ceg y cec comprométense coa · nova de que pemex decidira adxu-dicar a navantia a construcción...

7
Nº 121 Boletín gratuito para os socios de Cofer FLOTEIS PARA PEMEX Navantia consegue o contrato para construir un dos dous floteis para PEMEX ALVARIÑO VISITA FERROL O presidente da CEG compro- meteu todo o seu respaldo á reindustrialización de Ferrolterra Febreiro 2014 O presidente da CEG, José Manuel Fernán- dez Alvariño, e o titular da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, visitaron Ferrolterra a comezos do mes de xaneiro para coñecer de preto as preocupa- cións dos empresarios das comarcas da nosa área de influencia, diante da actual situación de crise. O presidente de COFER, Isidro Silveira, exer- ceu de anfitrión nesta visita que levou aos representantes das patronais galega e coru- ñesa a recorrer as infraestructuras portuarias, Navantia e Reganosa. Fernández Alvariño foi contundente ao afirmar que a área industrial que abarca Ferrolterra, Eume e Ortegal, como o resto das áreas in- dustriais galegas, é vital para o conxunto do tecido empresarial galego e abogou por des- envolver plans de coordenación entre as infra- estructuras portuarias das catro provincias para poder competir con máis forza a nivel nacional e internacional, fuxindo de localismos PLAN FERROL Somentes seis proxectos em- presariais recibirán financiación do Plan Ferrol. AXUDAS DO IGAPE O Igape abre unha liña de axudas para o equipamento tecnolóxico das pemes do sector servizos CEG y CEC comprométense coa reindustrialización de Ferrolterra Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected] Síguenos @COFERferrol @COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste e trazando proxectos de explotación comple- mentarios que redunden nunha maior compe- titividade das nosas radas. Respecto da crise pola que atravesa Navan- tia, o presidente da patronal galega insistíu en que é imprescindible que o Ministerio de Defensa siga a contratar buques co asteleiro militar público, para poder aproveitar o know how da factoría. No mesmo senso pronunciouse o presidente de COFER, quen asegurou que “o mellor testador das unidades de Navantia é a Mari- na española e se se frea esa demanda o desenvolvemento córtase, deixamos de pro- ducir e de innovar”. Isidro Silveira amosouse convencido de que “atrasarnos en tecnoloxía sería a nosa morte definitiva”. Por último, os representantes das tres patro- nais reclamaron das Administracións que fagan a súa parte do traballo, poñendo fin xa á restructuración financieira e adoitando me- didas que favorezan o fluxo de creto. AXENDA Recopilación das feiras profesio- nais máis importantes para o em- presario

Upload: others

Post on 27-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

Nº 121

Boletín gratuito para os socios de Cofer

FLOTEIS PARA PEMEX Navantia consegue o contrato para construir un dos dous floteis para PEMEX

ALVARIÑO VISITA FERROL O presidente da CEG compro-meteu todo o seu respaldo á reindustrialización de Ferrolterra

Febreiro 2014

O presidente da CEG, José Manuel Fernán-dez Alvariño, e o titular da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, visitaron Ferrolterra a comezos do mes de xaneiro para coñecer de preto as preocupa-cións dos empresarios das comarcas da nosa área de influencia, diante da actual situación de crise. O presidente de COFER, Isidro Silveira, exer-ceu de anfitrión nesta visita que levou aos representantes das patronais galega e coru-ñesa a recorrer as infraestructuras portuarias, Navantia e Reganosa. Fernández Alvariño foi contundente ao afirmar que a área industrial que abarca Ferrolterra, Eume e Ortegal, como o resto das áreas in-dustriais galegas, é vital para o conxunto do tecido empresarial galego e abogou por des-envolver plans de coordenación entre as infra-estructuras portuarias das catro provincias para poder competir con máis forza a nivel nacional e internacional, fuxindo de localismos

PLAN FERROL Somentes seis proxectos em-presariais recibirán financiación do Plan Ferrol.

AXUDAS DO IGAPE O Igape abre unha liña de axudas para o equipamento tecnolóxico das pemes do sector servizos

CEG y CEC comprométense coa reindustrialización de Ferrolterra

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

e trazando proxectos de explotación comple-mentarios que redunden nunha maior compe-titividade das nosas radas. Respecto da crise pola que atravesa Navan-tia, o presidente da patronal galega insistíu en que é imprescindible que o Ministerio de Defensa siga a contratar buques co asteleiro militar público, para poder aproveitar o know how da factoría. No mesmo senso pronunciouse o presidente de COFER, quen asegurou que “o mellor testador das unidades de Navantia é a Mari-na española e se se frea esa demanda o desenvolvemento córtase, deixamos de pro-ducir e de innovar”. Isidro Silveira amosouse convencido de que “atrasarnos en tecnoloxía sería a nosa morte definitiva”. Por último, os representantes das tres patro-nais reclamaron das Administracións que fagan a súa parte do traballo, poñendo fin xa á restructuración financieira e adoitando me-didas que favorezan o fluxo de creto.

AXENDA Recopilación das feiras profesio-nais máis importantes para o em-presario

Page 2: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

2

Febreiro 2014

NAVANTIA consegue por fin o contrato para construir un dos dous floteis de PEMEX

El principio de una gran remontada

Tras una más que larga espera, Ferrolterra terminó enero con la noticia de que finalmente Pemex confiará al tándem Navantia-Barreras el contrato para la construcción de los dos floteles. Y nos le-vantamos con ese sabor agridulce de quien es consciente de que en un momento como el actual y en medio de una tremenda travesía por el desierto, este anuncio es como un oasis, pero también de que hace falta mucho más para encarrilar el futuro de nuestros astilleros públicos y, por extensión, el de una potente industria auxiliar y su plantilla que en los últimos años ha pagado con enorme crude-za la falta de contratos en Navantia. Ésta debe de ser, y estoy seguro que lo será, la primera victoria de una gran remontada. El punto de arranque de nuevos contratos para poder alcanzar el ritmo perdido, porque no nos podemos seguir

permitiendo el lujo de dejar escapar todo el know how que el naval ferrolano atesora tanto en la empresa matriz como en la industria complementaria. Las estimaciones de la factoría hablan de un millón de horas de carga de trabajo y 130.000 de ingeniería. Son cifras im-portantes pero hay mucha, demasiada, plantilla directa desocupada, que hace pensar que poco va a repercutir este con-trato en la industria complementaria y Ferrolterra necesita también ocupar a sus auxiliares. Es necesario mover Roma con Santiago para optar a concursos en todo el mundo con ofertas competitivas, y demostrar que somos capaces de hacer más que barcos. Se han perdido algunos contratos por focalizar todos los esfuerzos en la industria militar y nuestros astilleros tienen mucho que demostrar también en otros mercados. Tenemos que seguir jugan-do la baza del dique flotante, es una apuesta firme que hemos respaldado desde el primer día desde la Confederación de Empresarios y que seguimos manteniendo, porque entendemos que a la vista de los más que buenos resultados que arro-ja Carenas y sus niveles de saturación, no se puede dejar escapar una fuente de ocupación como ésta, y menos en los momentos en que nos encontramos. Isidro Silveira Rey Presidente de COFER

Artígo publicado na Voz de Galicia / 31 de xaneiro de 2014

Ferrolterra rematou xaneiro coa nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP. Serán 1.000.000 de horas de traba-llo e entre 500 e 600 postos de o que supoña a construcción desta unidade, que se prevé ocupe a unha parte do plantel do asteleiro ferrolán por espacio de dous anos. O flotel ronda os 130 metros de eslora e a súa maior complexidade estriba no equipamento, posto que inclúe un heliporto, unha cuberta principal de 2.000 metros cadrados e tres grúas con distintas capacida-des de izada. As catro cubertas do buque alber-garán 180 cabinas destinadas ao

descanso. Ademáis o buque contará con salas de conferencias, televisión e Internet por satélite, ademáis de ximnasio e sala de cine. Resta agora por concretar cando escomenzarán os traballos de corte

de chapa no asteleiro ferrolán, ainda que se espera que podería levarse a cabo chegado o mes de marzo. O encargo de PEMEX supón a volta de Navantia ao mercado naval civil des-pois de máis dun cuarto de século .

Foto: Navantia

Page 3: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

3

Febreiro 2014

Axudas para equipamento de pemes do sector servizos O Igape ten aberta unha nova liña de axudas, dirixidas ao sector ser-vizos para proxectos de equipa-mento cunha inversión subvencio-nable de entre 30.000 e 200.000 euros. As iniciativas a subvencionar de-berán estar vencelladas á consoli-dación ou posta en marcha, entre-outras, das actividades da contruc-ción, transporte, almacenamento, servizos hosteleiros de aloxamen-to, servizos de información e comu-nicacións, actividades profesionais, científicas e técnicas, educación, actividades sanitarias e de servizos sociais, actividades artísticas, re-creativas e de entretemento. Considéranse conceptos subven-cionables os bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme, equipamentos para o proceso de datos, software ligado ao servizo prestado pola empresa, mobiliario e elementos decorativos e activos fixos destina-dos á almacenaxe e á loxística. A subvención poderá chegar ata o

40% do gasto subvencionable para as medianas empresas e ata o 50% para as pequenas empresas. O prazo de presentación de solicitu-des está aberto ata o 18 de febreiro, mentras o prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014, para os que finalicen en 2014 e o 30 de xuño de 2015 para os que finalicen nese ano.

Os beneficiarios desta convocatoria terán que achegar unha contribución financieira, exenta de financiamento público, de cando menos o 25% do custe total do proxecto, xa sexa me-diante recursos propios ou por finan-ciamento externo. Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da pre-sentación da solicitude de axuda.

+info

Convocatoria do IGAPE

Seis proxectos beneficiáronse das axudas do Plan Ferrol

Soamente seis proxectos, frente a vintena de anteriores convocato-rias, recibirán financiación dentro da convocatoria 2013 do Plan Fe-rrol de reindustrialización de Ferrol-terra, Eume e Ortegal. Os seis proxectos representan un total de 12,2 millóns de euros. Isto supón que dos 45,7 millóns consignados para as tres comarcas, quedan sin consignar máis de 33 millóns. A imposición do sistema de avais establecido para esta última convo-catoria, determinou, sen dúbida, a caída no número de solicitudes, tal e como dende Cofer se lle advertira á dirección da Oficina do Plan Fe-rrol en sucesivas reunións.

Novas xestións Cofer ten sabido pola Directora da Oficina do Plan Ferrol, Natalia Barros, que se emprenderon xa as xestións para conseguir que o Ministerio de Industria reasigne os 33 millóns de euros que non foron adxudicados, a unha nova convocatoria. Nun escrito remitido en días pasados a Natalia Barros, polo presidente de Cofer, Isidro Silveira, se lle solicitaba precisamente o inicio destas xestións, insistíndolle na conveniencia de que a nova convocatoria plantexe unhas condicións máis accesibles para o empresariado tendo en conta as cir-cunstancias económicas polas que está a atravesar a nosa comarca.

Os proxectos Biogás, coa súa planta de tratamento de residuos das Somozas; Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, cunha planta de operación so-bre a biomasa forestal. e Gamesa, para un novo proxecto de fabricación das palas G-114, son tres das empre-sas as que se lles concedeu a finan-ciación solicitada. A estas tres, súmanse García Fores-tal, cunha planta de tratamento e dis-tribución de biomasa forestal no porto exterior de Ferrol; Procesoil cun proxecto de ampliación da súa nave industrial e, por último, o criadeiro de roedores, Xaraleira, para a apertura dunha nova liña de negocio centrada na venda de alimento conxelado.

Page 4: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

Febreiro 2014

4

Breves

ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS La Consellería de Educación ven de facer pública a orde pola que se abre o prazo de presentación de solicitu-des para acreditación de competen-cias profesionais que, no caso de Ferrolterra, se realizará a través de

los CIFP Ferrolterra e Rodolfo Ucha. Nesta edición poderanse acreditar, no CIFP Ferrolterra competencias relativas a Automoción, Electricidade e Electrónica, Soldadura e Calderería, Mecanizado por arranque de labra e Artes Gráficas. No caso de CIFP Rodolfo Ucha as competencias corres-ponden ás áreas de Xestión Administrativa e Informática e Comunicacións. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de febreiro. Más información: http://www.edu.xunta.es/fp/category/etiquetas/acreditacion-de-competencias

COFER FINANCIA CATRO BECAS PARA O MÁSTER DE

LOXISTICA E TRANSPORTE DA UDC

Catro Alumnos do Máster de Loxísti-

cas e Transporte da UDC beneficia-

ranse doutras tantas becas ofrecidas

pola Confederación de Empresarios

de Ferrolterra aos seus asociados.

O 15 de febreiro arranca este curso que pretende propor-

cionar unha formación práctica e aplicada en loxística e

en transporte de mercaduría que constitúa unha base

integrada, e de utilidade inmediata, coas necesidades

reais das empresas con actividades relacionadas co

sector.

O máster está destinado a titulados universitarios en

ámbitos relacionados co seu programa ou ben outros

titulados con experiencia profesional no sector.

A RUTA DA CONSTRUCCIÓN NAVAL, EN FITUR

A Ruta da Construcción Naval voltou este ano a Fitur para continuar coa sua promoción neste Salón Internacional de Turismo que se celebra cada ano no mes de xaneiro en Madrid.

O Concello de Ferrol inclúe esta ruta, que puxo en mar-cha Cofer a finais de 2011, dentro do seu novo paquete de promoción turística da cidade, baixo o lema “Ferrol convídate”. O presidente de Cofer, Isidro Silveira, acompañou ao alcalde, José Manuel Rey, ao presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso, á directora xeral de Comercio, Nava Castro, e á concelleira de Turis-mo de Ferrol, Mª Carmen García Fraga, no acto de pre-sentación desta campaña.

XORNDA CEC: SEGURIDADE NA XESTIÓN DO NEGOCIO

A CEC programa para o vindeiro día 6 de febreiro unha sesión sobre Res-ponsabilidade de Directivos que terá lugar no hotel NH Atlántico da Coruña, a partir das 9:45 horas e ata as 13:30 horas.

O obxectivo da xornada é adquirir unha visión global das principais obligacións dos directivos, especialmente dos administradores societarios, co fin de aplicar políticas preventivas que minimicen os riscos e aumenten a segu-ridade na xestión. No transcurso da xornada abordaranse cuestión relativas ao réxime de responsabilidades de administradores e directivos, reponsabilidade nonorgánica no seo da em-presa, responsabilidade concursal, laboral e por incum-plimento de prevención de riscos e responsabilidade penal.

PRESENTACIÓN PROGRAMA A-TEMPO Na última semana de xaneiro presen-touse no Campus de Ferrol o progra-ma A-Tempo que prevé un investi-mento de 3,2 millóns de euros en empresas auxiliares do naval da co-

marca. A universidade recibe do Ministerio de Economía e Com-petitividade 2,5 millóns de euros e completa con 700.000 euros máis estes fondos, que se van utilizar para o de-senvolvemento de innovacións off shore. Ata 2015 desenvolveranse tres actuaciones concretas: unha plataforma robótica subacuática de inspección para mantemento, unha embarcación de apoio para a mon-taxe de aeroxeradores off shore e un sistema inmersivo para a asistencia remota do mantemento deste tipo de plataformas. Un total de 22 firmas do sector naval, a meirande parte delas asentadas na comarca, asistiron á presentación.

CONVOCATORIA 2014 DE APOIO A PEMES A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza para o vindeiro día 5 de febreiro una xornada de presenta-ción das convocatorias de axudas

para PEMES dentro dos programas CONECTA PEME, INVESTIMENTOS INNOVADORES, e as liñas de BO-NOS DE INNOVACIÖN e de PROPIEDADE INTELEC-TUAL. O encontro, que será eminentemente práctico, celebrara-se no CIS da Cabana entre as 9:45 e as 14:00 horas e ofrécese aos asistentes a oportunidade de manter un encontro bilateral con técnicos da Axencia. O programa está disponible no link http://xornadas.galiciainnovacion.es/ApoioPEMEs/Ferrol/Programa.pdf, onde tamén poderán formalizar a súa inscripción, que é imprescindible para poder asistir á sesión.

Page 5: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

Lexislación

Febreiro 2014

5

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2013 pola que se esta-blecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subven-cións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do pro-grama operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A). BOE Nº 16 DE 24 DE XANEIRO CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA. ORDE do 16 de xaneiro de 2014 pola que se estable-cen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enca-miñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do pro-grama operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (IN519B). BOE Nº15 DE 23 DE XANEIRO CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ORDE do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiri-das a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.BOE Nº14 DE 22 DE XANEIRO. CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das sub-vencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2013.DOG Nº12 DE 22 DE XANEIRO CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS . ORDE do 23 de de-cembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento am-biental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa ope-rativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014. DOG Nº12 DE 20 DE ENERO CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases regulado-ras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014. DOG Nº 19 DE 29 DE XANEIRO

MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERGÍA Y TURISMO. Real Decreto 35/2014, de 24 de enero, por el que se regula la concesión directa de subvenciones del "Programa de Incentivos al Vehículo Eficiente (PIVE-5)". BOE Nº24 DE 28 DE FEBRERO MINISTERIO DE INDUSTRIA. RESOLUCIÓN de 8 de enero de 2014, de la Secretaría General de In-dustria y de la Pequeña y Mediana Empresa, por la que se publican las ayudas de apoyo financiero a la inversión industrial en el marco de la política pública de reindustrialización para el año 2013. BOE Nº19 DE 22 DE XANEIRO MINISTERIO DE ECONOMÍA Y COMPETITIVIDAD. RESOLUCIÓN de 9 de enero de 2014, del Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, por la que se publican las ayudas concedidas correspondien-tes a la convocatoria del año 2013 del Programa FEDER-INNTERCONECTA, para la Comunidad Autó-noma de Galicia (BOE Nº 15 de 17 de enero de 2014).. RESOLUCIÓN de 23 de enero de 2014, de la TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL, por la que se autoriza la ampliación del plazo de ingreso de la cotización correspondiente a los nuevos conceptos e importes computables en la base de cotización al Régimen General de la Seguridad Social (BOE Nº 27 de 31 de enero de 2014).

Page 6: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

Febreiro 2014

6

Axenda

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

GALICIA

EXPOURENSE

PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO

XANTAR, 15º Salón Internacional de Gastronomía y Turismo Do 5 ao 09 de Febreiro de 2014

MI MAMI Y YO. Salón pre-mamá, bebé e infantil 22 e 23 de Febreiro

FORUM GASTRONÓMICO CORUÑA Do 23 ao 25 de Febreiro

MOMAD Metrópolis. Salón Internacional del Textil, Calzado y Complementos Do 14 ao 16 de Febreiro MERCEDES BENZ FASHION WEEK Do 14 ao 18 de Febreiro XXI SEMANA DEL SEGURO Do 18 ao 20 de Febreiro ARCO MADRID Do 19 ao 23 de Febreiro AULA. Salón Internacional del Estudiante y la Oferta Educativa Do 19 ao 23 de Febreiro FORO POSTGRADO Do 20 ao 22 de Febreiro

IFEMA. Feria de Madrid

MWC. Mobile World Congress Do 24 ao 27 de Febreiro

EXPOCORUÑA

FERIA DE VALENCIA

HYGIENALIA. Feria de la limpieza y la higiene profesional Do 4 ao 6 de Febreiro NOS VEMOS EN VALENCIA . Salón internacional del interiorismo, la arquitectura y la decoración Do 11 ao 14 de Febreiro HABITAT. Feria del Mueble. CEVISAMA. FIMMA E MADERALIA Do 11 ao 14 de Febreiro

Page 7: CEG y CEC comprométense coa · nova de que PEMEX decidira adxu-dicar a Navantia a construcción dun dos dous floteis que ten previs-to construir para servizo da súa filial PEP

Febreiro 2014

Integran Cofer:

7

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarias de la Comarca de Ferrol

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asoc. Profesional de Ximnasios e Actividades Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asociación de Empresas de Formación

Asociación de Peluqueros y Esteticistas de Ferrolterra

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asoc. Veterinarios de Ferrol, Eume y Ortegal

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación Empresarial Polígono As Lagoas Sección de Empresas Independientes

Grupo de Empresarios de As Somozas

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste