algún tipo de dificultades de aprendizaxe ou de conduta, fixéronse varias xuntanzas cos profesores implicados, a orientadora e nalgún caso algún membro do equipo directivo.
• Mantivéronse varias xuntanzas coa directiva da ANPA ao longo do
curso.
• Ademais das reunión mantivéronse informados aos pais a través de distintos medios: circulares en soporte de papel, información colgada na páxina do colexio, vía teléfono ou a través dos taboleiros do centro.
A directora A xefa de estudios
Asdo: Natalia T. Pedre Fernández Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey.